Decreto 183 /2000, do 22 de xuño, polo que se establece o ......Artigo 6º.- Espacios e...

89
1 Decreto 183 /2000, do 22 de xuño, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ó título de Técnico superior en Próteses dentais. A Lei Orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de Ordenación Xeral do Sistema Educativo, dispón no seu artigo 4 que lles corresponde ás Administra- cións educativas competentes establece-los currículos dos ciclos formativos. En aplicación do devandito artigo, de acordo coas atribucións recollidas no Estatuto de Autonomía, no Real decreto 1763/1982 sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comuni- dade Autónoma de Galicia en materia de educación e no Real decreto 676/1993, do 7 de maio, que establece as directrices xerais sobre os títulos de formación profesional e as súas ensinanzas mínimas, díctase o Decreto 239/1995, do 28 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas de formación profesional e as directrices sobre os seus títulos na Comunidade Autónoma de Galicia, determinando os aspectos que deben cumpri-los currículos dos diferentes ciclos formati- vos. O Real decreto 541/1995, do 7 de abril, establece o título de Técnico Superior en Próteses dentais e as súas correspondentes ensinanzas mínimas, en consonancia co devandito Real decreto 676/1993. O Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro, adscribe o profesorado dos Corpos de Profesores de Ensinanza Secundaria e Profesores Técnicos de Formación Profesional ás especialidades propias da formación profesional específica. O Real decreto 777/1998, do 30 de abril, polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, completa a ordenación básica relativa a estas ensinanzas. Seguindo os principios xerais que rexerán a actividade educativa, recollidos nos preceptos anteriores, o currículo dos ciclos formativos da formación profesional específica establécese de xeito que permita a adaptación da nova titulación ó eido profesional e de traballo na realidade socioeconómica galega e ás necesidades de cualificación do sector

Transcript of Decreto 183 /2000, do 22 de xuño, polo que se establece o ......Artigo 6º.- Espacios e...

  • 1

    Decreto 183 /2000, do 22 de xuño, polo que se establece ocurrículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ótítulo de Técnico superior en Próteses dentais.

    A Lei Orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de Ordenación Xeral do SistemaEducativo, dispón no seu artigo 4 que lles corresponde ás Administra-cións educativas competentes establece-los currículos dos ciclosformativos.

    En aplicación do devandito artigo, de acordo coas atribuciónsrecollidas no Estatuto de Autonomía, no Real decreto 1763/1982 sobretraspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comuni-dade Autónoma de Galicia en materia de educación e no Real decreto676/1993, do 7 de maio, que establece as directrices xerais sobre ostítulos de formación profesional e as súas ensinanzas mínimas, díctaseo Decreto 239/1995, do 28 de xullo, polo que se establece a ordenaciónxeral das ensinanzas de formación profesional e as directrices sobre osseus títulos na Comunidade Autónoma de Galicia, determinando osaspectos que deben cumpri-los currículos dos diferentes ciclos formati-vos.

    O Real decreto 541/1995, do 7 de abril, establece o título de TécnicoSuperior en Próteses dentais e as súas correspondentes ensinanzasmínimas, en consonancia co devandito Real decreto 676/1993.

    O Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro, adscribe o profesoradodos Corpos de Profesores de Ensinanza Secundaria e ProfesoresTécnicos de Formación Profesional ás especialidades propias daformación profesional específica.

    O Real decreto 777/1998, do 30 de abril, polo que se desenvolvendeterminados aspectos da ordenación da formación profesional noámbito do sistema educativo, completa a ordenación básica relativa aestas ensinanzas.

    Seguindo os principios xerais que rexerán a actividade educativa,recollidos nos preceptos anteriores, o currículo dos ciclos formativos daformación profesional específica establécese de xeito que permita aadaptación da nova titulación ó eido profesional e de traballo na realidadesocioeconómica galega e ás necesidades de cualificación do sector

  • 2

    productivo da nosa economía, tendo en conta a marxe suficiente deautonomía pedagóxica que posibilite ós centros adecua-la docencia áscaracterísticas do alumnado e ó contorno sociocultural do centro.

    Isto require o posterior desenvolvemento nas programacións elabora-das polo equipo docente do ciclo formativo que concrete a adaptaciónsinalada, tomando como referencia inmediata as capacidades profesiona-is que definen o perfil profesional do Título. Estas permitirán realiza-lo roldo posto de traballo en actividades específicas que producen resultadosconcretos, dirixi-las variacións que se dan na práctica do traballo e nosprocesos productivos, actuar correctamente ante anomalías, dirixi-loconxunto do traballo e acada-los obxectivos da organización, así comoestablecer prioridades e actuar en coordinación con outros departamen-tos.

    O currículo que se establece no presente decreto desenvólvese tendoen conta os obxectivos xerais que fixan as capacidades que o alumnadodebe acadar ó finaliza-lo ciclo formativo, e describen o conxunto deaptitudes que configura a cualificación profesional, así como os obxecti-vos dos distintos módulos profesionais, expresados neste decreto comocapacidades terminais elementais, que definen en termos de resultadosavaliables o comportamento, saber e comprender, que se require doalumnado para acada-los logros profesionais do perfil profesional.

    Estas capacidades acádanse a partir duns contidos mínimos necesari-os de tipo conceptual, procedemental e actitudinal, que proporcionaráno soporte de información e destreza precisos para desenvolvercomportamentos profesionais, tanto no aspecto tecnolóxico como devaloración funcional e técnica. Estes contidos son igualmente importantesxa que todos eles levan a acada-las capacidades terminais elementaissinaladas en cada módulo. Preséntanse agrupados en bloques que nonconstitúen un temario nin son unidades compartimentadas que teñan porsi mesmas sentido, a súa estructura responde a aquilo que deberá ter enconta o profesorado á hora de elabora-las programacións de aula e aorde na que se presentan non implica secuencia.

    O proxecto integrado, que se inclúe neste ciclo formativo, permitecomprender globalmente os aspectos sobresaíntes da competenciaprofesional característica do título que foron abordados noutros módulosprofesionais. Ademais, integra ordenadamente distintos coñecementossobre organización, características, condicións, tipoloxía, técnicas eprocesos que se desenvolvan nas diferentes actividades productivas dosector ó que corresponda o título e, ó mesmo tempo, permite adquirir

  • 3

    coñecementos, habilidades, destrezas e actitudes que favorecen odesenvolvemento daquelas capacidades relacionadas coa profesión que,sendo demandadas polo contorno productivo en que radica o centro, nonpuideron ser recollidas no resto dos módulos profesionais.

    A inclusión do módulo de formación en centros de traballo (F.C.T.)posibilita que o alumnado complete a competencia profesional acadadano centro educativo, mediante a realización dun conxunto de actividadesproductivas e/ou de servicios -contidos- do centro de traballo. Estasactividades de referencia poden ser modificadas ou substituídas poroutras que, adaptándose mellor ó proceso productivo ou de servicios docentro de traballo, conduzan á adquisición das capacidades terminaisdeste módulo.

    Os centros educativos disporán dun determinado número de horas quelles permitirán realiza-lo desenvolvemento curricular establecendo osobxectivos, contidos, criterios de avaliación, secuencia e metodoloxía querespondan ás características do alumnado e ás posibilidades deformación que ofrece o seu contorno.

    Por todo isto, por proposta do conselleiro de Educación e OrdenaciónUniversitaria, co informe do Consello Galego de Formación Profesionale do Consello Escolar de Galicia, e logo de deliberación do Consello daXunta de Galicia na súa reunión do día vintedous de xuño de dous mil,

  • 4

    DISPOÑO

    I. Título, perfil e currículo

    Artigo 1º.- Identificación do título1. Este decreto establece o currículo que será de aplicación na

    Comunidade Autónoma Galega para as ensinanzas de formaciónprofesional relativa ó título de Técnico Superior en Próteses dentais,regulado polo Real decreto 541/1995, do 7 de abril, polo que se aprobanas ensinanzas mínimas.

    2. A denominación, nivel de formación profesional e duración do cicloformativo son as que se establecen no apartado 1 do anexo destedecreto.

    Artigo 2º.- Perfil profesionalA competencia xeral, capacidades profesionais, unidades de compe-

    tencia, realizacións e criterios de realización, dominio profesional, asícomo a evolución da competencia e a posición no proceso productivoque definen o perfil profesional do título son as que se establecen noapartado 2 do anexo deste decreto.

    Artigo 3º.- Currículo do ciclo formativoO currículo do ciclo formativo é o que se establece no apartado 3 do

    anexo deste decreto, sendo as capacidades terminais elementais osresultados avaliables de cada módulo.

    II. Ordenación académica e impartición

    Artigo 4º.- Admisión de alumnadoOs criterios de prioridade na admisión de alumnado para acceder a

    este ciclo formativo en centros sostidos con fondos públicos son os quese expresan no apartado 4.1 do anexo deste decreto.

  • 5

    Artigo 5º.- Profesorado1. As especialidades do profesorado con atribución docente nos

    módulos que compoñen este título son as que se expresan no apartado4.2.1 do anexo deste decreto.

    2. As materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profeso-rado das especialidades relacionadas no presente título, son as que seexpresan no apartado 4.2.2 do anexo deste decreto.

    3. As titulacións declaradas equivalentes a efectos de docencia, sonas que se expresan no apartado 4.2.3 do anexo deste decreto.

    Artigo 6º.- Espacios e instalaciónsOs requisitos de espacios e instalacións que deben reuni-los centros

    educativos para a impartición do presente ciclo formativo son os que sedeterminan no apartado 4.3 do anexo deste decreto.

    Artigo 7º.- Validacións, correspondencias e acceso a estudios universita-rios

    1. Os módulos susceptibles de validación por estudios de FormaciónProfesional Ocupacional ou correspondencia coa práctica laboral son osque se especifican, respectivamente, nos apartados 4.4.1 e 4.4.2 doanexo deste decreto.

    2. Sen prexuízo do anterior, por proposta dos Ministerios de Educacióne Cultura e de Traballo e Asuntos Sociais, poderanse incluír, no seucaso, outros módulos susceptibles de validación e correspondencia coaformación profesional ocupacional e a práctica laboral.

    3. As persoas que cursen este ciclo formativo poderán unha vez queo superen acceder ós estudios universitarios que se indican no apartado4.4.3 do anexo deste decreto.

    Artigo 8º.- Distribución horaria1. Os módulos profesionais deste ciclo formativo organizaranse

    segundo se establece no apartado 4.5 do anexo deste decreto.2. As horas de libre disposición que se inclúen neste apartado serán

    utilizadas polos centros educativos para reforzar, nos módulos asociadosa unidades de competencia, as capacidades de formación profesional de

  • 6

    base ou de formación profesional específica, para lles dar resposta áscaracterísticas dos alumnos, e ter en conta as necesidades de desenvol-vemento económico, social e de recursos humanos do seu contornosocioproductivo.

    Disposición adicional únicaA Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá

    adecua-las ensinanzas deste ciclo formativo ás peculiares característicasda educación a distancia e da educación de persoas adultas, así comoás características dos alumnos con necesidades educativas especiais.

    Disposición derradeira primeiraAutorízase o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para

    dictar cantas disposicións sexan precisas, no ámbito das súas competen-cias, para a execución e desenvolvemento do disposto no presentedecreto.

  • 7

    Disposición derradeira segundaO presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publica-

    ción no Diario Oficial de Galicia.

    Santiago de Compostela, vintedous de xuño de dous mil.

    Manuel Fraga IribarnePresidente

    Celso Currás FernándezConselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

  • 8

    ANEXO

    1 Identificación do título

    - Denominación: Próteses dentais.

    - Nivel: Formación Profesional de grao superior.

    - Duración: 2.000 horas.

  • 9

    2 Perfil profesional

    2.1 Competencia xeral

    Os requisitos xerais de cualificación profesional do sistema productivo para este técnico son:

    # Deseñar, fabricar e reparar próteses e orteses dentofaciais adaptadas ó paciente ou cliente a partirdas prescripcións do facultativo (odontólogos, estomatólogos e cirurxiáns maxilofaciais), cumprindoas normas de calidade, seguridade e hixiene, no tempo establecido.

    2.2 Capacidades profesionais

    2.2.1 Capacidades técnicas

    # Interpretar e aplica-la información técnica asociada ós procesos de deseño e fabricación depróteses dentais.

    # Realiza-la xestión do laboratorio de próteses dentais, xestionando o ficheiro de clientes, aadquisición, almacenamento, reposición e mantemento do instrumental e material, e obtendo osinformes técnicos e resumos de actividades necesarios na operación.

    # Deseñar aparellos de ortodoncia e próteses dentofaciais adaptadas ós moldes e prescripcións dofacultativo, seleccionando os materiais e planificando e definindo os procesos de fabricación.

    # Fabricar, modificar e reparar aparellos de ortodoncia e próteses dentofaciais fixas, removibles,cirúrxicas mixtas, de precisión e implantosoportadas, a partir do deseño e especificacións técnicasde fabricación, seguindo as normas de calidade e de seguridade e hixiene establecidas.

    2.2.2 Capacidades para afrontar continxencias

    # Responder ante as continxencias, aportando solucións e resolvendo os problemas xurdidos narealización do traballo, tanto nos aspectos técnicos como nos organizativos.

    2.2.3 Capacidades para a dirección de tarefas

    # Posuír unha visión global e integrada da área sanitaria e do proceso productivo no que estáinvolucrado, no seus aspectos organizativos, funcionais, sociais e administrativos.

    # Organizar e/ou programa-lo traballo do laboratorio ou empresa dedicada á producción de prótesesdentais; adaptar procedementos; producir información ou instruccións; e previr, asignar oudistribuír tarefas, recursos e materiais.

    # Valora-la interrelación das persoas coa saúde/enfermidade e os seus aspectos preventivos,asistenciais e rehabilitadores.

  • 10

    2.2.4 Capacidades para adaptarse ó medio

    # Colaborar, no seu caso, cos membros do equipo de traballo no que estea integrado; asumi-lassúas responsabilidades; cumpri-los obxectivos asignados e mante-lo fluxo de informaciónadecuado.

    # Participar na posta a punto de novas técnicas, en proxectos de investigación e en programasformativos, así como propor medidas relacionadas coa eficiencia, a seguridade e a calidade.

    # Adaptarse ás novas situacións xeradas como consecuencia de innovacións tecnolóxicas eorganizativas introducidas na súa área laboral.

    2.3 Responsabilidade e autonomía nas situacións de traballo

    Este Técnico pode actuar baixo a supervisión xeral de técnicos e/ou profesionais de superior ou igualnivel ó seu, séndolle requiridas as capacidades de autonomía no/na:

    # Xestión dunha carteira de clientes.

    # Adquisición, preparación e posta a punto de materiais, útiles e equipos.

    # Interpretacións de prescripcións dos facultativos.

    # Transferencia de impresións a modelos de traballo.

    # Deseño, fabricación, reparación e modificación de próteses dentais e aparellos de ortodoncia.

    # Control de calidade, facturación e distribución dos productos acabados.

    # Programación, coordinación e supervisión do traballo dos técnicos ó seu cargo.

    2.4 Unidades de competencia

    1. Administrar e xestionar un laboratorio de próteses dentais.2. Defini-lo producto, organizar, programar e controla-la fabricación de orteses e próteses

    dentofaciais.

    3. Fabricar, modificar e reparar próteses e orteses dentofaciais removibles de resina. 4. Fabricar, modificar e reparar próteses dentofaciais removibles metálicas.5. Fabricar, modificar e reparar próteses dentofaciais fixas.6. Fabricar modificar e reparar aparatoloxía ortodóncica e compoñentes de próteses dentais de

    arame e bandas metálicas.

    7. Fabricar, modificar e reparar próteses dentofaciais cirúrxicas mixtas, de precisión e implantosopor-tadas.

  • 11

    2.5 Realizacións e dominios profesionais

    2.5.1 Unidade de competencia 1: Administrar e xestionar un laboratorio depróteses dentais

    Nº Realizacións Criterios de realización

    1.1 Avalia-la posibilidade de implantacióndunha pequena empresa ou taller en fun-ción da súa actividade, volume de negocioe obxectivos.

    • Seleccionouse a forma xurídica de empresa máis ade-cuada ós recursos dispoñibles, ós obxectivos e áscaracterísticas da actividade.

    • Realizouse o estudio de viabilidade, onde se contem-plou:

    – A estructura organizativa adecuada ós obxectivos.

    – Situación física e ámbito de actuación (distanciaclientes/provedores, canles de distribución, prezosdo sector inmobiliario de zona e elementos deprospectiva).

    – Demanda potencial e previsión de ingresos.

    – Necesidades de financiamento e a súa forma máisrendible.

    – Rendibilidade do proxecto e a súa evolución notempo.

    – Posibilidade de subvencións e/ou axudas á empre-sa ou á actividade, ofrecidas polas diferentes Admi-nistracións públicas.

    1.2 Organizar, desenvolver e xestionar unficheiro de clientes, tendo en conta asdiferentes necesidades de atención e nivelde documentación que se manexa.

    • Creouse unha base de datos con capacidade paraconter toda a información sobre os clientes xerada noservicio/unidade.

    • Rexistráronse os datos de filiación e datos clínicos docliente e datos da entidade responsable da prestaciónna forma e lugar establecidos nas normas internas,ademais de verificarse que os datos rexistradoscorresponden ó cliente.

    • Informouse correctamente o cliente sobre lugar, data,horario e preparación previa requirida, seguindo aspautas marcadas e o plan de tratamento.

    • Comunicáronselle ó cliente, coa antelación suficiente,as modificacións que xurdiran sobre a data e hora dacita.

    • O cliente acudiu ó gabinete o día e hora fixados na citaprevia e recibiu un trato correcto e cordial.

  • 12

    1.3 Xestiona-lo plan de mantemento dos equi-pos e maquinaria do gabinete.

    • Estableceuse o plan de mantemento dos equipos emaquinaria, para o que se confeccionou unha ficha naque figuran as datas de revisión, elementos que haique substituír e persoas encargadas dela.

    • As revisións dos equipos e maquinaria axustáronse ósprazos previstos. Os equipos están potencialmente enestado operativo no momento de seren requiridos.

    1.4 Planificar e xestiona-la adquisición, alma-cenamento e reposición do instrumental ematerial utilizado na unidade/servicio enegociar con provedores, clientes eorganismos, procurando as condiciónsmáis vantaxosas nas operacións comercia-is.

    • Comprobouse que o nivel de existencias dos materiaisé o adecuado para cubrir en todo momento as necesi-dades do gabinete e, en caso contrario, formulouse opedido correspondente.

    • Comprobouse que o material recibido coincide cosolicitado, tanto en cantidade como en calidade.

    • Distribuíuse o material necesario para o funcionamen-to das distintas áreas de traballo, segundo asnecesidades propias de cada unha delas.

    • Tivéronse en conta, na negociación cos provedores:

    – Prezos do mercado.

    – Prazos de entrega.

    – Calidades.

    – Transportes, se procede.

    – Descontos.

    – Volume de pedido.

    – Liquidez actual da empresa.

    • Nas condicións de venda propostas ós clientestivéronse en conta:

    – Marxes de beneficios.

    – Prezo de custo.

    – Tipos de clientes.

    – Volume de venda.

    – Condicións de pagamento.

    – Prazos de entrega.

    – Transporte, se procede.

    – Garantía.

    – Atención posvenda.

    • Informouse previamente o interesado do valor dotraballo que hai que realizar e as condicións económi-cas de reintegro que no seu caso proceda.

    1.5 Crear, desenvolver e manter boas rela-cións con clientes reais ou potenciais.

    • Os clientes son atendidos cun trato dilixente e cortés,na marxe de tempo prevista.

    • Respondeuse satisfactoriamente á súa demanda,promovendo as futuras relacións.

  • 13

    • Comunicóuselles ós clientes calquera modificación ouinnovación da empresa, que lles poida interesar.

    1.6 Identificar en tempo e forma as acciónsderivadas das obrigas legais dunha empre-sa.

    • Identificáronse os rexistros esixidos pola normativa vi-xente.

    • Identificouse o calendario fiscal correspondente á acti-vidade económica desenvolvida.

    • Identificáronse en tempo e forma as obrigas legaislaborais.

    – Altas e baixas laborais.

    – Nóminas.

    – Seguros sociais.

    1.7 Obte-los informes e resumos de activida-des mediante o tratamento da informaciónda base de datos.

    • Realizáronse de forma manual e/ou informática oscálculos necesarios para expresa-los resultados nasmedidas adecuadas.

    • Realizouse a emisión de informes, con tódolos itemsestablecidos, dentro do tempo establecido nos proto-colos, dependendo da solicitude e da área de traballo.

    • Introducíronse correctamente nas bases informáticasos datos xerados, cos criterios e periodicidade estable-cidos e trala súa confirmación.

    • Efectuáronse adecuadamente as operacións e/oucálculos estatísticos que permiten elabora-los resumosde actividades da unidade/gabinete.

    1.8 Elaborar orzamentos e avalia-lo custo deproducción de productos ortoprotésicoscoa exactitude requirida para a xestión donegocio.

    • Elaborouse o orzamento avaliando ou conxugando:

    – O custo de producción de productos similares.

    – A normativa fiscal e mercantil.

    – Tódolos compoñentes do custo total.

    • O orzamento inclúe tódalas partidas necesarias e estáaxustado en forma e contido á normativa e procede-mentos establecidos.

    • Os cálculos foron os correctos.

    • A avaliación do custo de producción conxuga adecua-damente:

    – O custo dos materiais.

    – Os tempos de producción.

    – Os custos dos factores de producción.

    – Os custos indirectos.

    • O procedemento de cálculo respecta a normativa vi-xente e os procedementos establecidos.

    Dominio profesional

  • 14

    Medios de producción• PC e software aplicado. Equipos de oficina. Documentación administrativa.

    Resultados e/ou productos obtidos• Documentación cos distintos organismos oficiais: permisos de apertura do local e permiso de obras.

    Nóminas TC1, TC2. Alta no IAE. Libros contables oficiais e libros auxiliares. Recepción do pedido. Prazosestablecidos de entrega de productos. Ficha do cliente. Arquivos de pacientes/clientes e de provedores.Informes. Orzamentos. Facturas. Programa de mantemento de equipos.

    Procesos, métodos e procedementos• Técnicas de mercado. Técnicas de comunicación. Técnicas estatísticas. Procedemento administrativo.

    Técnicas cualitativas de ciencias sociais: cuestionarios e entrevistas. Procedemento normalizado defacturación. Plan de mantemento dos equipos. Inventario.

    Información• Ficheiro de provedores. Ficha de recepción. Sistemas de recollida e reparto de productos. Modelo de

    informe para o facultativo. Catálogo oficial de prezos. Impresos para orzamentos e facturas. Normativae lexislación sobre contratos, nóminas, IAE, liquidación do IVE. Albará. Cuestionarios: de descrición depostos de traballo e de avaliación do desempeño do traballo. Protocolos de fluxo de información internae externa. Inventario. Normas de seguridade e hixiene no laboratorio. Normas de mantemento dosequipos do laboratorio. Bibliografía científico-técnica.

    Persoal e/ou organización destinataria• Facultativo responsable da prescripción. Hospitais e clínicas asistenciais. Persoal técnico do laboratorio.

    Servicio técnico dos equipos. Provedores de materias primas e de equipos. Sistemas de reparto emensaxería. Departamento de contabilidade. Departamento de compras. Xestorías. Facenda pública.

  • 15

    2.5.2 Unidade de competencia 2: Defini-lo producto, organizar, programar econtrola-la fabricación de orteses e próteses dentofaciais

    Nº Realizacións Criterios de realización

    2.1 Interpreta-las prescripcións realizadas polofacultativo, extraendo tódolos datos nece-sarios para a definición da prótese ouaparello de ortodoncia.

    • Interpretouse correctamente a prescripción, identifican-do o producto requirido en tódalas súas indicacións,especificidades e características.

    • Resolveuse adecuadamente calquera dúbida sobre aprescripción, mediante consulta co facultativo prescrip-tor, utilizando as canles acordadas ó respecto.

    • Obtivéronse tódolos datos necesarios para a definiciónda prótese dental ou aparello de ortodoncia.

    2.2 Transferi-las impresións e rexistros dasestructuras anatómicas e parámetros fun-cionais das persoas enviadas polo facultati-vo, a articuladores e modelos de traballo.

    • Estableceuse un mecanismo de recepción de impre-sións e rexistros que garanta a calidade da súamanipulación, a súa estabilidade dimensional e aseguridade e hixiene.

    • Positiváronse as impresións e introducíronse os rexis-tros no articulador, coas marxes de fidelidade esta-blecidas.

    • Montáronse os modelos no articulador adecuado átécnica seleccionada, e verificouse a súa oclusión, se-guindo as especificacións técnicas do odontólogo.

    • En caso de dúbida, utilizouse o mecanismo de resolu-ción de deficiencias no proceso, mediante consulta oupetición doutra impresión ou rexistro ó facultativo.

    2.3 Fabricar cubetas individuais, pranchasbase e rolos de articulación.

    • As cubetas individuais, pranchas base e rolos selec-cionados teñen as dimensións e grosor adecuadospara as técnicas de rexistro utilizadas polo facultativo.

    • As cubetas, pranchas base e rolos fabricadosesténdense ata o contorno predeterminado na análisedo modelo de traballo.

    • Verificouse que as cubetas e pranchas base son esta-bles sobre o modelo de traballo.

    2.4 Deseña-las estructuras das próteses eorteses dentofaciais de acordo coa pres-cripción do facultativo, seguindo normas decalidade, seguridade e hixiene establecidaspara os ditos productos.

    • Estudiouse o modelo, considerando as alternativasque ofrecen as estructuras anatómicas representadas.

    • Tívose en conta o paralelismo das estructuras anató-micas do modelo de traballo, de forma que permitan ainserción.

    • Optouse polo tipo de retenedores que, dentro dasprescripcións do facultativo, permitan unha mellorfuncionalidade.

    • En caso de existir algún impedimento para levar ápráctica a prescripción, ou de poder incorporar mello-

  • 16

    ras na funcionalidade ou no custo respecto á prescrip-ción, púxose en coñecemento do facultativo para che-gar a unha nova opción ou reafirma-la primeira.

    • As próteses e orteses producidas incorporan no seudeseño as normas de seguridade establecidas cantoa calidade, resistencia, toxicidade de materiais, formase dimensións.

    • O deseño das próteses dentais e aparellos de ortodon-cia incorpora as prescripcións establecidas polofacultativo.

    2.5 Establece-lo proceso e dispo-los recursosnecesarios para a fabricación da prótesedental ou aparello de ortodoncia conse-guindo a optimización de recursos, ocumprimento dos prazos de entrega e afactibilidade da fabricación.

    • Os procesos establecidos determinan:

    – As fases, operacións e secuencia de producción.

    – Os medios, útiles e ferramentas necesarias.

    – Os materiais precisos.

    – Os tempos de execución.

    – As operacións e instrumentos de control.

    • A asignación de recursos humanos correspóndese cotipo e características do traballo que hai que realizar.

    • De se-lo caso, o persoal, a través das instrucciónstécnicas oportunas, consegue a información precisapara o desenvolvemento do traballo.

    • A preparación dos medios materiais permite a realiza-ción da producción.

    – Os materiais son os especificados, e na cantidadeprecisa.

    – Dispóñense correctamente os equipos, útiles eferramentas, coas regulacións e axustes precisos.

    • Prevíronse os controis do proceso precisos para ase-gura-lo nivel de calidade do producto.

    • Identificáronse as normas e medidas de seguridadeque se deben observar no desenvolvemento dotraballo.

    2.6 Programa-lo traballo incluíndo as caracte-rísticas do aprovisionamento, os prazos deentrega e a carga do taller ou laboratorio.

    • A programación permite cumprir cos prazos de entre-ga.

    • A programación ten en conta as características deaprovisionamento e permite preve-las súas necesida-des.

    • A programación integra tódalas fases e obxectivos econxuga adecuadamente as necesidades e situaciónoperativa de medios, recursos humanos e materiais.

    Dominio profesional

  • 17

    Medios de producción• Ordenador e programas aplicados ó deseño de próteses. Equipos de CAD. Escaiolas. Cuncas. Espátulas.

    Zocolodoiros. Micromotor. Fresas. Aspiradoras. Seguetas. Recortadoras. Arcos Faciais. Platinas.Articuladores. Paralelómetros.

    Materiais e productos intermedios• Modelos de traballo. Tocos desmontables. Articulador cos rexistros introducidos. Modelos montados en

    articulador.

    Productos e/ou servicios• Proxecto da prótese. Secuencia de producción planificada. Orde de producción.

    Procesos, métodos e procedementos• Baldeirado de impresións. Preparación de tocos desmontables. Confección de cubetas, pranchas base

    e rolos de articulación. Introducción de rexistros en articulador. Paralelización de estructuras anatómicas.Deseño de producto sobre modelo de traballo.

    Información• Prescripcións e acordos establecidos. Tipos de preformas e materiais dispoñibles. Características dos

    materiais dispoñibles.

    Persoal e/ou organización destinataria• Facultativo prescriptor. Administración do laboratorio. Liñas de producción.

  • 18

    2.5.3 Unidade de competencia 3: Fabricar, modificar e reparar próteses eorteses dentofaciais removibles de resina

    Nº Realizacións Criterios de realización

    3.1 Obte-la base fusible e a disposición dosdentes artificiais sobre ela, conseguindo ascaracterísticas anatomo-funcionais preci-sas dunha prótese desdentada total.

    • A prancha base elaborada esténdese ata o contornopredeterminado na análise do modelo mestre.

    • Os dentes seleccionados correspóndense en tamaño,forma e cor coas indicacións da prescripción.

    • Realizouse a montaxe, axuste e articulación dosdentes artificiais, de acrílico ou porcelana, seguindo asnormas de montaxe (plano de Camper, curvas deSpee e de Wilson, de articulación de cúspides afoxos), realizando os movementos de lateralidade, debalanceo e de protrusión.

    • Realizouse a montaxe e modelaxe de forma anatómi-co-funcional.

    3.2 Realiza-la incorporación en mufla da denta-dura completa.

    • Emuflouse o material fusible respectando as propor-cións adecuadas de escaiola e os tempos do seu fra-guado.

    • Vernizouse o enmuflado e preparado a contramufla.

    3.3 Produci-la dentadura completa por polime-rización de resina e rebordar prótesesprevias.

    • Lavouse e retirouse da mufla e da contramufla todoresto de material fusible, antes de proceder ó seuvernizado.

    • A resina foi cargada ou inxectada e polimerizada, se-guindo as normas da súa manipulación.

    3.4 Comprobar sobre o articulador as varia-cións que pode ter sufrido a dentadura poraumentos na dimensión vertical ou puntosde contacto.

    • Comprobouse, montando a dentadura sobre o articula-dor, o aumento da dimensión vertical da dentadura eos puntos de contacto, realizándose unha talla selecti-va dela que corrixa os ditos defectos.

    • Repasouse e puíuse a prótese, utilizando os equipose materiais adecuados e seguindo as normas estable-cidas.

    3.5 Realiza-la montaxe, axuste e articulacióndos dentes artificiais, de acrílico ou porce-lana no articulador sobre a base fusibledunha prótese parcial.

    • Os dentes artificiais seleccionados son os adecuadoscanto a material, dimensión, forma e cor, segundo asespecificacións de calidade estética marcadas polofacultativo.

    • Articuláronse sobre o rolo os dentes seleccionados,talláronse "de talón", respectando ó máximo a morfo-loxía oclusal e seguíronse os principios da oclusión eda estética.

    • Realizouse a montaxe, axuste e articulación dos den-tes artificiais de acrílico ou porcelana, no articulador

  • 19

    sobre a base fusible, seguindo as normas de montaxe(plano de Camper, curvas de Wilson e Spee, e articula-ción de cúspides a foxos), realizando os movementosde lateralidade, de balanceo e de protrusión, de resis-tencia e de estética establecidas.

    • A montaxe realizada presenta un aspecto natural.

    3.6 Incorpora-los retenedores, coados oumodelados, e os arcos e elementospreformados, necesarios para a retención,estabilidade e operatividade de prótese eortese parcial, segundo o deseño estableci-do.

    • Introducíronse na base fusible os elementos de reforzo,retención e estabilización, modelados ou preformados,e os resortes, parafusos e sistemas de activación, se-gundo as indicacións da prescripción.

    • Consideráronse e verificáronse o paralelismo, a reten-ción, a estabilización e cantas accións se deberánrealizar.

    3.7 Produci-la ortese ou prótese parcial porpolimerización de resina e rebordar próte-ses previas.

    • Enmuflouse o material fusible, os dentes e os retene-dores, respectando na masa de escaiola a súa disposi-ción espacial.

    • A resina foi cargada ou inxectada e polimerizada, se-guindo os protocolos de traballo que corresponden ómaterial, canto a tempo, temperatura e presión.

    3.8 Comprobar, sobre o modelo articulado, queo producto final cumpre as indicacións daprescripción e reúne os requisitos de segu-ridade, articulación e estética establecidos.

    • Comprobouse o aparello de ortese ou prótese sobre omodelo de traballo; volveuse a montalo no articulador,de se-lo caso; e verificouse que se axusta ás indicació-ns da prescripción e que non presenta defectos deestructura que afecten á súa calidade.

    • Repasouse e puíuse o material ata consegui-la texturasuperficial requirida, utilizando pasta de puír e feltrosadecuados ó material.

    Dominio profesional

    Medios de producción• Micromotor. Fresas e pedras. Papel de articular. Articulador. Paralelizador. Pranchas base. Xogos de

    dentes de acrílico e porcelana. Rolos de mordida. Espátulas de cera. Cera. Acendedor de gas.Retenedores coados ou forxados. Arcos e parafusos de ortodoncia. Muflas. Acrílicos. Prensas. Fornosde acrílico. Motor de puír. Conos. Cepillos. Pasta de puír.

    Materiais e productos intermedios• Dentes montados en proba sobre prancha base.

    Productos e/ou servicios• Próteses e orteses dentofaciais removibles de resina.

  • 20

    Procesos, métodos e procedementos• Montaxe de dentes. Enmuflado. Polimerización da resina. Remontaxe da prótese producida. Puído e

    remate.

    Información• Prescripción e acordos establecidos. Deseño do producto. Protocolo do tipo de resina empregada,

    temperatura, tempo e presión.

    Persoal e/ou organización destinataria• Control de calidade do laboratorio. Administración do laboratorio para a súa expedición.

  • 21

    2.5.4 Unidade de competencia 4: Fabricar, modificar e reparar prótesesdentofaciais removibles metálicas

    Nº Realizacións Criterios de realización

    4.1 Realiza-la modelaxe en cera e mediantepreformas da base metálica e retenedores,que se producirán segundo o deseño esta-blecido e dentro do paralelismo que permi-ta o modelo de traballo.

    • Realizouse o paralelismo das estructuras anatómicas,seleccionado o eixe de inserción adecuado.

    • Reproduciuse o modelo mestre en revestimento.

    • Modeláronse en cera a base, os conectores, assochapas e retenedores, en función do deseñopredeterminado e leitos de apoio no modelo de traballoe dentro das marxes que permita o paralelismo dasestructuras anatómicas.

    • Incorporouse o número de "bebedoiros" do calibre elonxitude apropiados á estructura deseñada.

    4.2 Producir por coada a cera perdida a basemetálica, seguindo a técnica específicapara a aliaxe determinada.

    • Cargouse o cilindro con revestimento, seguindo oprocedemento establecido.

    • Prequentouse o cilindro para a perda da cera e, poste-riormente, ata alcanza-la temperatura final de coada.

    • A aliaxe metálica foi fundida seguindo protocolos detempo e de temperatura.

    • Inxectouse o metal fundido por centrifugación senproducir poros na estructura.

    • Cortáronse os "bebedoiros"; chorreáronse con area assuperficies; repasouse, e aplicouse o baño electrolí-tico.

    4.3 Soldar novas seccións metálicas de barras,conectores e retenedores a estructurasmetálicas preexistentes.

    • O tipo de soldadura seleccionado correspóndese comaterial que se vai soldar.

    • O producto reúne as condicións de resistencia e fun-cionalidade demandadas e incorpora o paralelismonecesario.

    4.4 Montar, axustar e articular sobre a basemetálica producida os dentes artificiais deacrílico ou porcelana, seguindo normas dedeseño, articulación, estabilidade, resisten-cia e estética establecidas.

    • Articuláronse os dentes seleccionados sobre aestructura metálica, cumprindo os principios daoclusión.

    • A montaxe realizada presenta unha aparencia estéticanatural.

    • A retención dos dentes protésicos é suficiente paragaranti-la funcionalidade do aparello producido.

    4.5 Polimeriza-los elementos de resina sobreas estructuras metálicas.

    • As estructuras metálicas producidas incorporan oselementos de cera que permiten a súa transformaciónen resinas.

  • 22

    • Seguiuse o proceso establecido de enmuflado, inxec-ción de resina e polimerización, axustándoo ós crite-rios de tempo e temperatura requiridos.

    4.6 Comprobar que o producto final cumpre asindicacións da prescripción e reúne osrequisitos de calidade establecidos.

    • Comprobouse sobre o modelo de traballo (remontandono articulador, se procede), que a estructura metálicae a montaxe se axustan ás prescripcións e ó deseño,e que non presenta defectos de estructura ou demontaxe que afecten á súa calidade.

    • Pulíronse e repasáronse os defectos de superficie quepresente tanto a estructura metálica como o acrílico,para obte-la calidade establecida.

    Dominio profesional

    Medios de producción• Xelatinas e revestimentos. Cera de modelar e preformas (reixas, bases, conectores e retenedores) de

    cera e calcinables. Espátula de modelar e acendedor de gas. Paralelómetros. Cilindros. Bebedoiros decera. Fornos de cromocobalto. Arcos voltaicos para fusión. Centrifugadoras. Aliaxe de cromocobalto.Balanzas. Mazas. Chorro de area. Cortadora de cromocobalto. Baño electrolítico. Puidoras.

    Materiais e productos intermedios• Modelo en revestimento. Estructura modelada en cera. Cilindro cargado.

    Productos e/ou servicios• Estructura metálica coada.

    Procesos, métodos e procedementos• Duplicidade do modelo de traballo en revestimento. Modelaxe en cera da estructura deseñada.

    Introducción en cilindro da estructura de cera. Introducción de cilindros no forno de cromocobalto.Fundición do metal e inxección por centrifugación. Recorte de bebedeiros. Baño electrolítico e puído.

    Información• Deseño do producto. Preformas dispoñibles. Protocolo de aliaxe, materiais e equipos empregados.

    Persoal e/ou organización destinataria• Sección de resina.

  • 23

    2.5.5 Unidade de competencia 5: Fabricar, modificar e reparar prótesesdentofaciais fixas

    Nº Realizacións Criterios de realización

    5.1 Fabrica-los tocos individualizados, segundoo deseño establecido e conseguindo a cali-dade requirida.

    • Os tocos individualizados producidos respectan asmarxes orixinais da preparación.

    • Os tocos individualizados fabricados reproducen a súaposición espacial e dimensional no modelo de traballo.

    5.2 Obte-la forma da estructura da prótesemediante a realización da técnica de en-cerado.

    • Obtívose, por modelaxe en cera, a forma da estructurametálica da peza final, respectando os grosores míni-mos.

    • Obtivéronse relacións de cúspide a foxo cos antago-nistas e de contacto cos adxacentes, segundo normasde funcionalidade.

    • Incluíuse un sistema de retención mecánico por perlasou ángulos para o material estético.

    • Incorporáronse bebedoiros de calibre e lonxitudeadecuados á técnica de coada e centrifugación e ómetal escollido.

    5.3 Obte-la estructura metálica determinada nodeseño, mediante procedemento de coadaa cera perdida.

    • Cargouse o cilindro e introduciuse no forno para perdada cera da estructura provisional e para alcanza-latemperatura final de coada.

    • Fundiuse o metal ou a aliaxe na cantidade adecuadaó traballo, utilizando procedementos calóricos que res-pectan as súas propiedades.

    • Centrifugouse o metal ata enche-la totalidade doespacio determinado pola cera perdida, sen producirporos.

    • Cortáronse os xitos, chorreouse a estructura, repa-souse e comprobouse sobre o toco individual o axustecoa marxe de tolerancia determinada.

    5.4 Realiza-las soldaduras necesarias enfunción do material e a estructura que haique fabricar.

    • O tipo de soldadura e gases seleccionados son osadecuados para a estructura que se producirá.

    • O tamaño da área obtida garante a resistencia funcio-nal do producto.

    • Recortáronse os excesos de material e puíuse asuperficie da soldadura.

    5.5 Engadi-las facetas estéticas de acrílicosobre a estructura metálica, cumprindo osrequisitos da prescripción.

    • Modelouse o material estético acrílico, seguindo asespecificacións de manexo de cada tipo de material eos requisitos de resistencia, forma e cor.

  • 24

    • Polimerizouse a resina das facetas estéticas sobre aestructura metálica, de forma que queden retidassobre ela.

    • As facetas obtidas cumpren os requirimentos de for-ma, cor e articulación requiridos polo deseño estableci-do, e semellan, na súa anatomía, o resto das pezaspresentes no modelo.

    5.6 Modelar en porcelana a estructura decoroas, pontes, caras e incrustacións.

    • Utilizáronse "opaquers", dentina incisal e cervical epigmentos nas zonas onde se requiriu para obter unacabado estético.

    • Produciuse, por modelaxe con espátula e pincel, aforma da peza final, respectando grosores mínimos eseguindo as normas de calidade, deseño e articulaciónestablecidas.

    • Obtívose unha relación coa peza antagonista, acordecoas normas de oclusión.

    5.7 Realiza-lo cocido de porcelana para obte-loproducto solicitado.

    • Programouse o forno no ciclo adecuado de tempo etemperatura conforme os requisitos do material que seemprega, e se realiza no mesmo o ciclo completo.

    • Comprobouse que a estructura obtida ten a forma e ogrosor predeterminados, e que axusta sobre o tocoindividual do modelo de traballo coa toleranciaestablecida.

    • Aplicáronse pigmentos no bañado, de se-lo caso, ataconsegui-la aparencia estética desexada.

    5.8 Comprobar, sobre o modelo articulado, queo producto final cumpre as indicacións daprescripción e reúne os requisitos de segu-ridade, articulación, tamaño, forma e corestablecidos.

    • A estructura obtida cumpre os requisitos de cor esta-blecidos na guía cromática seleccionada, e está inte-grada respecto á súa forma co resto de pezas presen-tes no modelo.

    • Comprobouse o axuste da estructura sobre o tocoindividual.

    • Comprobouse, remontando no articulador, a oclusión,estética e articulación da estructura fabricada.

    • Puíronse as superficies de metal e acrílico da prótese,para obter un acabado de calidade da prótese.

    • Comprobouse, remontando no articulador, que asrelacións de articulación co antagonista e de contactocos adxacentes son as adecuadas.

  • 25

    Dominio profesional

    Medios de producción• Cera de modelar e preformas. Acendedor de gas. Espátulas. Cilindros. Revestimentos acordes ó tipo de

    aliaxe. Máquina de coar de gas. Centrifugadora. Chorro de area. Soldadora. Calibre de grosores.Balanza. Aliaxe. Discos de carborundo. Micromotor. Estructura metálica de soporte. "Opaquer" e po deporcelana. Acrílicos. Pinceis e espátulas de modelar. Fornos de cerámica e de polimerizar. Turbinas epezas de man de laboratorio. Fresas e pedras. Líquidos e pigmentos de bañar e caracterizar.

    Materiais e productos intermedios• Estructura modelada en cera. Estructura en acrílico sen polimerizar ou porcelana sen cocer. Estructura

    de porcelana en biscoito.

    Productos e/ou servicios• Estructuras metálicas. Tocos artificiais. Incrustacións metálicas. Prótese fixa de porcelana ou acrílico.

    Caras estéticas. Incrustacións estéticas.

    Procesos, métodos e procedementos• Modelaxe en cera. Coada e inxección do metal. Soldadura. Puído e remate. Polimerización do acrílico.

    Cocido da porcelana. Axuste e articulado. Adecuación cosmética.

    Información• Deseño da estructura, prescripción e acordos. Protocolo de materiais metálicos e procesos. Protocolo

    de manipulación do tipo de resina e porcelana e do equipamento de producción.

    Persoal e/ou organización destinataria• Sección de control de calidade. Administración do laboratorio para a súa expedición.

  • 26

    2.5.6 Unidade de competencia 6: Fabricar, modificar e reparar aparatoloxíaortodóncica e compoñentes de próteses dentais de arame e bandasmetálicas

    Nº Realizacións Criterios de realización

    6.1 Modela-las estructuras que actúen comoretenedores, estabilizadores e elementosde activos en próteses e orteses dentofa-ciais removibles, mediante arame, arcos ebandas metálicas de diversos calibres,sección e rixidez do material.

    • Seleccionouse o tipo de arame, banda ou arco deacordo coa función que realizará, tendo en conta o seugrosor e propiedades físicas.

    • Déuselle forma ó fío, mediante os alicates adecuados,para consegui-la estructura determinada: Adams, gra-vatas ou retenedores de bolas.

    • O arco utilizado é acorde coa técnica (Begg, Canto)empregada polo facultativo.

    • A estructura producida foi dotada dunha terminaciónde ancoraxe suficiente para se inserir na base acrílicada prótese ou ortese.

    6.2 Fabricar, modificar ou reparar aparatoloxíaextraoral, placas, activadores e posiciona-dores de aplicación en ortodoncia, cum-prindo as normas de seguridade e calidadeestablecidas.

    • Realizáronse as soldaduras de bandas e fíos, segundoas normas de seguridade e de calidade establecidas.

    • Desenvolvéronse os deseños do facultativo, no refe-rente a forzas, retenedores e apoios nas estructuras(queixelas, escudos labiais e reixas), conforme assúas prescripcións e indicacións.

    • As técnicas de polimerización de resina utilizadasproduciron estructuras funcionais e resistentes.

    6.3 Comprobar e activar, se procede, a funcióndos elementos confeccionados sobre asorteses e próteses producidas, seguindo asindicacións da prescripción.

    • Activáronse e axustáronse os diversos elementosmediante alicates ata dota-la ortese e prótese da fun-cionalidade requirida na prescripción.

    • Comprobáronse sobre o modelo a retención e aestabilidade do producto.

    • Comprobáronse, mediante dinamómetros, as forzasexercidas polos elementos activos.

    Dominio profesional

    Medios de producción• Arames metálicos de diferentes materiais, calibres, seccións e elasticidade. Bandas metálicas. Alicates

    para forxa de fío. Soldadora de puntos. Paralelómetros. Modelos de traballo. Deseño. Parafusos deortodoncia. Resortes. Brackets.

  • 27

    Materiais e productos intermedios• Retenedores de ortodoncia, Adams, de bola e arcos.

    Productos e/ou servicios• Retenedores para próteses removibles de resina. Activadores e arcos de ortodoncia. Mantedores de

    espacio. Queixelas. Escudos vestibulares. Bimlers. Posicionadores.

    Procesos, métodos e procedementos• Selección do tipo de fío. Forxado da forma. Soldadura. Técnicas de autopolimerización e de

    polimerización de resina.

    Información• Deseño da prótese ou ortese. Propiedades físicas do material dispoñible.

    Persoal e/ou organización destinataria• Sección de prótese removible de acrílico. Sección de control de calidade, administración e expedición

    do producto.

  • 28

    2.5.7 Unidade de competencia 7: Fabricar, modificar e reparar prótesesdentofaciais cirúrxicas mixtas, de precisión e implantosoportadas

    Nº Realizacións Criterios de realización

    7.1 Fabrica-los retenedores e compoñentes depróteses mixtas, de precisión e implanto-soportadas, a partir de elementos de plásti-co e aliaxes metálicas calcinables, prefor-mas e modelaxes en cera, mediante coadae soldadura.

    • Identificáronse e seleccionáronse os elementos calci-nables e preformas correspondentes para elabora-laprótese solicitada.

    • As especificacións técnicas de coada foron as adecua-das para cada tipo de aliaxe e material na súa produc-ción e soldadura.

    • A peza producida axusta sobre o modelo de traballocoas tolerancias permitidas.

    • Os implantes xustaóseos, obturadores de veo dopadal, férulas e arcos de bloqueo para fracturas,próteses estéticas de reposición de estructuras faciais,incorporan na súa estructura as prescripcións do facul-tativo.

    7.2 Incorporar na estructura das próteses fixase removibles os retenedores intracoronaise elementos de implantopróteses requi-ridos, mediante técnicas de microfresado eaxuste, soldadura e coada.

    • Identificáronse os retenedores intracoronais, ataches,barras de Ackerman, botóns e elementos de implanto-prótese que se corresponden co deseño establecido.

    • O fresado e axuste, a soldadura ou a coada realizada,cumpren os requisitos de resistencia e calidadedemandados á estructura.

    7.3 Axusta-los diversos compoñentes daspróteses mixtas, de precisión e implan-tosoportadas, de forma que cumpran osrequisitos da prescripción e o deseñoestablecidos.

    • Comprobouse o axuste de tocos coados, ataches,rompeforzas, coroas telescópicas, barras, implantes eférulas sobre o modelo de traballo.

    • As diversas partes de que consta a prótese permite asúa armaxe e desarmaxe, a nivel do profesional e doseu portador, como se especifica no deseño.

    • Comprobouse, remontando no articulador, a oclusión,estética e articulación da estructura producida.

    Dominio profesional

    Medios de producción• Modelos de traballo con tocos desmontables. Articulador. Paralelómetros. Ataches. Preformas. Kits

    comerciais de implantoloxía. Soldadoras de gas. Microfresadoras.

  • 29

    Materiais e productos intermedios• Estructuras modeladas en cera e en material calcinable.

    Productos e/ou servicios• Próteses mixtas e implantosoportadas. Próteses de precisión.

    Procesos, métodos e procedementos• Modelaxe en cera. Coada. Microfresado. Soldadura.

    Información• Prescripción facultativa. Deseño de estructuras metálicas protéticas fixas e removibles. Material comercial

    dispoñible.

    Persoal e/ou organización destinataria• Sección de prótese de acrílico e porcelana. Sección de control de calidade, administración e expedición

    do producto.

  • 30

    2.6 Evolución da competencia profesional

    2.6.1 Cambios nos factores tecnolóxicos, organizativos e económicos

    A profesión de protético dental está perfectamente establecida e asentada dentro do sector sanitario,tanto no noso país como nos países do noso contorno, e non parece probable que aparezan grandescambios na estructura organizativa do sector.

    A nivel tecnolóxico, os procesos de fabricación están protocolizados, dentro da marxe que permite aelaboración de productos á medida, cun importante contido "artesanal". Nos últimos anos vaiseimplantando a informática progresivamente, aplicada tanto á organización, administración e xestión derecursos, como, en certo modo, ó deseño gráfico de estructuras.

    Este sector mobiliza un importante volume de negocio, que será crecente conforme se incremente o niveleconómico da sociedade e a importancia que os individuos perciban que require a saúde dental e o seuaspecto físico.

    Na conxuntura actual, prevese, a curto e medio prazo, un incremento da demanda de próteses dentais,motivado principalmente pola maior presencia do número de consultas e profesionais da odontoloxía, coconseguinte abaratamento do prezo das ditas próteses.

    2.6.2 Cambios nas actividades profesionais

    As actividades deste sector experimentarán cambios significativos, tanto na xestión da empresa(aplicación de estudios de mercadotecnia), como na incorporación de novos materiais e procesos defabricación, por ser este un sector onde ten grande impacto a tecnoloxía de materiais e os avances dasciencias médicas.

    Xeneralizarase o manexo de programas informáticos aplicados á xestión do laboratorio dental e, enmenor grao, ó deseño das próteses dentais e aparellos de ortodoncia.

    2.6.3 Cambios na formación

    Requiriranse maiores coñecementos de informática aplicada á xestión de recursos e ó deseño gráficode próteses dentais e aparellos de ortodoncia por ordenador.

    Serán necesarios maiores coñecementos de administración e xestión comercial, técnicas de mercadoe promoción de productos, xestión de recursos humanos, financiamento e rendibilidade da empresa.

    Requirirase estar ó día no coñecemento de novos materiais e novas técnicas polos avances tecnolóxicosno campo dos materiais e polos avances médicos no tratamento protético de lesións, que demandaránpróteses tecnoloxicamente máis avanzadas.

  • 31

    2.7 Posición no proceso productivo

    2.7.1 Contorno profesional e de traballo

    O técnico en próteses dentais poderá exerce-la súa actividade profesional no sector sanitario, na áreade productos sanitarios, subsector de orteses e próteses dentofaciais.

    Este técnico pode realiza-la súa actividade profesional dirixindo un laboratorio ou depósito dental outraballando por conta allea para outro profesional do mesmo nivel.

    As súas principais actividades profesionais consisten na planificación, organización, administración exestión do depósito dental, o deseño de próteses dentais e de aparellos de ortodoncia, a fabricación,modificación e reparación de próteses dentais e aparellos de ortodoncia e o seu control de calidade.

    Os productos protéticos dentofaciais son elaborados baixo pedido, por prescripción facultativa deodontólogos, estomatólogos e cirurxiáns maxilofaciais, e están destinados á corrección de defectosfuncionais ou á substitución de pezas dentais ou dentaduras completas dos clientes ou pacientes.

    Este técnico poderá participar en tódalas actividades que se realicen na súa área de traballo, incluída adocencia doutros técnicos.

    2.7.2 Contorno funcional e tecnolóxico

    O técnico en próteses dentais sitúase nas funcións ou subfuncións de planificación, organización exestión do laboratorio ou depósito dental, prestación do servicio e control de calidade dos productos.

    As técnicas e coñecementos tecnolóxicos abranguen:

    # Organización e xestión de recursos da súa área de traballo. Xestión de recursos materiais. Xestiónde recursos humanos. Xestión administrativa e financeira. Xestión comercial.

    # Coñecementos de informática a nivel de usuario.

    # Terminoloxía odontolóxica. Anatomía, fisioloxía e patoloxía do aparello estomatognático.Articulación e oclusión dental.

    # Deseño de próteses dentais e aparellos de ortodoncia.

    # Técnicas de montaxe e tallado de dentes.

    # Técnicas de modelaxe e producción de pezas de acrílico por autopolimerización. Técnicas depolimerización e puído de resinas. Termomodelaxe de estructuras plásticas.

    # Coñecementos sobre aliaxes e metais: modelaxe de metais. Forxa de estructuras metálicas.Fundición de metal, inxección por centrifugación e coada a cera perdida. Técnicas de soldadura.

    # Coñecementos sobre cerámica: modelaxe en porcelana. Cocedura de cerámica. Técnica de baño.

    # Puído e acabado da prótese: técnicas de fresado. Técnicas de puído por chorro de area. Bañoelectrolítico.

    # Control de calidade dos productos.

  • 32

    2.7.3 Ocupacións, postos de traballo tipo máis relevantes

    A título de exemplo, e especialmente con fins de orientación profesional, enumérase a continuación unconxunto de ocupacións ou postos de traballo que poderían ser desempeñados adquirindo a competenciaprofesional definida no perfil do título:

    # Técnico Protésico Dental.

    # Técnico de próteses fixas.

    # Técnico de próteses removibles.

    # Técnico de ortodoncia.

  • 33

    3 Currículo

    3.1 Obxectivos xerais do ciclo formativo

    # Analiza-las características anatómicas e funcionais do aparello estomatognático identificando asestructuras que o compoñen, as súas relacións e as súas funcións.

    # Interpreta-las especificacións técnicas das prescripcións facultativas, relacionando alteraciónsfuncionais e ausencias de pezas dentarias cos sistemas de corrección ou substitución que se podenaplicar co fin de deseñar ou reparar próteses ou orteses dentofaciais.

    # Analiza-la viabilidade de implantación, nun contorno determinado, dun laboratorio de próteses dentais,identificando as fontes de información e os datos necesarios para crear unha empresa.

    # Relaciona-los parámetros e variables do contorno socioeconómico coa natureza da actividade e osrecursos dispoñibles, co fin de defini-las finalidades a características máis viables e satisfactoriasdunha empresa de fabricación de próteses dentais e elementos consumibles relacionados co tallerou laboratorio de próteses dentais.

    # Utiliza-los paquetes informáticos de carácter xeral, adaptándoos á organización, xestión e tratamentoda información dun taller ou laboratorio de próteses dentais.

    # Analiza-la estructura orgánica e funcional dos centros, servicios ou unidades do sector sanitario, e anormativa vixente, relativas a temas de seguridade, hixiene e documentación clínico-administrativa.

    # Analizar prescripcións e rexistros para obter un modelo mestre que permita deseñar próteses dentaise aparellos de ortodoncia, definindo os materiais, os medios, os procesos de fabricación e o seucusto.

    # Analizar e aplica-los procedementos de elaboración e modificación de próteses removibles acrílicasparciais ou totais, obtendo as ditas próteses en condicións de calidade e tempo establecidos.

    # Analizar e aplica-los procesos de elaboración e reparación de próteses removibles de base metálica,en virtude dos resultados obtidos na paralelización do modelo mestre.

    # Analizar e aplicar técnicas de preparación de tocos individuais e de confección de coroas blindadase para fronte estética, coroas de acrílico, coroas Jacket, incrustacións, falsos tocos, e coroas e pontesde porcelana, destinadas á elaboración de próteses dentais fixas.

    # Analiza-los parámetros anatómicos e de oclusión necesarios para a elabiración de predeterminaciónse elementos de aparatoloxía ortodontica.

    # Elaborar e incorporar á placa ortodóntica os elementos de ortodoncia definidos, obtendo o aparellode ortodoncia prescrito.

    # Analiza-las características e aplicacións dos attaches, conectores, barras estructurais e outroselementos de ancoraxe para a elaboración de próteses mixtas.

    # Analizar e aplica-los procedementos de confección de férulas e implantes para a elaboración depróteses cirúrxicas e implanto-soportadas.

    # Analizar e aplica-los procedementos de confección de férulas e implantes para a elaboración depróteses

    # Comprende-lo marco legal, económico e organizativo que regula e condiciona a actividadeprofesional, identificando os dereitos e obrigas que se derivan das relacións no contorno de traballo,así como os mecanismos de inserción laboral.

  • 34

    # Seleccionar e valorar criticamente as diversas fontes de información relacionadas coa súa profesión,que lle permitan o desenvolvemento da súa capacidade de autoaprendizaxe e posibiliten a evolucióne adaptación da súas capacidades profesionais ós cambios tecnolóxicos e organizativos do sector.

  • 35

    3.2 Módulos profesionais asociados a unha unidade de competencia

    3.2.1 Módulo profesional 1: Organización, administración e xestión dunhaunidade/gabinete de próteses dentais

    Asociado á unidade de competencia 1: Administrar e xestionar un laboratorio de próteses dentais.

    Capacidades terminais elementais

    # Relaciona-las diferentes administracións sanitarias públicas de España e da Unión Europea cosórganos que dependen delas e coas unidades básicas en que se encadran.

    # Relaciona-la estructura funcional e organizativa das institucións sanitarias coas funcións detitularidade, forma xurídica e tipo de actividade ou servicio que presta.

    # Identifica-lo contido, datos estructurais e formais, tramitación, fluxos de tramitación, sistemas decodificación e rexistro da documentación sanitaria, dependendo da súa finalidade.

    # Realiza-lo proceso de recepción, rexistro e distribución da documentación sanitaria recibida eemitida, dependendo das normas internas e seguindo criterios de confidencialidade.

    # Recoñece-los sistemas de arquivo, conservación e acceso a documentación sanitaria, partindodas normas da empresa.

    # Especifica-la estructura dos documentos e dos códigos empregados para face-lo rexistro dosdocumentos sanitarios, matizando os mecanismos de circulación da documentación nasinstitucións sanitarias.

    # Explica-la estructura dunha historia clínica tipo, describindo as diferentes fases de custodia dedocumentos e das probas diagnósticas.

    # Facer diagramas dos servicios e unidades hospitalarias, describindo as súas relacións edependencias, tanto internas coma externas.

    # Analiza-la documentación técnica precisa para o desenvolvemento da súa actividade profesional,clasificándoa segundo as materias e actividades propias do protésico dental.

    # Explica-los tipos de rexistro de material clínico, as características da información que conteñan eos métodos de codificación e procedementos de arquivo máis empregados no sector sanitario.

    # Emprega-las aplicacións informáticas útiles para a xestión, organización e tratamento dos datossanitarios dunha pequena empresa.

    # Determina-los métodos e condicións de almacenamento e conservación do material do gabinetede prótese dental, partindo das súas características e seguindo criterios de orde e seguridade notraballo.

    # Determina-la cantidade de existencias para repor no almacén, cubrindo as fichas do almacén.

    # Explica-los tipos de rexistro de material clínico, as características da información que conteñan eos métodos de codificación e procedemento de arquivos máis empregados no sector sanitario.

    # Realiza-lo inventario de existencias, identificando as necesidades de reposición e efectuando ascorrespondentes ordes de pedido.

    # Especifica-las condicións de conservación do material, en función das súas características enecesidades de almacenamento.

  • 36

    # Selecciona-la base de datos axeitada ás necesidades identificadas.

    # Redactar resumos de actividade e informes de resultados, partindo dos datos existentes na basede datos.

    # Determina-lo custo de producción e as partidas que deben ser incluídas no documento deorzamento ou factura.

    # Explica-los criterios mercantís dos documentos contables de uso no gabinete ortoprotésico,identificando as normas fiscais que deben cumprir.

    # Confecciona-lo documento, orzamento ou factura determinando o importe total e desagregamentodo servicio solicitado.

    # Diferencia-las características, requisitos de constitución e funcións dos órganos de goberno dasdiferentes formas xurídicas de empresa.

    # Identifica-los trámites administrativos, a documentación e as condicións formais que esixen osorganismos públicos para a constitución dunha empresa e para o desenvolvemento da actividadeeconómica.

    # Describi-las técnicas de negociación con clientes e/ou provedores e de promoción de vendas enfunción do tipo de productos e/ou servicio.

    # Relacionar e describi-las normas sobre simboloxía e localización de sinais, alarmas, equiposcontra incendios e equipos de primeiros auxilios.

    # Relaciona-los factores e situacións de risco para a saúde no contorno laboral coas medidaspreventivas e os medios que se empreguen, cumprindo a normativa específica de seguridade ehixiene.

    # Identifica-los factores que determinan a calidade de atención ou prestación do servicio ouproducto.

    Contidos (duración 110 horas)

    Contidos procedementais

    Organización sanitaria

    • Análise dos documentos legais.

    • Análise dos indicadores de saúdeDocumentación sanitaria

    • Ordenamento da información.

    • Selección das fontes de información.

    • Análise dos contidos dos documentos.

    • Identificación e cuantificación dos datos.

    • Comprobación dos datos, cálculos e resultados.Xestión de existencias e inventarios

    • Comprobación da documentación precisa no proceso administrativo de compravenda.

    • Xestión dos stocks

    • Confrontación dos datos coa información de partida.

    • Comprobación dos cálculos e dos resultados.

  • 37

    • Corrección dos erros e emendas.Tratamento da información e documentación

    • Determinación dos datos de clientes e provedores.

    • Selección da aplicación informática pertinente.

    • Introducción da información no programa informático.

    • Almacenamento, edición e difusión dos datos.

    • Xestión das necesidades de reposición do almacén.

    • Formalización dos documentos de pedidos.

    • Envío dos pedidos.

    • Comprobación do material recibido.

    • Rexistro informático do material recibido.Aplicacións informáticas

    • Selección e emprego das aplicacións informáticas de facturación.

    • Selección e emprego das aplicacións informáticas de xestión e control do almacén.Xestión de persoal

    • Selección e emprego das aplicación informáticas de xestión e control de nóminas e seguros sociais.Xestión comercial

    • Aplicacións e emprego do software estándar de xestión comercial.

    • Aplicación das técnicas de venda.

    • Aplicación das técnicas de atención o cliente.Calidade da prestación do servicio e do producto

    • Clasificación da documentación.

    • Codificación e rexistro informático de datos.

    • Distribución ó destinatario.Custo de producción

    • Cálculo dos tipo de custos.

    • Emprego das aplicacións informáticas máis habituais.Elaboración do presuposto

    • Uso das aplicacións informáticas máis empregadas na elaboración de orzamentos.

  • 38

    Contidos conceptuais

    Organización sanitaria

    • A sanidade no conxunto da Unión Europea.

    • Estructura do sistema sanitario público español

    • Lei xeral de sanidade.

    • Estructura da sanidade pública galega: sector público e sector privado.

    • Normativas de seguridade e hixiene.

    • Aspectos sociolóxicos e demográficos en relación coa saúde: estudio da comunidade e indicadores desaúde.

    • Niveis de prevención sanitaria: prevención primaria, secundaria e terciaria.

    • Concepto de atención primaria e hospitalaria.

    • A empresa de servicios sanitarios: funcións, tipos, modelos e organización.Documentación sanitaria

    • Documentación clínica:

    – Tipos de documentos: intra-hospitalarios, extra-hospitalarios e intercentros.

    – Utilidades e aplicacións.

    – Criterios e cumprimentos.

    – Métodos de circulación da información.

    • Documentación non clínica:

    – Tipos de documentos: intra-hospitalarios, extra-hospitalarios e intercentros.

    – Utilidades e aplicacións.

    – Criterios e cumprimentos.

    – Métodos de circulación da información.

    • Tratamento da información e documentación: arquivos, rexistro, mantemento, conservación e seguridadeda información.

    Xestión de existencias e inventarios

    • Sistemas de almacenaxe: técnicas e inconvenientes.

    • Formas de clasificación dos recursos materiais sanitarios.

    • O control das existencias: métodos de valoración.

    • As fichas de almacén.

    • Stock mínimo e reposición das existencias.

    • Inventarios: clasificación e elaboración.

    • Normas de seguridade e hixiene aplicada nos almacéns de prótese dental.

    • Condicións de almacenamento dos materiais.

  • 39

    Tratamento da información e da documentación

    • Documentación comercial: o pedido, o albará, a factura e o recibo (función, estructura e requisitosformais).

    • Réximes de aplicación do IVE.

    • Documentación financeira: o cheque e a letra de cambio; función e requisitos formais.

    • Documentación de contratación de servicios de seguro e compravenda.

    • Documentación do producto e servicios propio da actividade.Aplicacións informáticas

    • As aplicacións informáticas de facturación.

    • As aplicacións informáticas de xestión e control do almacén.

    • O software de xestión estándar.A empresa e o seu contorno

    • Concepto xurídico-económico de empresa.

    • Constitución da empresa: obrigas formais, trámites administrativos, documentación legal e organismoscon competencia.

    • Funcións, elementos e obxectivos empresariais.

    • Estructura interna: áreas funcionais e organigrama de relacións.

    • Localización da empresa: requisitos, normas urbanísticas e medioambientais.

    • Dimensión da empresa: capital, inversión e financiamento. Recursos humanos e previsión de ingresose gastos.

    Formas xurídicas das empresas

    • O empresario individual.

    • As sociedades mercantís e as cooperativas.

    • As diferentes formas de sociedades mercantís.Xestión do persoal

    • Convenio do sector.

    • Os diferentes tipos de contratos laborais.

    • A contratación dos traballadores: documentos pertinentes e afiliación.

    • O réxime de autónomos.

    • A retribución laboral: salarios, nóminas e documentación pertinente.

    • Os seguros sociais

    • A selección de persoal: perfil, condicións laborais e proceso de selección.Xestión comercial

    • Elementos básicos da comercialización.

    • O producto e o servicio: características, requisitos e normas.

    • A distribución do producto: canles e modalidades.

    • A xestión de compras: prezo, prazos e formas de entrega.

    • Técnicas de venda. Bonificacións e descontos.

    • Publicidade e promoción de vendas.

    • Atención o cliente e servicios posvenda.

  • 40

    • Imaxe da empresa. Logotipo e documentación.O proceso de atención ou prestación do servicio

    • Obxectivos, fases, operacións e recursos.

    • Normativa aplicable.Calidade de prestación do servicio ou do producto

    • Técnicas de control de calidade na prestación do servicio ou producto.

    • Control de calidade interno e externo.Custe de producción

    • O ciclo contable.

    • Os custos anuais: contas de resultados e o balance de situación. Composición e análises.

    • O prezo de custo: tipos de custos, o prezo de custo e o prezo de venda.

    • A previsión de resultados.Elaboración do presuposto

    • Custos de producción.

    • Custos de material.

    • Custos do factores de producción.

    • Custos indirectos.

    Contidos actitudinais

    • Rigor e pulcritude na elaboración de orzamentos, na solicitude de material e na formalización dosdocumentos clínicos e non clínicos.

    • Valoración da importancia da prioridade na xestión de documentación dos casos máis urxentes.

    • Rigor no cumprimento das normas legais, tanto nos procesos de constitución e xestión da empresa comona formalización e tramitación de documentación de producto.

    • Responsabilidade no cumprimento das normas de confidencialidade da información relacionada copaciente ou cliente.

    • Valoración da importancia da exactitude na aplicación dos métodos de control de existencias.

    • Responsabilidade na actualización e busca de información para a creación do proxecto empresarial e amellora de calidade e/ou eficacia da empresa.

    • Actitude eficaz e dilixente na realización das tarefas e na adaptación ás novas situacións.

    • Preocupación polo óptimo aproveitamento dos recursos na programación das fases do traballo, valorandoa secuencia e orde establecidos para obte-la calidade requirida.

  • 41

    3.2.2 Módulo profesional 2: Deseño de próteses e aparellos de ortodoncia

    Asociado á unidade de competencia 2: Defini-lo producto, organizar, programar e controla-lafabricación de orteses e próteses dentofaciais

    Capacidades terminais elementais

    # Analiza-las características anatómicas e fisiolóxicas do aparello estomatognático, relacionándoascoa súa implicación no deseño adecuado da ortese ou prótese.

    # Identifica-las características morfolóxicas e funcionais dos dentes e tecidos de soporte, a súalocalización e relacións oclusais, detectando as posibles alteracións xinxivais ou dentais quepoidan influír no deseño.

    # Describi-los tipos de próteses ou aparellos de ortodoncia, os seus compoñentes e as súasaplicacións, e deseña-lo máis axeitado a partir da información da prescripción facultativa, tendoen conta a análise dos modelos e os requisitos estéticos e funcionais.

    # Manipula-las impresións e rexistros segundo os seu tipos e características, determinando ascondicións de recepción e arquivo de acordo coas normas hixiénico-sanitarias e os protocolosestablecidos, para obte-lo modelo mestre coa calidade requirida.

    # Realizar cubetas individuais, pranchas base e rodetes de articulación sobre modelos mestres,adecuando a súa extensión, adaptación e axuste segundo os requisitos establecidos.

    # Analiza-los compoñentes da articulación témporo-mandibular e os seus movementos funcionais,e relacionalos co dos modelos anatómicos montados no articulador.

    # Relaciona-los diferentes tipos de articuladores coas características, aplicacións, vantaxes einconvenientes, e monta-los modelos de traballo con destreza, transferindo coa precisión requiridaos rexistros oclusais e seleccionando o máis axeitado ó tipo de prótese dental ou ortodonciaidentificada.

    # Transferir correctamente os rexistros oclusais en céntrica, en protrusiva e en lateralidade,diferenciando o lado de traballo e de balanceo, sobre articuladores semiaxustables, aplicandoaxeitadamente as indicacións de angulación requiridas.

    # Analiza-las características e aplicacións máis importantes do deseño asistido por ordenador(DAO), relacionándoas e comparándoas coas técnicas de representación gráfica convencionaise especificando as súas respectivas vantaxes e inconvenientes.

    # Representar graficamente con medios informáticos esquemas de diferentes tipos de próteses ouaparellos de ortodoncia, en dúas e tres dimensións, obtendo copias de seguridade e un arquivoordenado e de doado acceso.

    # Analiza-la organización de diferentes tipos de laboratorios dentais identificando prestacións erecursos, así como as fases e tempos de producción segundo o tipo e características do producto,tendo en conta a normativa específica de fabricación e de seguridade hixiénico-sanitaria.

  • 42

    Contidos (duración 110 horas)

    Contidos procedementais

    Anatomía e fisioloxía do aparello estomatognático

    • Localización das diferentes estructuras da cavidade bucal e as alteracións dentais e/ou xinxivais nomodelo de estudio.

    • Clasificación dos dentes segundo a súa situación, grupo, dentición e características especiais, utilizandoos diferentes sistemas de nomenclatura.

    • Comparar e identifica-las características dos dentes cos patróns de referencia, identificando as pezasdentarias.

    • Identificación das diferencias entre os dentes temporais e os permanentes, así como entre as dúasdenticións.

    • Observación nos modelos montados nun articulador das relacións oclusais e os contactos en céntrica,lateralidade e protrusión.

    • Descrición da articulación témporo-mandibular e os seus movementos, identificándoos no articulador.

    • Recoñecemento das maloclusións e malposicións, súas causas e identificación nos modelos articulados.Materiais, equipos e instrumentos para próteses dentais

    • Clasificación dos materiais dentais segundo seu uso e descrición das medidas de conservaciónadecuadas .

    • Identificación dos diferentes tipos de materiais dentais e observación das súas características .

    • Comparación das diferentes propiedades dos materiais segundo o tratamento empregado.

    • Cálculo da resistencia dos materiais que se empreguen na fabricación de próteses dentais.

    • Descrición dos problemas de biocompatibilidade dos materiais empregados nas próteses dentais e asmedidas de protección utilizadas nos seus procesos de elaboración.

    • Utilización dos diferentes equipos e instrumentos do laboratorio dental identificando o seu lugar deemprazamento e as súas medidas de seguridade, de axuste e de mantemento para optimiza-lo traballo.

    Confección de modelos, cubetas e pranchas base

    • Modelos.

    – Aplicación do tratamento adecuado á impresión segundo o material utilizado tendo en conta quegaranta a súa estabilidade dimensional, seguridade e hixiene requirida.

    – Baleirado das impresións co xeso apropiado segundo o tipo de prótese ou ortese que se realice e enfunción dos protocolos establecidos para obte-la calidade precisa.

    – Observación e reparación dos posibles erros no baleirado dos modelos.

    • Cubetas.

    – Realización de cubetas individuais, seleccionando o material, delimitándoas convenientemente,conseguindo o espacio adecuado ó tipo de material para a impresión e comprobando a súaestabilidade sobre o modelo.

    • Pranchas de articulación.

  • 43

    – Realización de pranchas base, seleccionando o material segundo súa aplicación, delimitándoasconvenientemente, adaptando os rodetes de mordida cos parámetros establecidos e comprobandoa súa estabilidade sobre o modelo.

    Próteses dentais e aparellos de ortodoncia

    • Identificación dos diferentes tipos de próteses e compoñentes describindo as súas características eaplicacións

    • Identificación dos diferentes tipos de aparellos de ortodoncia e describindo as súas características eaplicacións.

    • Interpretación das diferentes prescripcións facultativas, extraendo tódolos datos necesarios para odeseño da prótese ou ortese.

    • Identificación, en caso de dúbida, dos protocolos acordados para a súa aclaración, así como para aspropostas de modificacións ou mellora, na funcionalidade ou no custo, do producto.

    • Descrición das características que pode presenta-lo modelo mestre, relacionándoas co deseño dasolución protésica máis adecuada (tipo e compoñentes).

    • Marcaxe, sobre o modelo de traballo, da base protésica e retenedores da prótese dental ou aparello deortodoncia, tendo en conta as prescripcións facultativas.

    Articuladores

    • Descrición do manexo, elementos e técnica de montaxe dos modelos de traballo sobre os distintosarticuladores.

    • Selección do articulador adecuado á técnica, o tipo de prótese ou ortese identificada, preparando omaterial necesario.

    • Montaxe dos modelos de traballo no articulador semiaxustable, transferindo, coas marxes de fidelidadeestablecidas, os rexistros oclusais en céntrica, en protrusiva e en lateralidade, diferenciando o lado detraballo e o de balanceo e aplicando correctamente as indicacións de angulación da prescripción.

    Proceso de fabricación

    • Identificación das características constructivas, estéticas e funcionais da prótese ou ortese, así como súaviabilidade de fabricación.

    • Selección dos equipos e materiais necesarios para a fabricación da prótese ou ortese identificada.

    • Determinación dos tempos de entrega e procesos de fabricación máis adecuados para optimiza-losrecursos (humanos e materiais) do laboratorio.

    • Establecento dos controis necesarios para asegura-lo nivel de calidade do producto identificando asnormas e medidas de seguridade e hixiene que se deben observar no desenvolvemento do traballo.

    Deseño asistido por ordenador de próteses ou orteses dentais

    • Descrición das características e aplicacións máis importantes do deseño asistido por ordenador (DAO).

    • Representación gráfica das vistas, seccións, detalles, cotas e esquemas dos elementos das próteses ouaparellos de ortodoncia cos medios convencionais e/ou informáticos.

  • 44

    Contidos conceptuais

    Anatomía e fisioloxía do aparello estomatognático

    • Embrioloxía e anatomía maxilo-facial.

    • Morfoloxía e fisioloxía das estructuras da cavidade bucal.

    • Musculatura: da cara, dos beizos e da mastigación.

    • Articulación temporo-mandibular (ATM): elementos e dinámica da ATM.

    • Desenvolvemento, erupción e histoloxía dental.

    • Os dentes: funcións, situación, fórmulas dentarias e sistemas de nomenclatura.

    • Denticións: temporal, permanente e mixta.

    • Morfoloxía: dos dentes permanentes, dos temporais e dos tecidos de soporte.

    • Oclusión: factores que a condicionan e tipos.

    • Maloclusión dental: implicacións fisio-patolóxicas, clasificación e tipos.Materiais, equipos e instrumentos para o laboratorio dental

    • Tipos e características dos materiais do laboratorio dental.

    • Propiedades dos diferentes materiais: magnitude e unidades fundamentais de medida.

    • Nocións de resistencia: cálculo de esforzos.

    • Procedementos que modifican as propiedades dos materiais: fundamentos, comportamento e relacióndas propiedades coa técnica empregada.

    • Biocompatibilidade e medidas de protección cos materiais utilizados.

    • Tipos, características e aplicacións dos equipos e instrumentos del laboratorio dental.

    • Condicións de uso, axuste, situación, mantemento axeitado e normas de seguridade dos equipos. Confección de modelos, cubetas e pranchas base

    • Modelos.

    – Materiais de impresión: clasificación, características e aplicacións.

    – Tratamento das impresións segundo o material utilizado.

    – Materiais para a confección de modelos: clasificación, características e aplicacións.

    – Técnicas de baleirado.

    – Criterios de calidade.

    • Cubetas.

    – Materiais para cubetas: tipos, características e aplicacións.

    – Técnicas de confección.

    • Pranchas de articulación.

    – Materiais para pranchas base: tipos, características e aplicacións.

    – Materiais para os rodetes: tipos e características.

    – Técnicas de adaptación de pranchas base.

    – Técnicas de adaptación dos rodetes, parámetros de referencia.

  • 45

    Próteses dentais e aparellos de ortodoncia

    • Tipos e aplicacións das próteses dentais.

    • Compoñentes das próteses dentais.

    • Características, vantaxes e inconvenientes de cada tipo de próteses dentais.

    • Tipos características e indicacións dos aparellos de ortodoncia

    • Compoñentes dos aparellos de ortodoncia.

    • Prescripcións facultativas: tipos e características. Articuladores

    • Tipos, compoñentes e aplicacións dos articuladores.

    • Movementos do articulador e diferencias cos da ATM nos diferentes tipos.

    • Técnicas de montaxe dos modelos nos diferentes tipos de articuladores.

    • Funcionalidade e manexo dos distintos tipos de articuladores semiaxustables. Proceso de fabricación

    • Proceso de producción: fases, técnicas e recursos humanos e materiais.

    • Planificación, prazos de entrega, aproveitamento óptimo de recursos, control da calidade do proceso edo producto e factibilidade da fabricación.

    • Normas e medidas de seguridade canto á calidade, resistencia e toxicidade de materiais, ás formas edimensións do producto e ó proceso de fabricación.

    Deseño asistido polo ordenador de próteses ou orteses dentais

    • Programas de deseño asistido por ordenador (DAO): características e aplicacións.

    • Equipos para o DAO: compoñentes e manexo.

    • Nocións básicas do DAO: comandos, procedementos de debuxo en dúas e tres dimensións, arquivo ecopias de seguridade.

    • Vantaxes e inconvenientes das técnicas de representación gráfica convencionais e das de DAO.

    Contidos actitudinais

    • Rigor e pulcritude, segundo as normas de hixiene, na recepción, manipulación e arquivo de impresiónse rexistros.

    • Rigor, eficacia e pulcritude na confección das próteses, segundo as especificacións do deseño e dasprescripcións.

    • Actitude responsable e hábito de detección e corrección sistemática das alteracións ou erros nalgunhadas fases do proceso de confección das próteses.

    • Valoración da importancia de comprobar sistematicamente os resultados en tódalas fases do traballo.

    • Hábito de limpeza na confección e acabado das próteses e na utilización do equipo de traballo.

    • Preocupación pola optimización dos recursos na programación do traballo, valorando a secuencia e ordeestablecidos para obte-la calidade requirida, de acordo cos criterios de productividade e calidade, asícomo dos compromisos comerciais.

    • Valoración da importancia da exactitude na elaboración dos modelos, cubetas individuais e pranchas dearticulación.

    • Responsabilidade e pulcritude na manipulación, conservación e axuste dos equipos, instrumentos emateriais do laboratorio dental.

  • 46

    • Rigor na información e protección sobre a biocompatibilidade dos materiais empregados na confeccióndas próteses ou orteses, tanto para o paciente como para o manipulador.

    • Hábito de observación estricta das normas de seguridade, saúde e medioambientais relacionadas coamanipulación dos equipos e materiais e de control de calidade e de seguridade e hixiene no traballo.

    • Valoración da importancia da precisión requirida na transferencia dos rexistros na montaxe dos modelosno articulador.

    • Responsabilidade na selección do tipo e compoñentes das próteses ou orteses que máis se adecúen ascaracterísticas do modelo e as prescripcións facultativas.

    • Responsabilidade no manexo dos equipos informáticos.

    • Actitude dilixente na realización das tarefas e na adaptación ás novas situacións.

    • Responsabilidade na actualización da información sobre os avances tecnolóxicos relacionados coasnovas técnicas e materiais que melloren a calidade e/ou a eficacia do producto.