Descartes

17
RACIONALISM O •Yessica Fernández Méndez nº 4 •Natalia Gil Brandín nº 6 CURSO 2011- 2012 1º BACHARELATO B

Transcript of Descartes

Page 1: Descartes

RACIONALISMO

•Yessica Fernández Méndez nº 4•Natalia Gil Brandín nº 6 CURSO 2011-2012

1º BACHARELATO B

Page 2: Descartes

ÍNDICE.I. Introdución.II. Concepto de racionalismo.III.Biografía: Descartes.IV.Síntesis sobre o racionalismo.V. O racionalismo: na ética e na

relixión.VI.Contexto histórico.VII. Características principais.VIII. Figuras máis destacadas.IX. Conclusión.X. Fontes de información.

Page 3: Descartes

INTRODUCIÓNO racionalismo inaugura a filosofía moderna da man dun dos matemáticos e filósofos máis importantes, René Descartes.

Desenvólvese ao longo do século XVII no continente europeo especialmente en Francia, Holanda e Alemaña, por obra de Malebranche, Spinoza e Leibniz.

Co racionalismo hai unha separación radical entre a verdade revelada e a verdade exclusivamente racional, propia da filosofía.

O ideal da corrente racionalista é alcanzar unha ciencia ou filosofía universal cun rigor e exactitude semellante ao das matemáticas.

Page 4: Descartes

CONCEPTO DE RACIONALISMO

• O racionalismo é unha corrente filosófica que apareceu en Francia no século XVII, da man de René Descartes, que se opón ao empirismo. É o sistema de pensamento que acentúa o papel da razón na adquisición do coñecemento, en contraste co empirismo, que resalta o papel da experiencia, sobre todo o sentido da percepción.

Page 5: Descartes

Biografía: DESCARTES.

René Descartes, tamén chamado Cartesius. Naceu en Haye, (na Turena francesa) o día 31 de marzo de 1596, e morreu en Estocolmo o 11 de febreiro de 1650. Foi un gran filósofo, matemático e físico francés. E está considerado como o pai da filosofía moderna, así como un dos nomes máis destacados da revolución científica.

Page 6: Descartes

René Descartes cría que a xeometría representaba o ideal de todas as ciencias e tamén da filosofía. Mantiña que só por medio da razón se podían descubrir certas verdades universais das que é posible deducir o resto de contidos da filosofía e das ciencias. Manifestaba que as verdades eran innatas,e non se derivaban da experiencia.

Page 7: Descartes

•Esta corrente foi desenvolvida á súa vez por outros filósofos europeos, como o holandés Baruch Spinoza e o pensador e matemático alemán Gottfried Wilhelm Leibniz.

•Á súa vez opuxéronse a ela os empiristas británicos, como John Locke e David Hume, que crían que todas as ideas procedían dos sentidos.

Page 8: Descartes
Page 9: Descartes

O RACIOnalismo: NA ÉTICA E NA RELIXIÓN.

O racionalismo na ética é a afirmación de que certas ideas morais son innatas na especie humana.

O racionalismo na filosofía da relixión afirma que os principios fundamentais da relixión son evidentes en si e que a revelación non é necesaria, como no deísmo.

Desde finais do século XIX, o racionalismo xogou sobre todo un papel antirreligioso na teoloxía.

Page 10: Descartes

CONTEXTO HISTÓRICOO racionalismo é unha corrente filosófica europea que posteriormente foi subdividida polos historiadores en dous bloques antagónicos: racionalismo e empirismo. Comprende todo o século XVII e nel a filosofía adopta o paradigma matemático da xeometría e o paradigma experimental da física, opóndose ao escepticismo pirrónico e ao formalismo escolástico.

Page 11: Descartes

CARACTERÍSTICAS PRINCIPAIS

Confianza no poder da razón. Pensan que os sentidos só crean apariencias falsas. Postulación das ideas innatas. Utilización do método lóxico-matemático para explicar os razoamentos e confirmalos.

Page 12: Descartes

FIGURAS MÁIS DESTACADASRené Descartes: fundador do racionalismo (continuarán Arnauld, Malebranche, Spinoza e Leibniz…)

Blaise Pascal: fundador do existencialismo moderno (continuarán Jacobi e Kierkegaard).

Page 13: Descartes

Spinoza: fundador do panteísmo moderno (continuarán d'Holbach, Schelling e Hegel…)

Malebranche: funda- dor do monismo espi- ritualista (continua- rán Berkeley e Berg- son).

Page 14: Descartes

Pierre Bayle: Fundador do deísmo (continuarán Voltaire, Rousseau e Kant).

Locke: Fundador do empirismo moderno (continuarán Berkeley, David Hume e Russell).

Page 15: Descartes

Leibniz: Precursor do idealismo alemán e fundador da filosofía analítica (continuarán respectivamente Kant, Fichte, Schelling e Hegel, por unha banda; e Frege, Russell e Wittgenstein por outra).

Page 16: Descartes

CONCLUSIÓN• O racionalismo foi unha corrente filosófica moi importante e que tivo unha gran relevancia na súa época. Foi cultivada, principalmente, polo filósofo René Descartes. Esta corrente influiu en diversos pensadores europeos, pero a pesar diso, tamén moitos deles se opuxeron ás ideas que ofrecía, comparándoas coas que aportaba o empirismo.

• Moitos empiristas británicos, como John Locke e David Hume, crían que todas as ideas procedían dos sentidos.

• Os filósofos que seguen esta corrente viven a revolución científica ou nova ciencia. Pretenden explicar todo a través da razón sen ter en conta os sentidos, xa que só crean apariencias falsas.

Page 17: Descartes

Fontes de información http://es.wikipedia.org/wiki/Racionalismo

http://www.e-torredebabel.com/Historia-de-la-filosofia/Filosofiamedievalymoderna/Descartes/Descartes-Racionalismo.htm http://www.mercaba.org/DicTF/TF_racionalismo.htm

http://es.wikipedia.org/wiki/Ren%C3%A9_Descartes