Descubrindo aos morcegos

15
COÑECENDO AOS MORCEGOS M. José Baz

description

Datos e características

Transcript of Descubrindo aos morcegos

COÑECENDO

AOS

MORCEGOSM. José Baz

Con este proxecto queremos que vos interesedes por coñecer a súa vida, o seupapel fundamental no mantemento do equilibrio dos ecosistemas e así contribuir a súa conservación.

Os morcegos son un grupo de animais moi descoñecido, aínda que viven moi preto de nós.San animais con fama de dar medo e pouca xente quere convivir con eles.

QUE SABES DOS MORCEGOS?Agora imos comprobar canto sabes de morcegos. Intenta respostar as seguintes preguntas.

Anotade no voso caderno unha palabra ou pequena frase sobre os morcegos,o primeiro que se vosocurra.Con todas as respostas imos facer unha táboa no encerado, termos positivos nunha columnae noutra os negativos. Entre todos analizaremos os resultados.

1. ¿Son mamíferos ou aves?

2. ¿Que comen os morcegos galegos?

3. ¿Son cegos os morcegos?

4. ¿Son uns animais moi perigosos?

a) Mamíferosb) Avesc) Nin uns nin outras

a) Sangueb) Insectosc) De todo

a) Sib) Nonc) Non o sei

a) Si, engánchase no pelob) Si, poden chupar sanguec) Non, se non son molestados

5. ¿Como atrapan as súas presas na escuridade?

6. ¿Onde se refuxian os morcegos cando non están voando?

7. ¿A que idade poden chegar?

8. ¿Cantas especies diferentes de morcegos hai no mundo?

9. ¿Cantas crees que hai en Galicia?

10. ¿En que continente non hai ningunha especie de morcego?

a) Escoitando os ecos que emitenb) Mediante o olfacto coma o resto de animaisc) Con moita sorte, non ven nada

a) Só en covasb) Só en casas abandonadasc) Nas dúas anteriores e tamén en minas,faiados,arbores,...

a) A un anob) A tres anosc) Ata 20 anos ou máis

a) 100b) 200c) 1100

a) Máis de 20b) 2c) 10

a) Oceaníab) Antártidac) América

Agora corrixe as respostas, suma todos os puntos e comproba o experto que eres.

0-5 puntos: Aínda tes que aprender!6-9 puntos: Es case un experto!10 puntos: Es un experto zoologo!

Parecen ratos porque son peludos, pero non o son; parecen un paxaro porque teñen as, perotampouco son.Os morcegos son os únicos mamíferos capaces de voar. Teñen todas as características dosmamíferos: Temperatura constante, de pequenos aliméntanse do leite da súa nai,o seu corpo está cuberto de pelo. Pero... son especiais porque posúen algunhas adaptacións que os distinguen dos demais mamíferos:

- Voan activamente.- Poden vivir moitos anos para o tamaño que teñen, dez veces máis que un rato!- Teñen un sistema de ecolocación- Teñen unha grande diversidade de xeitos de vida (refuxio,alimentación,...)

Para voar utilizan as súas membranas alares como un parapente. Para isto acadaron unha serie de sorprendentes adaptacións, unha delas é que teñen as extremidades anteriores (“brazos”) transformadas en ás,en realidade as ás son as mans.Como os humanos, teñen cinco dedos pero moi longosexcepto o pulgar que é pequeno e ten unlla.

Fíxate nas ilustracións

Os dedos están unidos por unha fina membrana dérmica que chamada pataxio, que tamén une as patas coa cola.Outra característica propia dos morcegos é a presenza dunha pequena membrana na orella, relacionada co sistema de ecolocación, que se denomina trago.

Posúen un curioso sistema para manter a posición de repouso, boca abaixo, como se fosen un péndulo. Trátase dun mecanismo de bloqueo dos tendóns que retraen as patas, que lle permiten permanecer nesa posición sen gastar enerxía e polo tanto sen cansar (incluso poden morrer durante o descanso e permanecer pendurados durante moito tempo!).I

COMO SON OS MORCEGOS?

Extremidade superiorhumana

Aleta dunhabalea

Extremidade superiordo morcego

Fíxate nestas extremidades de mamíferos

PREPARADOS PARA VOAR

Non todos os morcegos voan de igual xeito.

Depende principalmente do tamaño e forma do pataxio

Se é estreito e alongado o voo é rápido e de moita duración.

Se o pataxio e curto e ancho o voo é para distanciascurtas,facer xiros rápidos ou para amanter un voo estático como os colibrís.

Os morcegos usan os brazos e mans tamén para outras cousas.- Para camiñar, correr polo chan, teito e paredes; trepar polas árbores .- Para nadar- Para estirarse con seus dedos e alcanxar insectos, flores e froitas.- Para colgarse de teitos e paredes.- Como radiadores, axudan a manter a temperatura corporal.- Como abanicos.- Como refuxio e protección da súa cría.- Como impermeable.

FORMASTodos os morcegos non son iguais. Existen 1.100 especies.

Teñen diversas formas, tamaños e diferentes hábitos de vida.

ECOLOCACIÓNUn dos aspectos máis sorprendentes dos morcegos é a súa capacidade de moverse e cazar na escuridade grazas a un sistema denominado ecolocación, semellante ó que utilizan os golfiños e tamén os barcos e submarinos.

¿En que consiste este sistema? Dun xeito simple poderiamos dicir que “ven coasorellas”.

A través da larinxe ou o narís emiten ultrasóns que os humanos non somos quen de escoitar.

Esas vibracións rebotan sobre os obxectos do seu entorno: árbores, muros, insectos.A información contida no eco recibido é utilizada polo morcego para crear unha imaxe sonora do que o rodea. Os grandes pavillóns auditivos e o trago facilitan a recepción do eco.En definitiva é un sistema que lles permite orientarse e localizar as súas presas sennecesidade de luz.

A súa precisión é tal, que un morcego pode capturar dous insectosnun segundo ou evitar un fío ¡do grosor dun cabelo!.

Os morcegos non so emiten ultrasóns, tamén emiten sons audibles para nós, principalmentepara comunicarse entre eles.

Aínda que dispoñen deste marabilloso sistema auditivo, non son cegos. Teñen uns ollos moi sensibles que lles permiten ver en condicións pouca luz.

OS REFUXIOS

Os morcegos precisan de refuxios onde descansar durante o día lonxe de temperaturas extremas, da choiva, do vento e dos depredadores, e preto de sitios onde atopar as presas das que se alimentan.

Os principais refuxios naturais son as covas e as fendas en árbores e rochas. Desdea aparición do ser humano, os morcegos tamén usan gran variedade de construcións(faiados, muros, igrexas, muíños, pontes, adegas, etc.) e cavidades artificiais (minase túneles).