Destrucción a toda costa - Greenpeace...

20
Destrucción a toda costa Xullo 2006

Transcript of Destrucción a toda costa - Greenpeace...

Page 1: Destrucción a toda costa - Greenpeace Españaarchivo-es.greenpeace.org/espana/Global/espana/report/other/destru… · En Laxe aínda non se retirou o proxecto da construtora Fadesa

Destrucción a toda costaXullo 2006

Page 2: Destrucción a toda costa - Greenpeace Españaarchivo-es.greenpeace.org/espana/Global/espana/report/other/destru… · En Laxe aínda non se retirou o proxecto da construtora Fadesa

2© G

reen

peac

e/Bar

tolo

Na costa galega estendeuse moito a utiliza-ción dun novo termo, “marbellización”, utili-zado para expresar o perigo da saturaciónurbanística que ameaza con desintegrar osseus valores e as súas riquezas naturais. Osdatos están aí e son para asustarse: 600.000vivendas, 17 campos de golf e 24 portosdeportivos están previstos no litoral galegonos próximos anos. 1.200 dos seus 1.720 kmde costa están ameazados polo cemento.

Desde a Xunta de Galicia asegúrase que se llevai poñer remedio ao asunto pero a presenta-ción de todos estes proxectos urbanísticos,como consecuencia da finalización do prazode dous anos dado pola Lei do Solo doGoberno Fraga para “adaptar” os plans urba-nísticos dos municipios, trasladou á costagalega a imaxe dun urbanismo máis propiodo levante ou da Costa do Sol.

O compromiso da Xunta para elaborarunhas Directrices de Ordenación do Territo-rio no prazo dun ano deben ir acompañadasdunha moratoria sobre os novos plans urba-nísticos ata a súa aprobación; doutro xeito,estaremos asistindo á mesma farsa que xacoñecemos noutras zonas do litoral: os pra-zos para a entrada en vigor de novas leisunicamente serven para incentivar máisaínda a construción.

Gal

Page 3: Destrucción a toda costa - Greenpeace Españaarchivo-es.greenpeace.org/espana/Global/espana/report/other/destru… · En Laxe aínda non se retirou o proxecto da construtora Fadesa

Destrucción a toda costa 2006

No que se refire ao turismo, as costas gale-gas, recuperadas do “efecto Prestige”, enfrón-tanse á nova ameaza: a urbanización masiva.O reto da Xunta de Galicia é acabar co caosurbanístico da costa galega sen substituílopola masificación, cuestión complicada ávista da situación actual na que non se res-pectan nin os tramos de litoral que foron pro-texidos. Os espazos declarados Lugares deInterese Comunitario (LICs) para integralos naRede Natura 2000 europea enfróntanse á súadegradación pola situación de urbanizacións,campos de golf ou plantas de acuicultura noseu interior.

Recentemente o Parlamento galego solicitoua transferencia das competencias estataissobre o dominio público marítimo-terrestrepero, á vista da complexa e densa situacióndo urbanismo no litoral desta comunidade,non parece a mellor medida se do que setrata é de preservar o litoral.

Urbanizacións, campos de golf e portosdeportivos para atraer máis turistas. No casodestes últimos, é imprescindible que vexa aluz canto antes o anunciado Plan Director deportos deportivos. Ao igual que coa constru-ción, a Xunta debería decretar unha moratoriasobre novas instalacións ata que o Plan entreen vigor.

As actuacións do Ministerio de Medio Ambien-te nas costas galegas non foron encamiñadasa protexelas do cemento de maneira efectiva.Decenas de proxectos de recuperación deespazos naturais acompañáronse dunha vinte-na de paseos marítimos cuxo custo supera asprevisións orzamentarias que ten o ministeriopara comprar fincas e protexelas en todo olitoral español. Ante este feito hai que pregun-tarse se “compran” máis vontades os paseosmarítimos ou a protección da costa. Se é así,algo está facendo mal esta administración quedebería explicarlles aos cidadáns a importan-cia da conservación do litoral e iso non se faicementándoo. Acabar coa multitude de viven-das e construcións ilegais que xurdiron nolitoral galego nas últimas dúas décadas debe-ría ser unha prioridade para este ministerio.

Mención especial merecen os novos proxec-tos de plantas de acuicultura. O gobernoFraga deixou aprobado un plan sectorial quetriplicaba as actuais instalacións e situabaunha gran parte das novas plantas en espa-zos naturais protexidos. As protestas conse-guiron que a Xunta de Galicia se comprometaa revisar estes proxectos. O propio presidentedeclarou que a acuicultura non pode desen-volverse a conta dos espazos protexidos. AXunta ten a obriga e o deber de converterestes espazos protexidos nunha fonte de

3

icia

Page 4: Destrucción a toda costa - Greenpeace Españaarchivo-es.greenpeace.org/espana/Global/espana/report/other/destru… · En Laxe aínda non se retirou o proxecto da construtora Fadesa

riqueza para os seus habitantes a través dediversas actuacións.

A gran materia pendente do litoral galego é acontaminación. Galicia incumpre a normativaeuropea en canto a depuración de augas resi-duais ata uns límites que cruzan a barreira dointolerable. O 40% dos principais núcleosurbanos de Galicia non depuran os seus verti-dos e máis de cincuenta municipios que agru-pan a 650.000 habitantes verten os seus resi-duos sen tratar directamente ao mar. Nin asmultas nin as condenas que chegan da UniónEuropea parecen ser dabondo para facer com-prender a gravidade do problema ás adminis-tracións galegas. Quizais a promesa do turis-mo o consiga.

Urbanizacióne Turismo

A normativa urbanística herdada pola Xuntade Galicia, a controvertida Lei do Solo quepuxo en marcha o Goberno anterior en 2003,daba un prazo de dous anos a todos osmunicipios para “adaptar” o seu urbanismo ánova lexislación. O resultado non se fixo agar-dar: cerca de setenta municipios costeirospresentaron os seus novos plans urbanísti-cos, que suporán 600.000 novas vivendas, co

que se aumenta en máis dun 80% a edificabi-lidade da franxa costeira nos próximos anos.Metrovacesa na costa de Vigo, a construtorado ex futbolista Valery Karpin na Guarda,Lábaro Grupo Inmobiliario na Costa da Morte,ACS, de Florentino Pérez, na Mariña lucense,Fadesa, Urbis, Vallermoso… As maiores inmo-biliarias do Estado reunidas no litoral galego.

Desde a Xunta de Galicia anunciáronse variasmedidas como a próxima aprobación dasDirectrices de Ordenación do Territorio, unplan integrado de protección do litoral e unhaaxencia de protección da legalidade urbanísti-ca. O presidente da Xunta, Pérez Touriño,ofreceu un “gran pacto para terminar coaespeculación na costa”. Ademais, o controlurbanístico do litoral pasou da Consellería dePesca á de Política Territorial.

Con todo, as mensaxes transmitidas desde aXunta de Galicia son contraditorias. Os seusresponsables urbanísticos apoian a expropia-ción de fincas e vivendas para a construciónde grandes urbanizacións privadas a través doconcesionario de obra pública, figura introdu-cida na Lei de ordenación urbanística de 2003para paliar a hipotética “falta de solo urbani-zable en Galicia”. A figura deste promotorinmobiliario que pode expropiar terreos priva-dos ao seu antollo é unha copia do axenteurbanizador da Lei reguladora da actividadeurbanística da comunidade valenciana, xa

4

Nave con publicidade de FADESA en Perbes, A Coruña.

© G

reen

peac

e/Bar

tolo

Page 5: Destrucción a toda costa - Greenpeace Españaarchivo-es.greenpeace.org/espana/Global/espana/report/other/destru… · En Laxe aínda non se retirou o proxecto da construtora Fadesa

Destrucción a toda costa 2006

derrogada, debido á condena da ComisiónEuropea (ver capítulo de urbanismo da Comu-nidade Valenciana).

O Valedor do Pobo amoestou os rexedores devarios municipios onde o crecemento urbanís-tico é elevado: Sanxenxo, O Grove, Padrón,Ribeira ou Noia. Pero non son os únicosmunicipios onde o urbanismo é a estrela:Sada, Narón, Vilanova…

Nos novos Plans Xerais de Ordenación Munici-pal (PXOM) presentados no litoral, unha trinte-na de municipios aumentan a súa edificabilida-de en máis do 100%, aínda que se chega a unaumento do 200% en nove localidades costei-ras: Illa de Arousa, Meaño (con 2.000 vivendasna actualidade, propón a construción de21.818 novas casas), A Pobra do Caramiñal,Ribeira, Outes, Mugardos, Sada, Ortigueira(con 5.300 habitantes propón a construción de65.000 casas na próxima década, co queaumenta a súa edificabilidade un 1.230%) ePontedeume. En cifras absolutas, o maiorincremento é o de Vigo: 144.000 novas casas,unha cifra superior ás 123.500 existentes. Noextremo contrario destaca Camariñas, que nonpropón a construción de máis vivendas.

Na costa da provincia de Lugo, que ata omomento tiña un dos índices máis baixos deurbanización do seu primeiro quilómetro decosta, Vicedo, Viveiro, Xove, Cervo, Burela, Foz,Barreiros ou Ribadeo, municipios costeiros dacomarca da Mariña, outorgaron xa as licenzaspara a construción de 6.000 novas vivendas.Esta zona é considerada polos promotoresinmobiliarios como un auténtico “bombón”, oucomo se di na xerga, “a zona co maior auxeexpoñencial” de toda a costa galega.

Todo vale. Algúns municipios están dispostosa urbanizar sen ter en conta a legalidade. Enabril a Consellería de Política Territorial inicia-ba o expediente de suspensión das Normassubsidiarias do planeamento municipal deViveiro pola súa incompatibilidade coa lexis-lación urbanística vixente e a preservacióndos valores naturais e culturais do municipio.Entre as ilegalidades destaca a clasificacióncomo solo urbanizable de espazos litoraisxunto ao río Landro e as súas marismas.

No litoral da provincia da Coruña, a Costa daMorte, que segundo as proxeccións de poboa-ción do Instituto Galego de Estatística é a únicazona do litoral galego que perde poboación,converteuse nun reclamo para as construtoras.

En Laxe aínda non se retirou o proxecto daconstrutora Fadesa para construír 190 viven-das en primeira liña de praia e un campo defútbol. Os terreos elixidos para a urbaniza-ción foron recualificados pola Xunta de Gali-cia a finais de 2004, a pesar de que estabancatalogados como LIC da Rede Natura 2000europea. Só a ruptura do acordo entre ospropietarios e Fadesa impediu que se leve acabo a construción.

En Muxía, a aprobación do Plan Xeral de Urba-nismo veu acompañada de acusacións decorrupción. A oposición denunciou que o cuña-do do alcalde popular, Alberto Blanco, com-prou terreos na zona do Vilar, onde se aproba-ron posteriormente convenios urbanísticos.

Na localidade de Fisterra, 13 empresas cons-trúen cerca de 600 apartamentos e vivendasunifamiliares fronte á praia de Langosteira,

5

O concesionario de obrapública: porta abertaá especulación

A figura do “concesionario de obra públi-ca” é a dun promotor inmobiliario e estácreada na Lei de ordenación urbanísticade Galicia. Permite a unha construtoraexpropiar terreos ou vivendas para reali-zar un novo proxecto de urbanización.Calquera concello que teña solo paraurbanizar pon nas mans deste concesio-nario o terreo para urbanizar e é el oencargado de expropiar os terreos conou sen o acordo dos propietarios. Osdefensores afirman que se evita así aespeculación dos pequenos propietariospero, quen se preocupa dos grandesespeculadores?

Page 6: Destrucción a toda costa - Greenpeace Españaarchivo-es.greenpeace.org/espana/Global/espana/report/other/destru… · En Laxe aínda non se retirou o proxecto da construtora Fadesa

que alcanzarán os prezos máis elevados ata omomento neste tramo de costa.

Un dos escándalos urbanísticos nos que tivoque intervir a Consellería de Política Territorialfoi a suspensión das normas urbanísticas deSada, moi cerca da cidade da Coruña, aodetectar graves irregularidades. A Xunta deGalicia determinou que o PXOM é “ilegal,especulador e favorecedor do amiguismo”. Oplan prevía construír, nunha superficie de 5millóns de metros cadrados, 31.481 vivendas(en 2001 Sada tiña algo máis de 7.600 viven-das). Nos planos do novo plan urbanístico ninsequera viña recollido o límite da zona deprotección de Costas. O proxecto máis agresi-vo, Porto Infanta, supoñía un apantallamentono areal do Morazón, prohibido pola Lei decostas. O proxecto acumula dúas sentenzasde ilegalidade emitidas polo Tribunal Superiorde Xustiza en 2004 e 2005. Os demandadosforon o Concello de Sada e a promotora daurbanización, a Sociedad Anónima Internacio-nal de Terrenos y Edificios (Saite), empresafilial do Banco Pastor. A promotora proxecta-ba construír 469 vivendas, un hotel, zonascomerciais, escolares e deportivas.

Hai outros casos onde as urbanizacións taménvan acompañadas de ilegalidades e corrupción.

En Oleiros, a Consellería de Política Territo-rial impuxo unha multa á urbanización Las

Galeras por construír sobre o dominio públi-co marítimo-terrestre de forma ilegal. Oalcalde desta localidade, Ángel García Seoa-ne, está acusado pola oposición de benefi-ciarse economicamente da recualificacióndun terreo de 87.000 metros cadrados quelle suporían unhas ganancias de un millónde euros.

En Caamaño existen plans para construír uncomplexo residencial e turístico con campode golf incluído. Parte do complexo sitúasesobre un Lugar de Interese Comunitario (LIC)da Rede Natura 2000.

Entre Perbes e San Xoán de Vilanova, asobras de construción dun campo de golf e1.500 vivendas que realiza Fadesa ocasiona-ron a morte dos bancos de ameixa e berbere-cho da desembocadura do río Xarío, na praiaGrande de Miño, debido ao gran volume deáridos vertidos durante a construción docomplexo urbanístico.

No litoral da provincia de Pontevedra, ondese concentra a maior cantidade de urbaniza-cións e onde o clima é máis benigno, as noti-cias sobre proxectos urbanísticos repítense.

En Sanxenxo aprobouse a construción demáis de 1.200 vivendas co que se incumprenas directrices sobre densidade e formación depantallas arquitectónicas da Lei de costas e

6

Construccións nas praias de Fisterra, A Coruña.

© G

reen

peac

e/Bar

tolo

Page 7: Destrucción a toda costa - Greenpeace Españaarchivo-es.greenpeace.org/espana/Global/espana/report/other/destru… · En Laxe aínda non se retirou o proxecto da construtora Fadesa

En distintos puntos de Pontevedra a miúdoos veciños teñen que soportar cheiro apodre. Este cheiro procede da EmpresaNacional de Celulosa (Ence), situada na ríade Pontevedra desde 1957, o vento encárga-se de arrastralo e levalo dun lugar a outro. Apapeleira ocupa terreos do dominio públicomarítimo-terrestre e, segundo a Lei de cos-tas, ten de prazo ata o 2018 para trasladarsee deixar libre esta zona.

Pero tanto a dirección da empresa, comoadministracións, sindicatos e partidos polí-ticos, intentan eludir a Lei de costas e bus-can algún “apaño” que reteña a unhaempresa que en 2002 foi condenada por undelito ecolóxico continuado de contamina-ción dos fondos da ría, que acumulan mer-curio e outros derivados químicos vertidosdesde a fábrica.

En marzo saían á luz os fraudulentos inten-tos auspiciados polo PSOE e o BNG para

que a Autoridade Portuaria de Marín recla-mase a competencia territorial destas insta-lacións. Unha vez nas mans da autoridadeportuaria, os 600.000 metros cadrados serí-an recualificados como terreos urbanizables(unha fórmula moi utilizada polas autorida-des portuarias, coma a da Coruña) co que seobteñen pingües beneficios e se privatizanuns terreos que nunca deberon deixar de serpúblicos.

Desde a Concellalía de Urbanismo de Ponte-vedra asegúrase que no novo PXOM, osplans para os terreos onde se asenta actual-mente a papeleira inclúen a recuperación dazona e non a súa urbanización, pero haberáque seguir moi de cerca este caso para com-probar se os terreos son finalmente restituí-dos ao dominio público marítimo-terrestrepara o uso e goce dos cidadáns. Só daqueladeixará de cheirar a podre.

Destrucción a toda costa 2006

7

da Lei de ordenación urbanística e do mediorural de Galicia. O novo PXOM prevé a cons-trución de 7.000 vivendas máis (un 82% dasactuais). O seu alcalde é promotor inmobilia-rio de profesión.

En Pontevedra hai proxectada unha operacióninmobiliaria en terreos ocupados pola madei-reira Tafisa. As pretensións para estes terreos,pertencentes ao dominio público marítimo-terrestre e que deberían volver ser públicos eadecuarse para o uso e goce dos cidadáns,pasan pola construción de 700 vivendas enprimeira liña de mar. Outra das recualifica-cións que están no aire é a dos terreos dedominio público marítimo-terrestre onde seasenta a fábrica de Ence en Lourizán.

Vigo propón no seu plan xeral un crecementode 144.000 vivendas de nova construción nospróximos vinte anos, o que suporía dobrar o

parque actual. O PXOM, a pesar de que foimodificado, incumpre máis de 60 recomenda-cións da Consellería de Política Territorial daXunta de Galicia.

En ocasións a xustiza e os cidadáns botan abai-xo os proxectos de promotores e concellos.

No Grove coñecíase en febreiro unha sentenzaque condenaba a tres anos de prisión o cons-trutor Florencio Magdalena por un delito con-tinuado contra a ordenación do territorio,ademais ordénase a demolición das obras ile-gais que debe ser custeada polo infractor. Asobras ilegais sitúanse na zona de protecciónde Costas.

En Cangas do Morrazo as protestas da veci-ñanza conseguiron paralizar o novo plan deurbanismo, a pesar de que o concello xa asi-nara dous convenios urbanísticos polos que

O caso da papeleira Ence

Page 8: Destrucción a toda costa - Greenpeace Españaarchivo-es.greenpeace.org/espana/Global/espana/report/other/destru… · En Laxe aínda non se retirou o proxecto da construtora Fadesa

cobrou tres millóns de euros de adianto: unpara construír 5.000 vivendas na ría de Aldáne un segundo para situar un porto deportivoe 1.000 vivendas unifamiliares nunha antigafábrica de conservas da empresa ResidencialMarina Atlántica SA. O proxecto ocuparía250.000 metros cadrados da lámina de augaque actualmente ten autorización para maris-car ostra, ameixa e navalla. Desde hai máisde oito meses un grupo de veciños agrupa-dos no “Foro social pola defensa do pobo” dalocalidade montan garda diaria para impediro inicio das obras, temendo a coñecida políti-ca de feitos (neste caso, obras) consumados.

Cara a onde vai o turismo?

O turismo está gañando peso na economíagalega ao tempo que perde influencia a nivelestatal. Entre 1999 e 2004 a achega do turis-mo ao PIB galego aumentou dúas décimas esituouse no 11,6%. Pero, coma noutras zonascosteiras, o turismo en Galicia empeza a sersinónimo de ladrillo. A construción de segun-das residencias é un investimento “de altarendibilidade”, as vivendas que se compra-ron en 2002 na costa galega revalorizáronseun 50%.

A febre dos campos de golf chegou tamén ácosta galega. Pero non porque haxa unhademanda social que reclame estas instalacións,

senón polo negocio que supón recualificar unsterreos rústicos (tras unha “oportuna” modifica-ción do PXOM) para situar unha destas instala-cións e construír ao seu arredor un complexode vivendas. O mesmo modelo que invadiu olitoral mediterráneo trasládase ao litoral atlánti-co devorando a súa paisaxe, o seu patrimoniocultural e os seus recursos naturais. Os proxec-tos repártense por toda Galicia: A Mariña, CostaÁrtabra, Costa da Morte, Rías BaixasI…

8

Multitudinaria protesta contra o Plan Xeral de Cangas do Morrazo.

© Foro social po la Defensa do Pobo, Cangas

O Parque Nacional das IllasAtlánticas e o turismo náutico

O medio mariño que rodea aos arquipéla-gos de Cíes, Ons, Sálvora e Cortegadapresenta unha riqueza inigualable. Desdeo Padroado do Parque decidiuse contro-lar o número de embarcacións que visitanestas augas debido á gran afluencia devisitantes. A medida foi moi criticada polapatronal dos Empresarios de Pontevedra,pero apoiada polo Colexio de Biólogosde Galicia quen pediu responsabilidadesocial e sentido común á Confederaciónde Empresarios.

Page 9: Destrucción a toda costa - Greenpeace Españaarchivo-es.greenpeace.org/espana/Global/espana/report/other/destru… · En Laxe aínda non se retirou o proxecto da construtora Fadesa

Destrucción a toda costa 2006

9

Maquinaria traballando na praia de Santa Cristina, A Coruña.

© G

reen

peac

e/Bar

tolo

En Nigrán (Pontevedra), o proxecto para cons-truír un campo de golf e unha zona residen-cial ocupará 800.000 m2 de monte.

En Ferrol, hai un proxecto para crear unhazona lúdica e un campo de golf en Covas,dentro de solo protexido incluído na RedeNatura 2000 europea. Fontes oficiais da Con-sellería de Medio Ambiente sinalaron que“non existe unha oposición tallante ao res-pecto”II e o propio Director Xeral de Turismoda Xunta considera positivo o proxecto. Amercantil Nature Golf SL pretende instalar uncampo de golf no Monte de San Xurxo, enLobadiz, entre as praias de Doniños e SanXurxo, co que se ocuparía un hábitat integra-do na Rede Natura 2000 europea, o LIC“Costa Ártabra”. O solo, ademais, está cuali-ficado no PXOM de Ferrol como “rústico deespazo natural”.

Actuacións no litoral

Nos dous últimos anos, o Ministerio de MedioAmbiente deslindou (delimitou) 237 quilóme-tros de dominio público marítimo-terrestre,unha boa medida para impedir a aparición demáis construcións ilegais. Aínda así litoraiscoma o da Coruña atópanse entre os menosdeslindados de toda a península.

O litoral galego está salpicado de multitudede construcións ilegais que foron xurdindo aolongo dos anos sen que ningunha administra-ción fixese moito por evitalo. As denuncias decidadáns e colectivos ecoloxistas caeron noesquecemento durante moito tempo, aíndaque agora parece que, tanto desde a Xuntade Galicia como desde o Ministerio de MedioAmbiente, parecen dispostos a cambiar enalgo esta situación.

O ano pasado a Consellería de Política Territo-rial ordenou a demolición de 212 construciónssituadas en dominio público marítimo-terres-tre ou en solo rústico e impuxo multas por unvalor de 9,4 millóns de euros. Pola súa parte,o Ministerio de Medio Ambiente, a través daDirección Xeral de Costas, tamén anunciou oderribo de vivendas e construcións ilegais quesalpican a costa galega. As 47 casetas de Vila-rrube, que levaban dúas décadas edificadasilegalmente, ou o quiosco de Raeiros, tamén

Page 10: Destrucción a toda costa - Greenpeace Españaarchivo-es.greenpeace.org/espana/Global/espana/report/other/destru… · En Laxe aínda non se retirou o proxecto da construtora Fadesa

Recheos dun dique en Cangas do Morrazo, Pontevedra.

© F

oro

soci

al p

o la

Def

ensa

do

Pobo

, Ca

ngas

10

con case 20 anos de expedientes, desaparece-ron da costa. Con todo, apréciase que moitosdos plans que presentou o Ministerio deMedio Ambiente en diferentes tramos da costagalega non se enfatiza o desexado na desapa-rición deste tipo de construcións.

Desde Adega e a Sociedade Galega de Histo-ria Natural denunciábase o ano pasado que oplan para a rexeneración do Vilar, Esmelle, AFragata e A Coviña, en Ferrol, esquecía ademolición dos edificios ilegais en dominiopúblico marítimo-terrestre, como construciónsde madeira e cemento e un cámping nasCabezas enriba de un espazo de dunas.

Acabar coa multitude de vivendas e constru-cións ilegais que xurdiron no litoral galego nasúltimas dúas décadas debería ser unha priori-dade para o Ministerio de Medio Ambiente.

Quen dixo prevaricación?

Un caso curioso é o da conselleira dePesca, Carmen Galego Calvar, que tenunha vivenda a 72 metros da beira domar en Vilaboa dentro da servidume deprotección do dominio público marítimo-terrestre. Esta construción é unha das 80desta localidade pontevedresa queestán nesta situación. A Xunta de Galiciaordenou a demolición do inmoble noano 2000, seis anos despois de que aDirección Xeral de Costas abrise unexpediente administrativo, pero o derri-bo nunca se levou a cabo. Na actualida-de estase buscando unha “formula xurí-dica” para resolver este caso, xa que,debido á transferencia das competenciasnesta materia, é a mesma Consellería dePesca quen debe tomar a decisión finalsobre o expediente sancionador.

Page 11: Destrucción a toda costa - Greenpeace Españaarchivo-es.greenpeace.org/espana/Global/espana/report/other/destru… · En Laxe aínda non se retirou o proxecto da construtora Fadesa

Destrucción a toda costa 2006

11

Proxecto Situación Importe

Senda marítima entre a praia das Pasadase San Miguel de Reinante Barreiros (Lugo) 2 millóns de €

Prolongación de carril bici e paseo marítimona Marosa Burela (Lugo) 2.150.000 €

Paseo marítimo Llas-Peizás.Tamén se construirá un aparcadoiro. Foz (Lugo) 2.300.000 €

Paseo marítimo dos Fondás Foz (Lugo)

Remodelación da fachada marítima de Viveiro Viveiro (Lugo) 1,9 millóns de €

Substitución dunha ponte e paseo peonil litoralno Barqueiro A Mañón (A Coruña) 1.800.000 €

Paseo marítimo Río Coroño Boiro (A Coruña) 3 millóns €

Paseo marítimo do Temple Cambre (A Coruña) 1.270.000 €

Dotación de servizos públicos, instalaciónde mobiliario urbano, pasarela peonil entreA Couciña e O Rabecho na praia de San Pedro

Carnota (A Coruña) 1,3 millóns €

Segunda fase do paseo marítimo (155 m) Cee (A Coruña) 475.247 €

Paseo marítimo Escarabote (A Coruña) 2,6 millóns €

Paseo marítimo de Esteiro Esteiro (A Coruña) 923.253 €

Segunda fase do paseo marítimo Neda. Ferrol (A Coruña) 825.404 €

Terceira fase paseo marítimo Neda. Discorre entreunha zona húmida. O paseo marítimo incrementará Ferrol (A Coruña) 1,7 millóns de €a presión humana sobre un dos puntos da ría conmaior concentración de aves acuáticas

Senda litoral en Arteixo Ferrol (A Coruña)

Construción dun servizo de praia na Frouxeira Ferrol (A Coruña) 384.000 €

Segunda fase paseo marítimo Malpica Malpica (A Coruña) 625.000 €

Senda peonil en Malpica Malpica (A Coruña) 414.000 €

Senda litoral Malpica-Cabo San Adrián Malpica (A Coruña)

Segunda fase do paseo marítimo de Mera Mera (A Coruña) 1 millón de €

Segunda fase paseo marítimo Muros (A Coruña)

Paseo marítimo O Son (A Coruña) 1,47 millóns €

Paseo marítimo de Perillo (segunda fase) Oleiros (A Coruña) 856.000 €

Paseo marítimo na Paxaxe Oleiros (A Coruña) 1.400.000 €

Paseo peonil e senda marítima en Catoira Catoira (Pontevedra) 1 millón de €

Paseo marítimo de Ponte Sampaio Pontevedra 900.000 €

Paseo marítimo Porto do SonTamén se construirá un aparcadoiro (Pontevedra)

2.368.677 €

A conquista da costa en Galicia faise a golpede paseo marítimo. Son innumerables osproxectos que executa a Dirección Xeral deCostas ao longo dos 1720 km de costa gale-

ga e, o seu custo, moi superior aos vintemillóns de euros que o Ministerio de MedioAmbiente destinará este ano á compra defincas no litoral:

Page 12: Destrucción a toda costa - Greenpeace Españaarchivo-es.greenpeace.org/espana/Global/espana/report/other/destru… · En Laxe aínda non se retirou o proxecto da construtora Fadesa

12

Galicia é un dos territorios con menossuperficie protexida dentro da Rede Natura2000 e os espazos que se protexen nonteñen garantida nin a súa integridade nin asúa conservación. A ameaza en forma deurbanizacións e macropiscifactorías alteranirreversiblemente estes lugares que deberí-an ser preservados pola administracióngalega e convertelos nunha fonte de ingre-sos para os seus habitantes.

O Plan Sectorial de Tecnoloxía Alimentariada Costa Galega permite a instalación depiscifactorías nos espazos naturais protexi-dos do litoral. No último Consello da Xuntade Galicia que celebrou o anterior gobernoaprobouse, de urxencia, un plan de parquesde tecnoloxía alimentaria que multiplicabapor tres o solo destinado á actividade acuí-cola nos dez próximos anos.

En total, 21 proxectos, 8 novos e 13 amplia-cións das plantas existentes, a maioríadelas situadas na Costa da Morte. Tras asdenuncias dos grupos ecoloxistas, a Xuntade Galicia aceptou revisar os proxectos queinvaden Lugares de Interese Comunitario:Ardía (O Grove), Bico da Ran (Cambados),Hoyo Longo (Ribadeo), Lira (Carnota), Quil-mas (Carnota), Cabo Touriñán (Muxía), Puntado Corno (Camariñas) e Meirás (Valdoviño).

A máis coñecida de todas sexa quizais axigantesca planta de engorde de rodaballoque Pescanova planeaba situar en Cabo Tou-riñan, finalmente descartada desta situación.

Mención especial merece o caso da pisci-factoría de Rinlo (Ribadeo), anterior a esteplan, onde unha piscifactoría ameaza oLugar de Interese Comunitario das Cate-drais. Tras a presentación dun contencio-so-administrativo paralizáronse as obrasde construción desta instalación, pero opasado mes de febreiro unha sentenzalevantaba estas medidas cautelares. Noproceso xogou un papel fundamental apresentación dun informe favorable á pis-cifactoría elaborado pola Dirección Xeralde Conservación da Natureza a petición deRamón Álvarez-Cascos, primo segundo doex-ministro de Fomento. As percebeiras deRinlo posicionáronse en contra da piscifac-toría, xa que consideran que se producirándanos aos bancos de percebe. Un dosdatos máis escandalosos deste caso é queos terreos onde se sitúa a planta eran pro-piedade da Xunta de Galicia, que os ven-deu ao prezo de un euro o metro cadradopor adxudicación directa á empresa Acui-nor, SLIII.

A praia de Corrubedo, outro LIC, acolletamén un proxecto para situar unha plantade acuicultura.

A Directiva de Hábitats, normativa europeaque protexe os LICs, só permite realizaractuacións dentro destes espazos paramellorar as súas características e dificil-mente pode encaixar unha piscifactoríanesa definición.

Rede Natura 2000: piscifactorías para protexer?

Ademais dos paseos marítimos que realiza oMinisterio de Medio Ambiente, as autoridadesportuarias tamén se lanzaron á súa constru-ción. En Ferrol, realizarase un de 2,4 km delonxitude entre o castelo de San Filipe e abatería de San Cristovo. En Vigo, o Plan doBordo Litoral inclúe a construción doutropaseo por parte da Autoridade Portuaria.

As costas galegas acusan a erosión debida adiferentes actividades humanas que impiden achegada de area e sedimentos ás súas praias.Este ano o Ministerio de Medio Ambiente rexe-nerará artificialmente a praia de Barraña (6,5millóns de euros), as praias da Torre, O Pazo,Tanxil, As Cunchas e Porrón en Rianxo (9,8millóns de euros), a praia da Concha en Cee

Page 13: Destrucción a toda costa - Greenpeace Españaarchivo-es.greenpeace.org/espana/Global/espana/report/other/destru… · En Laxe aínda non se retirou o proxecto da construtora Fadesa

Destrucción a toda costa 2006

(475.000 euros) ou a praia de Santa Cristinaen Oleiros (1,7 millóns de euros). Unha vezmáis, unha cantidade moi elevada de diñeiroque o Ministerio de Medio Ambiente deberíadestinar á protección efectiva da costa paraevitar casos como os das praias de Ares (ACoruña) e Altar (Barreiros), onde foi necesario“reparar” mediante obras de urxencia os noi-ros litorais debido á erosión que sofren.

A praia de Baldaio e o seu complexo dedunas vense cada ano invadidos por coches egrelladas que non respectan este produtivo efráxil espazo litoral sen que se poña remediopor parte do Concello de Carballo ou daDemarcación de Costas.

PortosA finais de xaneiro presentábase un novo pro-xecto de ampliación do Porto de Vigo quesuporá a realización de obras de recheo enBouzas nunha superficie de 220.000 m2.

O Porto exterior da Coruña, unha das obrasportuarias máis irracionais de todo o litoralespañol, modificou irreversiblemente a PuntaLangosteira, o único anaco de costa virxe quequedaba nas proximidades da cidade da Coru-ña. O desmonte realizado pola empresa Dra-gados acabou coa Punta e levou 50 hectáreas

de mato e rochedos incluídos no Inventario deEspazos Naturais desta provincia, substituídosagora por enormes bloques de formigón.

Este ano dous traballadores perderon a vidamentres traballaban nas obras do diqueauxiliar debido ás durísimas condiciónsambientais que se viven en Punta Langostei-ra. Este accidente vén sumarse á morte duncamioneiro que faleceu o ano pasado aoderrubarse unha barreira de terra e precipi-tarse o camión que conducía ao mar. Asqueixas sobre as medidas de seguridadesucedéronse aínda que os responsables daobra trataron de silencialas ameazando condespedimentos aos traballadores que fala-sen dos sinistrosIV. As obras do porto exte-rior formaron un novo areal en Sabón debi-do á gran cantidade de sedimentos quearrastran as fortes correntes desta zona. Oscoñecedores da zona alertan de que estesmesmos sedimentos poden chegar a taponara toma de auga da central térmica da locali-dade, situacións que non aparecen recolli-das no pobre Estudo de Impacto Ambientalelaborado polo Ministerio de Medio Ambien-te que acompaña a este proxecto. As obrastamén supuxeron o cese da actividademarisqueira e de pesca na zona.

Outra das grandes ameazas para o litoralgalego é a enorme proliferación de portosdeportivos. No último ano coñecéronse unha

13

Obras de construcción do Porto exterior da Coruña.

© G

reen

peac

e/Vo

lunt

aria

do C

oruñ

a

Page 14: Destrucción a toda costa - Greenpeace Españaarchivo-es.greenpeace.org/espana/Global/espana/report/other/destru… · En Laxe aínda non se retirou o proxecto da construtora Fadesa

vintena de novos proxectos. Encóntrase enfase de redacción o Plan Director de PortosDeportivos de Galicia, que debería limitar o

número destas instalacións tendo en conta oscustos ambientais que provocan e que tradi-cionalmente foron omitidos.

14

Portos deportivos

Localidade Datos

Ría do Cobo, San Cibrao, Cervo (Lugo) A Dirección Xeral de Costas está realizandoestudos.

Boiro, Cabo de Cruz (A Coruña) Encóntrase en ampliación o porto dalocalidade (un 635%). Iría acaroado ao porto.

Caión (A Coruña)

Muxía (A Coruña)

Razo. Carballo (A Coruña)

Pescadoira, Bueu (Pontevedra). 350 amarres Graves afeccións ambientais. Suporá oaterrado de bancos marisqueiros e afectará avarias praias do municipioV.

Cambados (Pontevedra). 300 amarres Reordenación dos peiraos actuais econstrución dunha gran zona de ocio eaparcadoiros.

Canido (Pontevedra). 139 amarres Afecta á praia contigua. Non recolle unprograma de vixilancia ambiental.

Catoira (Pontevedra). 411 amarres

Combarro (Pontevedra). 310 amarres

O Grove (Pontevedra). 500 amarres Os pescadores da zona efectuaron fortesprotestas polas afeccións deste portodeportivo aos bancos de pesca.

O Salgueirón. Cangas do Morrazo (Pontevedra) Suporá a destrución dunha importante zonamarisqueira. As obras están paralizadas poloForo Social desde hai oito meses.

Punta Redonda, Miño (A Coruña). 400 amarres Situaríase a tan só 1,7 km do porto deportivode Sada, que tamén vai ser ampliado. A súaconstrución afectaría á praia de Miño, unhadas máis visitadas de toda a costa galega.

Zona Franca, Teis. Vigo (Pontevedra). 1.076 amarres Forma parte dun complexo con vivendas e unparque temático.

Page 15: Destrucción a toda costa - Greenpeace Españaarchivo-es.greenpeace.org/espana/Global/espana/report/other/destru… · En Laxe aínda non se retirou o proxecto da construtora Fadesa

Destrucción a toda costa 2006

ContaminaciónA escasa depuración das augas residuais é unproblema coñecido desde hai moito tempo nacosta galega e que, ademais, é desatendidopolas administracións. Os episodios de conta-minación nas rías e no litoral repítense perio-dicamente poñendo en perigo a impresionan-te riqueza biolóxica que albergan.

Galicia incumpre a normativa europea encanto a depuración de augas residuais atauns límites que cruzan a barreira do intolera-ble. O 40% dos principais núcleos urbanos deGalicia non depuran os seus vertidos e máisde cincuenta municipios que agrupan a650.000 habitantes verten os seus residuossen tratar directamente ao mar.

As 18 rías galegas sofren unha acumulaciónde metais pesados e outros contaminantes.Chumbo, zinc, ferro, tributil estaño, cadmio,hidrocarburos, cal, plásticos ou cinzas enaltas doses alfombran as rías e empobrecenirreversiblemente as súas riquezas naturais.

En Lugo, Viveiro, Foz, Cervo, Ribadeo ouBurela non cumpren os requisitos de depura-ción marcados por Europa

A ría do Burgo recibe os residuos fecais daCoruña, Oleiros, Culleredo e Cambre sen pasar

por ningún tipo de depuración, o que provocaque praias como a de Santa Cristina teñanque ser pechadas ao baño por contaminación.Ferrol, con 150.000 habitantes, verte diaria-mente as súas augas residuais ao mar e asituación non cambiará ata 2009. Noia, Carno-ta, Muros, Ribeira ou Porto do Son carecen desistemas de depuración. Na Costa da Morte,Fisterra e Camariñas son as máis afectadaspola falla de depuración, as súas augas fecaisacaban directamente na ría.

No litoral da Coruña destaca tamén o caso darefinaría de Repsol na cala de Bens pola súagravidade. O Servizo de Protección da Nature-za (Seprona) da Garda Civil constatou que orecinto da petroleira non dispón de sistemasde contención adecuados e que tampoucoexisten sistemas de protección no río a pesarde que alí se concentran numerosas tubaxespor onde circulan os hidrocarburos. Os verti-dos desde a refinaría son periódicos, peroninguén fai nada por remedialos.

A ría de Corcubión sofre problemas de conta-minación por hidrocarburos que están afec-tando de forma moi grave os seus bancos demarisco. Os constantes vertidos que ao pare-cer proveñen do porto de Cee e da factoríaFerroatlántica obrigan a cerrar as praias aomarisqueo, unha situación que se repite condemasiada frecuencia. As mariscadorasdenunciaron que, pese á prohibición, existen

15

Vertidos na praia de Santa Cristrina, A Coruña.

© G

reen

peac

e/Bar

tolo

Page 16: Destrucción a toda costa - Greenpeace Españaarchivo-es.greenpeace.org/espana/Global/espana/report/other/destru… · En Laxe aínda non se retirou o proxecto da construtora Fadesa

furtivos que recollen ameixas que posterior-mente venden para consumo humano. Taméndenunciaron que a Xunta de Galicia non fixonada desde que se detectou a presenza dehidrocarburos na ría no ano 2003. Greenpeacedemandou que se proceda á limpeza da ría.

En Pontevedra, Catoira, Poio, O Grove, Baiona,Cambados, Vilagarcía de Arousa, Tui ou Cal-das de Reis incumpren os requisitos europe-os. Na enseada de Umia-O Grove, unha zonade elevado interese ecolóxico, a Conselleríade Medio Ambiente detectou 70 puntos devertido, tanto industriais coma urbanos.

A ría de Vigo é unha das máis afectadas polosvertidos industriais sen depurar e as augasresiduais das localidades da zona. Os científi-cos estiman que o volume e a frecuencia devertidos provocan uns niveis de contamina-ción “inadmisibles”. A finais do ano pasado, oTribunal de Xustiza da Unión Europea conde-naba a España por non adoptar un programade redución da contaminación nesta ría.

En Cambados creouse unha fronte social con-tra os vertidos da man das mariscadoras. Omal funcionamento da depuradora é constan-te e os vertidos contaminantes sucédense.

“As mutacións xenéticas provocadas polacontaminación non só se orixinan enSpringfield, zona residencial dos Simpson,onde os peixes amarelos de tres olloscampan ás súas anchas. Sen botar mandos debuxos animados, no propio ríoFriexeiro de Narón os científicosencontraron troitas con xiba debido aomal estado das súas augas”.

P. Hermida. El Correo Gallego, 17.02.06 (tradución)

16

O marisqueo esta a sufrir os efectos da contaminación.

© A

grup

ació

n de

Mar

isca

dore

s "V

irxen

do

Carm

en",

Cor

cubi

ón

Ligazóns de interese

Adega Galiza:www.adegagaliza.org

Foro social pola defensa do pobo.Cangas de Morrazo:www.cangasnosevende.org

Salvemos Monteferro:www.salvemosmonteferro.org

Sociedade Galega de Historia Natural:www.arrakis.es/~alcrique/sghn.htm

Page 17: Destrucción a toda costa - Greenpeace Españaarchivo-es.greenpeace.org/espana/Global/espana/report/other/destru… · En Laxe aínda non se retirou o proxecto da construtora Fadesa

1

2

3

45

Destrucción a toda costa 2006

17

Lugo1. Ribadeo. Hoyo Longo:piscifactoría en LIC (en revisión).Rinlo: piscifactoría en LIC.Incumpre a normativa dedepuración de augas residuais.2. Foz. Incumpre a normativa dedepuración de augas residuais.3. Burela. Incumpre a normativade depuración de augasresiduais.4. Cervo. San Cibrao. PortoDeportivo. Incumpre a normativade depuración de augasresiduais.5. Viveiro. Suspensión dasnormas urbanísticas porilegalidade. Incumpre anormativa de depuración deaugas residuais.

Puntos negros no litoralgalego. Lugo

Page 18: Destrucción a toda costa - Greenpeace Españaarchivo-es.greenpeace.org/espana/Global/espana/report/other/destru… · En Laxe aínda non se retirou o proxecto da construtora Fadesa

6

7

89

1011

121314

1516

17

18

19

21

20

2223

2425

2627

28 2930

31

18

A Coruña6. Ortigueira. Construción de65.000 vivendas Aumento daedificabilidade nun 1.230%.7. Valdoviño: piscifactoría en LIC(en revisión).8. Ferrol. Covas: campo de golfen LIC. Lobadiz: campo de golfen LIC. Paseo marítimo nunhazona húmida. Carece dedepuradora de augas residuais.9. Mugardos. Aumento daedificabilidade en máis dun200%.10. Perbes-San Xoán de Vilanova.Urbanización de FADESA causoudanos a bancos de marisco.11. Miño. Porto deportivo.

12. Sada. Aumento daedificabilidade en máis dun600% (31.481 vivendas).Suspensión das normassubsidiarias de urbanismopor especulación e amiguismo.Porto deportivo. 13. Oleiros. Carece dedepuradora de augas residuais.14. A Coruña: construción deporto exterior. Carece dedepuradora.15. Culleredo. Carece dedepuradora de augas residuais.16. Caión. Porto deportivo.17. Carballo. Razo: portodeportivo.18. Camariñas. Punta do Corno:piscifactoría en LIC (en revisión).Carece de depuradora de augasresiduais.19. Muxía. Sobre o planurbanístico recaen sospeitas decorrupción. Porto deportivo.

20. Corcubión. A ría sofrecontaminación porhidrocarburos.21. Fisterra. Carece dedepuradora de augas residuais.22. Carnota. Lira: piscifactoría enLIC (en revisión). Quilmas:piscifactoría en LIC (en revisión).Carece de depuradora de augasresiduais.23. Muros. Carece de depuradorade augas residuais.24. Outes. Aumento daedificabilidade en máis dun200%.25. Noia. Carece de depuradorade augas residuais.26. Porto do Son. Carece dedepuradora de augas residuais.27. Caamaño. Urbanizacióninvadindo LIC.28. Corrubedo. Piscifactoríaen LIC.29. Ribeira. Aumento daedificabilidade en máis dun200%.30. A Pobra do Caramiñal.Aumento da edificabilidadenun 200%.31. Boiro. Ampliación portodeportivo.

Puntos negros no litoralgalego. A Coruña

Page 19: Destrucción a toda costa - Greenpeace Españaarchivo-es.greenpeace.org/espana/Global/espana/report/other/destru… · En Laxe aínda non se retirou o proxecto da construtora Fadesa

323334

35

3637

38

39

41

4243

44

45

40

Destrucción a toda costa 2006

19

Pontevedra32. Catoira. Porto deportivo.Incumpre requisitos europeos dedepuración de augas residuais.33. Vilagarcía de Arousa.Incumpre requisitos europeos dedepuración de augas residuais.34. Illa de Arousa. Aumento daedificabilidade de máis do 200%.35. Cambados. Bico da Ran:piscifactoría en LIC (en revisión).Porto deportivo. Incumprerequisitos europeos dedepuración de augas residuais.36. Meaño. Construción de21.818 vivendas. Aumento daedificabilidade dun 1.000%. 37. O Grove. Ardía: piscifactoríaen LIC (en revisión). Portodeportivo. Incumpre requisitoseuropeos de depuración deaugas residuais.

38. Poio. Incumpre requisitoseuropeos de depuración deaugas residuais.39. Sanxenxo. 1.200 vivendasilegais. Construción de 7.000novas vivendas.40. Combarro. Porto deportivo.41. Bueu. Porto deportivo.42. Cangas do Morrazo. 6.000vivendas e un porto deportivona ría de Aldán.43. Vigo. 144.000 vivendas.Ampliación do porto con obrasde recheo. A ría de Vigo recibevertidos urbanos e industriaissen depurar.44. Canido. Porto deportivo.45. Baiona. Incumpre requisitoseuropeos de depuración deaugas residuais.

Puntos negros no litoralgalego. Pontevedra

Page 20: Destrucción a toda costa - Greenpeace Españaarchivo-es.greenpeace.org/espana/Global/espana/report/other/destru… · En Laxe aínda non se retirou o proxecto da construtora Fadesa

20

I “Golf en Nigrán: mámoas no green”. Adega2006. www.adega.info.

II La Voz de Galicia. 4.05.06

III “Levantada a paralización cautelar dapiscifactoría de Rinlo”. Adega. Febreiro 2006.

IV La Opinión da Coruña. 17.02.06

V Diagnóstico dos danos causados polasobras portuarias no litoral buenense.Anduxía. Febreiro 2006.