Digocho Eu 2010

37

description

Revista escolar do CEIP Milladoiro

Transcript of Digocho Eu 2010

Page 1: Digocho Eu 2010
Page 2: Digocho Eu 2010
Page 3: Digocho Eu 2010

Querid@s lector@s:

Xa tedes un ano máis nas vosas mans un novo exemplar do Dígocho Eu, a revista escolar do CEIP Milladoiro de Malpica. A revista é unha selección de traballos e actividades que se desenvolveron ao longo deste curso, feitos polos nosos nenos e nenas xunto cos seus titores e titoras. Esperamos de novo que este ano a revista volva a ser do voso agrado. Dende o EDL agradecemos todas as colaboracións de todos os membros da comunidade educativa que fixeron posible a realización deste traballo.

Page 4: Digocho Eu 2010

17 DE MAIO DIA DAS LETRAS GALEGAS

SUMARIO

Uxío Novoneyra: Biografía.

Nenos e nenas de Educación infantil. Os Castros

Biblioteca

Nenos e nenas de 1º. Poemiñas

O Samaín

Nenos e nenas de 2º. O Meu Poema. Adiviñas

Magosto e Día da Froita

Nenos e nenas de 3ºA. Que é o galego para ti?

Nadal. Pídelles un libro

Nenos e nenas de 3º B

Día da Paz

Nenos e nenas de 4º. Pasaxeiros ao tren. Pareados

Entroido

Nenos e nenas de 5º A. A nosa visita a Santiago.

Expo Entroido

Nenos e nenas de 5ºB

I Concurso de Debuxos e Cartas de Amor

Nenos e nenas de 6º A. O noso último curso no colexio

O Sistema Solar

Nenos e nenas de 6º B. As nosas opinións.

Comic.

Para morrer coa risa

Portada.

Coordina e dirixe Equipo de Dinamización Lingüística

Malpica 2010

Page 5: Digocho Eu 2010

UXíO NOVONEYRA

A persoa que se ía converter no poeta Uxío Novoneyra nace o 19 de Xaneiro de 1930, na aldea de Parada de Moreda, en plena serra do Courel, dentro dunha familia labrego acomodada. O futuro escritor pasa a nenez e mocidade neste marco xeográfico courelán da Galicia arredada que segue conservando nese momento os seus tradicionais modos de vida e que conformará coa súa particular impronta as experiencias básicas da futura creación poética do autor, de inspira- ción esencialmente telúrica.

En 1945 trasládase, durante o período escolar, a Lugo para estudiar o bacha- relato,que remata en 1948. Neste último ano coñece nesta cidade ó seu compañeiro de xeración, o escritor da Terra Cha Manuel María. Con anterioridade, en 1947, xa fora a vivir a Parada a autora noiesa María Mariño Carou, con quen o noso autor iniciará unha profunda relación persoal que durará ata a morte da poeta en 1967 e que deixará a súa forte pegadana obra de ambos. De 1949 a 1951 está en Madrid e alí, tras superar o Exame de Estado, matricúlase por ouvinte na carreira de Filosofía e Letras. Esta xeira madrileña é unha etapa de forma- ción cultural, en gran parte autodidacta, na que empezará a escribir en castelán, chegando a publicar na revista universitaria Bengala dous poemas que formaban parte do libro inédito Desde las cosas. É este tamén un momento de eclosión política estudiantil e nese ambiente entra en crise o pensamento do autor, quen daquela comeza a conformar a súa ideología crítica e dá o seu primeiro recital poético nas aulas universitarias, iniciando así a que será a súa recoñecida actividade como “decidor” de poesía. En 1952 Novoneyra volve a Galicia para facer o servicio militar, con estancias en Santiago de Compostela, A Coruña e Lugo, coincidindo outra vez con Manuel María. As experiencias composteláns son fundamentais pois espertan no escritor unha nova conciencia galega que se vai forxando en contacto con figuras como o pintor Carlos Maside, o ensayista e ideólogo Ramón Piñeiro e a figura polifacética e patriarcal de Ramón Otero Pedrayo, tres personalidadesesenciais na conformación da futura obra novoneyriana. É precisamente este contacto co galeguismo, xunto coa volta ao Courel durante unhas vacacións no ano 1952, o que motiva oautor para escribir en galego. A continuación, de 1953 a 1962, permanece no seu lugar de nacemento tendo que gardar repouso a causa dunha pleuresía. Nesta situación de soidade nace o ciclo poético courelán, que se inicia co libro Os Eidos (Galaxia, Vigo, 1955), escrito entre 1952 e 1954. No período que vai de 1962 a 1966 o escritor vive en Madrid. Nesa capital traballa na radio e na televisión, sempre en programas relacionados coa poesía galega, española ou universal; participa na bohemia vida madrileña; Neste ambiente de vangarda artística e preocupación socio- política escribe, entre 1962 e 1965, a serie poética titulada “Elegías de Madrid”, que xunto con outras dúas anteriores (“Primera verdad y tiempo con nombres” e “Elegías del Caurel”, elaboradas respectivamente entre 1953 e 1957 e 1958 e 1961) conforman o libro, editado nacapital do Estado en versión bilingüe galego- castelá e dentro da colección “Adonais”, Elegías del Laurel y outros poemas (Rialp, Madrid, 1966). En 1966 retorna de novo ao Courel, debido á enfermidade dos seus proxenitores, e xa desde este momento quedará a vivir en Galicia. O seu pai morrerá en 1971 e dous anos despois a súa nai, pero en 1968 coñece en Lugo a Elva Rei coa que casará en 1973. A parella terá logo tres fillos, Branca- Petra, Uxío e Arturo, e residirá ata 1983 entre Lugo e O Courel. Daquela recolle os poemas do ciclo courelán posteriores á publicación do primeiro libro, escritos entre 1954 e 1957, que, xunto con outros máis recentes de marcado signo político, conforma a obra titulada Os Eidos 2 (Galaxia, Vigo,1974), ilustrada con debuxos de Laxeiro e dedicada á memoria dos seus pais e de María Mariño. En 1983 afíncase definitivamente en Compostela, desde onde exerceu a presidencia da Asociación de Escritores en Lingua Galega, a partir da súa primeira elección en 1982 ata a súa morte en 1999. Máis os anos noventa van amosar unha nova contribución creativa do escritor, que dá a coñecer dúas publicacións de literatura infantil, O cubil do xabarín (Edelvives, Zaragoza, 1991) e Gorgorín e Cabezón (Edelvives, Zaragoza, 1992), dous contos de aventuras protagonizados por rapazas e rapaces, ambientados na xeografía do Courel e cunha rica linguaxe poética.

Page 6: Digocho Eu 2010
Page 7: Digocho Eu 2010
Page 8: Digocho Eu 2010
Page 9: Digocho Eu 2010
Page 10: Digocho Eu 2010
Page 11: Digocho Eu 2010
Page 12: Digocho Eu 2010
Page 13: Digocho Eu 2010

Dende moi cediño mestres e mestras, rapaces

e rapazas traballaron para que todo estivese listo

para a celebración da nosa Festa do Magosto.

Todos disfrutaron da

degustación das castañas.

Logo e para seguir a tradición

acabaron negros coma o tizón

No mes marzo celebramos a semana da froita, durante

a cal rerpartiuse froita variada co fin fomentar hábitos

para unha boa alimentación.

Para algúns dos nosos rapaces

as froitas exóticas foron un

auténtico e sabroso descubremento.

Page 14: Digocho Eu 2010
Page 15: Digocho Eu 2010
Page 16: Digocho Eu 2010
Page 17: Digocho Eu 2010
Page 18: Digocho Eu 2010
Page 19: Digocho Eu 2010

Para este día fixemos

un mural coas mans dos

nosos alumnos/as en forma

de Pomba na que cada un

escribiu o seu desexo de PAZ

Así recordamos que a PAZ

construímola cada día,

nas nosas relacións na aula,

no patio, na casa, na rúa …

Page 20: Digocho Eu 2010

Para case todos

foi a primeira vez

que viaxamos en tren.

Algúns tiñamos medo.

A primeira parada foi en Santiago onde visitamos dúas

exposicións no Espacio Colección Caixanova:

A da historia e tamén a das

que representa o fotografías da

Pórtico da Gloria natureza da

revista Wildlife

Segunda parada: A Coruña.

Xogamos e merendamos

no parque de Santa Margarita.

Na visita á Casa das Ciencias E tamén fomos testemuña da precisión do

quedamos asombrados de ver famoso péndulo de Foucault

como nacían un pitiños.

.

Algúns estaban

máis interesados

Xogamos coas burbullas nas coleccións de

ou pompas de xabrón, insectos.

coa pelota que se mantiña

voando e con todos os xogos que había.

Por último fomos ao Planetario onde tivemos unha sesión

chamada “A noite do Vampiro”na que , a modo de conto

explicáronnos o noso Sistema Solar. Foi un día completo!

Chegamos moi cansos, pero pasámolo moi ben!

Page 21: Digocho Eu 2010
Page 22: Digocho Eu 2010
Page 23: Digocho Eu 2010
Page 24: Digocho Eu 2010

O xoves 25 de Marzo, os nenos e nenas de 5º curso fomos de excursión a Santiago de Compostela. A nosa primeira parada foi no Parlamento de Galicia. Cando chegamos alí estábanos esperando un guía que nos explicou quen formaba parte deste e amosounos as súas instalacións. Entre algunhas destas están:

A biblioteca. A biblioteca é moi grande, con dous andares. Posúe moitos libros de consulta e tamén ten ordenadores, para os cales había xente encargada de actualizalos todos os días. Para subir as andeis da parte superior había que subir unhas escaleiras.

Cada partido político ten a súa sala de plenos. Nós estivémolas vendo todas e nunha mesmo nos sentamos cada un na nosa butaca cos nosos micros e o guía estívenos facendo preguntas. Nese mesmo lugar tamén vimos un pleno que se estaba a celebrar noutra sala.

Fomos percorrendo todo o Parlamento, sala de visitas, sala onde se conmemoraba aos escritores aos que se lles dedicou o día das letras galegas, o patio interior, unha alfombra grande, que nos chamou moito a atención, pois representaba as 9 cidades antigas de Galicia cada unha co seu escudo …

A nosa visita rematámola na sala grande de plenos onde se reunían todas as consellerías e todos os partidos políticos. Nesta sala había varios monitores para ir retransmitindo os debates.

Page 25: Digocho Eu 2010

Cando saímos do museo xa regresamos de novo para Malpica. Foi unha

experiencia moi interesante e aínda que chegamos cansos pagou a pena.

Aquí foi a nosa 2ª parada. Tivemos moitos problemas para poder entrar por mor de que se confundirán co noso día de visita. Cando conseguimos entrar gustounos moito porque todo era virtual. Entre outras cousas percorremos o Camiño de Santiago nun simulador de montaña rusa, fixemos carreiras de carrilanas polas rúas de Santiago, tiramos do botafumeiros da catedral, vimos unha simulación de Santiago en 3D, un estanque onde se representaban os catro elementos principais da terra (auga, aire, terra, lume) …

A saída de Galicia Dixital fomos comer ao centro comercial de Fontiñas. (é moi peculiar posto que o centro comercial está rodeado de edificios entre os que había pisos particulares de xente e tamén un hotel). Unha vez dentro cada un de nos comemos a nosa comida sentados nuns bancos ou no solo, xogamos un pouco e seguimos a nosa ruta cara o Museo de Ciencias.

No museo de ciencias había tres grandes salas. Na primeira que estivemos había unha representación de animais (disecados) do mundo, unha momia, fetos de animais deformes (dúas cabezas, máis patas das normais …). Na 2ª sala había fauna tipicamente galega (raposos, coellos, aves ….). A diferencia da primeira sala, nesta os grupos de animais estaban postos no seu ambiente (herba, niños …) Na terceira sala había minerais e plantas, aínda que plantas había moi poucas. Había minerais de moitas formas e tamén unha andel coas formas todas dos minerais feitas en madeira e o aparello coas que o fixeron.

Page 26: Digocho Eu 2010
Page 27: Digocho Eu 2010
Page 28: Digocho Eu 2010
Page 29: Digocho Eu 2010

I Concurso de

Debuxos e cartas de Amor

Page 30: Digocho Eu 2010

Este ano é o último curso que pasamos no colexio de Malpica, pero non por iso

menos importante. Tiveron lugar moitas cousas que serían imposibles de plasmar aquí. Agora ben, imos destacar algunhas delas.

Elexiron os nosos

acrósticos

Un neno da nosa clase, Javi, gañou un

concurso de logotipos para a Ribeira

Sacra. Alá fomos de excursión aos

Cañós do Sil. Acompañounos unha guía

que nos ensinou os segredos do

Mosteiro de San Pedro de Rocas e o

Parador de San Estevo. Recibimos a

visita dun afiador moi peculiar. Tamén

fixemos o percorrido no catamarán e por

O Concello de Malpica organizou

un concurso basado en facer un

cartel para as festas do Nadal.

Gañou Mar! O seu premio foi un

lote de libros.

Participamos nun concurso de debuxos

sobre paxaros. Aos que participaron déronlles

diplomas. Raquel gañou un premio que

consistiu nun canario e uns libros

NO DÍA DOS

NAMORADOS,

ENVIÁMONOS CARTAS

Page 31: Digocho Eu 2010

O mellor de todo foi que ao longo da nosa estancia no colexio aprendimos e ensinamos a ser mellor persoas e a formar parte dun novo mundo, o mundo de Malpica.

Por todo isto, o noso mellor agasallo é darvos as grazas: F A todos/as os mestres que nos axudaron ao longo da nosa vida académica F As nosas familias que nos intentan dar todo o mellor F Aos compañeiros/as cos que aprendimos a xogar (ás veces a enfadarnos e amigarnos) F Ao Sr. Láuzara, por facernos tantas fotocopias e estar ahí cando o precisamos F A ANPA por axudarnos e colaborar coas nosas actividades

GRAZAS!!

Coñecimos o

Parlamento de Galicia,

en Santiago. Despois,

visitamos a Televisión

de Galicia. Aquí tedes o

noso mellor recordo co

presentador de Luar,

Gayoso!

Page 32: Digocho Eu 2010
Page 33: Digocho Eu 2010
Page 34: Digocho Eu 2010
Page 35: Digocho Eu 2010
Page 36: Digocho Eu 2010
Page 37: Digocho Eu 2010