Dilemas morais

2
DILEMAS MORAIS Como resolverías a seguinte situación? “Na clase rompeuse o cristal dunha ventana, como consecuencia da mala conduta dun alumno. O mestre pregunta quen foi, dicindo que se o culpable non aparece toda a clase terá que pagar a súa reparación, ademáis de sufrir outros castigos. Un grupo de alumnos sabe que é o responsable pero deciden non dicir nada porque o alumno causante do problema é amigo deles, e non queren que os acusen de “chivatos” ou “traidores”. Ademais, queren evitarse os problemas e molestias que lles causaría a súa confesión. En consecuencia, toda a clase é castigada. Ves correcta a conduta destes alumnos? Ti que farías nun caso similar? Xian ten 9 anos. É un rapaz inquieto e servicial, sempre disposto a facer as cousas e a axudar incluso antes de que llo pidan. Ás veces tense que quedar so na casa e seus pais dixéronlle que non ten que abrir a porta a ninguén. Un día que estaba so chamou á porta o carteiro decindo que tiña que entregar un paquete urxente para seu pai e que non podía deixalo no buzón. - Que debe facer Xian? - Que é máis importante, obedecer aos seus pais ou facerlle ese favor a seu pai. Xaime ten 8 anos. É alto e forte e sempre ten gana de comer. Hoxe facíaselle tarde para ir á escola e, coas presas, olvidóuselle coller o bocata para o recreo. Dende que se deu conta está padecendo porque sabe que non poderá aguantar ata a hora de volver á casa. Un pouquiño antes do recreo pediulle permiso á profe para ir ao servicio. Ao pasar por diante dunha aula que estaba baleira, porque os alumnos fóranse ao patio a facer Educación Física, veu un bocata asomando por unha carteira. - Que debe facer Xaime? Debe aguantarse e pasar fame ou debe coller o bocadillo que viu? - E se soupera que o bocata é dun compañeiro que como moi pouco? Chimo é un rapaz de 10 anos. É máis ben tímido e calado. Non lle gusta meterse con niguén nin pelexarse cos compañeiros. Ten as orellas un pouco grandes e un compañeiro, Andrés, que é moi bromista, chamoulle en varias ocasións Dumbo. A Chimo iso moléstalle moito e quere que deixe de decirllo e de molestalo. - Que debe facer Chimo? - Habería diferenza se Andrés fora ou non amigo de Chimo?

Transcript of Dilemas morais

Page 1: Dilemas morais

DILEMAS MORAIS

Como resolverías a seguinte situación? “Na clase rompeuse o cristal dunha ventana, como consecuencia da mala conduta dun alumno. O mestre pregunta quen foi, dicindo que se o culpable non aparece toda a clase terá que pagar a súa reparación, ademáis de sufrir outros castigos. Un grupo de alumnos sabe que é o responsable pero deciden non dicir nada porque o alumno causante do problema é amigo deles, e non queren que os acusen de “chivatos” ou “traidores”. Ademais, queren evitarse os problemas e molestias que lles causaría a súa confesión. En consecuencia, toda a clase é castigada. Ves correcta a conduta destes alumnos? Ti que farías nun caso similar?

Xian ten 9 anos. É un rapaz inquieto e servicial, sempre disposto a facer as cousas e a axudar incluso antes de que llo pidan. Ás veces tense que quedar so na casa e seus pais dixéronlle que non ten que abrir a porta a ninguén. Un día que estaba so chamou á porta o carteiro decindo que tiña que entregar un paquete urxente para seu pai e que non podía deixalo no buzón.

- Que debe facer Xian? - Que é máis importante, obedecer aos seus pais ou facerlle ese favor a seu pai.

Xaime ten 8 anos. É alto e forte e sempre ten gana de comer. Hoxe facíaselle tarde para ir á escola e, coas presas, olvidóuselle coller o bocata para o recreo. Dende que se deu conta está padecendo porque sabe que non poderá aguantar ata a hora de volver á casa. Un pouquiño antes do recreo pediulle permiso á profe para ir ao servicio. Ao pasar por diante dunha aula que estaba baleira, porque os alumnos fóranse ao patio a facer Educación Física, veu un bocata asomando por unha carteira.

- Que debe facer Xaime? Debe aguantarse e pasar fame ou debe coller o bocadillo que viu?

- E se soupera que o bocata é dun compañeiro que como moi pouco?

Chimo é un rapaz de 10 anos. É máis ben tímido e calado. Non lle gusta meterse con niguén nin pelexarse cos compañeiros. Ten as orellas un pouco grandes e un compañeiro, Andrés, que é moi bromista, chamoulle en varias ocasións Dumbo. A Chimo iso moléstalle moito e quere que deixe de decirllo e de molestalo.

- Que debe facer Chimo? - Habería diferenza se Andrés fora ou non amigo de Chimo?

Page 2: Dilemas morais

Ana é unha nena de 6 anos. O outro día cando ía ao servicio viu a dúas nenas de 6º curso que estaban nunha aula, que nese momento estaba baleira, collendo un estoxo dunha carteira. Ao ver que as descubrira ameazárona decíndolle que se se chivaba ía levar unha paliza.

- Que debe facer Ana? - Pode o medo impedirnos facer o que desexamos?

Toñi é unha nena de 7 anos. A súa nai di que é tan madura e responsable como se tivera 12. Algunhas veces a súa nai ten que sair da casa e pídelle que se quede coidando ao seu avó que vive con eles e está enfermo. Hoxe, cando Toñi volveu do colexio, a súa nai pediulle que se quedara con el porque tiña que sair a facer unas compras necesarias. Precisamente ela, Toñi, quedara cunha compañeira para facer uns deberes, merendar e xogar un pouco.

- Que debe facer Toñi? - Ten ela a culpa de que os seu avó necesita axuda? - Ten ela que cargar con esa responsabilidade?

Paulina entra nunha tenda. Na porta hai un gran cartel que di: retire un número para ser atendido. Ao entrar, so hai unha vella que espera apoiada no seu bastón, frente ao mostrador. Inmediatamente xúntanse detrás de Paulina, seis persoas cos seus correspondentes números. O que despacha di en voz alta un número. A velliña dille ao que despacha que ela non ten número pero que estaba de primeira. Efectivamente o número que berra corresponde ao que ten Paulina na man. A vella dille que cando ela chegou non había ninguén e para que ía sacar o número. O que despacha respóndelle que deberá sacar número igual. A vella enfádase, peta co bastón no mostrados e márchase moi enfadada e protestando contra a tenda e os seus donos. Que debería facer Paulina? Que debería facer a vella? Que debería facer o que despacha? Que debería facer o resto dos clientes que esperan?

Van polo ceo unha bandada de centos de paxaros. Lentamente dous deles empezan a virar e voan cara o outro lado. A pregunta é: cales van na dirección correcta?