Doce de marmelo

5
Xa sabemos que hai moitos tipos de alimentos segundo os nutrientes que teñan. Hai alimentos construtores, enerxéticos e reguladores. Unha DIETA SAUDABLE é aquela que ten alimentos dos tres tipos na medida en que os necesitamos. Hoxe coñecemos unha froita nova e imos cociñala. Marmelo É unha froita que se recolle ao final do verán ou no outono, e da que hai moita en Galicia. Se queres coñecer as súas propiedades mira aquí: http://frutas.consumer.es/documentos/fresca s/membrillo/intro.php E pode que ata che interese coñecer a árbore que a produce. Mira neste enlace: http://articulos.infojardin.com/Frutales/fichas/membrillo-membrillos.htm as flores os froitos Ola, este curso imos aprender a alimentarnos de forma saudable, e de paso, a cociñar. Queredes aprender con nós? Pois mirade..

Transcript of Doce de marmelo

Page 1: Doce de marmelo

Xa sabemos que hai moitos tipos de alimentos segundo os nutrientes que teñan. Hai alimentos construtores, enerxéticos e reguladores.

Unha DIETA SAUDABLE é aquela que ten alimentos dos tres tipos na medida en que os necesitamos. Hoxe coñecemos unha froita nova e imos cociñala.

Marmelo É unha froita que se recolle ao final do verán ou no outono, e da que hai moita en Galicia. Se queres coñecer as súas propiedades mira

aquí: http://frutas.consumer.es/documentos/fresca

s/membrillo/intro.php

E pode que ata che interese coñecer a árbore que a produce. Mira neste enlace: http://articulos.infojardin.com/Frutales/fichas/membrillo-membrillos.htm

as flores

os froitos

Ola, este curso imos aprender a alimentarnos de forma saudable, e de paso, a cociñar. Queredes aprender con nós? Pois mirade…..

Page 2: Doce de marmelo

.

E aquí está a nosa receita:

Ingredientes: • Marmelo • Azucre • Auga O marmelo é unha froita que ten moitas vitaminas e minerais, polo tanto é un alimento regulador, que fará que os nosos órganos funcionen ben. O azucre é un alimento que ten hidratos de carbono, polo tanto é un alimento enerxético, así que o precisamos para poder movernos, xogar, correr….. Tamén precisamos:

• Unha cociña • Unha pota • Un coitelo • Paus para remexer • Un cullerón • Unha batedora

Pois a traballar.

• O primeiro é lavar moi ben os marmelos. Teñen unha pelusiña por fóra que lle hai que limpar ben limpiña.

Creo que xa o teño todo.

Page 3: Doce de marmelo

• Cortámolos con moito coidadiño en anacos pequenos. Mira como son por dentro. Teñen pebidas coma as mazás, e olen moi ben, pero se os probamos crus non sabe moito e rasca a lingua.

• Saíronnos uns catro quilos de marmelo. Hai que pesalo porque lle engadiremos a metade do seu paso en azucre. Así que lle toca neste caso dous quilos de azucre.

• Botámoslle un litro de auga e poñémolo a cocer.

• Para que non se queime terás coidado de facelo a lume lento, e remexer de cando en cando.

• Cando vexas que cambia de cor e xa está brando pásalle a batedora. • Mira como queda na foto.

Page 4: Doce de marmelo

• É o momento de engadirlle o azucre. Un bota o azucre e outro remexerá con coidado de mesturar todo ben.

• Deixarás que coza algo máis e saberás que xa está feito cando cambie de cor e se poña máis escuro.

Coidadiño!!!!! Saltan burbullas….. ….. e como queiman!!!!!!

Page 5: Doce de marmelo

• Cando arrefríe xa se pode comer.

Se ademais o comes con queixo terás unha sobremesa riquísima e completa,

porque o queixo é un lácteo e polo tanto un alimento construtor. Bo proveito!!!

Pero aínda podes facer algunha receita máis co marmelo. Mira nestes enlaces:

http://cachiodoce.blogspot.com.es/2010/11/galletas-recheas-de-marmelo.html

Galletas recheas de marmelo

E tamén http://www.centrovegetariano.org/receitas/Cat-133-Receitas%2Bcom%2BMarmelo.html

http://lacasitaverde.blogspot.com.es/2008/11/tarta-tatin-de-membrillo-tarte-tatin-de.html

Bo proveito!!!!