Documento Acción Titorial - edu.xunta.galde... · Materiais e pautas para sociograma ......
Transcript of Documento Acción Titorial - edu.xunta.galde... · Materiais e pautas para sociograma ......
Documento Acción Titorial Actividades
CEIP Agro do Muíño
Ortoño- Ames
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 1
Índice
Introdución
Finalidade
Obxectivos
Contidos
Metodoloxía xeral
Desenvolvemento de contidos
1. Conciencia e regulación emocional
2. Relación, funcionamento e cohesión grupal
2.1. Acollida, presentación e integración
2.1. Funcionamento do grupo
2.3. Cohesión, interrelación e cooperación
3. Desenvolvemento persoal
3.1. Autocoñecemento e autoestima
3.2. Identidade de xénero
3.3. Habilidades sociais e resolución de conflitos
Anexos
Proposta de temporalización de actividades
Guía para as sesión de valoración grupal do rendemento
Planilla para a valoración de actividades de titoría
Pautas xenéricas de actuación en autoestima
Algunhas características dunha autoestima positiva
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 2
Algunhas características dunha autoestima negativa
Materiais e pautas para sociograma
Cadros cooperativos
Exemplos de frases para traballo cooperativo
Exemplos de textos para traballo cooperativo
O elefante (actividade destinada ó traballo en Cohesión, interrelación e cooperación)
O garabato (actividade destinada ó traballo en Habilidades sociais e resolución de conflitos)
Actividade dirixida a indagar como nos ve o alumnado
Algunha historia máis
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 3
Introdución
Entendemos este plan como unha liña base a partir da cal iniciar un labor de titoría de forma
sistematizada. Indicaranos unha dirección a seguir, pero a profundidade da intervención será a que
se decida en cada titoría.
A proposta está aberta a novas ideas e suxestións. Isto implica que é moi aconsellable que
valoremos e decidamos incorporar todo aquilo (actividades, …) que recollamos procedentes das
distintas fontes de información de que dispoñemos, incluído o contraste na práctica das
actividades que implementemos.
Finalidade
Con este programa de traballo, tratamos de favorece-lo desenvolvemento integral do noso
alumnado, xunto a outro tipo de tarefas, como son as máis estritamente académicas ou as
extraescolares e complementarias.
Por outra parte, mediante os obxectivos e contidos que pretendemos desenvolver, ademais de
aspectos relacionados con habilidades sociais, educación emocional, etc., incidimos en aspectos
relativos á expresión oral, vocabulario e razoamento verbal, entre outros.
Obxectivos:
- Fomenta-la capacidade de identificación e comprensión das propias emocións.
- Mellora-la comprensión das emocións nos demais.
- Impulsar un desenvolvemento emocional equilibrado e a regulación emocional.
- Favorecer actitudes de tolerancia e a adquisición de habilidades dirixidas a facilita-las
relacións interpersoais.
- Promover un desenvolvemento axustado da autoestima.
- Fomentar un clima relacional positivo e a cohesión grupal.
O traballo nesta dirección permitiranos encamiñar ó noso alumnado para que poida ir
dispoñendo de ferramentas que abran a posibilidade de actuar de xeito respectuoso porque ten a
habilidade para poder entender a conduta e o estado das outras persoas, porque coñece
alternativas, porque, segundo á súa idade, ten certa capacidade para “poñerse nos mocasíns da
outra persoa”, porque é consciente de que é máis rendible colaborar …
Contidos:
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 4
Os contidos están organizados en tres grandes bloques fundamentalmente, pero están moi
interrelacionados e hai actividades coas que se incide en diferentes contidos:
1. Conciencia e regulación emocional
2. Relación, funcionamento e cohesión grupal
2.1. Acollida e integración
2.2. Funcionamento do grupo
2.3. Cohesión, interrelación e cooperación
3. Desenvolvemento persoal
3.1. Autocoñecemento e autoestima
3.2. Identidade de xénero
3.3. Habilidades sociais e resolución de conflitos
Metodoloxía xeral
Unha formulación xeral para o traballo de titoría podería ir no sentido seguinte:
“Imos adicar unha sesión á semana/cada 15 días/ de vez en cando (segundo vaiamos a proceder)
a facer actividades. Ás veces farémolas en forma de xogo, outras falando e outras escribindo.
Con estas actividades imos aprender novas palabras sobre emocións/como nos
sentimos/sentementos… , poderemos coñecernos mellor, poderemos aprender a ver como se
encontran outras persoas, como poderiamos axudarlle a outras persoas se é necesario, para que
coñezamos formas de queixarse sen ferir a outros e que os demais fagan con nós igual, para que
vexamos que se colaboramos, será máis fácil face-las tarefas e sairannos mellor as cousas … “.
Ó inicio de cada tarefa, deberíamos anticipar que imos facer e para que.
No que se refire ó tempo a adicar a cada actividade, é preferible deixalo aberto porque, en función
da experiencia persoal, do estado do grupo e da súa idade e experiencia, poderemos extendernos
máis ou menos. En todo caso, en principio, prácticamente tódalas tarefas consumirán, a lo menos,
unha sesión.
É conveniente que participen tódolos membros do grupo en cada actividade, ir discutindo as
diferentes propostas e respostas e, ó remate, tratar de efectuar un resumo e chegar a unha
conclusión. Unha conclusión que seguramente servirá para boa parte das actividades será que non
sempre é conveniente dicir todo o que pensamos.
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 5
No que atinxe as actividades, debemos considerar, en primeiro lugar, que aquelas que se presentan
tipo ficha existe a posibilidade de realiza-las por escrito ou oralmente. Segundo, que poderemos
realizalas na súa forma básica, que é como se presentan, tratando de chegar a unha conclusión-
resume ó final, ou cando menos que a formulemos nós. En terceiro lugar, que poderemos ampliar
determinadas actividades, como son aquelas que traballan as emocións de forma indirecta
(presentan casos e situacións hipotéticas), facendo fincapé na diferenciación entre as distintas
emocións, con preguntas que non aparecen explícitamente e que se refiran a experiencia persoal
dos membros do grupo, sobre alternativas, sobre emocións parecidas, sobre dereitos e deberes,
etc.
1. Conciencia e regulación emocional
Os obxectivos deste bloque son:
- Potenciar que os escolares vaian sendo conscientes da existencia de diferentes emocións.
- Favorecer que poidan detectar e diferenciar emocións en si mesmos e nos demais.
- Fomenta-la actitude de situarse no lugar dos outros.
- Impulsa-la regulación emocional e o emprego de condutas máis apropiadas.
Se non teñen hábito de traballar estes contidos, cando menos cos máis pequenos (1º ciclo),
posiblemente sería conveniente comezar por actividades que lle permitan recoñecer e discernir
aqueles aspectos relativos á expresión facial e corporal que indican diferentes estados de ánimo.
Podemos empezar por analizar e comentar fotos de caras (como están colocadas as cellas e a
boca), recortar fotos con distintas expresións, debuxar nun círculo ou en caras sen trazos as cellas
e a boca para representar diferentes emocións, tratar de representar coa cara distintas expresións
emocionais para que adiviñen que emoción é …
Tamén cabe a opción de que analicemos, ata onde sexa posible, sensacións e posturas corporais
que acompañan determinadas emocións (dor de estómago, sequedade de boca, puños pechados,
mandíbula pechada e tensa, respiración acelerada, cor vermella da pel na cara …).
Outra posibilidade para traballa-la conciencia emocional é basearse na lectura de contos. Para
traballar co conto, é moi conveniente te-lo lido para poder ir adaptando o seu contido á nosa
situación, quitando e poñendo detalles, etc. Se pode ser, aínda é mellor contalo que lelo poruq
facilita a dramatización de emocións, actitudes, etc. Será necesario anticiparlle ó grupo de que vai
a historia de forma moi sucinta.
Despois de ler ou conta-lo conto (pode ser un tradicional), ir comentando aspectos relacionados
coas emocións empregando preguntas acerca do que fixeron os personaxes, que lles parece que
sentían os personaxes que nos interese, por que lles parece que se sentían así, en que o notamos, se
fixeron algo para remedialo (se é o caso), se lle axudaron, como lle poderiamos axudar …
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 6
Unha batería de posibles preguntas sería a que sigue. Obviamente, as preguntas que formulariamos poden
variar en función da temática do conto e da idade dos escolares, pero, en termos xerais, as da batería serían
útiles para calquera conto (X e Y serían personaxes).
Cal era o problema? Que fixo X? Por que o fixo? Era bo? Era malo? Por que pensades así?
(ó remate seguramente chegaremos a concluír que non era malo nin bo necesariamente)
Por que lle ocorreo (a causa)? Como se sentía X? Como se sentía Y …? Por que se sentían así?
Tiña dereito a facer isto X?
Que fixo X para solucionalo? Que fixeron Y, Z …? Como se sentían Y, Z ….?
Foi unha boa opción? Que outras cousas fariamos nós para arregla-lo problema?
Coñecemos a alguén que lle pasara algo pareceido? Pasounos a nós alguna vez algo así? Cal foi a
consecuencia? Gustounos ? Como nos sentimos? Que sentirían os demais? Tiñamos dereito a
face-lo que fixemos? Que fixemos para solucionar? Serviunos para soluciona-lo problema? Cal foi
a consecuencia?
Finalmente, podemos tratar de extraer conclusións: o que non nos gusta non deberíamos facerllo a outras
persoas; cando colaboramos achegamos máis e mellores solucións; sempre hai varias alternativas; cada
acto ten unhas consecuencias; as consecuencias son distintas segundo actuemos adecuadamente ou non; se
non remediámo-lo que fixemos, a nosa conduta pode traernos consecuencias negativas; cando axudamos a
outros, estes poden axudarnos noutra ocasión que o necesitemos …
Podemos ir máis alá e facer un debuxo da atrataruga, un debuxo do conto, facer debuxos de distintas
expresións de emocións que apareczan no conto ou non, reescribi-lo conto segundo distintas premisas (ti es
a tartaruga, ti es a compañeira, etc.
Sempre que sexa posible, para axuda-los a identica-la emoción negativa e antes de que
“exploten”, podemos tratar de introduci-lo modelado tratando de anticiparnos facendo de espello
(“Penso que te estás a enfadar”, “A túa cara dime que … non che gustou”, “O que lle fixeches a
… non lle gustou. Mira como ….”).
(1) Debuxar nos seguintes esquemas os ollos e a boca, de forma que semellen mostrar:
Se xa teñen traballado isto, a tarefa consiste únicamente en completa-los debuxos. Agora ben, antes podemos lembrar
en que elementos da cara nos fixabamos. Ó finalizar, comentamos que trazos debuxamos. Se o vemos preciso, tamén
falamos sobre situación nas que se popden sentí-las persoas así, etc.
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 7
Tristeza Enfado
Alegría Sorpresa
Vergonza Aburrimento
(1-2-3) Autopresentación
É unha actividade que pode servir para traballar no bloque relativo á acollida e integración ou no
de habilidades sociais, pero aquí a finalidade é tomar conciencia de determinados estados
emocionais tanto en sí mesmo coma nos outros e fomentar á capacidade de “poñerse no lugar
doutras persoas”.
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 8
Podemos face-la tarefa co alumnado sentado en círculo ou en forma de “U”, pero tamén saíndo
quen teña que presentarse a unha cadeira situada onde todo o grupo poida ver a quen se presenta.
Vai dicindo algunhas cousas sobre si (nome, idade, gustos, onde vive, nomes da nai e pai, irmáns
…). Antes pedímoslle que planifiquen, que pensen o que van a dicir, aínda que nós lles deamos
ideas.
Podemos axudar a quen se presenta a analizar como se sentiu, en que o notaba (tensión no
estómago, lixeiro tremor, sequedade na boca …).
Despois tratamos de analizar se o grupo pensa que quen se presentou estaba nervioso, tranquilo
(ton da voz, rapidez na fala, postura na cadeira, etc.), se se lle entendeo …
Se quen se presenta estaba nerviosa, podemos darlle alguna sinxela instrucción: colocar
firmememnte a espalda no respaldo da cadeira, asirse coas mans ós brazos da cadeira, asenta-los
pés no chan, colocarse detrás da cadeira (a “barreira” que supón adoita darnos seguridade). Outro
tipo de indicacións (se vemos que non o fai ninguén) son saúdar ó comezar, o tratar de mirar a
todo o auditorio, despedirse ó rematar …
Como finalización, cabe a posibilidade de referirnos a como nos sentimos nesta actividade e a
insistir na importancia de darnos conta que en determinadas situacións, todos e todas -sentimos
cousas parecidas (isto vai na dirección de traballar o que ás veces ocorre de que uns se rían/sorrían
cando un compañeiro ou compañeira sae, por exemplo ó encerado, ponse nervioso e sáenlle mal
as cousas).
(1-2-3) Como se sinten?
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 9
A tarefa consiste en que repondan a cada pregunta por oral ou escrito. Se o facemos por escrito, ó remate faise unha
posta en común e cada neno e nena vai dicindo o que puxo. Despois de sacar alguna conclusión, cabe a posibilidade
de incluír outro tipo de preguntas.
Que fai unha persoa que está triste?
______________________________________________________________________________________
____________________________________________________________________
Que fai unha persoa asustada?
_____________________________________________________________________________
_________________________________________________________________________
Que fai unha persoa avergonzada?
_____________________________________________________________________________
_______________________________________________________________________
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 10
(1-2-3) Dí cando te sintes así
Proporáselle ó grupo que terán que completa-las frases da ficha. Antes de que se poñan co traballo individual,
podemos le-los exemplos e comentar posibilidades de situacións para comple-las frases. Como con cada tarefa,
pódese facer oralmente ou por escrito, unha vez que tratamos de chegar a unha conclusión, ampliala con máis
preguntas, etc. (Debaixo do nome da emoción irá unha cara que a represente)
Nervioso/a
Rabioso/a
Avergonzado/a
Cando estou no encerado e os compañeiros e compañeiras me miran.
Tamén cando __________________________________________
_____________________________________________________
______________________________________________________
Cando alguén se mete comigo e me molesta.
Tamén cando __________________________________________
_____________________________________________________
______________________________________________________
Se me metín con alguén e me miran os demais.
Tamén cando __________________________________________
_____________________________________________________
______________________________________________________
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 11
Aburrido/a
Feliz
Preocupado/a
Cando non sei que facer nin con quen xogar.
Tamén cando __________________________________________
_____________________________________________________
______________________________________________________
Cando xogos cos meus amigos e o paso ben.
Tamén cando __________________________________________
_____________________________________________________
______________________________________________________
Cando non me saen ben as actividades de clase
Tamén cando __________________________________________
_____________________________________________________
______________________________________________________
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 12
(1-2-3) Completa escribindo nos “bocadillos” que pode facer sentir ás persoas
AVERGOÑADAS ORGULLOSAS
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 13
(1-2-3) Por que o farán?
Explicarlles que imos ver situacións que ás veces se dan en clase, pero aquí só imos falar dos casos que temos nos
exemplos, non da nosa clase. Se nos parece procedente, podemos incluír preguntas sobre como se sentirá a persoa que
protagoniza a situación e tamén poderemos buscar alternativas que podería poner en práctica a persoa protagonista.
Ana é unha compañeira que sempre está a facer ruidos coa cadeira e non deixa traballar ós
demais:
______________________________________________________________________________________
______________________________________________________________________________________
_________________________________________________________ Eu síntome
____________________________________________________
Pedro é un compañeiro de clase que ten a manía de botarlle sempre a culpa ós demais das
tonterías que fai:
______________________________________________________________________________________
______________________________________________________________________________________
___________________________________________________________
Eu síntome ____________________________________________________
Cando alguén fai tonterías para chama-la atención en clase, eu síntome
______________________________________________________________________________________
______________________________________________________________________________________
_____________________________________________________
Eu síntome ____________________________________________________
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 14
(1-2-3) Por que o fará?
Por que o fará a nena que se burla?
__________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________ Como se sentirá a nena que se burla?
__________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________ Pode sentirse doutro modo?
__________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________
Como se sentirá a outra rapaza?
__________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________ Que pensará?
__________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________ Que é o máis probable que suceda despois?
__________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 15
(1-2-3) Completamos escribindo/dicindo o que sentirán as persoas das accións seguintes,
seleccionando entre as palabras do final
1º. Pepe gañou o primeiro premio nun concurso. Eu nunca gaño nada.
Síntome________________________________________________________________
2º. Hoxe non puiden ir á casa dun amigo. Dixéronme que tiña que arreglar antes a habitación.
Síntome________________________________________________________________
3º. Estou esperando na casa a que veñan uns amigos a xogar conmigo, pero non dan chegado.
Síntome________________________________________________________________
4º. Díxenlle a un/unha amigo/a un secreto. Agora penso que non debín facelo porque pode
dicirllo a alguén.
Síntome________________________________________________________________
5º. Pensei que polo meu cumpreanos ían a regalarme unha videoconsola, pero soamente me
regalaron uns calcetíns.
Síntome________________________________________________________________
6º. Cando se meten con alguén en clase, non me gusta.
Síntome________________________________________________________________
7º. Hoxe saíronme as tarefas de clase realmente ben. Non fallei nada.
Síntome________________________________________________________________
8º. “Mamá, mamá! Podo abri-lo regalo agora?. ¡ Por favor! Non podo esperar.
Síntome________________________________________________________________
9º. Quero xogar cuns rapaces, pero eles non me aceptan no xogo.
Síntome________________________________________________________________
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 16
10. Esquecinme de que hoxe é o cumpreanos da miña nai.
Síntome________________________________________________________________
1. Feliz/contento 2. Enfadado. 3. Triste 4. Medoso/asustado 5. Celoso 6. Frustrado
7. Impaciente 8. Avergonzado 9. Sorprendido 10. Orgulloso 11. Preocupado
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 17
(1-2-3) Completamos escribindo/dicindo o que sentirán as persoas das accións seguintes,
seleccionando entre as palabras do final
1º. Xoguei ben hoxe; metín 2 goles.
Síntome________________________________________________________________
2º. Cando os meus amigos non me deixan xogar e eu déixolles cousas.
Síntome________________________________________________________________
3º. Díronme un regalo moi chulo. Non o esperaba.
Síntome________________________________________________________________
4º. Intentaba atar 5 globos xuntos. Cada vez que o intentei estalaba un.
Síntome________________________________________________________________
5º. Cando intento falar con ese rapaz, non me escoita.
Síntome________________________________________________________________
6º. Onde estará a miña carteira? A miña nai enfadarase se a perdín. Sempre me dí que non a
deixe por aí.
Síntome________________________________________________________________
7º. Cando atope a carteira.
Sentireime______________________________________________________________
8º. Estanse a rir de mín. Puxen un calcetín vermello e outro verde.
Síntome________________________________________________________________
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 18
9º. Estaba enfadado/a e vertinlle auga encima a un amigo/a. Foi unha estupidez!.
Síntome________________________________________________________________
10. Estou a traballar cos deberes. Non son capaz de rematalos ben.
Síntome________________________________________________________________
1. Feliz/contento 2. Enfadado. 3. Triste 4. Medoso/asustado 5. Celoso 6. Frustrado
7. Impaciente 8. Avergonzado 9. Sorprendido 10. Orgulloso 11. Preocupado
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 19
(1-2-3) Remata as seguintes frases co sentemento adecuado
1. Os compañeiros/as fanme sentir:
Feliz cando _________________________________________________________
Triste cando _________________________________________________________
Enfadado/a cando ____________________________________________________
Desilusionado/a cando ________________________________________________
2. Fago que os meus compañeiros e compañeiras se sintan:
Felices cando _______________________________________________________
Tristes cando _______________________________________________________
Enfadados/as cando _________________________________________________
Decepcionados/as cando _____________________________________________
3. A miña nai faime sentir:
Feliz cando _________________________________________________________
Triste cando _________________________________________________________
Enfadado/a cando ____________________________________________________
Decepcionado/a cando ________________________________________________
4. Fago que a miña nai se sinta:
Feliz cando _________________________________________________________
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 20
Triste cando ________________________________________________________
Enfadado cando _____________________________________________________
Decepcionada cando _________________________________________________
(1-2) A rá e o boi
“Unha rá viu un boi. E veuno moi bonito.
- Que grande es!-dicía. Pero, que grande ! Tan pequena como son eu! Que pena me da! oomo me gustaría
ser tan grande coma o boi!
Entón, a rá púxose a comer para ser tan grande coma o boi. Non sempre tiña fame, pero continuaba a
comer e dicíalle á súa irmá rá:
- Mira, irmá, mira se crezo; mira se me fago grande coma o boi!
- Non! Ainda non es tan grande coma o boi.
A rá comeu ainda máis e engordou un pouco máis; casi non podía saltar.
- Mira, agora, a ver se son grande coma o boi!
- Noooon! Es moito máis pequena. Nunca serás tan grande coma o boi.
Pero, a rá quería a toda costa, ser tan grande coma o boi.
Púxose a comer ainda máis herba e máis moscas e todo o que encontraba para comer. Cada vez estaba
máis gorda e a súa irmá rá ríase dela.
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 21
- Por máis que comas nunca serás gorda coma o boi! Es unha rá! Por que queres ser grande coma o boi?
Tí es moi graciosa, tan pequeniña! Se foses grande coma un boi, serías fea e non poderías saltar pola
herba, nin esconderte entres as follas ou entre as canas cando quixeran collerte!
Pero a rá non fixo caso da súa irmá. E siguiu comendo e comendo. Sabedes o que ocorreu? Pois comeu
tanto, que se puxo enferme e morreu”.
Rematada a lectura ou narración, pasar a traballar en base a preguntas do tipo das que siguen:
Como era a rá?, Como era o boi?. Queríase/gustábase a rá?, Estaba contenta de ser como era?,
A súa irmá, coñecíaa?, A súa irmá, queríaa?, Coñecíase a rá?, Por que?
Dispoñemos dunha batería xeral de preguntas na introducción a este bloque
(1-2) O dado dos sentementos
É preciso construír un cubo previamente. Nos seus lados colocamos palabras referidas a
emocións tales como triste, excitado, feliz, disgustado, etc. Vanse facendo “tiradas” co dado e,
segundo a palabra que apareza, quen fixera a “tirada” debe describir/relatar algunha ocasión na
que experimentara ese sentemento. Como é posible que lles resulte difícil expoñer unha
experiencia inmediatamente despois da “tirada”, podemos ir facendo “tiradas” e ir preparando o
que van a contar unha vez que remate todo o grupo de “tirar”. Tamén podería ser que algún
membro non queira contar ou non tivese experiencia que contar. Nestes casos, ben pasamos ó
seguinte ou ben pedímoslle que conte alguna posible situación na que se poidera sentir a mesma
emoción que saíu na “tirada”.
(2) Es simpático/a ?
Colocámoslle a unha “cinta” mediante un adhesivo, ou calquer outro sistema, un letreiro no
que figure a palabra “simpático” ou “antipático” sen que o neno ou nena que o leva o sepa. A
consigna consiste en que os demáis deberán intentar falar, deberán mostrar interese, con quen leve
o letreiro de “simpático”, mentras que evitarán a quen leve o de “antipático”. Pasados uns
momentos, párase a escena e pídeselles que quenes pensen que levaban o letreiro de “simpáticos”
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 22
se poñan a un lado e os que pensen que levaban o de “antipáticos” se poñan en outro lado.
Quítanse a cinta e comproban.
Seguidamente, trátase de reflexionar sobre como se sentiron os simpáticos e os antipáticos, se
lles parece que hai persoas coas que todo o mundo quere relacionarse e cómo se sentirán, se
pensan que hai persoas coas que os demáis non queren relacionarse e cómo se sentirán, cómo se
pode intentar arreglar, etc.
(2) Pelos de punta
Repárteselle un óvalo que reprentará unha cara e liñas representando o pelo. Ábrese un turno
para que comenten situacións nas que “montaron en cólera”, como notamos que unha persoa está
enfadada (cara de cor vermella, gritos, puños pechados, mirada desafiante ...). Valórase que clase
de sentemento é a cólera (positivo, negativo), se temos dereito a encolerizarnos, se axuda a
soluciona-los problemas, etc. Se vemos que é algo que procede do noso interior e que non axuda a
solucionar problemas, como podemos controla-la? E imos anotando as ideas que salgan no dorso
do debuxo da cara.
(2) Máscara
Debuxamos unha máscara e vanse apuntando palabras que denominan sentementos. Pódense
facer representacións destes sentementos e tamén se poden ir comentando situación nas que nos
sentimos así.
(3) Emocións diferentes
Trátase de analizar exemplos de situacións conflitivas e ir identificando os sentementos
que se orixinan. Colocados por grupos ou traballando co grupo clase en conxunto, irán
completando frases individualmente. Logo, contrátase se todos puxeron o mesmo, se todos sinten
o mesmo ante as mesmas situacións, se cada quen interpreta as situacións á súa maneira, se é
importante ter en conta os sentementos dos demais nun conflito, etc. A tarefa pode realizarse
oralmente ou por escrito.
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 23
Algúns exemplos de situacións
1. A tua mellor amiga decide face-lo traballo de lingua cunha compañeira nova e ti quédaste sen
parella.
Ti sínteste…
A túa amiga síntese…
A outra rapaza síntese…
2. O neno que se senta detrás de ti lanza un avión de papel en medio da clase de música. O
profesor castigaravos a todos con dúas páxinas de deberes se non sae o culpable.
Precisamente hoxe ti vas a natación e non chegas a casa ata a hora de cear.
Ti sínteste…
O neno de atrás síntese…
O profesor síntese……
3. Esta mañá levantáchete moi cedo para acaba-lo traballo de coñecemento. É unha actividade
moi complicada e para face-lo esforzáchete moito. Cres que a profesora te felicitará. Mentras
te peiteabas para ir á escola, a túa imá pequena acercóuseche a admira-lo traballo co vaso de
leite na man con tan mala sorte que se lle caeo encima do traballo.
Ti sínteste…
A túa irmá síntese…
A profesora síntese…
4. Onte fuche cara a casa en compañía de Mercedes e hoxe tamén chegastes xuntos á clase.
Mercedes e ti vivides na mesma rúa. Ó entrar na clase todos se puxeron a gritar: vivan os
noivos!
Ti sínteste…
Mercedes síntese…
Os teus compañeiros e compañeiras síntense…
5. O teu mellor amigo é un pouco gordo. Na clase hai tres rapaces que sempre se burlan del. O
sábado, cando estabades no parque coa bicicleta, apareceron os rapaces e puxéronse a
insultar ó teu amigo chamándolle «bola de sebo». O teu amigo fuxíu, pedaleando a toda
velocidade, en dirección á súa casa.
Ti sínteste…
O teu amigo síntese…
Os tres rapaces síntense…
(1-2-3) Identificación de estratexias para o control das emocións
Dicimos emocións que nos poidan conducir a unha situación de conflito. Despois, reflexionamos
“que facemos cando estamos …” ou “que facemos cando nos sentimos …” e que facemos ou
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 24
podemos facer para controlarnos. Podemos analizar co grupo, comentar, que é o que fan outras
persoas que coñecemos ou o que fan os protagonistas en contos. Isto axudaranos a descubrir
estratexias para controlarnos cando esteamos moi tensos, moi nerviosos ou nos enfadamos de
repente.
Podemos propoñerlle algunas posibilidades, para que, no caso de que non as coñezan, traten de
utilizalas segundo a que mellor se adapte ás súas características e:
- Contar ata 10 (ou máis se é necesario) lentamente.
- Respirar lenta e fondamente: meter aire ata que non nos caiba máis e soltalo moi despacio.
- Darlle as costas á persoa que nos estea a provocar mirando cara outro lado.
- Desvia-la atención cara algo que nos facilite desconectar da situación que xenera a tensión.
- Se a situación nolo permite, emprega-la actividade física para “desfogar”, desde cantar,
saltar ata aplastar bolas de papel.
(1) O semáforo
“Imos a utilizar un xogo para cando nos esteamos poñendo nerviosos ou furiosos, enfadados.
Vouvos a ensinar como faremos (explícaselle que temos tres luces – vermella para parar, amárela
para pensar no que pasou, como nos sentimops e verde para solucionar buscando alternativas --.
Cando vexa que nos estamos poñendo nerviosos sacarei a luz vermella, logo a amarela e, se é
necesario, a verde”.
Cabe a posibilidade de adapta-la estratexia e empregar soamente a vermella, por exemplo. Outra
posibilidade é que sexan os nenos e nenas quenes saquen a luz cando se están a poñer nerviosos.
(1) A tartaruga
(como calquera outro conto, mellor conta-lo e adapta-lo á situación que lelo sen máis)
“Fai moito tempo vivía unha tartaruga xoven e elegante. Tiña 5 anos e chamábase Tartaruguiña.
A Tartaruguiña non lle gustaba ir ó colexio. Prefería estar na casa coa súa nai e o seu irmanciño.
Non quería estudiar nin aprender nada; só lle gustaba corretear e xogar cos seus amigos ou
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 25
pàsa-las horas vendo a tele. Parecíalle horrible ter que facer números e máis números, escribir e
escribir; e aqueles horribles problemas de matemáticas que nunca entendía. Odiaba con toda a
súa alma ler e facíao bastante mal e era incapaz de acordarse do que lle mandaban facer.
Tampouco se acordaba nunca do que tiña que levar ó colexio.
Na clase, xamáis escoitaba á profesora e pasaba os ratos facendo ruidos que volvían tolos a
todos. Cando se aburría, o que sucedía moi a miúdo, interrumpía a clase chillando e decindo
tonterías que facían rir a todos. Ás veces, intentaba traballar, pero facíao rápido pata rematar
canto antes e volvíase tola de rabia cando, ó finalñ, lle decían que o fixera mal. Cando esto
sucedía arrugaba as follas ou rompíaas en mil anacos. Así pasaban os días.
Cada mañá, camiño do colexio, decíase a sí mesma que ía a esforzarse en todo o posible para que
non a castigasen en todo o día. Pero, ó final, sempre acababa metida nalgún lío. Casi sempre se
enfurecía con alguén, e peleábase constantemente, ainda que só fose porque creía que quen a
empurrara na cola fixérao a propósito. Encontrábase sempre metida en dificultades e empezou a
estar farta do colexio. Ademáis, unha idea empezou a rondarlle a cabeza: "son unha tartaruga
moi mala", decíase. Estivo pensando esto moito tempo sentíndose mal, moi mal.
Un día, cando se sentía máis triste e desanimada que nunca, encontrouse coa tartaruga máis
grande e vella da cidade. Era unha tartaruga sabia, tiña polo menos 100 anos e o seu tamaño era
enorme. A tartaruga sabia achegouse a Tartaruguiña e preguntoulle qué lle ocurría.
Tartaruguiña tardou en respopnder, impresionada por semellante tamaño. Pero a vella tartaruga
era tan bondadosa como grande e estaba desexosa de axudala. "¡Hola!", dixo con voz profunda e
atronadora, "vou a contarche un segredo. ¿Non comprendes que levas sobre ti a solución para os
problemas que che agobian?".
Tartaruguiña non sabía de qué lle estaba a falar. "¡ O teu caparazón, o teu caparazón!",
exclamou a tartaruga sabia, " ¡para iso tes unha coraza!. Podes esconderte no seu interior
sempre que te des conta de que o que estás a facer ou decir che da rabia. Entón, cando te
encontres dentro da túa concha disporás dun momento de tranquilidade para estudia-lo teu
problema e busca-la mellor solución. Así que, xa o sabes, a próxima vez que te irrites/enfades,
métete inmediatamente no teu caparazón".
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 26
A Tartaruguiña gustoulle a idea e estaba impaciente por proba-lo seu novo segredo no colexio.
Chegou o día seguinte e, de novo, Tartaruguiña cometeu un erro e estropeou unha folla de papel
blanca e relucinte (ESTO PODERIAMOS CAMBIALO POR ALGO ASÍ COMO "viñeronlle ganas
de meterse cun compañeiro ...; poñerlle a zancadilla, insultar, chillar, etc a un compañeiro").
Empezou a ter sentementos de furia e rabia, e, cando estaba a punto de perde-la paciencia e
arruga-la folla (ESTO PODERIAMOS CAMBIALO POR ALGO ASÍ COMO " e pegarlle;
poñerlle a zancadilla; e insultalo ...."), acordouse do que lle dixera a tartaruga vella. Rápida
coma un lóstrego encolleu os brazos, as pernas, a cabeza, apretándoos contra o seu corpo,
deslizándose hacia o interior do seu caparazón. Permaneceu así ata que tivo tempo de pensar qué
era o mellor que podía facer para resolve-lo problema coa folla (co compañeiro). Foi estupendo
para ele encontrarse alí tan tranquila e confortable dentro da súa concha donde ninguén podía
molestala.
Cando por fin salíu da súa concha quedou sorprendida ó ver que a súa profe lle miraba sonrinte.
Tartaruguiña explicou que se puxera furiosa porque cometera un erro. A profe díxolle que estaba
orgullosa dela porque porque soupo controlarse. Logo, entre as dúas, resolveron o fallo na folla.
Parecía incrible que cunha goma e borrando con coidado, a folla poidera volver a quedar limpa
(Logo, decidíu xogar/falar, etc. co compañeiro. ¡Parecía incrible o ben que se sentía despois por
non meterse co compañeiro e por controlarse!.”
Tartaruguiña continuou aplicando o segredo máxico cada vez que tiña problemas, incluso no
recreo. Pronto, tódolos nenos que non querían xogar con ela polas trasnadas que facía
descubriron que xa non as facía, nin se enfurruñaba nin se poegaba por calquer motivo”.
Ó remate, despois de traballar con preguntas e tratar de chegar a unha conclusión, podemos
propoñerlle utiliza-la táctica da tartaruga cando sinta a necesidade de resolver unha
situación de forma agresiva.
Posibles preguntas: Como se sentía a tartaruga cando tiña que ir ó colexio? Tivestes esta
sensación de desgana alguna vez? Cal era o motivo de que a tartaruga se sentise así? Que
motivos poden provocar que non queiramos ir ó colexio? Ocórrenos moi a miúdo? Como
poderiamos evitalo? Hai situación diferentes fóra do cole nas que tamén podemos ter desgana?
Temos dereito a aburrirnos no cole? E a ter desinterese? Temos dereito a molestar ós demais
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 27
cando estamos aburridos? Que consecuencias pode ter que molestemos ós demais? Que
podemos facer cando estamos aburridos para non molestar ós compañeiros? Que podemos facer
cando estamos enfadados para non molestar ós demais? Gústanos que nos valoren? Que
podemos facer para que valoren o noso traballo en clase?
Outras posibles tarefas:
- Debuxa-la cara da tartaruga ó inicio do conto, no nó do conto e ó remate e que indiquen
con que emoción se senten máis identificados habitualmente.
- Completa-lo debuxo de caras con emocións (enfado, ira, aburrimento, ledicia …).
- Reescribi-lo conto, pedíndolle a diferentes componentes do grupo que o fagan desde a
perspectiva de distintos personaxes do conto (a tartaruga, a compañeira, a profesora …).
(1) A nube
A tarefa, por unha parte, esixe un certo entrenamento para que sexan capaces de “velo”, de que a
escena lle resulte vívida. Por outra parte, esixe propoñerllo de forma lúdica para que lles resulte
atractivo.
Consiste en buscar un personaxe inventado para a aula. Este personaxe axudaranos a
tranquilizarnos cando esteamos nerviosos ou enfadados. O personaxe ten un truco. Cando a
situación o supera, imaxínase que chama a unha nube que vai baixando despacio. Cando chega
abaixo, súbese a ela, respira fondo e repitese en voz baixa varias veces “Calma (nome do
personaxe), calma”, mentres sinte como flota na nube.
(1) A cadeira máxica
Realmente é algo semellante á táctica de mandar ó rincón a alguén, pero transformada en
formulación e planteamento (non é un castigo senón unha axuda). Así que se trata de colocar unha
cadeira nun rincón. Podemos adornala e colocamos no lugar algún cartel que sexa atractivo co fin
de que lles axude a permanecer alí. O que se lles dí é que é unha cadeira máxica que ten un poder:
cando unha persoa se senta nela, tranquilízase, cálmase e síntese mellor (adornámo-la historia
todo o que sexamos capaces). Por esta razón, soamente podemos sentarnos nela cando precisemos
axuda para sentirnos mellor. Inicialmente, seremos nós que envíe a nenos e nenas á cadeira, pero o
desexable é que sexan eles e elas quenes o fagan no momento en que o necesiten.
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 28
(1) O caracol
Comézase por explicarlles que fai o caracol cando lle tocámo-las antenas ou chove. A
continuación, trátase de entrenar co grupo a acción que represente o que fai o caracol. Por
exemplo, replega-los brazos cara o corpo e agacha-la cabeza, meténdoa tamén cara o corpo. A
intención é que en situación de nerviosismo empreguen a técnica. Obviamente, forma parte do
entrenamento que imiten a acción unha vez que nós dicimos, por exemplo, “chove¡” en canto
detectemos unha situación deste tipo
(1) Buscamos axudas para cando esteamos enfadados
Tendo en conta que non tódalas estratexias funcionan igual con tódalas persoas, outras
posibilidades que podemos intentar son as que siguen. A idea é propoñerlles o emprego de modos
de proceder que nos poden axudar a controlar e regular emocións.
- Verbaliza-lo que sentimos: “Estou moi enfadado, Moléstame que …”
- Cantar. Trátase de cantar “o que sexa” en voz baixiña, sen que nos oiga ninguén, coa intención
de distrae-la atención.
- Que poido facer? Comentamos “fórmulas máxicas” a partir de situacións en que se sintan
tristes, enfadados ou con medo. Pode ser conveniente transforma-lo que din nunha historia ou
situación con personaxes ficticios (a comunicación indirecta adoita funcionar máis
eficazmente). Por exemplo: “Se estou triste porque non me deixan xogar (ou se o personaxe
está triste) o mellor é dicirllo á profe porque me dirá o xeito de pedir que me deixen”, “Se
estou enfadado porque me romperon un xoguete dígo a razón pola que estou molesto da forma
máis clara posible, explico como me sinto e digo o que me gustaría ou busco axuda para ver
como podemos solucionar”.
(1) Resistencia á frustración
A finalidade é que sexan capaces de reaccionar o máis adecuadamente posible cando non
consiguen algo inmediatamente, que saiban esperar. Como non é algo sinxelo, a idea é introducir
unha pauta coa que modelemos unha resposta apropiada e consecuente co que tratamos de ensinar.
A pauta podería ser algo semellante ó que sigue:
- Describi-la conduta, de forma concreta, sen rodeos nin mesturar temas e sen esaxerar
(“Queres xogar agora, pero ...”, “Queres que me quede aquí contigo, pero ...”).
- Indica-las razóns para o cambio (“Estou cansado/Teño que facer ...”).
- Recoñercerlle o que sinte (“Xa sei que precisas axuda, estás aburrido ...”).
- Explicarlle o que se espera (“Terás que esperar. Podes facer un debuxo e despois xa te
atendo”), dándolle opcións se nos parece aceptable e deixando claras as consecuencias
(perda de privilexios, non atención pola nosa parte ...).
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 29
Por suposto, en determinadas sesións podemos recolle-lo que ocorríu con alguén do grupo e
comentalo (que pasou, por que, solucionouse o problema, seria mellor facelo doutro xeito …).
2. Relación, funcionamento e cohesión grupal
2.1. Acollida, presentación e integración
A presentación destas actividades podemos facela dicíndolles que imos facer actividades/xogos
que nos axudarán a coñecernos mellor, a ser mellores amigos, que todos saibamos respectarnos e
poder aceptarnos mellor uns ós outros, … Tamén pode ser preciso facer referencia á que nos
servirá para que un compañeiro ou compañeira que chegou de novo poida coñecer ó resto e que
nós poidamos coñer a esa compañeira/o.
(1-2-3) Autopresentación
(esta actividade xa está explicada no apartado de “Conciencia e regulación emocional”)
(1) Nome e acción
Colócanse en círculo se é posible. Vanse presentando por turno e realizando unha acción
que decidan (cando sexa posible, pódese intentar que acompañen cada sílaba do nome cunha
acción distinta). A continuación o resto do grupo saúda a quen se presentou cunha frase (“Ola ...”,
por exemplo) tratando de imita-los movementos que fixo. O xogo continúa co resto das
presentacións.
(1) O tren dos nomes
Séntanse en círculo, se pode ser. Comeza un xogador ou xogadora facendo de máquina
locomotora, dando voltas arredor do círculo imitando unha máquina de carbón. Cada volta, por
exemplo, detense diante doutro membro do grupo (unha estación) e dí en alto o seu nome. Este
engánchase á locomotora e continúa a viaxe ata a seguinte estación, onde se repite a acción
anterior. A partir de aquí, segundo o estimemos, caben variantes: a) seguir ata que entre todos
formen un tren; b) limita-lo número de vagóns do tren e, unha vez que remata a primeira
“locomotora”, fai este papel outro membro do grupo quen escolle a vagóns diferentes dos que
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 30
escolleo a primeira “locomotora”; c) se non se coñecen, pode ser quen ten que subirse ó tren o que
diga o seu nome en vez da “locomotora”; d) tamén se pode facer que unha vez que estea formado
o tren, o último “vagón” comeza a facer de “locomotora” e quen facía de “locomotora” quédase
no seu sitio (desta forma todos poden facer de “locomotora” ).
(1) Eco
Consiste en presentarse en cadea. Debe de ser áxil. Poden colocarse en círculo. Cada un dí en
voz alta o seu nome, o compañeiro da esquerda dí o propio nome e o do compañeiro anterior e así
sucesivamente, ata chegar ó que comezou.
Para facelo máis simple, podemos traballar por tandas, limitando o número de membros do
grupo que se presentan. Por exemplo, ó chegar ó 5º membro, comezamos a tarefa con outros 5 e
así sucesivamente.
A este formato pódeselle engadir actividade física como, por exemplo, que as persoas
nomeadas polo “eco” levántanse e séntanse rapidamente.
(1) Si/Non
Unha posibilidade é colocar u cartel coa palabra “Si” nun lado da clase e outro coa palabra
“Non” no outro extremo. Vanse dando frases como “Gústame ir á praia, é mellor ir á escola que
quedarse na casa, prefiro xogar fora que ve-la TV”, etc. Cada membro do grupo irase ó cartel que
se corresponda coa súa preferencia ou forma de pensar.
Lévase a cabo unha reflexión en base a preguntas relativas a se coindiron sempre cos memos
compañeiros, se coincidiron con alguén en concreto máis veces, en que coindiron, se descubriron
algo que non sabían dos compañeiros, que descubriron, etc.
Unha variante con menos “barullo” e probablemente máis rápida, consistiría en face-la tarefa
sentados apuntando cada un nunha ficha aquelas frases que mellor identifican as súas preferencias
e vemos un por un quenes sinalaron cada frase. Logo, podemos pasar ás preguntas como na outra
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 31
versión. De ser este o caso, sería necesario darles a icha coas frases e van sinalando aquelas coas
que se identifican. Ó remate, facer unha posta en común.
(1-2-3) Se eu fose
A cada membro do grupo dáselle unha tarxeta con varias frases do tipo “Se eu fose un animal,
sería ...”, “Se eu fose unha planta, sería ...”, “Se eu fose unha árbore, sería ...”, etc. Unha vez que
as teñan cumprimentadas, recóllense as tarxetas, barállanse e vólvense a repartir. Cada quen vai
lendo en voz alta a tarxeta que lle corresponda, intentando averigüar a quen pertence. Cando se
averigua, ponse a tarxeta nun panel, no corcho.
Unha variante consiste en que cada membro debe completa-las frases da tarxeta co nome do
neno ou nena que se senta á súa esquerda, por exemplo, e, por suposto, eliminando “eu” da frase.
Esta posibilidade implica que un certo grao de coñecemento entre os membros do grupo.
(1-2-3) Explicar/Escoitar problemas
É unha actividade coa que é preciso ser prudentes e valorar se o que contan nos parece que
pode facerse público. Por parellas cóntanse un problema que lles preocupe. Seguidamete, xúntase
en grupos de 4 e cada un cóntalle a un compoñente diferente da parella inicial o problema que lle
explicou o neno ou nena da parella.
Trátase de reflexionar mediante preguntas do tipo de: se lles gustou máis contar ou escoitar
problemas, se se parecen os problemas e en que, para chegar á conclusión de que todos temos
problemas e que adoita ser positivo contárllelos a alguén.
(1-2-3) Quero coñecerte
Esta actividade precisa dunha introdución, adaptándoa ó nivel dos escolares, na que se lles
comenta que, en moitas ocasións, os problemas de relación entre as persoas derivan dunha falta de
información que habitualmente suplimos con presuncións e expectativas desaxustadas á realidade.
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 32
Pode ocorrer que despreciemos a unha persoa simplemente para axustarnos ás expectativas que
nos formamos dela e que intentemos facer encaixar o que di no marco do que pensamos
previamente, sen pararnos a contrástalo.
Seguidamente, distribúese o alumnado en pequenos grupos e podemos. Entregámoslle unha
ficha a cada un con posibles aspectos sobre os que preguntar. Deseguido proponse un exemplo,
pero é posible utilizar só algunhas das preguntas ou escribilas no encerado en vez de nunha ficha
ou facelo todo oralmente).
A dinámica consiste en que un dos membros do grupo vai facéndolle unha pregunta ó resto.
Unha vez que remata, outro dos membros fai o mesmo ata que todos teñan a oportunidade de
preguntarlle ós demais.
Rematado, podemos deixalo así (o obxectivo é o coñecemento mutuo). Pero podemos
continuar poñendo en común as respostas co grupo clase e abri-la posibilidade de comentarios e
análise como na actividade “Si/Non”: se hai coincidencias entre compañeiros, se se producen
sempre cos mesmos, se se dan máis coincidencias con alguén en concreto, se saben cousas novas
de alguén, que cousa sabemos de novo …
Posibles preguntas:
1. De que estabas máis orgulloso de pequeno?
2. Gústache o teu nome? Se non é así, como che gustaría chamarte?
3. Que cousa das que tes é a túa preferida?
4. Hai algunha cousa que sempre quixeche ter e non conseguiches? Como fixeches para
contentarte sen ela?
5. Que é o máis divertido que che pasou na vida?
6. Cal é a tontería máis grande que fixeches?
7. Cal é a tua película favorita? Por que?
8. Se tiveses que ser outra persoa, cal che gustaría ser e por que?
9. En que te fixas para buscar amigos?
10. Que é o que menos che gusta ou odias máis?
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 33
11. Que é o que máis che gusta da clase?
12. Que é o menos che gusta da clase?
(1-2-3) Xogo das tarxetas
Pódese realizar en gran grupo ou en pequeño grupo. Se se fai en pequeño grupo,
proporciónanselles frases incompletas nun papel. Por turnos sacan unha tarxeta sen mirar, len o
que di e rematan a frase se queren. Hai que deixarlle claro que non hai respostas acertadas, que
non se trata de ser divertido ou serio, simplemente contestar o que cren e sen faltar ó respecto. O
contido das tarxetas pode ser do tipo de: Se fora maior, eu ...; Non podo entender porque ...; Se eu
fora ...; Se eu tivera ...; Érase unha vez ...; Cando teño que atender ...; O meu lugar favorito ...;
Nin ... nin ...; Outros rapaces ...; Como me gustaría ...; Outras rapazas ...; Cando vou empezar
cos deberes ...; Cando me equivoco ...; Lendo ...; etc.
Pasado un tempo de traballo en grupo, pódese pasar a dici-las respostas en gran grupo e deixar
que se abra debate, se é o caso. Se ainda non len, podemos ir léndolle nos as frases e quen quere
vai contestando en alto.
(1-2-3) Quenes somos
Sentados en círculo, lénselles en voz alta unha serie de afirmacións. Quen pense que as
cumpre levanta a man. Formulámoslle preguntas a quen levantara a man para completa-la
información. Cada certo tempo, podemos parar e preguntar se lembramos quen ou quenes
levantaron a man para unha determinada afirmación.
As afirmacións poden ser do tipo de:
- Viaxei en avión.
- Teño un can e un gato.
- Gústame ...
- Son o maior ou menor dos irmáns.
- Dame medo ...
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 34
- Na casa teño ...
- Ás veces enfádome.
- Sei ..
- Unha vez gañei ...
(1-2-3) Algunhas preguntas
Preséntaselle unha ficha das características da que vai a continuación e contéstana
individualmente. En pequeno grupo len as respostas e completan o cadro que vai despois da ficha.
Finalmente, un portavoz por grupo presentalle á clase as respostas e, se procede polo nivel
académico, incluso se podería elaborar entre todos unha estatística para cada unha das preguntas
(media, moda, porcentaxe ...).
No caso de que o alumnado non lea aínda, a tarefa pódese adaptar léndolles en voz alta as
preguntas, cada un vai respondendo e imos apuntando no encerado.
Algunhas preguntas
1. Imaxina que tes unha caixa máxica de calquer forma ou tamaño. Pode conter calquer
cousa que che guste. Que habería na caixa para que te sentiras moi, moi contento/feliz?
2. Se tiveras que ensinarlle algo ós demáis (unha habilidade, unha norma, un coñecemento
...), que lles ensinarías?
3. Se poideras ser capaz de facer algo do que non eres capaz agora, que sería? Sentiríaste a
gusto con iso tanto ti coma os demais?
4. Se poideras ser calquera persoa do mundo, quen serías? Por que?
5. Se poideras vivir en calquer lugar que che gustase, cal sería? Por que?
6. Cal é a ocasión en que te sentiches máis feliz?
7. Recordas algunha ocasión en que grazas a ti outras persoas se sentiron felices?
8. Hai algunha ocasión en que outras persoas te fixeran sentir moi feliz?
Rexistro
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 35
Respostas á 1ª pregunta:
- A máis frecuente: _________________________________________________
- Motivo: _________________________________________________________
- Outra resposta: ___________________________________________________
Respostas á 2ª pregunta:
- A máis frecuente: __________________________________________________
- Motivo: __________________________________________________________
- Outra resposta: ___________________________________________________
Respostas á 3ª pregunta:
- A máis frecuente: __________________________________________________
- Motivo: __________________________________________________________
- Outra resposta: ___________________________________________________
Respostas á 4ª pregunta:
- A máis frecuente: __________________________________________________
- Motivo: __________________________________________________________
- Outra resposta: ___________________________________________________
Respostas á 5ª pregunta:
- A máis frecuente: __________________________________________________
- Motivo: __________________________________________________________
- Outra resposta: ___________________________________________________
Respostas á 6ª pregunta:
- A máis frecuente: __________________________________________________
- Motivo: __________________________________________________________
- Outra resposta: ___________________________________________________
Respostas á 7ª pregunta:
- A máis frecuente: __________________________________________________
- Motivo: __________________________________________________________
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 36
- Outra resposta: ___________________________________________________
Respostas á 8ª pregunta:
- A máis frecuente: __________________________________________________
- Motivo: __________________________________________________________
- Outra resposta: ___________________________________________________
(2-3) Teño un novo amigo
Repártanse papeis cos nomes do alumnado de clase. Cada escolar colle un papel diferente do
que ten o seu nome e durante unha semana debe anotar todo o que poida (facendo fincapé no
positivo) sobre o comportamento e forma de ser da persoa que corresponda. Faise unha posta en
común dicindo o que foi anotando cada un e o resto tratará de averigüar a quen corresponden esas
calidades. Se non o adiviñan, poden facer preguntas. O que reponde só pode contestar “Si” ou
“Non”.
(2-3) O que máis me gusta
Deben cumprimentar un cuestionario. Despois lese en voz alta. Os que escoitan poden anotar
nunha folla en branco o que lle chame a atención das respostas dos demais. Cada quen pásaselle o
cuestionario a quen teña á dereita. Este compañeiro ou compañeira le o cuestionario e, se quere,
anota na súa folla en branco algo que lle chamara a atención. Cando tódolos escolares volvan a te-
lo seu cuestionario, ábrese un turno de preguntas sobre os datos que cada quen ten no seu papel:
coincidimos con alguén, en que, coincidimos máis con alguén, por que será ...
Os ítems do cuestionario poden ser do tipo de:
- A froita que máis me gusta é ...
- O deporte que máis me gusta é ...
- O xogo que máis me gusta é ...
- A cor que máis me gusta é ...
- O día de semana que máis me gusta é ...
- O animal que máis me gusta é ...
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 37
- O personaxe da TV que máis me gusta é ..., etc.
(3) Entrevistas mutuas
Fórmanse parellas. Durante 5 ou 6 minutos entrevístanse mutuamente (podemos darlle
suxestións sobre aspectos a tratar). Volven ó grupo grande e cada un presenta a quen entrevistou
(ninguén se presenta a sí mesmo). O neno ou nena a quen presentan deberá prestar atención, para
ver se a información se corresponde cos datos que proporcionou.
(3) É real ou imaxinario
Durante 15 minutos entrevístanse por parellas entre escolares que se coñezan o menos posible.
Cada un presenta á súa parella dando seis datos sobre ela, dos que tres serán verdadeiros e tres
falsos. O grupo deberá determinar cales son reais e cales falsos. Tamén podemos comentar
coincidencias entre varios nenos ou nenas.
2.2. Funcionamento do grupo
(1) O labor do responsable
Explicámoslle cal sería o labor dos responsables de clase e a importancia de que cumpran coas
súas funcións.
O establecemento das función podemos facelo entre todo o grupo de forma “guiada” por nós, se
así o estimamos necesario. Tamén podemos adopta-la decisión de que haxa máis dun responsable
cada día, de modo que o número de taefas sexa menor. Tamén establecemos durante canto tempo
van a exercer, cada canto tempo rotarán.
Tamén podemos confeccionar unha lista de control Nesta lista aparecería o nome do/a responsable
e as súas funcións ou simplemente os nomes e anotamos se o fixo ben ou non. A lista permitiranos
valora-lo grao de cumprimento dos distintos responsables. A valoración podemos facela en grupo
ou non, podemos decidir que quen non cumpra non exercerá durante unha tanda, por exemplo.
(1-2-3) As normas
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 38
Trátase de plantearle ó grupo a necesidade de que existan unas normas. Para isto, podemos
adicarlle un tempo a comentar se nos xogos hai reglas (cabe a posibilidade de trtaballar sobre dous
ou tres exemplos de xogos), analizar que pasaría se non houbese reglas nos xogos, se isto se pode
trasladar á clase (que non houbese reglas, que ocorrería en tal caso …), ó colexio … Para os máis
maiores podemos traballar tamén aludindo a se nos grupos de amigos hai reglas ou non, que
normas hai na sociedade, se funcionan, por que, etc. Outra cousa que podemos intentar facer é
organiza-las normas por categorías (limmpeza e orde, convivencia, estudo).
Sería interesante que o grupo participe na elaboración, achegando razóns. Agora ben, a decisión
última é do adulto.
Debemos tratar de que as normas sexan:
- Poucas: 5 ou 6 (por isto, debemos seleccionar aquelas referidas ós aspectos que nos parezan
máis fundamentais).
- O máis curtas posible.
- Concretas (“pedirémo-la vez antes de falar”).
- En positivo, sempre que sexa posible (“Falaremos en voz baixa” en vez” de “Non se debe
chillar”).
Outras suxestións:
- Establece-las consecuencias de non repecta-las normas (non poder exercer de delegado,
non poder participar en certas actividades, quedarse sen recreo, ...).
- Durante unha boa temporada será preciso recordalas diariamente varias veces (A 1ª hora, á
saída do recreo, á entrada da tarde, á saída, por exemplo).
- Non recordarllas cando o estean a facer mal (simplemente aplícase a consecuencia).
- As reprimendas en privado soen ser moito máis eficaces.
- Alaba-lo cumprimento das regras.
(1-2-3) O país sen punta
É un conto para reflexionar sobre a necesidade de normas e do seu cumprimento antes de comezar coa
elaboración das mesmas
« Xoán “trotamundos” era un viaxeiro. Viaxa que viaxarás, chegou unha vez a unha vila
onde as esquinas das casas eran romas e os tellados das mesmas non acababan en punta
senón nunha especie de xiba suave e divertida. Andando pola rúa viu un terrado de rosas
e a Xoán deulle o impulso de poñer unha na botoeira. Mentres collía a rosa, ía con
coidado de non picarse coas espiñas, pero moi pronto se deu conta de que aquelas espiñas
non tiñan punta, non picaban, parecían de goma e facían cóxegas nas mans.
Estaba tan entusiasmado co descubrimento que non adiviñou a presenza dun garda
municipal que lle sorría.
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 39
- Non sabe vostede que está prohibido coller rosas?
- Síntoo, non pensara niso?
- Nese caso pagará soamente media multa – dixo o garda, que, con aquel sorriso, podía
moi ben se-lo homiño da manteiga que levara Pinocho ó País dos Xoguetes.
Xoán observou que o garda escribía a multa cun lápiz sen punta, e de súpeto díxolle:
- Permíteme ve-la súa espada?
- Con moito gusto – contestou o garda.
- E naturalmente a espada non tiña punta.
- Pero que país é este? – preguntou Xoán.
- O País sen Punta – respondeo o garda con tanta amabilidade que tódalas súas palabras
poderían estar escritas en maiúsculas.
- Como vos amañades cos cravos ? - preguntou Xoán.
- Suprimímolos fai tempo. Encolámolos todo. E agora, por favor, deme dúas labazadas.
Xoán abriu a boca como se tragara a bola do mundo.
- Por Deus¡, non quero acabar na cárcere por aldraxe á autoridade. En todo caso, sería
eu quen tería que recibi-las labazadas e non dalas.
- Pero aquí faise así. Por unha multa enteira, catro labazadas; por media multa, dúas
labazadas.
- Ó garda?
- Si, ó garda.
- Pero isto é inxusto¡, é terrible¡
- Claro que é inxusto e terrible. Éo tanto - dixo o garda – que a xente, por non verse
obrigada a dar labazadas a uns pobres inocentes, xamais incumpren unha lei. Imos,
señor, deme as dúas labazadas e outra vez procure fixarse máis no que fai.
- Pero eu non quero, nin podo facelo. Se acaso fareille un alumiño.
- Sendo así – contestou o garda -, terei que acompañalo ata a fronteira.
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 40
Xoán, humillado, viuse obrigado a abandona-lo País sen punta. Aínda hoxe soña con
poder volver e poder vivir de xeito máis educado, nunha linda casiña co tellado sen
puntas».
Algunhas cuestión que se poderían formular son:
Que norma había? Que buscaban coa norma? ou Para que era? Funcionáballe?
Para que son as normas? Quen pon as normas? En que nos podemos fixar se
funciona unha norma? Que normas temos? Funcionan? Por que (si ou non)
funcionan? Que podemos facer para que funcionen mellor? Como podemos
escribilas? Como podemos controla-lo seu funcionamento? …..
Rematado o traballo sobre o relato, concluímos sobre a necesidade de normas, para que
sirven (para que todo funcione, poder entendernos, non molestarnos, que nos respecten
…). Logo, pasaríase a presentarlle as normas, coa posibilidade de matizar algunha,
engadir, etc. Os membros do grupo tamén poden achegar razóns para apoiar ou rexeitar
algunha (outra cousa é que o adulto decida mantela ou non).
(3) O grupo organízase
Divídese a clase en grupos de 4 ou 5. Formúlase un problema a resolver en 30´. Cada grupo debe
ter secretario/a, un moderador, e a participación de todos/as.
“Catro rapaces e rapazas foron xuntos ó circo. Cada un prefire unha actuación diferente e no
descanso cada un toma unha bebida distinta. Ademais, a cada un entregoulle a entrada unha
persoa diferente.
1. Alberto bebe limonada.
2. A rapaza que recibiu a entrada da súa tía bebe zume de mazá.
3. O rapaz que prefire a actuación dos tigres está sentado no extremo esquerdo.
4. A rapaza que foi ó circo sete veces está sentada inmediatamente á esquerda da rapaza que
recibiu a entrada do seu pai.
5. O rapaz ó que lle diu a entrada a súa avoa non está no extremo esquerdo.
6. A rapaza á que lle gustan os pallasos está sentada inmediatmente á esquerda da que prefire os
trapecistas.
7. Francisco está no extremo da dereita.
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 41
8. O rapaz que bebe café foi ó circo seis veces.
9. A Ana diulle a entrada o seu pai.
10. A rapaza que bebe zume de mazá está á esquerda da rapaza que foi catro veces ó circo.
11. Rosa é a que prefire os pallasos.
12. A rapaza que bebe coca-col recibiu a entrada do seu pai”.
Preguntas de axuda:
1ª Que rapaz recibiu a entrada do avó? ((Alberto)
2ª Que bebeu o rapaz ó que máis lle gustaba o domador de elefentes? (Café)
3ªQuen lle diu a entrada ó rapaz que foi cinco veces ó circo? (o seu avó)
Situación Esquerda
Quen diu as entradas? Avó Tío Pai Avoa
Quen bebe? Limonada Zume de mazá Coca-cola Café
Que prefire? Tigres Pallasos Trapecistas Elefantes
Nº de veces que foi ó circo? 5 veces 7 veces 4 veces 6 veces
FOLLA PARA O ALUMNADO
“Catro rapaces e rapazas foron xuntos ó circo. Cada un prefire unha actuación diferente e no
descanso cada un toma unha bebida distinta. Ademais, a cada un entregoulle a entrada unha
persoa diferente.
1. Alberto bebe limonada.
2. A rapaza que recibiu a entrada da súa tía bebe zume de mazá.
3. O rapaz que prefire a actuación dos tigres está sentado no extremo esquerdo.
4. A rapaza que foi ó circo sete veces está sentada inmediatamente á esquerda da rapaza que
recibiu a entrada do seu pai.
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 42
5. O rapaz ó que lle diu a entrada a súa avoa non está no extremo esquerdo.
6. A rapaza á que lle gustan os pallasos está sentada inmediatmente á esquerda da que prefire os
trapecistas.
7. Francisco está no extremo da dereita.
8. O rapaz que bebe café foi ó circo seis veces.
9. A Ana diulle a entrada o seu pai.
10. A rapaza que bebe zume de mazá está á esquerda da rapaza que foi catro veces ó circo.
11. Rosa é a que prefire os pallasos.
12. A rapaza que bebe coca-col recibiu a entrada do seu pai”.
Preguntas de axuda:
1ª Que rapaz recibiu a entrada do avó? ((Alberto)
2ª Que bebeu o rapaz ó que máis lle gustaba o domador de elefentes? (Café)
3ªQuen lle diu a entrada ó rapaz que foi cinco veces ó circo? (o seu avó)
Situación
Nome
Quen diu as entradas?
Quen bebe?
Que prefire?
Nº de veces que foi ó circo?
2.3. Cohesión, interrelación e cooperación
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 43
(1-2-3) Sociograma
Esta é unha opción que temos se queremos contrasta-la nosa percepción sobre o grupo, relacións, membros
illados, etc.
(1) Preséntoche a un amigo
Cada un presenta a quen ten á esquerda decindo catro ou cinco características e aspectos
positivos. Ó remate, quen presenta dí en voz alta “Este/a é meu/miña amigo/a” ó que o grupo
responde “É noso/a amigo/a”.
(1) A estrela
Podemos empezar explicando que imos facer un xogo de confianza. Divídese o grupo-clase
en subgrupos de nº par (6-8 escolares). Cada subgrupo forma un círculo agarrándose das mans e
estirando as pernas xuntas cara o centro do círculo. Asígnaselle a cada membro do grupo o nº 1 ou
2 de forma alternativa. A continuación díselle que os nº 1 se tiren moi despaciño cara atrás e que
os nº 2 terán que aguantalos. Deseguido serán os nº 2 quen se tiren cara a tras e os 1 os que
aguanten para que non caigan. Despois intercámbianse. Unha vez rematado o xogo, comentamos
qué dificultades xurdiron e por que; habitualmente fiámonos dos demais; por que é habitual que
non nos fiemos/ou si nos fiemos; que é necesario que ocorra, que teñen que facer, para que nos
fiemos dos outros neste xogo, e noutras situacións; fiarémonos dalguén que non axuda nunca, que
minte; por que nos fiamos máis dalgunhas persoas que doutras; é bo fiarse dos demais; ....
Podemos rematar cun resumo sobre se é bo que nos fiemos recíprocamente e sobre o que
pensamos que é necesario facer para que unas persoas se fíen doutras ou que uns nos fiemos dos
outros.
(2-3) Se fora
A idea é que expoñan opinión uns sobre os outros en forma de analoxía e que cada quen saiba
o que pensan os demais sobre si. Un dos componentes do grupo designado por nós ou por sorteo
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 44
pensa nun compañeiro ou compañeira. O resto dos componentes do grupo deben tratar de adiviñar
en quen está pensando. Para isto, van facendo preguntas comezando por “Se fora ...”. Por
exemplo, “se fora un moble, qué moble sería?; se fose unha cor, un mineral, unha estación do
ano, etc.”. Estas preguntas facilitámosllas nós para axilizar e escribímolas no encerado, por
exemplo. O adulto ou outro escolar, vai anotando e, se alguén adiviña de quen se trata,
entrégaselle á persoa na que pensaba o folio coas características que se lle atribuiron. Quen fora
capaz de adiviñar será quen pase a xoga-lo papel de pensar nun compañeiro e quen lle fagan
preguntas.
Se ninguén adiviña de quen se trata unha vez que rematarámo-la batería de preguntas,
podemos desvalar a quen nos referíamos.
Con cada caso, unha vez que sabemos en quen se pensaba, podemos preguntarlle a esta
persoa se está de acordo e por que. Ó que reponde podemos preguntarle por que fixo a analoxía.
Todo isto levaranos a comentar se outros membros pensan igual ou non e a falar sobre os aspectos
en que nos fixamos nos demais, sobre as diferentes percepcións das distintas persoas, etc.
Podemos continua-la tarefa ata que tódolos membros do grupo fagan o papel de “responder ás
preguntas”. Tamén podemos establecer que non se pode repeti-la persoa na que se pensa.
(1-2-3) A diagonal
Trázase unha diagonal no espazo en que se vaia a face-la tarefa. Nun extremo ponse un papel
coa palabra Sí; no outro extremo coa palabra Non. A continuación indícaselles que diremos frases
en voz alta e que eles deberán distribuirse ó longo da diagonal segundo o grao de acordo ou
descordo coa frase escoitada. As frases poden ser do tipo de “Teño moitos amigos”, “Gústame
practicar deporte”, etc. Tamén se pode pedir a un membro en concreto que despois de escoitar
unha frase exprese a súa opinión.
(2-3) Dicir e escoitar calidades
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 45
Trátase de recoñecer calidades positivas dos compañeiros do grupo, dun mesmo e do grupo
como tal. Inicialmente, é probable que sexa necesario darlles uns minutos para que poidan pensar
en calidades que poida posuír a persoa que teñen á esquerda e nas calidades que cada quen poida
posuír para ofrecerlle a quen teñen á dereita. Tamén é necesario que antes dispoñan dun
vocabulario ó caso (xeneroso, tranquilo, sereno, realista, sociable, observador, colaborador,
dinámico, sensible, constante, afectuoso, amable, decidido, mesurado, humilde, confiado,
prudente, comunicativo, educado, limpo, paciente, traballador ...).
Sentados en círculo cada un ten que dicir unha calidade do compañeiro que se senta á súa
esquerda e ofrecerlle unha das calidades que pensa que posúe ó que está á súa dereita.
Podemos remata-la tarefa (obxectivo de recoñecerlle calidades a outros en en nós mesmos) ou
continuar discutindo sobre acordos ou desacordos respecto ás calidades que nos atribuímos no
xogo e que lle ofrecemos a outros. Isto seranos útil para contrastar percepcións, danos pé para
comentar que as percepcións de diferentes persoas non sempre coinciden e podemos rematar
resumindo que calidades se dan máis, que calidades pensamos que habería que fomentar, por
exemplo.
(3) O meu traballo de coñecemento
É un xogo de rol playing por parellas. Entrégaselles a cada membro das parellas un dos textos
que figuran deseguido. O obxectivo é poñerse de acordo sobre como facer un traballo de
coñecemento. Dramatizan a situación, interpretando cada membro da parella un papel. Isto
podemos facelo saíndo a unha zona onde o resto do grupo poida ve-la representación. Unha vez
representado o papel, podemos levar a cabo unha reflexión en base a preguntas do tipo de: son
amigos agora os rapaces?, cal era o problema?, víveno igual os dous?, algún modo de que se
poñan de acordó?, o acordo é xusto?, algunha vez vos pasou algo así?, que fixestes? ...
Texto1
Luis e ti vades xuntos á escola dende pequenos e sodes bos amigos. Onte quedastes para ir a
súa casa para facer un traballo de coñecemento. Trátase dun traballo para mellora-la nota e
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 46
a ti nesta avaliación non che vai nada ben. Luis tiña un xogo novo de “Play” e insistíu en
xogar con él. Ti dixécheslle que se che estaba a facer tarde e que non terías tempo para
remata-lo traballo. Pero él non fixo caso. Empezache a face-lo traballo só e, claro, non o
rematache. Mañá é o último día para entregalo e hoxe non podes quedar porque tes teatro e
faltan poucos ensaios para o día da función (tes fútbol sala e es te fin de semana seguro que
che toca xogar a ti). Os teus pai dixéronche que se as notas non son boas, deixara-lo fútbol. Á
hora do patio non lle dirixira-la palabra a Luis porque é un fresco e explicaraslle a todo o
mundo que é un chuleta que se pasa a vida presumindo dos seus xogos de “play”.
Texto2
Pedro e ti vades xuntos á escola dende pequenos e sodes bos amigos. Onte quedastes para ir á
túa casa para facer un traballo de coñecemento. É un traballo para mellora-la nota e a ti
nesta avaliación vaiche moi ben. Por eso os teus pais compráronche un novo xogo de “play”
que fai tempo que querías. Onte ensinácheslle o xogo a Pedro, pero, como é un envexoso, non
quiso xogar facendo que non lle interesaba e poñéndose a face-lo traballo de coñecemento.
Como o traballo non se ten que entregar ata mañá, esta tarde hai tempo para todo: para
acabalo e para xogar coa “play”. Á hora do patio preguntaraslle a Pedro que lle pareceo o
teu fantástico xogo novo e volveredes a quedar para esta tarde. Cando saes, os demáis
rapaces chámanche cluleta debido ós comentarios que Pedro fixo sobre ti.
(3) Discriminación
Repártense tarxetas na que figura unha lenda: “Tes setenta anos”, “Es unha nena”, “Es unha
persoa negra”, “Es homosexual”, “Es un parado”, “Es un minusválido”, “Es inmigrante”, ...
Plantéase o seguinte xogo “O alcalde da vila de .... vai invitar a unha recepción a uns cantos
cidadáns (levántanse todos e todas), pero non poden asistir ... (e vanse nomeando vellos,
minusválidos ... á vez que se van sentando ata que finalmente non queda ninguén de pé)”. Con
esta base, podemos plantear unha reflexión sobre como lles parece que se sentirían se lles tocase
vivir unha situación así, que quere decir a palabra “discriminación”, se pensan que no seu entorno
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 47
se discrimina a algunhas persoas, se lles parece xusto, que opinión lles merece que se etiquete a
persoas por unha das súas características, que farían se os discriminasen a eles, etc.
(1) Que fas para que todo o mundo se sinta ben en clase?
Pártese da elaboración dunha lista de cousas que a todos nos fan sentir ben en clase
(cousas que xa facemos ou que nos gustaría facer).
Individualmente cada neno e nena divide unha folla pola metade. Nunha parte escribe “ En
clase sentímonos ben cando eu (pido as cousas por favor, felicito a alguén, respecto o turno de
palabra, estou contento, etc.)”, indicando un comportamento asumido e practicado habitualmente
e debúxao. Na outra metade da folla escribe: “A partir de agora tamén ... (compartirei as cores,
chegarei puntual, ordenarei a mesa, etc.)”, indicando un comportamento que intentará adoptar
para axudar a que todos e todas estean ben na clase.
A idea e reflexionar en que o que se estea ben ou mal na clase depende de todos, se se
poden cambiar as cousas, que sucede cando non estamos de acordo en algo, como podemos
solucionalo, etc.
(1-2-3) Páxinas amarelas
Proporcionámoslles a cada membro da clase un cadro como o que se xunta. Sinalan 3 cousas que
saben facer e a 3 nenos ou nenas a quen poderían axudar. Segundo vexamos, cabe a posibilidade
de dirixi-la actividade para que tódolas nenas e nenos aparecen entre quen o resto desexa axudar.
A continuación, podemos falar de se nos costou poñe-lo que sabemos facer ben, por que e se nos
resultou difícil poñer a quen poderiamos axudar. Isto podemos facelo preguntando por orde a
tódolos membros da clase ou comentalo en conxunto. Por último, cos datos das fichas, podemos
facer un listado que serían “as páxinas amárelas” da clase e poñelo na cortiza. Con esta
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 48
información e outra que poidamos recoller, como pode sela que nos proprcione un sociograma,
por exemplo, pode axudarnos na formación de grupos e para establecer apoios entre compañeiros.
Eu sei facer ben E podería axudar a .
.
.
.
.
.
(3) Ti si, ti non
(Sirven fotografías que poidamos recoller de revistas, por exemplo)
Repártense 5 fotografías por grupos. Formúlanselle preguntas para que vaian relacionando as
súas respostas coas fotos:
- Quen é máis simpático
- Quen é máis antipático
- Quen é máis vago
- Quen cociña mellor
- Con quen irías de vacacións
- A quen invitarías a ve-la TV na túa casa
- A quen non lle deixarías os rotuladores
- A quen non saludarías
- Con quen xogarías ó futbol
- Con quen farías as tarefas da escola
- Con quen te pelearías
- Con quen compartirías “chuches” ...
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 49
-
Posteriormente lévase a cabo unha reflexión en común, utilizando preguntas referidas a se
unhas respostas eran máis fáciles que outras, qué os fixo decidir, se hai alguén que lle caera ben
ou mal a simple vista, se saben que é un estereotipo, un prexuizo, se algunha vez foron vítimas
dun prexuizo, como se sentiron ...
Pódese chegar á conclusión de que os estreotipos son froito do descoñecemento e da
propaganda o que leva a discriminar a outros.
Tamén cabe a posibilidade de darlle as mesmas fotos a todos e que cada un se vaia
pronunciando ante cada unha delas.
(1) Puzle
Troceamos fotografías (tamén poden ser debuxos) en catro ou cinco partes. Fórmanse grupos
de catro ou cinco. A cada membro de cada grupo dánselle un conxunto de trozos mesturados, pero
de forma que lle falten algunhas ou algunha das pezas para poder construír unha determinada
figura. Estas pezas teráas algún outro membro do grupo. A tarefa consiste en que deben buscar a
quen ou quenes teñan o resto da súa foto. Trátase de que busquen estratexias para soluciona-lo
problema, pero non poden falar ou emitir sons. Se vemos que non se lles ocorre nada podemos
ofrecerlles algunha saída (facer xestos para que os demais saiban que animal temos, poñer enriba
da mesa os seus trozos ...).
Unha vez rematada a construción da figura, podemos comentar que sentían cando non
conseguían solucionar, que estratexia empregaron, se desde o inicio se lles ocorreo, como
chegaron a darse de conta da mellor forma para solucionar, como adoptaron a decisión …
Trátase de “poñerlle ante os seus ollos” que a colaboración adoita se-lo medio máis eficaz
para solucionar problemas: se todos cooperan, poderán rematar pronto e fácilmente, mentres que
se cada quen trata de rematalo seu e nada máis que o seu ... Pode darse a situación de que un ou
unha tome o mando e o faga todo, pero os demais non aprenden, o traballo recae nunha soa
persoa, se falta esa persoa non saberemos que facer ...
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 50
(1) Compoñe-los nomes
Troceámo-los nomes do alumnado en sílabas ou letras, segundo o nivel do grupo. Divídese
a clase en subgrupos. Repártese entre os membros de cada grupo un conxunto de sílabas ou de
letras coas que poderán forma-los nomes dos compoñentes do grupo, pero a ninguén lle será
posible forma-lo propio nome porque lle faltarán letras ou sílabas que outros membros do grupo
terán. A consigna consiste en indicarlles que teñen que forma-lo seu nome, pero non poden falar,
nin poden pedir letras verbal ou xestualmente. Se vemos que non avanzan, que non se percatan
que están obrigados a cooperar, si podemos ir achegándolle alguna suxestión, como que proben a
ofrecerlle letras a outros ou, se están “atascados”, permitirlles que pidan por xestos.
Unha vez rematada a construción dos nomes, podemos comentar que sentían cando non
conseguían solucionar, que estratexia empregaron, se desde o inicio se lles ocorreo, como
chegaron a darse de conta da mellor forma para solucionar, como adoptaron a decisión …
A conclusión a que leva é que se todos cooperan, poderán rematar pronto e fácilmente,
mentres que se cada quen trata de rematalo seu e nada máis que o seu ... Pode darse a situación de
que un ou unha tome o mando e o faga todo, pero os demais non aprenden, o traballo recae nunha
soa persoa, se falta esa persoa non saberemos que facer ...
(1) Cooperar ou competir
Esta é unha actividade que precisa dun espacio amplo. Colocados de dous en dous e de pé,
xuntan as costas collidos polos brazos. Enfronte de cada compoñente da parella colócase algo que
deben coller. A tarefa consiste en que os dous compoñentes da parella deben consegui-lo que lle
poñemos diante sen soltarse e o máis rápido que poidan (se pasados uns segundos non o
consiguen, paran e así tamén evitamos que se organice unha situación inmanexable). No caso de
que ningunha parella se percate que deben cooperar, pódeselle dicir que proben a pensar como
facer antes de poñerse á tarefa.
Para rematar, pódese tratar de valora-la situación con preguntas en torno a que sentían cando
non conseguían o obxectivo e que sentiron ó conseguilo, como se diron conta de cal era a mellor
forma de actuar, se hai outras situacións en que poida ocorre-lo mesmo, etc.
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 51
(1) O elefante
Utilízase debuxo dun elefante (ou doutro animal ou obxecto calquera, pero, nestes casos, é
necesario inventar unha historia). Tápase o debuxo, agás por unha parte pequena que pode te-la
forma dunha pechadura. Podemos coller grupos de nenos e nenas e a cada un mostrámoslle o
debuxo deixándolle ver unha parte distinta do mesmo. Deben debuxar o que pensan que sería a
figura completa.
Para “entrar en situación”, podemos relatarlle unha historia:
«Había unha vez seis sabios que vivían na mesma cidade: os seis eran cegos. Un bo día
chegou un elefante á cidade. Os seis sabios querían saber como era o elefante. De forma que
cada un deles acercouse ó elefante e empezou a palpalo.
O primeiro tocoulle unha orella e notou como se movía adiante e atrás. Dixo: “o elefante
é como un abano”.
O segundo tocou unha das patas do elefenate e dixo: “O elefante é como unha árbore”.
“Estades moi equivocados, o elefante é como unha corda”, dixo o terceiro porque lle
tocou a cola .
O cuarto tocoulle a trompa e berrou: “Equivocádevos, o elefante é como unha serpe”.
“O elefante é como unha lanza”, dixo o quinto ó tocarlle un dos colmillos.
“ Non, non !”, gritou o sexto. “Parecedes tontos, o elefante é como unha parede moi alta !”,
porque lle tocara ó elefante polo costado.
Cada un dixo unha cousa diferente e nunca se puxeron de acordo sobre como era o
elefante».
A reflexión pode dirixirse cara o feito de que as persoas adoitamos ve-las cousas dende o
nóso punto de vista, pero seguramente é moi conveniente escoita-lo que os demais din, porque
axuda a formarse unha idea máis completa. E isto remítenos á escoita activa e á cooperación.
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 52
(1-2-3) Frases desordenadas
Escribimos catro ou cinco frases (dependendo do número de integrantes que vaia a ter cada
grupo de nenos e nenas). Trocéanse as frases de cada grupo en palabras, sílabas ou fonemas,
segundo o nivel e grao de complexidade que queiramos introducir. Mestúranse as palabras, sílabas
ou fonemas e formamos catro ou cinco conxuntos, de forma que cada neno ou nena teña un
número semellante de trozos, pero que non lle permitan completar ningunha frase por sí só.
Formamos grupos de escolares de catro ou cinco. Repártense os conxuntos de palabras, sílabas ou
fonemas entre os membros de cada grupo, garantindo que cada membro poida formar unha frase.
A tarefa consiste en que deben intentar busca-lo xeito de completar as catro ou cinco frases do
grupo colaborando, pero sen falar. Se non o fan cumprindo a norma, non vale a solución.
Se vemos que non avanzan, que non se percatan que están obrigados a cooperar, si
podemos ir achegándolle algunha suxestión, como que proben a ofrecerlle elementos da frase a
outros compañeiros ou, se están “atascados”, permitirlles que pidan por xestos.
Unha vez rematada a construción das frases, podemos comentar que sentían cando non
conseguían solucionar, que estratexia empregaron, se desde o inicio se lles ocorreo, como
chegaron a darse de conta da mellor forma para solucionar, como adoptaron a decisión …
A conclusión a que leva é que se todos cooperan, poderán rematar pronto e fácilmente,
mentres que se cada quen trata de rematalo seu e nada máis que o seu ... Pode darse a situación de
que un ou unha tome o mando e o faga todo, pero os demais non aprenden, o traballo recae nunha
soa persoa, se falta esa persoa non saberemos que facer ...
(2-3) A figura xeométrica
A tarefa consiste en compoñer de modo cooperativo un cadro que está troceado en 3 pezas.
Cada peza do cadro é unha figura xeométrica. Repártese a clase por grupos. Con cada grupo
utilízanse tantos cadros como membros teña o grupo. Repártenselle a cada membro do grupo
dentro dun sobre un número de pezas igual ó que necesitará para forma-lo seu cadro, pero nese
conxunto de pezas non todas lle servirán. Por isto, vai a necesitar intercambiar algunhas pezas cos
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 53
demais membros para poder construi-la súa figura. O mesmo lle ocorrerá ó resto dos membros. As
instrucións poderían ser:
- Cada un ten un sobre.
- A tarefa do grupo consiste en formar cinco (se son cinco os membros do grupo) cadrados do
mesmo tamaño.
- O xogo finaliza cando todos teñan diante o seu cadrado e tódolos cadrados do grupo sexan do
mesmo tamaño.
- Durante o xogo non se pode falar nin comunicarse por xestos nin de ningunha outra forma.
- Non se poden coller pezas doutro xogador, o que si se pode é ceder pezas a outro.
- Se varios grupos rematan á vez, os que rematen poden mirar en silencio como fan os que queden.
Unha vez rematada a construción das figuras, podemos comentar que sentían cando non
conseguían solucionar, que estratexia empregaron, se desde o inicio se lles ocorreo, como
chegaron a darse de conta da mellor forma para solucionar, como adoptaron a decisión …
A conclusión a que leva é que se todos cooperan, poderán rematar pronto e fácilmente,
mentres que se cada quen trata de rematalo seu e nada máis que o seu ... Pode darse a situación de
que un ou unha tome o mando e o faga todo, pero os demais non aprenden, o traballo recae nunha
soa persoa, se falta esa persoa non saberemos que facer ...
(2-3) O puzle cun texto troceado
Divídese a clase en 4 ou 5 grupos. Repárteselles un texto cortado en parágrafos. Dáselle un
trozo (parágrafo) a cada membro do grupo. O texto é o mesmo para tódolos grupos. A cada
membro do grupo asígnaselles un número:
a) Deben ler con atención o seu trozo.
b) Reúnense os membros de cada grupo que teñan o mesmo trozo (por exemplo o nº 1)
para comentar e contrasta-la información que extraeron da lectura.
c) Volven ó grupo de orixe e por orde cada un vai dicíndolle que aprendeu ós demais.
Deste modo, son necesarias as achegas de tódolos membros para completa-la
información do texto.
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 54
d) Responden de forma individual e por escrito a preguntas sobre o texto.
Veremos ó final que ós membros dos grupos que compartiron a información seralles máis
fácil responder. Podemos comentar que razóns explican que determinados grupos teñan máis
dificultade e responderon peor, é dicir, como fixeron, cales traballaron mellor e como fixeron, que
consecuencias ten o traballar ou non cooperativamente, se o podemos trasladar a outras situacións
….
(3) Competición ou cooperación
Debúxase na pizarra unha cuadrícula de 10x10. Fórmanse dous grupos e a cada grupo dáselle
unha tiza dunha cor (tamén pode utilizar cada grupo unha forma diferente de sinalar). Trátase de
marca-lo maior número posible de cadros seguidos. Empregamos un sistema de puntuación:
- Un só cadro non vale ningún punto
- Dous ou máis valen un punto cada cadro
- Cando acotamos unha superficie, os cadros que queden dentro suman como puntos.
Propóñenselle premios en funcion dos puntos conseguidos, que poden ser reais, pero tamén se
pode acordar que os premios sexan “virtuais”, é dícir, “gañarían ...”, pero realmente non será así.
Antes de empezar dáselle un tempo para que poidan prepara-la estratexia sen que o outro grupo a
saiba. A partir do momento de inicio non se pode falar nada. Sortéase que grupo empeza e, unha
vez que o primeiro membro deste grupo marca na cuadrícula, a continuación vai un membro do
outro grupo. Despois, van pasando os restantes membros dos grupos. Dáselle un tempo limitado a
cada membro e o xogo pode prolongarse 5 ou 10 minutos.
O máis habitual é que interpreten a tarefa de forma competitiva e tendan a bloquearse uns a
outros. Realmente, do que se trata e de conseguir un premio para cada equipo en función dos
puntos conseguidos. Polo tanto, se cooperan os dous grupos levan o mellor premio: o que gañarían
por conseguir 50 puntos cada equipo. Mentras que doutro modo, por moi hábiles que fosen é
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 55
probable que consigan moitos menos. Por esta razón, a situación préstase á discusión e reflexión
sobre a actitude que adopten.
(1-2-3) Como participamos?
Entrégaselle unha ficha para que a completen. Esta ficha incluirá máis ou menos aspectos,
segundo a idade do alumnado. A continuación, explícaselle que deben cumprimenta-la ficha
porque despois imos ir comentando o que puxeron e reflexionar sobre aquelas cousas nas que
participamos, que achegamos nós, que achegan os demais, que nos reporta o colaborar, se isto é
importante, por que, que pasaría se uns achegasen cousas e outros non, etc.
CÓMO PARTICIPAMOS EU PARTICIPO OS DEMÁIS PARTICIPAN
NA FAMILIA
NA ESCOLA
NA CIDADE
NO MUNDO
3. Desenvolvemento persoal
3.1. Autocoñecemento e autoestima
(2) Eu son
Comézase completando unha ficha. Se prevemos que alguén non atopará colaboración para
completa-lo 2º ítem da ficha, podemos asignar nós as parellas. Despois, compáranse as respostas
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 56
que emitan. A continuación, analízanse aqueles casos en que se producen discrepancias e aqueles
en que a valoración propia é moi negativa. Para isto, podemos formular preguntas sobre os
aspectos en que se fixaron para selecciona-las palabras coas que se describiron ou describiron a
uotros, se hai aspectos que pasamos por alto, se inflúe que nos coñezamos, que podemos facer
para coñecernos, se é importante coñecer a opinión doutros, por que …
Ficha
Pensa e escribe as tres palabras que mellor describan a túa maneira de ser:
___________________________________________________________________
Pídelle a tres compañeiros que te describan cunha palabra:
___________________________________________________________________
Valoránrote os demais de igual modo que o fixeches ti?
Si Un pouco Nada
(1-2) A rá e o boi
É unha actividade que temos na páxina 21 do documento orixinal (na copias pode aparecer nunha máis ou
nunha menos).
(1) Frases afirmativas
Trátase de escribir cousas positivas sobre alguen do grupo sen que ninguén saiba o que
escribimos ata que todos teñan feita a tarefa. Tamén se podería facer con palabras en vez de con
frases. Se non saben escribir pódese facer oralmente adaptando a mesma pauta. Se se fai por
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 57
escrito, como os grupos adoitan ser bastante grandes, quizáis sexa preferible traballar en cada
sesión con 10 membros como máximo.
En círculo, se é posible, a cada un dáselle un papel co seu nome nel. Vaise pasando o papel a
quen estea á dereita. Esta persoa escribirá unha frase positiva; dobra o papel para que ninguén o
vexa e pásao, de forma que cada quen vai escribindo algo positivo sobre a persoa cuxo nome
figura no papel. Ó final chega a esta persoa, quen pode ler todo o positivo que o grupo escribíu
sobre él.
Un exemplo de adaptación da pauta podería consistir en que pensan cousas positivas dun dos
membros do grupo e o adulto vai apuntando o que lle din. Ó final o adulto le en alto o que
recolleo de cada membro. Se finalmente lle damos a cada quen o que o resto do grupo dixo,
váinolo a agradecer (aínda que non o diga).
(1) O agasallo
Consiste en utilizar unha caixa, que se pode decorar como queiramos, para ir metendo nela
durante a semana mensaxes para compañeiros e compañeiras que nos sorprendan positivamente
(“Felicito a ... por ...”). Para isto, ó lado da caixa poden ter papeis cortados para escribir neles. Ó
remate da semana ábrese a caixa e vanse lendo as mensaxes. No caso de que haxa alguén que non
recibira mensaxe, pódese comentar, ver por que, “quitarlle ferro” ... Se reiteradamente as
mensaxes van dirixidas a determinados compoñentes únicamente, deberíamos insistir en que hai
que poñer cousas de tódolos nenos e nenas da clase.
(1-2-3) Autorretrato
A tarefa consiste en que cada quen faga un retrato de sí mesmo, intentando se-lo máis fieis
posible a como nos vemos. Trázanse 10 liñas nun papel en forma de raios de sol nas que se
escriben 5 calidades e 5 defectos, alternando. O seguinte paso pode consistir en traballar en gran
grupo, pero é máis aconsellable facelo en pequenos grupos onde cada un vai expoñendo as súas
calidades e os seus defectos e explicando por que os puxo (no caso dos defectos pode comentar se
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 58
pensa que é posible corrixilos). Aparte da reflexión persoal, tamén se trata de ver que todos temos
calidades e defectos.
Con alumnado máis pequeno pódese face-lo debuxo e, logo, cada quen vai dicindo algunhas
calidades e algúns defectos.
(2-3) A miña árbore
Dámoslles un debuxo dunha árbore con raíces, ponlas, follas e froitos. Cada un escribe nas
raíces ás calidades e capacidades que pensa que ten; nas ponlas as cousas positivas que fai; nas
follas e froitos os éxitos conseguidos. Despois efectúase unha posta en común e cada un pode
engadir cousas que lle recoñecen ou indican os demais.
(3) Unha longa viaxe
Pídeselle que imaxinen que van a emprender unha longa viaxe e que imaxinen cal cren que
será a imaxe que recordarán deles os demais. Deben escribir palabras ou frases que representen
esa imaxe, aquilo que pensan que é o que máis destaca deles na relación cos demáis.
Poden reunirse en pequeno grupo ou en gran grupo e comentan o que puxo cada un, por que
cre iso, se lle gustaría que dixeran outras cousas ou cambiar algo. Os demais poden ir dicíndolle se
é esa realmente a imaxe que teñen ou non. É importante que a idea que quede sexa a de que
podemos cambia-las cousas. Para isto, podemos valorar que facer ó respecto.
(2-3) Teño un novo amigo
Repártanse papeis cos nomes do alumnado de clase. Cada escolar colle un papel diferente do
que ten o seu nome. Durante unha semana debe anotar todo o que poida sobre o comportamento e
forma de ser da persoa que corresponda, facendo fincapé no positivo. Faise unha posta en común
dicindo o que foi anotando cada un e o resto tratarán de averigüar de quen se trata. Se non o
adiviñan, poden facer preguntas ás que o que reponde só pode contestar Si ou Non.
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 59
(2-3) Autobiografía
Basicamente trátase de que escriban a súa historia, centrándose nos acontecementos que
consideran máis importantes. A idea é que se paren a reflexionar minimamente sobre o que lles
ten acontecido como unha forma moi simple de verse a sí mesmos. Implica unha planificación
como ocorre coa produción de calquer outro texto. Se o queren compartir con outros, pasaría a ser
tamén unha tarefa de coñecemento mutuo.
(1-2-3) Dicir e escoitar calidades
Trátase de dicirse calidades uns a outros. Por un lado trabállase autoestima e por outro o
hábito de fixarse e expresar aspectos positivos dos demais. A colocación física dos compoñentes
do grupo pode ser en círculo ou que a persoa á que lle van a dicir cousas boas se sente nunha
cadeira en lugar ben visible para o resto do grupo. Unha vez rematado o paso de dici-lo positivo,
podemos entrar a comentar se nos gustou o que nos dixeron, que foi o que máis nos gustou, se
será preferible dirixirse a outras persoas empregando termos positivos, como pensamos que nos
responderán mellor, etc.
A tarefa pódese continuar. Consistiría en recoller por escrito o que din de cada un os demais.
Logo, entregámosllo á persoa interesada. Esta poderá dicir en alto o que os demais lle puxeron, se
quere.
(3) Como me vexo e como me ven
Fanse grupos de seis, por exemplo. Primeiro cada membro do grupo escribe nun papel como
se ve a sí mesmo: o que mellor sabe facer, algunhas calidades e algo a mellorar. En segundo lugar,
escriben noutro papel diferente para cada membro de clase dous trazos dese compañeiro ou
compañeira, procurando que sexan positivos. Cada persoa recibe os papeis cos comentarios
relativos á súa persoa e compara co que escribeo de sí mesmo. Pódese facer unha posta en común
comentando coincidencias e diverxencias.
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 60
(1-2-3) A familia
Proporcionamos unha ficha como a que se xunta, adaptada á idade. Unha vez cumprimentada,
podemos abrir unha discusión sobre o que facemos, o que poderiamos facer, quen leva a maior
carga, por que será así, por que non facemos cousas que poderiamos … A finalidade é pensar,
reflexionar sobre responsabilidades, sobre como nos tratan (como máis pequenos do que somos?)
e por que pensamos que é así. Se alguén decide levar á casa a ficha e comprometerse a facer algo
que non fai, mellor.
Responsabilidades Como cumpro Quen o fai, se non?
Por que?
Compromisos
Ben Regular
Garda-los xoguetes
Ordear e gardar roupa
Poñer e quita-la mesa
Face-la cama
Facer recados
Te-la habitación ordeada
Face-los deberes
Hixiene pesoal
Non marchar
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 61
(3) Dereitos e reponsabilidades
Trátase de analizar dereitos e responsabilidades relacionándoos. Ofrecéselles soamente un
exemplo das responsabilidades para que o alumnado complete o resto. Tamén se pode intentar
dicir outros dereitos e outras responsabilidades.
Igualmente, pódese intentar unha discusión no sentido de se están de acordo cos dereitos
que aparecen na folla, se se relacionan dereitos e responsabilidades, por que, se pensan que hai
moitos dereitos, moitas responsabilidades, se debe haber máis dunhas que das outras, que pasaría
se fose así, etc.
OS MEUS DEREITOS AS MIÑAS RESPONSABILIDADES*
Teño dereIto a ser feliz e a ser tratado Teño a responsabilidade de tratar ós outros
con bondade nesta escola: isto significa con bondade: isto significa que non me rirei
que ninguén se rrá de mín nin ferirá os meus nin me burlarei deles nin intentarei feri-los
seus sentementos
Teño dereito a ser eu mesmo nesta esola:
isto significa que ninguén me tratará dunha maneira
inxusta se son…
branco ou negro
gordo ou delgado
alto ou baixo
rapaz ou rapaza
adulto ou neno.
Teño dereito a estar seguro nesta escola:
isto significa que ninguén me…
golpeará
me dará patadas
me empuxará
me pellizcará
me amenaará
me fará dano.
Teño dereito a esperar que as miñas propiedades
sexan respectadas nesta escola.
Teño dereito a escoitar e a ser escoitado
nesta escola: isto significa que ninguén…
levantará a voz
gritará
chillará
fará ruidos fortes
ou me molestará dalgunha outra maneira.
Teño dereio a aprender sobre mín mesmo
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 62
e sobre os demás nesta escola: isto
significa que serei libre de expresa-los meus
sentementos e opinións sen ser interrumpido
ou castigado.
Teño dereito a recibir axuda para aprender
a autocontrolarme nesta escola: isto significa
que ninguéne se quedará impasible mentras
non respecto os dereitos doutros.
Teño dereito a esperar que todos estes
dereitos sexan respectados en calquer
circunstancia sempre e cando eu exerza
completamente as miñas responsabilidades.
A partir do feito, podemos tratar de definir responsabilidades
- Teño a responsabilidade de respectar ós outros en tanto persoas e de non tratalos inxustamente se
son brancos ou negros, gordos ou delgados, altos ou baixos, rapaces ou rapazas ...
- Teño a responsabilidade de facer da escola un lugar seguro: isto significa que non golpearei ...
- Teño a responsabilidade de non coller ou estropea-las propiedades dos demais.
- Teño a responsabilidade de contribuír a mante-lo clima de calma e tranquilidade na escola: isto
significa que non levantarei a voz ...
- Teño a responsabilidade de aprender sobre min mesmo e sobre os demais na escola: isto significa
que terei libertade para expresa-los meus sentementos e opinións sen ser interrumpido ou ferido e que
tampouco interrumpirei nin ferirei ós demáis cando expresen os seus sentementos e opinións.
(3) Valórome
A actividade consiste en darlle unha lista cos adxectivos que queiramos do tipo dos que aparecen
na ficha que figura despois. Teñen que elixir aqueles cos que se identifican máis e escribir unha
frase ó lado de cada un, razoando porqué elixiron eses adxectivos. Logo, exponse no grupo. É
conveniente axudar a nenos e nenas que nos pareza que se ven de forma moi negativa a
seleccionar as súas características.
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 63
Alumna/o _________________________________________________________________
Elixe dúas ou máis frases coas que te identifiques e razoa por qué as elixiches
□ Son responsable porque ______________________________________________________________
_____________________________________________________________________________
□ Son coidadosa/o porque _________________________________________________________
______________________________________________________________________________
□ Son bo/boa estudante porque ___________________________________________________
____________________________________________________________________________
□ Son feliz porque ______________________________________________________________
_____________________________________________________________________________
□ Son alegre porque ____________________________________________________________
____________________________________________________________________________
□ Son agradecido/a porque ______________________________________________________
___________________________________________________________________________
□ Son amable porque ___________________________________________________________
___________________________________________________________________________
□ Son divertido porque _________________________________________________________
___________________________________________________________________________
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 64
(3) Como estudo?
A actividade consta de dúas partes. A primeira parte iníciase coa lectura dunha historia ficticia.
Despois, podemos ir anotando individualmente nunha folla ou grupalmente no encerado que
erros comete a protagonista da historia e que suxestións lle podemos ofrecer. Isto serviranos
para reflexionar que se debe facer e como facer para poder mellorar. Rematamos a primeira
parte da actividade cunhas conclusións. A segunda parte, desenvólvese entregándolles unha
ficha para cumprimentar individualmente. O que poñan pode servirles para reflexionar acerca de
cómo actúan contrastando coas conclusións a que chegamos na reflexión grupal da primeira
parte.
A historia de Martina
“Martina é unha alumna de 6º. de primaria. Ata agora o seu rendemento escolar foi normal. Non
obstante, na primeira avaliación o titor comuniculle que suspendeu na maioría das asignaturas.
Na casa estuda cando lle apetece ou cando lle manda o mestre, pero non ten un horario fixo. Uns
días case non fai outra cousa que ver TV e outros queda a estudar ata a hora de cear, sobre todo
cando hai exames ou cando ten que entregar un traballo para o seguinte día.
Non ten un sitio concreto para estudar. As veces estuda na sala coa TV acendida. Outras veces
tírase na cama e hai días que estuda na súa habitación, que está toda desordenada e chea de
cousas por tódalas partes.
Quéixase de que non consigue rendir cando estuda. Adícalle moito tempo ás leccións e non acaba
de aprendelas ben. Pensa que subliñar, facer esquemas ou resumes e moito traballo e prefire
estudar lendo sen máis varias veces a lección ata aprendelo todo de memoria.
Martina non quere que na segunda avaliación lle ocorra o mesmo que na primeira”.
Como estudo
1. Estudo no mesmo lugar sempre
2. Estudo nun lugar silencioso
3. Antes de comezar a estudar preparo o material necesario
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 65
4. Non estudo tirado nun sillón o una cama
5. Utilizo unha iluminación axeitada
6. Planifico o horario para estudar
7. O meu horario de estudo é fixo
8. Estudo nas horas en que podo rendir mellor
9. Levo ó día o estudo e actividades das asignaturas
10. Procuro atender en clase e non distraerme
11. Pregunto cando non entendo
12. Apunto o que teño que facer
13. Intento resumir cada apartado das leccións
14. Subliño o principal
15. Aprendo de memoria só o importante
16. De vez en cando repaso as leccións estudadas
17. Procuro ir estudadndo tódolos días
18. Repaso os traballos antes de entregalos
(3) Como leo
Dáselle o texto que consiste nunha serie de instrucións. O que se xunta é a modo de exemplo. Por este motivo, podemos empregar este como está ou reformalo. Pídeselle que fagan o que se lle vai indicando nas instrucións. Finalmente, cando todo o grupo remata, coméntase que ocorriu e por que puido ser.
1. Le todo antes de facer nada.
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 66
2. Pon o teu nome na esquina dereita do papel.
3. Subliña a palabra “nome” da segunda frase.
4. Debuxa 5 cadrados pequenos na esquina esquerda de arriba deste papel.
5. Pon un X en cada cadrado ó que nos referimos no punto 4.
6. Debuxa un círculo arredor de cada cadrado.
7. Asina co teu nome debaixo do título desta páxina.
8. Despois do título escribe “si, si, si”.
9. Debuxa un círculo arredor da frase número 7.
10. Pon un X nas esquina da esquerda na parte de abaixo desta páxina.
11. Debuxa un triángulo arredor edo X que acabas de debuxar.
12. Pola parte de atrás desta páxina, multiplica 70x30.
13. Debuxa un círculo arredor da palabra “papel” da frase número 4.
14. Na parte de atrás deste papel suma 107+278.
15. Debuxa un círcula arredor da resposta a este problema.
16. Fai tres puntos no papel coa punta do lapis posta aquí.
17. Subliña tódolos números pares da parte esquerda desta páxina.
18. Agora, que rematache de ler coidadosamente, responde só ás preguntas unha e dúas.
(3) Resposta ás críticas
Propóñenselle as seguintes situacións eliminando a información sobre a adecuación das respostas. Podemos simular con varias parellas cada unha das opcións de resposta.
1ª. Un neno dille a unha nena: “¡Vaia debuxo máis chorra que fixeche!”.
Posibles respostas da nena:
- É certo, son un desastre, vouno borrar (MAL)
- É o meu debuxo e encántame (BEN)
- A ti que che importa? Déixame tranquila e vaite (MAL)
- Poderías mira-lo meu debuxo sen da-la túa opinión (BEN)
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 67
- Non, xa sei que non son unha Picasso
2ª. Unha nena dille a un neno: “Non vou volver a confiar en ti porque sempre te esqueces de todo”.
Posibles respostas do neno:
- Non é certo, só me esquecín hoxe (BEN)
- Ninguén quere confiar en min (MAL)
- Quero que sigamos sendo amigos e procurarei non esquecerme outro día (BEN)
- Déixame en paz, non quero que me fales (MAL)
3ª. Un irmán dille a outro: “Es un egoísta, queres para ti tódolos xoguetes e non medeixas nada”.
Posibles respostas do outro irmán:
- Fastídiaste e xogas cos teus xoguetes (MAL)
- Gustaríame que xogaras conmigo, pero quero que os coides moito (BEN)
- Non son mal irmán, só que as veces rompícheme algún xoguete e deume moita rabia (BEN)
- O egoísta es ti que sempre me estás a pedir cousas (MAL)
Son resposta negativas cando danan a outros ou a sí mesmo, as que fuxen da situación
Son respostas positivas as que dan razón ou defenden un dereito a face-las cousas dunha forma distinta.
A crítica construtiva é a que nos sinala o que facemos mal dándonos posibles xeitos de mellorar.
A crítica destrutiva pon o acento no malo, trata de facer daño, non da posibles xeitos de face-las cousas mellor. Ante este tipo de críticas é conveniente responder de xeito adecuado, como pode ser darle a razón on ironía ou esaxera-la resposta.
(3) Acoso entre iguais
Os casos de David e Alba
Comézase por comenta-la importancia de saber ponerse no lugar de outras persoas e ver que
sentementos lles poden producir as nosas reaccións.
En segundo lugar, len os textos individualmente e escriben os sentementos que lles produce a
lectura, diferenciando o que pode sentir o agresor, a vítima e os espectadores.
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 68
En terceiro lugar, en pequeño grupo, cada membro diralle ó resto a lista de sentementos que
escribiu. Logo, deben tratar de resumir nunha soa lista incluíndo os sentementos que pensan que
adoitan se-los máis frecuentes neste tipo de situacións (se precisan suxestións, ofrécenselle).
Finalmente, en gran grupo, cada pequeño grupo le a súa lista e vanse apuntando no encerado por
separado agresor, vítima e espectadores.
Isto pode dar pé a discutir as diferentes formas de ve-la situación, ás distintas actitudes, cal pode
sela máis apropiada, se nos vimos en situación semellantes, etc.
O caso de David
“Cheguei ó colexio; eran as 9,30 da mañá. Como tódolos días, ó entrar en clase Ramón colleume
a mochila, abriuna, sacou os libros e tirounos pola chan. Toda a clase se ría e só o meu grupo de
amigos (tres que teño) se quedaba perplexo polo que me ocorría sempre. Non se atrevían a
axudarme; un día intentárono e saqueáronlle as súas mochilas. Despois disto, o meu papel era
sempre recolle-los libros e calarme. Pero aquel día foi distinto, non sabía que poideran chegar a
ese extremo: como de costume, abríronme a mochila, pero esta vez os meus libros acabaron no
servizo; despois, comezaron a pegarme, ata o punto que tiven que ir ó hospital cheo de moratóns.
Neses momentos, só pasaba pola miña mente unha pregunta: por que a min?”.
O caso de Alba
Alba era unha rapaza divertida e encantadora. A todo o mundo lle agradaba, pero todos se
dirixían a ela cunha actitude diferente, simplemente por ser Alba Rozas. Ela aceptaba todo e
nunca se enfadaba. Sempre sorría cunha mirada que desprendía gratitude. Non obstante, para
tódalas alumnas de 6º. era a nosa vítima perfecta. Ás veces, incluso parecía feliz mentres
soprtaba as nosas bromas pesadas a cambio de pertencer ó noso grupo.
En ningún momento nos puxeramos de acordó para tratala así, nin siquera falaramos sobre a súa
roupa hortera, nin sobre o seu mal gusto para peitearse. Pero, un día unha de nós comezou
“Fixástevos na súa saia morada?” … As demais continuamos desfogándonos e contando todo o
que sempre pensaramos. A cousa non quedou aí. A nosa relación con Alba rematou un 30 de
marzo, cando uns rapaces nos invitaron a unha festa. Alba estaba entusiamada; era a primeira
vez que a súa nai a deixaba ir a unha festa. Entón pasou algo terrible: non lembro quen foi, pero
varios días antes da festa, alguén dixo: “Alba non pode vir con nós; coas pintas que ten …Temos
que desfacernos dela”. Como llo diríamos? Non sei por que, pero, como sempre, tocoume a min
comunicarlo.
Durante un cambio de clase, estábamos discutindo sobre a roupa que iamos levar, e, de repente,
oh non¡, Alba achegábase. Todas me dixeron “Agora é o teu turno”. Non sabía como facelo, ela
viña cara nós sorrindo e eu mirábaa seria, pero non se daba por aludida. “Por que mo pon tan
difícil?”, pensei. Chegou ata min e preguntoume “Hai algún problema?” Quedei en silencio
mentres as demais seguían falando, aínda que, en realidade, estban pendentes do que eu ía a
dicir. Sen saber como, dixen: “Síntoo Alba, non podes vir á festa”. Ela miroume fixamente, nun
segundo os seus ollos empanáronse e brilaron como diamantes; as bágoas comezaron a resbalar
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 69
polas súass meixelas brancas. Que horros¡ Aínda a estou vendo. Volveuse sen dicir nada, sen
pedir explicacións. Foi a última vez que a vin, nunca máis volveu ó colexio.
Agora, anos despois, sigo pensando nela e encantaríame non ter feito o que fixen, pero xa non ten
remedio. Só sei que nunca máis tratei a ninguén dese xeito; que vía a súa cara en cada persoa
con que encontraba e intentaba remadia-lo ocorrido. Quixera poder atopala, explicarlle o mal
que aínda me sinto e pedirlle disculpas.
3.2. Identidade de xénero
Neste ámbito incidirían todas aquelas actividades que se fagan en Coñecemento do Medio sobre o
corpo e que traballan as diferenzas e semellanzas físicas entre o sexo masculino e o feminino ou
as actividades que abordan a reprodución humana.
Outras actividades que se inciden neste ámbito son as que traballan contidos relacionados coas
profesións.
(1) Os xoguetes
Probablemente resulte máis realizable se dispoñemos de fotos e folletos publicitarios de xoguetes.
Podemos comezar por reparti-la clase en dous grupos. Cada grupo elaboraría un mural con
aquelas cousas que lle regalaríamos a un neno e outro grupo coas que lle regalaríamos a unha
nena. Despois comentamos que regalos escollemos e por qué. Isto seguramente nos levará a falar
sobre se realmente só cociñan as mulleres, se só coidan bebés as mulleres, se só conducen os
homes, …se un neno non pode escoller “este xoguete ou aquel outro” …
Tamén podemos conectar isto cos oficios e quen realiza determinadas tarefas en casa, que persoas
que coñecen teñen os oficios que comentamos … relacionar debuxos con persoas de distinto sexo.
Outro paso pode consistir en que leven a cabo entrevistas con pais e nais sobre os traballos que
desmpeñan (en que traballan, onde, cantas horas traballan, que é o que máis lle gusta, que é o que
menos lle gusta, que ferramentas ou instrumentos empregan …). Isto pódenos levar a concluír se
coinciden homes e mulleres nos traballos, se hai división por sexos, se hai traballos que fan homes
que poderían facer mulleres e á inversa …
(1) Os obxectos e as persoas
A tarefa sería básicamente a mesma que na actividade “Os xoguetes”, pero empregando
fotos/debuxos de ferramentas e instrumentos de traballo. Neste caso, poderiamos comezar por
facer dous murais: un cunha figura dunha muller e outro coa figura dun home. Logo, irían
asignándolle instrumentos ó home ou á muller. A actividade continúase despois como en “Os
xoguetes”.
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 70
(2) Quen fai que?
A actividade consiste en proporcionarle unha ficha para que a cumprimenten de forma individual
indicando quen fai cada unha das tarefas na casa. Nun segundo paso, podemos recompila-los
datos nunha táboa no encerado: nº de tarefas que fai cada membro da familia e como é o reparto
entre homes e mulleres.
Nai Pai Fillos Fillas Outras
persoas
Cociñar
Face-la compra
Lavar
Pasa-lo ferro
Face-la cama
Poñe-la mesa
Fregar
Arranxa-la luz
Ocuparse do coche
En base ós datos de todo o grupo, podemos entablar unha discusión acerca de quen fai máis
cousas (se é o caso), por que será así (por rol social, porque algún están máis tempo en casa …),
se é xusto (no caso de que haxa desequilibrio), se lles parece ben, …
(2) As persoas e os traballos
Repártese unha ficha para que recollan a opinión de catro persoas (dous homes e dúas mulleres).
Unha vez recollida a información, vémo-los resultados (nunha táboa no encerado, por exemplo, xa
que lle resulta máis doado ve-lo). Despois podemos abrir un debate sobre se hai diferenzas en
función de quen emite a opinión, por que será así, se debe ser así, …
Respostas dos homes Respostas das mulleres
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 71
Só para
homes
Só para
mulleres
Para os
dous
Só para
homes
Só para
mulleres
Para os
dous
Perruquería
Mecánica
Cociña
Enfermaría
Bailar
Medicina
Abogacía
(2) Os nosos xogos
A tarefa consiste en analizar a que xogan nos recreos, se hai diferenzas entre nenos e nenas, se hai
xogos comúns, que diferenza en canto ás súas características hai entre os xogos comúns e os
específicos por xénero, que espazos ocupan nenos e nenas (quen emprega máis espazo, cales son
mellores …), os “por qués” de usar distintos xogos e espazos desequilibrados en canto a superficie
(se é o caso), hai relación co tipo de roles, profesións …
(2-3) Os enigmas
A finalidade é que reparen nas trampas e engaños da linguaxe que empregamos habitualmente.
«Pérez tiña un irmán. O irmán de Pérez morreo. Non obstante, o home que morreo nunca tivo un
irmán (como explicamos isto?)».
«Un home e o seu fillo ían en coche cando, de súpeto, o pai perdeo o control do vehículo e
estreláronse contra un poste telefónico. O pai morreo no acto. Seu fillo quedou maltreito e
levárono rápidamente ó hospital, onde lle apreciaron lesións importantes que requerían unha
intervención urxente. Chamaron ó equipo médico de garda e, cando chegou á sala de operación a
examina-lo rapaz, oíuse unha voz “Non poido operar ese neno, é o meu fillo¡” ». De quen se
trata?
O habitual é qe non “vexan” a razón pola que non atopámo-la resposta inicialmente. Pódese
empezar por deixar que vaian dando respostas (non é freceuente que respondan á primeira
correctamente). Imos discutindo por qué nos ocorre isto (que non entendámo-la pregunta).
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 72
Seguramente nos leve a que é moi usual que denominemos polo apelido a varóns, mentres que ás
mulleres é moito máis frecuente denominalas polo nome e que hai profesións que asociamos con
homes a pesar de que haxa moitas máis mulleres que desempeñen esa actividade.
(2-3) Os contos do revés
Trátase de cambia-lo xénero dos personaxes de calquer conto e, despois, comentar se nos soa ben,
se soa extraño, por que, que é o que resulta máis raro, se isto podería ser así na realidade (se é o
caso), por que si, por que non, etc.
(3) O mundo do revés
É un relato no senso da proposta de “Contos do revés”
‹‹- Veño polo do anuncio, señora.
-Ben, díxolle a xefa de persoal.- Séntese. ¿Cómo se chama vostede? Bernardo … ¿señor ou
señorito?
- Señor.
- Deme o seu nome completo.
- Bernardo González, señor de Pérez.
- Debo dicirlle, señor de Pérez, que actualmente, á nosa dirección non lle gusta empregar varóns
casados.
No departamento da señora Moreno, para o que contratamos ó persoal, hai varias persoas de baixa
por paternidade. É lexítimo que as parellas novas desexen ter fillos ( a nosa empresa que fabrica
roupa de bebé anímalles a telos), pero o absentismo dos futuros país e dos país máis novos
constitúe un duro hándicap para a marcha do negocio.
-Compréndoo señora, pero xa temos dous nenos e non queremos máis.
- Ben, nese caso sigamos. Que estudos ten vostede?
- Teño o certificado de escolaridade e o Primeiro Grao de FP administrativo. Gustaríame rematar
Bacherelato, pero na miña familia eramos catro e os meus país déronlle prioridade ás nenas, o que
é moi normal. Teño unha irmá coronela e outra mecánica.
- En que traballou vostede últimamente?
- Basicamente fixen substitucións, xa que me permitía ocuparme dos nenos mentres eran
pequenos.
- Que profesión desempeña a súa esposa?
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 73
- É xefa de obra nunha empresa de construcións metálicas. Pero está estudando inxeñería, xa que
nun futuro terá que substituír á súa nai, que é a que creou o negocio.
- Volvendo a vostede, cales son as súas pretensións?
- Pois …
- Evidentemente, cun posto de traballo como o da súa esposa e coas súas perspectivas de futuro,
vostede desexará un soldo de complemento. Uns euros para gastos persoais como todo varón
desexa ter, para os seus caprichos, os seus traxes. Ofrecémoslle 250 euros para empezar, unha
paga extra e unha prima de asiduidade. Fíxese neste punto, señor de Pérez, a asiduidade é
absolutamente indispensable en tódolos postos. Foi necesario que a nosa directora creara unha
prima para animar ó persoal a non faltar por tonterías. Conseguimos diminuí-lo absentismo
masculino á metade; non obstante, hai señores que faltan co pretexto de que o neno tose ou que
hai alguna folga na escola.
- Cantos anos teñen os seus fillos?
- A nena seis e o neno catro. Os dous van a clase e recólloos pola tarde cando salgo do traballo,
antes de face-la compra.
- E se se poñen enfermos, ten algo previsto?
- O seu avó pode coidalos. Vive preto.
- Ben, grazas, señor de Pérez. Xa lle comunicarémo-la nosa resposta dentro duns días.
O señor de Pérez saíu das oficinas cheo de esperanzas. A xefa de persoal fixouse nel ó marcharse.
Tiña as pernas curtas, as costas un pouco encorvadas e apenas tiña cabelo. “A señora moreno
detesta ós calvos”, lembrou a responsable de contratación. E, ademais, dixéralle: “Máis ben un
alto, rubio, con boa presenza e solteiro”. E a señora Moreno será a directora do grupo o próximo
ano.
Bernardo Delgado, señor de Pérez, recibiu tres días máis tarde unha carta que comezaba dicindo
“Lamentamos …”.››
Posibles preguntas para a reflexión: Estráñavos algo? Por que? Hai algo que non encaixa? Que se
valora no señor de Pérez? Por que non o contratan? Pensades que isto ocorre na realidade? Que é o que
adoita pasar na realidade? Que habería que facer para que non ocorreran estas cousas? …
3.3. Habilidades sociais e resolución de conflitos
(1) Escoitar
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 74
Un grupo de catro ou cinco membros di, por exemplo, tres comidas que lle gustan e tres
que non, outro grupo di tres programas de TV que lle gustan, etc. Despois váiselle preguntando ó
resto da clase para ver se escoitaron e lembran o que dixeron.
(1-2-3) Dar queixas
Consiste en xogar por parellas a que expresen queixas seguindo unha pauta:
- Dici-lo que non nos gusta, que nos sentou mal, etc.
- Dicir por que non nos gusta e como nos sentimos por iso.
- Dicir que esperamos para seguintes ocasións sen atacar ás outras persoas, sen que resulte
ofensivo nin descalificatorio (basicamente que non nos gustaría que se repetise). Outra
cuestión é que en ocasións tamén teñan que botar man da axuda dunha adulta).
Unha variante consiste no seguinte:
- Dici-lo nome da persoa a quen nos diriximos
- Dicir como nos sentimos (estou enfadado, disgustada, triste, etc.)
- Dici-lo motivo (porque non poido xogar con vós, porque te burlas de mín,etc.)
- Dicirlle o que nos gustaría
(1-2-3) Describir un debuxo
A tarefa consiste en que un dos compoñentes do grupo lle describa un debuxo ós demais
sen te-la posibilidade de preguntar, aínda que quen describe o debuxo debe repeti-la información
varias veces. O debuxo pode ser máis ou menos complicado en función do nivel. O máis probable
é que se produzan diferentes representacións do debuxo, aínda que a mensaxe é a mesma para
todos e todas.
A tarefa pode continuar cunha discusión sobre os motivos que conducen a un resultado
como o que obtivemos. Trátase de resaltar, por un lado, a necesidade de ser claros ó dirixirnos a
outras persoas. Tamén é moi importante insistir na necesidade de escoitar atentamente, así como o
feito de que non todos interpretamos o mesmo ante unha mesma mensaxe. Isto débese a variables
como son os diferentes niveis de atención, diferentes experiencias, diferentes niveis de
coñecementos, diferentes estados emocionais, a posibilidade de preguntar ou non, a seguridade en
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 75
sí para preguntar ou non, etc. Por estas razóns, é importante pedir aclaracións, se nos parece
necesario, e ter en conta os aspectos que comentamos cando nos diriximos a alguén.
(1-2-3) O garabato
Repárteselle un folio cun garabato a cada membro da clase. A consigna é remata-lo debuxo
de forma individual e intentando face-lo mellor debuxo posible para unha exposición de clase.
Tendo en conta que seguramente tódalas producións serán diferentes, trátase de reflexionar
sobre o feito de que todos témo-la nosa forma de ve-las cousas, que ninguén ten toda a razón
absoluta e que isto pode ser enriquecedor para todos. Para achegarnos a estas conclusións,
empregamos preguntas como poden ser: a que se deberá que fixeramos debuxos distintos, é mellor
que sexan diferentes ou sería mellor que fosen iguais, que reflicte maior riqueza, etc.
(1-2-3) Que che interesa?
Repárteselle a folla seguinte por parellas para que expliquen que pensan e que queren os
protagonistas dos exemplos.
1. Xoán: Os nenos da clase din que son un mentiroso; agora direillo ó profe que os castigue
a todos sen sair ó patio.
Que quere Xoán?
Por que?
Que necesita?
2. Mohammed: Quero que a miña nai me compre unha pelota nova e así serei o capitán do
equipo.
Que quere Mohammed?
Por que?
Que necesita?
3. Adriana: Ireime da casa porque os meus pais non me queren.
Que quere Adriana?
Por que?
Que necesita?
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 76
4. Mónica: Anxo pégame se non lle dou cromos. Como a min xa non me quedan, dareille os
do meu irmán pequeno.
Que quiere Mónica?
Por que?
Que necesita?
5. Paula: Non quero face-los deberes porque vou a ximnasia rítmica e este sábado teño
posibilidades de gañar unha medalla. Que quiere Paula?
Por que?
Que necesita?
Logo, centrámo-la discusión grupal en Que quere? e Que necesita? Pódese encamiñar
preguntando que relación hai, por exemplo, no caso de Xoán entre que os seus compañeiros non
saian ó patio (o que quere) e que non lle chamen mentireiro (o que necesita), se soluciona o seu
problema, como o podería solucionar.
(1) O teléfono/ O rumor
Trátase de ver que a comunicación deficiente pode acarrexar conflitos. Consiste en darlle
unha frase curta e dicirlla ó primeiro da fila, do grupo ou da clase, segundo decidamos realiza-la
actividade. O primeiro pásalla ó segundo e así sucesivamente. Será extraño que a frase inicial
chegase de forma correcta ó último e isto é o que da pé á discusión.
A conclusión pode ser que é preferible falar directamente con quen teñamos un problema
porque é o método máis seguro para que chegue a nosa mensaxe como nós queremos, xa que cada
quen ten unha forma diferente de entende-las cousas e de transmitilas.
(2-3) Dilema
«“Patricia está sempre triste, ninguén xoga nunca con ela nin quere sentarse ó seu lado. A mestra
enviouna á casa dúas veces este trimestre porque tiña a cabeza chea de piollos. En cambio, Abel é un
rapaz moi esperto, todo o mundo o considera un amigo, divertido, traballador e bó compañeiro. Esta
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 77
semana a mestra fixo que se sentara ó lado de Patricia porque era o único que non protestaba. Na hora do
patio sucedeo algo que Abel non se esperaba: os rapaces y rapazas cantábanlle “¡Abel ole mal, Abel
apesta!”, e ninguén quixo xogar con él. Abel entrou en clase cos ollos vermellos de chorar. Que farías tí
se te encontraras na mesma situación que Abel?».
A actividade comézase explicándolle ó grupo que un dilema quere decir que non sabemos
cal é a solución boa. Para uns pode ser unha e para outros outra distinta. Depende da maneira de
pensar de cada quen. Podemos comentar se se teñen encontrado con situacións do tipo da do
dilema que lemos, que fixeron, etc. Despois, en grupos de catro deberán pensar diferentes
posibilidades e decidirse por unha.
(1) Que fas para que todo o mundo se sinta ben en clase?
Pártese da elaboración dunha lista de cousas que a todos nos fan sentir ben en clase
(cousas que xa facemos ou que nos gustaría facer).
Individualmente cada escolar divide unha folla pola metade. Nunha parte escribe “ En clase
sentímonos ben cando eu (pido as cousas por favor, felicito a alguén, respecto o turno de palabra, estou
contento, etc.)”, indicando un comportamento asumido e practicado habitualmente e debúxao. Na
outra metade da folla escribe: “A partir de agora tamén ... (compartirei as cores, chegarei puntual,
ordenarei a mesa, etc.)”, indicando un comportamento que intentará adoptar para axudar a que
todos e todas estean ben na clase.
A idea e reflexionar sobre o feito de que o clima da clase é unha reponsabilidade de todos,
se se poden cambiar as cousas, que sucede cando non estamos de acordo en algo, como o
podemos solucionar, etc.
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 78
(1-2-3) Problema
Elisa quere saltar á comba cos demais, pero non sabe como facer para que lle deixen.
1ª Solución: ___________________________________________________________
Consecuencias:
___________________________________________
___________________________________________
___________________________________________
2ª Solución: __________________________________________________________
Consecuencias:
_____________________________________________
_____________________________________________
_____________________________________________
3ª Solución: ___________________________________________________________
Consecuencias:
______________________________________________
______________________________________________
______________________________________________
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 79
A finalidade desta actividade é valorar consecuencias de condutas que poidamos realizar.
Podemos desenvolvela oralmente ou por escrito. Se se fai oralmente, trataríase de ir comentando
en voz alta as respostas a cada ítem. Se a facemos por escrito, primeiro poñen individualmente as
respostas en papel. Ó remate, podemos tratar de escolle-la solución que nos parecería mellor.
(1-2-3) Problema
Tomás quere que Miguel lle dea o balón porque é o seu turno de tiro, pero Miguel segue a tirar e
non quere darlle o balón.
1ª Solución: ___________________________________________________________
Consecuencias:
___________________________________________
___________________________________________
___________________________________________
2ª Solución: __________________________________________________________
Consecuencias:
_____________________________________________
_____________________________________________
_____________________________________________
3ª Solución: ___________________________________________________________
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 80
Consecuencias:
______________________________________________
______________________________________________
________________________
A finalidade desta actividade é valorar consecuencias de condutas que poidamos realizar.
Podemos desenvolvela oralmente ou por escrito. Se se fai oralmente, trataríase de ir comentando
en voz alta as respostas a cada ítem. Se a facemos por escrito, primeiro poñen individualmente as
respostas en papel. Ó remate, podemos tratar de escolle-la solución que nos parecería mellor.
(1-2-3) Supostos
O teu colgador está ó lado da porta e Pedro ten por costume colgar nel a pelota para xogar no
patio. Cada día tes que quitar e volver a poñe-la pelota para poder colga-la túa chaqueta.
Que podes facer? ¿Cómo llo dirías?
a) Non dicir nada e armarme de paciencia.
b) Dicirlle que ten moita cara e que colgue a pelota no nariz.
c) Explicarlle o que sucede.
Chegaches pronto e colocácheste o segundo da fila. Un minuto antes de entrar chegou Laia e
quitouche o sitio dun empurrón.
Que podes facer? ¿Cómo llo dirías?
a) Darlle una patada e recupera-lo teu sitio.
b) Irte un pouco máis atrás.
c) Explicarlle o que sucede.
O luns deixácheslle unha boneca a Xema e aínda non che a devolveo. Tí quérela para xogar con
ela o fin de semana.
Que podes facer? ¿Cómo llo dirías?
a) Dicirlle que é unha fresca.
b) Deixarlle a boneca máis tempo.
c) Explicarlle o que sucede.
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 81
A finalidade desta actividade é valorar que respostas podemos dar ante unha situación, pero tamén
podemos analiza-las posibles consecuencias desas respostas. Podemos desenvolvela oralmente ou
por escrito. Se se fai oralmente, trataríase de ir comentando en voz alta as respostas a cada ítem.
Se a facemos por escrito, primeiro poñen individualmente as respostas en papel. Ó remate,
podemos tratar de escolle-la solución que nos parecería mellor.
(1-2-3) Dicir que non
Podemos comezar cunha introducción explicando que é necesario aprender a reaccionar ante situacións
ameazantes ou desagradables non desexadas, de xeito que poidamos evita-las consecuencias ou ter que
facer algo que non queremos facer.
Hai tres reaccións que se poden considerar adecuadas:
- Ser asertivo: dicir que non sen danar ó outro, pero defendendo os propios dereitos.
Buscar axuda en persoas de confianza.
- Saír da situación tan pronto como se poida.
Logo, dependendo do nivel do alumnado, dáselle unha ficha exemplificando situacións ameazantes (que
habería que adaptar segundo a idade) ou vánselle lendo as situacións e que pensen como poderían
reaccionar. Deseguido ofrécense algún posibles exemplos.
Tamén se poden facer escenificacións, ofrecéndolles suxestións, se é necesario.
Situacións
Que farías nestas situacións como estas?
- Uns amigos ofrécenche un cigarro __________________________________________________
_______________________________________________________________________________
- Ofrécenche alcohol nunha festa _____________________________________________________
______________________________________________________________________________________
- Dinche que insultes a unha nena
_____________________________________________________
______________________________________________________________________________________
- Unha nena diche que lle rompas a libreta a un neno ________________________________
_______________________________________________________________________________
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 82
- Unha señora maior pídeche que subas ó seu coche para que lle digas onde está un sitio
_________
_______________________________________________________________________________
- Vas a panadería a por pan e devólvenche diñeiro de menos _________________________
______________________________________________________________________________
- Un amigo devólveche un conto roto ___________________________________________
_____________________________________________________________________________________
- Unha nenas estanse a burlar de ti _______________________________________________
_______________________________________________________________________________
Pensa noutras situación que viviras ou que coñezas nas que sería necesario dicir que non porque non che
apetece ou son moi perigosas para a túa saúde ou para a túa integridade física.
(2) Que ves?
Baséase en que unha persoa imita mediante mímica un animal, oficio, persoaxe, etc. e os
demais deben intentar averigüar de que se trata mediante preguntas que requiran resposta de Si e
Non. Cabe a posibilidade de utilizar outros xogos destas características. A intención é valora-la
importancia da expresión xestual na comunicación, tanta que a veces contradí o que dicimos
verbalmente e habitualmente nótasenos.
(2) Escoita activa
Consiste en simular unha situación en que unha persoa está dirixíndose a outra e esta
última emite sinais de que non está a atender (bosteza, mira para outro lado, pon cara de aburrida,
etc.). Logo, simulámo-la mesma situación, pero a persoa que escoita míralle ós ollos a quen fala,
asente, repite algunha palabra, mostra interese.
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 83
Valórase as dúas situación. Como se sentía a persoa que falaba na primeira situación, tiña
ganas de seguir falando, invitaría a esa persoa á casa, etc.? O neno ou nena que falaba sentiría a
mesma sensación na segunda situación? Por que?. Podemos tratar de remata-la conversa coa
conclusión de que hai conflitos que se producen por problemas na comunicación.
Tamén podemos resaltar (se non o captan, explicitámolo) en que notamos que nos atenden:
se nos miran, se asenten, se preguntan sobre o que dixemos, se piden aclaracións …
(2) Autocar
Problema
Xaime e David pedíronche que te sentes con eles no autocar na excursión de mañá. Os dous son
bos amigos teus e se te sentas cun o outro quedarase sen parella. Con quen te sentarás?
O obxectivo é ir de excursión e quedar ben cos amigos.
Inténtase que xeren posibles solución: sentarse con Xaime, sentarse con David, non ir de
excursión, que o decidan eles, botalo a sortes, posibilidade que un se poña enfermo, ir con outro
para que non se enfade ningún, sentarse cun á ida e con outro á volta, ir nesta volta con Xaime e
na seguinte con David, decidilo entre os tres, etc.
Vanse descartando as que non son posibles (por exemplo, ir cun e volver con outro se a
profe non o permitise), as improbables (que un se poña enfermo), as que non permiten consegui-lo
que queremos (non ir ou ir cun sen máis). Así, van as mellores opcións. Ponse o resultado en
común e cada un escolle a que lle parece mellor. Coméntanse as opcións escollidas.
Esto pode levar á reflexión de se é fácil tomar decisións, como o fan habitualmente,
lembra-los pasos que seguimos, se pensan que escollemos unha boa decisión, etc. Podemos
basearnos en interrogantes como son, por exemplo: Que quero?, De cantos xeitos poido facelo?
Que consecuencias ten cada opción? Cal é a mellor? Como fixen ou cal seleccionei?
(2-3) Situacións que implican un problema
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 84
1º. Ocorre que
Irene está a facer risas para que te distraigas e non te deixa atender á mestra.
Remata:
Tanto ti como Irene estades atendendo tranquilamente á clase.
Que che parece que pasou?
- A mestra reñeulle e está calada.
- Dixéchelle: “Ou te calas ou dígollo á mestra”.
- Ameazáchela con pegarlle no recreo se non se calaba.
- Non lle fixeche caso, mirache para outro lado ata que se cansou.
- O meu compañeiro empezou a rirse tamén e a profesora castigounos ós dous.
- Fíxenlle unha seña para que se calara e deixase de chama-la atención.
A finalidade e valorar posibles solucións: as máis factibles e a mellor atendendo á consecuencia
máis probable de cada solución.
Pódese facer oralmente ou por escrito. Se sa fai oralmente, cada compoñente do grupo vai dicindo
á súa opción e por qué. Se se fai por escrito, cada quen sinala na ficha a ou as opción que escolle e
logo explica oralmente a razón pola que as escolleu.
2º. Ocorre que
Mentres estabas no patio, un compañeiro púxoche o pé para que caeras e empezou a burlarse
para chama-la atención.
Posibles solucións:
______________________________________________________________________________
______________________________________________________________________________
______________________________________________________________________________
______________________________________________________________________________
______________________________________________________________________________
______________________________________________________________________________
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 85
______________________________________________________________________________
______________________________________________________________________________
______________________________________________________________________________
____________________________
A finalidade e valorar posibles solucións: as máis factibles e a mellor atendendo á consecuencia
máis probable de cada solución.
Pódese facer oralmente ou por escrito. Se sa fai oralmente, cada compoñente do grupo vai dicindo
á súa opción e por qué. Se se fai por escrito, cada quen escribe na ficha a ou as opción que escolle
e logo explica oralmente a razón pola que as escolleu.
3º. Ocorre que
Un día Xaime estaba a facer tonterías en clase mentras o profesor non estaba. As súas
“pallasadas” molestaban ós demais e non se podía aguantar tanta molestia. Pensei que o que
podería facer sería :
- Face-lo mesmo ca el para que soupese que os demais tamén sabemos facelo.
- Dicirlle que deixase de facer tonterías e de molestar porque non nos deixaba
traballar.
- Amenazalo con dicirllo ó mestre.
- Non facerlle nin caso.
- Esperar a que viñese o mestre.
- Empezar a chillarlle para ver se deixaba de facer tonterías.
Que ocorriría se escollo?
- Face-lo mesmo que el para que soupese que os demais tamén sabemos facelo:
______________________________________________________________________________
______________________________________________________________
- Dicirlle que deixase de facer tonterías e de molestar porque non nos deixaba traballar:
______________________________________________________________________________
______________________________________________________________
- Ameazalo con dicirllo ó mestre:____________________________________________
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 86
______________________________________________________________________
_____________________________________________________________________
- Non facerlle nin caso:__________________________________________________
______________________________________________________________________
______________________________________________________________________
- Esperar a que viñese o mestre:____________________________________________
______________________________________________________________________
______________________________________________________________________
- Empezar a chillarlle para ver se deixaba de facer tonterías: ____________________
______________________________________________________________________
______________________________________________________________________
A finalidade e valorar posibles solucións: as máis factibles e a mellor atendendo á consecuencia
máis probable de cada solución.
Pódese facer oralmente ou por escrito. Se sa fai oralmente, diferentes compoñentes do grupo van
dicindo as consecuencias de cada opción e cal sería á súa opción. Se se fai por escrito, cada quen
escribe na ficha as consecuencias e logo explica oralmente a razón pola que as escolleu unha
determinada solución.
4º. Ocorre que
Raúl é moi amigo de Euxenio. Un día chegou un neno novo a clase e Euxenio fíxose amigo del.
Raúl enfadouse con Euxenio.
Raúl podería:
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 87
- Dicirlle ó neno novo: “Euxenio é meu amigo”.
- Gastarlle unha broma pesada ó neno novo.
- Pensar que o neno novo necesita a alguen que lle axude e que poderá ser tamén
amigo seu.
- Buscar outros amigos.
- Dicirlle a Euxenio: “Recorda que ainda son teu amigo”.
- Non diecir nada.
Que ocorrería se escollo?
- Dicirlle ó neno novo: “Euxenio é meu amigo”: ______________________________
______________________________________________________________________________
______________________________________________________________
- Gastarlle unha broma pesada ó neno novo:__________________________________
______________________________________________________________________
______________________________________________________________________
- Pensar que o neno novo necesita a alguén que lle axude e que poderá ser tamén amigo
seu:______________________________________________________________
______________________________________________________________________
______________________________________________________________________
- Buscar outros amigos:__________________________________________________
______________________________________________________________________________
______________________________________________________________
- Dicirlle a Euxenio: “Recorda que ainda son teu amigo”:______________________
______________________________________________________________________________
______________________________________________________________
- Non dicir nada:_______________________________________________________
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 88
______________________________________________________________________________
______________________________________________________________
A finalidade e valorar posibles solucións: as máis factibles e a mellor atendendo á consecuencia
máis probable de cada solución.
Pódese facer oralmente ou por escrito. Se sa fai oralmente, diferentes compoñentes do grupo van
dicindo as consecuencias de cada opción e cal sería á súa opción. Se se fai por escrito, cada quen
escribe na ficha as consecuencias e logo explica oralmente a razón pola que as escolleu unha
determinada solución.
5º. Ocorre que
Mentras esperaban o autobús, Xema púxolle a zancadilla a Fernando, que caeu ó chan e fíxose
dano. Fernando enfadouse e durante uns instantes pensou nas seguintes solucións:
1ª- Se insulto a Xema, ela insultarame tamén e seguiremos así ata pegarnos. Sentiríame bastante
enfadado.
2ª- Se non digo nada, outro día farame o mesmo. Sentiríame mal porque non defendo o meu
dereito a que ninguén me pegue.
3ª- Se llo digo ó mestre, chamaralle a atención e despois, á saída, Xema e os seus amigos
pegaranme. Entón sentireime peor ainda.
4ª- Se lle digo “Es tonta! Fixate no que fas! Fixécheme dano! Se non fas caso direillo ó mestre!”.
Sentireime enfadado, pero direille o que sinto.
5ª- Se non lle digo nada pensará que son parvo e así non defendo o meu dereito a que ninguén me
pegue. Sentiríame ridículo se calo.
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 89
6ª- Se lle pego, ela tamén me pegará, virá o mestre e castigaranos ós dous. Entón eu
encontrareime moi nervioso.
7ª- Se chamo a algún amigo para que se meta con ela, chamaranme “cobardica”. Entón
sentireime moi ridículo.
Temos nós algunha outra solución:_________________________________________
______________________________________________________________________________
______________________________________________________________
A finalidade e valorar posibles solucións: as máis factibles e a mellor atendendo á consecuencia
máis probable de cada solución.
Pódese facer oralmente ou por escrito. Se sa fai oralmente, os compoñentes do grupo van dicindo
a solución que achegan e por que. Tamén cabe a posibilidade de comentar o sentemento que lles
xerarían as solución que se dan feitas, se fosen distintas das que aparecen na actividade. Se se fai
por escrito, cada quen escribe na ficha a solución que da e por que. Logo explica oralmente a
razón pola que a escolleu.
(2-3) O bote das cores
Temos un bote con cores (ou outro material). Pídeselle que intenten calcula-la cantidade e
que o escriban nunha folla “Penso que hai (cifra) cores no bote”. Logo, por parellas deben
decidir que cantidade, entre as que puxeron os componentes da parella, escriben debaixo no papel
“Nós, (fulanita) e (menganito) pensamos que hai (cifra) cores”. A continuación podemos seguir
co mesmo procedemento, pero en grupos de 4, logo de 8 e, finalmente, toda a clase.
Antes de dicirlle o resultado, préstase a unha discusión sobre se foi difícil poñerse de
acordo, que pasos seguiron, se participaron todos, terá alguén a culpa se non é exacto, que
pensarían se alguén adiviñou a cifra e agora resulta que acordaron dar unha equivocada ...
Unha das ensinanzas é que se todos participan na toma de decisións é máis fácil de acepta-
las consecuencias, aínda que non sexa a mellor solución, é a de todos, pero tamén que cando un
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 90
pensa que ten “a solución” pode encontarse coa resistencia dos demais porque non o ven do
mesmo xeito.
(3) Aspectos orais
En primeiro lugar, trátase de comentar co grupo que aspectos lle parecen máis importantes
na comunicación (o verbal, o tono e intensidade da voz, xestos, miradas, posturas, etc.).
Seguramente non haberá acordo, pero pode proporcionárselle a información de que parece que as
palabras constitúen un 7% da mensaxe, a voz (tono, entoación, etc.) un 38% e a xestualidade un
55%.
Pódese continuar coa actividade emitindo mensaxes de contido neutral, tratando de utilizar
diferentes tonos e estados de ánimo.
(3) Feedback emocional
Comézase por lembrar en que consisten a empatía e a escoita activa (parafrasear, clarificar,
sintetizar e reformular). Prosíguese a actividade colocando a nenos e nenas en parellas. Cada
parella actúa ante toda a clase. Un membro da parella explica os seus sentementos, opinións,
experiencias, etc. (pódense utilizar exemplos xa traballados, en que debían intentar explica-lo
sentemento ante situacións conflitivas) e outro membro ofrece feedback adecuadamente (os roles
poden intercambiarse). Logo, pódese comentar que observaron, se lles axudou a expresarse o
receptor, se se sentiron máis seguros ou non, etc.
A idea a transmitir é que se os demáis non nos xulgan, se nos respectan, aumenta a nosa
confianza e resúltanos máis doado expresar a nosa opinión, os nosos sentementos.
(3) O enigma
A cada escolar entrégaselle unha folla co seguinte enigma:
“Na fila hai catro rapaces: Brais, Abdel, Eduardo e Diego. Podes dicir en que orde fixeron a fila,
seguindo as pistas?
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 91
ORDE Primeiro Segundo Terceiro Cuarto
Pelo
Mochila
Nome
Pistas
1. O PRIMEIRO RAPAZ LEVA A MOCHILA DE COR VERMELLA
2. O SEGUNDO RAPAZ LEVA O PELO CURTO
3. O TERCEIRO RAPAZ LEVA O PELO LONGO
4. O ÚLTIMO RAPAZ LEVA A MOCHILA AZUL
5. O PRIMEIRO RAPAZ LEVA O PELO LONGO
6. O SEGUNDO RAPAZ LEVA A MOCHILA NEGRA
7. HAI DOUS RAPACES CO PELO CURTO E DOUS CO PELO LONGO
8. ABDEI E DIEGO LEVAN O PELO CURTO
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 92
9. O RAPAZ DO PELO CURTO E A MOCHILA AZUL É DIEGO
10. ABDEI E BRAIS ESTÁN NO MEDIO DA FILA
11. EDUARDO TEN O PELO LONGO
12. BRAIS TEN A MOCHILA VERDE
(3) Pedir favores
Cada membro do grupo pediralle un favor a outro compañeiro ou compañeira. Pódese ir analizando que
tipo de favores se piden, como se pediron … e introducir reflexións en base a cuestión como:
- Hai que pedilos favores amablemente? Por que?
- Que Farías se alguén che pide un favor dándoche unha orde?
- Que sentes cando lle fixeches un favor a alguén?
- Hai que esperar a que cho pidan para facer un favor?
- Se un compañeiro/a che pide nun exame que lle deas a resposta, estace a pedir un favor?
Hai que facerlle caso? Por que?
Podemos introduci-la diferenza entre favor e abuso (peticións abusivas) facendo un listado de cada un. Un
exemplo sería que a metade da clase fai unha lista e a outra metade outra lista.
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 93
(3) Participamos nos conflitos
«Dous irmáns ben avidos»
Andrés e Rosa son irmáns, só se levan un ano. Rosa chegou a primeira á casa e tumbouse no
sofá a ve-la súa serie favorita. Cinco minutos máis tarde chega Andrés e di que cambie de canal
inmediatamente porque ten que ve-lo documental sobre natureza que emiten na outra cadena. A
mestra de coñecemento díulles un cuestionario para que o respondan e o programa está a punto
de empezar. Rosa contéstalle que “De ningún xeito!”, que para un día que pode ve-lo que a ela
lle gusta, non pensa cambiar. Andrés pedíullo por favor e explicoulle que non quere se-lo único
da clase que non responda ó cuestionario. Rosa contestoulle que chame a un amigo e vaia a ve-la
televisión á súa casa. Entón Andrés abalanzouse sobre ela nun intento de quitarlle o mando a
distancia e, como consecuencia desta acción, caeulle a mesiña coa lámpada. ¡Os dous quedaron
paralizados! ¡A lámpara rompeuse completamente: vaia desastre! Como, en realidade, Rosa e
Andrés lévanse ben, Rosa propúxolle a solución seguinte: «Ti dislle a papá e mamá que
rompíche-la lámpada sen querer (eu direille que é verdade) e a cambio direiche cómo podes face-
los deberes». Pero Andrés primeiro quere saber cómo poderá face- los deberes xa que o
documental xa debe de estar a punto de rematar. «Moi fácil, só tes que chamar a un amigo e que
él che diga as respostas.» Rosa engadíu: «Non sei por qué che axudo; en realidade, eu non fixen
nada de nada!». Que debe facer Andrés?
Para continuar co desenvolvemento da actividade, podemos establecer unha discusión grupal
empregando unha pauta como a que sigue:
- Que queren en principio?
- Que necesitan?
- Que solución poderiamos achegarlles? (valoramos consecuencias de cada solución)
- Cal é a mellor?
(3) A noticia
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 94
Pódese utilizar unha noticia, pero, se non dispoñemos dunha, vale un texto como o seguinte,
por exemplo.
«As cigoñas»
No tellado da escola instalouse unha parella de cigoñas. Os nenos e as nenas puxéronlles os
nomes de Isis e Osiris. Na clase de coñecemento estudaron e observaron estes paxaros. Non
obstante, durante o día voan e distraen ós alumnos que están na clase de ximnasia. O patio da
escola e as casas veciñas están sucios de excrementos, mentras que a Sociedade Ornitolóxica da
cidade insiste en que é unha especie rara nesta zona. Os veciños foron a protestar ó Concello e o
alcalde prometeulles unha solución inmediata.
Propónselle ó alumnado que supoñan que son periodistas e que teñen que afondar na
noticia. A quen entrevistarían? En grupos ou co grupo clase completo prepárase a entrevista.
Logo, imos vendo posibles respostas.
A intención é a de resaltar que hai diferentes puntos de vista, que poden xerar conflito,
pero que é probable que cada un teña parte da “verdade”.
(3) Como é a miña clase?
Situamos catro membros do grupo cada un mirando como unha estatua cara unha parede da
clase. Sen xira-lo pescozo, van describindo a clase. Unha vez que rematan, trátase de valorar quen
a describíu mellor e por qué, para chegar a unha conclusión do tipo de que hai diferentes puntos
de vista, se isto é bo ou malo, etc.
(3) Que hai detrás da porta?
Propónselle un exemplo de conflito.
“O sábado a miña nai díxome que se non me cambiaba de roupa e me vestía decentemente non
me deixaría saír da casa. Un día destes ireime e non me volverán a ver”.
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 95
Continuamos cunha análise da situación empregando preguntas como as que siguen:
- Que dí o rapaz ou rapaza?
- En realidade quere iso?
- Que quere?
- Por que?
Proseguimos traballando preferentemente en grupos de tres, pero tamén se pode facer co
grupo clase completo. Un membro explica unha situación que lle ocurrira, e o resto escoita e fai
preguntas para recabar máis información e averiguar “que hai detrás da porta”. Remátase cunha
reformulación da cuestión no sentido de “Se o entendín ben, sínteste ... porque pensas que ... e
necesitarías ... É así?”. Se a resposta non é afirmativa, hai que seguir explorando o conflito. Se se
fai por grupos, o terceiro membro do grupo vai anotando o que ve e logo explica como actuaba o
que falaba e como actuaba o que escoitaba. Os roles pódense intercambiar.
A conclusión a que podemos chegar vai no sentido de que, na medida en que saibamos qué
necesita e pensa a outra persoa, é posible que nos sexa máis fácil resolver un conflito.
(3) O consenso
Colócanse dúas cartolinas separadas na clase: unha con “Si” e outra con “Non”. Vanse
emitindo afirmacións (por exemplo, É mellor o domingo que o luns, Prefiro viaxar en coche que
en tren, Gústame xogar máis ó fútbol que ó baloncesto, É máis saudable fumar que beber
cervexa, É mellor estar sentado cn alguén do mesmo sexo, É máis interesante ler un cómic que
ve-la tele, etc.). Cada membro da clase vai a situarse a carón da cartolina coa que se identifica ata
que estean igualados os grupos Si e Non, se é posible. A continuación, xúntanse por parellas para
analiza-lo positivo e o negativo da opción adoptada. Deben escribir a decisión de cada un e á que
cheguen entre os dous membros.
Trátase de que non gane nin perda ninguén, senón de intentar recoller aspectos das dúas
opcións.
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 96
(3) Tribunal:
Pode ser de utilidade para fomenta-la capacidade de diálogo, debate e oratoria, así como a
profundización nun determinado tema. Precisa un traballo previo para o que necesitarán axuda
moi probablemente.
Participan un presidente, un xurado, un fiscal, un defensor e público.
Consiste en plantear un problema en forma de xuízo. Procédese como sigue:
- O/A presidente/a presenta o asunto e as reglas de funcionamento.
- O/A fiscal argumenta a acusación.
- O/A defensor/a contraargumenta.
- Os testigos participan respondendo a preguntas.
- O/A fiscal e defensor/a expoñen as conclusións.
- O xurado delibera e emite un veredicto.
Funcións e habilidades que podemos traballar:
- Dar información: identificarse, narrar e describir, explicar, transmitir información a un
terceiro, informar de feitos pasados, manifestar unha opinión, asentir e disentir, expresar
sentementos.
- Obter información: preguntar datos, pedir unha opinión, preguntar sobre sentementos.
- Regula-la acción: solicitar atención, convencer, planifica-la propia acción.
- Fórmulas sociais: facer presentacións, efectuar aclaracións.
- Metalingüística: extrae-la idea principal, identificalo explícito e implícito, interpretar e utiliza-
la linguaxe de forma irónica.
(1) Elección
A tarefa consiste en que efectúen unha elección e despois coméntanse os “pros” e “contras” de
cada elección.
- Comer chuches ou un bocata
- Deitarse cedo ou quedar a ve-la TV
- Tomar leite ou …
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 97
- Estar toda a atrde coa “Game Boy” ou xogar cunha amiga
- Face-los deberes ou xogar toda a tarde
Se che dan 60 Euros, que farías?
- Comprar un xoguete
- Comprar chuches e aforrar o que quede
- Aforralos
- Comprar un ………………, un………………….. e unha …………………….
- Comprar un ……………….. e darle …….. a ……………….
(2) Organizámo-lo tempo libre
A finalidade da tarefa é axudarlles a tomar conciencia de cómo se organizan fóra da escola, se lles
é útil para resolve-las obrigas que teñan e divertirse e se lles compensa. Entrégaselles a ficha para
que a completen na casa e despois coméntase en gran grupo, valorando se parece realista o que
puxo cada quen e se hai equilibrio entre as actividades que puxeron, tendo en conta obrigas e
esparcemento.
Luns Martes Mércores Xoves Venres
4,30-5
5-5,30
5,30-6
6-6,30
6,30-7
7-7,30
7,30-8
8-8,30
8,30-9
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 98
ANEXOS
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 99
Temporalización de actividades de Acción Titorial na Aula
En cada sesión poderemos traballar uns contidos ou outros en función do grao de coñecemento que teña
o alumnado dos distintos contidos, do grao de experiencia nosa ou do que se teña traballado con
anterioridade con ese grupo. Se xa se ten traballado co grupo o ámbito de Conciencia e regulación
emocional, seguramente non sexa tan necesario incidir neses aspectos en sesións específicas e
poderemos adicarnos máis a bloques como coñecemento interpersoal, cooperación, xénero e resolución
de conflitos; se o grupo xa se coñece non será tan necesario comezar por actividades específicas de
presentación e coñecemento interpersoal.
Se alguén, por falta de experiencia, se ve “superado/a” por unha intervención semanal e decide traballar
unha vez cada 15 días, á hora de elixir que traballar, debería partir das mesmas bases, é dicir, o nivel que
se traballara anteriormente nos diferentes bloques de actividades co alumnado. O que si ocorrerá é que
teremos menos tempo . Por este motivo, poderiamos centrarnos en tarefas que incidan na interrelación,
cooperación ou habilidades sociais porque sempre nos permitirán, se fose o caso, entrar a tratar cuestión
que teñen que ver con coñecemento emocional e interpersoal.
O que ven deseguido é únicamente unha proposta-guía de temporalización. Esta proposta poderase
variar e, como xa se apuntou, deternos máis ou menos tempo en determinado tipo de actividades
segundo vaiamos evolucionando. Á hora de concreta-lo traballo na aula, tamén cabe a posibilidade de
organiza-lo coa colaboración do departamento de orientación, se consideramos necesaria esa axuda.
Proposta de temporalización a título de suxestión
Setembro
1ª semana: - Presentación
- Normas
2ª semana: - Conciencia e regulación emocional.
Outubro
1ª semana: - Conciencia e regulación emocional.
2ª semana: - Conciencia e regulación emocional
- Coñecemento interpersoal.
- Valoración das relacións grupais: Sociograma
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 100
3ª semana: - Conciencia e regulación emocional
- Cohesión grupal e interrelación
4ª semana: - Revisión do funcionamento das normas
Novembro
1ª semana: - Cooperación
2ª semana: - Cohesión grupal e interrelación
3ª semana: - Habilidades sociais
4ª semana: - Revisión do funcionamento das normas
Decembro
1ª semana: - Autocoñecemento e autoestima
2ª semana: - Valoración grupal do rendemento (hai proposta de guía no Anexo)
Xaneiro
2ª semana: - Coñecemento interpersoal .
3ª semana: - Habilidades sociais
4ª semana: - Autocoñecemento e autoestima
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 101
Febreiro
1ª semana: - Revisión do funcionamento das normas
2ª semana: - Habilidades sociais
-Identidade de xénero
3ª semana: - Cooperación
4ª semana: - Cohesión grupal e interrelación
Marzo
1ª semana: - Autocoñecemento e autoestima
2ª semana: - Habilidades sociais
3ª semana: - Cohesión grupal e interrelación
4ª semana: - Revisión do funcionamento das normas ou Valoración grupal do rendemento
Abril
1ª semana: - Actividades de coñecemento interpersoal: “Que fixen en vacacións” ...
2ª semana: - Cohesión grupal e interrelación
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 102
3ª semana: - Habilidades sociais
4ª semana: - Cooperación
Maio
1ª semana: - Revisión do funcionamento das normas do grupo
2ª semana: - Cooperación
3ª semana: - Autocoñecemento e autoestima / Orientación académica en 6º
4ª semana: - Habilidades sociais e resolución de conflitos
-Identidade de xénero
Xuño
1ª semana: - Habilidades sociais e resolución de conflitos
2ª semana: - Valoración grupal do rendemento
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 103
Guía para as sesións de valoración grupal do rendemento
Unicamente pretende ofrecer unha idea xeral, xa que as cuestións poderían ser doutro tipo
e será necesario adapta-lo planteamento en función do ciclo no que se encontre o alumnado. En
términos xerais, a súa finalidade e ir incidindo na capacidade de reflexión sobre a propia
aprendizaxe. Se se utiliza a ficha individual, daranos información persoalizada de cada escolar que
se pode aproveitar para posteriores sesións.
1. Obxectivo. Poderíase formular algo así como “Ver que aprendemos e como podemos facer
para mellorar”.
2. Cuestións:
- Que estudamos/aprendemos este trimestre (ou no periodo para o que fagámo-la
actividade).
- Que nos resultou máis fácil? Por que?
- Que nos resultou máis difícil? Por que?
3. Proporcionarlle información do resto das asignaturas sobre o rendemento do grupo en
xeral. Pódese presentar en forma de gráfico, por exemplo.
4. Podemos utilizar unha ficha individual nos niveis en que sexa posible ou, se é factible,
adaptándoa):
- Para min o máis fácil de aprender foi __________________________________
__________________________________________________________________
Porque ________________________________________________________
_________________________________________________________
- Para min o máis difícil de aprender foi ________________________________
__________________________________________________________________
Por que ________________________________________________________
_________________________________________________________
5. Cómo pensan que podemos facer para mellorar.
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 104
PLANILLA para a valoración de actividades de titoría
Denominación:
Obxectivo:
Materiais:
Duración:
Agrupamento:
Parellas Pequeno grupo Grupo-clase
Avaliación:
Desenvolvemento:
Observacións:
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 105
PAUTAS XENÉRICAS DE ACTUACIÓN en Autoestima
Algunhas cuestións a ter en conta:
Resalta-los éxitos reais en función das posibilidades (sen ambigüedades: Ben,
¡Que sorpresa!, ¡Que milagro!, ¡Polos pelos!).
Evita-las reprimendas en público, así como as comparacións.
Criticar as condutas, non as persoas.
Xenerar situacións que faciliten a participación en grupo segundo as posibilidades
de cada un.
Propoñer situacións nas que teñan que tomar decisións, adoptar
responsabilidades.
Fomentar situacións que esixan contraste de opinións e puntos de vista, así como
o reforzo entre compañeiros.
Fomenta-la autoavaliación e autocoñecemento.
Exemplo de procedemento en corrección de condutas inadecuadas:
Describi-la conduta, sin introducir valoracións (Levantáteche 5 veces, Estás detrás
de mín todo o rato, Pegáchelle a..., As actividades están sin facer...).
Darlle unha razón para o cambio (Estás molestando..., Así os demais non poden
traballar, Así non podo atender ós demáis, Fixéchelle dano, Deste modo non vas a
acabar a tempo...).
Recoñece-lo seu sentemento, criterio, motivo... (Xa vexo que estás cansado, Xa
sei que necesitas que che axude, Entendo que estés aburrido, cansado, molesto...).
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 106
Unha formulación clara do que se espera (Espero que non te levantes..., Terás que
esperar a que poda atenderte, Non se lle pode pegar ós demáis, Terás que remata-
las actividades...).
ALGUNHAS CARACTERÍSTICAS DUNHA AUTOESTIMA POSITIVA.
Actitude de confianza en sí.
Presenta unha actitude de valoración e de aceptación dos demáis.
É capaz de disentir sin agredir.
Toma iniciativa no contacto social.
É optimista ante as súas posibilidades e constante na busca de solucións.
Atribúe os éxitos ás súas posibilidades e os erros á súa actuación concreta.
ALGUNHAS CARACTERÍSTICAS DUNHA AUTOESTIMA NEGATIVA.
Actitude excesivamente crítica (expresa sensación de descontento e de non ser
suficientemente valorado).
Necesidade compulsiva de chama-la atención e de aprobación (necesidade de que lle
confirmen a súa importancia).
Necesidade imperiosa de gañar (pensan que para ser aceptados deben selos mellores).
Actitude inhibida e pouco sociable.
Temor excesivo a equivocarse, o que provoca que non se arrisquen e ansiedade ante tareas
como as escolares.
Actitude perfeccionista, dificilmente están satisfeitos do que fan..
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 107
Actitude desafiante, á defensiva e agresiva (parecen moi seguros), provocando respostas
negativas nos demáis.
Actitude derrotista, autopercíbense como fracasados.
Algúns materiais para traballar con sociogramas
CUESTIONARIO (1º: non saben ler).
1.- ¿A quen levarías a xogar á túa casa?
2.- ¿A quen escollerías para (unha actividade grupal que se faga habitualmente en clase)?
3.- ¿Quen faría mellor de profe no xogo de ....?
4.- ¿ A quen che gustaría ter sentado ó lado na clase?
5.- ¿Con quen non che gustaría sentarte en clase?
6.- ¿Con quen non che gustaría xogar no patio?
CUESTIONARIO (maiores).
1.- Pon o nome dos catro máis amigos de clase:
1º______________________________ 3º_____________________________
2º______________________________ 4º_____________________________
2.- Escolle catro compañeiros para facer un mural:
1º______________________________ 3º______________________________
2º______________________________ 4º______________________________
3.- ¿Quen pensas que organizaría mellor unha festa na clase?
4.- ¿A quen che gustaría ter ó lado en clase?
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 108
5.- ¿A quen non che gustaría ter ó lado en clase?
6.- ¿Con quen non che gustaría xogar no recreo?
7.- Os traballos de clase sairíanche mellor si che axudase a facelos________________________
Matriz para recopila-los datos (se se quere empregar)
ELIXIDOS
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 109
20
21
22
23
24
1ª
2ª
T
Guía parta a análise dos datos do SOCIOGRAMA
1. Do que aparece, ¿qué esperabamos e qué non esperabamos?
2. ¿Que nos parece que pode explicar o que algúns sexan moi elexidos e pouco rechazados?
3. ¿Que nos parece que pode explicar as mutuas eleccións e rechazos?
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 110
4. ¿Parécenos líder o suxeito que aparece no sociograma?
5. ¿Por que determinado suxeito ten tantos rechazos?
6. As parellas,¿ compórtanse como tales?
7. Os rechazos, ¿son explícitos na aula?
8. Os máis elexidos, ¿destacan na dinámica diaria da clase?
9. ¿Hai algo en común entre os máis elexidos?
10. ¿Hai algo en común entre os máis rechazados e non elexidos?
11. ¿Que podemos facer?
Pautas xerais para axudar ós illados
- Alabando o seu traballo.
- Potenciando os aspectos nos que sobresalgan.
- Dándolles responsabilidades.
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Página 111
- Favorecendo o seu traballo cos máis populares.
- Analizando as dificultades con eles.
- Permitir que traballen cos compañeiros que prefiran.
- Xogos de dinámica.
Pautas xerais para a integración de grupos
- Reforza-lo liderazgo dos enlaces.
- Actividades que obriguen ós subgrupos a dividirse, de forma que se introduzcan novos.
- "Utiliza-las” estrellas.
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Páxina 112
SÍMBOLOS para a representación gráfica
Nenas Rechazo
----
Nenos Rechazo mutuo
---
Elección
Elección mutua
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Páxina 113
Cadros cooperativos
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Páxina 114
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Páxina 115
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Páxina 116
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Páxina 117
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Páxina 118
EXEMPLO de Frases para Traballo Cooperativo
O gato empezou a move-lo rabo
Meteu o rabo nun bote de pintura
Despois encheu as paredes de cores
Os orixinais debuxos adornaban a parede
O gato escondeu o rabo entre as patas
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Páxina 119
EXEMPLOS DE TEXTOS PARA TRABALLO COOPERATIVO
Textos para traballo cooperativo
MIGUEL DE CERVANTES
Nº 1
Miguel de Cervantes seguramente é o escritor español máis famoso en todo o
mundo.
Naceu en Alcalá de Henares en 1547 e morreu en Madrid en 1616.
Despois de estar un tempo en Italia, onde resultou ferido no brazo esquerdo
que lle quedou paralizado, loitou na famosa batalla naval de Lepanto, contra os turcos.
Catro anos máis tarde o seu barco foi capturado polos piratas turcos e
Cervantes permaneceu cinco anos prisioneiro en Argel.
MIGUEL DE CERVANTES
Nº 2
Volveu a España, casou e tivo unha filla. Traballou como cobrador de impostos
e vivíu en Valladolid e en Sevilla.
Tivo que volver dúas veces máis ó cárcere, pero declarárono inocente.
Finalmente, instalouse en Madrid.
A pesar da súa fama, vivíu pobremente ata a súa morte.
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Páxina 120
MIGUEL DE CERVANTES
Nº 3
Cervantes quixo ser poeta, pero él mesmo recoñeceu que non escribía ben os
versos non eran moi bos. Intentou alcanza-la fama co teatro, pero o seu estilo non tivo
éxito: á xente gustábanlle máis as obras de Lope de Vega, o autor de moda nesa
época.
Como novelista Cervantes convertíuse nun dos grandes xenios da literatura,
especialmente coa súa obra “O inxenioso fidalgo Don Quixote da Mancha”.
MIGUEL DE CERVANTES
Nº 4
Esa novela empezou como unha burla duns libros que estaban de moda e que
Cervantes odiaba: as novelas de cabalerías, cheas de historias fantásticas e de heroes
maravillosos.
Pero pouco a pouco, Cervantes convirtíu a súa obra nunha reflexión máis fonda
sobre a vida dos homes.
MIGUEL DE CERVANTES
Nº 5
A través das aventuras de dous personaxes opostos: Don Quixote (valente e
idealista) e Sancho Panza (prudente e realista) desenvolveu temas como son: a
xustiza, o amor, a morte ou a libertade.
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Páxina 121
O Quixote foi traducido a tódolos idiomas do mundo e as siluetas de Don
Quixote e Sancho Panza, unha tan flaca e outra tan gorda, quedaron na imaxinación
da xente desde fai catro séculos.
Proba de coñecementos
1) ¿Como se chama o escritor desta lectura?
2) ¿ Era pobre ou rico?
3) ¿Como se titulaba a súa obre máis famosa?
4) ¿Que libros odiaba?
5) ¿Como se chamaban os dous personases da súa obra máis famosa?
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Páxina 122
O PETRÓLEO
Nº 1
O petróleo é un producto natural. Hai grandes cantidades enterradas en
cavidades subterráneas, ás veces, a centos de metros baixo terra. Estas capas de
petróleo encóntranse en todas partes, pero principalmente en rexións desérticas.
Para encontrar petróleo contrúese unha alta torre metálica (chamada “derrick”)
que serve para soste-lo aparello de sondeo.
O PETRÓLEO
Nº 2
O aparello de sondeo está formado por unha barra oca que remata nun taladro
chamado perforadora.
Esta perforadora é longuísima e vai entrando na terra facendo un burato (pozo)
ata que encontra unha capa de petróleo. Entón desmóntase o material de sondeo e
cámbiase por un aparato chamado cabeza de erupción ou árbore de Nadal.
O PETRÓLEO
Nº 3
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Páxina 123
O petróleo sempre está acompañado de gas. Así que canto máis gas haxa máis
forte será a presión: o petróleo sae como un gran chorro a presión da mesma forma
que o fai o champán cando descorchamos unha botella.
Ás veces os xacementos de petróleo non están cerca das grandes cidades, a
miúdo están no deserto.
O PETRÓLEO
Nº 4
O transporte do petróleo lévase acabo mediante oleoductos, que son tubos
cunha lonxitude que pode alcanzar centos de kilómetros.
Para transporta-lo petróleo por mar utilízanse uns barcos enormes, que se
chaman petroleiros. Estes barcos poden chegar a cargar máis de 200.000 toneladas de
petróleo.
O PETRÓLEO
Nº 5
O petróleo lévase a unha refinería: a fábrica onde o petróleo crudo é refinado.
Así, obtense: gasolina para os coches, queroseno para os motores dos avións, gasóleo
para os motores Diésel, fuel para as calefaccións, asfalto para cubri-la calzada das
estradas e bencinas que permiten fabricar tecidos ou obxectos de plástico.
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Páxina 124
Proba de coñecementos
1) ¿Que é un derrick?
2) ¿ Que acompaña sempre ó petróleo?
3) ¿Como se chama o aparello que sirve para facer-los pozos de petróleo?
4) ¿En que se transporta o petróleo ás cidades?
5) ¿Que combustible utilizan os avións?
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Páxina 125
OS IMÁNS
Nº 1
O filósofo grego Tales foi o primeiro en fixarse nunhas extrañas pedras que
atraían o ferro e a outras pedras do mesmo tipo. ¿Parecía maxia!.
Esas pedras encontrounas nun lugar chamado Magnesia: eran imáns naturais
que actualmente chámase “magnetita”.
OS IMÁNS
Nº 2
Durante séculos, seguíronse observando os imáns sen saber moi ben por qué
atraían o ferro nin en qué consistía esa forza de atracción, o “magnetismo”.
A pesar de non entendela, conseguiron, sen embargo, utilizala nalgúns
intrumentos, como por exemplo na brúxula no século XI, que utiliza unha agulla
imantada.
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Páxina 126
OS IMÁNS
Nº 3
Observaran que un trozo de ferro frotado contra unha magnetita convertíase en
imán e que unha agulliña imantada nun eixo sempre xiraba indicando o Norte.
Así, pouco a pouco, empezouse a coñecer mellor os imáns, observando, por
exemplo, que tiñan dous polos e que se atraían, pero tamén se repelían se se
colocaban en sentido contrario (Norte e Sur atráense pero Norte e Norte ou Sur e Sur
repélense).
OS IMÁNS
Nº 4
Os científicos aprenderon a fabricar imáns artificiais e no século XIX
conseguiron unir dúas forzas: a electricidade e o magnetismo. Desta forma
conseguiron que funcionasen aparellos sinxelos como os timbres, pero tamén outros
máis complexos como xeneradores e motores eléctricos.
OS IMÁNS
Nº 5
A mesma Terra funciona como un gran imán: o polo que atrae os obxectos está
cerca do polo Norte (por iso é alí hacia onde xira a agulla da brúxula).
Descubriuse algo que é misterioso para os científicos: ó longo da historia da
Terra os polos intercambiáronse. Antes, fai uns 700.000 anos, o polo que atraía ós
obxectos estaba no Sur.
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Páxina 127
Proba de coñecementos
1) ¿Onde se encontraron as primeiras pedras que tiñan imán?
2) ¿ En que século se inventou a brúxula?
3) ¿Hacia onde xira a agulla imantada dunha brúxula?
4) ¿Que dúas forzas utilizan un timbre?
5) ¿Que polo da Terra atrae ós obxectos?
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Páxina 128
O elefante
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Páxina 129
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Páxina 130
O garabato
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Páxina 131
Actividade dirixida a indagar como nos ve o alumnado
“Xogo da metáfora”
Cabe a posibilidade de facer esta tarefa oralmente ou por escrito.
Trátase de propoñerlles que expresen o que pensan do adulto. Pare elo, utilízase a
mediación dunha imaxe, neste caso dun animal. É dicir, que digan que animal seriamos e por
que. As identificacións poden ser do tipo de “ Véxote como o meu gato. Os dous tedes aspecto
de listos, de agarimosos, de tristóns, etc”.
Outra opción, é darlles un papel no que escribir o nome do adulto, unha característica,
e como se sente o neno ou nena cando o adulto actúa de determinada forma.
A/O mestra/e _________________ é ___________________
Síntome _________________ cando ____________________
Unha terceira opción é a utilización do buzón de suxestións
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Páxina 132
Algunha historia máis
As ras Había unha vez dúas ras que caeron nun recipiente de nata. Inmediatamente decatáronse de que se afundían: era imposible nadar ou flotar demasiado tempo nesa masa espesa como areas movedizas. Ao principio, as dúas ras patexaron na nata para chegar ao bordo do recipiente.Pero era inútil;só conseguían chapotear no mesmo lugar e afundirse. Sentían que cada vez era máis difícil saír á superficie e respirar. Unha delas dixo en voz alta: "Non podo máis". É imposible saír de aquí. nesta materia non se pode nadar. Xa que vou morrer, non vexo por qué prolongar este sufrimento. Non entendo que sentido ten morrer esgotada por un esforzo estéril" . Dito isto, deixou de patexar e afundiuse con rapidez, sendo literalmente tragada polo espeso líquido branco. A outra ra, máis persistente ou quizáis máis testana díxose: " Non hai xeito! Nada se pode facer para avanzar nesta cousa. Non obstante, aínda que se achegue a morte, prefiro loitar ata o meu último alento. Non quero morrer nin un segundo antes de que chegue a miña hora". Seguiu patexando e chapoteando sempre no mesmo lugar, sen avanzar nin un centímetro, durante horas e horas. E de pronto, de tanto patexar e bater as ancas, axitar e patexar, a nata converteuse en manteiga. Sorprendida, a ra deu un saIto e, patinando, chegou ata o bordo do recipiente. Dende alí puido regresar a casa croando alegremente
Jorge Bucay
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Páxina 133
La tristeza y la furia En un reino encantado donde los hombres nunca pueden lIegar, o
quizás donde los hombres transitan eternamente sin darse cuenta. En un reino mágico, donde las cosas no tangibles, se vuelven concretas ... Había una vez un estanque maravilloso. Era una laguna de agua cristalina y pura donde nadaban peces de todos los colores existentes y donde todas las tonalidades del verde se reflejaban permanentemente ... Hasta ese estanque mágico y transparente se acercaron a bañarse haciéndose mutua compañía, la tristeza y la furia. Las dos se quitaron sus vestimentas y desnudas las dos entraron al estanque. La furia, apurada, como siempre esta la furia, urgida, sin saber por qué, se bañó rápidamente y más rápidamente aún salió del agua ... Pero la furia es ciega, o por lo menos no distingue claramente la realidad, así que, desnuda y apurada, se puso, al salir, la primera ropa que encontró ... Y sucedió que esa ropa no era la suya, sino la de la tristeza ... Y as! vestida de tristeza, la furia se fue. Muy calma, y muy serena, dispuesta como siempre a quedarse en el lugar donde esta, la tristeza terminó su baño y sin ningún apuro, o mejor dicho, sin conciencia del paso del tiempo, con pereza y lentamente, salió del estanque. En la orilla se encontró con que su ropa ya no estaba. Como todos sabemos, si hay algo que a la tristeza no Ie gusta es quedar al desnudo, asi que se puso la única ropa que había junto al estanque, la ropa de la furia. Cuentan que desde entonces, muchas veces uno se encuentra con la furia, ciega, cruel, terrible y enfadada, pero si nos damos el tiempo de mirar bien, encontramos que esta furia que vemos es sólo un disfraz, y que detrás del disfraz de la furia, en realidad ... está escondida la tristeza.
Un saludo para todos Celeste Luna
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Páxina 134
El pollito que no quería crecer
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Páxina 135
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Páxina 136
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Páxina 137
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Páxina 138
Documento Acción Titorial
CEIP Agro do Muíño- Ortoño- Ames Páxina 139