DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL - Coirós · artigo 16.6 da Ley 37/2015, de 29 de septiembre, de...

80
DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL SETEMBRO 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS. MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL. 1 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS (PEDRAPARTIDA I-1) MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL (IC). DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL PROMOTOR: CONCELLO DE COIRÓS. EQUIPO REDACTOR: ARQUITECTOS: ALFREDO GARROTE PAZOS, MÓNICA MESEJO CONDE, IGNACIO LÁZARO QUINTELA SETEMBRO 2016.

Transcript of DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL - Coirós · artigo 16.6 da Ley 37/2015, de 29 de septiembre, de...

Page 1: DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL - Coirós · artigo 16.6 da Ley 37/2015, de 29 de septiembre, de carreteras . O 04.05.2016 remitiuse á Demaracción de estradas do Estado en Galicia

DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL SETEMBRO 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.

MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.

1

MODIFICACIÓN PUNTUAL

DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS

(PEDRAPARTIDA I-1)

MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO

DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL (IC).

DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL

PROMOTOR: CONCELLO DE COIRÓS.

EQUIPO REDACTOR:

ARQUITECTOS:

ALFREDO GARROTE PAZOS, MÓNICA MESEJO CONDE, IGNACIO LÁZARO QUINTELA

SETEMBRO 2016.

Page 2: DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL - Coirós · artigo 16.6 da Ley 37/2015, de 29 de septiembre, de carreteras . O 04.05.2016 remitiuse á Demaracción de estradas do Estado en Galicia

DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL SETEMBRO 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.

MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.

2

Page 3: DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL - Coirós · artigo 16.6 da Ley 37/2015, de 29 de septiembre, de carreteras . O 04.05.2016 remitiuse á Demaracción de estradas do Estado en Galicia

DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL SETEMBRO 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.

MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.

3

ÍNDICE:

A- MEMORIA INFORMATIVA E DESCRITIVA.........................................................................................5

0. DATOS XERAIS. ...............................................................................................................................5

1. ANTECEDENTES. OBXECTIVO DA MODIFICACIÓN PUNTUAL...................................................5

2. DESCRICIÓN DA MODIFICACIÓN PUNTUAL.................................................................................7

3. CAMBIOS DERIVADOS DA MODIFICACIÓN PUNTUAL ................................................................8

4. TRAMITACIÓN DA MODIFICACIÓN PUNTUAL. .............................................................................9

5. INCORPORACIÓN DAS DETERMINACIÓNS DO INFORME AMBIENTAL ESTRATÉXICO E

INFORMES SECTORIAIS Á MODIFICACIÓN PUNTUAL. ...................................................................11

5.1. INFORME AMBIENTAL ESTRATÉXICO. AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA.............11

5.2. INFORME PREVIO Á APROBACIÓN INICIAL DA DEMARCACIÓN DE ESTRADAS DO

ESTADO. .............................................................................................................................................12

B- MEMORIA XUSTIFICATIVA. .........................................................................................................13

1. CONVENIENCIA E OPORTUNIDADE DA MODIFICACIÓN PUNTUAL. XUSTIFICACIÓN DAS

RAZÓNS DE INTERESE PÚBLICO. ...................................................................................................13

2. ADAPTACIÓN AO ENTORNO. EFECTOS PREVISIBLES SOBRE O AMBIENTE. ......................13

C- ORDENANZAS ...................................................................................................................................13

C- ORDENANZAS ...................................................................................................................................14

NORMAS DO PLAN PARCIAL APROBADO O 1 DE MARZO DE 2003. .............................................14

- NORMAS XERAIS DE USO DO P. PARCIAL (PUNTO 4- NORMAS XERAIS DE USO)...............14

- CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª INDUSTRIAL COMERCIAL DO P. PARCIAL

(APARTADO 3.1.5 DAS NORMAS PARTICULARES DE ZONA).....................................................21

NORMATIVA MODIFICADA. ..................................................................................................................23

MP- NORMAS XERAIS DE USO DO PLAN PARCIAL MODIFICADO (PUNTO 4- NORMAS

XERAIS DE USO) ...............................................................................................................................23

MP- CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª INDUSTRIAL COMERCIAL DO PLAN PARCIAL

MODIFICADO (APARTADO 3.1.5 DAS NORMAS PARTICULARES DE ZONA). ...........................37

ANEXO I. PARCELAS CATASTRAIS AFECTADAS POLA MODIFICACIÓN PUNTUAL. ..................39

ANEXO II. DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATÉXICO. (ABRIL 2016) ..............................................41

ANEXO III. RESOLUCIÓN DO 11 DE XULLO DE 2016 POLA QUE SE FORMULA O INFORME

AMBIENTAL ESTRATÉXICO DA MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE

EMPRESARIAL DE COIRÓS..................................................................................................................43

ANEXO IV. INFORMES PREVIO Á APROBACIÓN INICIAL. SUBDIRECCIÓN XERAL DE

EXPLOTACIÓN E XESTIÓN DE REDE..................................................................................................45

Page 4: DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL - Coirós · artigo 16.6 da Ley 37/2015, de 29 de septiembre, de carreteras . O 04.05.2016 remitiuse á Demaracción de estradas do Estado en Galicia

DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL SETEMBRO 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.

MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.

4

Page 5: DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL - Coirós · artigo 16.6 da Ley 37/2015, de 29 de septiembre, de carreteras . O 04.05.2016 remitiuse á Demaracción de estradas do Estado en Galicia

DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL SETEMBRO 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.

MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.

5

A- MEMORIA INFORMATIVA E DESCRITIVA.

0. DATOS XERAIS.

O promotor da presente modificación puntual é o Concello de Coirós, con domicilio na Casa

Consistorial sita en Coirós de Arriba 16, 15316. A Coruña.

Redactan a presente modificación os arquitectos D. Alfredo Garrote Pazos, Dª Mónica Mesejo

Conde e D. Ignacio Lázaro Quintela colexiados nº 1440, 1475 e 3877 do Colexio Oficial de Arquitectos

de Galicia respectivamente e domicilio a efectos de notificación na rúa Menéndez Pelayo nº 11. 5ºC.

15005 A Coruña.

1. ANTECEDENTES. OBXECTIVO DA MODIFICACIÓN PUNTUAL.

O plan xeral de ordenación municipal (PXOM) do Concello de Coirós aprobouse definitivamente

o 19 de setembro de 2002 ao abeiro da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do Solo de Galicia.

O 1 de marzo de 2003 aprobouse definitivamente o plan parcial do parque empresarial de Coirós

(DOG 13-03-2003 e BOP 12-03-2003). O promotor desta actuación foi a entidade Xestión Urbanística

de A Coruña (XESTUR) mediante convenio co Concello de Coirós e o IGVS.

O plan parcial ten como obxectivo cubrir a demanda de solo industrial de forma que sexa viable

dentro da realidade do mercado de solo e mellorando o nivel de vida do municipio.

Na normativa do plan parcial fíxanse as ordenanzas reguladoras de carácter xeral, normas de

obra civil, ordenanzas particulares de zona e normas xerais de uso. As ordenanzas particulares de

zona son as seguintes:

- Ordenanza 1ª. De edificación industrial y comercial (IC)

- Ordenanza 2ª. De zona deportiva (ED)

- Ordenanza 3ª. De equipamiento comercial (EC)

- Ordenanza 4ª. De equipamiento social (ES)

- Ordenanza 5ª. De zonas verdes (ZV)

- Ordenanza 6ª. De zonas viarias (VA)

- Ordenanza 7ª. De zonas de aparcamiento (PA)

- Ordenanza 8ª. De zonas de infraestruturas (IN)

- Ordenanza 9ª. De edificación industrial y comercial (IC especial)

A presente modificación puntual afecta tanto ás normas xerais dos diferentes usos como ás

condicións de uso da ordenanza particular IC de edificación industrial e comercial. Esta ordenanza IC é

de aplicación na meirande parte da superficie do parque empresarial de Coirós, tal e como se pode

comprobar no esquema que se acompaña, no que o seu ámbito corresponde coas zonas sombreadas

en cor laranxa.

Page 6: DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL - Coirós · artigo 16.6 da Ley 37/2015, de 29 de septiembre, de carreteras . O 04.05.2016 remitiuse á Demaracción de estradas do Estado en Galicia

DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL SETEMBRO 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.

MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.

6

Nos cadros que se acompañan que corresponden o Anexo I do plan parcial, obsérvase que as

parcelas privadas reguladas pola ordenanza IC supoñen o 74,49% da superficie do parque

empresarial.

No apartado 4 da normativa do plan parcial regúlanse as condicións dos usos e establécense as

distintas categorías :

- Vivenda

- Garaxe- aparcamento

- Industrial

- Comercial

- Oficinas

- Lugares de reunión

- Cultural

- Hoteleiro

- Sanitario

- Deportivo

- Servizos xerais

No referente ás condicións dos usos, a modificación puntual actualiza definicións e referencias á

lexislación sectorial, tamén engádese un novo uso que é o correspondente a Tanatorios e servizos

funerarios.

Page 7: DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL - Coirós · artigo 16.6 da Ley 37/2015, de 29 de septiembre, de carreteras . O 04.05.2016 remitiuse á Demaracción de estradas do Estado en Galicia

DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL SETEMBRO 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.

MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.

7

Tal e como se pode apreciar na ortofoto que se achega a continuación, no ámbito do plan parcial

existen a día de hoxe parcelas vacantes e tamén edificacións rematadas sen actividade.

Por medio da presente modificación puntual trátase de alterar as condicións de uso da

ordenanza de zona IC, que no plan parcial son moi limitativas, para incorporar outros usos e

actividades que se demandan actualmente nos polígonos empresariais, incrementando a oferta e

contribuíndo a xerar unha maior actividade no parque empresarial de Coirós.

A regulación actual establece como únicos usos permitidos na ordenanza IC o de vivenda

vinculada á industria, o garaxe- aparcamento en categorías 2ª e 3ª, o industrial e comercial en todas as

categorías, así como o de oficina e sanitario vinculados ao uso principal. A presente modificación

pretende introducir outros usos nesta ordenanza que amplíen a variedade da oferta empresarial.

Non se varía o ámbito de aplicación, as condicións de edificación nin as condicións hixiénicas,

sanitarias ou estéticas establecidas no plan parcial.

2. DESCRICIÓN DA MODIFICACIÓN PUNTUAL.

As condicións xerais dos usos no ámbito do plan parcial veñen establecidas no punto 4 da

normativa “Normas xerais de uso”. Neste apartado establécese a definición, clasificación e ou

categorías correspondentes a cada un dos usos contemplados, e as condicións mínimas esixibles.

Os usos regulados son os seguintes:

- Vivenda

- Garaxe- aparcamento

- Industrial

- Comercial

- Oficinas

- Lugares de reunión

- Cultural

Page 8: DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL - Coirós · artigo 16.6 da Ley 37/2015, de 29 de septiembre, de carreteras . O 04.05.2016 remitiuse á Demaracción de estradas do Estado en Galicia

DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL SETEMBRO 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.

MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.

8

- Hoteleiro

- Sanitario

- Deportivo

- Servizos xerais

No apartado C da presente modificación puntual transcríbese a totalidade do apartado da

normativa do plan parcial correspondente ás normas xerais de uso co seu contido actual, así como o

modificado, coa finalidade de poñer en evidencia as alteracións practicadas.

No apartado 3.1 da normativa do plan parcial regúlanse as condicións da ordenanza zonal IC.

Segundo o plan parcial esta ordenanza será de aplicación a tódalas parcelas privadas que no plano

zonificación se cualifican como solo de uso industrial e comercial (IC). No apartado 3.1.5 establécense

as condicións de uso en concordancia coas normas xerais dos usos. En primeiro lugar constan os usos

e categorías permitidos; vivenda, garaxe- aparcamento (categorías 2ª e 3ª), industrial (todas as

categorías), comercial (todas as categorías), oficinas (vinculadas á actividade principal) e sanitario (ao

servizo da actividade principal), considerando como prohibidos os non incluídos nesta relación.

A presente modificación ten os seguintes obxectivos respecto das normas xerais de uso:

• Alterar algúns aspectos da clasificación e condicións coa finalidade de adaptalas á lexislación

vixente.

• Incorporar o uso de tanatorios e servizos funerarios.

Por outra banda redefínense os usos permitidos na ordenanza industrial-comercial

incorporando os seguintes :

• Garaxe aparcamento en categorías 1ª (superficie libre de parcela) e 4º (estacións de servizo).

• Oficina en todas as categorías.

• Lugares de reunión.

• Usos culturais.

• Hostalería.

• Deportivo en todas as categorías.

• Servizos xerais.

• Tanatorios e servizos funerarios en todas as categorías.

3. CAMBIOS DERIVADOS DA MODIFICACIÓN PUNTUAL

A presente modificación puntual non altera a zonificación do plan parcial, nin as condicións de

edificación. Non se incrementa a edificabilidade nin a ocupación do solo nin se modifican dotacións de

carácter público. O único obxectivo é posibilitar a implantación de novos usos.

Page 9: DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL - Coirós · artigo 16.6 da Ley 37/2015, de 29 de septiembre, de carreteras . O 04.05.2016 remitiuse á Demaracción de estradas do Estado en Galicia

DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL SETEMBRO 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.

MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.

9

Varíanse as normas xerais de uso establecidas polo plan parcial, actualizando a lexislación

vixente ás condicións necesarias para os diferentes usos establecidos. Incorpórase ademais un novo

uso de tanatorio e servizos funerarios, que na actualidade non existe no plan parcial, nin está regulado

no PXOM. O parque empresarial considérase un lugar adecuado para a implantación deste uso, que

ademais non se pode levar a cabo noutras zonas do termo municipal. Na ordenanza industrial–

comercial engádense novos usos permitidos.

Incorpóranse ás normas xerais de uso unha serie de medias ambientais de aplicación ao

establecemento de novas actividades derivadas do Documento Ambiental Estratéxico.

4. TRAMITACIÓN DA MODIFICACIÓN PUNTUAL.

A tramitación da modificación puntual axustarase ao disposto nos artigos 75 e 83.5. da Lei

2/2016, de 10 de febrero, do solo de Galicia. Detállanse a continuación os trámites realizados e os

trámites necesarios para a acadar a súa aprobación definitiva.

TRÁMITES REALIZADOS:

1. AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA

O 19.04.2016 remitiuse dende o Concello á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental a

solicitude de inicio da avaliación ambiental estratéxica simplificada achegando o Borrador do plan

acompañado do Documento Ambiental Estratéxico. Esta documentación tivo entrada na Secretaría

Xeral o 21.04.2016 realizándose o período de exposición pública a través da sede electrónica entre o

28.04.2016 e o 28.06.2016, consultándose simultáneamente aos membros do Consello Galego de

Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.

O 11 de xullo de 2016 emitiuse resolución pola que se formula o Informe Ambiental Estratéxico da

modificación puntual coa proposta de NON SOMETER ao procedemento de avaliación ambiental

estratéxica ordinaria, establecéndose dúas determinacións que foron incorporadas no presente

documento:

Esta resolución publicouse no Diario Oficial de Galicia nº 146 do 3.08.2016.

Page 10: DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL - Coirós · artigo 16.6 da Ley 37/2015, de 29 de septiembre, de carreteras . O 04.05.2016 remitiuse á Demaracción de estradas do Estado en Galicia

DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL SETEMBRO 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.

MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.

10

2. SOLICITUDE DE INFORMES SECTORIAIS PREVIOS Á APROBACIÓN INICIAL.

Por medio dun oficio remitido dende o Concello o 22.04.2016 (RS-2009) solicitouse informe sectorial

en materia de estradas á Demarcación de estradas do Estado en Galicia de acordo co disposto no

artigo 16.6 da Ley 37/2015, de 29 de septiembre, de carreteras.

O 04.05.2016 remitiuse á Demaracción de estradas do Estado en Galicia un novo escrito solicitando

emisión de informe referente a servidumes acústicas, como órgano substantivo da infraestrutura A-6,

atendendo ao disposto no artigo 11 do RD 1367/2007, do 19 de outubro, polo que se desenvolve a Lei

37/2003, do 17 de novembro, do ruído.

O 02.08.2016 (RE-1294) tivo entrada no Concello un escrito da Subdirección General de Explotación y

Gestión de Red do Ministerio de Fomento no que se informa FAVORABLEMENTE no referente á súa

afección á Rede de Estradas do Estado, coa seguinte prescrición:

TRÁMITES A REALIZAR:

1. O órgano municipal competente procederá á aprobación inicial da modificación puntual e

someteraa a información pública como mínimo durante dous meses, mediante anuncio que

se publicará no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia. Así

mesmo, notificarase individualmente a todas as persoas titulares catastrais dos terreos

afectados.

2. Durante o mesmo tempo no que se realiza o trámite de información pública, a administración

municipal deberá solicitar das administracións públicas competentes os informes sectoriais e

consultas que resulten preceptivos. Os informes sectoriais autonómicos haberán de ser

emitidos no prazo máximo de tres meses, transcorrido o cal se entenderán emitidos con

carácter favorable. Neste caso deberase solicitar informe aos seguintes organismos:

a. Ministerio de Fomento. Demarcación de estradas do Estado en Galicia.

b. Confederación –hidrográfica Galicia- Costa.

c. Delegación de Goberno.

d. Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo. Telecomunicacións

e. Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

f. Augas de Galicia. Xunta de Galicia.

g. Consellería de Economía, Emprego e Industria. Xunta de Galicia.

3. Os servizos xurídicos e técnicos municipais deberán emitir informe respecto da integridade

documental do expediente, das actuacións administrativas realizadas, da calidade técnica da

ordenación proxectada e da conformidade do plan coa lexislación vixente

Page 11: DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL - Coirós · artigo 16.6 da Ley 37/2015, de 29 de septiembre, de carreteras . O 04.05.2016 remitiuse á Demaracción de estradas do Estado en Galicia

DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL SETEMBRO 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.

MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.

11

4. Cumpridos os trámites precedentes o órgano municipal competente procederá á súa

aprobación definitiva.

5. En cumprimento do disposto nos artigos 82 e 88 da LSG unha vez aprobada definitivamente

a modificación puntual a súa vixencia quedará condicionada á realización dos seguintes

trámites:

a. Publicación do acordo de aprobación definitiva no DOG, no prazo máximo dun

mes dende a súa adopción. Na publicación constarán a referencia ao enderezo

electrónico no que figurará o contido íntegro da modificación puntual á

disposición do público

b. O documento que conteña a normativa e as ordenanzas deberá publicarse no

Boletín Oficial da Provincia.

c. Inscrición no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia. Para elo

remitirase á Consellería Competente en materia de urbanismo, para a súa

inscrición no citado rexistro, un exemplar en soporte dixital debidamente

dilixenciado.

5. INCORPORACIÓN DAS DETERMINACIÓNS DO INFORME AMBIENTAL ESTRATÉXICO E

INFORMES SECTORIAIS Á MODIFICACIÓN PUNTUAL.

5.1. INFORME AMBIENTAL ESTRATÉXICO. AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA.

No Informe Ambiental Estratéxico relativo á MP do Plan Parcial do Parque Empresarial de Coirós

(Pedrapartida- I) emitido pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental o 11 de xullo de

2016 propóñese non someter a modificación puntual ao procedemento de avaliación ambiental

estratéxica ordinaria, establecéndose dúas determinacións, que son incorporadas ao presente

documento do xeito que a continuación se indica:

1. Deberá incorporarse a zonificación acústica do ámbito.

Incorpórase á modificación puntual un plano no que se reflicte a zonificación acústica (sector do

territorio con predominio do solo de uso industrial) e as zonas de afección da estrada A-6 do Mapa

estratégico de ruído de las carreteras de la red del Estado. Segunda Fase.

Incorpórase ao documento normativo da MP un punto 4.16 MEDIAS ACÚSTICAS, indicando os

obxectivos de calidade acústica e a obriga de que “con carácter previo ao outorgamento de autorización

para novas construcións ou actividades no ámbito do parque empresarial o promotor levará a cabo os estudios

correspondentes de determinación dos niveis sonoros esperables e disporá dos medios de protección acústica

imprescindibles no caso de superar os umbrais recomendados. O estudio acústico tamén terá en conta a

localización relativa dos usos sensibles respecto das actividades máis ruidosas”.

2. Actuacións dirixidas a evitar a propagación de especies invasoras.

No apartado 4.15 de MEDIDAS AMBIENTAIS da normativa establécese á necesidade de que os

proxectos de edificación e/ ou actividade que se realicen no ámbito da ordenanza modificada conterán

Page 12: DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL - Coirós · artigo 16.6 da Ley 37/2015, de 29 de septiembre, de carreteras . O 04.05.2016 remitiuse á Demaracción de estradas do Estado en Galicia

DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL SETEMBRO 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.

MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.

12

un apartado no que se recolla a vexetación existente e medios de retirada da mesma, con mención

específica á posible existencia de especies invasoras recollidas no Catálogo Español de especies

exóticas invasoras (D.630/2013, do 2 de agosto). E no seu caso as medidas a adoptar.

Ademais do anterior, no apartado 4.4.3. da normativa NORMAS XERAIS DE USO. USO INDUSTRIAL

incorpórase a indicación do informe emitido pola Xefatura Territorial de A Coruña da Consellería de

Economía, Emprego e Industria no trámite de AAE:

As instalacións que estean suxeitas a regulamentos de seguridade industrial

deberán de estar debidamente inscritas ou autorizadas e se someterán ás

correspondentes inspeccións e/ou revisións periódicas que sexan de aplicación.

5.2. INFORME PREVIO Á APROBACIÓN INICIAL DA DEMARCACIÓN DE ESTRADAS DO ESTADO.

O informe emitido o 28 de xuño de 2016 pola Subdirección Xeral de Explotación e Xestión de Red ten

carácter favorable, indicando que deberá revisarse a zonificación acústica para respectar as

servidumes acústicas.

Como xa se indicou no punto precedente incorpórase á modificación puntual un plano no que se

reflicte a zonificación acústica (sector do territorio con predominio do solo de uso industrial) e as zonas

de afección da estrada A-6 do Mapa estratégico de ruído de las carreteras de la red del Estado.

Segunda Fase.

Incorpórase ao documento normativo da MP un punto 4.15 Medias acústicas, indicando os obxectivos

de calidade acústica e a obriga de que “con carácter previo ao outorgamento de autorización para novas

construcións ou actividades no ámbito do parque empresarial o promotor levará a cabo os estudios

correspondentes de determinación dos niveis sonoros esperables e disporá dos medios de protección acústica

imprescindibles no caso de superar os umbrais recomendados. O estudio acústico tamén terá en conta a

localización relativa dos usos sensibles respecto das actividades máis ruidosas.”

Page 13: DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL - Coirós · artigo 16.6 da Ley 37/2015, de 29 de septiembre, de carreteras . O 04.05.2016 remitiuse á Demaracción de estradas do Estado en Galicia

DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL SETEMBRO 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.

MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.

13

B- MEMORIA XUSTIFICATIVA.

1. CONVENIENCIA E OPORTUNIDADE DA MODIFICACIÓN PUNTUAL. XUSTIFICACIÓN DAS

RAZÓNS DE INTERESE PÚBLICO.

Tal e como se determina no artigo 83º da Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia,

calquera modificación do planeamento urbanístico deberá fundamentarse en razóns de interese

público debidamente xustificadas.

Neste caso existen varias razóns de interese público:

a) A actualización da regulación dos usos e a posibilidade de implantar outros non previstos na

actualidade impulsará a implantación de novas empresas neste parque empresarial, e polo

tanto suporá unha maior dinamización deste enclave fundamental na economía local e

comarcal como centro de actividade e de emprego.

b) Ante a inexistencia de solo urbano de carácter residencial e/ou terciario no termo municipal,

o parque empresarial constitúe o único espazo no que poden ter cabida os diferentes usos

necesarios para a poboación do municipio.

c) Trátase dun parque empresarial de iniciativa pública.

2. ADAPTACIÓN AO ENTORNO. EFECTOS PREVISIBLES SOBRE O AMBIENTE.

A modificación puntual altera os usos previstos nun espazo xa totalmente antropizado, non incide

nas condicións de edificación nin de volume polo que non implica posibles efectos adversos sobre o

medio ambiente.

Os usos que se pretenden implantar no parque empresarial son os que se deben situar no solo

urbano, sendo o único lugar adecuado para a súa implantación no concello de Coirós.

A Coruña, setembro de 2016.

Asdo. Os arquitectos:

Alfredo Garrote Pazos Mónica Mesejo Conde Ignacio Lázaro Quintela

Page 14: DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL - Coirós · artigo 16.6 da Ley 37/2015, de 29 de septiembre, de carreteras . O 04.05.2016 remitiuse á Demaracción de estradas do Estado en Galicia

DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL SETEMBRO 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.

MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.

14

C- ORDENANZAS

NORMAS DO PLAN PARCIAL APROBADO O 1 DE MARZO DE 2003.

- NORMAS XERAIS DE USO DO P. PARCIAL (PUNTO 4- NORMAS XERAIS DE USO)

No apartado 4 da normativa do plan parcial, dispóñense as normas xerais de uso que se

transcriben a continuación, que serán substituídas pola establecidas na presente modificación puntual.

4. NORMAS XERAIS DE USO

4.1. DEFINICIÓN E CLASIFICACIÓN

A efectos das presente ordenanzas, establécense a continuación os usos da edificación e das parcelas que

poidan, en cada caso e de acordo co planeamento, considerarse como anexos a elas.

Clasificación dos usos:

- Vivenda

- Garaxe- aparcamento

- Industrial

- Comercial

- Oficinas

- Lugares de reunión

- Cultural

- Hoteleiro

- Sanitario

- Deportivo

- Servizos xerais

Esta clasificación operativa de usos non posúe carácter exhaustivo e non pode prever a posibilidade de actividade

complexas.

Nos citados casos, así como naqueles en que se dea simultaneidade de usos, aplicarase de forma razoable e

combinada as especificacións relativas a cada clase de uso.

4.2. VIVENDA

4.2.1. Definición.

Defínese así ao edificio ou parte do edificio destinado a residencia familiar.

4.2.2. Clasificación.

Establécese unha categoría única constituída por vivenda integrada en edificio para outros usos, con función

exclusiva de residencia de persoal destinado a gardería e vixilancia das instalacións nas que se empraza.

4.2.3. Condicións mínimas.

a) As condicións de hixiene, seguridade, illamento e cuestións afines serán como mínimo as reguladas polo

Decreto 311/1992, de 12 de novembro, sobre habitabilidade das vivendas da C. O. T. O. P. Ou norma que a

substitúa.

Page 15: DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL - Coirós · artigo 16.6 da Ley 37/2015, de 29 de septiembre, de carreteras . O 04.05.2016 remitiuse á Demaracción de estradas do Estado en Galicia

DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL SETEMBRO 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.

MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.

15

b) As vivendas serán obrigatoriamente exteriores con fronte mínimo de 5 m á rúa ou espazo libre de parcela e

nunca en soto ou semisoto.

4.3. GARAXE- APARCAMENTO (IC/EC)

4.3.1. Definición

Denomínase garaxe- aparcamento a todo lugar destinado á estancia de vehículos de calquera clase.

Considéranse incluídos dentro desta definición os servizos públicos de transporte e os lugares anexos de paso,

espera, venta, reparación ou estancia de vehículos. En cada garaxe- aparcamento garantirase o acceso directo a

cada praza de aparcamento.

4.3.2. Clasificación

Establécense as seguintes categorías:

- Categoría 1ª: Garaxe- aparcamento en superficie libre de parcela

- Categoría 2ª Garaxe- aparcamento anexo a outros usos

- Categoría 3ª: Garaxe- aparcamento en edificio exclusivo

- Categoría 4ª: Estación de servizo

4.3.3. Condicións dos locais.

a) A instalación e uso de aparcamentos e locais para o servizo do automóbil deberán axustarse ás prescricións

das presentes ordenanzas e demais disposicións vixentes.

b) Cando se dispoñan ramplas para acceder ás zonas de aparcamento, no interior dos edificios, axustaranse as

seguintes normas:

- As ramplas rectas non superarán a pendente do 15% e as ramplas en curva do 10% medida pola liña media. O

largo mínimo será de 3 m co sobreancho necesario nas curvas e o seu radio de curvatura, medido tamén no eixo,

será superior a 6 m.

- Poderá permitirse o emprego de aparatos montacoches.

c) Enténdese por praza de aparcamento un espazo mínimo de 2,20 x 4,50 metros. A superficie de aparcamento

mínima por praza, incluíndo a parte proporcional de accesos, non será nunca inferior a 20m². Sinalizaranse no

pavimento os emprazamentos e corredores de acceso aos vehículos, sinalización que figurará nos planos dos

proxectos que se presenten ao solicitar a concesión de licenzas de construción, instalación, funcionamento e

apertura. En garaxes- aparcamento admitirase unha altura libre de 2,30 m en calquera unto.

d) Todos os elementos que constitúan a estrutura da edificación destinada a garaxe- aparcamento haberán se ser

resistentes ao lume tipo de tres horas de duración (RF-180) ou estar protexidos con material illante, tendo en

conta a acción derivada da temperatura que poida acadar dita estrutura a través da súa protección.

e) A ventilación natural ou forzada estará proxectada con suficiente amplitude para impedir a acumulación de

vapores ou gases nocivos, en proporción superior ás cifras que sinala o Reglamento de Actividades Molestas,

Insalubres o Peligrosas. Será obrigatorio, cando exista ventilación forzada, dispoñer dun aparato detector de CO

por cada 500m², situándoo nos puntos máis desfavorablemente ventilados que accionen automaticamente ditas

instalacións.

f) Instalaranse aparatos de extinción de incendios de neve carbónica (5Kg) ou preferentemente po seco (6Kg) de

forma que corresponda uno, como mínimo, por cada 125m² ou fracción.

g) Nos garaxes superiores a 500m² instalarase unha rede interior de auga para incendios, conectada no seu caso

aos hidrantes. Esta rede manterá en todo momento unha presión de 3,5 atmosferas e estará dotada dos

Page 16: DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL - Coirós · artigo 16.6 da Ley 37/2015, de 29 de septiembre, de carreteras . O 04.05.2016 remitiuse á Demaracción de estradas do Estado en Galicia

DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL SETEMBRO 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.

MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.

16

correspondentes equipos de presurización cando a rede xeral non garanta tal presión. A esta rede engancharase

un punto de auga por cada 500m² de planta con mangueira suficiente para acadar a superficie.

h) Os desaugues disporán, para a súa acometida á rede de saneamento ou á xeral, dun sistema eficaz de

separación de graxas.

i) A estación de servizo disporá de aparcamentos en número suficiente para non entorpecer o tránsito, cun mínimo

de dúas prazas por surtidor. Si se estableceran servizos de lavado e engraxe deberán instalarse coas condicións

sinalas polas disposicións legais vixentes na materia.

4.4. INDUSTRIAS

4.4.1. Definición

Defínese como “uso industrial” o correspondente aos establecementos dedicados ao conxunto de operacións que

se executan para a obtención e transformación de primeiras materias, así como a súa preparación para

posteriores transformacións, incluso o envasado, transporte e distribución.

Inclúese tamén neste uso de industria os “almacéns”, considerando como tales os espazos destinados á garda,

conservación e distribución de produtos naturais, materias primas ou artigos manufacturadas con exclusivo

subministro a maioristas, minoristas, instaladores, fabricantes e distribuidores e en xeral os almacéns sen servizo

directo ao público. Nestes locais poderanse executar operacións secundarias que transformen en parte os

produtos almacenados.

4.4.2. Clasificación.

Establécense os seguintes grupos industriais:

a) Alimentación e tabaco

b) Téxtil e calzado

c) Madeira e cortiza

d) Papel e artes gráficas

e) Plásticos, coiros e cauchos

f) Químicas

g) Construción, vidro e cerámica

h) Metal

i) Auga, gas electricidade, calefacción, limpeza e outros servizos

Establécese ademais dos grupos industriais:

j) Alimentaria

k) Materiais da construción

l) Despezamento de automóbiles

m) Almacéns

Os citados grupos industriais poderán ser das seguintes categorías:

- Categoría 1ª- Industrial en edificio exclusivo

- Categoría 2ª- Industrial anexo a outros usos

- Categoría 3ª- Almacén en edificio exclusivo

- Categoría 4ª- Almacén anexo a outros usos

4.4.3. Condicións.

Cumprirán as que fixe a lexislación vixente sobre as materias e as que se establezan nos puntos seguintes:

Page 17: DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL - Coirós · artigo 16.6 da Ley 37/2015, de 29 de septiembre, de carreteras . O 04.05.2016 remitiuse á Demaracción de estradas do Estado en Galicia

DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL SETEMBRO 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.

MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.

17

a) As actividades permitidas deberán estar autorizadas polo Reglamento de Actividades Molestas, Nocivas

Insalubres y Peligrosas e cumprirán coas normas da ordenación xeral da seguridade e hixiene no traballo.

b) A superficie que ocupa unha actividade ven fixada pola suma de superficie de todos os locais e espazos

destinados a traballo industrial. Cando no mesmo taller se desenvolvan actividades comprendidas en diversos

epígrafes do Regulamento a superficie total non superará a máis alta das máximas permitidas por aqueles, nin as

parciais excederán ao específico que lle corresponda.

c) Os locais nos que se provean postos de traballo deberán ter, como mínimo, unha superficie por cada un deles

de 2m² e 10m3.

d) Esíxese iluminación e ventilación natural ou artificial. No primeiro dos casos os ocos de luz e ventilación

deberán ter unha superficie total non inferior a 1/8 da que teña na planta do local.

e) Disporán de aseos independentes para os dous sexos, a razón de 1 inodoro (e un urinario no caso de varóns),

un lavabo e unha ducha por cada grupo de 20 obreiros ou fracción.

f) As escaleiras de circulación xeral terán un ancho mínimo de 1m

g) Todos os parámetros interiores, así como os pavimentos serán impermeables e lisos. Os matieriais que

constitúan a edificación deberán ser incombustibles e as estruturas resistentes ao lume e de aracterísticas tales

que non permitan que cheguen ao exterior ruídos nin vibracions cuxos niveis excedan aos determinados nas

ordenanzas.

h) Para o movemento das máquinas, aparatos e para o alumeado unicamente se permite o emprego de enerxía

eléctrica non debendo empregarse a de orixe térmico máis que nos casos de emerxencia.

i) A potencia electromecánica está determinada pola suma dos motores que accionan as máquinas e aparatos e

se expresará en cabalos de vapor (cv) ou denominación equivalente. Non se avaliará como potencia a das

máquinas portátiles con forza superior a 1/3 cv cando o número de estas non exceda de 4, nin as instalacións de

ar acondicionado, aparatos elevadores de calquera tipo, ventilación forzada, transportes interiores, bombas para

elevación de augas, ar comprimido e en zonas industriais a destina á conservación de alimentos ou xéneros.

j) Cando nun mesmo taller se desenvolvan actividades comprendidas en diversos epígrafes do Regulamento, a

potencia total non superará a máis alta das máximas permitidas por aqueles, nin as parciais excederán do

específico que lle corresponda.

k) Os motores e as máquinas, así como toda a instalación, deberán montarse baixo a dirección dun técnico

legalmente competente. Cumprirán os requisitos necesarios para a seguridade do persoal e ademais o que sexa

preciso acústica e termicamente a fin de que non se orixinen molestias.

l) A instalación de caldeiras e recipientes a presión estará suxeita ás disposicións vixentes.

m) Se as augas residuais non reuniran, a xuízo dos Servizos técnicos municipais correspondentes, as debidas

condicións para un vertido ao sumidoiro xeral haberán de ser sometidas a depuración previa por procedementos

adecuados, a fin de que se cumpran as condicións que sinala o Regulamento de Actividades Molestas, Insalubres

e perigosas e demais disposicións vixentes actualmente ou no futuro sobre a materia.

n) Si os resultados que produza calquera actividade polas súas características, non poden ser recollidas polo

servizo de limpeza domiciliaria, deberán ser trasladados directamente a vertedoiro por conta do titular da

actividade.

A evacuación de po, gases, vapores e fumes, produto de combustión ou actividades realizarase a través da

adecuada cheminea cuxa desembocadura excederá de 5 m a altura do edificio máis alto, propio ou lindeiros nun

radio de 30 m e especificamente para os correspondentes a xeradores de calor cuxa potencia sexa superior a

50.000 Kcal.

Page 18: DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL - Coirós · artigo 16.6 da Ley 37/2015, de 29 de septiembre, de carreteras . O 04.05.2016 remitiuse á Demaracción de estradas do Estado en Galicia

DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL SETEMBRO 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.

MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.

18

o) Para a prevención e extinción de incendios disporá das saídas de emerxencia e accesos especiais para

salvamento, así como dos aparatos, instalacións e útiles que en cada caso e de acordo coa natureza e

características da actividade determinen os servizos técnicos municipais en función da normativa de aplicación.

4.5. COMERCIAL IC/EC

4.5.1. Definición

Uso que corresponde aos locais se servizo ao público destinados á compra venta ou permutade mercadorías ou

adxuntas a industrias.

4.5.2. Clasificación

De acordo coa clasificación nacional de actividades económicas, establécense as seguintes agrupacións:

a) Alimentación

b) Vestido, calzado e tocado

c) Mobiliario, artigos de viaxe e guarnicionería

d) Droguería, perfumería, limpeza, produtos químicos e farmacéuticos e combustibles.

e) Maquinaria, produtos metálicos e material de saneamento

f) Papel e artes gráficas, material de oficina, loterías.

g) Aparatos e instrumentos sanitarios, científicos, música.

h) Varios (obxectos de regalo,...)

Tamén se considera uso comercial a actividade mixta con industria cualificada como non perigosa, incómoda ou

insalubre, na que predomine a parte comercial, coas limitacións do comercio ou da industria que fixan na

ordenanza correspondente.

Os citados grupos comerciais poderán ser das seguinte categorías:

- Categoría 1ª. Comercial en edificio exclusivo

- Categoría 2ª. Comercial con outros usos, nos que predomine o uso comercial.

4.5.3. Condicións

a) A zona destinada ao público no local terá unha superficie mínima de 6m²

A altura dos locais comerciais será como mínimo de 3m

As escaleiras de servizo ao público nos locais comerciais terán un ancho mínimo de 1,2m

b) OS locais comerciais disporán dos seguintes servizos sanitarios:

- Ata 50 persoas ou 100m²: 1 inodoro e 1 lavabo

- Por cada 100 persoas ou 200m² máis ou fracción: Aumentarase 1 lavabo e 1 inodoro.

- A partir de 50 persoas ou 100m² instalaranse con enteira independencia para señoras e cabaleiros. En calquera

caso estes servizos non poderán comunicarse directamente co resto dos locais e por conseguinte deberán

instalarse cun vestíbulo ou zona de illamento.

c) A luz e ventilación dos locais comerciais poderá ser natural ou artificial. No primeiro caso os ocos de luz e

ventilación deberán ter unha superficie non inferior a 1/8 da que teña a planta do local. Exceptúanse os locais

destinados exclusivamente a almacéns, rochos ou corredores. Disporán das saídas de urxencia,a accesos

especiais para extinción de incendios, aparatos, instalacións e útiles que, an cada caso e de acordo coa natureza

da actividade, se estimen necesarias polo Concello en cumprimento da lexislación vixente.

d) As estruturas da edificación serán resistentes a un lume tipo de 3 horas de duración e os materiais deberán ser

incombustibles e de características tales que non permitan que cheguen ao exterior ruídos ou vibracións que

excedan das limitacións das presentes normas.

Page 19: DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL - Coirós · artigo 16.6 da Ley 37/2015, de 29 de septiembre, de carreteras . O 04.05.2016 remitiuse á Demaracción de estradas do Estado en Galicia

DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL SETEMBRO 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.

MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.

19

4.6. OFICINAS

4.6.1. Definición

Inclúense neste uso os edificios nos que predominen as actividades administrativas ou burocráticas de carácter

público ou privado, os de banca, os que con carácter análogo pertences a empresas privadas e os que se

destinen a aloxar despachos profesionais.

4.6.2. Clasificación.

Establécense as seguintes categorías:

- Categoría 1ª: En edificio exclusivo

- Categoría 2ª: En edificio con outros usos.

4.6.3. Condicións dos locais

Ademais das establecidas na lexislación vixente, en canto lles fosen de aplicación, cumprirán as seguintes

condicións:

a) Os locais de oficinas de ata 20 persoas ou 100m² terán 1 inodoro e 1 lavabo. Por cada 50 persoas ou 200m²

máis ou fracción aumentará 1 inodoro e 1 lavabo. A partir de 20 persoas ou 100 m² serán independentes para

donas e cabaleiros. Estes servizos non comunicarán directamente cos locais dispoñendo dun vestíbulo de

illamento.

b) A luz e ventilación dos locais da oficina poderá ser natural ou artificial. No primeiro caso os ocos de luz e

ventilación deberán ter unha superficie total non inferior a 1/8 da que teña a planta do local.

Disporán das saídas de urxencia, acesos especiais para extinción de incendios, aparatos, instalacións e útiles

que, en cada caso e de acordo coa natureza e características da actividade se estimen necesarias polo Concello,

en cumprimento da lexislación vixente.

c) As estruturas da edificación serán resistentes a un lume tipo de 3 horas de duración e os materiais deberán ser

incombustibles e de características tales que non se permitan que cheguen ao exterior ruídos e vibracións que

excedan das limitacións das presentes Normas.

d) Nas oficinas en planta baixa e planta primeira, cando as escaleiras haxan de ser utilizadas polo público, terán

un ancho mínimo de 1,2m.

4.7. LUGARES DE REUNIÓN ES

4.7.1. Definición

Comprende este uso os locais destinados ao público para o desenvolvemento da vida de relación e actividades

recreativas

4.7.2. Clasificación

Establécese para este uso unha categoría única

4.7.3. Condicións.

a) Ademais das seguintes os locais cumprirán as establecidas para uso comercial.

b) Suxeitaranse ás disposicións vixentes. Como mínimo existirán con absoluta independencia aseos para donas e

cabaleiros e, en calquera caso, estes servizos non poderán comunicarse directamente co resto dos locais e por

conseguinte deberán dispor dun vestíbulo ou zona de illamento.

c) As escaleiras que vaian ser utilizadas polo público terán un ancho mínimo de 1,2m.

Page 20: DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL - Coirós · artigo 16.6 da Ley 37/2015, de 29 de septiembre, de carreteras . O 04.05.2016 remitiuse á Demaracción de estradas do Estado en Galicia

DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL SETEMBRO 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.

MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.

20

4.8. CULTURAIS

4.8.1. Definición.

Corresponde aos edificios ou locais que se destinen principalmente ó ensino ou investigación en tódolos seus

graos ou especialidades.

4.8.2. Clasificación.

Establécese para este uso unha categoría única

4.8.3. Condicións.

Axustarase as disposicións vixentes.

4.9. HOSTALERÍA EC/ES

4.9.1. Definición

Corresponde aos edificios que se destinan a aloxamento temporal para transeúntes, como hoteis, apartahoteis,

restaurantes, cafeterías,...

4.9.2. Clasificación

Establécese para este caso unha categoría única

4.9.3. Condicións

Axustarase ás disposicións vixentes.

4.10 SANITARIO ES/EC

4.10.1 Definición.

Corresponde aos edificios destinados a tratamento de enfermos

4.10.2. Clasificación.

Establécese unha sola categoría:

- En edificio con outros usos (sen hospitalización)

4.10.3. Condicións dos locais

Cumprirán as condicións que fixen as disposicións vixentes.

4.11. DEPORTIVO

4.11.1. Definición.

Son lugares ou edificios acondicionados para a práctica e ensino dos exercicios de cultura física e deporte.

4.11.2. Clasificación

Establécense as seguintes categorías:

- categoría 1ª. Locais pechados

- categoría 2ª. Lugares ao ar libre

4.11.3. Condicións dos locais.

Cumprirán as condicións que fixan as disposicións vixentes

Page 21: DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL - Coirós · artigo 16.6 da Ley 37/2015, de 29 de septiembre, de carreteras . O 04.05.2016 remitiuse á Demaracción de estradas do Estado en Galicia

DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL SETEMBRO 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.

MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.

21

4.12 SERVIZOS XERAIS

4.12.1. Definición.

Son os edificios, instalacións e parcelas destinados a servizos xerais de auga, electricidade, sumidoiros e

depuración de augas residuais e outros usos de similar interese xeral.

4.12.2. Clasificación.

Non cabe unha subdivisión a priori

4.12.3. Condicións.

Os servizos de auga, electricidade, sumidoiros e depuración de augas residuais poderán instalarse de acordo

coas determinacións dos correspondentes proxectos de urbanización.

4.13. VIAIS, APARCAMENTOS E BEIRARRÚAS.

4.13.1. Definición.

Son as superficies para o movemento e aparcamento de vehículos e e persoas.

4.13.2. Clasificación.

Solo existe unha clase

4.13.3. Condicións

Serán adecuadas aos usos destinados e cumprirán a normativa vixente.

- CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª INDUSTRIAL COMERCIAL DO P. PARCIAL

(APARTADO 3.1.5 DAS NORMAS PARTICULARES DE ZONA)

3.1. ORDENANZA DE ZONA IC

...

3.1.5. Condicións de uso

Neste apartado defínense as condicións de uso, en concordancia coas Normas Xerais de Uso do

apartado 4 da presente Normativa.

A) Usos permitidos.

- Vivenda:

Permitirase unicamente en parcelas de superficie maior de 2.000m², cando o uso xera exclusivamente para

o servizo de vixilancia e garda das instalacións industrias e comerciais.

Nese caso, permitirase unha vivenda por instalación, que se situará no bloque representativo, cunha

superficie construída non superior a 150m².

- Garaxe- Aparcamento

- Categoría 2ª: Anexo ao outros usos

- Categoría 3ª: en edificio exclusivo

- Industrial

En todas as categorías

Page 22: DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL - Coirós · artigo 16.6 da Ley 37/2015, de 29 de septiembre, de carreteras . O 04.05.2016 remitiuse á Demaracción de estradas do Estado en Galicia

DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL SETEMBRO 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.

MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.

22

- Comercial:

En todas as categorías

- Oficinas:

Vinculadas á actividade principal

- Sanitario:

Ao servizo da actividade principal.

B) Usos prohibidos.

Todos os non incluídos na relación de permitidos.

Page 23: DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL - Coirós · artigo 16.6 da Ley 37/2015, de 29 de septiembre, de carreteras . O 04.05.2016 remitiuse á Demaracción de estradas do Estado en Galicia

DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL SETEMBRO 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.

MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.

23

NORMATIVA MODIFICADA.

MP- NORMAS XERAIS DE USO DO PLAN PARCIAL MODIFICADO (PUNTO 4- NORMAS XERAIS

DE USO)

4. NORMAS XERAIS DE USO.

4.1. DEFINICIÓN E CLASIFICACIÓN.

A efectos das presente ordenanzas, establécense as continuación os usos da edificación e das

parcelas que poidan, en cada caso e de acordo co planeamento, considerarse como anexos a elas.

Clasificación dos usos:

- Vivenda

- Garaxe- aparcamento

- Industrial

- Comercial

- Oficinas

- Lugares de reunión

- Cultural

- Hostaleiro

- Sanitario

- Deportivo

- Servizos xerais

- Tanatorios e servizos funerarios.

Esta clasificación operativa de usos non posúe carácter exhaustivo e non pode prever a posibilidade

de actividade complexas.

Nos citados casos, así como naqueles en que se dea simultaneidade de usos, aplicarase de forma

razoable e combinada as especificacións relativas a cada clase de uso.

4.2. VIVENDA

4.2.1. Definición

Defínese así ao edificio ou parte do edificio destinado a residencia familiar

4.2.2. Clasificación

Establécese unha categoría única constituída por vivenda integrada en edificio para outros usos, con

función exclusiva de residencia de persoal destinado a gardería e vixilancia das instalacións nas que

se empraza.

4.2.3. Condicións mínimas

a) As vivendas cumprirán as condicións de habitabilidade establecidas polo Decreto 29/2010, de 4 de

marzo, polo que se aproban as normas de habitabilidade de vivendas de Galicia, ou norma que o

substitúa.

Page 24: DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL - Coirós · artigo 16.6 da Ley 37/2015, de 29 de septiembre, de carreteras . O 04.05.2016 remitiuse á Demaracción de estradas do Estado en Galicia

DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL SETEMBRO 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.

MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.

24

b) Así mesmo cumprirán as condicións establecidas nos documentos básicos do Código Técnico da

Edificación, ou norma de igual ou superior rango que a substitúa.

c) As vivendas non poderán situarse en planta soto ou semisoto.

4.3. GARAXE- APARCAMENTO

4.3.1. Definición

Denomínase garaxe- aparcamento a todo lugar destinado á estancia de vehículos de calquera clase

(automóbiles, camións, maquinaria agrícola,...) con superficie suficiente para aloxar máis de 5

vehículos. Considéranse incluídos dentro desta definición os servizos públicos de transporte e os

lugares anexos de paso, espera, venta, aluguer, talleres de mantemento ou estancia de vehículos.

Considéranse talleres de mantemento, entretemento e limpeza do automóbil os locais destinados ao

servizo de conservación, lavado e engraxe.

En cada garaxe- aparcamento garantirase o acceso directo a cada praza de aparcamento.

4.3.2. Clasificación.

Establécense as seguintes categorías:

- Categoría 1ª: Garaxe- aparcamento en superficie libre de parcela

- Categoría 2ª Garaxe- aparcamento anexo a outros usos

- Categoría 3ª: Garaxe- aparcamento en edificio exclusivo

- Categoría 4ª: Estación de servizo. (gasolineiras, surtidores, punto carga vehículos eléctricos,...)

4.3.3. Condicións dos locais.

a) A instalación e uso de aparcamentos e locais para o servizo do automóbil deberán axustarse ás

prescricións das presentes ordenanzas e demais disposicións vixentes.

b) Non poderá ocuparse a zona correspondente aos recuados obrigatorios da aliñación da vía pública.

b) Cando se dispoñan ramplas para acceder ás zonas de aparcamento, no interior dos edificios,

axustaranse as seguintes normas:

- As ramplas rectas non excederán a pendente do 15% e as ramplas en curva do 10% medida pola

liña media. O largo mínimo será de 3 m co sobreancho necesario nas curvas e o seu radio de

curvatura, medido tamén no eixo, será superior a 6m.

- Poderá permitirse o emprego de aparatos montacoches.

c) Enténdese por praza de aparcamento un espazo mínimo de 2,20 x 4,50 metros. A superficie de

aparcamento mínima por praza, incluíndo a parte proporcional de accesos, non será nunca inferior a

20m². Sinalizaranse no pavimento os emprazamentos e corredores de acceso aos vehículos,

sinalización que figurará nos planos dos proxectos que se presenten ao solicitar a concesión de

licenzas de construción, instalación, funcionamento e apertura.

d) As condicións de protección contra incendios dos locais destinados a este uso rexeranse polo

contemplado no DB-SI do CTE ou norma de igual ou superior rango que a substitúa.

Nos garaxes de superficie superior a 500m² instalarase unha rede interior de auga para incendios,

conectada no seu caso aos hidrantes. Esta rede manterá en todo momento unha presión de 3,5

Page 25: DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL - Coirós · artigo 16.6 da Ley 37/2015, de 29 de septiembre, de carreteras . O 04.05.2016 remitiuse á Demaracción de estradas do Estado en Galicia

DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL SETEMBRO 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.

MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.

25

atmosferas e estará dotada dos correspondentes equipos de presurización cando a rede xeral non

garanta tal presión. A esta rede engancharase un punto de auga por cada 500m² de planta con

mangueira suficiente para acadar a superficie.

Para o cálculo da ventilación natural e /ou forzada será necesario ter en conta o establecido na folla de

interpretación n 12 do REBT, ou norma que a substitúa.

Será obrigatorio, cando exista ventilación forzada, dispoñer dun aparato detector de CO por cada

500m², situándoo nos puntos máis desfavorablemente ventilados que accionen automaticamente ditas

instalacións.

f) As condicións de seguridade rexeranse polo contemplado no DB-SU do CTE, ou norma de igual ou

superior rango que a substitúa.

g) En todo caso adoptaranse as disposicións sobre barreiras arquitectónicas que se conteñen la

lexislación correspondente.

h) A instalación eléctrica realizarase de acordo co establecido no REBT para este uso, aplicándose os

criterios de deseño e execución de instalacións de baixa tensión recollidas na normativa aplicable. As

canalizacións realizaranse con tubo de PVC ríxido, agás as do cadro xeral de mando e protección, as

do motor de extracción (que será 400º C/2h) que se realizarán en tubo de aceiro roscado. Así mesmo

os condutores que discorran polas canalizacións de aceiro serán 90º C/2h. Dotarase á instalación dun

sistema tal que no momento da detección dun incendio só funcionará o motor de extracción, deixando

de funcionar o motor de impulsión. Os motores de 0,75 Kw deberán protexerse mediante protección

garda-motor.

h) Os desaugues disporán, para a súa acometida á rede de saneamento ou á xeral, dun sistema

eficaz de separación de graxas.

i) A estación de servizo disporá de aparcamentos en número suficiente para non entorpecer o tránsito,

cun mínimo de dúas prazas por surtidor. Si se estableceran servizos de lavado e engraxe deberán

instalarse coas condicións sinalas polas disposicións legais vixentes na materia.

4.4. INDUSTRIAS

4.4.1. Definición

Defínese como “uso industrial” o correspondente aos establecementos dedicados ao conxunto de

operacións que se executan para a obtención e transformación de primeiras materias, así como a súa

preparación para posteriores transformacións, incluso o envasado, transporte e distribución.

Inclúese tamén neste uso de industria os “almacéns”, considerando como tales os espazos destinados

á garda, conservación e distribución de produtos naturais, materias primas ou artigos manufacturadas

con exclusivo subministro a maioristas, minoristas, instaladores, fabricantes e distribuidores e en xeral

os almacéns sen servizo directo ao público. Nestes locais poderanse executar operacións secundarias

que transformen en parte os produtos almacenados.

Inclúense tamén os talleres de reparación e chapistería do automóbil excluíndo os de mantemento,

entretemento e limpeza que se consideran dentro do uso garaxe- aparcadoiro.

Page 26: DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL - Coirós · artigo 16.6 da Ley 37/2015, de 29 de septiembre, de carreteras . O 04.05.2016 remitiuse á Demaracción de estradas do Estado en Galicia

DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL SETEMBRO 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.

MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.

26

4.4.2. Clasificación.

As industrias pódense dividir nas seguintes categorías en función da súa situación nos edificios.

- Categoría 1ª- Industrial en edificio exclusivo

- Categoría 2ª- Industrial anexo a outros usos

- Categoría 3ª- Almacén en edificio exclusivo

- Categoría 4ª- Almacén anexo a outros usos

4.4.3. Condicións.

Cumprirán as que fixe a lexislación vixente sobre as materias e as que se establecen nos puntos

seguintes:

a) A avaliación ambiental de proxectos rexerase polo disposto na Ley 21/2013, de 9 de diciembre, de

evaluación ambiental ou norma que a substitúa.

b) Todas as instalacións industriais deberán cumprir coas disposicións xerais en materia de protección

ambiental, normativa técnico- sanitaria, seguridade e saúde, accesibilidade, seguridade contra

incendios, uso, xestión de residuos, protección contra o ruído, etc.

A dotación de aseos, superficie e volume mínimo, iluminación, ventilación,... será a que se fixe na

lexislación de seguridade e hixiene no traballo.

c) Os elementos estruturais construtivos e materiais deberán cumprir coa normativa básica vixente en

cada momento.

d) A efectos da recollida e eliminación de residuos será de aplicación a regulamentación de residuos

industriais e perigosos vixente.

e) Para a prevención e protección contra incendios aplicarase a regulamentación vixente para

establecementos de uso industrial, regulada no R.D. 2267/2004, de 3 de decembro polo que se

aproba o Regulamento de Seguridade contra incendios nos establecementos industriais,así como o

DB-SI do CTE no seu caso.

f) As condicións de seguridade de uso rexeranse polo correspondente DB-SU do CTE, ou norma de

igual ou superior rango que o substitúa.

g) Os establecementos industriais que empreguen a máis de 50 traballadores se lles aplicará as

disposicións sobre barreiras arquitectónicas dos edificios de uso público que se contemplan na

lexislación correspondente

h) A potencia electromecánica está determinada pola suma das potencias nominais dos receptores

afectos á produción/actividade (no caso de que as potencias nominais dos receptores se estableza en

CV, se multiplicarán por 736 e dividirase polo coseno do receptor). Non computará a potencia de

iluminación, instalacións de ar acondicionado, ventilación e similar.

i) Si as augas residuais non reuniran as condicións esixidas no regulamento do servizo municipal de

abastecemento de auga e saneamento (publicado no BOP nº 43 21-02-2008), para un vertido ao

sumidoiro xeral haberán de ser sometidas a depuración previa por procedementos adecuados.

j). Zonas de carga e descarga. Cando se superen os 1000 m² construídos, deberase dispor no interior

da parcela ou inmoble, fora do recuado obrigatorio, unha zona expresamente habilitada para

Page 27: DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL - Coirós · artigo 16.6 da Ley 37/2015, de 29 de septiembre, de carreteras . O 04.05.2016 remitiuse á Demaracción de estradas do Estado en Galicia

DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL SETEMBRO 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.

MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.

27

operacións de carga e descarga dos vehículos de subministración e reparto de mercadorías, a razón

dunha praza por cada 1000 m² construídos ou fracción.

k). As instalacións que estean suxeitas a regulamentos de seguridade industrial deberán de estar

debidamente inscritas ou autorizadas e se someterán ás correspondentes inspeccións e/ou revisións

periódicas que sexan de aplicación.

4.5. COMERCIAL

4.5.1. Definición

Uso que corresponde aos locais se servizo ao público destinados á compra venta ou permuta de

mercadorías ou adxuntas a industrias.

4.5.2. Clasificación

Considerase uso comercial a actividade mixta con industria na que predomine a parte comercial, coas

limitacións do comercio ou da industria que fixan na ordenanza correspondente.

Os citados grupos comerciais poderán ser das seguinte categorías:

- Categoría 1ª. Comercial en edificio exclusivo

- Categoría 2ª. Comercial con outros usos, nos que predomine o uso comercial.

4.5.3. Condicións

a) A zona destinada ao público no local terá unha superficie mínima de 6 m²

A altura dos locais comerciais será a que estableza a lexislación de seguridade e hixiene no traballo e

será nas zonas de público como mínimo de 3 m.

As escaleiras de servizo ao público deberán cumprir o disposto no CTE.

b) Os servizos sanitarios serán os que se determinen pola lexislación de seguridade e hixiene no

traballo. Nos establecementos comerciais de carácter colectivo poderanse agrupar os servizos

sanitarios.

c) As condicións de iluminación e ventilación serán as que se determinen pola lexislación de

seguridade e hixiene no traballo e outras disposicións sectoriais de aplicación.

d) Os locais comerciais adoptarán as medidas contra incendios contidas no DB-SI do CTE.

e) As condicións de seguridade de uso rexeranse polo correspondente DB-SUA do CTE ou norma de

igual ou superior rango que o substitúa.

f) Serán de aplicación as disposicións sobre barreiras arquitectónicas que se conteñen na lexislación

correspondente

g) Serán de aplicación as determinacións relativas á ordenación comercial que se establecen na Lei

13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia.

h) Dotación de aparcamentos. Os establecementos comerciais de carácter colectivo disporán dunha

praza de aparcamento por cada 100 m² construídos, no mesmo inmoble ou noutro situado a menos de

300 metros do establecemento.

i). Zonas de carga e descarga. Cando se superen os 1000 m² construídos, deberase dispor no interior

da parcela ou inmoble, fora do recuado obrigatorio, unha zona expresamente habilitada para

Page 28: DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL - Coirós · artigo 16.6 da Ley 37/2015, de 29 de septiembre, de carreteras . O 04.05.2016 remitiuse á Demaracción de estradas do Estado en Galicia

DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL SETEMBRO 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.

MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.

28

operacións de carga e descarga dos vehículos de subministración e reparto de mercadorías, a razón

dunha praza por cada 1000 m² construídos ou fracción.

4.6. OFICINAS

4.6.1. Definición

Inclúense neste uso os edificios nos que predominen as actividades administrativas ou burocráticas de

carácter público ou privado, prestación de servizos persoais, os de banca, os que con carácter

análogo pertences a empresas privadas e os que se destinen a aloxar despachos profesionais.

4.6.2. Clasificación.

Establécense as seguintes categorías:

- Categoría 1ª: En edificio exclusivo

- Categoría 2ª: En edificio con outros usos.

4.6.3. Condicións.

Ademais das establecidas na lexislación vixente, en canto lles fosen de aplicación, cumprirán as

seguintes condicións:

a) A altura dos locais de oficina será a que se fixe na ordenanza específica de cada zona, así como as

disposicións de seguridade e hixiene no traballo, cun mínimo de 2,5 metros.

b) As condicións de iluminación e ventilación e a dotación e características dos servizos sanitarios

serán os que se determinen pola lexislación de seguridade e hixiene no traballo.

E como mínimo:

a) Os locais de oficinas de ata 20 persoas ou 100m² terán 1 inodoro e 1 lavabo. Por cada 50

persoas ou 200m² máis ou fracción aumentará 1 inodoro e 1 lavabo. A partir de 20 persoas ou

100m²serán independentes para señoras e cabaleiros. Estes servizos non comunicarán

directamente cos locais dispoñendo dun vestíbulo de illamento.

b) A luz e ventilación dos locais da oficina poderá ser natural ou artificial. No primeiro caso os

ocos de luz e ventilación deberán ter unha superficie total non inferior a 1/8 da que teña a planta

do local.

c) Adoptaranse tódalas medidas contempladas no DB-SI do CTE ou calquera outra disposición de

rango igual ou superior que a substitúa.

d) As condicións de seguridade de uso rexeranse polo DB-SUA do CTE, ou norma de igual ou

superior rango que o substitúa.

e) Serán de aplicación as disposicións sobre barreiras arquitectónicas que se determinan na

lexislación correspondente

f) Os edificios de uso exclusivo para oficinas (categoría primeira), disporán dunha praza de

aparcamento por cada 100 m² construídos.

Page 29: DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL - Coirós · artigo 16.6 da Ley 37/2015, de 29 de septiembre, de carreteras . O 04.05.2016 remitiuse á Demaracción de estradas do Estado en Galicia

DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL SETEMBRO 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.

MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.

29

4.7. LUGARES DE REUNIÓN

4.7.1. Definición

Comprende este uso os locais destinados ao público para o desenvolvemento da vida de relación e

actividades recreativas.

4.7.2. Clasificación

Considérase a clasificación contida no catálogo anexo ao decreto D 292/2004 do 18 de novembro ,

modificado polo D. 160/2005 de 2 de xuño, ou norma que a substitúa.

En cada ordenanza especificaranse os usos permitidos segundo o Catálogo de espectáculos públicos

e actividades recreativas ou norma que a substitúa..

4.7.3. Condicións.

a). Aplicaranse os preceptos do Decreto 292/2004 do 18 de novembro, modificado polo Decreto

160/2005 do 2 de xuño, así como o disposto no Capítulo III do Título III da Lei 9/2013, ou normativa

que as substitúa.

b) As condicións de protección contra incendios dos edificios destinados a este uso, rexeranse polo

contemplado no DB-SI do CTE ou norma de igual ou superior rango que a substitúa.

c) As condicións de seguridade de uso rexeranse polo correspondente DB-SUA do CTE, ou norma de

igual ou superior rango que o substitúa. As escaleiras que vaian ser utilizadas polo público terán un

ancho mínimo de 1,2m.

d) Serán de aplicación as disposicións sobre barreiras arquitectónicas que se conteñen na lexislación

correspondente.

e) En materia de protección contra o ruído, será de aplicación lo disposto na Ley 37/2003, de 17 de

noviembre, del Ruído, así como o Real Decreto 1513/2005, de 16 de diciembre de desenvolvemento

da Ley 37/2003, ou norma que os substitúa.

f) Os edificios e instalacións destinadas a espectáculos públicos e actividades recreativas de uso

exclusivo e carácter permanente, disporán dunha praza de aparcamento por cada 100 m² construídos.

g) Existirán con absoluta independencia aseos para señoras e cabaleiros e, en calquera caso, estes

servizos non poderán comunicarse directamente co resto dos locais e por conseguinte deberán dispor

dun vestíbulo ou zona de illamento.

4.8. CULTURAL.

4.8.1. Definición.

Corresponde aos edificios ou locais que se destinen principalmente ó ensino ou investigación así

como difusión da cultura en tódolos seus graos ou especialidades.

4.8.2. Clasificación.

Considérase a clasificación contida no catálogo anexo ao decreto D 292/2004 do 18 de novembro ,

modificado polo D. 160/2005 de 2 de xuño, ou norma que a substitúa.

Page 30: DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL - Coirós · artigo 16.6 da Ley 37/2015, de 29 de septiembre, de carreteras . O 04.05.2016 remitiuse á Demaracción de estradas do Estado en Galicia

DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL SETEMBRO 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.

MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.

30

En cada ordenanza especificaranse os usos permitidos segundo o Catálogo de espectáculos públicos

e actividades recreativas ou norma que a substitúa..

4.8.3. Condicións.

a). Aplicaranse os preceptos do Decreto 292/2004 do 18 de novembro, modificado polo Decreto

160/2005 do 2 de xuño, así como o disposto no Capítulo III do Título III da Lei 9/2013, ou norma que

os substitúa.

b) As condicións de protección contra incendios dos edificios destinados a este uso, rexeranse polo

contemplado no DB-SI do CTE ou norma de igual ou superior rango que a substitúa.

c) As condicións de seguridade de uso rexeranse polo correspondente DB-SUA do CTE, ou norma de

igual ou superior rango que o substitúa.

d) Serán de aplicación as disposicións sobre barreiras arquitectónicas que se conteñen na lexislación

correspondente.

e) En materia de protección contra o ruído, será de aplicación lo disposto na Ley 37/2003, de 17 de

noviembre, del Ruído, así como o Real Decreto 1513/2005, de 16 de diciembre de desenvolvemento

da Ley 37/2003, ou norma que os substitúa.

f) Os edificios e instalacións destinadas a espectáculos públicos e actividades recreativas de uso

exclusivo e carácter permanente, disporán dunha praza de aparcamento por cada 100 m² construídos.

4.9. HOSTALEIRO.

4.9.1. Definición

Corresponde aos edificios que se destinan a aloxamento temporal para transeúntes, como hoteis,

apartahoteis, restaurantes, cafeterías,...

4.9.2. Clasificación

Considérase a clasificación contida no catálogo anexo ao decreto D 292/2004 do 18 de novembro ,

modificado polo D. 160/2005 de 2 de xuño, ou norma que a substitúa.

En cada ordenanza especificaranse os usos permitidos segundo o Catálogo de espectáculos públicos

e actividades recreativas ou norma que a substitúa.

4.9.3. Condicións

a). Aplicaranse os preceptos do Decreto 292/2004 do 18 de novembro, modificado polo Decreto

160/2005 do 2 de xuño, así como o disposto no Capítulo III do Título III da Lei 9/2013, ou norma que

os substitúa.

b) As condicións de protección contra incendios dos edificios destinados a este uso, rexeranse polo

contemplado no DB-SI do CTE ou norma de igual ou superior rango que a substitúa.

c) As condicións de seguridade de uso rexeranse polo correspondente DB-SUA do CTE, ou norma de

igual ou superior rango que o substitúa.

d) Serán de aplicación as disposicións sobre barreiras arquitectónicas que se conteñen na lexislación

correspondente.

Page 31: DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL - Coirós · artigo 16.6 da Ley 37/2015, de 29 de septiembre, de carreteras . O 04.05.2016 remitiuse á Demaracción de estradas do Estado en Galicia

DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL SETEMBRO 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.

MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.

31

e) En materia de protección contra o ruído, será de aplicación lo disposto na Ley 37/2003, de 17 de

noviembre, del Ruído, así como o Real Decreto 1513/2005, de 16 de diciembre de desenvolvemento

da Ley 37/2003, ou norma que as substitúa.

f) Os edificios e instalacións destinadas a espectáculos públicos e actividades recreativas de uso

exclusivo e carácter permanente, disporán dunha praza de aparcamento por cada 100 m² construídos.

4.10 SANITARIO

4.10.1 Definición.

Corresponde aos edificios destinados á prestación de asistencia sanitaria en réxime interno ou externo

e público ou privado.

4.10.2. Clasificación.

Establécese unha sola categoría:

- En edificio con outros usos (sen hospitalización)

4.10.3. Condicións dos locais

a) Cumprirán as condicións que fixan as disposicións sectoriais vixentes.

b) As condicións de protección contra incendios dos locais destinados a este uso, rexeranse polo

contemplado no DB-SI do CTE ou norma de igual ou superior rango que a substitúa.

c) As condicións de seguridade de uso rexeranse polo correspondente DB-SUA do CTE, ou norma de

igual ou superior rango que o substitúa

d) Serán de aplicación as disposicións sobre barreiras arquitectónicas que se conteñen na lexislación

correspondente.

e) En materia de protección contra o ruído, será de aplicación lo disposto na Ley 37/2003, de 17 de

noviembre, del Ruído, así como o Real Decreto 1513/2005, de 16 de diciembre de desenvolvemento

da Ley 37/2003, ou norma que as substitúa.

4.11. DEPORTIVO

4.11.1. Definición.

Son lugares ou edificios acondicionados para a práctica e ensino dos exercicios de cultura física e

deporte.

4.11.2. Clasificación

Establécense as seguintes categorías:

- categoría 1ª. Locais pechados

- categoría 2ª. Lugares ao ar libre

4.11.3. Condicións dos locais.

a) No caso de uso deportivo concibido como actividade recreativa (clase 2.3. do Decreto 292/2004 da

Consellería de Xustiza, Interior e Administración local corrixido polo D. 160/2005) e polo tanto refírese

Page 32: DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL - Coirós · artigo 16.6 da Ley 37/2015, de 29 de septiembre, de carreteras . O 04.05.2016 remitiuse á Demaracción de estradas do Estado en Galicia

DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL SETEMBRO 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.

MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.

32

a realización de probas, competicións e a práctica de calquera deporte con asistencia de espectadores

aplicaranse os preceptos que constan no Decreto 292/2004 do 18 de novembro da Consellería de

Xustiza, Interior e Administración Local corrixido có D. 160/2005 e disporán dunha praza de

aparcamento por cada 100 m² construídos.

b) Cumpriranse as disposicións sectoriais vixentes.

c) As condicións de protección contra incendios dos edificios destinados a este uso, rexeranse polo

contemplado no DB-SI do CTE ou norma de igual ou superior rango que a substitúa.

d) As condicións de seguridade de uso rexeranse polo correspondente DB-SUA do CTE, ou norma de

igual ou superior rango que o substitúa

e) Serán de aplicación as disposicións sobre barreiras arquitectónicas que se conteñen na lexislación

correspondente.

f) En materia de protección contra o ruído, será de aplicación lo disposto na Ley 37/2003, de 17 de

noviembre, del Ruído, así como o Real Decreto 1513/2005, de 16 de diciembre de desenvolvemento

da Ley 37/2003, ou norma que as substitúa.

4.12 SERVIZOS XERAIS

4.12.1. Definición.

Son os edificios, instalacións e parcelas destinados a servizos xerais de auga, electricidade,

sumidoiros e depuración de augas residuais e outros usos de similar interese xeral.

4.12.2. Clasificación.

Non cabe unha subdivisión a priori.

4.12.3. Condicións.

Os servizos de auga, electricidade, sumidoiros e depuración de augas residuais poderán instalarse de

acordo coas determinacións dos correspondentes proxectos de urbanización.

No caso da implantación en parcela ou edificio destinado a outros usos (centros de transformación,

depósitos de auga, fosas...), computarán ocupación e non se poden situar nas áreas de recuado

obrigatorio.

4.13. VIAIS, APARCAMENTOS E BEIRARRÚAS.

4.13.1. Definición.

Son as superficies para o movemento e aparcamento de vehículos e e persoas.

4.13.2. Clasificación.

Solo existe unha clase

4.13.3. Condicións

Serán adecuadas aos usos destinados e cumprirán a normativa vixente.

Page 33: DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL - Coirós · artigo 16.6 da Ley 37/2015, de 29 de septiembre, de carreteras . O 04.05.2016 remitiuse á Demaracción de estradas do Estado en Galicia

DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL SETEMBRO 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.

MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.

33

4.14. TANATORIOS E SERVIZOS FUNERARIOS

4.14.1. Definición.

Correspóndese cos edificios e locais destinados á actividade principal relacionada co velorio,

tratamento, conservación, estudo e depósito temporal de cadáveres e restos humanos.

a) Recollida e traslado de cadáveres e restos.

b) Enferetrado, acondicionamento sanitario e estético de cadáveres, amortallado e vestido.

c) Subministración de féretros, ataúdes, arcas e furnas, hábitos ou mortallas, flores e coroas, e

calquera outro elemento propio do servizo funerario.

d) Servizo de coches fúnebres e organización do acto social do velorio e do enterro.

e) Servizo de preparación de túmulos, cámaras mortuorias, enloitamentos e ornatos fúnebres en

domicilios privados.

f) Trámites e dilixencias para verificacións médicas, particulares e oficiais, dos cadáveres e para

rexistros e autorizacións pertinentes para sepulturas, traslados ou calquera outra documentación

relativa ao falecemento, inhumación ou cremación.

g) Outros actos e dilixencias de prestación directa ou por axencia, que sexan propios do servizo

funerario, ben sexa por costume ou tradición cidadán, ben sexa por novas esixencias normativas

ou evolución dos hábitos sociais ou relixiosos.

USOS COMPLEMENTARIOS

Autorízanse como usos complementarios, limitados ao uso conxunto e non independente do uso

principal, os seguintes:

- Comercial e hostalería (cafetería, restaurante, venda de flores, etc.)

- Oficinas.

- Salas de reunión incluíndo a posibilidade dunha estancia, para pequena capela, para oficios

relixiosos.

- Dependencias para descanso dos usuarios, sen superar a superficie destinada a fogares

funerarios.

- Vivenda vinculada á propiedade ou emprego de persoal, en distinto andar do uso principal e

sen superar o número de fogares funerarios.

- Os usos non autorizados considéranse expresamente prohibidos.

4.14.2. Clasificación.

- Categoría 1ª: Velorio.- Establecemento para a exposición de cadáveres que contan coa

oportuna autorización sanitaria e demais requisitos regulamentarios. Poderán situarse en

edificios de uso exclusivo funerario ou en edificios de uso sanitario e asistencial exclusivo.

- Categoría 2ª: Tanatorio.- Establecemento funerario habilitado como lugar de etapa do cadáver

entre o lugar de falecemento e o destino final, debidamente acondicionados para a realización

de prácticas de tanatopraxia, tanatoplástia e tanatoestética e para exposición de cadáveres.

Poderán situarse en edificios de uso exclusivo funerario ou en edificios de uso sanitario e

asistencial exclusivo.

Page 34: DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL - Coirós · artigo 16.6 da Ley 37/2015, de 29 de septiembre, de carreteras . O 04.05.2016 remitiuse á Demaracción de estradas do Estado en Galicia

DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL SETEMBRO 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.

MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.

34

- Categoría 3ª: Crematorio.- Establecemento para a incineración de cadáveres, restos humanos

ou restos cadavéricos que conta cós requisitos regulamentarios. Deberanse situar en conxunto

con locais ou edificios da categoría 2ª (tanatorios) ou de uso sanitario e asistencial exclusivo.

- Categoría 4ª: Depósito de cadáveres.- Establecemento destinado o mantemento e

conservación de cadáveres e restos humanos, para o seu posterior estudio, análise, ou

destrución. Deberanse situar en conxunto cos locais ou edificios indicados nas categorías

anteriores 2ª ou 3ª ou de uso sanitario e asistencial exclusivo.

4.14.3. Condicións

a) Os edificios destinados ao uso de tanatorio e servizos funerarios terán acceso directo á vía pública

e circulacións independentes das de tránsito, tratamento e exposición dos cadáveres.

b) Os usos complementarios que se permiten deberán contar con espazos debidamente

compartimentados e separados dos fogares funerarios e das dependencias onde se practiquen a

preparación dos cadáveres e os actos propios do servizo funerario.

c) Todas as categorías incluídas no uso de tanatorio e servizos funerarios deberán axustarse ao

disposto no Decreto 151/2014, do 20 de novembro, de sanidade mortuoria de Galicia.

d) Na parcela nas que se implante este uso, deberá contar coas seguintes dotacións de aparcamento:

- 1 praza de aparcamento por cada 100 m² de superficie construída.

- 3 prazas de aparcamento por cada sala de velorio ou exposición de cadáveres, que se sumarán ás

anteriores.

As prazas de aparcadoiro poderán situarse no espazo libre de parcela, na edificación sobre rasante ou

baixo rasante. Aos efectos deste cómputo, exclúense as prazas necesarias para os vehículos

fúnebres ou de servizo da actividade.

e) O acceso ó tanatorio será independente doutros usos complementarios, sen prexuízo da súa

comunicación interior. A saída dos cadáveres tamén será independente da entrada das persoas.

f) As condicións de protección contra incendios dos edificios destinados a este uso rexeranse polo

previsto no CTE ou norma de igual ou superior rango que a substitúa.

g) As condicións de seguridade de uso rexeranse polo correspondente DB-SUA do CTE, ou norma de

igual ou superior rango que o substitúa

h) Serán de aplicación as disposicións sobre barreiras arquitectónicas que se conteñen na lexislación

correspondente.

i) En materia de protección contra o ruído, será de aplicación lo disposto na Ley 37/2003, de 17 de

noviembre, del Ruído, así como o Real Decreto 1513/2005, de 16 de diciembre de desenvolvemento

da Ley 37/2003, ou norma que as substitúa.

Page 35: DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL - Coirós · artigo 16.6 da Ley 37/2015, de 29 de septiembre, de carreteras . O 04.05.2016 remitiuse á Demaracción de estradas do Estado en Galicia

DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL SETEMBRO 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.

MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.

35

4.15. MEDIDAS AMBIENTAIS

Co fin de previr e corrixir os efectos sobre o medio ambiente que se poidan derivar do establecemento de novas

actividades no ámbito de actuación prevense as seguintes medidas:

• Recolleita e tratamento de residuos existentes na parcela. En función das características dos residuos

recolleitos durante a fase de acondicionamento da parcela ou das instalacións serán depositados nos

contedores de residuos sólidos urbanos ou ben conducidos a un punto limpo. No caso de existir residuos

perigosos serán entregados a un xestor autorizado. Para a selección do xestor de residuos terase en conta

a xerarquía de residuos establecida na Lei 22/2011, de 28 de xullo, de residuos e chans contaminados,

dando preferencia ao reciclado e valorización.

• Procederase ao corte da vexetación existente nas parcelas por medios mecánicos e/ou manuais, previa

comprobación da inexistencia de exemplares vexetais de interese que deberán ser marcados e

conservados prestando especial atención á retirada de especies vexetais invasoras (D 630/2013) a fin de

tomalas medidas necesarias.

• Revisión e acondicionamento das acometidas dos distintos servizos básicos de abastecemento de auga,

sumidoiros, enerxía eléctrica,... procedéndose á reparación dos elementos danados o realizar as

acometidas co fin de contribuír á preservación das instalacións e infraestruturas do parque empresarial.

• Para as instalacións de calefacción e/ou climatización e produción de ACS das actividades que se

implanten en caso de ser necesarias a selección do tipo de sistema realizarase tendo en conta criterios de

sustentabilidade, ademais de criterios técnicos e económicos, co fin de reducir na medida do posible a

emisión de contaminantes á atmosfera e o consumo de enerxía.

Para o seguimento ambiental da modificación puntual do plan parcial tomaranse as seguintes medidas:

• Nos proxectos de edificación e/ou de actividade que se realicen no ámbito da ordenanza IC incluirase un

apartado denominado “medidas preventivas e correctoras dos efectos sobre o medio ambiente” no que se

especificarán as medidas a executar descritas no punto precedente:

o Relación dos residuos existentes na parcela e o seu destino.

o Comprobación do estado das acometidas aos distintos servizos básicos (abastecemento

saneamento, rede de enerxía eléctrica,...) e realización das obras necesarias co fin de garantir o

adecuado funcionamento.

o Vexetación existente e medios de retirada da mesma con mención específica á posible existencia

de especies invasoras recollidas no Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras (D.

630/2013, do 2 de agosto)

• As actividades que pretendan implantarse no ámbito da ordenanza IC, acompañarán a comunicación

previa do inicio de actividade cunha memoria na que se indique:

o Residuos previstos que xerará a nova actividade e tratamento dos mesmos, priorizando as

operacións de reutilización , reciclaxe e valorización.

o Emisións á atmosfera previstas no desenvolvemento da actividade, e criterios de selección das

instalacións de climatización e produción de ACS, en caso de existir.

o Caracterización cualitativa das augas residuais xeradas como consecuencia da actividade.

4.16. MEDIDAS ACÚSTICAS

Considerando os valores de inmisión da autovía A-6 representados no mapa de ruído oficial, recollido no Plano 2

do presente documento, darase cumprimento aos obxectivos de calidade acústica e niveis sonoros transmitidos

Page 36: DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL - Coirós · artigo 16.6 da Ley 37/2015, de 29 de septiembre, de carreteras . O 04.05.2016 remitiuse á Demaracción de estradas do Estado en Galicia

DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL SETEMBRO 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.

MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.

36

ao interior das edificacións axustándose ao disposto no RD 1367/2007, do 19 de outubro, polo que se desenvolve

a Lei 37/2003, de 17 de novembro, do Ruído, no referente á zonificación acústica, obxectivos de calidade e

emisións acústicas, modificado polo RD 1038/2012, de 6 de xullo.

Segundo o establecido no artigo 14 do RD 1367/2007, de 19 de outubro,nas áraas urbanizadas existentes (como

é o caso) establécese como obxectivo de calidade acústica para o ruído o que resulte de aplicar os seguintes

criterios:

a) Se na área acústica supérase o correspondente valor dalgún dos índices de inmisión do ruído

establecidos na táboa A, do anexo II, o seu obxectivo de calidade acústica será acadar dito

valor.

Nestas áreas acústicas as administracións competentes deberán adoptar as medidas

necesarias para a mellora acústica do medio ambiente ata acadar o obxectivo de calidade

fixado, mediante a aplicación de plans zonais específicos aos que se refire o artigo 25.3 da Lei

37/2003, de 17 de novembro.

b) No caso contrario, o obxectivo de calidade acústica será a non superación do valor da táboa

A, do Anexo II, que lle sexa de aplicación.

Táboa A, do Anexo II,do RD 1038/2012, de 6 de xullo, polo que se modifica o RD 1037/2007, de 19 de outubro, polo que se

desenvolve a Lei 37/2003, de 17 de novembro, do ruído, no referente á zonificación acústica, obxectivos de calidade e emisións

acústicas.

Con carácter previo ao outorgamento de autorización para novas construcións ou actividades no ámbito do

parque empresarial o promotor levará a cabo os estudios correspondentes de determinación dos niveis sonoros

esperables e disporá dos medios de protección acústica imprescindibles no caso de superar os umbrais

recomendados.

O estudio acústico tamén terá en conta a localización relativa dos usos sensibles respecto das actividades máis

ruidosas.

Page 37: DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL - Coirós · artigo 16.6 da Ley 37/2015, de 29 de septiembre, de carreteras . O 04.05.2016 remitiuse á Demaracción de estradas do Estado en Galicia

DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL SETEMBRO 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.

MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.

37

MP- CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª INDUSTRIAL COMERCIAL DO PLAN PARCIAL

MODIFICADO (APARTADO 3.1.5 DAS NORMAS PARTICULARES DE ZONA).

3.1. ORDENANZA DE ZONA INDUSTRIAL- COMERCIAL.

3.1.5. Condicións de uso

Neste apartado defínense as condicións de uso, en concordancia coas Normas Xerais de Uso do

apartado 4 da presente Normativa.

A) Usos permitidos.

- Vivenda:

Permitirase unicamente en parcelas de superficie maior de 2.000 m², cando o uso xera

exclusivamente para o servizo de vixilancia e garda das instalacións industrias e comerciais.

Nese caso, permitirase unha vivenda por instalación, que se situará no bloque representativo,

cunha superficie construída non superior a 150m².

- Garaxe- Aparcamento

En todas as categorías

- Industria- almacén:

En tódalas categorías

- Comercial:

En todas as categorías

- Oficinas:

En todas as categorías

- Lugares de reunión

- Todas as categorías enumeradas no apartado 1- Espectáculos públicos do Catálogo anexo ao

D. 292/2004 do 18 de novembro, modificado polo D. 160/2005 de 2 de xuño.

- Cultural:

- Todas as categorías enumeradas no apartado 2.1- Actividades culturais e sociais do Catálogo

anexo ao D. 292/2004 do 18 de novembro, modificado polo D. 160/2005 de 2 de xuño.

- Hostaleiro:

- Todas as categorías enumeradas no apartado 2.2- Actividades recreativas destinadas aos

menores de idade do Catálogo anexo ao D. 292/2004 do 18 de novembro, modificado polo D.

160/2005 de 2 de xuño.

- Todas as categorías enumeradas no apartado 2.7. Actividades de restauración do Catálogo

anexo ao D. 292/2004 do 18 de novembro, modificado polo D. 160/2005 de 2 de xuño.

Page 38: DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL - Coirós · artigo 16.6 da Ley 37/2015, de 29 de septiembre, de carreteras . O 04.05.2016 remitiuse á Demaracción de estradas do Estado en Galicia

DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL SETEMBRO 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.

MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.

38

- Sanitario:

Ao servizo da actividade principal.

- Deportivo:

En todas as categorías

- Servizos xerais

Permitido

- Tanatorios e servizos funerarios:

En todas as categorías

B) Usos prohibidos.

Todos os non incluídos na relación de permitidos.

A Coruña, setembro de 2016.

Asdo. Os arquitectos:

Alfredo Garrote Pazos Mónica Mesejo Conde Ignacio Lázaro Quintela

Page 39: DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL - Coirós · artigo 16.6 da Ley 37/2015, de 29 de septiembre, de carreteras . O 04.05.2016 remitiuse á Demaracción de estradas do Estado en Galicia
Page 40: DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL - Coirós · artigo 16.6 da Ley 37/2015, de 29 de septiembre, de carreteras . O 04.05.2016 remitiuse á Demaracción de estradas do Estado en Galicia
Page 41: DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL - Coirós · artigo 16.6 da Ley 37/2015, de 29 de septiembre, de carreteras . O 04.05.2016 remitiuse á Demaracción de estradas do Estado en Galicia

DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL SETEMBRO 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.

MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.

39

ANEXO I. PARCELAS CATASTRAIS AFECTADAS POLA MODIFICACIÓN PUNTUAL.

POLÍGONO PARCELA 2 3 5 10 11 12 13 14 16 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29

95774

30 3 7 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39

99772

40 2 3 00768 4 2 3 4

03782

5 13 14 037755 15

Page 42: DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL - Coirós · artigo 16.6 da Ley 37/2015, de 29 de septiembre, de carreteras . O 04.05.2016 remitiuse á Demaracción de estradas do Estado en Galicia

DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL SETEMBRO 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.

MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.

40

Page 43: DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL - Coirós · artigo 16.6 da Ley 37/2015, de 29 de septiembre, de carreteras . O 04.05.2016 remitiuse á Demaracción de estradas do Estado en Galicia

DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL SETEMBRO 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.

MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.

41

ANEXO II. DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATÉXICO. (ABRIL 2016)

Page 44: DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL - Coirós · artigo 16.6 da Ley 37/2015, de 29 de septiembre, de carreteras . O 04.05.2016 remitiuse á Demaracción de estradas do Estado en Galicia

DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL SETEMBRO 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.

MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.

42

Page 45: DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL - Coirós · artigo 16.6 da Ley 37/2015, de 29 de septiembre, de carreteras . O 04.05.2016 remitiuse á Demaracción de estradas do Estado en Galicia

DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATÉXICO ABRIL- 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.

MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.

1

MODIFICACIÓN PUNTUAL

DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS

(PEDRAPARTIDA I-1)

MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO

DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL (IC).

DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATÉXICO

PROMOTOR: CONCELLO DE COIRÓS.

EQUIPO REDACTOR:

ARQUITECTOS:

ALFREDO GARROTE PAZOS, MÓNICA MESEJO CONDE, IGNACIO LÁZARO QUINTELA

ABRIL 2016.

Page 46: DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL - Coirós · artigo 16.6 da Ley 37/2015, de 29 de septiembre, de carreteras . O 04.05.2016 remitiuse á Demaracción de estradas do Estado en Galicia

DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATÉXICO ABRIL- 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.

MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.

2

Page 47: DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL - Coirós · artigo 16.6 da Ley 37/2015, de 29 de septiembre, de carreteras . O 04.05.2016 remitiuse á Demaracción de estradas do Estado en Galicia

DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATÉXICO ABRIL- 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.

MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.

3

ÍNDICE:

1.- OBXECTO DO DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATÉXICO. PROCEDEMENTO DA AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA SEGUNDO A LEI 2/2016, DO 10 DE FEBREIRO, DO SOLO DE GALICIA. ..................................................................................................................................5

2.- DATOS DO PROMOTOR.....................................................................................................................6

3.- AUTORES DO DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATÉXICO. ...........................................................6

4.- DESCRICIÓN DA MODIFICACIÓN PUNTUAL PROPOSTA..............................................................6

5.- ANTECEDENTES, ALCANCE E CONTIDO DA MODIFICACIÓN PUNTUAL E DAS ALTERNATIVAS TÉCNICA E AMBIENTALMENTE VIABLES CONSIDERADAS.................................6

5.1.- LOCALIZACIÓN E DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DE ACTUACIÓN. ANTECEDENTES.........6 5.2.- ALTERNATIVAS CONSIDERADAS DURANTE O PROCESO PLANIFICADOR. ALCANCE E CONTIDO.........................................................................................................................................9

5.2.1.- ALTERNATIVA 0. ...................................................................................................................9 5.2.2.- ALTERNATIVA 1. .................................................................................................................10 5.2.3.- ALTERNATIVA 2. ALTERNATIVA SELECCIONADA PARA A MP. ...................................11 5.2.4.- RESUMO DE MOTIVOS DE SELECCIÓN DA ALTERNATIVA REFLECTIDA NA MODIFICACIÓN PUNTUAL. ALTERNATIVA 2. .........................................................................................................12

6.- DESENVOLVEMENTO PREVISIBLE DA MODIFICACIÓN PUNTUAL. ..........................................13

7.- CARACTERIZACIÓN DA SITUACIÓN DO MEDIO AMBIENTE ANTES DO DESENVOLVEMENTO DA MODIFICACIÓN PUNTUAL NA ZONA AFECTADA.................................13

7.1.- CONTORNA E VÍAS DE COMUNICACIÓN. ............................................................................13 7.2.- RELACIÓN COS ESPAZOS NATURAIS PROTEXIDOS. .......................................................13 7.3.- ELEMENTOS AMBIENTAIS E CARACTERÍSTICAS RELEVANTES DO ÁMBITO NO ESTADO ACTUAL. ...........................................................................................................................16

8.- EFECTOS AMBIENTAIS PREVISIBLES DERIVADOS DA MODIFICACIÓN PUNTUAL. ..............17

9.- EFECTOS PREVISIBLES SOBRE PLANS SECTORIAIS E TERRITORIAIS CONCORRENTES. .18

10.- MEDIDAS PREVISTAS DE PREVENCIÓN E CORRECCIÓN DOS EFECTOS SOBRE O MEDIO AMBIENTE..................................................................................................................................18

11.- MEDIDAS PREVISTAS PARA O SEGUIMENTO AMBIENTAL DA MODIFICACIÓN PUNTUAL. 18

12.- CONCLUSIÓNS E MOTIVACIÓNS DA APLICACIÓN DO PROCEDEMENTO DE AVALIACIÓN AMBIENTAL SIMPLIFICADA. ................................................................................................................19

Page 48: DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL - Coirós · artigo 16.6 da Ley 37/2015, de 29 de septiembre, de carreteras . O 04.05.2016 remitiuse á Demaracción de estradas do Estado en Galicia

DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATÉXICO ABRIL- 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.

MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.

4

Page 49: DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL - Coirós · artigo 16.6 da Ley 37/2015, de 29 de septiembre, de carreteras . O 04.05.2016 remitiuse á Demaracción de estradas do Estado en Galicia

DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATÉXICO ABRIL- 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.

MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.

5

1.- OBXECTO DO DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATÉXICO. PROCEDEMENTO DA AVALIACIÓN

AMBIENTAL ESTRATÉXICA SEGUNDO A LEI 2/2016, DO 10 DE FEBREIRO, DO SOLO DE GALICIA.

O obxecto do presente documento é proporcionar ao órgano ambiental competente a información requirida no

procedemento de avaliación ambiental estratéxica para a aprobación da “ Modificación puntual do plan parcial

do parque empresarial de Coirós- Modificación das condicións de uso da ordenanza 1ª de edificación industrial

e comercial”.

A zona afectada pola modificación puntual correspóndese coas parcelas de uso industrial de carácter privado do

parque empresarial de Coirós, que xa está executado e en funcionamento. A modificación consiste na revisión e

ampliación dos usos permitidos na ordenanza zonal 1ª industrial e comercial e na actualización das normas

xerais de uso adaptándoas á lexislación vixente.

O artigo 46.1 da Lei 2/2016, do 10 de decembro, do solo de Galicia, (LSG en adiante) dispón que serán obxecto

de avaliación ambiental estratéxica ordinaria os seguintes instrumentos de planeamento urbanístico, así como

as súas modificacións:

a) O Plan básico autonómico.

b) Os plans xerais de ordenación municipal.

c) Os plans que requiran unha avaliación por afectar de xeito apreciable espazos de Rede Natura 2000,

nos termos previstos na súa lexislación reguladora.

d) Os comprendidos no punto seguinte, cando así o decida o órgano ambiental no informe ambiental

estratéxico ou cando así o solicite o promotor.

No artigo 46.2 establécense os instrumentos de planeamento urbanístico que serán obxecto de avaliación

ambiental simplificada:

a) As modificacións menores dos instrumentos de planeamento mencionadas no punto anterior.

b) O planeamento de desenvolvemento, por establecer o uso, a nivel municipal, de zonas de reducida

extensión.

c) Os demais plans que, establecendo un marco para a autorización no futuro, de proxectos, non

encaixen nos supostos do punto anterior, tales como os plans básicos municipais.

Segundo o disposto no artigo 83.5. a revisión do planeamento e as modificacións de calquera dos seus

elementos suxeitaranse ás mesmas disposicións enunciadas para a súa tramitación e aprobación.

O artigo 75 da LSG define o procedemento de aprobación dos plans parciais e plans especiais, establecendo

no punto 3 o suposto de que deban someterse a avaliación ambiental estratéxica simplificada,. Neste caso e

con carácter previo á aprobación inicial do documento deberán realizarse os seguintes trámites:

a) O promotor remitirá ao órgano ambiental a solicitude de inicio da avaliación ambiental estratéxica

simplificada,á que achegará o borrador do plan e o documento ambiental estratéxico, co contido

establecido na lexislación vixente.

b) O órgano ambiental, no prazo de dous meses, contados desde a recepción da documentación

completa, formulará o informe ambiental estratéxico, tras identificar e consultar as administracións

públicas afectadas e as persoas interesadas por un prazo de dous meses.

O órgano ambiental, tendo en conta o resultado das consultas, determinará no informe ambiental

estratéxico se o plan ten ou non efectos significativos no medio. No caso de non prever efectos

significativos, o plan poderá aprobarse nos termos que o propio informe estableza.

Page 50: DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL - Coirós · artigo 16.6 da Ley 37/2015, de 29 de septiembre, de carreteras . O 04.05.2016 remitiuse á Demaracción de estradas do Estado en Galicia

DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATÉXICO ABRIL- 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.

MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.

6

O informe ambiental estratéxico remitirase no prazo de quince días hábiles para a súa publicación no

Diario Oficial de Galicia e na sede electrónica do órgano ambiental.

En consecuencia e co fin de dar cumprimento aos requirimentos de contido establecidos no artigo 75.3. da LSG

elabórase o presente Documento Ambiental Estratéxico (DAE)como parte do procedemento de avaliación

ambiental estratéxica simplificada.

2.- DATOS DO PROMOTOR.

O promotor da presente modificación puntual é o Concello de Coirós, con domicilio na Casa Consistorial sita en

Coirós de Arriba 16, Coirós 15316. A Coruña.

3.- AUTORES DO DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATÉXICO.

Redactan o presente Documento Ambiental Estratéxico os arquitectos D. Alfredo Garrote Pazos, Dª Mónica

Mesejo Conde e D. Ignacio Lázaro Quintela colexiados nº 1440, 1475 e 3877 do Colexio Oficial de Arquitectos

de Galicia respectivamente e domicilio a efectos de notificación na rúa Menéndez Pelayo nº 11. 5ºC. 15005 A

Coruña. ([email protected] teléfono/ fax: 981121870)

4.- DESCRICIÓN DA MODIFICACIÓN PUNTUAL PROPOSTA.

Os obxectivos da modificación puntual respecto das normas xerais de uso son os seguintes:

• Alterar algúns aspectos da clasificación e condicións coa finalidade de adaptalas á lexislación vixente.

• Incorporar e regular o uso de tanatorio e servizos funerarios.

Por outra banda redefínense os usos permitidos na ordenanza industrial- comercial incorporando os seguintes :

• Garaxe aparcamento en categorías 1ª (superficie libre de parcela) e 4º (estacións de servizo).

• Oficina en todas as categorías.

• Lugares de reunión.

• Usos culturais.

• Hostalería.

• Deportivo en todas as categorías.

• Servizos xerais.

• Tanatorio e servizos funerarios en todas as categorías.

O fin último da modificación puntual e favorecer a ocupación do parque empresarial de Coirós incrementando as

posibilidades de implantación de novas actividades, incentivando o uso das naves existentes e desocupadas e a

construción de novas naves para actividades nas parcelas vacantes. Polo tanto proponse contribuír ao

desenvolvemento económico e a creación de novos postos de traballo no Concello de Coirós.

5.- ANTECEDENTES, ALCANCE E CONTIDO DA MODIFICACIÓN PUNTUAL E DAS ALTERNATIVAS

TÉCNICA E AMBIENTALMENTE VIABLES CONSIDERADAS.

5.1.- LOCALIZACIÓN E DELIMITACIÓN DO ÁMBITO DE ACTUACIÓN. ANTECEDENTES.

O plan xeral de ordenación municipal (PXOM) do Concello de Coirós aprobouse definitivamente o 19 de

setembro de 2002 ao abeiro da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do Solo de Galicia.

Page 51: DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL - Coirós · artigo 16.6 da Ley 37/2015, de 29 de septiembre, de carreteras . O 04.05.2016 remitiuse á Demaracción de estradas do Estado en Galicia

DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATÉXICO ABRIL- 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.

MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.

7

O 1 de marzo de 2003 aprobouse definitivamente o plan parcial do parque empresarial de Coirós (DOG 13-03-

2003 e BOP 12-03-2003). O promotor desta actuación foi a entidade Xestión Urbanística de A Coruña

(XESTUR) mediante convenio co Concello de Coirós e o IGVS.

O plan parcial ten como obxectivo cubrir a demanda de solo industrial de forma que sexa viable dentro da

realidade do mercado de solo e mellorando o nivel de vida do municipio.

A modificación puntual afecta ás normas xerais dos diferentes usos así como ás condicións de uso da

ordenanza particular IC de edificación industrial e comercial. Esta ordenanza IC é de aplicación na meirande

parte da superficie do parque empresarial de Coirós, tal e como se pode comprobar no esquema que se

acompaña, no que o seu ámbito corresponde coas zonas sombreadas en cor laranxa.

Tal e como se pode apreciar na ortofoto que se achega a continuación, no ámbito do plan parcial existen a día

de hoxe parcelas vacantes e tamén edificacións rematadas sen actividade.

Por medio da modificación puntual non se altera o ámbito de aplicación, nin as condicións de edificación nin as

condicións hixiénicas, sanitarias ou estéticas establecidas no plan parcial.

Page 52: DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL - Coirós · artigo 16.6 da Ley 37/2015, de 29 de septiembre, de carreteras . O 04.05.2016 remitiuse á Demaracción de estradas do Estado en Galicia

DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATÉXICO ABRIL- 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.

MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.

8

A modificación puntual afecta as seguintes parcelas catastrais do parque empresarial de Coirós cualificadas coa

ordenanza de edificación industrial e comercial:

POLÍGONO PARCELA

2

3

5

10

11

12

13

14

16

20

21

22

23

24

25

26

27

28

29

95774

30

3

7

13

14

15

16

17

18

19

20

21

22

23

24

25

26

27

28

29

30

31

32

33

34

99772

35

Page 53: DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL - Coirós · artigo 16.6 da Ley 37/2015, de 29 de septiembre, de carreteras . O 04.05.2016 remitiuse á Demaracción de estradas do Estado en Galicia

DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATÉXICO ABRIL- 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.

MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.

9

36

37

38

39

40

2

3 00768

4

2

3

4 03782

5

13

14 037755

15

5.2.- ALTERNATIVAS CONSIDERADAS DURANTE O PROCESO PLANIFICADOR. ALCANCE E CONTIDO.

Dado que o obxectivo da modificación puntual é alterar os usos permitidos na ordenanza IC a fin de promover a

ocupación das parcelas. Durante o proceso planificador consideráronse distintas alternativas.

5.2.1.- ALTERNATIVA 0.

Descrición:

A alternativa 0 defínese como a ausencia da modificación puntual. Esta alternativa implica que os usos

permitidos na ordenanza 1ª de edificación industrial e comercial (IC) non se modifiquen e queden tal e como se

contempla no plan parcial na actualidade.

A regulación actual establece como únicos usos permitidos na ordenanza IC o de vivenda vinculada á industria,

o garaxe-aparcamento en categorías 2ª e 3ª, o industrial e comercial en todas as categorías, así como o de

oficina e sanitario vinculados ao uso principal.

Xa que a alternativa 0 considerada consiste na ausencia de Modificación Puntual, este sería exclusivamente os

usos permitidos na alternativa 0.

Efectos previsibles no caso de aplicación da alternativa 0:

Os efectos previsibles derivados da aplicación da alternativa 0 poden avaliarse examinando o estado actual do

polígono dado que esta alternativa consiste na non modificación da situación existente.

O parque empresarial de Coirós desenvolveuse favorablemente en termos xerais durante varios anos pero

aínda existen parcelas sen edificar e nalgunhas das parcelas edificadas non se desenvolve actividade algunha.

No actual contexto económico a demanda de parcelas exclusivamente industriais diminuíu considerablemente

respecto das décadas precedentes, téndose comprobado que non existe unha gran demanda de actividades

industriais/ comerciais no parque empresarial.

Por todo o anterior a aplicación da alternativa 0 tería previsiblemente un efecto negativo dende o punto de vista

do desenvolvemento e sustentabilidade económica do parque empresarial. Así mesmo e como consecuencia do

anterior xérase un efecto negativo sobre o desenvolvemento socioeconómico da zona, dado que no se crean

Page 54: DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL - Coirós · artigo 16.6 da Ley 37/2015, de 29 de septiembre, de carreteras . O 04.05.2016 remitiuse á Demaracción de estradas do Estado en Galicia

DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATÉXICO ABRIL- 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.

MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.

10

postos de traballo. Dende unha perspectiva medioambiental a aplicación da alternativa 0 é negativa dado que o

abandono das instalacións e desocupación das parcelas favorecen o crecemento incontrolado de vexetación de

escaso interese ambiental e o deterioro das edificacións e instalacións abandonadas.

5.2.2.- ALTERNATIVA 1.

Descrición:

A primeira alternativa considerada durante o proceso de elaboración da modificación puntual do plan parcial

(alternativa 1) consistiu na ampliación dos usos e categorías permitidos na ordenanza particular IC de entre os

contemplados nas normas xerais de uso. Non se contemplaba a actualización das condicións xerais dos usos á

lexislación vixente nin a incorporación do uso tanatorio e servizos funerarios nestas normas xerais. Os usos

regulados na actualidade nas normas xerais de uso son os seguintes.

- Vivenda.

- Garaxe- aparcamento.

- Industrial.

- Comercial.

- Oficinas.

- Lugares de reunión.

- Cultural.

- Hoteleiro.

- Sanitario.

- Deportivo.

- Servizos xerais.

Por medio desta alternativa ampliábanse os usos e categorías permitidos na ordenanza IC de entre os

anteriores , de xeito que a os xa permitidos na actualidade polo plan parcial engadiríamos os de:

- Garaxe aparcamento en categorías 1ª (superficie libre de parcela) e 4º (estacións de servizo).

- Oficina en todas as categorías.

- Lugares de reunión.

- Usos culturais.

- Hostalería.

- Deportivo en todas as categorías.

- Servizos xerais.

Segundo esta alternativa non sería preciso modificar o apartado das Normas Xerais de Uso do plan parcial.

Efectos previsibles no caso de aplicación da alternativa 1:

A consideración desta alternativa suporía a ampliación dos usos permitidos no parque empresarial permitindo a

implantación de novas empresas. Esta situación supón unha mellora respecto da situación actual, non obstante

entendemos que a modificación puntual debe ir máis aló actualizando as condicións e regulación dos usos para

adaptalos aos requirimentos actuais en materia de accesibilidade, habitabilidade, seguridade e respecto ao

medio ambiente. Tamén se considera interesante a alternativa de contemplar na regulación xeral o uso de

tanatorio e servizos funerarios que poden ter demanda e que non se poden implantar noutras áreas do territorio

do termo municipal.

Page 55: DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL - Coirós · artigo 16.6 da Ley 37/2015, de 29 de septiembre, de carreteras . O 04.05.2016 remitiuse á Demaracción de estradas do Estado en Galicia

DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATÉXICO ABRIL- 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.

MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.

11

5.2.3.- ALTERNATIVA 2. ALTERNATIVA SELECCIONADA PARA A MP.

Descrición e contido da alternativa seleccionada:

A alternativa 2 que foi a finalmente seleccionada para a modificación puntual ten tres obxectivos:

- Adecuación das condicións xerais dos usos xa contemplados á lexislación vixente.

- Incorporación e regulación do uso tanatorio e servizos funerarios nas normas xerais de uso.

- Inclusión de novos usos permitidos na ordenanza IC.

As condicións de uso da ordenanza IC quedarían reguladas tal e como se indican a continuación:

A) Usos permitidos.

- Vivenda:

Permitirase unicamente en parcelas de superficie maior de 2.000 m², cando o uso xera exclusivamente para o

servizo de vixilancia e garda das instalacións industrias e comerciais.

Nese caso, permitirase unha vivenda por instalación, que se situará no bloque representativo, cunha superficie

construída non superior a 150m².

- Garaxe- Aparcamento

En todas as categorías

- Industria- almacén:

En tódalas categorías

- Comercial:

En todas as categorías

- Oficinas:

En todas as categorías

- Lugares de reunión

- Todas as categorías enumeradas no apartado 1- Espectáculos públicos do Catálogo anexo ao D. 292/2004

do 18 de novembro, modificado polo D. 160/2005 de 2 de xuño.

- Cultural:

- Todas as categorías enumeradas no apartado 2.1- Actividades culturais e sociais do Catálogo anexo ao D.

292/2004 do 18 de novembro, modificado polo D. 160/2005 de 2 de xuño.

- Hostaleiro:

- Todas as categorías enumeradas no apartado 2.2- Actividades recreativas destinadas aos menores de idade

do Catálogo anexo ao D. 292/2004 do 18 de novembro, modificado polo D. 160/2005 de 2 de xuño.

- Todas as categorías enumeradas no apartado 2.7. Actividades de restauración do Catálogo anexo ao D.

292/2004 do 18 de novembro, modificado polo D. 160/2005 de 2 de xuño.

- Sanitario:

Ao servizo da actividade principal.

- Deportivo:

En todas as categorías

- Servizos xerais

Permitido

- Tanatorios e servizos funerarios:

En todas as categorías

B) Usos prohibidos.

Todos os non incluídos na relación de permitidos.

Efectos previsibles no caso de aplicación da alternativa 2:

As novas posibilidades de implantar outros usos e actividades demandados actualmente nos polígonos

empresariais incrementarán a oferta e contribuirán a xerar unha maior actividade no parque empresarial de

Coirós. Por outra banda a adaptación da regulación das normas xerais dos usos á lexislación vixente

Page 56: DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL - Coirós · artigo 16.6 da Ley 37/2015, de 29 de septiembre, de carreteras . O 04.05.2016 remitiuse á Demaracción de estradas do Estado en Galicia

DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATÉXICO ABRIL- 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.

MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.

12

contribuirán a melloras as condicións de habitabilidade, accesibilidade e seguridade de traballadores e usuarios

das instalacións, así como as condicións de carácter medioambiental.

5.2.4.- RESUMO DE MOTIVOS DE SELECCIÓN DA ALTERNATIVA REFLECTIDA NA MODIFICACIÓN

PUNTUAL. ALTERNATIVA 2.

Tras o análise das distintas alternativas consideradas durante o proceso de planificación, descritas no apartados

precedentes, optouse pola selección da alternativa 2 para a modificación puntual do plan parcial.

A selección da alternativa 2 ven motivada por unha análise do efecto de cada unha das alternativas

consideradas en relación as principais variables ambientais e indicadores de desenvolvemento sostible, que se

resumen a continuación:

• A incorporación de novos usos na ordenanza industrial e comercial permite ampliar a oferta de

empresas que poden establecerse no parque empresarial de Coirós favorecendo así a ocupación das

parcelas e contribuíndo ao desenvolvemento socioeconómico da zona en maior grao que a alternativa 0

que é moi limitativa en canto a usos permitidos nesta ordenanza e que a alternativa 1 que aínda que

amplía a oferta a outros usos xa contemplados no plan parcial non incorpora outros novos. Na

actualidade existe pouca demanda de solo neste parque e por elo a ampliación na oferta de novos usos

posibles constitúe a mellor opción dende o punto de vista de contribución ao desenvolvemento do parque

empresarial e á creación de novos postos de traballo.

• A En relación ao impacto visual e paisaxístico, a alternativa máis favorable é a que aporta maiores

posibilidades de ocupación das parcelas que tamén é a alternativa 2, dado que o establecemento de

novas actividades implicará o acondicionamento das instalacións e a mellora da imaxe de calidade do

parque empresarial. Dende esta perspectiva a alternativa 0 é a máis desfavorable.

• En relación ao medio natural e en concreto á vexetación a alternativa 2 é novamente a que posúe un

impacto máis favorable das tres alternativas consideradas dado que ao promover en maior grao o

establecemento de actividades evítase o crecemento incontrolado da vexetación procedéndose de xeito

previo á retirada de maleza e especies invasoras durante o proceso de acondicionamento das instalación

e evitándose deste xeito a proliferación cara a parcelas lindeiras. Dado que a alternativa 2 é a que conta

coas maiores posibilidades de ocupación dende o punto de vista da vexetación é a que terá un efecto

máis positivo.

• Ningunha das alternativas suscitadas xera efectos negativos sobre o consumo de solo dado que se trata

de actuar sobre parcelas industriais existentes no parque empresarial e non se realizan modificacións das

condicións de edificación, hixiénicas, sanitarias ou estéticas establecidas no plan parcial.

• As alteracións sobre o ciclo hídrico non son relevantes para a selección dunha das alternativas dado

que apenas existen diferenzas entre os usos permitidos en cada unha delas no referente á xeración de

augas residuais. A estes efectos hai que ter en conta que a rede de sumidoiros do parque está conectada

a unha EDAR, e o plan parcial establece os parámetros de vertido das actividade a esta rede.

• No relativo á enerxía o parque empresarial dispón dunha infraestrutura axeitada apta para calquera dos

usos previstos nas alternativas. Polo que non é relevante para a selección da alternativa.

• A alternativa 2 aplica criterios de ordenación racional do territorio dado que prevé a posibilidade de

desenvolver usos de tanatorio e servizos funerarios que co planeamento vixente non se poden situar en

ningunha zona do termo municipal.

• Ningunha das alternativas consideradas ten efectos sobre o patrimonio cultural e etnográfico da zona,

non existindo elementos catalogados no ámbito de actuación ou a contorna inmediata.

Page 57: DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL - Coirós · artigo 16.6 da Ley 37/2015, de 29 de septiembre, de carreteras . O 04.05.2016 remitiuse á Demaracción de estradas do Estado en Galicia

DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATÉXICO ABRIL- 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.

MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.

13

6.- DESENVOLVEMENTO PREVISIBLE DA MODIFICACIÓN PUNTUAL.

O borrador da modificación puntual do plan parcial do parque empresarial de Coirós será remitido á Consellería

de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Secretaría Xeral de Calidade e avaliación ambiental xunto co

presente documento ambiental estratéxico (DAE) xunto coa solicitude de inicio do procedemento da avaliación

ambiental estratéxica simplificada.

O órgano competente determinará si a modificación debe someterse ao procedemento de avaliación ambiental

estratéxica ordinaria por atoparse nalgún dos supostos do apartado 1 do artigo 6 da Lei 21/213, ou ben emitirá o

correspondente informe ambiental estratéxico (IAE) considerando que a modificación proposta non posúe

efectos significativos sobre o medio ambiente, tal e como se argumenta no presente DAE. Neste último caso,

tralas consultas pertinente emitirase o IAE que será publicado no DOG.

Unha vez finalizado o trámite de avaliación ambiental estratéxica, a modificación puntual será aprobada

inicialmente por parte do Concello, que a someterá a información pública como mínimo durante dous meses,

con publicación no DOG e nun dos xornais de maior difusión na provincia. Así mesmo notificaráselle

individualmente a todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados. Ao mesmo tempo solicitaranse os

informes sectoriais e consultas que resulten preceptivos.

Os servizos xurídicos e técnicos municipais emitiran informe respecto da integridade documental do expediente,

das actuacións administrativas realizadas, da calidade técnica da ordenación proxectada e da conformidade do

plan coa lexislación vixente.

Cumpridos os trámites precedentes o concello procederá a súa aprobación definitiva.

7.- CARACTERIZACIÓN DA SITUACIÓN DO MEDIO AMBIENTE ANTES DO DESENVOLVEMENTO DA

MODIFICACIÓN PUNTUAL NA ZONA AFECTADA.

7.1.- CONTORNA E VÍAS DE COMUNICACIÓN.

O parque empresarial atópase no termo municipal de Coirós, e conta cunha situación privilexiada respecto ao

transporte por estrada, debido a que está enclavado entre a estrada nacional N-VI, e a autovía do Noroeste A-6.

O polígono conta con acceso directo a través da estrada nacional, contando coa saída da autovía a escaso

quilómetro e medio. A través destas vías de alta capacidade conecta directamente con todo o entorno galego

así como co resto do territorio español. Pode concluírse pois que o parque empresarial está dotado de unha moi

boa conectividade.

7.2.- RELACIÓN COS ESPAZOS NATURAIS PROTEXIDOS.

Rede Natura 2000

Denomínase Rede Natura 2000 á rede de espazos naturais a escala de Unión Europea, creada en virtude da

Directiva 92/43/CEE do Concello , de 21 de maio de 1992, relativa á conservación dos hábitats naturais e da

flora silvestre (Directiva hábitats).

Esta rede foi creada co obxecto de preservar os espazos naturais máis importantes de Europa e componse de

zonas de especial conservación (ZEC), declaradas polo Estados membros con arranxo á Directiva sobre

hábitats e zonas de especial protección para as aves (ZEPA), designadas de acordo coa Directiva de aves

(Directiva 79/409/CEE do Concello de 2 de abril de 1979, relativa á conservación de aves silvestres)

Page 58: DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL - Coirós · artigo 16.6 da Ley 37/2015, de 29 de septiembre, de carreteras . O 04.05.2016 remitiuse á Demaracción de estradas do Estado en Galicia

DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATÉXICO ABRIL- 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.

MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.

14

A lista de lugares de importancia comunitaria (LIC) foi considerada insuficiente por parte da Comisión Europea

polo que en decembro de 2011 realizouse unha proposta de ampliación da Rede Natura en Galicia. Mediante o

Decreto 37/2014, do 27 de marzo, decláranse zonas de especial conservación os lugares de importancia

comunitaria de Galicia e apróbase o Plan Director da Rede Natura 2000.

Este Plan Director é un plan de ordenación dos recursos naturais de todos os espazos incluídos na Rede Natura

2000 de Galicia. O Plan define un programa de medidas encamiñado a harmonizar a conservación dos hábitats

e as especies cos usos e aproveitamentos necesarios para garantir o desenvolvemento dos habitantes do

territorio incluído na Rede Natura 2000.

Como se pode ver na seguinte figura onde se mostran os espazos ren Rede Natura do termo municipal de

Coirós e indicando a situación do parque empresarial obxecto da modificación puntual, non existen espazos de

Rede Natura 2000 no ámbito da modificación puntual proposta nin nas súas inmediacións polo que

descártase calquera posible afección sobre eles por parte da modificación.

Información extraída da web de información xeográfica de Galicia. Rede Natura 2000.

Rede galega de espazos protexidos.

Nesta rede están representados os principais ecosistemas, paisaxes ou hábitats galegos, declarados nalgunha

das categorías establecidas na Lei 9/2001, de conservación da natureza, e na Lei 42/2007, do patrimonio

natural e da biodiversidade. (Reserva natural, parque natural, parque nacional, monumento natural, humedal

protexido, paisaxe protexida, zona de especial conservación dos valores naturais)

Page 59: DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL - Coirós · artigo 16.6 da Ley 37/2015, de 29 de septiembre, de carreteras . O 04.05.2016 remitiuse á Demaracción de estradas do Estado en Galicia

DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATÉXICO ABRIL- 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.

MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.

15

Na figura que se achega a continuación compróbase que non existe ningún espazo pertencente á Rede galega

de espazos protexidos no parque empresarial nin nas súas inmediacións.

Información extraída da web de información xeográfica de Galicia. Rede galega de espazos protexidos.

Outros espazos protexidos

No Decreto 124/2005 regúlanse unha serie de espazos protexidos que conteñen elementos ou sistemas

naturais de particular valor, interese ou singularidade, tanto debido á acción e á evolución da natureza como aos

derivados da actividade humana que por proposta das entidades locais, das institucións ou dos propietarios

particulares pasan a declararse espazos protexidos, aínda que non se incorporen á Rede galega de espazos

protexidos. Neste senso establécense dúas figuras:

- Espazo natural de interese local (EPIL): espazo natural integrado nun térno municipal que polas súas

singularidades sexa merecedor dalgún tipo dos seus valores naturais.

- Espazo privado de interese natural (EPIN): terreos pertencentes a institucións ou propietarios particulares nos

que existan formacións naturais, especies ou hábitats de flora e fauna silvestre para os que se considere de

interese a súa protección.

Na seguinte figura compróbase que non existe ningún outro espazo protexido no termo municipal de Coirós.

Page 60: DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL - Coirós · artigo 16.6 da Ley 37/2015, de 29 de septiembre, de carreteras . O 04.05.2016 remitiuse á Demaracción de estradas do Estado en Galicia

DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATÉXICO ABRIL- 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.

MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.

16

Información extraída da web de información xeográfica de Galicia. Outros espazos protexidos

7.3.- ELEMENTOS AMBIENTAIS E CARACTERÍSTICAS RELEVANTES DO ÁMBITO NO ESTADO ACTUAL.

Edificacións e servizos existentes:

O ámbito de actuación da modificación puntual é o parque empresarial de Coirós, en concreto as parcelas con

ordenanza de edificación de industrial e comercial. Estas parcelas correspóndense con case o 75% da

superfici

e do

polígono

.

No ano 2006 aprobouse definitivamente o plan parcial que desenvolveu o parque empresarial de Coirós, e en

convenio co Instituto Galego de vivenda e solo e XESTUR urbanizáronse os terreos e xestionouse o solo.

Adía de hoxe o parque empresarial conta con todos os servizos urbanos e están edificadas un importante

número de parcelas, aínda que debido á actual conxuntura económica existen varias naves construídas nas

que non se está a desenvolver ningunha actividade.

Page 61: DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL - Coirós · artigo 16.6 da Ley 37/2015, de 29 de septiembre, de carreteras . O 04.05.2016 remitiuse á Demaracción de estradas do Estado en Galicia

DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATÉXICO ABRIL- 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.

MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.

17

Flora fauna, paisaxe e outros elementos:

Nas parcelas nas que non existe edificación ou nas que a edificación atópase nun claro estado de abandono

prodúcese o crecemento incontrolado de vexetación de escaso interese ambiental. Esta vexetación é típica das

zonas altamente antropizadas, non constatándose presenza de especies vexetais de interese ambiental.

Previsiblemente a fauna presente no ámbito será a habitual dos terreos urbanos e industriais altamente

antropizados.

O estado de desocupación ou falla de actividade xera un impacto negativo sobre a paisaxe e a imaxe do parque

empresarial. Non existen no ámbito de actuación ou na súa contorna elementos de interese dende o punto de

vista do patrimonio arqueolóxico ou etnográfico.

Por todo o descrito anteriormente, conclúese que non existen especies vexetais ou faunísticas de interese

ambiental no ámbito de actuación e que o crecemento incontrolado de vexetación favorece a proliferación de

especies invasoras. Por outra banda a desocupación dana a imaxe e paisaxe urbana do parque empresarial.

8.- EFECTOS AMBIENTAIS PREVISIBLES DERIVADOS DA MODIFICACIÓN PUNTUAL.

Os principais efectos ambientais derivados da aplicación da modificación puntual proxectada, serían as

seguintes:

Efectos sobre espazos naturais protexidos:

Tal e como se indica nos apartados precedentes o ámbito de actuación da modificación puntual non afecta a

espazos naturais protexidos pertencentes á rede natura 2000, Rede Galega de Espazos Protexidos ou outros

espazos naturais protexidos.

Efectos sobre a fauna e a flora:

Tan e como se indica no presente documento non de detectou a presenza de flora ou fauna de interese

ambiental relevante no ámbito de actuación. Por este motivo no se prevén efectos adversos da modificación

puntual sobre a fauna e a flora.

Efectos sobre o ciclo hídrico:

A aplicación da modificación non xera efectos significativos sobre o ciclo hídrico. O parque empresarial conta

na con rede de saneamento e abastecemento a través de redes municipais polo que está garantido o

subministro e depuración das augas xeradas como consecuencia das novas actividades, e en calquera caso a

ampliación dos usos permitidos non implica un cambio substancial na cantidade e/ou concentración de

contaminantes no vertido xerado e en calquera caso deberá cumprir o disposto pola normativa municipal en

materia de vertidos á rede de sumidoiros.

Efectos sobre o desenvolvemento socioeconómico:

A aplicación dos cambios introducidos pola modificación puntual amplía claramente a oferta de empresas que

poden establecerse no ámbito, incrementándose as posibilidades de ocupación do parque empresarial que

derivaría nun efecto positivo sobre o desenvolvemento socioeconómico da zona, favorecendo a creación de

postos de traballo e o desenvolvemento do polígono. Deste xeito considérase que o efecto da modificación

sobre o desenvolvemento económico da zona será positivo.

Page 62: DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL - Coirós · artigo 16.6 da Ley 37/2015, de 29 de septiembre, de carreteras . O 04.05.2016 remitiuse á Demaracción de estradas do Estado en Galicia

DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATÉXICO ABRIL- 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.

MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.

18

Efectos sobre a atmosfera, chan, enerxía e xeración de residuos:

A ampliación de usos prevista na modificación puntual no xera efectos apreciables sobre a atmosfera, clima,

contaminación do chan ou xeración de residuos respecto ao estado actual. A incorporación dos novos usos

apenas xerará variacións respecto das previstas nos usos permitidos na actualidade.

Efectos sobre a paisaxe:

Non se producirán alteracións de importancia sobre a paisaxe como consecuencia da aplicación da modificación

puntual dado que non modifica os parámetros edificatorios do plan parcial. A ocupación de solares ou naves

vacantes coas actividades permitidas contribuirá á mellora da imaxe do polígono.

Efectos sobre o patrimonio artístico, arqueolóxico e etnográfico:

Non existen elementos catalogados de patrimonio histórico- artístico, arqueolóxico ou outros elementos de

patrimonio cultural no ámbito de actuación nin na contorna directa da modificación puntual.

9.- EFECTOS PREVISIBLES SOBRE PLANS SECTORIAIS E TERRITORIAIS CONCORRENTES.

O obxectivo desta modificación puntual, xa explicados con anterioridade non produce efecto algún sobre plans

sectoriais e territoriais concorrentes.

10.- MEDIDAS PREVISTAS DE PREVENCIÓN E CORRECCIÓN DOS EFECTOS SOBRE O MEDIO

AMBIENTE.

Co fin de previr e corrixir os efectos sobre o medio ambiente que se poidan derivar do establecemento de novas

actividades no ámbito de actuación prevense as seguintes medidas:

• Recolleita e tratamento de residuos existentes na parcela. En función das características dos residuos

recolleitos durante a fase de acondicionamento da parcela ou das instalacións serán depositados nos

contedores de residuos sólidos urbanos ou ben conducidos a un punto limpo. No caso de existir residuos

perigosos serán entregados a un xestor autorizado. Para a selección do xestor de residuos terase en

conta a xerarquía de residuos establecida na Lei 22/2011, de 28 de xullo, de residuos e chans

contaminados, dando preferencia ao reciclado e valorización.

• Procederase ao corte da vexetación existente nas parcelas por medios mecánicos e/ou manuais, previa

comprobación da inexistencia de exemplares vexetais de interese que deberán ser marcados e

conservados prestando especial atención á retirada de especies vexetais invasoras a fin de evita-la súa

propagación.

• Revisión e acondicionamento das acometidas dos distintos servizos básicos de abastecemento de

auga, sumidoiros, enerxía eléctrica,... procedéndose á reparación dos elementos danados o realizar as

acometidas co fin de contribuír á preservación das instalacións e infraestruturas do parque empresarial.

• Para as instalacións de calefacción e/ou climatización e produción de ACS das actividades que se

implanten en caso de ser necesarias a selección do tipo de sistema realizarase tendo en conta criterios

de sustentabilidade, ademais de criterios técnicos e económicos, co fin de reducir na medida do posible a

emisión de contaminantes á atmosfera e o consumo de enerxía.

11.- MEDIDAS PREVISTAS PARA O SEGUIMENTO AMBIENTAL DA MODIFICACIÓN PUNTUAL.

Para o seguimento ambiental da modificación puntual do plan parcial tomaranse as seguintes medidas:

Page 63: DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL - Coirós · artigo 16.6 da Ley 37/2015, de 29 de septiembre, de carreteras . O 04.05.2016 remitiuse á Demaracción de estradas do Estado en Galicia

DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATÉXICO ABRIL- 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.

MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.

19

• Nos proxectos de edificación e/ou de actividade que se realicen no ámbito da ordenanza IC incluirase

un apartado denominado “medidas preventivas e correctoras dos efectos sobre o medio ambiente” no

que se especificarán as medidas a executar descritas no punto precedente:

o Relación dos residuos existentes na parcela e o seu destino.

o Comprobación do estado das acometidas aos distintos servizos básicos (abastecemento

saneamento, rede de enerxía eléctrica,...) e realización das obras necesarias co fin de garantir o

adecuado funcionamento.

o Vexetación existente e medios de retirada da mesma.

• As actividades que pretendan implantarse no ámbito da ordenanza IC, acompañarán a comunicación

previa do inicio de actividade cunha memoria na que se indique:

o Residuos previstos que xerará a nova actividade e tratamento dos mesmos, priorizando as

operacións de reutilización , reciclaxe e valorización.

o Emisións á atmosfera previstas no desenvolvemento da actividade, e criterios de selección das

instalacións de climatización e produción de ACS, en caso de existir.

o Caracterización cualitativa das augas residuais xeradas como consecuencia da actividade.

12.- CONCLUSIÓNS E MOTIVACIÓNS DA APLICACIÓN DO PROCEDEMENTO DE AVALIACIÓN

AMBIENTAL SIMPLIFICADA.

O artigo 46 da LSG establece os instrumentos de planeamento urbanístico que serán obxecto de avaliación

ambiental, establecendo os que se someterán a AAE ordinaria no apartado 1. No apartado 2 se indican os que

lle corresponde a AAE simplificada.

A modificación puntual do plan parcial do parque empresarial de Coirós obxecto deste DAE non se corresponde

coa modificación de ningún dos instrumentos que se contemplan no artigo 46.1. da LSG e polo tanto non será

obxecto de AAE ordinaria. Tampouco ten un encaixe moi claro nos instrumentos que se contemplan no 46.2, xa

que non se trata dunha modificación menor de ningún dos instrumentos contemplados no artigo 46.1. (plan

básico autonómico, PXOM, plan que afecte de modo apreciable a espazos da Rede Natura 2000), tampouco se

trata dun instrumento de planeamento de desenvolvemento ou dun plan que estableza un marco para a

autorización no futuro de proxecto algún. Non obstante e de precisarse algún tipo de avaliación ambiental

estratéxica será a simplificada.

A Coruña, abril de 2016.

Asdo. Os arquitectos:

Alfredo Garrote Pazos Mónica Mesejo Conde Ignacio Lázaro Quintela

Page 64: DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL - Coirós · artigo 16.6 da Ley 37/2015, de 29 de septiembre, de carreteras . O 04.05.2016 remitiuse á Demaracción de estradas do Estado en Galicia

DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL SETEMBRO 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.

MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.

43

ANEXO III. RESOLUCIÓN DO 11 DE XULLO DE 2016 POLA QUE SE FORMULA O INFORME

AMBIENTAL ESTRATÉXICO DA MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE

EMPRESARIAL DE COIRÓS.

(Expediente: 2016AAE1877, código web 1789/2016)

Page 65: DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL - Coirós · artigo 16.6 da Ley 37/2015, de 29 de septiembre, de carreteras . O 04.05.2016 remitiuse á Demaracción de estradas do Estado en Galicia

DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL SETEMBRO 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.

MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.

44

Page 66: DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL - Coirós · artigo 16.6 da Ley 37/2015, de 29 de septiembre, de carreteras . O 04.05.2016 remitiuse á Demaracción de estradas do Estado en Galicia

DOG Núm. 146 Mércores, 3 de agosto de 2016 Páx. 34477

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

VI. ANUNCIOS

A) ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO

ANUNCIO do 12 de xullo de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, no que se fai público o informe ambiental estratéxico da modificación puntual do Plan parcial do parque empresarial de Coirós (Pedrapartida I-1), concello de Coirós (expediente 2016AAE1877; código 1789/2016).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico do 11 de xullo de 2016, sobre a MP do Plan parcial do par-que empresarial de Coirós (Pedrapartida I-1), concello de Coirós.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet:

http://cmaot.xunta.gal/busca-por-palabra-clave

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2016

Justo de Benito Basanta Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

CV

E-D

OG

: jt7

vvyp

1-5r

c8-q

ff0-3

ok8-

vyn6

48od

fsz7

Page 67: DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL - Coirós · artigo 16.6 da Ley 37/2015, de 29 de septiembre, de carreteras . O 04.05.2016 remitiuse á Demaracción de estradas do Estado en Galicia
Page 68: DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL - Coirós · artigo 16.6 da Ley 37/2015, de 29 de septiembre, de carreteras . O 04.05.2016 remitiuse á Demaracción de estradas do Estado en Galicia
Page 69: DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL - Coirós · artigo 16.6 da Ley 37/2015, de 29 de septiembre, de carreteras . O 04.05.2016 remitiuse á Demaracción de estradas do Estado en Galicia
Page 70: DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL - Coirós · artigo 16.6 da Ley 37/2015, de 29 de septiembre, de carreteras . O 04.05.2016 remitiuse á Demaracción de estradas do Estado en Galicia
Page 71: DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL - Coirós · artigo 16.6 da Ley 37/2015, de 29 de septiembre, de carreteras . O 04.05.2016 remitiuse á Demaracción de estradas do Estado en Galicia
Page 72: DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL - Coirós · artigo 16.6 da Ley 37/2015, de 29 de septiembre, de carreteras . O 04.05.2016 remitiuse á Demaracción de estradas do Estado en Galicia
Page 73: DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL - Coirós · artigo 16.6 da Ley 37/2015, de 29 de septiembre, de carreteras . O 04.05.2016 remitiuse á Demaracción de estradas do Estado en Galicia
Page 74: DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL - Coirós · artigo 16.6 da Ley 37/2015, de 29 de septiembre, de carreteras . O 04.05.2016 remitiuse á Demaracción de estradas do Estado en Galicia
Page 75: DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL - Coirós · artigo 16.6 da Ley 37/2015, de 29 de septiembre, de carreteras . O 04.05.2016 remitiuse á Demaracción de estradas do Estado en Galicia
Page 76: DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL - Coirós · artigo 16.6 da Ley 37/2015, de 29 de septiembre, de carreteras . O 04.05.2016 remitiuse á Demaracción de estradas do Estado en Galicia
Page 77: DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL - Coirós · artigo 16.6 da Ley 37/2015, de 29 de septiembre, de carreteras . O 04.05.2016 remitiuse á Demaracción de estradas do Estado en Galicia

DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL SETEMBRO 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.

MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.

45

ANEXO IV. INFORMES PREVIO Á APROBACIÓN INICIAL. SUBDIRECCIÓN XERAL DE

EXPLOTACIÓN E XESTIÓN DE REDE.

Page 78: DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL - Coirós · artigo 16.6 da Ley 37/2015, de 29 de septiembre, de carreteras . O 04.05.2016 remitiuse á Demaracción de estradas do Estado en Galicia

DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL SETEMBRO 2016 MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS.

MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO DA ORDENANZA 1ª DE EDIFICACIÓN INDUSTRIAL E COMERCIAL.

46

Page 79: DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL - Coirós · artigo 16.6 da Ley 37/2015, de 29 de septiembre, de carreteras . O 04.05.2016 remitiuse á Demaracción de estradas do Estado en Galicia
Page 80: DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL - Coirós · artigo 16.6 da Ley 37/2015, de 29 de septiembre, de carreteras . O 04.05.2016 remitiuse á Demaracción de estradas do Estado en Galicia