Dossier - Pedro e o lobo - Fantoches Baj

3
Fantoches Baj presenta:

description

Dossier do proxecto

Transcript of Dossier - Pedro e o lobo - Fantoches Baj

Page 1: Dossier - Pedro e o lobo - Fantoches Baj

Fantoches Baj presenta:

Page 2: Dossier - Pedro e o lobo - Fantoches Baj

ANTECEDENTES.

Pedro e o Lobo de Prokofiev é o grande clásico dos concertos didácticos para a infancia. Desde a súa estrea en 1936

foron acometidas innúmeras postas en escena por todo o mundo con moi diferentes plantexamentos. Pero quizais o máis

repetido é o modo en que Prokofiev a estreou, a saber: un narrador que vai contando a historia de Pedro e o seu

enfrontamento co lobo, ao mesmo tempo que vai tendendo pontes coa orquestra e enunciando como a música, cos seus

timbres, melodías e ritmos é capaz de evocar espazos e personaxes e incluso describir accións. A partires de aí, desa

proposta narrativa, o resto, polo normal, sexan no cine, danza, teatro con actores ou marionetas; representan a historia e

o narrador desaparece ou pasa a un segundo plano.

A PROPOSTA

A proposta de Fantoches Baj para esta nova posta en escena de “Pedro e o Lobo” é conciliar estes dous grandes modos

de facer esta obra, unindo o relato do narrador (ou narradores) coa representación das accións que se describen ou

evocan na música. Para elo escollemos para representala marionetas feitas coa técnica do bunraku, pois esta técnica de

manipulación a vista, sobre mesa, permite que convivan sen dificultade eses dous planos, obrigando ao manipulador a

alternar entre as dúas funcións de narrador e de actor.

A nosa proposta tamén difire do clásico en que en vez de situar a historia nun mundo rural aillado da modernidade, nos

contextualizamos o conto de “Pedro e o lobo” nunha estación de tren pechada, nun espazo que quixo ser moderno,

pero que finalmente foi abandonado e que a natureza comeza a recuperar. Por iso os que nos contan a historia son tres

antigos operarios do ferrocarril, apaixonados polos trens, que deixaron o seu traballo de desmontadores de

estacións para converterse en donos dun parque infantil.

O tradicional conto de Pedro e o lobo coa marabillosa música de Prokofiev nun entorno de maqueta de

ferrocarril para contar aos pequenos unha historia de emocións humanas: a superación, o amor, a vinganza, o

medo e o orgullo e finalmente unha defensa do lobo e da necesidade de valorar a natureza.

SINOPSE

Pedro e Irati son un matrimonio de fillos e netos de traballadores do ferrocarril, donos agora dun parque temático

onde se recrea en miniatura un circuíto dun antigo tren a vapor. Hoxe, utilizando algúns dos elementos escenográficos

do seu parque (a estación de Montefurado, o vagón-vivenda do avó, unha augada e un bosque) cóntanlle a xente

como se coñeceron na estación abandonada de Montefurado nun día en que toda a aldea andaba a procura dun lobo, de

como Pedro cazou o lobo para facerse o valente e vingarse de que lle papara a seu “pata Branca” e como finalmente

Irati convence a Pedro para que perdoe ao lobo e o deixe retornar ao seu ámbito natural, o bosque.

Page 3: Dossier - Pedro e o lobo - Fantoches Baj

FORMATO DO ESPECTÁCULO

Trátase dun musical de teatro que se pode interpretar de dous xeitos:

-Formato de teatro con Banda de música interpretado en directo: Benxamín Otero fixo os arranxos

músicas para ser interpretadas por unha banda de música que acompañará a dramatización, o grupo

proporcionará a banda as Partituras e farase un ensaio previo.

A compañía traballou nunha experiencia similar co espectáculo “As Pombas de Carboeiro”

interpretado con 20 bandas de música de todo Galicia, acadando unha fabulosa crítica tanto a nivel

musical como teatral.

-Formato teatral: Inacio Vilariño, Luís Iglesias e Laraitz Urruzola, porán en escena o espectáculo sen a

interpretación en directo por parte da banda, apoiándose nas músicas que irán soando no transcurso do

espectáculo.

ELENCO

Irati, a pata e o paporrubio....................................................................................... Larraitz Urruzola

O avó Isolino, Antón o cazador e o lobo................................................................. Luís Iglesias (Luchi)

Pedro e o gato........................................................................................................... Inacio Vilariño

Dirección e adaptación do texto ……………………………………..…………… Inacio Vilariño

Arranxos musicais ………………………………………………………..…Benxamín Otero

Iluminación ……………………………………………………………………..... Xacobe Castro

Escenografía ………………………………………………………….……………Luchi e Inacio

DISTRIBUCIÓN: www.urdime.net | [email protected]

T .+34 881895403 | M. +34 679946957 | M. +34 619920335