DOTACIÓN DE ACCESIBILIDADE GRUPO DE VIVENDAS SAN …€¦ · volumetría e características. A...

51
Jose Luis Gil Pita-Mª Cristina Nieto Peñamaría Arquitectos COAG 2344-2237 [email protected]@coag.es ESTUDO DE DETALLE PARA A DEFINICIÓN URBANÍSTICA DA DOTACIÓN DE ACCESIBILIDADE AOS INMOBLES DE VIVENDA COLECTIVA EMPRAZADOS NO GRUPO DE VIVENDAS SAN IGNACIO DE LOYOLA Santiago de Compostela. Novembro 2019 1 DOTACIÓN DE ACCESIBILIDADE GRUPO DE VIVENDAS SAN IGNACIO DE LOYOLA ESTUDO DE DETALLE

Transcript of DOTACIÓN DE ACCESIBILIDADE GRUPO DE VIVENDAS SAN …€¦ · volumetría e características. A...

Page 1: DOTACIÓN DE ACCESIBILIDADE GRUPO DE VIVENDAS SAN …€¦ · volumetría e características. A proposta determina as áreas a ocupar tanto polos ascensores como polas plataformas

Jose Luis Gil Pita-Mª Cristina Nieto Peñamaría Arquitectos COAG 2344-2237

[email protected]@coag.es

ESTUDO DE DETALLE PARA A DEFINICIÓN URBANÍSTICA DA DOTACIÓN DE ACCESIBILIDADE AOS INMOBLES DE VIVENDA COLECTIVA EMPRAZADOS NO GRUPO DE VIVENDAS SAN IGNACIO DE LOYOLA Santiago de Compostela. Novembro 2019 

1

DOTACIÓN DE ACCESIBILIDADE GRUPO DE VIVENDAS SAN IGNACIO DE LOYOLA

ESTUDO DE DETALLE

Page 2: DOTACIÓN DE ACCESIBILIDADE GRUPO DE VIVENDAS SAN …€¦ · volumetría e características. A proposta determina as áreas a ocupar tanto polos ascensores como polas plataformas

Jose Luis Gil Pita-Mª Cristina Nieto Peñamaría Arquitectos COAG 2344-2237

[email protected]@coag.es

ESTUDO DE DETALLE PARA A DEFINICIÓN URBANÍSTICA DA DOTACIÓN DE ACCESIBILIDADE AOS INMOBLES DE VIVENDA COLECTIVA EMPRAZADOS NO GRUPO DE VIVENDAS SAN IGNACIO DE LOYOLA Santiago de Compostela. Novembro 2019 

2

Estudo de Detalle para a definición urbanística da dotación de accesibilidade aos inmobles de vivenda colectiva emprazados no Grupo de Vivendas San Ignacio de Loyola

INDICE I.- MEMORIA XUSTIFICATIVA 1.- XUSTIFICACIÓN E CONVENIENCIA DA REDACCIÓN DO ESTUDIO DE DETALLE 2.- OBXECTIVOS DO ESTUDIO DE DETALLE. 3.- DETERMINACIÓNS DO PLANEAMENTO DE RANGO SUPERIOR 4.- INFORMACIÓN URBANÍSTICA:

4.1. Proxecto orixinal 4.2. Urbanización e servizos urbanístico 4.3. Ámbito do Grupo de vivendas San Ignacio de Loyola - Identificación - Descrición do estado actual - Avaliación do deterioro

II.- PROPOSTA DE ORDENACIÓN 1.- ACCESIBILIDADE 2.- EFICIENCIA ENERXÉTICA E CONSERVACIÓN III.- XUSTIFICACIÓN DO CUMPLIMENTO DE NORMAS DE RANGO SUPERIOR LEY DE SUELO Y REHABILITACIÓN URBANA LEI DE ACCESIBILIDADE LEI DO SOLO DE GALICIA E O SEU REGULAMENTO e o PXOM. LEI DE PATRIMONIO CULTURAL DE GALICIA IV.- ANEXOS ANEXO1.- PLANIMETRIAS DO PROXECTO ORIXINAL ANEXO 2.- RELACIÓN DE TITULARES DE DEREITOS AFECTADOS

V.- PLANIMETRIA 1.- INFORMACIÓN I.01.- SITUACIÓN_E 1/2000 I.02.- ÁMBITO_E 1/1000 I.03.- PLANEAMENTO DE RANGO SUPERIOR_E 1/1000 I.04.- PLANO BASE CATASTRAL_E 1/1000 I.05.- ESTADO ACTUAL. PLANTA DE ACCESO_ E 1/500 I.06.- REDES DE SERVIZO. ELECTRICIDADE +GAS_E 1/500 I.07.- REDES DE SERVIZO. AGUA +SANEAMENTO_E 1/500 I.08.- REDES DE SERVIZO. TELECOMUNICACIÓNS_E 1/500 2.- TIPOLOXIA T.01.- ESTADO ACTUAL. PLANTAS. BLOQUE 1_E 1/150 T.02.- PROPOSTA. PLANTAS. BLOQUE 1_E 1/150 T.03.- AFECCIÓNS SOBRE FACHADA SUR. BLOQUE 1_E 1/150 T.04.- ESTADO ACTUAL. PLANTAS. BLOQUE 2_E 1/150 T.05.- PROPOSTA. PLANTAS. BLOQUE 2_ E 1/150 T.06.- AFECCIÓNS SOBRE FACHADA SUR. BLOQUE 2_E 1/150 3.- PROPOSTA P.01.- PROPOSTA. PLANTA DE ACCESO_E 1/500 P.02.- PROPOSTA. PLANTA TIPO (1ª e 2ª) P.03.- PROPOSTA. ESCENA URBANA_E 1/250 P.04.- PROPOSTA+ REDES DE SERVIZO_ E 1/500 4.- ORDENACIÓN O.01.- ORDENACIÓN_ E 1/500

Page 3: DOTACIÓN DE ACCESIBILIDADE GRUPO DE VIVENDAS SAN …€¦ · volumetría e características. A proposta determina as áreas a ocupar tanto polos ascensores como polas plataformas

Jose Luis Gil Pita-Mª Cristina Nieto Peñamaría Arquitectos COAG 2344-2237

[email protected]@coag.es

ESTUDO DE DETALLE PARA A DEFINICIÓN URBANÍSTICA DA DOTACIÓN DE ACCESIBILIDADE AOS INMOBLES DE VIVENDA COLECTIVA EMPRAZADOS NO GRUPO DE VIVENDAS SAN IGNACIO DE LOYOLA Santiago de Compostela. Novembro 2019 

3

I.- MEMORIA XUSTIFICATIVA 1.- XUSTIFICACIÓN E CONVENIENCIA DA REDACCIÓN DO ESTUDIO DE DETALLE A Modificación puntual do PXOM e do PE-8 no ámbito do equipamento universitario EU-2, grupo de vivendas San Ignacio de Loyola, aprobado definitivamente con data 20 de Setembro de 2018 implica o mantemento do grupo de vivendas existente nas condicións da ordenanza 9A do PXOM vixente, aplicable as actuacións unitarias de vivenda colectiva e posibilita calquera actuación que poida alterar a imaxe unitaria do conxunto ou os seus elementos tipolóxicos máis representativos previa aprobación dun Estudo de Detalle. Polo tanto, para a dotación de accesibilidade aos inmobles de vivenda colectiva emprazados no Grupo de Vivendas San Ignacio de Loyola se precisa a redacción dun Estudo de Detalle que “haberá de analizar as características e singularidades da edificación e detallar as obras que se precise acometer no conxunto (construtivas, de habitabilidade e accesibilidade, etc) así como as regulación das instalacións precisas (cambios de carpinterías, chemineas, reparacións necesarias, ascensores e ramplas, ou calquera outra obra de urbanización)”, tal como recolle esta Modificación puntual do PXOM. “O ámbito do Estudo de Detalle abranguerá os dous bloques de vivendas, así como os elementos de urbanización a eles vinculados” Con esta Modificación puntual, o PXOM incorpora o Grupo de vivendas de San Ignacio de Loyola ás determinacións xerais de planeamento baixo parámetros fixados na Ordenanza 9(A) Actuacións unitarias de Vivenda Colectiva e do mesmo xeito vén recollida a necesidade de redacción dun Estudo de Detalle para a dotación de accesibilidade a estes inmobles. “Art. 146. Ordenanza 9. Actuacións unitarias consolidadas […] Mantendo este carácter unitario […] permitirase previa á redacción do correspondente Estudo de Detalle a introducción de elevadores e outros elementos co fin de mellorar as condicións de accesibilidade das vivendas. O Estudo de Detalle determinará, no seu caso, a desafectación do dominio público dos terreos afectados. As intervencións que poidan afectar ó conxunto ou a partes autónomas (bloques, ringleiras, etc.), deberán preverse en proxecto unitario aínda que a súa execución no sexa simultánea. Excepcionalmente poderán ordenarse, mediante Estudo de Detalle de Ordenación de Volumes, aumentos na edificabilidade ata un máximo do 15% da existente sen incrementa-lo número total de vivendas. Estas Ordenacións afectarán ó conxunto da actuación unitaria cualificada, non supoñerán alteración substancial da tipoloxía edificatoria e irán acompañadas dun proxecto global de mellora das condicións da urbanización para a totalidade do ámbito ordenado.” O Estudo de Detalle redactase, polo tanto, a fin de definir as condicións urbanísticas nas que haberán de desenvolverse as intervencións a realizar na parcela do Grupo de vivendas de San Ignacio, garantizando o carácter unitario do conxunto.

2.- OBXECTIVOS DO ESTUDIO DE DETALLE  O Estudo de Detalle estudiará a tipoloxía edificatoria e as particularidades do Grupo de vivendas de San Ignacio de Loyola así como as condicións da contorna inmediata, para despois dunha coidadosa análise, propoñer as actuacións necesarias de carácter integral, atendendo tanto á rehabilitación física de edificios (accesibilidade e eficiencia enerxética) como ás actuacións implícitas sobre o espacio inmediato. Aspectos particulares sobre os que incidir: ACCESIBILIDADE INTERNA. Solución de ascensor a implantar segundo tipoloxía, definindo a volumetría e características. A proposta determina as áreas a ocupar tanto polos ascensores como polas plataformas ou corredores exteriores que dan acceso ás vivendas dende o ascensor na fachada sur, incluíndo os axustes necesarios para os requerimentos específicos de cada Bloque, en fase de Proxecto. EFICIENCIA ENERXÉTICA. Solución de illamento e acabado a xeneralizar, determinando condicións compositivas e materiais que garantan a pervivencia harmónica da imaxe unitaria do conxunto. O Estudo de Detalle permite delimitar o ámbito de actuación, posibilitando o proceso de exposición pública a efectos do cumprimento do artigo 24 do Texto Refundido da Ley del Suelo y Rehabilitación Urbana (aprobado por Real Decreto Lexislativo 7/2015, do 30 de outubro)

Cadro I.2.1. Edificios e número de vivendas que compoñen o Grupo de vivendas de San Ignacio de Loyola.

AMBITO ED BLOQUES VIVENDAS

Bloque 1 (B1) 1,2,3,4,5,6,7,8,9,10,11,12 (12)

Bloque 2 (B2) 13,14,15,16,17,18,19,20,21,

22,23,24,25,26,27,28,29,30 (18)

GRUPO DE VIVENDAS

SAN IGNACIO

Vivendas totais B1+B2 (30)

Page 4: DOTACIÓN DE ACCESIBILIDADE GRUPO DE VIVENDAS SAN …€¦ · volumetría e características. A proposta determina as áreas a ocupar tanto polos ascensores como polas plataformas

Jose Luis Gil Pita-Mª Cristina Nieto Peñamaría Arquitectos COAG 2344-2237

[email protected]@coag.es

ESTUDO DE DETALLE PARA A DEFINICIÓN URBANÍSTICA DA DOTACIÓN DE ACCESIBILIDADE AOS INMOBLES DE VIVENDA COLECTIVA EMPRAZADOS NO GRUPO DE VIVENDAS SAN IGNACIO DE LOYOLA Santiago de Compostela. Novembro 2019 

4

3.- DETERMINACIÓNS DO PLANEAMENTO DE RANGO SUPERIOR O planeamento de rango superior neste ámbito é o que resulta da Modificación puntual do PXOM e do PE-8 no ámbito do equipamento universitario EU-2, grupo de vivendas San Ignacio de Loyola, aprobado definitivamente con data 20 de Setembro de 2018. As determinacións específicas para este ámbito son as que se transcriben a continuación: “4.1. ÁMBITO DO SISTEMA XERAL EU-2 A ordenación que se propón para este ámbito é consecuencia da alternativa de ordenación que foi seleccionada no proceso de avaliación ambiental estratéxica do plan, tal e como se recolle no documento ambiental estratéxico (DAE) que foi remitido á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. A alternativa seleccionada (alternativa 3) implica o mantemento do grupo de vivendas existente nas condicións da ordenanza 9A do PXOM vixente, aplicable as actuacións unitarias de vivenda colectiva e a cualificación da parcela non edificada, situada ao sur das vivendas, como equipamento público, tal e como se recolle no plano da proposta de modificación. A ordenación para o subámbito do grupo de vivendas de San Ignacio de Loyola sería, polo tanto, directamente a que se deriva da aplicación da citada ordenanza 9A do PXOM vixente coa obrigatoriedade de aprobar un Estudo de Detalle para calquera actuación que poida alterar a imaxe unitaria do conxunto ou os seus elementos tipolóxicos máis representativos. O resto do ámbito, mantería a consideración de sistema xeral de equipamento público universitario (EU-2), modificándose a súa superficie e establecéndose unhas condicións especificas para a edificación e urbanización desta peza…” Nova ordenación aplicable ao grupo de vivendas San Ignacio de Loyola As edificacións quedan suxeitas á aplicación da Ordenanza 9A do presente PXOM sendo preceptiva a aprobación previa dun Estudo de Detalle para calquera actuación que supoña un cambio na imaxe do conxunto e/ou dos elementos tipolóxicos ou representativos. O Estudo de Detalle haberá de analizar as características e singularidades da edificación e detallar as obras que se precise acometer no conxunto (construtivas, de habitabilidade e accesibilidade, etc) así como as regulación das instalacións precisas (cambios de carpinterías, chemineas, reparacións necesarias, ascensores e ramplas, ou calquera outra obra de urbanización). O ámbito do Estudo de Detalle abranguerá os dous bloques de vivendas, así como os elementos de urbanización a eles vinculados.”

Con esta Modificación puntual, o PXOM incorpora o Grupo de vivendas de San Ignacio de Loyola ás determinacións xerais de planeamento baixo parámetros fixados na Ordenanza (9 A) Actuacións unitarias existentes de Vivenda Colectiva: “Art. 146. Ordenanza 9. Actuacións unitarias consolidadas 1. Delimitación e ámbito. Comprende esta Ordenanza os ámbitos de actuacións unitarias residenciais existentes, de ordenación conxunta, en xeral pública ou institucional, que conforman pezas morfolóxicas autónomas e características na estructura urbana. 2. Sistema de ordenación. Consérvanse as características de estructura urbana, mantendo a tipoloxía edificatoria existente. A este efecto diferenciaranse as actuacións de vivenda colectiva (9 A) das de vivenda unifamiliar (9 B). 3. Parámetros e condicións da edificación. Con carácter xeral manteranse as edificabilidades existentes, permitíndose obras de conservación, consolidación, rehabilitación e reestructuración que non impliquen modificacións no carácter unitario do conxunto. Mantendo este carácter unitario […] permitirase previa á redacción do correspondente Estudo de Detalle a introducción de elevadores e outros elementos co fin de mellorar as condicións de accesibilidade das vivendas. O Estudo de Detalle determinará, no seu caso, a desafectación do dominio público dos terreos afectados. As intervencións que poidan afectar ó conxunto ou a partes autónomas (bloques, ringleiras, etc.), deberán preverse en proxecto unitario aínda que a súa execución no sexa simultánea. Excepcionalmente poderán ordenarse, mediante Estudo de Detalle de Ordenación de Volumes, aumentos na edificabilidade ata un máximo do 15% da existente sen incrementa-lo número total de vivendas. Estas Ordenacións afectarán ó conxunto da actuación unitaria cualificada, non supoñerán alteración substancial da tipoloxía edificatoria e irán acompañadas dun proxecto global de mellora das condicións da urbanización para a totalidade do ámbito ordenado. 4. Condicións de uso. As condicións de uso serán as establecidas no presente Plan Xeral para ordenanza de tipoloxía de ordenación análoga á da actuación de que se trate. 5. Aliñacións e rasantes. Establécense en Planos de Ordenación, e no seu defecto coincidirán coas existentes en áreas consolidadas.”

Page 5: DOTACIÓN DE ACCESIBILIDADE GRUPO DE VIVENDAS SAN …€¦ · volumetría e características. A proposta determina as áreas a ocupar tanto polos ascensores como polas plataformas

Jose Luis Gil Pita-Mª Cristina Nieto Peñamaría Arquitectos COAG 2344-2237

[email protected]@coag.es

ESTUDO DE DETALLE PARA A DEFINICIÓN URBANÍSTICA DA DOTACIÓN DE ACCESIBILIDADE AOS INMOBLES DE VIVENDA COLECTIVA EMPRAZADOS NO GRUPO DE VIVENDAS SAN IGNACIO DE LOYOLA Santiago de Compostela. Novembro 2019 

5

As determinacións referentes ó Réxime de Usos, non recollidas con carácter explícito na Ordenanza 9, aparecen definidas na Ordenanza 2, Cuarteirón. Plan Xeral de Ordenación Municipal de Santiago de Compostela (BOP número 56 · 2009.03.10). Normativa Urbanística. Artigo 139. “Ordenanza 2. Cuarteirón. […] 4. Usos. Permítense os seguintes usos: + Vivenda colectiva (agás en planta baixa). 1 + Residencial comunitario. + Hoteleiro. + Comercial: Categoría 1ª e 2ª. + Oficinas: Cando a superficie destinada a este uso supere o 40% do total en plantas altas dispoñerán de acceso independente. + Salas de reunión. + Asistencial. + Industrial: Nas seguintes categorías e grupos: -- Categoría 1ª, Grupo 5º, 6º e 7º. Ademais autorízase o uso de talleres artesanais sen potencia mecánica con limitación de superficie. Os almacéns destas actividades industriais deberán adaptarse ás condicións establecidas no art. 113. -- Categoría 2ª, Grupo 5º e 7º. + Garaxe aparcamento e servicio do automóbil nas seguintes categorías e graos: -- Categoría 1ª, Grao 1º e 3º. -- Categoría 2ª, Grao 1º, 2º e 3º. -- Categoría 3ª. -- Categoría 5ª, sempre que non impliquen operacións de chapistería e pintura. En calquera caso, deberá garantirse a ausencia de vertidos que poidan deteriora-las instalacións de rede de sumidoiros e depuración, mediante a introducción dos correspondentes mecanismos correctores (explicitamente prohibiranse vertidos de graxas e aceites ademais dos especificados para cada uso na Normativa Xeral). + Docente. + Sanitario. + Socio-cultural. + Relixioso. + Deportivo. + Recreativo. + Servicios urbanos. + Administración pública”

                                                            1 A Ordenanza 2 recolle a incompatibilidade do Uso Vivenda Colectiva en Plantas Baixas, se ben, prevista de orixe no caso que atinxe, admítese a súa existencia consonte as pretensións de conservación tipolóxica defendidas pola Ordenanza 9A. 

Como planeamento do mesmo rango é o que resulta do Estudo de Detalle nas parcelas EU-7, EU-2 e no Grupo de Vivendas de San Ignacio de Loyola, con aprobación inicial no ano 2016, que establece os seguintes parámetros a ter en conta no presente Estudo de Detalle:

- Aliñacións: “Establécese unha aliñación para as parcelas de equipamento EU-2 e o grupo de vivendas de San Ignacio de Loyola, por prolongación da aliñación definida na rúa da Eira da Palleira, que permitirá resolver os accesos desde o sur do ámbito.” - Espazo público: “O espazo situado entre as novas aliñacións descritas no apartado anterior configura o espazo destinado a resolver a integración do ámbito co sistema viario público municipal.” “Proponse, polo tanto, un tratamento do espazo coidadoso, integrando novos itinerarios peonís cos xa existentes e limitando a posibilidade de uso rodado deste espazo ao estritamente necesario para dar acceso aos bloques de vivendas de San Ignacio de Loyola, evitando a continuidade dos percorridos rodado na dirección norte sur. O bloque sur, situado na cota máis elevada, carece na actualidade de acceso rodado, polo que se propón habilitar un acceso desde a rúa da Eira da Palleira, practicamente en horizontal, aproveitando a rasante natural do terreo, xa que a cota de implantación do bloque sur é sensiblemente a mesma que a do edifico situado na rúa da Eira da Palleira.”

Page 6: DOTACIÓN DE ACCESIBILIDADE GRUPO DE VIVENDAS SAN …€¦ · volumetría e características. A proposta determina as áreas a ocupar tanto polos ascensores como polas plataformas

Jose Luis Gil Pita-Mª Cristina Nieto Peñamaría Arquitectos COAG 2344-2237

[email protected]@coag.es

ESTUDO DE DETALLE PARA A DEFINICIÓN URBANÍSTICA DA DOTACIÓN DE ACCESIBILIDADE AOS INMOBLES DE VIVENDA COLECTIVA EMPRAZADOS NO GRUPO DE VIVENDAS SAN IGNACIO DE LOYOLA Santiago de Compostela. Novembro 2019 

6

4.- INFORMACIÓN URBANÍSTICA Plano I.4.1: Ordenación do Grupo de vivendas de San Ignacio de Loyola según a Modificación puntual do PXOM.

(20/09/2018)

Fonte: Concello de Santiago de Compostela

4.1.- Proxecto orixinal O grupo de vivendas de San Ignacio de Loyola, que se atopa nunha zona constreñida entre a saída da antiga estrada de Noia, Avda. Mestre Mateo, e a actual Avda de Barcelona, coñeceuse en orixe e popularmente polo nome das vivendas do Banco do Pobre. Nome cuxo orixe, segundo os medios, basease en que en Santiago existíu unha entidade benéfica construtora chamada “Banco do Pobre”, creada coa finalidade de dotar de vivendas dignas "a familias humildes e moi necesitadas". No mes de agosto de 1962, según recolle a prensa do momento, as autoridades locais, co alcalde Porto Anido como rexidor, colocaron a primeira pedra do primeiro dos bloques construídos, contando cunha previsión inicial de 60 vivendas distribuídas en varios bloques ocupando a totalidade da parcela. Ata mediados dos anos 70 non se realiza o segundo e último dos bloques. Entre ambas datas se dan diferentes variantes sobre a implantación orixinal prevista, tanto en extensión dos bloques que se proponían como na súa posición, pasando dunha provisión inicial de 2 bloques de tres módulos, máis 5 bloques de dous módulos e 1 bloque de un módulo á implantación final de 1 primeiro bloque de dous módulos e un último bloque de tres módulos, que son os que finalmente foron executados e que actualmente compoñen o Grupo de vivendas de San Ignacio de Loyola. O número total de vivendas da unidade veciñal é de 30 viviendas.

Plano I.4.1.1: Plano Situación Bloques. Septiembre 1962. Proposta inicial.

Fonte: Archivo Histórico de Galicia (Fondos COAG)

Plano I.4.1.2: Plano Situación Bloques. Abril 1974. Proposta final.

Fonte: Archivo Histórico de Galicia (Fondos COAG)

Page 7: DOTACIÓN DE ACCESIBILIDADE GRUPO DE VIVENDAS SAN …€¦ · volumetría e características. A proposta determina as áreas a ocupar tanto polos ascensores como polas plataformas

Jose Luis Gil Pita-Mª Cristina Nieto Peñamaría Arquitectos COAG 2344-2237

[email protected]@coag.es

ESTUDO DE DETALLE PARA A DEFINICIÓN URBANÍSTICA DA DOTACIÓN DE ACCESIBILIDADE AOS INMOBLES DE VIVENDA COLECTIVA EMPRAZADOS NO GRUPO DE VIVENDAS SAN IGNACIO DE LOYOLA Santiago de Compostela. Novembro 2019 

7

Os arquitectos Dª Elena Arregui Cruz-López e D. Arturo Zas Aznar redactaron o proxecto e así figura na documentación orixinal da primeira fase (bloque 1 de dous módulos, 1962) asinando individualmente a nome de un deles nas fases posteriores. Ao marxe das duras vicisitudes que todo proxecto edilicio doméstico de carácter social e económico adoita sufrir, algunhas destas construcións -como o caso que ocupa este Estudo de Detalle- presentan hoxe en día certos valores que aportar, tanto polo innovador da súa tipoloxía como pola expresividade dos seus elementos exteriores de comunicación vertical, á historia recente da arquitectura nese campo específico. O exemplo das vivendas de San Ignacio de Loyola parece resistir, después de máis de 55 años, o embate do tempo presentando unha arquitectura todavía con puntos de interese para a actualidade que habitamos. Todo ello a pesar dos baixos estándares construtivos da época e da economía de medios que eran dedicados usualmente ás vivendas que estaban destinadas a grupo social dos traballadores e persoas de rentas máis baixas. Os hándicaps técnico-construtivos orixinales deste tipo de habitación, igual que os de accesibilidade, algúns derivados da radicalidade e modernidade da súa innovadora tipoloxía, hoxe son reversibles e mellorables en gran parte e, con propostas que interpreten e respeten potenciando esa radicalidade orixinal, son aínda capaces de rexenerarse e actualizarse ao mesmo tempo que nos legan parte da modernidade patrimonializable da arquitectura habitacional colectiva da España dos anos 60. O corredor comunitario aberto e a escaleira exenta de acceso vertical como elementos identificatorios do ritmo e orde singular fronte á fraxilidade e pobreza formal do volume estrictamente habitable. Eran estos exercicios de investigación para a mellora do ben común que só o baixo coste ou a promoción pública ou cooperativa podían chegar a permitir como ensaio. Ensaio que por outra banda se estaba dando a gran escala polas incipientes economías socialdemócratas avanzadas como a holandesa ou a anglosaxona. Xeografías onde se daba a máis alta cualidade na investigación en arquitectura doméstica para unha sociedade dos traballadores que debía recuperarse da quiebra moral e económica posterior á 2ª guerra mundial. O barrio e a edificatoria do Barrio de San Ignacio de Loyola, ben podría ser parte das intervencións de Jaap Bakema e Van den Broek ou de cualqueira arquitecto ou planeamento suburbano europeo ou da Holanda dos 60,s pois é contemporáneo deles. E igualmente a idea de propoñer un corredor común aberto como espacio de acceso, encontro e relación acerca este Grupo de vivendas ás propostas e ideario teórico de Alison e Peter Smithson en Golden Lane en 1952 e máis tarde executado en Robin Hood Gardens 1966-72. Esta comparación, a pesar da distancia en términos de escala e cualidade, é máis cercana entre San Ignacio de Loyola e os exemplos extranxeiros citados que a que separa a San Ignacio dos exemplos que se estaban dando nesa época no resto de España. Tan só é preciso repasar as accións sociais de parecidas condicións socio-económicas en Madrid (que se abordan ampliamente na publicación “Un siglo de vivienda social (1903/2003)”) para observar a altura da proposta de Arregui e Zas en Santiago frente ás de unha futura gran capital como Madrid. Mentras que moitas das primeiras accións executadas na capital - a pesar da súa alta cualidade e da man dos maestros que as propoñían- eran deudoras dos exemplos dos pobos de colonización executados casi ao mesmo tiempo, tanto en escala como en tipoloxía, xunto a outras posteriores sin máis preocupación ca densidade e a relación coa terra baldía que as albergaba; o exemplo do Barrio do Pobre, San Ignacio de Loyola, está máis cerca dos modelos europeos preocupándose, non so polos estándares mínimos- moi ben resoltos- senón pola súa relación colectiva (corredores, escaleiras e espazos intermedios) e a expresión da mesma como imaxen moderna dun novo barrio fóra do texido urbano.

BLOQUE 1: A continuación, extráense unhas ideas Marco da Memoria orixinal do proxecto do bloque 1: - Setembro 1962 (1º proxecto bloque 1): Memoria do Proyecto de viviendas económicas para el Banco del Pobre, situado en la carretera de Noya.- Santiago de Compostela Encarga: o “Banco do Pobre”

Obxecto: a construción dun grupo de vivendas económicas, para ser acollidas aos beneficios concedidos polo Ministerio da Vivenda na categoría de subvencionadas. Programa: previsión de construir 1 bloque de 3 módulos con vivendas en planta 1ª e 2ª, cun total de 12 vivendas. Vivenda mínima (42,45m2): cocina- comedor, tres dormitorios e aseo, complétase con pequenas dependencias en planta baixa para útiles de labranza. Cada unidad de catro viviendas, se sirve dunha escaleira exterior realizada con elementos prefabricados, que dá acceso a un balcón-corredor común, do cual se pasa ás vivendas. Sistema construtivo: cimentación sobre muros corridos de mampostería formigonada; estructura de muros transversais resistentes de ladrillo completados con pilares de formigón con encofrado perdido de fibrocemento; muros de cerramiento de fábrica de ladrillo hueco doble con cámara de aire; cubierta de uralita sobre forxado inclinado de viguetas prefabricadas; carpinteria de portas e ventanas de madeira. Composición estética: a clara composición en planta traducese nunha claridade de fachada, dun carácter modesto pero alegre e tratado con toda dignidad.

- Setembro 1962 (2º proxecto bloque 1): Memoria do Proyecto de viviendas económicas para el Banco del Pobre, situado en la carretera de Noya.- Santiago de Compostela. A única diferencia coa Memoria anterior atópase na reducción do bloque de 3 módulos a 2 módulos e o destino da planta baixa para uso vivenda e así completar o mesmo número de 12 vivendas. Cada unidade estará formada por 6 vivendas.

Programa: previsión de construir 1 bloque de 2 módulos con vivendas tipo A (42,45m2): cocina- comedor, tres dormitorios e aseo, en planta 1ª e 2ª e vivendas tipo B (40,75m2): cocina, estar-comedor, dos dormitorios e aseo, en planta baixa, cun total de 12 vivendas.

Cada unidad de seis viviendas, se sirve dunha escaleira exterior realizada con elementos prefabricados, que dá acceso a un balcón-corredor común, do cual se pasa ás vivendas.

No tocante ao sistema construtivo, atópase diferenza no material das carpinterías que pasa a ser de formigón prefabricado.

Sistema construtivo: cimentación sobre muros corridos de mampostería formigonada; estructura de muros transversais resistentes de ladrillo completados con pilares de formigón con encofrado perdido de fibrocemento; muros de cerramiento de fábrica de ladrillo hueco doble con cámara de aire; cubierta de uralita sobre forxado inclinado de viguetas prefabricadas; carpinteria de portas e ventanas de formigón prefabricadas. 

Page 8: DOTACIÓN DE ACCESIBILIDADE GRUPO DE VIVENDAS SAN …€¦ · volumetría e características. A proposta determina as áreas a ocupar tanto polos ascensores como polas plataformas

Jose Luis Gil Pita-Mª Cristina Nieto Peñamaría Arquitectos COAG 2344-2237

[email protected]@coag.es

ESTUDO DE DETALLE PARA A DEFINICIÓN URBANÍSTICA DA DOTACIÓN DE ACCESIBILIDADE AOS INMOBLES DE VIVENDA COLECTIVA EMPRAZADOS NO GRUPO DE VIVENDAS SAN IGNACIO DE LOYOLA Santiago de Compostela. Novembro 2019 

8

BLOQUE 2: A continuación, extráense unhas ideas Marco da Memoria do proxecto xeral para os bloques previstos tipo bloque 2: - Decembro 1969 (1º proxecto bloque 2): Memoria do “Proyecto de Edificio de viviendas. Situación: carretera de Santiago a Noya. – Santiago de Compostela. Propietario: Ent. Benef. Const. Banco del Pobre”

Encarga: Dña. Maria de los Angeles de la Gándara Bescansa, como presidenta da entidade benéfica construtora Banco del Pobre de Santiago de Compostela

Obxecto: construción dun grupo de vivendas con destino a gente humilde y con pocos recursos para poder satisfacer una vivienda

Solar: superficie 7.053m2

Servizos: solo posee o servizo de fluido eléctrico, toda vez que a auga potable e alcantarillado seran resoltos mediante a construción dun pozo de captación e unha fosa séptica de 50 a 60 plazas respectivamente

Programa: as vivendas se agrupan en bloques de dos plantas. Vivendas (56,64m2): vestíbulo, cocina- comedor, tres dormitorios e baño, en planta 1ª e 2ª. Na planta baixa, locais comerciais (44,59m2).

Cada unidade consta de catro vivendas, seguindo a mesma tipoloxía que no 1º proxecto do bloque 1, sen ocupación das plantas baixas con uso residencial.

Esta tipoloxía se plantea como xeral para construír o resto dos bloques previstos no plano orixinal de situación.

Sistema construtivo: cimentación sobre muros corridos de mampostería formigonada; estructura de muros transversais resistentes de formigón en masa de 12cm de espesor completados con pilares de formigón con encofrado perdido de fibrocemento; muros de cerramiento de fábrica de ladrillo hueco doble con cámara de aire; cubierta de uralita sobre forxado inclinado de viguetas prefabricadas; carpinteria de portas de madeira e ventanas de formigón prefabricadas, con partes practicables de ferro galvanizado; instalacións según normativa; antena colectiva para TV e FM con tomas en cada vivenda; illamento térmico según normativa en cuberta, cerramentos e solos.

- Decembro 1969, no mesmo ano redáctase o Proxecto para un bloque tipo 2, de 3 módulos, seguindo a tipoloxía do proxecto xeral, atendendo a ubicación concreta indicada no plano de situación.

Plano I.4.1.3: Plano Situación Bloque 2. Decembro 1969. Proposta inicial.

Fonte: Archivo Histórico de Galicia (Fondos COAG) - Maio 1970: realízase un cambio na ubicación do bloque 2 atendendo a unha modificación do planeamento xustificada pola apertura dunha nova vía que atravesa o solar da Entidade e obriga ao cambio de situación do bloque 2.

Plano I.4.1.4: Plano Situación Bloque 2. Maio 1970. Proposta final

Fonte: Archivo Histórico de Galicia (Fondos COAG)

Page 9: DOTACIÓN DE ACCESIBILIDADE GRUPO DE VIVENDAS SAN …€¦ · volumetría e características. A proposta determina as áreas a ocupar tanto polos ascensores como polas plataformas

Jose Luis Gil Pita-Mª Cristina Nieto Peñamaría Arquitectos COAG 2344-2237

[email protected]@coag.es

ESTUDO DE DETALLE PARA A DEFINICIÓN URBANÍSTICA DA DOTACIÓN DE ACCESIBILIDADE AOS INMOBLES DE VIVENDA COLECTIVA EMPRAZADOS NO GRUPO DE VIVENDAS SAN IGNACIO DE LOYOLA Santiago de Compostela. Novembro 2019 

9

Inmediata a esta modificación na situación, recíbese autorización para a realización das obras, en Maio 1970. No ano 1972 preséntase o proxecto de execución do bloque 2 acorde con esta nova ubicación, sendo aprobado o 13 de Decembro de 1972. - Abril 1974 (proxecto de acondicionamento de plantas baixas para uso vivenda): Memoria do “Proyecto de acondicionamiento de bajos para viviendas. Situación: carretera de Santiago a Noya. – Santiago de Compostela. Propietario: Entidad Benéfica constructora Banco del Pobre”

Obxecto: dedicar a vivendas os baixos do edificio. Descrición das vivendas: son iguais que as xa executadas. Vivenda (56,64m2): vestíbulo, comedor- cocina, tres dormitorios e baño. Sistema construtivo:o mesmo cas vivendas superiores.

- Abril 1974 (proxecto do bloque 2 actualizando a información cos baixos con uso vivenda) Memoria do “Proyecto de viviendas económicas. Situación: carretera de Santiago a Noya. – Santiago de Compostela. Propietario: Entidad Benéfica constructora Banco del Pobre”  

Encarga: Dña. Maria de los Angeles de la Gándara Bescansa, como presidenta da entidade benéfica construtora Banco del Pobre de Santiago de Compostela. Obxecto: actualización do proxecto redactado en 1.969 completándolo co proxecto estudiado recentemente de acondicionamento para vivendas dos baixos proxectados. Programa: construcción de 18 viviendas de tipo económico, con un fin eminentemente social. Vivendas (56,64m2): vestíbulo, cocina- comedor con terraza na fachada sur, tres dormitorios e baño, en planta 1ª e 2ª e vivendas (56,64m2): vestíbulo, comedor- cocina, tres dormitorios e cuarto de baño, coa mesma distribución cas plantas altas agás o balcón existente nos pisos superiores que pasa a aumentar a superficie do comedor.

Servizos: posee el servicio de fluido electrico, toda vez que el agua potable y alcantarillado seran resueltos mediante la construcción de un pozo de captación y una fosa séptica, a no ser que se pueda resolver de forma economicamente viable para la promotora, el problema con acometida a la red municipal.

Planteamento: as viviendas se agrupan en bloques de dos plantas de la misma forma que se realizó en su día la primera fase del programa. A unidade que se proyecta ahora está formada por 6 viviendas por planta, todas ellas iguales y servidas por tres escaleras exteriores. O bloque se adapta en su ubicación a la topografia del terreno que se acondicionará en los contornos de aquel con el mínimo de movimiento de tierras. Sistema construtivo: cimentación sobre zapata de formigón armado; estructura porticada de formigón armado; muros de cerramiento de fábrica de ladrillo hueco doble con cámara de aire; cubierta de tella sobre forxado inclinado de viguetas prefabricadas; carpintería de portas de madeira e ventanas de formigón prefabricadas, con partes practicables de ferro galvanizado; instalacións según normativa; antena colectiva para TV e FM con tomas en cada vivenda; illamento térmico según normativa en cuberta, cerramentos e solos.

- Febrero 1977 (proxecto do bloque 3, non construído): “3ª Fase de Proyecto de Vivendas económicas (1963)”

A edificación construídas dos bloque 1 e 2 xa presentaba algunhas modificacións con respecto ao proxecto e ademais ten sufrido algunhas transformacións significativas dende que no ano 1988 se procedeu á disolución da entidade benéfica Banco do Pobre e as vivendas foron vendidas aos inquilinos que as ocupaban naquel momento.

Posteriormente á venta das vivendas, no ano 1989 se formalizou en escritura pública a segregación da parcela en dúas: a parcela norte que delimita o ámbito ocupado polos bloques de vivendas e o resto da parcela matriz, que mantiña unha servidume de paso a favor da anterior, foi doada de xeito gratuito a unha entidade relixiosa.

As transformacións sufridas no bloque 1 de vivendas foron realizadas polos propios residentes das mesmas. Os cambios máis significativos son: - cambios de uso: cambio de ubicación das cociñas - sustitución da barandilla na fachada sur por carpintería de aluminio, convertindo o espazo aberto da terraza nunha galería pechada. - cambios das carpinterías orixinais por outras de aluminio, perdendo o carácter unitario da fachada orixinal. O Proxecto de Urbanización do entorno do CEBEGA, redactado no ano 2016, significou unha mellora da accesibilidade exterior ao Grupo de vivendas de San Ignacio dende a Avda de Mestre Mateo, tanto do tráfico rodado coma do percorrido peonil.

No ano 2018 realízase unha intervención municipal de acondicionamiento exterior de ámbolos dous bloques con accións de reparación e pintado de fachadas e de escaleras helicoidais exteriores.

Page 10: DOTACIÓN DE ACCESIBILIDADE GRUPO DE VIVENDAS SAN …€¦ · volumetría e características. A proposta determina as áreas a ocupar tanto polos ascensores como polas plataformas

Jose Luis Gil Pita-Mª Cristina Nieto Peñamaría Arquitectos COAG 2344-2237

[email protected]@coag.es

ESTUDO DE DETALLE PARA A DEFINICIÓN URBANÍSTICA DA DOTACIÓN DE ACCESIBILIDADE AOS INMOBLES DE VIVENDA COLECTIVA EMPRAZADOS NO GRUPO DE VIVENDAS SAN IGNACIO DE LOYOLA Santiago de Compostela. Novembro 2019 

10

4.2.- Urbanización e servizos urbanisticos A ubicación dos bloques adáptase ás condicións topográficas da parcela. Os bloques sitúanse na parte máis baixa da parcela seguindo as curvas de nivel con orientación paralela e amosando a súa fachada principal norte cara á Avda. Mestre Mateo. O único acceso rodado existente realízase dende esta vía (Avda. Mestre Mateo) por rampla que ascende dende a cota +190m ata a área de aparcamento de vehículos do grupo de vivendas, a cota +199m, nivel onde se asenta o bloque 1.

O bloque 2 atópase a cota +203m con único acceso por escaleira dende o bloque 1 para absorber os 4m de diferenza de nivel.

Dende a Avda de Barcelona, ao sur, parte un acceso rodado cara a parcela, dende cota +206m na propia Avda de Barcelona, que vai descendendo ata quedar interrumpido no límite sur da parcela do sistema xeral EU-2, a cota +201. Dende este punto só continúa un sendeiro peonil ata chegar a cota +203, en lixeiro ascenso, onde asenta o bloque 2.

Polo tanto, nunca existíu, nin na actualidade existe, acceso rodado ata o bloque 2, nin conexión rodada entre os dous bloques.

O Proxecto do Grupo de vivendas de San Ignacio de Loyola, de alta calidade arquitectónica, foi realizado con moi escasos medios económicos e materiais e sen ter sido obxecto de accións de adaptación á normativa e mantemento necesarias. Polo tanto, require de intervencións que corrixan o paso do tempo e permitan adaptar a urbanización á nova esixencia normativa (O VIV-561-2010), na medida do posible sen alterar a súa cualificación tipolóxica.

O sector conta con todo tipo de servizos básicos, agás Gas Natural segundo información obtida do Concello de Santiago e da plataforma Inkolan: + Unión Fenosa Distribución (UFD). A distribución a Bloques realizase en liña aérea dende a Avda de Mestre Mateo ao norte ata os bloques e repártese pola fachada norte ata cada unha das vivendas. A liña chega ao Bloque 1 e dende ahí continúa pola fachada oeste ata o Bloque 2. + Gas Natural. Non teñen conectada a acometida de servizo, non hai instalación de Gas Natural. + Telecomunicacións. Telefónica posúe liña de distribución aérea dende a Avda Mestre Mateo, ao norte, se ben a rede semella ter certa precariedade e a instalación atópase á vista por fachada. Dende a nova vía de Rúa da Eira da Palleira hai servizo de Telefonía con instalación subterránea pero queda interrumpido no corte final desta vía. + Abastecemento de auga. Rede recente, servindo con tubería PE 50, polo exterior ao Bloque 1, na fachada sur e por distribución interior ao Bloque 2. + Rede de Saneamento. Rede unitaria de servizo executada en HG 250. Non existe rede separativa de pluviais no ámbito do Grupo de vivendas. + Alumeado Público. Sistema de iluminación mediante luminarias de descarga de alta presión suxetadas aos pilares das escaleiras helicoidales, na parte superior baixo a cuberta, nos muros testeiros na súa orientación leste e no muro testeiro oeste do Bloque 1.

+ RSU. Non existe nas proximidades agrupación en superficie de contedores separativos (papel, vidro e lixo). Os puntos máis cercanos atópanse na Avda de Mestre Mateo e na Avda de Barcelona. 4.3.- Ambito do Estudo de Detalle: Grupo de vivendas San Ignacio de Loyola - IDENTIFICACIÓN A Entidade Benéfica Banco do Pobre encarga a redacción do Proxecto de viviendas económicas, situado na estrada de Noia- Santiago de Compostela, aos arquitectos Elena Arregui e Arturo Zas no ano 1962 na parcela de unos 7.000m2 de según o proxecto, propiedade da citada entidade, para destinar a familias de baixos recursos. Os únicos dous bloques construídos foron o Bloque 1 (1962), de 12 vivendas, e o Bloque 2 (1974), de 18 vivendas. As familias residentes ocuparon as vivendas en réxime de aluguer ata que no ano 1989 se formalizou en escritura pública a segregación da parcela en dúas. A parcela norte (3.046m2), que delimita o ámbito ocupado polos bloques de vivendas, foi vendida aos ocupantes das vivendas e o resto da parcela matriz (4.278m2), que mantiña unha servidume de paso a favor da anterior, foi doada de xeito gratuito a unha entidade relixiosa. A parcela norte, ocupada polo Bloque 1 e o Bloque 2, é obxecto do presente Estudo de Detalle.

Plano 4.3.1: Plano con identificación da parcela e os bloques

Fonte: Elaboración propia

Page 11: DOTACIÓN DE ACCESIBILIDADE GRUPO DE VIVENDAS SAN …€¦ · volumetría e características. A proposta determina as áreas a ocupar tanto polos ascensores como polas plataformas

Jose Luis Gil Pita-Mª Cristina Nieto Peñamaría Arquitectos COAG 2344-2237

[email protected]@coag.es

ESTUDO DE DETALLE PARA A DEFINICIÓN URBANÍSTICA DA DOTACIÓN DE ACCESIBILIDADE AOS INMOBLES DE VIVENDA COLECTIVA EMPRAZADOS NO GRUPO DE VIVENDAS SAN IGNACIO DE LOYOLA Santiago de Compostela. Novembro 2019 

11

- DESCRICIÓN A) Parcela norte: ámbito do Grupo de vivendas San Ignacio de Loyola

Bloque 1 (B1) 1,2,3,4,5,6,7,8,9,10,11,12 (12)

Bloque 2 (B2) 13,14,15,16,17,18,19,20,21,

22,23,24,25,26,27,28,29,30 (18)

GRUPO DE VIVENDAS

SAN IGNACIO

Vivendas totais B1+B2 (30) Cada bloque compoñese de módulos (Bloque 1: 2 módulos; Bloque 2: 3 módulos). Cada módulo de baixo máis dous plantas, articúlase por unha escaleira exenta helicoidal que serve a un corredor con dereita e esquerda. Así cada módulo articulado por unha escaleira ten 6 vivendas, dando por tanto o bloque superior cabida a 18 viviendas e o inferior a 12 vivendas. Un total de 30 vivendas, a unidade veciñal. Aínda que por proximidade, a lectura de bloques se interprete como unha unidade espacial, a accesibilidade a ámbolos dous bloques, por motivo da diferente cota de implantación, leva a unha lectura autónoma de cada un deles, con especificidades que tamén teñen que ver coa súa edad cronolóxica, pois o bloque inferior (Bloque 1)- de 12 vivendas- é do ano 1962, uns dez anos máis antigo que o bloque superior (Bloque 2)-de 18 vivendas- do ano 1974. Debido ao anterior e a pesar tamén de constituirse ámbolos dous bloques como unha única comunidade dende o punto de vista da xestión administrativa, o abordaxe da súa descrición arquitectónica e construtiva se realiza, bloque por bloque: a) Bloque 1 (B1) Unidade composta por un bloque de 12 vivendas, de baixo (vivendas tipo B) máis dous plantas (vivendas tipo A), articulado en 2 módulos por dúas escaleiras helicoidais exteriores, que sirven a dereita e esquerda nas plantas 1ª e 2ª. Este bloque, situado a cota inferior, é o primeiro en construirse en 1962 sendo o que responde, con algunhas variacións posteriois, de maneira máis fidedigna ao proxecto orixinal proposto e construído polos arquitectos Elena Arregui e Arturo Zas. O Bloque 1 amosa rasgos máis radicais que o Bloque 2 ofrecendo solucións máis específicas, detalladas e acordes coa arquitectura internacional da época como é o caso do soportal corrido na planta baixa na fachada principal e de acceso, ao norte. Asemesmo presenta detalles construtivos singulares e máis coidados na execución da estrutura como o cosido entre as vigas do soportal e a unión co pilar de soporte. En canto ás carpinterías se protexen cun verteaugas na súa parte superior para evitar a entrada da choiva nas ventanas expostas, a diferenza do Bloque 2. Ao exterior: -.Cuberta. Único faldón a un auga, con pendente cara ao norte. Pódese considerar, do análise dos datos de que se dispón, que a cuberta é de acabado cerámico de tella tradicional (no proxecto era de fibrocemento) posiblemente (non se puido comprobar) sobre unha placa curva de fibrocemento que descansa directamente no forxado de teito da planta segunda.

Existe recollida de pluviais ata a cota de superficie, con canalóns e baixantes con protección de macizado de cemento inferior, que parecen todavía servir á súa función de maneira eficaz; as baixantes liberan a auga na cota superficial da aceira. As cubertas das escaleiras exteriores, presentan tamén canalóns sen baixantes, vertendo a auga directamente ao exterior mediante gárgola con caída libre. -.Fachada: Dúas follas de ladrillo sen illamento. A fachada, según datos de proxecto e a súa observación in situ, é de dúas follas de fábrica de ladrillo, unha exterior de medio pé e outra interior de rasilla cunha pequena cámara de aire interior sen mediar illamento. Obsérvanse ao exterior as pipetas de respiración da referida cámara e nos planos de detalle aparecen as medias cañas ao fondo da cámara que recollerían as condensacións intersticiais previstas xa na solución orixinal. Ao exterior, as fachadas atópanse enfoscadas por un morteiro de cemento que sufríu múltiples reparacións en superficie e diferentes pintados, o último deles en 2018 unificando ámbolos dous bloques, inferior e superior nun color común. Os cantos dos forxados, testeiros dos muros e pilares en fachada non se atopan protexidos por ningún illamento e nin siquera un revestimento cerámico- ladrillo recubrindo o canto-, propio de solucións precarias do seu tempo, o que convirte a estes elementos fronterizos en pontes térmicos que inflúen de forma directa tanto para as pérdidas calóricas do edificio, como na aparición de zonas de condensación e ambientes saturados de humedade nos interiores. Pódense observar perfectamente estas bandas en cantos de forxados, muros testeiros ou pilares que se aprecian tras unha capa simple de morteiro. -. Instalación eléctrica e de iluminación: O edificio presenta unha rede de acceso aérea xeral que despois se distribúe por fachada a cada vivienda. Trátase dunha rede precaria e desordenada en relación aos valores da fachada.

Imaxe 4.3.a.1: Tendido das instalacións na fachada norte

Fonte: Elaboración propia -. Instalación de abastecemento de auga. Existe unha instalación recente de abastecemento de auga realizada en polipropileno situada vista na fachada sur do Bloque 1.

Page 12: DOTACIÓN DE ACCESIBILIDADE GRUPO DE VIVENDAS SAN …€¦ · volumetría e características. A proposta determina as áreas a ocupar tanto polos ascensores como polas plataformas

Jose Luis Gil Pita-Mª Cristina Nieto Peñamaría Arquitectos COAG 2344-2237

[email protected]@coag.es

ESTUDO DE DETALLE PARA A DEFINICIÓN URBANÍSTICA DA DOTACIÓN DE ACCESIBILIDADE AOS INMOBLES DE VIVENDA COLECTIVA EMPRAZADOS NO GRUPO DE VIVENDAS SAN IGNACIO DE LOYOLA Santiago de Compostela. Novembro 2019 

12

-. Carpinterías e enreixados: As carpinterías orixinais, unhas- en xeral, as que daban a corredores en plantas altas na fachada norte e a balcóns na fachada sur- en formato estándar de prefabricado de formigón, con pequeno aro practicable de aceiro (vivenda nº5), e outras -o resto das practicables- en madeira de castaño, para portas e ventás de guillotina (vivenda nº5), desapareceron case por completo con excepción de partes illadas conservadas en algunha vivenda. O resto de carpinterías son na actualidade un conxunto heteroxéneo de formas e repartos, principalmente solucionadas en perfilerías de aluminio, de vidros simples e sen rotura de ponte térmico. Nalgunha vivenda con cambios máis recentes aparecen igualmente carpinterías en PVC blanco. As portas orixinais de acceso ás vivendas, que eran de madeira e un elemento homoxeneizador dos alzados, foron na súa maioría sustituidas por portas de madeira de escaso valor cuxa heteroxeneidade desmerece a lectura organizada do conxunto. Debe reseñarse que a totalidade dos balcóns ao sur do bloque inferior foron pechados con galerías de aluminio, co obxectivo de utilizar ao máximo as súas posibilidades de superficie interior. Este feito provoca que a fachada ao sur transformarase nunha traseira plana sen algún valor arquitectónico de profundidade (a que aportaban os balcóns orixinais) e a falta dunha homoxeneidade na materialidade das solucións de carpintería amosa unha lectura frontal inadecuada aos valores da fachada norte do bloque superior co que establece diálogo. As carpinterías conservan o elemento de verteaugas embebido no muro que protexe da entrada da auga da choiva que discurre pola fachada.

Imaxe 4.3.a.2: Carpinterías orixinais de madeira e de aceiro e pezas de verteaugas

Fonte: Elaboración propia

Imaxe 4.3.a.3: Balcóns pechados con carpintería na fachada sur

Fonte: Elaboración propia

Non é desdeñable o impacto visual dos enreixados de protección que se foron introducindo en varias das vivendas, non so na planta baixa, a máis fráxil dende o punto de vista da seguridade. O proxecto de execución deberá estudar a procedencia de retirada ou sustitución dos elementos de protección fronte a intrusos instalados nas ventás.

-. Varanda de escaleiras: estes elementos prefabricados, quizás son o elemento, xunto á tipoloxía destes bloques en corredor aberto, máis representativo do conxunto do barrio de San Ignacio de Loyola. Atópanse en moi bo estado de conservación e sen alteracións ou transformacións significativas e necesitan unha reparación básica. A dimensión da altura, acorde coa referencia a elementos de protección no seu tempo, atópase na actualidade fóra da normativa vixente, mais cunha solución complementaria, lixeira e atenta aos seus valores propios, fácilmente serán adaptables aos estándares actuais a cumplir. O proxecto de execución deberá estudar o cumprimento da normativa vixente nos elementos de protección da escaleira e decidir sobre a súa adecuación se procede.

Imaxe 4.3.a.4: Escaleiras con varandas de protección

Fonte: Elaboración propia

Page 13: DOTACIÓN DE ACCESIBILIDADE GRUPO DE VIVENDAS SAN …€¦ · volumetría e características. A proposta determina as áreas a ocupar tanto polos ascensores como polas plataformas

Jose Luis Gil Pita-Mª Cristina Nieto Peñamaría Arquitectos COAG 2344-2237

[email protected]@coag.es

ESTUDO DE DETALLE PARA A DEFINICIÓN URBANÍSTICA DA DOTACIÓN DE ACCESIBILIDADE AOS INMOBLES DE VIVENDA COLECTIVA EMPRAZADOS NO GRUPO DE VIVENDAS SAN IGNACIO DE LOYOLA Santiago de Compostela. Novembro 2019 

13

Ao interior: Vivendas tipo A: vestíbulo, tres dormitorios, aseo e cocina- comedor con terraza convertida en galería pechada ao sur, en planta 1ª e 2ª e vivendas tipo B: con entrada directa ao espazo de estar-comedor, cociña, dous dormitorios e aseo, en planta baixa, cun total de 12 vivendas.

As transformacións espaciais non son obxecto deste análise mais observouse que varias vivendas modificaron, atendendo a diferentes necesidades, a localización da zona de cociña variando na peza de delante-atrás onde se ubican xeralmente éstas en relación á sala, a posición sur pola norte ou viceversa. O proxecto de execución deberá coñecer estas transformacións puntuais, para ser consecuente na resolución da súa excepcionalidade.

Plano 5.3.a.1: Planos bloque 1. Planta acceso e Planta tipo

Fonte: Elaboración propia

Imaxe 4.3.a.5: Fotografias bloque 1

Fonte: Elaboración propia

Page 14: DOTACIÓN DE ACCESIBILIDADE GRUPO DE VIVENDAS SAN …€¦ · volumetría e características. A proposta determina as áreas a ocupar tanto polos ascensores como polas plataformas

Jose Luis Gil Pita-Mª Cristina Nieto Peñamaría Arquitectos COAG 2344-2237

[email protected]@coag.es

ESTUDO DE DETALLE PARA A DEFINICIÓN URBANÍSTICA DA DOTACIÓN DE ACCESIBILIDADE AOS INMOBLES DE VIVENDA COLECTIVA EMPRAZADOS NO GRUPO DE VIVENDAS SAN IGNACIO DE LOYOLA Santiago de Compostela. Novembro 2019 

14

b) Bloque 2 (B2) Unidade composta por un bloque de 18 vivendas, de baixo (vivendas tipo B) máis dous plantas (vivendas tipo A), articulado en 3 módulos por tres escaleiras helicoidais exteriores, que sirven a dereita e esquerda nas plantas 1ª e 2ª. Este bloque foi o segundo en ser construído e aínda que mantendo unha lectura similar ao primeiro bloque, debido principalmente ao elemento de reparto das escaleiras helicoidais prefabricadas exteriores que dan servizo aos corredores, presenta certas transformacións simplificadoras na súa lóxica construtiva e estrutural sobre o proxecto primeiro dos arquitectos Elena Arregui e Arturo Zas. Ao exterior: -.Cuberta: a cuberta é de acabado cerámico de tella tradicional. Posiblemente (non se puido comprobar) sobre unha placa curva de fibrocemento que descansa directamente no forxado de teito da planta segunda. Neste bloque, o proxecto xa inclúe o illamento na cuberta. Existe recollida de pluviais, con canalóns e baixantes, que parecen aínda servir á súa función de manera eficaz. As cubertas das escaleiras exteriores presentan tamén canalóns aínda que verten o auga ao exterior mediante gárgola con caída libre sobre o talud axardinado que se atopa no espazo intermedio entre os dous bloques provocando o seu deterioro. -.Fachada: A fachada, según datos de proxecto e a observación in situ, é de dous follas de fábrica de ladrillo, unha exterior de medio pie e outra interior de rasilla cunha pequena cámara de aire interior. Neste bloque o proxecto xa inclúe o illamento no cerramento. Obsérvanse ao exterior as pipetas de respiración da referida cámara e nos planos de detalle aparecen as medias cañas ao fondo da cámara que recollerían as condensacións intersticiais previstas xa na solución orixinal. Ao exterior as fachadas se atopan enfoscadas por un mortero de cemento que sufríu múltiples reparacións en superficie e diferentes pintados, o último deles en 2018 unificando ámbolos dous bloques, inferior e superior nun color común. As testas dos forxados, os muros testeiros e os pilares en fachada atópanse protexidos por lámina impermeabilizante baixo a pintura de revestimento exterior. -. Instalación eléctrica e de iluminación: O edificio presenta unha rede de acceso aérea xeral que despois se distribúe por fachada a cada vivienda. Trátase dunha rede precaria e desordenada en relación aos valores da fachada.

Imaxe 4.3.b.1: Tendido das instalacións na fachada norte

Fonte: Elaboración propia

-. Instalación de abastecemento de auga. A instalación de abastecemento de auga discurre subterránea cara ao Bloque 2 e se distribúe polo interior dos cerramentos ás vivendas no B2. -. Carpinterías: Ao contrario do Bloque 1 e probablemente debido á súa construción máis recente no tempo, o Bloque 2 non presenta restos de cómo eran na súa materialidade as carpinterías, tal vez xa en aceiro plegado ou en aluminio simple de primeira xeración. O que xa é constatable é que a dimensión dos hocos en certas estancias xa tomou unha dimensión máis ampla cun ritmo máis plano ao non existir as carpinterías de ancho variable de 1 módulo e de medio módulo como no Bloque 1. A totalidade de carpinterías de oco de ventilación e iluminación -ventás- son na actualidade un conxunto heteroxéneo de formas e repartos, principalmente planteadas en perfilería de aluminio, de vidros simples e sen rotura de ponte térmico. Nalgunha vivenda con cambios máis recentes aparecen igualmente carpinterías en PVC blanco. As portas orixinais de acceso ás vivendas, que eran de madeira e un elemento homoxeneizador dos alzados, foron na súa maioría sustituidas por portas de madeira de escaso valor cuxa heteroxeneidade desmerece a lectura organizada do conxunto. Resta neste bloque como modelo algunha porta orixinal de entablado vertical de madeira na planta baixa pintada en gris ou en acabado natural (vivenda nº17), na planta 1ª (vivenda nº22) e na planta 2ª (vivenda nº27 e nº28). Debe reseñarse que case a totalidade das terrazas ao sur do bloque superior, pecháronse con galerías de aluminio, co obxectivo de utilizar ao máximo as súas posibilidades de superficie, agás a terraza da vivenda nº30, última vivenda da fachada sur cara ao oeste, que conserva a súa varanda exterior orixinal na terraza da planta 2ª. Esta transformación xeral das terrazas orixinais provoca que a fachada ao sur, cara a actual Avda. Barcelona, se convertira nunha traseira plana sen algún valor arquitectónico de profundidade (a que aportaban os balcóns) e, a falta dunha homoxeneidade na materialidade das solucións de carpintería amosa unha lectura frontal inadecuada aos valores da fachada deste pequeno barrio cara ás partes máis recentes da contorna urbana. Este bloque (B2) xa carece do detalle do elemento de verteaugas embebido no muro que protexe as carpinterías no B1.

Imaxe 4.3.b.2: Carpinterías orixinais de madeira e de aceiro

Fonte: Elaboración propia

Page 15: DOTACIÓN DE ACCESIBILIDADE GRUPO DE VIVENDAS SAN …€¦ · volumetría e características. A proposta determina as áreas a ocupar tanto polos ascensores como polas plataformas

Jose Luis Gil Pita-Mª Cristina Nieto Peñamaría Arquitectos COAG 2344-2237

[email protected]@coag.es

ESTUDO DE DETALLE PARA A DEFINICIÓN URBANÍSTICA DA DOTACIÓN DE ACCESIBILIDADE AOS INMOBLES DE VIVENDA COLECTIVA EMPRAZADOS NO GRUPO DE VIVENDAS SAN IGNACIO DE LOYOLA Santiago de Compostela. Novembro 2019 

15

Imaxe 4.3.b.3: Balcóns pechados con carpintería na fachada sur

Fonte: Elaboración propia Non é desdeñable o impacto visual dos enreixados de protección que se foron introducindo en varias das vivendas, non so na planta baixa (vivenda nº14), a máis fráxil dende o punto de vista da seguridade, senón tamén na planta 1ª (vivenda nº20). O proxecto de execución deberá estudar a procedencia de retirada ou sustitución dos elementos de protección fronte a intrusos instalados nas ventás. -. Varanda de escaleiras: estes elementos prefabricados, quizás son o elemento, xunto á tipoloxía destes bloques en corredor aberto, máis representativo do conxunto do barrio de San Ignacio de Loyola. Atópanse en moi bo estado de conservación e sen alteracións ou transformacións significativas e necesitan unha reparación básica. A dimensión da altura, acorde coa referencia a elementos de protección no seu tempo, atópase na actualidade fóra da normativa vixente, mais cunha solución complementaria, lixeira e atenta aos seus valores propios, fácilmente serán adaptables aos estándares actuais a cumplir. O proxecto de execución deberá estudar o cumprimento da normativa vixente nos elementos de protección da escaleira e decidir sobre a súa adecuación se procede. Ao interior: Vivendas tipo A, en planta 1ª e 2ª: vestíbulo, cocina- comedor con terraza orixinal convertida en galería pechada na fachada sur, tres dormitorios e baño, e vivendas tipo B, coa mesma superficie en planta baixa: vestíbulo, comedor- cocina, tres dormitorios e cuarto de baño, coa mesma distribución cas plantas altas agás o balcón existente nos pisos superiores que pasa a aumentar a superficie do comedor.

As transformacións espaciais non son obxecto deste análise mais observouse que varias vivendas modificaron, atendendo a diferentes necesidades, a localización da zona de cociña variando a posición entre a cociña e a sala-comedor. O proxecto de execución deberá coñecer estas transformacións puntuais, para ser consecuente na resolución da súa excepcionalidade.

Plano 4.3.b.1: Planos bloque 2

Fonte: Elaboración propia

Page 16: DOTACIÓN DE ACCESIBILIDADE GRUPO DE VIVENDAS SAN …€¦ · volumetría e características. A proposta determina as áreas a ocupar tanto polos ascensores como polas plataformas

Jose Luis Gil Pita-Mª Cristina Nieto Peñamaría Arquitectos COAG 2344-2237

[email protected]@coag.es

ESTUDO DE DETALLE PARA A DEFINICIÓN URBANÍSTICA DA DOTACIÓN DE ACCESIBILIDADE AOS INMOBLES DE VIVENDA COLECTIVA EMPRAZADOS NO GRUPO DE VIVENDAS SAN IGNACIO DE LOYOLA Santiago de Compostela. Novembro 2019 

16

Imaxe 4.3.b.4: Fotografias bloque 2

Fonte: Elaboración propia

- AVALIACIÓN DO NIVEL DE DETERIORO A) Parcela norte: ámbito do Grupo de vivendas San Ignacio de Loyola TIPOLOXÍA -- Alteracións na configuración tipolóxica dos bloques. Adición de peche, a base de carpintería metálica, no balcón da fachada sur, en case todas as vivendas. Sustitución de carpinterías orixinais. Alteracións na organización de usos no interior das vivendas. CERRAMENTO E CUBERTA -- Cerramento de fábrica de ladrillo oco doble con cámara de aire. -- Descoñécese o estado do illamento, proxecto anterior a R.D.1490/1975 de medidas a adoptar no edificio para reducir o consumo de enerxía e obra anterior á entrada en vigor da NBE-CT-79 relativa a Condicións Térmicas. O proxecto orixinal non inclúe illamentos no Bloque 1, nin no cerramento, nin nas cubertas e illamento insuficiente no Bloque 2. As condensacións observadas no teito das vivendas da última planta, soporte da cubierta, xunto á referida información de proxecto, indícannos que a superficie de cerramento horizontal -cuberta- non se atopa illada no B1 e escasamente illada no B2, o cual favorece un contacto directo dentro-fóra que xera fortes condensacións no interior das vivendas. -- Acabado: revestimento de enfoscado de mortero e acabado pintado. -- Carpintería dominante corredera de aluminio (sen RPT); acristalamento simple básico, por sustitución das carpinterías orixinais. -- Galería de Aluminio sen RPT e acristalamento simple básico. Paño fixo (simple) e practicables correderos en fachada sur. Estas carpinterías sustitúen a varanda que limitaba o espazo de terraza e o convirten nun espazo pechado interior da vivenda. -- Cuberta inclinada a un auga de tella cerámica árabe e fibrocemento sobre forxado inclinado de viguetas prefabricadas - Instalación de tendedeiros exteriores en fachada sur. É preciso que o Proxecto de Execución detalle a forma de incorporación dos tendedeiros exteriores coa nova proposta de intervención na fachada sur. INSTALACIÓNS -- Canalóns e baixantes exteriores na fachada norte. As baixantes teñen protección inferior de cemento e acabado pintado. As baixantes forman parte da composición marcando os módulos xunto cos pilares da estrutura. As cubertas das escaleiras exteriores teñen tamén canalóns aínda que verten libremente a auga ao exterior mediante gárgola, producindo un deterioro no punto de caída. É necesario que o proxecto de execución detalle, se procede, a solución precisa para a recollida canalizada desta cantidade de auga. -- Abastecemento de Auga. A instalación require comprobación. É necesario que o Proxecto de Execución detalle a forma de integración da instalación de abastecemento de auga coa nova proposta de intervención que afecta á fachada sur no B1 coa instalación superficial na fachada. -- Instalación Eléctrica e Telefonía. A instalación require adaptación a normativa actual. Instalación aérea e por fachada tanto eléctrica coma de telefonía. É necesario que o Proxecto de Execución detalle a forma de integración das instalacións eléctrica e de telefonía coa nova proposta de intervención de revestimento de fachada (mellora da eficiencia enerxética) -- Calefacción. Non hai sistema de calefacción. -- Rede canalizada de Gas Natural, Non teñen conectado o subministro de Gas Natural. A nivel particular de cada usuario teñen instalación de gas butano/propano nas vivendas. É necesario que o Proxecto de Execución se plantee a idoneidade de levar a instalación de Gas Natural ata o Grupo de vivendas e detalle o replanteo e cálculo da instalación, se procede.

Page 17: DOTACIÓN DE ACCESIBILIDADE GRUPO DE VIVENDAS SAN …€¦ · volumetría e características. A proposta determina as áreas a ocupar tanto polos ascensores como polas plataformas

Jose Luis Gil Pita-Mª Cristina Nieto Peñamaría Arquitectos COAG 2344-2237

[email protected]@coag.es

ESTUDO DE DETALLE PARA A DEFINICIÓN URBANÍSTICA DA DOTACIÓN DE ACCESIBILIDADE AOS INMOBLES DE VIVENDA COLECTIVA EMPRAZADOS NO GRUPO DE VIVENDAS SAN IGNACIO DE LOYOLA Santiago de Compostela. Novembro 2019 

17

-- Ventilación. Cociñas, baño e Caldeiras de Gas con saída directa a fachada, tanto na fachada norte coma na fachada sur, dependendo da posición da cociña. É necesario que o Proxecto de Execución detalle a forma de dar unha solución individual e conxunta satisfactoria á organización espacial das cociñas dentro de cada vivenda e ás saídas de fumes da cociña, rexillas de ventilación das caldeiras e outros elementos engadidos da instalación, dentro da composición unitaria do conxunto. -- Sistema de Protección Contra Incendios. Os edificios carecen de sistemas antiincendios. -- Sistema de Protección Contra Raio. Non se aprecia. -- Instalación de Comunicacións. Antena comunitaria; Antena particular e de TV por satélite en cubierta e fachada cara ao sur. Antena de TV terrestre particular en fachada norte. É necesario que o Proxecto de Execución detalle a forma de integración da instalación de antenas particulares parabólicas na fachada sur coa nva proposta de intervención. 1. DEFICIENCIAS DE CONSERVACIÓN DO EDIFICIO DEFICIENCIAS EN CERRAMENTOS VERTICAIS CERRAMENTOS VERTICAIS -- Humidades por filtración en muros de cerramento, carpinterías e encontros -- Degradación ou ausencia de illamento térmico en fachadas e testeiros -- Presenza de vexetación e/ou microorganismos (moho, musgo, bacterias...) en muros de cerramento, no interior da vivenda. CARPINTERÍA EXTERIOR -- Humidades por condensación e filtracións de auga nos perímetros da carpintería. -- Erosión puntual de materiais en carpintería exterior -- Heteroxeneidade, falta de unidade na composición do conxunto, sustitución de carpinterías por vivenda. ELEMENTOS ADOSADOS A FACHADA -- Mal estado de elementos exteriores en fachada (tendais, cableados, etc) DEFICIENCIAS EN CUBERTAS -- Revisión de pezas de cobertura: tella, placas, etc. -- Mal estado e risco puntual de desprendemento de antenas e revisión de chemineas DEFICIENCIAS EN INSTALACIÓNS COMÚNS DO EDIFICIO -- Humidade e filtracións derivadas de fugas en condutos e tuberías de abastecemento e distribución de auga e/ou condutos e tuberías de saneamento. Descoñécese o estado da instalación. -- Problemas de pocería e atascos nas conducións de saneamento. Descoñécese o estado da instalación. Conclusións: A meirande parte das graves deficiencias detectadas ao interior das vivendas, que poñen a algunhas delas ao límite nas súas condicións básicas de habitabilidade e salubridade, proveñen da referida continuidade térmica sin interrupciones entre interior e exterior, por ausencia ou deterioro do illamento. Desta maneira tanto na xeralidade das superficies verticais interiores que dan a fachada como dos teitos da planta segunda que dan directamente a cuberta se produce un efecto de condensación por un continuo ponte térmico que constitúe, en forma de malla, toda a estrutura de pilares e cantos de forxados.

2. CONDICIÓNS FUNCIONAIS DO EDIFICIO (CTE-DB-SUA 9) ACCESIBILIDADE NO EXTERIOR -- O Bloque 1 dispón de itinerario accesible no exterior, tal que comunica a entrada principal coa vía pública ou zonas comúns exteriores, resolvendo con rampla as diferencias de cota. Existe itinerario accesible, tanto rodado como peonil dende a Avda Mestre Mateo ata o nivel onde asenta o bloque 1. -- O Bloque 2 dispón de itinerario que comunica o elemento elevador coa zona común exterior. Ademais existe un itinerario peonil dende a nova Rúa da Eira da Palleira. ACCESIBILIDADE ENTRE PLANTAS -- A edificación non dispoñe nin de rampa nin de ascensor que garanta a accesibilidade entre plantas. -- A instalación de ascensor non esixe reorganización espacial da planta. MECANISMOS ACCESIBLES -- Interruptores, dispositivos de intercomunicación e pulsadores de alarma son mecanismos accesibles en calqueira zona, salvo interior de vivenda e zona de ocupación nula. Non se cumpre esta condición. INFORMACIÓN E SINALIZACIÓN DE ELEMENTOS ACCESIBLES -- Entradas e Itinerarios Accesibles estarán sinalizadas mediante “SIA”. Non se cumpre esta condición. EDIFICIO SUSCEPTIBLE DE REALIZAR AXUSTES RAZOABLES -- As medidas de adecuación a implementar permiten a adaptación (total o parcial) de forma eficaz e práctica, sen que, baseados en experiencias previas, supoña unha carga desproporcionada.

Page 18: DOTACIÓN DE ACCESIBILIDADE GRUPO DE VIVENDAS SAN …€¦ · volumetría e características. A proposta determina as áreas a ocupar tanto polos ascensores como polas plataformas

Jose Luis Gil Pita-Mª Cristina Nieto Peñamaría Arquitectos COAG 2344-2237

[email protected]@coag.es

ESTUDO DE DETALLE PARA A DEFINICIÓN URBANÍSTICA DA DOTACIÓN DE ACCESIBILIDADE AOS INMOBLES DE VIVENDA COLECTIVA EMPRAZADOS NO GRUPO DE VIVENDAS SAN IGNACIO DE LOYOLA Santiago de Compostela. Novembro 2019 

18

II.- PROPOSTA DE ORDENACIÓN   Apartado 01. ACCESIBILIDADE Estudo de Accesibilidade Interna (solución particular entre plantas do edifício) e Accesibilidade Exterior (tránsito no exterior ata o elemento elevador). Desglose de solucións ordenado por bloques (Bloque 1 e Bloque 2), con tipoloxía bloque lineal: a. BLOQUE 1 Bloque illado de 3 plantas (B+2) conformado por 2 módulos con un núcleo de escalera exterior helicoidal que da acceso a 2 viviendas por planta cada uno, na planta 1º e 2º. 1. BLOQUE 1. ACCESIBILIDADE INTERNA A solución de comunicación resólvese integramente no espacio exterior da parcela privada. A formalización e caracterización do núcleo de comunicación existente, con escaleira helicoidal exterior, impide conxugar escaleira e ascensor na mesma fachada norte sen afectar á súa tipoloxía. A solución de accesibilidade posiciona o ascensor na fachada sur, exterior e exento, conservando os actuais puntos de acceso ás vivendas a través da escaleira, na fachada norte. O acceso ao Nivel Cero do ascensor realízase a través do espazo exterior da parcela privativa. Na accesibilidade a plantas aparece un novo elemento, un corredor exterior- cuberto, na fachada sur onde se realiza o desembarco do ascensor en cada planta e que permite o acceso a cada unha das 4 vivendas por planta. Tanto a envolvente do ascensor coma as pasarelas de acceso ás vivendas se resolven construtivamente con elementos prefabricados de formigón autónomos sen afectar sustancialmente á construción orixinal. Todos os paños das galerías existente, heteroxéneas e posteriores ao proxecto orixinal, serán sustituidos por unha carpintería de madeira tipo que aporte o carácter unitario que caracteriza a esta tipoloxía. Ascensor Normativo (CTE.DB.SUA) con doble embarque a 90º, contabilizando un total de 3 paradas. (PB+P1+P2). Implicacións derivadas sobre as plantas tipo (ver esquema adxunto).

- A implementación dun novo acceso pola fachada sur aporta a cada vivenda nas plantas 1ª e 2ª un doble acceso: por escaleira, na fachada norte a través do corredor orixinal e por ascensor, na fachada sur a través dun novo corredor ou pasarela.

Implicacións derivadas sobre a configuración da cuberta (ver esquema adxunto). - A solución proposta non ten implicación sobre a configuración da cuberta orixinal. A cubrición das pasarelas realízase con elementos engadidos prefabricados como a totalidade da intervención, sen interferir na cuberta orixinal. - A cuberta engade unha nova cuberta plana independente para cubrir o novo corredor de acceso ás vivendas na fachada sur.

IMAXE II. 01. a. 1. 1. Bloque 1. Planta de acceso e tipo - proposta

Fonte: Elaboración propia

Page 19: DOTACIÓN DE ACCESIBILIDADE GRUPO DE VIVENDAS SAN …€¦ · volumetría e características. A proposta determina as áreas a ocupar tanto polos ascensores como polas plataformas

Jose Luis Gil Pita-Mª Cristina Nieto Peñamaría Arquitectos COAG 2344-2237

[email protected]@coag.es

ESTUDO DE DETALLE PARA A DEFINICIÓN URBANÍSTICA DA DOTACIÓN DE ACCESIBILIDADE AOS INMOBLES DE VIVENDA COLECTIVA EMPRAZADOS NO GRUPO DE VIVENDAS SAN IGNACIO DE LOYOLA Santiago de Compostela. Novembro 2019 

19

Implicacións derivadas sobre as terrazas transformadas de xeito particular por cada propietario en espazo de galerías pechadas: - O espacio adicado a galería mantense coma espazo pechado, como superficie útil da vivenda mais se transforma en espazo de entrada do novo itinerario accesible. - A carpintería heteroxénea de peche do espacio convertido en galería (espazo orixinal de terraza), se sustitúe por outra que aporte unidade ao conxunto dos bloques. A solución conleva a sustitución do peche da galería por unha nova carpintería realizada en madera de iroko de perfil europeo para pintar, que evita a existencia de pontes térmicos, acompañada dun acristalamento a base de Vidrio Climalit en todo o módulo (dim: 2,65mx 3,35m, en planta 1ª; dim: 3mx 3,35m, en planta 2ª).

- E necesario que o proxecto de execución da solución de accesibilidade integre unha solución para os tendedeiros exteriores na proposta conxunta.

IMAXE II. 01. a. 1. 2. Bloque 1. Sección estado actual- proposta

Fonte: Elaboración propia 2. BLOQUE 1. ACCESIBILIDADE EXTERIOR Acceso á parcela dende a Avda Mestre Mateo por rampla, tanto para acceso rodado coma para acceso peonil, con desembarco na parcela a cota +199,5. Este acceso xa estaba executado e foi reformado atendendo ás especificaciones do Proxecto Urbanización do entorno do Edificio CEBEGA. Acceso ao ascensor dende o espazo exterior da parcela privada do Grupo de vivendas de San Ignacio. O ascensor arranca no espazo exterior na mesma cota actualmente existente de acceso ás vivendas do Bloque 1, cota +199,5.

b. BLOQUE 2 Bloque illado de 3 plantas (B+2) conformado por 3 módulos con un núcleo de escalera exterior helicoidal que da acceso a 2 viviendas por planta cada uno, na planta 1ª e 2ª. 1. BLOQUE 2. ACCESIBILIDADE INTERNA A solución de comunicación resólvese integramente no espacio exterior da parcela privada. A formalización e caracterización do núcleo de comunicación existente, con escaleira helicoidal exterior, impide conxugar escaleira e ascensor na mesma fachada norte sen afectar á súa tipoloxía. A solución de accesibilidade posiciona o ascensor na fachada sur, exterior e exento, conservando os actuais puntos de acceso ás vivendas a través da escaleira, na fachada norte. O acceso ao Nivel Cero do ascensor realízase a través do espazo exterior da parcela privativa. Na accesibilidade a Plantas aparece un novo elemento, un corredor exterior- cuberto, na fachada sur onde se realiza o desembarco do ascensor en cada planta e que permite o acceso a cada unha das 6 vivendas por planta. Tanto a envolvente do ascensor coma as pasarelas de acceso ás vivendas se resolven construtivamente con elementos prefabricados de formigón autónomos sen afectar sustancialmente á construción orixinal máis que nas carpinterías de acceso ás vivendas dende este itinerario accesible. Ascensor Normativo (CTE.DB.SUA) con doble embarque a 90º, contabilizando un total de 3 paradas. (PB+P1+P2).

Implicacións derivadas sobre as plantas tipo (ver esquema adxunto).

- A implementación dun novo acceso pola fachada sur aporta a cada vivenda tipo, nas plantas 1ª e 2ª, un doble acceso: por escaleira, na fachada norte a través do corredor orixinal e por ascensor, na fachada sur a través dun novo corredor.

Page 20: DOTACIÓN DE ACCESIBILIDADE GRUPO DE VIVENDAS SAN …€¦ · volumetría e características. A proposta determina as áreas a ocupar tanto polos ascensores como polas plataformas

Jose Luis Gil Pita-Mª Cristina Nieto Peñamaría Arquitectos COAG 2344-2237

[email protected]@coag.es

ESTUDO DE DETALLE PARA A DEFINICIÓN URBANÍSTICA DA DOTACIÓN DE ACCESIBILIDADE AOS INMOBLES DE VIVENDA COLECTIVA EMPRAZADOS NO GRUPO DE VIVENDAS SAN IGNACIO DE LOYOLA Santiago de Compostela. Novembro 2019 

20

IMAXE II. 01. b. 1. 2. Bloque 2. Planta de acceso e tipo- proposta

Fonte: Elaboración propia Implicacións derivadas sobre a configuración da cuberta (ver esquema adxunto): - A solución proposta non ten implicación sobre a configuración da cuberta orixinal. A cubrición das pasarelas realízase con elementos engadidos prefabricados como a totalidade da intervención, sen interferir na cuberta orixinal. - A cuberta engade unha nova cuberta plana independente para cubrir o novo corredor de acceso ás vivendas na fachada sur. Implicacións derivadas sobre as terrazas transformadas de xeito particular por cada propietario en espazo de galerías pechadas: - O espacio adicado a galería mantense coma espazo pechado, como superficie útil da vivenda mais se transforma en espazo de entrada do novo itinerario accesible. - A carpintería de peche do espacio convertido en galería (espazo orixinal de terraza), se sustitúen por outra que aporte unidade ao conxunto dos bloques. A solución conleva a sustitución do peche da galería por unha nova carpintería en todo o módulo (dim: 2,65mx 2,65m, en planta 1ª; dim: 3mx2,65m, en planta 2ª).

- E necesario que o proxecto de execución da solución de accesibilidade integre unha solución para os tendedeiros exteriores na proposta conxunta.

 

2. BLOQUE 2. ACCESIBILIDADE EXTERIOR Acceso ao ascensor dende o espazo exterior da parcela privada do Grupo de vivendas de San Ignacio. O ascensor arranca no espazo exterior na mesma cota actualmente existente de acceso ás vivendas do Bloque 2, cota +203.

IMAXE II. 01. b. 1. 3. Proposta. Planta de acceso

Fonte: Elaboración propia

Page 21: DOTACIÓN DE ACCESIBILIDADE GRUPO DE VIVENDAS SAN …€¦ · volumetría e características. A proposta determina as áreas a ocupar tanto polos ascensores como polas plataformas

Jose Luis Gil Pita-Mª Cristina Nieto Peñamaría Arquitectos COAG 2344-2237

[email protected]@coag.es

ESTUDO DE DETALLE PARA A DEFINICIÓN URBANÍSTICA DA DOTACIÓN DE ACCESIBILIDADE AOS INMOBLES DE VIVENDA COLECTIVA EMPRAZADOS NO GRUPO DE VIVENDAS SAN IGNACIO DE LOYOLA Santiago de Compostela. Novembro 2019 

21

IMAXE II. 01. b. 1. 4. Proposta. Escena urbana

Fonte: Elaboración propia

Apartado 02. EFICIENCIA ENERXÉTICA E CONSERVACIÓN

Condición a instaurar no plantexamento: levar a cabo operacións de mellora na accesibilidade e nas condicións enerxéticas (construción e instalacións) da edificación mantendo a identidade tipolóxica e material orixinaria. As solucións empregadas extenderanse a ámbolos dous bloques.  Cuberta Illamento baixo o revestimento, conservando a configuración actual de aleiro e beiril de testeiros. Por mor da escasa pendente do faldón de cuberta e a súa orientación noroeste, o proxecto de execución deberá considerar a posibilidade da sustitución da cuberta actual por un panel con illamento in situ e revestimento de zinc ou similar, o cual haberá de redundar igualmente na mellora das condicións estéticas desta arquitectura singular. Fachada Aplicación de sistema de illamento exterior (SATE-ETICS). Acabado liso de superficies, conservando a estrutura de tonalidades orixinal. Aconséllase o emprego de revocos con base de resinas orgánicas (sen cementos), de maior permeabilidade e resistencia mecánica. Solución extensible a testeiros da edificación. Perímetro de ocos executado co propio material de fachada. No entanto non se leve a cabo o soterrado de redes aéreas de instalacións, a solución de fachada disporá de canal rexistrable oculto para acoller os tendidos que discorren por fachada, con acabado mimetizado na solución de fachada. Carpinterías. Condicións a aplicar sobre carpintería existente Carpintería de ocos de fachadas. Proponse a sustitución das actuais carpinterías de heteroxénea procedencia e antigüedade, madeira, aluminio, pvc con diferentes acristalamentos por unha carpintería que aporte un carácter unitario ao conxunto. Conservarase a posición na sección de fachada, o despece e o sistema de apertura orixinal. As carpinterías das actuais galerías serán sustituidas por carpinterías de madeira de iroko de perfil europeo para pintar, que evita a existencia de pontes térmicos, acompañada dun acristalamento a base de vidrio climalit. Asimesmo o proxecto de execución recuperará as portas orixinais de madeira. O resto das carpinterías serán sustituidas ben por carpinterías de madeira ou por carpinterías de aluminio con perfilería de acabado natural, con rotura de ponte térmica (RPT), aristada con xunquillo recto, según o determine o proxecto de execución mantendo o carácter unitario do conxunto e a adecuación ao proxecto orixinal. Ademais é necesario que o proxecto de execución acade unha solución de enreixado nas plantas baixas ou sustitúa por outro tipo de carpintería reforzada. Instalacións exteriores Suprimirase de fachada calquera tipo de instalación ou elemento impropio. Replantearase a ubicación e o diseño do elemento para aloxar os buzóns no parterre situado entre os dous bloques. É preciso buscar unha solución integrada no proxecto para os tendedeiros enganchados na actualidade na fachada sur.

Page 22: DOTACIÓN DE ACCESIBILIDADE GRUPO DE VIVENDAS SAN …€¦ · volumetría e características. A proposta determina as áreas a ocupar tanto polos ascensores como polas plataformas

Jose Luis Gil Pita-Mª Cristina Nieto Peñamaría Arquitectos COAG 2344-2237

[email protected]@coag.es

ESTUDO DE DETALLE PARA A DEFINICIÓN URBANÍSTICA DA DOTACIÓN DE ACCESIBILIDADE AOS INMOBLES DE VIVENDA COLECTIVA EMPRAZADOS NO GRUPO DE VIVENDAS SAN IGNACIO DE LOYOLA Santiago de Compostela. Novembro 2019 

22

III.- XUSTIFICACIÓN DO CUMPLIMENTO DE NORMAS DE RANGO SUPERIOR 1.- LEY DE SUELO Y REHABILITACIÓN URBANA O RDL 7/2015, de 30 de Outubro, que aproba o Texto Refundido de la Ley de Suelo y Rehabilitación Urbana posibilita a ocupación de espazo público para resolver accesibilidades na edificación privada. Non se precisa ocupación de espazo público para resolver a accesibilidade no caso do Grupo de vivendas de San Ignacio de Loyola. 2.- LEI DE ACCESIBILIDADE Os plantexamentos expostos no Estudo de Detalle atenden ó convido na Lei 10/2014, de 3 de Decembro, de Accesibilidade de Galicia. Respectan os criterios establecidos por Lei no ámbito de intervención previsto para instalación de ascensores de uso residencial, segundo recolle o Código de Accesibilidade da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. As propostas tipoloxicas de implantación de ascensores previstas no Estudio de detalle permiten garantizar as normas de accesibilidade, que en calquera caso, deberan xustificarse nos respectivos proxectos de edificación. 3.- LEI E REGULAMENTO DO SOLO DE GALICIA • PXOM SANTIAGO O documento asume as indicacións da Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do Solo de Galicia, no referente a Estudos de detalle, recollidas no seu artigo 79: 1. En desenvolvemento dos Plans Xerais, Plans Parciais e Plans Especiais, poderán redactarse Estudos de detalle cos seguintes obxectivos: a. Completar ou reaxustar as aliñacións e as rasantes. b. Ordenar os volumes edificables. c. Concretar as condicións estéticas e de composición das edificacións complementarias do planeamento. 2. Os Estudos de Detalle en ningún caso poderán a. Alterar o destino urbanístico do solo. b. Incrementar o aproveitamento urbanístico. c. Reducir as superficies destinadas a viais, espazos libres ou dotacións públicas. d. Prever a apertura de vías de uso público non recollidas no Plan que completen ou desenvolvan. e. Aumentar a ocupación do solo, as alturas máximas edificables ou a intensidade de uso. f. Parcelar o solo. g. Non ter en conta ou infrinxir as demáis limitacións que lles impoña o correspondente plan. h. Establecer Novos Usos e Ordenanzas. O Regulamento da Lei 2/2016 do Solo de Galicia (D.143/2016) dispón no Anexo I. Definicións, apartado 7, que -existindo acreditada necesidade e coa menor incidencia posible- non computarán aumento de edificabilidade: + A execución de obras e instalacións tendentes á adecuación á normativa de accesibilidade, incluíndo a instalación de novos ascensores e as súas casetas de operacións nas azoteas dos edificios.

+ As actuacións de mellora da envolvente que se realicen para reducir a demanda enerxética nas edificacións existentes no momento da entrada en vigor da Lei 2/2016. Atendendo ó anterior, os novos volumes resultantes da implementación dos novos elementos de accesibilidade non se consideran incrementos de volumen. A solución proposta realizase dentro da parcela privada, sen afectar ao espazo público. 4.- LEI DE PATRIMONIO CULTURAL DE GALICIA A Lei 5/2016 condiciona as intervencións a efectuar no entorno de elementos patrimoniais catalogados. Non hai elementos catalogados no ámbito. Este documento pretende deixar constancia do valor deste tipo de arquitecturas domésticas e sociais co obxectivo de suxerir que o Grupo de vivendas de San Ignacio sexa valorado para poder ser incluido dentro do catálogo municipal e/ ou outros catálogos do patrimonio do movemento moderno do século XX. O ámbito do presente Estudio de Detalle queda fóra do Perímetro Azul.

Page 23: DOTACIÓN DE ACCESIBILIDADE GRUPO DE VIVENDAS SAN …€¦ · volumetría e características. A proposta determina as áreas a ocupar tanto polos ascensores como polas plataformas

Jose Luis Gil Pita-Mª Cristina Nieto Peñamaría Arquitectos COAG 2344-2237

[email protected]@coag.es

ESTUDO DE DETALLE PARA A DEFINICIÓN URBANÍSTICA DA DOTACIÓN DE ACCESIBILIDADE AOS INMOBLES DE VIVENDA COLECTIVA EMPRAZADOS NO GRUPO DE VIVENDAS SAN IGNACIO DE LOYOLA Santiago de Compostela. Novembro 2019 

1

IV.- ANEXOS ANEXO1.- PLANIMETRIAS DO PROXECTO ORIXINAL (Arquivo do Reino de Galicia. Fondos COAG. Expedientes: 41190-16 e 41215-592)

Expediente: 41190-16: PROYECTO DE VIVIENDAS ECONÓMICAS PARA EL BANCO DEL POBRE SITUADAS EN LA CARRETERA NOYA s/n. SANTIAGO. 1962

- PLANO SITUACIÓN BLOQUES_2

- PLANTA Y ALZADOS DE CONJUNTO_3

- PLANTAS_4

- ALZADOS SECCIÓN Y ESTRUCTURA_5

Expediente: 41215-592: PROYECTO DE VIVIENDAS ECONÓMICAS. 1974

- PLANO SITUACIÓN BLOQUES Y PARCELA DISPONIBLE_2

- SECCIÓN_3

- PLANTA BAJA_4

- PLANTA DE PISOS Y PLANTA CUBIERTA_5

- FACHADAS PRINCIPAL Y POSTERIOR_6

- FACHADA LATERAL Y SECCIÓN A-A_7

Page 24: DOTACIÓN DE ACCESIBILIDADE GRUPO DE VIVENDAS SAN …€¦ · volumetría e características. A proposta determina as áreas a ocupar tanto polos ascensores como polas plataformas

Jose Luis Gil Pita-Mª Cristina Nieto Peñamaría Arquitectos COAG 2344-2237

[email protected]@coag.es

ESTUDO DE DETALLE PARA A DEFINICIÓN URBANÍSTICA DA DOTACIÓN DE ACCESIBILIDADE AOS INMOBLES DE VIVENDA COLECTIVA EMPRAZADOS NO GRUPO DE VIVENDAS SAN IGNACIO DE LOYOLA Santiago de Compostela. Novembro 2019 

2

Expedientes: 41190-16: PROYECTO DE VIVIENDAS ECONÓMICAS PARA EL BANCO DEL POBRE SITUADAS EN LA CARRETERA NOYA s/n SANTIAGO. 1962

Page 25: DOTACIÓN DE ACCESIBILIDADE GRUPO DE VIVENDAS SAN …€¦ · volumetría e características. A proposta determina as áreas a ocupar tanto polos ascensores como polas plataformas

Jose Luis Gil Pita-Mª Cristina Nieto Peñamaría Arquitectos COAG 2344-2237

[email protected]@coag.es

ESTUDO DE DETALLE PARA A DEFINICIÓN URBANÍSTICA DA DOTACIÓN DE ACCESIBILIDADE AOS INMOBLES DE VIVENDA COLECTIVA EMPRAZADOS NO GRUPO DE VIVENDAS SAN IGNACIO DE LOYOLA Santiago de Compostela. Novembro 2019 

3

Page 26: DOTACIÓN DE ACCESIBILIDADE GRUPO DE VIVENDAS SAN …€¦ · volumetría e características. A proposta determina as áreas a ocupar tanto polos ascensores como polas plataformas

Jose Luis Gil Pita-Mª Cristina Nieto Peñamaría Arquitectos COAG 2344-2237

[email protected]@coag.es

ESTUDO DE DETALLE PARA A DEFINICIÓN URBANÍSTICA DA DOTACIÓN DE ACCESIBILIDADE AOS INMOBLES DE VIVENDA COLECTIVA EMPRAZADOS NO GRUPO DE VIVENDAS SAN IGNACIO DE LOYOLA Santiago de Compostela. Novembro 2019 

4

Page 27: DOTACIÓN DE ACCESIBILIDADE GRUPO DE VIVENDAS SAN …€¦ · volumetría e características. A proposta determina as áreas a ocupar tanto polos ascensores como polas plataformas

Jose Luis Gil Pita-Mª Cristina Nieto Peñamaría Arquitectos COAG 2344-2237

[email protected]@coag.es

ESTUDO DE DETALLE PARA A DEFINICIÓN URBANÍSTICA DA DOTACIÓN DE ACCESIBILIDADE AOS INMOBLES DE VIVENDA COLECTIVA EMPRAZADOS NO GRUPO DE VIVENDAS SAN IGNACIO DE LOYOLA Santiago de Compostela. Novembro 2019 

5

Page 28: DOTACIÓN DE ACCESIBILIDADE GRUPO DE VIVENDAS SAN …€¦ · volumetría e características. A proposta determina as áreas a ocupar tanto polos ascensores como polas plataformas

Jose Luis Gil Pita-Mª Cristina Nieto Peñamaría Arquitectos COAG 2344-2237

[email protected]@coag.es

ESTUDO DE DETALLE PARA A DEFINICIÓN URBANÍSTICA DA DOTACIÓN DE ACCESIBILIDADE AOS INMOBLES DE VIVENDA COLECTIVA EMPRAZADOS NO GRUPO DE VIVENDAS SAN IGNACIO DE LOYOLA Santiago de Compostela. Novembro 2019 

6

Expediente: 41215-592: PROYECTO DE VIVIENDAS ECONÓMICAS. 1974

Page 29: DOTACIÓN DE ACCESIBILIDADE GRUPO DE VIVENDAS SAN …€¦ · volumetría e características. A proposta determina as áreas a ocupar tanto polos ascensores como polas plataformas

Jose Luis Gil Pita-Mª Cristina Nieto Peñamaría Arquitectos COAG 2344-2237

[email protected]@coag.es

ESTUDO DE DETALLE PARA A DEFINICIÓN URBANÍSTICA DA DOTACIÓN DE ACCESIBILIDADE AOS INMOBLES DE VIVENDA COLECTIVA EMPRAZADOS NO GRUPO DE VIVENDAS SAN IGNACIO DE LOYOLA Santiago de Compostela. Novembro 2019 

7

Page 30: DOTACIÓN DE ACCESIBILIDADE GRUPO DE VIVENDAS SAN …€¦ · volumetría e características. A proposta determina as áreas a ocupar tanto polos ascensores como polas plataformas

Jose Luis Gil Pita-Mª Cristina Nieto Peñamaría Arquitectos COAG 2344-2237

[email protected]@coag.es

ESTUDO DE DETALLE PARA A DEFINICIÓN URBANÍSTICA DA DOTACIÓN DE ACCESIBILIDADE AOS INMOBLES DE VIVENDA COLECTIVA EMPRAZADOS NO GRUPO DE VIVENDAS SAN IGNACIO DE LOYOLA Santiago de Compostela. Novembro 2019 

8

Page 31: DOTACIÓN DE ACCESIBILIDADE GRUPO DE VIVENDAS SAN …€¦ · volumetría e características. A proposta determina as áreas a ocupar tanto polos ascensores como polas plataformas

Jose Luis Gil Pita-Mª Cristina Nieto Peñamaría Arquitectos COAG 2344-2237

[email protected]@coag.es

ESTUDO DE DETALLE PARA A DEFINICIÓN URBANÍSTICA DA DOTACIÓN DE ACCESIBILIDADE AOS INMOBLES DE VIVENDA COLECTIVA EMPRAZADOS NO GRUPO DE VIVENDAS SAN IGNACIO DE LOYOLA Santiago de Compostela. Novembro 2019 

9

Page 32: DOTACIÓN DE ACCESIBILIDADE GRUPO DE VIVENDAS SAN …€¦ · volumetría e características. A proposta determina as áreas a ocupar tanto polos ascensores como polas plataformas

Jose Luis Gil Pita-Mª Cristina Nieto Peñamaría Arquitectos COAG 2344-2237

[email protected]@coag.es

ESTUDO DE DETALLE PARA A DEFINICIÓN URBANÍSTICA DA DOTACIÓN DE ACCESIBILIDADE AOS INMOBLES DE VIVENDA COLECTIVA EMPRAZADOS NO GRUPO DE VIVENDAS SAN IGNACIO DE LOYOLA Santiago de Compostela. Novembro 2019 

10

Page 33: DOTACIÓN DE ACCESIBILIDADE GRUPO DE VIVENDAS SAN …€¦ · volumetría e características. A proposta determina as áreas a ocupar tanto polos ascensores como polas plataformas
Page 34: DOTACIÓN DE ACCESIBILIDADE GRUPO DE VIVENDAS SAN …€¦ · volumetría e características. A proposta determina as áreas a ocupar tanto polos ascensores como polas plataformas
Page 35: DOTACIÓN DE ACCESIBILIDADE GRUPO DE VIVENDAS SAN …€¦ · volumetría e características. A proposta determina as áreas a ocupar tanto polos ascensores como polas plataformas

MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PXOM E DO PE-8 NO ÁMBITO DO EQUIPAMENTO UNIVERSITARIO EU-2, GRUPO DE VIVENDAS SAN IGNACIO DE LOYOLA

Page 36: DOTACIÓN DE ACCESIBILIDADE GRUPO DE VIVENDAS SAN …€¦ · volumetría e características. A proposta determina as áreas a ocupar tanto polos ascensores como polas plataformas
Page 37: DOTACIÓN DE ACCESIBILIDADE GRUPO DE VIVENDAS SAN …€¦ · volumetría e características. A proposta determina as áreas a ocupar tanto polos ascensores como polas plataformas
Page 38: DOTACIÓN DE ACCESIBILIDADE GRUPO DE VIVENDAS SAN …€¦ · volumetría e características. A proposta determina as áreas a ocupar tanto polos ascensores como polas plataformas
Page 39: DOTACIÓN DE ACCESIBILIDADE GRUPO DE VIVENDAS SAN …€¦ · volumetría e características. A proposta determina as áreas a ocupar tanto polos ascensores como polas plataformas
Page 40: DOTACIÓN DE ACCESIBILIDADE GRUPO DE VIVENDAS SAN …€¦ · volumetría e características. A proposta determina as áreas a ocupar tanto polos ascensores como polas plataformas
Page 41: DOTACIÓN DE ACCESIBILIDADE GRUPO DE VIVENDAS SAN …€¦ · volumetría e características. A proposta determina as áreas a ocupar tanto polos ascensores como polas plataformas

H

H

S

K

B

H

H H

B K

SG

TIPOLOXÍA BLOQUE 1. PLANTA DE ACCESO- ESTADO ACTUAL

TIPOLOXÍA BLOQUE 1. PLANTA TIPO (1ª e 2ª)- ESTADO ACTUAL

Page 42: DOTACIÓN DE ACCESIBILIDADE GRUPO DE VIVENDAS SAN …€¦ · volumetría e características. A proposta determina as áreas a ocupar tanto polos ascensores como polas plataformas

H

H

S

K

B

H

H H

B K

SG

TIPOLOXÍA BLOQUE 1. PLANTA TIPO (1ª e 2ª)- PROPOSTA

TIPOLOXÍA BLOQUE 1. PLANTA DE ACCESO- PROPOSTA

Page 43: DOTACIÓN DE ACCESIBILIDADE GRUPO DE VIVENDAS SAN …€¦ · volumetría e características. A proposta determina as áreas a ocupar tanto polos ascensores como polas plataformas

4,20

199,29 199,53 199,54

199,29 199,53 199,54

2,65

2,80

199,29

199,29

TIPOLOXÍA BLOQUE 1. ALZADO SUR. ESTADO ACTUAL

TIPOLOXÍA BLOQUE 1. ALZADO SUR. IMPLANTACIÓN PROPOSTA

SECCIÓN. ESTADO ACTUAL

SECCIÓN. IMPLANTACIÓN PROPOSTA

Page 44: DOTACIÓN DE ACCESIBILIDADE GRUPO DE VIVENDAS SAN …€¦ · volumetría e características. A proposta determina as áreas a ocupar tanto polos ascensores como polas plataformas

H

H

S

K

B

H

R

H

H

S

K

B

H

R

G

TIPOLOXÍA BLOQUE 2. PLANTA DE ACCESO- ESTADO ACTUAL

TIPOLOXÍA BLOQUE 2. PLANTA TIPO (1ª e 2ª)- ESTADO ACTUAL

Page 45: DOTACIÓN DE ACCESIBILIDADE GRUPO DE VIVENDAS SAN …€¦ · volumetría e características. A proposta determina as áreas a ocupar tanto polos ascensores como polas plataformas

H

H

S

K

B

H

R

TIPOLOXÍA BLOQUE 2. PLANTA TIPO (1ª e 2ª)- PROPUESTA

TIPOLOXÍA BLOQUE 2. PLANTA DE ACCESO- PROPUESTA

Page 46: DOTACIÓN DE ACCESIBILIDADE GRUPO DE VIVENDAS SAN …€¦ · volumetría e características. A proposta determina as áreas a ocupar tanto polos ascensores como polas plataformas

TIPOLOXÍA BLOQUE 2. ALZADO SUR. ESTADO ACTUAL

TIPOLOXÍA BLOQUE 2. ALZADO SUR. IMPLANTACIÓN PROPOSTA_02

Page 47: DOTACIÓN DE ACCESIBILIDADE GRUPO DE VIVENDAS SAN …€¦ · volumetría e características. A proposta determina as áreas a ocupar tanto polos ascensores como polas plataformas
Page 48: DOTACIÓN DE ACCESIBILIDADE GRUPO DE VIVENDAS SAN …€¦ · volumetría e características. A proposta determina as áreas a ocupar tanto polos ascensores como polas plataformas
Page 49: DOTACIÓN DE ACCESIBILIDADE GRUPO DE VIVENDAS SAN …€¦ · volumetría e características. A proposta determina as áreas a ocupar tanto polos ascensores como polas plataformas
Page 50: DOTACIÓN DE ACCESIBILIDADE GRUPO DE VIVENDAS SAN …€¦ · volumetría e características. A proposta determina as áreas a ocupar tanto polos ascensores como polas plataformas
Page 51: DOTACIÓN DE ACCESIBILIDADE GRUPO DE VIVENDAS SAN …€¦ · volumetría e características. A proposta determina as áreas a ocupar tanto polos ascensores como polas plataformas