DOU - Deputación de A Coruña · Sábese que na fase de noivado os sinais de abuso que aparecen...

28
S O M O S D O U S GUÍA DE PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO PARA MOZAS E MOZOS NA LOITA CONTRA A VIOLENCIA CONTAMOS IGUAL

Transcript of DOU - Deputación de A Coruña · Sábese que na fase de noivado os sinais de abuso que aparecen...

Page 1: DOU - Deputación de A Coruña · Sábese que na fase de noivado os sinais de abuso que aparecen acotío son de carácter sutil, indirecto, encuberto e disfrazado ou

SOMOS

DOUS

GUÍA DE PREVENCIÓN

DA VIOLENCIA DE XÉNERO

PARA MOZAS E MOZOS

N A L O I T A C O N T R A A V I O L E N C I A

C O N T A M O S I G U A L

Page 2: DOU - Deputación de A Coruña · Sábese que na fase de noivado os sinais de abuso que aparecen acotío son de carácter sutil, indirecto, encuberto e disfrazado ou
Page 3: DOU - Deputación de A Coruña · Sábese que na fase de noivado os sinais de abuso que aparecen acotío son de carácter sutil, indirecto, encuberto e disfrazado ou

ÍNDICE

INTRODUCIÓN 5

O PATRIARCADO 7

ASIGNACIÓN DE ROLES 7

ESTEREOTIPOS DE XÉNERO 9

O SEXISMO NA ACTUALIDADE 10

QUE É A VIOLENCIA DE XÉNERO? 11

FORMAS DE MALTRATO 12

COMO COMEZA? 13

CICLO DA VIOLENCIA 13

A VIOLENCIA NO NOIVADO 14

CLAVES PARA UNHA RELACIÓN SAUDABLE 14

TEST PARA MOZAS/OS NUNHA RELACIÓN DE NOIVADO 15

O AMOR SEGUNDO O XÉNERO 17

MITOS DO AMOR ROMÁNTICO 18

INGREDIENTES DO QUERERSE BEN 20

QUE É UNHA RELACIÓN SA 23

Page 4: DOU - Deputación de A Coruña · Sábese que na fase de noivado os sinais de abuso que aparecen acotío son de carácter sutil, indirecto, encuberto e disfrazado ou
Page 5: DOU - Deputación de A Coruña · Sábese que na fase de noivado os sinais de abuso que aparecen acotío son de carácter sutil, indirecto, encuberto e disfrazado ou

INTRODUCIÓN

Constitúe uns dos obxectivos da Deputación da Coruña a adopción de

medidas para o fomento da igualdade de oportunidades entre

mulleres e homes na sociedade e a loita contra a violencia de xénero.

Por este motivo e coincidindo coa conmemoración do 25 de

novembro, Día contra a Violencia de Xénero, considerouse de interese

levar a cabo un programa socioeducativo de prevención da violencia

de xénero dirixido a poboación adolescente, en centros de educación

secundaria da provincia.

Algunhas das finalidades deste programa son:

- Erradicar mitos e estereotipos.

- Fomentar estratexias que potencien actitudes críticas fronte

as desigualdades e a violencia de xénero.

- Desenvolver habilidades de comunicación, escoita activa,

expresión de sentimentos, asertividade , etc. para a resolución

de conflitos.

Esta guía está dirixida a todos e todas vós, porque queremos que

sexades conscientes da importancia de fomentar cambios de actitude

baseados no respecto, confianza, apoio, tolerancia e igualdade, raíces

para que na vosa idade adulta gocedes de relacións igualitarias.

Aprender a identificar unha relación de maltrato e estar informados

axuda a reaccionar no caso de vivila en primeira persoa ou detectar

estas situacións no voso entorno, non nos esquezamos que a violencia

de xénero é un problema que nos afecta a toda a sociedade.

ZAIRA RODRÍGUEZ PÉREZ

Presidenta da Comisión de Benestar Social, Políticas de Igualdade de

Xénero e Normalización Lingüística da Deputación da Coruña

Page 6: DOU - Deputación de A Coruña · Sábese que na fase de noivado os sinais de abuso que aparecen acotío son de carácter sutil, indirecto, encuberto e disfrazado ou
Page 7: DOU - Deputación de A Coruña · Sábese que na fase de noivado os sinais de abuso que aparecen acotío son de carácter sutil, indirecto, encuberto e disfrazado ou

O patriarcado é o sistema de organización social no que existe unha

distribución de poder desigual entre as mulleres e os homes. Está baseado na

autoridade e goberno dos homes tanto dentro da familia como no conxunto

da sociedade.

Aínda que as súas orixes se sitúan, segundo varias fontes, na época na que os

seres humanos nos fixemos sedentarios e se inicia a agricultura, hoxe en día

segue a ser o sistema de relación que impera na sociedade, se ben se foi

adaptando ás diferentes etapas polas que pasou a humanidade.

O patriarcado maniféstase hoxe en día en moitos aspectos que están

interrelacionados como son os aspectos socioeconómicos, os psicolóxicos e

os culturais. Ao longo desta guía veremos algunha das súas manifestacións.

Esta organización social patriarcal establece distintos

tipos de actividades en función do sexo:

Os mozos, educados social e culturalmente en

masculino estamos destinados a unha actividade

central e valorada, a produción.

As mozas, educadas en feminino estamos

destinadas a unha actividade minusvalorada, a

reprodución.

Todos os días e a través de moitas persoas, casa, escola, medios de

comunicación, cancións, películas, videoxogos, etc. recibimos un bombardeo

de mensaxes diferenciados para mozas e para mozos.

O PATRIARCADO

ASIGNACIÓN DE ROLES

Page 8: DOU - Deputación de A Coruña · Sábese que na fase de noivado os sinais de abuso que aparecen acotío son de carácter sutil, indirecto, encuberto e disfrazado ou

Falan de todas as características psicolóxicas e sociais que

debemos ter os mozos. As mensaxes azuis dinnos que os mozos

temos que ser fortes, agresivos, non ter medo, temos que ser

bos nos deportes, ligar moito e presumir das nosas conquistas.

As mensaxes azuis dinnos que a todos os mozos nos gustan as

mozas e que de maiores temos que encargarnos de manter á

familia.

A través de todas as mensaxes azuis imos aprendendo como

temos que ser os mozos e que cousas podemos facer. Se non

cumprimos con esas mensaxes, ás veces, critícannos ou

enfádanse con nós.

Fálannos de todas as características psicolóxicas e sociais que

debemos ter as mozas.

Moita xente cre que as mozas temos que coidar a nosa imaxe,

maquillarnos, temos que atender a outras persoas, ser servizais,

discretas, románticas, ter coidado e non ir soas.

Moita xente considera que todas as mozas somos sensibles,

débiles, presumidas. Moita xente pensa que a todas as mozas

nos gustan os mozos.

Page 9: DOU - Deputación de A Coruña · Sábese que na fase de noivado os sinais de abuso que aparecen acotío son de carácter sutil, indirecto, encuberto e disfrazado ou

ESTEREOTIPOS DE

XÉNERO

O “Quid” do problema está en como se supón que deben ser

os modelos masculinos e femininos na sociedade, pois os

que se mostran e reproducen na nosa están desfasados e

son discriminatorios.

A maioría das mensaxes rosas ou azuis non son malas en si

mesmas. O problema é que as mensaxes rosas están

dirixidas só ás mozas e os azuis só aos mozos. Isto encadra

e limita as nosas posibilidades de desenvolvernos como

persoas.

Aínda hoxe se considera que as mensaxes azuis son mellores

que as rosas.

O sexismo é un problema social, non só das mulleres. Unha

nova sociedade baseada na igualdade beneficiará tanto a

homes como a mulleres, dándonos máis liberdade para

desenvolvernos segundo os nosos gustos e potenciais.

Neste sentido, para acabar co problema do sexismo na nosa

sociedade non basta con non practicalo, senón que non

debemos admitilo e temos que loitar activamente contra el.

ESTEREOTIPOS DE XÉNERO

Page 10: DOU - Deputación de A Coruña · Sábese que na fase de noivado os sinais de abuso que aparecen acotío son de carácter sutil, indirecto, encuberto e disfrazado ou

Ao longo do tempo o sexismo foise transformando pasando dun

sexismo hostil (Machismo) a un sexismo máis sutil e difícil de

recoñecer.

!!DEBEMOS ANDAR LISTOS E LISTAS PARA PODER

RECOÑECELO!!

SE

XIS

MO

HO

ST

IL • O paternalismo dominador: xustificado pola

crenza de que as mulleres son mais débiles e inferiores e isto lexitima actitudes dominantes.

• A diferenciación de xénero competitiva: debida á crenza de que as mulleres non poden responsabilizarse de asuntos sociais e económicos importantes, sendo o seu entorno o doméstico.

• A hostilidade heterosexual: fundamentada na crenza de que as mulleres (debido ao seu poder sexual) son perigosas e manipulan aos homes.

• O paternalismo protector: entende á muller como débil e inferior, considera que o home debe protexela e coidar dela.

SE

XIS

MO

SU

TIL

• A diferenciación de xénero complementaria: considera que as mulleres posúen moitas características positivas que complementan ás que teñen os homes.

• A intimidade heterosexual: froito da crenza de que un home está incompleto sen unha muller.

O SEXISMO NA ACTUALIDADE

Page 11: DOU - Deputación de A Coruña · Sábese que na fase de noivado os sinais de abuso que aparecen acotío son de carácter sutil, indirecto, encuberto e disfrazado ou

QUE É A VIOLENCIA DE XÉNERO?

“Todo acto de violencia baseado na pertenza ao sexo

feminino que teña ou poida ter como resultado un dano ou

sufrimento físico, sexual ou psicolóxico para a muller, así

como as ameazas de tales actos, a coacción ou privación

arbitraria da liberdade, tanto se se producen na vida pública

como na vida privada”

(Nacións Unidas)

Cando falamos de violencia de xénero falamos dun problema

social, unha cuestión que se dá tanto na casa como fóra da casa

e que nos afecta a todos e todas como sociedade.

Neste tipo de violencia búscase o sometemento e utilízanse

diferentes mecanismos de control, establecéndose unha relación

desigualitaria de poder onde un domina e o outro está

sometido.

A violencia de xénero é tanto un problema de homes como de

mulleres, o único xeito de erradicala é implicarnos todos e todas

no seu rexeitamento.

Para parala debemos formar UNHA FRONTE COMÚN.

Page 12: DOU - Deputación de A Coruña · Sábese que na fase de noivado os sinais de abuso que aparecen acotío son de carácter sutil, indirecto, encuberto e disfrazado ou

FORMAS DE MALTRATO

Page 13: DOU - Deputación de A Coruña · Sábese que na fase de noivado os sinais de abuso que aparecen acotío son de carácter sutil, indirecto, encuberto e disfrazado ou

PSICOLÓXICOS FÍSICOS BAIXA INTENSIDADE

FÍSICOS ALTA INTENSIDADE

ACUMULACIÓN DA TENSIÓN

EXPLOSIÓN RECONCILIACIÓN

LÚA DE MEL

CÓMO COMEZA?

CICLO DA VIOLENCIA

Ademais das etapas que dan forma ás situacións de violencia, tamén

se establece un proceso cíclico entre unha agresión e outra.

FASE DE TENSIÓN

FASE DE EXPLOSIÓN

FASE DE LÚA DE MEL

A medida que pasa o tempo esta progresión modifícase e a fase de

tensión faise máis curta e se intensifican as estratexias da fase de

dominio, a fase de arrepentimento tamén se acurta e incluso

desaparece.

O comezo da violencia ten lugar de maneira progresiva.

Debemos ter ollo de parala nos seus inicios xa que é un proceso

ascendente de etapas nas que a intensidade e frecuencia dos

estalidos violentos vanse incrementando a medida que pasa o

tempo.

Page 14: DOU - Deputación de A Coruña · Sábese que na fase de noivado os sinais de abuso que aparecen acotío son de carácter sutil, indirecto, encuberto e disfrazado ou

A VIOLENCIA NO

NOIVADO

CLAVES PARA UNHA RELACIÓN

SAUDABLE

As túas opinións son tan importantes como as da outra persoa,

aínda que sexan diferentes.

Organizades cousas xuntos e divertídesvos.

É tan importante o tempo que pasas co teu noivo/noiva como o

que pasas coas túas amizades.

Tes confianza para poder falar de calquera tema sen medo aos

reproches.

Falades dos conflitos que poidades ter sen temor nin sensación

de imposición.

Compartides cousas coas demais persoas e non só con el ou con

ela. (NON É A ÚNICA PERSOA DE REFERENCIA).

Non facedes sempre o que el ou ela quere, senón tamén cousas

que a ti che gustan ou ti propós.

EN REALIDADE, CALQUERA DOS DOUS, FACEDES SEMPRE O QUE

DESEXADES FACER.

Sábese que na fase de noivado os sinais de abuso que aparecen

acotío son de carácter sutil, indirecto, encuberto e disfrazado ou

mesturado con mostras de afecto e sentimentos amorosos.

Estes primeiros comportamentos, normalmente relacionados

con comportamentos posesivos e de control, van cobrando

forza co tempo.

A ÚNICA SOLUCIÓN EFICAZ NESTES CASOS É DAR POR REMATADA A

RELACIÓN O MÁIS AXIÑA POSIBLE.

A VIOLENCIA NO NOIVADO

Page 15: DOU - Deputación de A Coruña · Sábese que na fase de noivado os sinais de abuso que aparecen acotío son de carácter sutil, indirecto, encuberto e disfrazado ou

Controla continuamente o que fas.

É celoso/a e posesivo/a.

Non quere que estudes.

Búrlase de ti diante das túas compañeiras ou compañeiros.

Racha cousas que ti aprecias.

Ameázate.

Pégache.

Non quere que teñas relación coas túas amizades de sempre.

Obrígache a facer cousas que ti non queres.

Bérrache a cotío e perde o control.

A miúdo faite sentir culpable.

Faite chorar.

Tes medo das súas reaccións.

Sentes que te afasta da xente que queres.

Se contestaches que si ás preguntas 6 ou 7, ou a varias das demais, sería moi

importante que reconsideraras a posible continuidade coa túa parella, porque co

paso do tempo as persoas agresivas son cada vez mais violentas.

TEST PARA MOZAS/OS NUNHA RELACIÓN DE

NOIVADO

SE SAES CUN RAPAZ/A E…

Non hai xustificación de ningún tipo diante dos malos tratos.

Tolerancia cero.

Polo tanto di non o maltrato.

Page 16: DOU - Deputación de A Coruña · Sábese que na fase de noivado os sinais de abuso que aparecen acotío son de carácter sutil, indirecto, encuberto e disfrazado ou

Sentes a necesidade de saber onde está, que está facendo e con quen.

Tes celos do que fai a túa parella.

Algunha vez empuxaches, pegaches á túa parella.

Dixécheslle en ton ameazante “Non te enfades”.

Ameazaches con pegarlle ou levantácheslle a man con intención de facelo.

Durante algunha discusión lanzaches ou rachaches obxectos, ou golpeaches

paredes.

Consideras que é importante que as cousas se fagan á túa maneira.

Pensas que ás veces merecería que lle pegaran.

Danaches ou rachaches intencionadamente algo que era importante para

el/ela.

Seguíchela/o algunha vez cando a túa parella non quería que o fixeras, ou

revisaches o seu móbil, Messenger, Whatsapp, Line, etc.

Impedícheslle saír nalgunha ocasión.

Acotío faiche perder a paciencia.

Ás veces burlácheste dela ou del diante das súas amizades.

Tentas que se relacione menos cos seus amigos e amigas porque tes medo

que te deixe.

Tes celos constantemente aínda que non che dea motivos para telos.

Se contestaches que si á pregunta 5, ou a varias das demais, sería moi importante

que reconsideraras seriamente que tes un problema de violencia e que consultaras

con algunha persoa.

Non hai xustificación de ningún tipo diante dos malos tratos.

Tolerancia cero.

Polo tanto di non o maltrato.

TEST PARA MOZAS/OS NUNHA RELACIÓN DE

NOIVADO

SE SAES CUN RAPAZ/A E…

Page 17: DOU - Deputación de A Coruña · Sábese que na fase de noivado os sinais de abuso que aparecen acotío son de carácter sutil, indirecto, encuberto e disfrazado ou

O AMOR SEGUNDO O XÉNERO

SEGUNDO A NOSA SOCIALIZACIÓN TAMÉN TEMOS

DIFERENTES TIPOS DE IDEAS SOBRE O AMOR…

Para os significa ter unha persoa ao

lado á que coidar e protexer, que nos

complemente. Soñamos co éxito, na

conquista de poder e cartos que nos faga

atractivos para conseguir amor. Partimos

dun concepto de separación, está moi

relacionado co sexo.

Para as , significa ter unha persoa ao

lado que nos coide e protexa, á que

completar, o amor é o centro da nosa vida;

intentamos estar atractivas e guapas para

manter e fixar a atención da persoa que

nos ame. Partimos dun concepto de

fusión, está moi relacionado cos

sentimentos.

Page 18: DOU - Deputación de A Coruña · Sábese que na fase de noivado os sinais de abuso que aparecen acotío son de carácter sutil, indirecto, encuberto e disfrazado ou

•Isto leva a aceptar certos comportamentos convencid@s de que os cambiará porque “Ámate”.

FALACIA DO CAMBIO POR AMOR

•Se existe suficiente amor pódense superar todos os obstáculos.

MITO DA OMNIPOTENCIA DO AMOR

•Todo o que sucede ao principio (desacordos, imposicións, etc.) é normal xa que forma parte do proceso de adaptación. NORMALIZACIÓN DO CONFLITO

•Canto máis diferentes somos mellor parella faremos, xa que nos complementaremos mellor. OS POLOS OPOSTOS ATRÁENSE

•A paixón ás veces fai que unha persoa ame tanto que non se poida controlar.

NON HAI AMOR VERDADEIRO SEN SUFRIMENTO

•Se non me perdoas é que non me amas de verdade. O AMOR VERDADEIRO AGUÁNTAO TODO

•É a crenza de que todos temos unha parella predestinada, e esta é a única elección posible. MITO DA MEDIA LARANXA

•Necesitamos o amor de parella para sentirnos complet@s na vida.

MITO DA COMPLEMENTARIEDADE

•Só se quere de verdade unha vez, e se se deixa pasar nunca máis se volverá a encontrar.

SÓ HAI UN AMOR VERDADEIRO NA VIDA

•Que defende que a paixón que inunda os primeiros meses da relación vai durar toda a vida.

•O amor e o namoramento paixonal son equivalentes. MITO DA PAIXÓN ETERNA

MITOS DO AMOR ROMÁNTICO O AMOR TODO O PODE

O VERDADEIRO AMOR ESTÁ PREDESTINADO

Page 19: DOU - Deputación de A Coruña · Sábese que na fase de noivado os sinais de abuso que aparecen acotío son de carácter sutil, indirecto, encuberto e disfrazado ou

•Relegando todo o demais na vida a esa crenza. SÓ SE PODE SER FELIZ SE SE TEN PARELLA

•A capacidade de ser felices pasa porque a nosa parella nos dea esa felicidade.

•Non está ben gozar sen a parella ao lado.

CAPACIDADE DE DAR A FELICIDADE

• A idea da fusión coa outra persoa, esquecéndose da propia vida e dependendo da outra persoa para todo.

• Debemos adaptarnos a ela, aprazando e sacrificando o propio sen esperar reciprocidade nin gratitude. Porque así é como debe ser.

ENTREGA TOTAL

•Implica sacrificar o EU, para identificarse coa outra persoa, esquecendo a propia identidade e a nosa vida.

O AMOR É DESPERSONALIZACIÓN

•Nunha parella non poden existir segredos RENUNCIA Á INTIMIDADE

•O amor romántico e apaixonado debe conducir a unha unión estable. “Foron felices e comeron perdices”. MITO DO MATRIMONIO

•Os celos son unha proba de amor, é incluso un requisito imprescindible para un amor verdadeiro. MITO DOS CELOS

•Con diferentes xuízos para homes e mulleres. MITO SEXISTA DA FIDELIDADE E

DA EXCLUSIVIDADE

O AMOR É O MÁIS IMPORTANTE E REQUIRE

ENTREGA TOTAL

O AMOR É POSESIÓN E EXCLUSIVIDADE

Page 20: DOU - Deputación de A Coruña · Sábese que na fase de noivado os sinais de abuso que aparecen acotío son de carácter sutil, indirecto, encuberto e disfrazado ou

AMOR

INTIMIDADE

RESPECTO

CONFIANZA

TENRURA

Receta

do

amor

CALES SON AQUELAS ACTITUDES E FORMAS DE TRATARNOS

QUE AXUDAN A QUE A NOSA RELACIÓN SEXA SATISFACTORIA?

INGREDIENTES DO QUERERSE

BEN

Page 21: DOU - Deputación de A Coruña · Sábese que na fase de noivado os sinais de abuso que aparecen acotío son de carácter sutil, indirecto, encuberto e disfrazado ou

Eu me sinto… Cando ti… Gustaríame

que…

RESPECTO Sería algo así como ter en consideración

á outra persoa como entidade

individual e independente, cos seus

gustos, valores, desexos…

Pregúntate…

Cando tomo unha decisión que nos atinxe aos dous pregúntolle qué

é o que desexa?

Respecto que non estea de acordo comigo?

COMUNICACIÓN E EXPRESIÓN

DE SENTIMENTOS:

Aínda hoxe asociamos que falar dos

nosos sentimentos é un síntoma de

debilidade.

Si algo se sinte ben DÍO!!

Si algo se sinte mal, debes dicilo

tamén, podes utilizar as “Mensaxes EU”

VALORACIÓN:

Referímonos á apreciación das calidades da outra persoa, en toda a

súa variedade e riqueza, sexan iguais ás túas ou entren en

contradición cas mesmas.

Non intentamos cambiar a esa persoa.

INGREDIENTES DO QUERERSE

BEN

Page 22: DOU - Deputación de A Coruña · Sábese que na fase de noivado os sinais de abuso que aparecen acotío son de carácter sutil, indirecto, encuberto e disfrazado ou

COIDADO

Cando nos preocupamos pola

nosa parella, polas súa amizades,

dificultades, estudos,

sentimentos, estados de ánimo...

Cando axudamos á nosa parella a

mellorar en algo no que se cadra

ten algunha dificultade.

DAR E PEDIR CARIÑO

O amor é tenrura, debemos expresalo

a través do cariño.

Cando pedimos á nosa parella o seu

cariño ela pode acceder ou non, o que non

significa que poidamos esixir.

É importante tamén expresar os

afectos, xa que ás veces pensamos que iso

é un síntoma de debilidade, e o único que amosan é

que amamos á nosa parella.

TRATA Á TÚA PARELLA COMO QUIXERAS QUE TE

TRATARA A TI

Soa como algo moi lóxico, e dirás claro… invitámoste a probalo e

despois nos contas como de doado ou difícil che resultou. Vale?

Se a ti che gusta que che falen nun ton de voz calmado. Que tal se ti comezas a facelo?.

Se a ti che gusta que te respecten, que tal se ti deixas de insultar, ou poñerlle alcumes?.

Se a ti non che gusta que che digan o que tes que facer, que tal se ti deixas de facelo?

Page 23: DOU - Deputación de A Coruña · Sábese que na fase de noivado os sinais de abuso que aparecen acotío son de carácter sutil, indirecto, encuberto e disfrazado ou

Unha relación é cando dúas persoas se queren, se respectan e se divirten xuntas. É aceptarse mutuamente e querer á outra persoa coas súas virtudes e os seus defectos. É tratarse ben, con tenrura e sen faltarse ao respecto. É saber escoitar á outra persoa e poder contarlle os seus problemas, inquedanzas e desexos. É unha unión de sentimentos, na que unha persoa non se impón sobre a outra. É ter confianza mutua e non comprobar se o que fai ou o que di a túa parella é verdade. É ter diferentes puntos de vista e poder dialogar sobre eles sen que ninguén impoña a súa opinión. É apoiarse mutuamente en plans e proxectos aínda que estes non sempre coincidan.

É non abusar da parella pedíndolle constantemente que faga cousas pola outra persoa. É poder expresar con total liberdade e sen temor a que a nosa parella se enfade por dicir o que pensamos ou a que nos prohiba algo. É cando non se enfada porque ti lle levas a contraria. É valorar o esforzo e o traballo da túa parella. É cando ninguén impón a súa vontade.

QUE É UNHA RELACIÓN SÁ?

Page 24: DOU - Deputación de A Coruña · Sábese que na fase de noivado os sinais de abuso que aparecen acotío son de carácter sutil, indirecto, encuberto e disfrazado ou

É recoñecer cando nos pasamos ou nos equivocamos. É cando as decisións que nos afectan ás dúas persoas son o resultado dun acordo mutuo. É aceptar e respectar as opinións, os gustos, actividades e amizades da outra persoa.

Ningún acto violento é xustificable,

independentemente do que a túa parella fixera.

SEMPRE hai unha alternativa mellor.

A VIOLENCIA

NUNCA É

XUSTIFICABLE

QUE O AMOR PAGUE A LEDICIA

NON A PENA

Page 25: DOU - Deputación de A Coruña · Sábese que na fase de noivado os sinais de abuso que aparecen acotío son de carácter sutil, indirecto, encuberto e disfrazado ou

NOTAS

Page 26: DOU - Deputación de A Coruña · Sábese que na fase de noivado os sinais de abuso que aparecen acotío son de carácter sutil, indirecto, encuberto e disfrazado ou
Page 27: DOU - Deputación de A Coruña · Sábese que na fase de noivado os sinais de abuso que aparecen acotío son de carácter sutil, indirecto, encuberto e disfrazado ou
Page 28: DOU - Deputación de A Coruña · Sábese que na fase de noivado os sinais de abuso que aparecen acotío son de carácter sutil, indirecto, encuberto e disfrazado ou