e tomaron as cidades - Revista Irimiaasociacion-irimia.org/iri/IRIMIA-792-web.pdf · tratar un...

16
e tomaron as cidades .......... ANO XXIX • Nº 792 - Do 6 ao 19 de xullo de 2009 REVISTA QUINCENAL DE CRENTES GALEGOS A terra vai dando froito por si mesma

Transcript of e tomaron as cidades - Revista Irimiaasociacion-irimia.org/iri/IRIMIA-792-web.pdf · tratar un...

Page 1: e tomaron as cidades - Revista Irimiaasociacion-irimia.org/iri/IRIMIA-792-web.pdf · tratar un asunto tan delicado que, a medio prazo, será o que determine a calida-de de vida do

e tomaron as cidades..........

ANO XXIX • Nº 792 - Do 6 ao 19 de xullo de 2009

R E V I S T A Q U I N C E N A L D E C R E N T E S G A L E G O S

A terra vai dando froito por si mesma

Page 2: e tomaron as cidades - Revista Irimiaasociacion-irimia.org/iri/IRIMIA-792-web.pdf · tratar un asunto tan delicado que, a medio prazo, será o que determine a calida-de de vida do

2

O trasno InvisiblesDaniel López Muñoz

Galicia 2009

Eran os que non están, as que non se ven, os que non figuran.

Eran centos, orgullosos e festeiras, no lombos dos lamborghini, e dos John Deere, eles e elas, que están ausentes dos telefilmes, das pasarelas da estu-pidez, do escaparate da abundancia, da prensa rosa, azul e señorita, de to-das as festas de todos os Berlusconis.

Eran os fillos e as fillas dos nosos de sempre, os que escribiron coa rella e borraron coa grade na páxina en branco da terra, facendo culto o incul-to, cultivo e cultura, humanizando os recantos do país. Eran as cultivadoras dos saberes antigos, os criadores dos alimentos, os recreadores das plantas, as tecedoras dunha cultura milenaria e silenciada.

Eran eles e elas, os descendentes dos inventores do ecoloxismo sen sabe-lo; eran, si, o que nos foi quedando daquel admirable equilibrio entre a leira e o monte, entre a corte e o pra-do, entre a chousa e a cortiña, entre o inverno e o verán.

Eran eles e elas, altivos, ao lombo dun exército de elefantes rodados, bruan-do fronte á policía, decididas e orga-nizados, creando o caos que precede á conquista dunha orde máis xusta.

Eles, os que sempre acolleron e de-ron, os creadores da linguaxe enxe-bre, da retranca imprescindible, da sabedoría sintetizada en tres mil ditos de cinco palabras; elas as que velan por que esas palabras, coma o lume dos antigos, nunca morran: palabras loitando por vivir, palabras bonitas como “albeite”, “cómaro”, “teixugo”, “carqueixa” ou “labaza”.

Eran nada menos que os labregos e labregas de Galicia, fartos de tanto li-bre mercado mentireiro, de tanta pro-mesa incumprida, de tanta esperanza frustrada, de tanto leite negro. Eran eles e elas, nos seus elefantes, os de sempre, os que nos dan de comer.

Por iso choramos, celebramos e aplaudimos.

A foto que fala

Page 3: e tomaron as cidades - Revista Irimiaasociacion-irimia.org/iri/IRIMIA-792-web.pdf · tratar un asunto tan delicado que, a medio prazo, será o que determine a calida-de de vida do

3

Editorial Preferimos bañarnos en auga suxa

Rumores de esperanza Xan Guillén

En Galicia contamos cun dos recursos naturais máis valiosos para a humanidade: a auga. E por riba, contamos con ela en abundancia. Poderiamos dicir que en demasiada abundancia. Tanta, que o noso consumo é abusivo. E abusivo non significa simplemente que se consuma auga en exceso, senón que ademais se maltrata a súa calidade. Pensamos que a auga é como un disolvente universal: pode con todo. Que é capaz de purificar e desfacer todo canto refugallo lle enviemos: aceites, lixivias, pinturas, e moito máis. O desaugue do vertedeiro é usado por miles de familias como a vía máis cómoda para desfacerse dos residuos domésticos.

Moitas empresas imitan esta conduta cos seus verquidos. Malia estaren obrigadas a facer un depurado previo antes de lanzar aos colectores xerais o seu refugallo, seguen usando os desaugues de forma indiscriminada, des-prendéndose de todo canto xeraron no proceso de produción.

Cidades como A Coruña ou Vigo carecen de depuradoras con capacidade para tratar adecuadamente os residuos (domésticos e industriais) que xera a súa poboación, usando o mar como cómoda válvula de escape onde descar-gar millóns de litros de auga contaminada e sen tratar.

A Unión Europea marcou o ano 2005 como límite para que todas as poboacións de máis de 2.000 habitantes (ta-mén as galegas) contasen cun sistema de tratamento de augas residuais. En 2009 os resultados son vergoñentos.

Descoñecemos qué empresas e qué núcleos de poboación garanten un correcto tratamento dos seus residuos; posiblemente menos dos que pensamos. Por medo ás sancións europeas non enfrontamos publicamente a nosa incompetencia para tratar un asunto tan delicado que, a medio prazo, será o que determine a calida-de de vida do noso ecosistema, do que formamos parte e que explotamos con audacia desmedida.

Botarlle a culpa aos políticos é simplemente ignorar que eles nunca farán o que non se lles esixa: eles mesmos saben que as redes de saneamento non dan votos; os bailes, as farolas e os bancos, polo visto, si. Ou non? Nalgún momento haberá que pararse a pensar cales son os requisitos mínimos que lles imos pedir aos po-líticos para gobernar neste país, sexan cales sexan as súas siglas e a súa ideoloxía. Levamos demasiado tempo perdido distraéndonos.

O pasado número de Irimia era re-flexo da conmoción que a moitos de nós nos produciu a “investigación” que o profesor Andrés Torres Quei-ruga estaba a sufrir. Foi curioso perci-bir as mostras de cariño que empeza-ron a saír dun lado e doutro en favor do amigo e profesor. Eses días entrei nun par de foros de internet e alí atopei xente que ía contando as súas experiencias. A meirande parte delas poden parecer insubstanciais para calquera que vexa as cousas dende fóra, pero para quen as viviu son moi significativas. Un amigo dicía que Andrés o librara do ateísmo nun mo-mento difícil da súa vida. Outro dixo que madurara moito a fe nas clases

del. Un máis que enchufara o cerebro para razoar aquilo no que cría.

Creo que na Igrexa todos somos ne-cesarios facendo o papel que dentro dela nos corresponde. Queiruga fixo que a inaccesible teoloxía fose próxi-ma para a xente que non pasara dun-ha sinxela catequese. Se tivese diante miña aos bispos eses tan importantes que van “xulgar” a Queiruga, leva-ríalles todo o que del se dixo nestes foros. Curiosamente, é un referente para moitos crentes de aquí e de aco-lá. Algúns fomos ás clases do profe-sor para aprender Teoloxía e de paso aprendemos Teofilia (amor a Deus).

Page 4: e tomaron as cidades - Revista Irimiaasociacion-irimia.org/iri/IRIMIA-792-web.pdf · tratar un asunto tan delicado que, a medio prazo, será o que determine a calida-de de vida do

4

1 2 3 4A peneira

4

3

2

1

A SOLIDARIEDADE segue enchoupando o país. Primeiro, a manifestación do Foro Galego de Inmigración rexeitando a reforma da Lei de Estranxeiría por inxusta. Os inmigrantes son un de cada 10 veciñ@s, que están a darnos pulo en todos os eidos: o es-forzo de xente nova, a colabo-ración ás prestacións sociais, o intercambio cultura, etc. Na foto, un grupo de Burela. O día 9, a Rede Anticapitalista, coincidindo co cumio do G-8, organiza actos ra-volucionarios contra a refundación dun capitalismo, que mellora os beneficios, pisando os dereitos dos traballadores, nas cida-des, onde, ata o día 26 pode visitarse a exposición “Solida-rízate 2009”, sobre experien-cias de voluntariado. Mentres Viraventos convoca á romaxe solidaria, o 19, no Parque de Santa Margarida de A Coruña, para acadar proxectos coma un equipo médico no Senegal, ou un centro de mocidade en Palestina.

Na tempada de PRAIA, non podemos machucar as criaturas que dende milenios viven no mar e nas costas. Convertémo-nos nos maiores depredado-res, destruíndo o hábitat, por exemplo, do arao común, que convivía ao longo de toda a costa, mais que agora fican uns poucos na illa do Vilar de Fóra, ollando ao Cabo Vilán, na Cos-ta da Morte. Poñen un só ovo, na superficie dos cantís, sen niño. Os aparellos de pesca que tantos matan, a contaminación, a rapina dos ovos polos veciños, foron acabando con eles, coma os cormoráns moñudos, nas Cíes, un fabuloso mergullador, que só pousa nas rochas. Fai os niños de algas e alimentase de peixes… Hai 101 areais, coma o do Orzan, na ilustración de Xoán Guerreiro, da Mariña, que nestas semanas expón os seus faros en Lugo, onde gozamos dun mundo de cores e recendos na Noite de San Xoán.

As eleccións do día 28 trouxé-ronnos a dor que envolve GUINEA BISSAU, un dos países máis pobres, que dende a independencia de Portugal (1974), sufriu moitos golpes. Na foto, Xabier Lobelle, de Lugo, que colabora na As-sembleia de Cooperaçao para a Paz. Unha campaña tinguida de sangue, na que foron asa-sinados algúns candidatos. En 60 anos mataron 47 xefes de estado en África. Un continente dividido pola Europa coloniza-dora, segundo os seus caprichos e intereses, sen ter en conta as identidades. Un país que ache-ga a España inmigrantes, pero que tamén é tránsito da droga procedente de Sudamérica, e con destino a Europa. E onde máis do 80% da poboación vive con menos de 1 dólar/día.

A refinaría de Repsol CONTAMINA: cun 4,6% do CO2, unhas 1,5 millóns de tas. e 7 millóns de residuos po-los sumidoiros, nunha comarca moi poboada. Sen esquecer, vertidos dos petroleiros, con accidentes coma o Urquiola. Sempre foi emisora de gases, cheiros, fumes. Provoca a con-taminación da atmosfera e da auga, que afecta ao porto de A Coruña, onde no 2006 descar-garon 4.718.322 tas. de petró-leo, unida por un oleoduto. Cun tráfico marítimo de 20.000 tas/día. Repsol produce 6000 tas./ano de residuos no mar, igual co Prestige. Os mares están envelenándose con 228.000 tas. destes compostos: o 12% proceden de mareas negras, e 90% son vertidos habituais de refinarías. Consumimos 86 ba-rrís de petróleo/día, uns 13675 millóns de litros.

Page 5: e tomaron as cidades - Revista Irimiaasociacion-irimia.org/iri/IRIMIA-792-web.pdf · tratar un asunto tan delicado que, a medio prazo, será o que determine a calida-de de vida do

5

5 6 7 8Alfonso Blanco Torrado

7

86

5

GREENPEACE cumpre 25 anos de campañas entre nós. Xa no 1982, loitaron contra os residuos atómicos, vertidos a 700 Km da costa. No 1996 denunciaron os de Ence na Ría de Pontevedra. Contra as volantas na pesca, e a contami-nación de Endesa de As Pontes, etc. Naceu no 1971 dun grupo de activistas antinucleares, obxectores contra a guerra de Vietnam, cun lema: “Queremos a paz e queremos que sexa verde”. Dende o “guerreiro do arco da vella”, o Rainbow Warrior, veñen de denunciar que a temperatura subiu en Galicia uns 1,45 grados dende 1973. Hai 3966 soci@s galegos (2013 en A Coruña, 1332 en Pontevedra, 327 en Lugo e 294 en Ourense).

AS MARELAS volven a compartir a nosa paisaxe. Hai 2735 explotacións. Son máis de 40.000 rubias da raza autócto-na, nalgún concello son o 60% do vacún, salientando A Fonsa-grada, Vilalba, A Gudiña, Lalín, mesmo está a exportarse seme para cruzamentos, sobre todo, ao Brasil, pero tamén a México, Polonia, Arxentina… Importa-mos 25000 vacas en 2 anos (cántabras, asturianas, etc.). O ano pasado as explotacións im-portaron 4.044 para produción de leite, e 2.200 para carne. A Cooperativa “Solidaridade Solar” do monte Seteventos do Saviñao, promotora dun horto con enerxía solar, cría razas au-tóctonas, coma a “vianesa”, de Viana do Bolo, das que quedan menos dun millar.

Galiza castigou coa abstención o PARLAMENTO EU-ROPEO, magoados pola desfeita da pesca, agricultura, etc. O estado, no ingreso na UE, loitou polo aceite, laranxas, etc, e arruinou o leite, axudando aos que o exportan, a prezos baixos, polas subvencións. Producimos o 38% do leite que transforman industrias do Esta-do. Europa ten que incrementar a cota, porque necesitamos máis para consumo, e reducila en países excedentarios. A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, integrada no gru-po nacionalista Alianza libre Europea e os verdes, sentase a carón de 2 nacionalistas escoceses, que foron primeiros nas europeas: co 29,1%. Dende 2007 no poder, co apoio dos verdes, van facer un referendo sobre a autodeterminación no 2010.

Togo ven de DERROGAR A PENA de morte. Un país con só 350 dólares per cápita. No 2008 aínda foron executadas, polo menos, 2390 persoas en 25 países, o 72% (1718) na China, e outras 8864 foron condena-das á pena capital. En EE.UU. foron 37, algúns inocentes, pois veñen de excarcerar a catro, por non ter delito. En Europa só a mantén Bielorrusia. Entre 18.000 e 27.000 persoas foron condenadas a morte. Cincocen-tos de cada cen mil americanos están na cadea, tres veces máis ca no 1980 (en Europa son 70/100.000), uns 1700.000, o 60% de minorías étnicas. E cinco millóns viven con control penal. Uns 77.000 presos están recluídos en institucións peniten-ciarias privadas. Cada día, hai máis denuncias de torturas.

Page 6: e tomaron as cidades - Revista Irimiaasociacion-irimia.org/iri/IRIMIA-792-web.pdf · tratar un asunto tan delicado que, a medio prazo, será o que determine a calida-de de vida do

6

Baixo a lenda “dereitos iguais para tod@s” e convocados polo Foro Ga-lego de Inmigración, máis dun cente-nar de persoas percorreron as rúas do casco histórico de Santiago de Com-postela o pasado sábado 28 de xuño. O obxectivo fundamental desta mani-festación era denunciar o proxecto de reforma da Lei de Estranxeiría, pro-posto polo goberno español e que se vai presentar para a súa aprobación no Parlamento, que, se ben presenta algúns aspectos postivios, aborda a realidade da inmigración dende unha visión intencionadamente “criminali-zadora”, que non garante unha igual-dade xurídica para todas as cidadás, independentemente da súa nacionali-dade, non recoñecendo dereitos fun-damentais ao colectivo inmigrante.

Como ben lembraron durante a lec-tura do manifesto, o novo proxecto de lei limita dun xeito considerable a posibilidade de reagrupamento fami-liar para os ascendentes das persoas inmigrantes, así como abre a posibi-lidade da repatriación de menores de idade, baseándose na suposta garan-tía de atención a estes menores nos seus países de orixe, posibilidade moi

discutible xa en países do nosa con-torna, como é o caso de Marrocos. O enfoque criminalizador da nova lei obsérvase no aumento de prazo de estadía das persoas inmigrantes en centros de internamento para es-tranxeiros de 40 a 60 días.

Ao longo da marcha os manifestan-tes corearon “ningún ser humano é ilegal” ou “ser solidario non é ilegal”. Denunciábase, deste xeito, a nova orientación da Lei de Estranxeiría, que chega a considerar como actua-cións delitivas aquelas realizadas por asociacións, entidades e persoas particulares que tentan axudar, so-correr e facilitar a vida das persoas inmigrantes que se atopan sen a súa documentación en regra. Nun emoti-vo fin de lectura do manifesto, dende o Foro lembrouse a todos os asisten-tes que o acoso policial xa non vai só dirixido contra os inmigrantes en si-tuación irregular, senón que propios membros do Foro, como é o caso de Laura Bugallo, da CIG, xa sufriron en primeira persoa esta reorientación da lei.

Cronica J. A. Martínez

Ningún ser humano é ilegalMobilización contra a reforma da lei de estranxeiría

A marcha reivindicou a riqueza dunha sociedade multicultural

Page 7: e tomaron as cidades - Revista Irimiaasociacion-irimia.org/iri/IRIMIA-792-web.pdf · tratar un asunto tan delicado que, a medio prazo, será o que determine a calida-de de vida do

7

O Peto do Santo Antón Rubén Aramburu

O noso teólogo e amigo Victorino Pérez Prieto, Tori, vaise todo un mes a Co-lombia para dedicarse ao dicir de Deus, que é a teoloxía. Unha chea de confe-rencias en varias universidades e mesmo formará parte do tribunal na defensa dunha tese. Unha vez máis miramos como os de fóra botan man da nosa rique-za e dos nosos científicos, e por aquí seguimos mirando o dedo que sinala o sol. Pois que lle vaia bonito, que aquí os irimegos ben sabemos da súa valía e compromiso.

Estes días andei cavilando sobre dúas imaxes que apareceron nos medios: Cris-tiano Ronaldo e Vicente Ferrer. O futbolista foi noticia por ser a fichaxe máis cara da historia: case 100 millóns de euros. Din que vén cobrando 25.000 euros diarios! A noite do contrato saíu a celebralo con varias señoritas con pouca roupa e gastou 18.000 euros en champaña. Vicente Ferrer morreu o 19 de xuño en Anantapur, un estado da India na que levaba vivindo 50 anos. Millóns de parias convertéronse en persoas grazas ao seu traballo: construíu pozos, escolas, hospitais, creou traballo sobre todo para as mulleres… foi a chamada revolución silenciosa. Durante días desfilaron ante o seu corpo unhas 300.000 persoas de tódalas relixións, castas e razas que hai na India e no seu enterro leron textos de varias relixións.

Hai uns días fun a un colexio ao acto de despedida dos alumnos de 4º da ESO; pregunteilles se sabían quen era Vicente Ferrer. Silencio. Cando preguntei por Ronaldo todos levantaron a man e ás mozas chispeáronlles os ollos. Ti que pensas, será que o mundo precisa máis dos Ronaldos que dos Vicentes Ferrer? Ou será que parveamos? Aínda que gusto do fútbol quedo coas palabras deste santo humano que foi Vicente Ferrer:

“Unha terra sen auga é unha terra sen Deus. A auga trae a vida. É inútil pre-dicarlle a un campesino… O que hai que facer é traerlle a Deus en forma de auga”.

Page 8: e tomaron as cidades - Revista Irimiaasociacion-irimia.org/iri/IRIMIA-792-web.pdf · tratar un asunto tan delicado que, a medio prazo, será o que determine a calida-de de vida do

8

Entrevista Con Antón Baamonde

Cal foi o labor político de Piñeiro nos primeiros anos da posguerra?

Un traballo de reconstrución. O Par-tido Galeguista recompóñeno no in-terior membros das Mocidades Ga-leguistas, especialmente Xaime Illa Couto, Francisco Fernández del Rie-go e o propio Ramón Piñeiro. Eles foron os que se puxeron en contacto co que quedaba no Partido Galeguis-ta, entre as que destacaban Manuel Gómez Román, que fora o secretario xeral do PG e figuras coma Otero Pe-drayo.

Cal é a orixe das diferenzas que man-tivo Piñeiro cos exiliados de Bos Ai-res?

Houbo tensións porque os que esta-ban no exilio consideraban que ha-bía que restaurar a República tal cal e poñer en obra o estatuto que fora aprobado no 36, mentres que os do interior estaban máis abertos a outras posibilidades. Empezouse a ver que a cousa non ía ser doada no ano 1945, cando acaba a II Guerra Mundial e cando as expectativas dunha caída de Franco non se ven confirmadas.

Pasaron toda a súa vida, e iso é o dra-mático da súa existencia, agardando pola volta da democracia, a liberdade e a autonomía.

A XERACIÓN GALAXIA

Con que intención se creou a Edito-rial Galaxia?

Abafados polo franquismo, polo peso da derrota, por un horizonte que non se vía fácil, intentaron adoptar for-mas máis realistas, e de aí vén a crea-ción de Galaxia. O galego estaba pro-hibido, un profesor non podía dar as clases en galego, non estaba permiti-do o seu uso público... Nesas condi-cións tan difíciles a Xeración Galaxia intentou unha acción cultural que fixese a Galicia máis consciente, máis orgullosa de si mesma, cun menor sentimento de inferioridade. Foi un labor decisivo dun grupo de persoas que formaron unha especie de xera-ción de interregno marcada pola de-rrota: chegaron demasiado cedo para a República e demasiado tarde para a democracia.

Por que acometeron a tradución de Da esencia da verdade do filósofo alemán Martin Heidegger?

Fan con consciencia esta tradución dunha obra especialmente difícil de Heidegger para demostrar que o ga-lego é algo máis que un idioma válido para a poesía ou o uso popular. É di-

Antón Baamonde, filósofo, profesor e escritor vén achegándose á figura de

Ramón Piñeiro tratando de analizar o traballo deste persoeiro no contexto

en que se levou a cabo e coa distancia e a serenidade que ofrecen as dúas

décadas transcorridas dende o pasamento do autor lancarao. Por parte,

coñeceu a Piñeiro persoalmente, pasou pola súa famosa mesa de braseiro

de Xelmírez 15 e por iso conta tamén coa visión persoal sobre unha figura

fundamental na Galicia da segunda metade do século XX

“Piñeiro tiña un elemento de samurai, de persoa que fai o que cre que é o seu deber nun momento determinado”

Page 9: e tomaron as cidades - Revista Irimiaasociacion-irimia.org/iri/IRIMIA-792-web.pdf · tratar un asunto tan delicado que, a medio prazo, será o que determine a calida-de de vida do

9

Entrevista Con Antón Baamonde

cir, que pode ser un idioma de pleno dereito no ámbito máis duro do pen-samento.

Por que se interesou polo tema da saudade?

Piñeiro cría que a saudade era unha forma específica galega ou do univer-so galego-portugués unha forma de sentimentalidade que nos caracteri-zaba como pobo. Cómpre lembrar que Piñeiro viviu experiencias moi duras, que pasou tres anos no cárcere, que neses tres anos estivo a punto de perder a vista, que nese período tivo unha experiencia da condición huma-na e nunhas circunstancias tan duras como son as da prisión apréndese o que é a soidade, a enorme soidade que cada un de nós leva dentro de si. E se esa soidade adquire modula-cións que teñen que ver co pobo ao que un pertence, como cría Piñeiro que ocorría na comunidade lingüís-tica galegoportuguesa, chegamos a unha forma especial de interactuar co seu medio xeradora dunha emoción ou sentimentalidade propia que é o que chamamos saudade.

O PIÑEIRISMO

Por que nos anos 60 as novas xera-cións se distanciaron da liña política de Piñeiro?

Eles foron uns rapaces que dun modo un pouco insolente contestaron aos

seus maiores -que eran Castelao e os outros membros do Consello de Galiza – nos anos 40 cando asomen a representación do Partido Galeguista que asistiron cando eles eran madu-ros a que outros rapaces (Ferrín, Bei-ras, etc.) os contestaran a eles, porque a propia xente que eles educaron e que pasaron polo proceso socrático a mesa de braseiro de Piñeiro rebe-láronse contra eles buscando formas políticas máis fortes.

O piñeirismo foi unha doutrina acer-tada?

Eu non estou seguro de que exista iso que chaman piñeirismo, porque na vida de Piñeiro houbo fases moi di-ferentes. O que a xente entende por piñeirismo é suprimir a actividade política en beneficio da acción cultu-ral, o chamado culturalismo. Eu creo que hai certo engano nisto porque ata o último día dos seus Ramón Pi-ñeiro si que tivo unha acción política. Este término usárono os inimigos de Piñeiro que talvez non entenderon o que intentou facer ao longo da súa vida. E non só Piñeiro, porque se un le as memorias de Paco del Riego en-contrará que mantivo -con diferen-zas, por suposto- unhas posicións moi parecidas ás de Piñeiro. En calquera caso el posuía un elemento de samu-rai, de persoa que fai o que ten que facer porque cre que é o seu deber sen ter en conta que a uns lles gus-

te ou a outros lles desguste ou como quede no libro de texto futuro.

No balance da acción política de Pi-ñeiro, que é o máis destacable?

El insistiume especialmente neste punto, que el vía como un logro da súa xeración: evitar que Galicia que-dase marxinada no proceso de nego-ciación dos estatutos de autonomía e a aprobación da Lei de normalización lingüística que foi a que fixo posible que o galego teña presenza no ensi-no e na vida pública en xeral, cousa que ata ese momento non existía dun modo regulado.

Este ano de Piñeiro permitirá obser-var a súa figura cunha nova ollada?

Así debería ser. Agora que estamos noutro século e nun momento moi diferente e xa podemos ter máis se-renidade e distancia no criterio temos que ser ecuánimes e saber cales foron os seus acertos e os seus erros para velo sen xulgalo tanto, sen saber de partida como temos que decidir como debemos de considerar a Ramón Pi-ñeiro e a toda a súa xeración senón máis ben intentar entendela no seu contexto histórico e na vida que lles tocou vivir.

Page 10: e tomaron as cidades - Revista Irimiaasociacion-irimia.org/iri/IRIMIA-792-web.pdf · tratar un asunto tan delicado que, a medio prazo, será o que determine a calida-de de vida do

10

As Furtadelas Sechu Sende

“Abrín a boca e dixen aaaaaaa.

E saquei a lingua. Vermella. Vina aso-mar por debaixo do nariz.

Volvín metela na boca. Seguía aí. Uf.

Eu só son unha nena e sei que aínda non comprendo moitas cousas. Umm, por exemplo, non comprendo por que temos dedos nos pés ou por que eu escribo coa man esquerda. Sei al-gunhas cousas.

Gústame darlle voltas ás cousas.

Sei por exemplo que as palabras se fan dentro da boca. Algunhas nacen máis adentro, aquí, na gorxa. E moi-tas na lingua. Se eu penso unha pa-labra, pas!, nese momento aparece na lingua e só teño que movela e a palabra sae voando cara a fóra, aínda que non se ven. Verse só se ven cando están escritas.

Cando estaba aprendendo a ler un día pensei que gardaba na barriga todas as palabras do mundo. Despois des-cubrín que non, que as palabras son como os pensamentos, están e non están. É como cando dis... teño unha idea, e a idea aparece na cabeza nese momento, como as palabras que apa-recen na lingua nada mais pensalas.

É así.

Resulta que hoxe non deixo de mi-rarme a lingua. Aaaaaaaaaaa. Porque estou preocupada. Porque no autobús escoiteille a unha señora dicíndolle a outra algo así como que O problema máis grande, é que os nenos están perdendo a lingua. Dixo iso: Os ne-nos están perdendo a lingua.

Que eu estaba ao seu lado e escoitei-na ben.

E a outra señora dixo ahá, con cara de preocupada.

Eu tiven que baixar do autobús na seguinte parada porque mamá me le-vaba da man e tiñamos que ir á carni-zaría. E cando chegamos á carnizaría, cando collín o número na máquina, díxenlle a mamá:

Mamá, é certo que os nenos están perdendo a lingua?

E ela miroume como se lle fixese unha pregunta rara e púxose seria como cando me está explicando o nú-mero nove, que para min é o número máis difícil, e díxome:

Si, hai moitos nenos e nenas que es-tán perdendo a lingua. Sobre todo nas cidades.

Douscentos gramos de queixo, por favor. Así que eu collín un pouco de medo porque, claro, eu vivo nunha ci-dade e aínda son unha nena.

E abrín a boca e aaaaaa, mirei a ver se a lingua seguía alí. De volta no autobús, outra vez. Na radio, despois dunha canción de non sei quen, pon-se perda da lingua estase estendendo por todo o país...

E dixo “estendendo” como se fose unha enfermidade, como cando falan da gripe, ou como no verán cando os incendios se estenden polos montes e non poden apagalos.

E eu díxenlle a mamá: E que se pode facer para non perder a lingua? E ela díxome Pois falar moito.

Como de moito? Moito. Tes que falar seguido, dixo.

Permitímonos a ousadía de reproducir este conto de Sechu Sende. Porque a reivindicación non está rifada coa tenrura e o humor. E damos as grazas ao autor pola súa sensibilidade, ao tempo que recomendamos o seu libro “Made in Galiza” como lectura para este verán.

Page 11: e tomaron as cidades - Revista Irimiaasociacion-irimia.org/iri/IRIMIA-792-web.pdf · tratar un asunto tan delicado que, a medio prazo, será o que determine a calida-de de vida do

11

As Furtadelas Sechu Sende

Entre todos Antón M. Aneiros

Eu, cando non me vía volvín aaaaaaaa sacar a lingua para ver se a perdera. Uff.

E por iso levo hoxe todo o día que non paro de darlle á lingua.

Ola, ola, bos días, ola boas tardes, fun saudando a todo o mundo pola rúa.

E á veciña do terceiro no ascensor conteille que mamá mercara douscen-tos gramos de queixo e douscentos de chourizo e trescentos de salchichón e tres bistés de porco e cando cheguei á casa púxenme a cantar a canción do camarón, ron, ron e así.

E seguín cantando e falando para min e tanto falei que mamá na cea díxome Non se fala mentres se come.

De cando en vez saco a lingua aaaaaaaaa, e dígolle Ola, estás aí? Olaaaaaaa. Uf.

Eu non comprendo como se pode perder unha lingua. De verdade que non o comprendo. Como pode perder alguén a súa lingua? Parece incríbel. Aínda que se toda a xente fala diso debe ser certo...

Eu por se acaso espero non deixar de falar nin en soños. Ha! Nin en soños vou perder eu a miña lingua!”

Acaba de morrer na India, onde entregou a súa vida e a súa alma. Foi xesuita, logo secularizado e casado. As axencias de comunicación titularon a noticia con estas palabras: “O home por quen choran os parias”. Paria – sánscrito pa-rayatta – é a persoa que case non é persoa. Non é libre. Ferrer foi un redentor dos parias aos que librou da miseria, do desprezo e dominio alleo. Devolveu-lles a dignidade, da que carecían, a milleiros e milleiros de persoas. Para iso permaneceu de garda toda a súa vida ata que morreu. E para facer todo isto non encontrou impedimento en estar casado e ter tres fillos. Unha lección que deberían aprender os fanáticos do celibato que o consideran condición im-prescindible para que o clero se encontre permanentemente disposto a servir as vintecatro horas do día. Ai, se as paredes falasen! A entrega das persoas non vén de circunstancias exteriores senón de dentro, do corazón de cada quen.

Choran por Vicente Ferrer

esta é a verdadeira fe: erguer ao ser humano facéndoo libre

A muller de Ferrer dicía estes días que Vicente foi coma un milagre na India, e que non morreu senón que vive e está presente, principalmente nas persoas que axudou a liberar. Esa é a verdadeira fe evanxélica, erguer ao ser humano facéndoo libre. Agora, botando man de Teresa de Calcuta, poderiamos dicir que tanto monta, monta tanto... Teresa coma Vicente. Pero a Teresa, as xerar-quías da Igrexa correron a canonizala e aproveitala como bandeira apoloxética da Institución polo mundo adiante, mentres que Ferrer vai quedar á porta, sen lugar nos altares porque, se ben cumpriu con algúns valores evanxélicos, pouco importa que sexan os máis importantes, non fixo o mesmo cos do dereito canó-nico. E na Igrexa o que manda non o fai con valores senón con leis e con nor-mas, “serva ordinem et ordo servabit te”. Estivémolo vendo estes días pasados co finalmente abortado documento de condena ao teólogo Torres Queiruga. Quen o diría! A impresión que quedou foi que se trataba de loitas polo poder, na que por circunstancias perderon os talibáns.<entre [email protected]>

Page 12: e tomaron as cidades - Revista Irimiaasociacion-irimia.org/iri/IRIMIA-792-web.pdf · tratar un asunto tan delicado que, a medio prazo, será o que determine a calida-de de vida do

12

O noso taboleiro

Unha asociación que se chama como Paco de Aguiño

A nosa entidade, a asociación Francisco Lorenzo Mariño é a principal organizadora das distintas actividades que tiveron ou terán lugar neste ano. Así, celebramos xa a IV Semana Cultural Francisco Lorenzo, con xornadas de his-toria e patrimonio; tamén un concerto folk, unha repre-sentación teatral, os actos do V Aniversario do Pasamento de Paco, o Entroido, o ciclo de cinema social NFOK, o Día da Bici, un certame literario de poesía e relato breve a nivel internacional ou os actos institucionais do 9 de maio, día no que se cumpriron os 50 anos de Parroquia.

Este acto institucional foi o principal evento ata o momen-to, coa presenza do Arcebispo Xulián Barrio, entre diver-sas autoridades e preto dun milleiro de persoas de Aguiño e de toda Galicia que quixeron compartir con nós este día histórico. O máis salientable foi o nomeamento de varios persoeiro de Galicia polo traballo realizado por Aguiño e a súa veciñanza e os méritos acadados a nivel persoal e profesional que repercuten en beneficio do noso pobo a nivel galego e internacional. Outorgáronse as distincións de Benefator de Aguiño a Ricardo Pérez, de Aguiñés das Artes a Manuel Ayaso, de Amigo de Aguiño a Manuel Espiña, Chao Rego e Manuel Dourado, pero sen dúbida a máis salientable é a de AGUIÑÉS DE HONRA que recibiu o veciño, amigo, teólogo, sacerdote e irimego AN-DRÉS TORRES QUEIRUGA.

12 de setembro: Outra volta Romaxe an Aguiño

Aguiño está xa a preparar a XXXII Romaxe de Crentes Galegos, a do reencontro de tantas amigas e amigos, a da simbioses entre o mar e o agro, a da galeguidade e defensa do idioma como eixo fundamental da nosa existencia e a identidade do País, a dos 50 anos de Aguiño, a da gratitude a Paco, a Agustín Bueno, a Manuel María que nos miran dende o alén e sóprannos consellos á orella a través dos ventos e as mareas, pero tamén o agradecemento, o reco-ñecemento, a amizade e o agasallo a quen tanto nos deu e fixo por Irimia, por Aguiño, pola Romaxe, por Deus e por Galiza, a Pepe Chao, Espiña, Dourado, Tori, Migue-lez, López Muñoz, García Cendán, Carballo, Mini e Mero, Xabi Blanco, Pilar Wirt, Sarai, Tareixa Ledo, Engracia Vi-

dal, Celia Castro, Paz Quiñones e milleiros de irimegas e irimegos…, pero sen dúbida, e permitídenos facelo así, a do recoñecemento a Queiruga, aguiñés universal, verda-deiro cristián e galeguista ó que unha vez máis os fariseos do noso tempo queren crucificar!

A Romaxe será o 12 de setembro en Aguiño, cunhas fer-mosas vistas á Ría de Arousa, a Sálvora e ás pedras vi-vas de Couso, batidos polo mar celebraremos un novo encontro que por terceira vez será no noso pobo, igual que no 79 e no 95; estamos a traballar para elo, amañando todo para darvos a benvida máis hospitalaria, Aguiño está dende sempre nos vosos corazóns e unha vez máis vós es-taredes en Aguiño. Non faledes a esta cita, proclamade a nova, berrade a festa, queremos ver Aguiño inundado de irimegos/as, temos que superar os seis mil da última Ro-maxe, aquí agardamos esperanzados e ilusionados a vosa presenza para asolagarvos con UN MAR DE GRAZAS!

Unai González Suárez. Presidente da ACRV Francisco Lorenzo Mariño, Aguiño.

UN MAR DE GRAZAS, XXXII ROMAXE DE CRENTES GALEGOSAGUIÑO, 50 ANOS DE PARROQUIA (1959-2009)

Supoño que xa a ninguén se lle escapa que en Aguiño estamos este ano a conmemorar o 50 aniversario da fundación da parroquia, non soamente no aspecto cristián senón tamén no de comunidade, pobo, vila mariñeira que experimentou un grande desenvolvemento a tódolos niveis no último medio século.

IMPRESO PARA FACERSE SOCIO DE IR IMIA OU SUBSCR IB IRSE Á REV ISTASe queres facerte socio, subscribirte á revista IRIMIA (ou coñeces a alguén que lle poida interesar recibir de balde os tres próximos números da revista) recorta este

impreso e envíao ó Apartado 980 15705-Santiago de Compostela, ou escríbenos a [email protected]

NOME: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . APELIDOS: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .ENDEREZO: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .CÓD. POSTAL: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . CONCELLO OU CIDADE: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . PROVINCIA: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .TELÉFONO . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . CORREO ELECTRÓNICO . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

QUERO SER SOCIA/-O: 3 € oQUERO SUBSCRIBIRME: Ordinaria: 21 € o De apoio: 33 € o Subscricción anual (22 números)QUERO SER 60x100: 60 € o

DOMICILIACIÓNBANCO OU CAIXA E AFORROS: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . DOMICILIO DO BANCO: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . CÓD. POSTAL: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .CONCELLO OU CIDADE: . . . . . . . . . . . . . . . . PROVINCIA: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . TITULAR DA CONTA: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .Nº de CONTA: _ _ _ _ / _ _ _ _ / _ _ / _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ Sírvase atender ata novo aviso, e con cargo á miña conta, os recibos que ó meu nome lles sexan presentados ó seu cobro por IRIMIA.

En ..................... ...................................... a ....................... de ................................... de 200__. Atentamente.

Se queres podes ingresar directamente en calquera das nosas contas indicando claramente o teu nome no impreso de ingreso e enviándonos unha copia xunto cos teus datos.Conta: CAIXA GALICIA: 2091-0349-45-3040005822 BBVA 0182-0267-15-0207905484

Page 13: e tomaron as cidades - Revista Irimiaasociacion-irimia.org/iri/IRIMIA-792-web.pdf · tratar un asunto tan delicado que, a medio prazo, será o que determine a calida-de de vida do

13

O noso taboleiro XVII IRIMIANZA DA CORUÑAAnuncio Moroño

Remata o curso nos grupos e comunidades e, tal como un fito chantado, ergueito e anunciador, dispoñémonos os compañeiros coruñeses a celebrar como cada ano, como membros ou amigos de Irimia, a nosa irimianza, que neste caso é xa a XVII.

Xuntanza esta –sen dubida- de galeguidade cristiá, posto que só podemos vivir a nosa relixiosidade sen escisións, desde o compromiso da fe e a galeguidade; sabéndonos pouca cousa, se acaso, fermento, pero nunca masa.

Pequeno grupo despois de 17 anos, máis con conciencia de si mesmo, coa alma enraizada na cultura orixinal, na tradición da Terra, que gozamos e sufrimos; e da fe, que herdamos e practicamos; da lingua ou idioma, que é a san-gue que rega e alimenta a alma e a conciencia.

Coa ledicia dos amigos en día de festa, viaxamos en tren a Cidade da Ilustración: Ferrol; novos descubrimentos da fermosura, da rica paisaxe que cal galano, xenerosamen-te nos brindan as Mariñas dos Frades e as Mariñas dos Condes; a compañeira Celia, -coma sempre-, coas súas ati-nadas explicacións, transmítenos coñecementos e infláma-nos amor pola Terra Nai.

Paseamos recorrendo a Cidade Lineal, aprendemos no seu museo, (antiga Escola de Maquinas – edificio Ferre-

rías), da vida e traballo das persoas do mar; da construción e vida das nosas barcas, buques, etc.; admiramos a fermo-sura do pouco que queda das murallas medievais e peirao en Fontelonga. Non sería nobre pasar este comentario sen agradecer ós compañeiros Chelo e Pepe de Ferrolterra, a súa valiosa colaboración, sen a cal, non sería posible, ou non sería o mesmo, esta visita. Grazas, Pepe e Chelo.

Despois dun grato xantar, animado pola amizade, a ledicia de sentirse cómodo, entre iguais; fomos de vagar, perco-rrendo a Cidade Xeométrica e Racionalista, ollando aquí e alí: neoclásicas igrexas, construcións modernistas, ro-mánticos xardíns e, nun grato e tranquilo curruncho, fala-mos do conscientes que habemos ser da nosa fe e galegui-dade; de como temos que erguer a cabeza, para recuperar a nosa dignidade; de como nos comprometemos a abrilos ollos a luz propia do Evanxeo e de Galicia.

Rematamos colléndonos das mans, abrazando un magnolio e unha fonte, recordando a Vicente Ferrer; dando grazas o Pai de Xesús, e recitando desde o máis fondo dos nosos sentimentos a oración que el nos enxeñou: O Noso Pai.

Grazas Loli Cambón, es boa xente, e artífice destas xun-tanzas de amor, e tantas outras cousas boas.

A Coruña, xuño de 09.

IMPRESO PARA FACERSE SOCIO DE IR IMIA OU SUBSCR IB IRSE Á REV ISTASe queres facerte socio, subscribirte á revista IRIMIA (ou coñeces a alguén que lle poida interesar recibir de balde os tres próximos números da revista) recorta este

impreso e envíao ó Apartado 980 15705-Santiago de Compostela, ou escríbenos a [email protected]

NOME: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . APELIDOS: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .ENDEREZO: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .CÓD. POSTAL: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . CONCELLO OU CIDADE: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . PROVINCIA: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .TELÉFONO . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . CORREO ELECTRÓNICO . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

QUERO SER SOCIA/-O: 3 € oQUERO SUBSCRIBIRME: Ordinaria: 21 € o De apoio: 33 € o Subscricción anual (22 números)QUERO SER 60x100: 60 € o

DOMICILIACIÓNBANCO OU CAIXA E AFORROS: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . DOMICILIO DO BANCO: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . CÓD. POSTAL: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .CONCELLO OU CIDADE: . . . . . . . . . . . . . . . . PROVINCIA: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . TITULAR DA CONTA: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .Nº de CONTA: _ _ _ _ / _ _ _ _ / _ _ / _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ Sírvase atender ata novo aviso, e con cargo á miña conta, os recibos que ó meu nome lles sexan presentados ó seu cobro por IRIMIA.

En ..................... ...................................... a ....................... de ................................... de 200__. Atentamente.

Se queres podes ingresar directamente en calquera das nosas contas indicando claramente o teu nome no impreso de ingreso e enviándonos unha copia xunto cos teus datos.Conta: CAIXA GALICIA: 2091-0349-45-3040005822 BBVA 0182-0267-15-0207905484

Page 14: e tomaron as cidades - Revista Irimiaasociacion-irimia.org/iri/IRIMIA-792-web.pdf · tratar un asunto tan delicado que, a medio prazo, será o que determine a calida-de de vida do

EDITA: Asociación A. IRIMIA FEITO EN PAPEL RECICLADO

MESA DE REDACCIÓN: Daniel López Munoz, Luís Gómez Aldegunde, Pedro Pedrouzo Devesa, Rubén Rivas Vidal, Lidia Campos Chan, Manolo G. Turnes, Lines Salgado Iglesias, José Antonio Martínez. Tlf. 986 10 49 45.

COLABORADORES: Xosé Chao Rego, Victorino Pérez Prieto, Xosé Antón Miguélez, Manolo Regal, Alfonso Blanco Torrado, Xosé Lois Vilar, Marta Sopeña, Gumersindo Campaña, Tareixa Ledo, Moisés Lozano, Clodio González Pérez, Antón Martínez Aneiros, Sara Paz Quiñones, Manuel Pérez Blanco, Xabier Blanco, Bernardo García Cendán, Valentina Formoso Gosende, Celia Castro Ojea, Xerardo Castedo Valbuena, Engracia Vidal, Francisco Xabier Martínez Prieto, Fernando Veiga, Antonio Pinto Antón, Bea Cedrón Vilar, Mariano Guizán Sánchez, Carmen Soto, Rubén Aramburu, Carme Soto, Marisa Vidal e Xan Guillén.

CORRECCIÓN LINgüíSTICA: Lidia Campos Chan, Luís Aldegunde.

SUBSCRICIÓNS: Apdo. 980 - 15705 Santiago de Compostela. Telf.: 655 028 253

SUBSCRICIÓNS: ordinaria: 24 Euros. de Apoio: 36 Euros. Correo electrónico - [email protected]

CONTA: Caixa Galicia, CC/2091-0349-45-3040005822 - Urbana, nº 8 - Santiago / BBVA 0182-0267-15-0207905484

DEPÓSITO LEgAL: C-1417-81 TIRADA: 1.300 exemplares DESEÑO E MAQUETACIÓN: Ninfa, Riveiro, Martínez

IMPRIME: Artes Gráficas LITONOR S.A.L. DISTRIBÚE: IMPACTA

EDICIÓN ELECTRÓNICA: http://www.vieiros.com/canais/26/canal-irimiae tomaron as cidades..........

R E V I S T A Q U I N C E N A L D E C R E N T E S G A L E G O S

14

Cartas

A Coruña 13- 6 – 2009

Fin de curso dos Sábados Bíblicos en Bastavales

Un bo día! Xa antes do cafetiño e as rosquiñas de acollida, empezamos a falar da recente condea (?) á obra de Torres Queiruga, por parte das autoridades incompetentes, da xerarquía da Igrexa. O tema deu para moito, porque nos foi levando dunha a outra: Castillo, Sobrino, etc.

Resumindo dicir que toda a nosa simpatía e afecto para Andrés, polo momento que está a pasar. E tamén o noso agradecemento polas veces que nos fixo caer na conta coas reflexións repensadas dende a fe respectuosa co Deus de Xesús.

Estamos convencidos de que o arroupamento de tanta xente, que o admira e segue, vaille axudar a saír fortalecido desta experiencia difícil. Agardamos, coma sempre, novos froitos enriquecedores.

Outro dos temas importantes deste día foi a famosa enquisa sobre o galego na escola. É lamen-table o tratamento e maneira de presentar as preguntas ás familias. O politiqueo, o engano e manipulación. “Que escollan os papás, nada de impoñer”. Pero é que o profesorado non ten nada que decir?, é que as nenas e nenos non teñen que acatar normas?, é que o galego non é a lingua de Galicia e xunto ó castelán non temos dereito a coñecelo?

Ficamos abraiados desta volta atrás.

Tratamos de acougar os ánimos e como era día especial fixemos alí mesmo un xantar especializa-do, ou sexa, cada quen aportou o que lle petou para compartir.

Xa sabedes que nisto os irimegos temos moitísima práctica. E non faltou nin as raíñas dos mares: as sardiñas, boísimas!

Logo de recoller como está mandado, fixemos avaliación do curso, chegando comunitariamente á conclusión de que por unhas e outras razóns a todos nos presta ir estes segundos sábados de mes, para recoller as aportacións do noso querido e respectado Pepe Chao, que alumea moitas das nosas dúbidas e carencias; e tamén polas olladas diferentes, que poñemos en común para tratar de vivir as nosas vidas coa coherencia necesaria de crentes e seguidores do Suso do Carpinteiro.

Esperamos comezar outro curso alá polo outono, nese fermoso val da Mahía, ó abeiro do noso amigo e mestre Pepe.

Neste día xuntámonos dezaoito, pero xa sabedes que o espazo está aberto ós que queirades vir.

Rematou a xornada, sen abri-la biblia... pero por unha vez non pasará nada, non si?

Apertas irimegas

Loli Cambón

Información: Charo Rilo Chas Tlf. 981 610171

O Rabuñeiro, 25 Oleiros (A Coruña)

Page 15: e tomaron as cidades - Revista Irimiaasociacion-irimia.org/iri/IRIMIA-792-web.pdf · tratar un asunto tan delicado que, a medio prazo, será o que determine a calida-de de vida do

15

Boa Nova

O E

CO

Crise procede do grego, onde signficaba “separar” ou “decidir”.Fronte a unha etimoloxía que nos remite a un momento crucial de cambio, de decisións e eleccións ante a incerteza, na actualidade impúxose a súa definición como sinónimo de escaseza, carestía, ou xa como unha situación dificulto-sa e complicada. Non gustamos dos cambios, a calquera mudanza case sempre lle anticipamos un hipotético perigo. Aínda que moitas veces nos queixemos da monotonía das nosas vidas e busque-mos experiencias impac-tantes coas que aliviala, no fondo imponse un “virgencita, que me quede como estoy!”. E recome-zar dende cero? Con todo o que me custou chegar até aquí! Isto si que é de verdadeiras/os valentes!

José A. Martínez

A C

LAV

E

Pregoeiros no camiñoCon este texto, inicia Marcos, unha nova sección que rematará na confesión de Cesárea de Filipo (8, 26-33). Despois do fracaso en Nazaret (6,1-6) Xesús intensifica a súa actividade coma voceiro de Deus, chamando aos seus discípulos a predicar de dous en dous a boa nova do reino.

Esta narración procede do que os eséxetas deron en chamar a fonte Q, un texto hoxe desaparecido pero que posiblemente recollía as experiencias dos primeiros misioneiros itinerantes que seguiron predicando o xeito de Xesús, co caxato, sen pan nin al-forxas, acougando onde foran recibidos, vivindo de forma radical a súa misión.

Estes homes e mulleres iniciaron a primeira expansión do evanxeo despois da Pascua recorrendo toda Palestina e chegando incluso fora do territorio xudeu. As viaxes en parella ou en grupo eran moi frecuentes no mundo antigo, pois os camiños eran pouco seguros e as xornadas feitas a miúdo a pé eran longas e difíciles.

A hospitalidade era unha costume moi arraigada na cultura medi-terránea que obrigaba a xente a acoller na súa casa os viaxeiros dándolle comida e acougo. Os misioneiros itinerantes non sempre se sentiron agasallados pola hospitalidade da xente e ese recordo queda reflectido no acto público de sacudir o po dos pes, coma símbolo da ruptura das relacións que a falta de acollida supoñía.

O evanxelista puxo diante da súa comunidade tamén aquela his-toria, non para seres repetida, pois os tempos e a realidade dos cristiáns xa cambiara, e xa non vivían itinerantes, pero si seguían a acoller nas súas comunidades a misioneiros que viaxaban dun lugar a outro predicando a Boa Nova e era importante recor-darlles o valor destes predicadores e a necesidade de acollelos e escoitar a súas ensinanzas.

Carme Soto

A P

ALA

BRA

DOMINGO 12 DE XULLO. 15º

Domingo do Tempo Ordinario

Mc 6, 7-13

Entón chamou os Doce, e empezou a mandalos de dous en dous, dándolles poder sobre os espíritos malos. Reco-mendoulles que non levasen nada para o camiño, fóra dun caxato: nin pan, nin al-forxas, nin cartos na faixa. Que calzasen sandalias, pero que non levasen máis ca unha túnica. E avisounos: “Cando entredes nunha casa, permanecede nela até que vos marchedes. Se nalgún lugar non vos acolleren nin vos escoitaren, íde-vos, sacudindo o po dos vosos pés, para que lles sirva de aviso”. Marcharon, e predicaron a conversión. Botaban fóra moitos demonios, e curaban os enfer-mos, unxíndoos con aceite.

Page 16: e tomaron as cidades - Revista Irimiaasociacion-irimia.org/iri/IRIMIA-792-web.pdf · tratar un asunto tan delicado que, a medio prazo, será o que determine a calida-de de vida do

16

Rumores de esperanza Lidia e Valentina

O Fachineiro da lingua

Verán en fonte limpaO goberno galego vai aproveitar o ve-rán para seguir recortando espazo á lin-gua galega. Temos que reflexionar sobre o doado que é destruír cando se trata da normalización dunha lingua minorizada e desprestixiada como é o caso da nosa e sobre a que pesan prexuízos que coutan o seu uso normal. A administración que debía promocionala envía mensaxes que cuestionan o traballo dos que levamos moitos anos traballando porque o gale-go sexa normal en todos os contextos e lamentamos, con tristeza, ver como nun mes de goberno se pode acabar con dúas

décadas de traballo diario sen máis inte-rese que o aprecio pola nosa lingua. Só nos queda esperar que a política lingüís-tica se guíe polo sentido común para non caermos nunha situación que pronto pode ser irreversible, porque non hai ningunha lingua que sobreviva sen falantes. Por iso, cómprenos un novo discurso para unha lingua de todos e todas, para unha socie-dade integradora. Mentres, aproveitemos este verán para mergullarnos nas augas vivas do idioma e volver con folgos reno-vados.

A.Q.

Aborreciámonos alá polo 8 de xuño porque se modificaba o artigo 35 da Lei de función pública para garantir a liberdade de elección do idioma nas oposicións da Administración auto-nómica. Pois ben, se isto nos parecía moito, agora máis, dise na linguaxe po-pular que o que non quere caldo, sete cuncas. Isto foi o que lle aconteceu á nosa lingua: unha farta de caldo.

Xa todos saberedes pola prensa que o sábado 27 de xuño se examinaron case 4 000 médicos , e saberedes ta-mén que a maior parte deles non ti-veron que facer o exame de galego. Supoñemos, e parécenos que supo-ñemos ben, que tampouco terán que pasar por tal proba as categorías do SERGAS que faltan por examinarse. Si, queda moi bonito todo: terán que acreditar teren o Celga 4 ou outro documento equivalente homologado por Política Lingüística. Por Deus!, que ninguén se console! Dádevos conta que pode haber aspirantes que posúan os títulos de Iniciación e Perfeccionamento á lingua galega do ano 1982. E desde aquela non

Superando o que parecía insuperable…vos parece que lles puido esquecer algo…? É máis, recolle un coñecido xornal que El Colegio de Médicos de A Coruña se congratula por las modificaciones introducidas porque, dice, “en la selección de facultativos deben primar los as-pectos científicos y profesiona-les”. Impresionante! Como se unha cousa quitase a outra. Dicíase antes que o saber non ocupaba lugar, arre demo, como cambiou o conto!

Tiñamos idea de falar aquí hoxe do pouco xeito que ten o exame de ga-lego que hai que pasar para posuír unha praza no SERGAS, porque, a dicir verdade, esta proba non daba fe dos coñecementos na lingua da terra, pero madía a levabamos ata o de ago-ra!

Hoxe facíanlle un regalo a unha das nosas nenas, castelanizada en tres días de colexio!; como non o daba desempaquetado, dixo toda chea de razón: Le puso celo, abofé que si! Isto si que nos consola, quizais non logren aniquilarnos.

Se non nos vemos, feliz verán.