Economía de España e Galicia (Antía)

40
Economía de España e Galicia Antía Lago

Transcript of Economía de España e Galicia (Antía)

Page 1: Economía de España e Galicia (Antía)

Economía de España e Galicia

Antía Lago

Page 2: Economía de España e Galicia (Antía)

Actividades agrarias en España

Page 3: Economía de España e Galicia (Antía)

A explotación forestal

A explotación forestal, exceptuando o caso de Galicia, conta con recursos limitados, debido, sobre todo, á escaseza de bosques e á intensa deforestación. Está especializada en certas especies de frondosas e de coníferas. Delas obtéñense madeira, celulosa, resina e cortiza.

Page 4: Economía de España e Galicia (Antía)

Características da agriculturaActualmente é unha agricultura moderna, orientada á venda no mercado, aínda que nas comunidades do norte mantense unha importante agricultura de subsistencia para o consumo familiar.

Os cultivos son moi variados, sendo os máis estendidos os cereais, a vide, a oliveira, as forraxes…

Tamén está a adquirir importancia a agricultura ecolóxica.

Page 5: Economía de España e Galicia (Antía)

A gandería A gandería ten un gran peso na produción final agraria. A produción tende ás explotacións intensivas e estabuladas, á utilización de pensos e á mellora das razas gandeiras.

A gandería bovina proporciona carne e leite; a ovina, carne e leite; a porcina, carne e embutidos; e a avícola, carne e ovos.

Page 6: Economía de España e Galicia (Antía)

Problemas do sector primario

Problemas Solucións

-Envellecemento da poboación agraria

-Produción de excedentes dalgúns produtos

-Escasa competitividade dalgunhas pequenas explotacións

-Deterioración do ambiente pola utilización de produtos químicos

- Aumento dos fondos destinados ao desenvolvemento rural

-Imposición de cotas de produción

-Fomento de novos cultivos

-Incentivos á concentración parcelaria

-Aumento das áreas de barbeito e bosque

Page 7: Economía de España e Galicia (Antía)

Paisaxes agrarias españolas

Page 8: Economía de España e Galicia (Antía)

Localízase no norte e noroeste peninsular. Caracterízase por parcelas pequenas e un poboamento disperso.

A agricultura especialízase en cultivos de horta(patacas, hortalizas, fabas) e plantas forraxeiras para o gando.

A gandería vacúa practícase de forma extensiva e de forma intensiva.

O aproveitamento forestal ten tamén importancia.

Paisaxe agraria oceánica

Page 9: Economía de España e Galicia (Antía)

Paisaxe agraria do interior peninsularCaracterízase polo predominio de parcelas grandes e poboamento concentrado.

A agricultura é contrastada. Os secaños dedícanse a cultivos extensivos, protagonizados pola triloxía mediterránea(cereais, vide e oliveira), e nos regadíos cultívanse de forma intensiva plantas industriais(remolacha azucreira, lúpulo e tabaco) e forraxes.

A gandería tradicional é extensiva, tanto a ovina como a porcina. Esta última é a predominante nas devesas de Estremadura, Salamanca e Zamora.

Page 10: Economía de España e Galicia (Antía)

Paisaxe agraria do litoral mediterráneoComprende a franxa costeira mediterránea, o val do Guadalquivir, as illas Baleares, Ceuta e Melilla. Predominan as parcelas pequenas e o poboamento disperso.

A agricultura intensiva de regadío é a actividade dominante. Cultívanse produtos de horta ou baixo plástico; froiteiras, e froitos tropicais.

A gandería ten menos importancia.

Page 11: Economía de España e Galicia (Antía)

Paisaxe agraria de Canarias

Localízase nas Illas Canarias. Caracterízase por parcelas con marcados contrastes entre as grandes explotacións costeiras e as pequenas explotacións do interior, e o poboamento disperso.

A agricultura do litoral especialízase no monocultivo(plátano, tomate...), cultivos baixo plástico(cogombro, pemento, flores) e froitos tropicais(papaia, aguacate). No interior é de policultivo(vide, papas...)

A gandería é moi escasa, predominando a ovina e a caprina en réxime extensivo, e a porcina e avícola en réxime intensivo.

Page 12: Economía de España e Galicia (Antía)

Actividade pesqueira en España

Page 13: Economía de España e Galicia (Antía)

Os caladoiros e as rexións pesqueirasActualmente, péscase en caladoiros nacionais, da Unión Europea e internacionais, especialmete nos do Atlántico e do Índico.

A principal rexión pesqueira española é Galicia. Séguena as rexións cantábrica, suratlántica andaluza, canaria e,a gran distancia, as mediterráneas.

Page 14: Economía de España e Galicia (Antía)

Problemas da pesca

Problemas Solucións

-Escasa poboación pesqueira e o seu envellecemento

-Excesivo tamaño da frota en relación cos recursos pesqueiros

-Esgotamento dalgunhas especies

-Despezamentos dos barcos máis antigos e traspaso doutros a empresas pesqueiras mixtas

-Establecemento de cotas de pesca para especies ameazadas

Page 15: Economía de España e Galicia (Antía)

O sector primario en Galicia

Page 16: Economía de España e Galicia (Antía)

A agricultura e a ganderíaA agricultura é basicamente de intensiva, de secaño e de policultivo.

Os principais productos son os tradicionais: cultivos forraxeiros, millo, pataca, trigo, centeo, cultivos hortícolas(tomate, repolo, leituga...) e viñedos. Pero algúns productos novos van adquirindo importancia: amorodos, flores ou kiwis.

A gandería é a principal actividade socioeconómica do medio rural. O gando bovino é o máis importante, seguido do porcino e do avícola.

Page 17: Economía de España e Galicia (Antía)

Explotación forestalA cuarta parte da masa arbórea concéntrase en Galicia.

Hoxe en día, asespecies dominantes son o piñeiro, o carballo e o eucalipto e, xa en menor proporción, o castiñeiro e outras caducifolias.

Page 18: Economía de España e Galicia (Antía)

A pescaGalicia é a principal rexión pesqueira española.-A pesca de baixura faena en caladoiros próximos. Céntrase na sardiña, o xurelo, a centola…

-A pesca de altura faena nos océanos Pacífico, índico e Atlántico. Pesca atún, raia, linguado, lura…

-O marisqueo concéntrase nas Rías Baixas e nos cabos dos acantilados. Produce ameixas, ostras, berberechos…

-A acuicultura está cobrando cada vez maior importancia. Destaca a cría de mexillón en bateas e de peixes en piscifactorías.

Page 19: Economía de España e Galicia (Antía)

A industria española

Page 20: Economía de España e Galicia (Antía)

Recursos mineraisDesde a antigüidade ata finais do século XIX, España contou cunha gran cantidade de materias primas minerais. Hoxe, non obstante, estas non teñen a importancia do pasado, debido ao esgotamento de moitos depósitos ou ao encarecemento da súa explotación.

España extrae minerais non metálicos, como caolín ou sal; rochas industriais, como calcaria, granito ou arxila, e combustibles enerxéticos como o carbón.

Page 21: Economía de España e Galicia (Antía)

Fontes de enerxíaO consumo enerxético español baséase en fontes de enerxía tradicionais, o que obriga a realizar custosas importacións.-Petróleo: é a principal fonte de enerxía consumida, e na súa maior parte impórtase de países de Oriente Próximo, de México e de Nixeria.-Gas natural: impórtase de Alxeria, de Nixeria e de Libia.-Carbón: prodúcese en trece grandes concas, entre as que destaca a de Asturias-León-Palencia-Enerxía hidroeléctrica: céntrase nas concas fluviais da metade norte peninsular.-Enerxía nuclear: funciona con uranio importado de Níxer.

As fontes de enerxía alternativas teñen un peso insuficiente.

Page 22: Economía de España e Galicia (Antía)

Sectores industriais-Os sectores tradicionais máis destacados son a siderurxia, os transformados metálicos, a construción naval, etc.Teñen un elevado peso na industria española.

-Os sectores industriais dinámicos están representados polas industrias do automóbil, química, agroalimentaria e da construción.

-Os sectores de alta tecnoloxía, como a industria aeroespacial ou a biotecnoloxía, implantáronse en España con atraso. Estas industrias instaláronse en diferentes parques tecnolóxicos.

Page 23: Economía de España e Galicia (Antía)

Áreas industriais e a súa distribución

-As concentracións principais localízanse en Barcelona e en Madrid. Ambas as dúas concentran as sedes das grandes empresas nacionais e multinacionais, e as industrias de novas tecnoloxías: electrónica, informática, etc.

-Outras áreas industriais importantes localízanse nos eixes do Atlántico, do Ebro e do Mediterráneo e na cornixa cantábrica. · Os eixes industriais do Ebro e do Mediterráneo son áreas industriais en expansión xurdidas ao longo das principais vías de comunicación. · A cornixa cantábrica é unha área industrial en declive, especializada en sectores en crise.

-As áreas de industrialización escasa atópanse no interior peninsular, nos dous arquipélagos, en Ceuta e en Melilla. Predominan as industrias tradicionais, dispersas e pequenas.

Page 24: Economía de España e Galicia (Antía)

Problemas da industriaProblemas Solucións

-Diminución da poboación ocupada

-Tamaño pequeno ou mediano de moitas das súas empresas

-Emprego de tecnoloxía atrasada

-Falta de tecnoloxía propia

-Escaso investimento en I+D

-Fomento do uso de tecnoloxías avanzadas

-Incremento do gasto en I+D

-Prevención dos problemas ambientais ou rehabilitación das áreas afectadas

Page 25: Economía de España e Galicia (Antía)

A industria en Galicia

Page 26: Economía de España e Galicia (Antía)

A enerxía e as materias primas

Galicia produce máis do 10% da enerxía eléctrica española a partir de tres fontes de enerxía principais: a auga dos ríos, que abastece ás numerosas centrais hidroeléctricas; o carbón, que se queima nas centrais térmicas ; e o vento, que se aproveita nos numerosos parques eólicos.

O peso do sector primario na economía fai que os seus produtos sexan as principais materias primas de moitas das industrias: a gandería abastece ás industrias láctea e cárnica; a pesca, á industria conserveira; a explotación forestal, á industrias de aglomerados, mobles e pasta de papel; a minería de caolín, á industria cerámica; as canteiras de granito e lousa, ás industrias de rocha ornamental e da construción.

Page 27: Economía de España e Galicia (Antía)

As características da industria galega

-Poboación ocupada lixeiramente superior á española

-Distribución espacial desigual, pois a maior parte das industrias céntrase no litoral.

-Tamaño pequeno das empresas que as fai pouco competitivas para incorporar persoal cualificado e innovacións tecnolóxicas.

Page 28: Economía de España e Galicia (Antía)

Os principais focos industriaisAs principais industrias de Galicia localízanse no eixe atlántico. Só contadas excepcións sitúanse fóra del: en Ourense, a construtora Copasa, o grupo alimentario Coren…; en Valdeorras, as empresas de lousa; en San Cibrao-Xove, a factoría de aluminio Alcoa; e en Lugo, as empresas lácteas Leite Río e Lactalis Iberia, algunhas empresas madereiras…En Ferrol, os estaleiros Astano e Bazán, e a siderúrxia Megasa.En A Coruña, o grupo de confección Zara-Inditex, a láctea Leyma…En Santiago, a empresa madereira Finsa e as tecnolóxicas Televes e Blu:sens. En Ribeira, Pobra do Caramiñal e Boiro, as conserveiras Frinsa, Escurís e Rianxeira.En Pontevedra, a empresa de celulosa ENCE, a de distribución alimentaria Froiz…En Vigo, a automovilística Citroën, as de construción naval Barreras e Vulcano...

Page 29: Economía de España e Galicia (Antía)

O crecemento do sector servizos e as súas causas

En España o sector terciario creceu de xeito espectacular desde a década de 1960.

As causas do crecemento foron diversas: o aumento do nivel de vida, a xenerazación do estado de benestar e a demanda de servizos pola industria e o turismo.

Page 30: Economía de España e Galicia (Antía)

O comercio interior e exteriorO comercio interior predominante en España é o pequeno comercio tradicional.

O comercio exterior incrementouse como resultado da incorporación á Unión Europea e da globalización económica.

As importacións máis destacadas son bens de equipo e produtos enerxéticos. As exportacións, pola súa banda, baséase en bens de equipo, automóbiles e alimentos. A balanza comercial é deficitaria, xa que gastamos máis do que ingresamos.

Page 31: Economía de España e Galicia (Antía)

O transporte. Características e redesAs características do sistema de transporte español son o predominio da estrada no transporte de pasaxeiros e de mercadorías.

O transporte terrestre é o máis utilizado e baséase en dúas redes diferenciadas: a de estrada e a de ferrocarril.-O transporte por estrada é maioritario para o traslado de pasaxeiros e mercadorías.-O transporte por ferrocarril emprégase para o traslado de mercadorías e de pasaxeiros a curta e media distancia.

O transporte naval serve, sobre todo, para o tráfico internacional de mercadorías pesadas.

O transporte aéreo é o máis competitivo para o transporte internacional de pasaxeiros.

Page 32: Economía de España e Galicia (Antía)

O sector terciario en España

Page 33: Economía de España e Galicia (Antía)

Os factores favorables do turismoEspaña é unha das principais potencias turísticas mundiais pola chegada de turistas e polos ingresos.

No desenvolvemento alcanzado por esta actividade desde 1960 influíron unha serie de factores favorables, que fixeron de España un dos destinos preferentes para os turistas de todo o mundo.

Page 34: Economía de España e Galicia (Antía)

As modalidades turísticasO tipo de turismo principal é o de sol e praia, centrado no litoral mediterráneo peninsular e nas illas Baleares e Canarias. Outras modalidades, que están en auxe son o turismo de montaña, o turismo ecolóxico, o turismo rural, o turismo cultural e o turismo de negocios.

A demanda extranxeira é de sol e praia e concéntrase no verán. A demanda nacional procede principalmente de Madrid, Cataluña e Andalucía.

Page 35: Economía de España e Galicia (Antía)

Consecuencias do turismoPositivas negativas-Xeración de ingresos e postos de traballo

-Impulso doutras actividades económicas e das infraestruturas de transporte.

-Estacionalidade do emprego

-Elevación dos prezos

-Saturación das infraestruturas e danos ambientais

-Contaminación

-Produción de residuos e sobreexplotación da auga

Page 36: Economía de España e Galicia (Antía)

Problemas do turismo

Problemas Solucións

-Control do negocio por operadores turísticos extranxeiros

-Nivel medio-baixo dos turistas

-Concentración da actividade en verán

-Impulso dos operadores turísticos nacionais

-Turismo de calidade

-Desenvolvemento de novas modalidades turísticas, non estacionais

Page 37: Economía de España e Galicia (Antía)

Sector terciario en Galicia

Page 38: Economía de España e Galicia (Antía)

O comercioNo comercio tradicional urbano e no rural predomina o comercio polo miúdo.No comercio exterior, Galicia presenta xeralmente unha balanza comercial bastante equilibrada, aínda que nos últimos anos adoita ser positiva. Entre as exportacións, sobresaen os produtos dos sectores de automoción, confección, pesca, construción naval e conservas. Entre as importacións, destacan os combustibles, a automoción, a pesca, a maquinaria e os instrumentos de alta tecnoloxía.

Page 39: Economía de España e Galicia (Antía)

O sistema de transportes -A rede de estradas experimentou notables melloras como consecuencia dos investimentos levados a cabo polos gobernos autonómico e central, coa axuda dos fondos da UE, durante os últimos vinte e cinco anos.

-A rede ferroviaria é deficiente. Céntrase fundamentalmente no sector occidental.A modernización do ferrocarril galego chegará nos próximos anos desta década con dúas liñas de alta velocidade.

-O transporte aéreo conta con tres aeroportos en Santiago, Vigo e A Coruña.

-O transporte marítimo realízase mediante os 128 portos que hai na costa galega.

Page 40: Economía de España e Galicia (Antía)

O turismoO turismo representa unha importante fonte de ingresos, pois aporta o 11% do PIB e o 12% do emprego.-O turismo de sol e praia concéntrase nas Rías Baixas e, con menor incidencia, na área da Coruña e nas Mariñas luguesas.

-O turismo cultural céntrase na cidade de Compostela e o Camiño de Santiago.

-O turismo rural dispoñía en 2008 de 486 establecemenetos para aqueles que aprecian as paisaxes naturais e fuxen das aglomeracións.

-O turismo deportivo presenta múltiples actividades posibles

-O turismo termal dispón en Galicia de gran cantidade de balnearios, tradicionais e modernos.