Edifi cio de Facultades Tel. 988 387 300 Campus...

2
Nature-based Solutions for Water Edificio de Facultades Campus universitario 32004 Ourense España Vicerreitoría do Campus de Ourense Tel. 988 387 300 Fax 988 387 311 [email protected] vicou.uvigo.es Xornada de portas abertas do Campus de Ourense Campus da Auga Día Mundial da Auga 22 de marzo de 2018

Transcript of Edifi cio de Facultades Tel. 988 387 300 Campus...

Nature-based Solutions for Water

Edifi cio de FacultadesCampus universitario32004 OurenseEspaña

Vicerreitoría do Campus de Ourense

Tel. 988 387 300Fax 988 387 [email protected]

Xornadade portas abertas do Campus de Ourense

Campus da Auga

Día Mundial da Auga

22 de marzo de 2018

Día Mundial da Auga

Solucións para a auga baseadas na natureza

O Día Internacional da Auga e unha data que pretende concienciar ás per-soas da importancia da auga doce e ao mesmo tempo promover a sustenta-bilidade da xestión deste recurso.

Cada ano, o Día Mundial da Auga destaca un aspecto específico da auga doce. Para o ano 2018 este lema é «Solucións para a auga baseadas na na-tureza» (Nature- based Solutions for Water). Esta celebración proporciona-rá unha oportunidade importante para consolidar e continuar avanzando en sesións precedentes do Día Mundial da Auga, todo iso para resaltar a simbiose entre auga e auga residual á hora de avanzar no desenvolvemento sustentable.

Xornadas de portas abertas Campus de Ourense-Campus da Auga

Con motivo da celebración do Día Mundial da Auga, o Campus Universi-tario de Ourense - Campus da Auga, celebrará o xoves 22 de marzo, unha xornada de portas abertas dirixida a estudantes de educación secundaria e bacharelato das provincias de Ourense e Pontevedra.

O obxetivo é orientar ao alumnado sobre o seu futuro universitario e dar a coñecer a investigación que se está a realizar no marco do Campus da Auga. Neste sentido, decanos/as e directores/as dos centros universitarios do Campus de Ourense - Campus da Auga, presentarán as diferentes titula-cións que oferta a Universidade de Vigo neste campus e as súas saídas pro-fesionais. Así mesmo, persoal docente e investigador organizarán sesións teóricas e prácticas nas súas instalacións e laboratorios para dar a coñecer a investigación que se está a realizar no marco do Campus da Auga.

A xornada compleméntase con outras actividades dirixidas a mostrar a ofer-ta cultural e deportiva, instalacións, servizos e programas de apoio o alum-nado cos que conta o Campus de Ourense – Campus da Auga. Ademáis, ás 11.30 horas, darase a coñecer os/as gañadores/as da IV edición do Concur-so fotográfico Campus da Auga- Scholaris “Auga, Ciencia e Desenvolvemen-to Sustentable” e procederase á entrega de premios.

ProgramaData: Mércores 22 de marzo do 2018

Lugar: Salón de Actos Marie Curie

10:00 Recepción e acto de benvida

- Salustiano Mato de la Iglesia, reitor da Universidade de Vigo

10:30 Mesa Redonda “Campus de Ourense - Campus da Auga a porta ao teu futuro”

- Coordina: Virxilio Rodríguez Vázquez, vicerreitor do Campus de Ourense

Participantes:

- Francisco Javier Rodríguez Martínez, director da Escola Superior de Enxeñaría Informática

- Mar García Señorán, decana da Facultade de Ciencias da Educación

- Marta Fernández Prieto, decana da Facultade de Dereito

- Gil Garrote Velasco, decano da Facultade de Ciencias

- Elena Rivo López, decana da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo

- Susana Reboreda Morillo, decana da Facultade de Historia

- Arno Formella, director da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo

- Milagros Fernández Varela, directora da Escola de Enfermaría

11:20 Visionado do vídeo Campus da Auga

11:25 Entrega de premios IV edición do Concurso fotográfico Campus da Auga- Scholaris “Auga, Eduacación e Saúde”

12:00 Presentación de investigacións desenvolvidas no marco do Campus da Auga:

- A microbioloxía é feminina. Relatora: Julia Carballo Rodríguez

- Auga e hidratación. Relatora: Julia de la Montaña

- Resolvendo o quebracabezas do clima. Relatora: Susana Bayo, Laura Rodríguez Diaz y Marisela Des Villanueva

- A auga nos alimentos. Relatora: Inmaculada Franco Matilla

12:00 Visita Stands do Campus da Auga “Divulgación da investigación desenvolvida dende o Campus da Auga”

Actividades:

MUNDOMICRO (Área de Microbioloxía)

Veremos microorganismos da auga mediante microscopía e cultivo. Presentaremos os nosos compañeiros invisibles para ben e para mal e falaremos dos problemas do uso de antibióticos e da xeración de resis-tencias a estes.

BIOMACRO (Área de Enxeñaría Química)

Abordaremos aspectos relacionados ca busca do valor oculto da biomasa contra o envellecemento celular: a obtención de antioxidantes naturais; Alimentando o noso segundo cerebro: obtención de prebióticos; e Me-gaBlocks: obtención de compostos base para a enerxía do futuro.

COLORCHEM (Área de Nutrición e Bromatoloxía)

Amosaremos como a cor de diferentes reaccións químicas serve de fonte de información sobre a calidade de auga.

SENSOCIENCIA (Área de Química Analítica e Área de Nutrición e Bro-matoloxía)

Identificación de distintos olores. Eres un supercatador?

S3 (Área de Química Orgánica)

Traballaremos con demostracións das propiedades dos elementos, fare-mos polímeros e experimentos de simulación (bio)química.

NutriCiencia (Área de Nutrición e Bromatoloxía)

Falaremos da importancia de facer un bo almorzo e realizaremos exer-cicios prácticos para pescudar onde se esconde o azucre nos alimentos.

Tren de levitación (Área de Física Aplicada)

Constituído por imáns supercondutores refrixerados con nitróxeno lí-quido a -200 ºC. Fundamento: os materiais supercondutores presentan unha resistencia identicamente nula o paso da corrente eléctrica.

Ti podes programar (Área de Linguaxes e Sistemas Informáticos)

Aprenderemos a programar con ferramentas sinxelas que permitirán crear pequenos videoxogos.

Monitorización de parámetros de saúde: “Auga e saúde” (Escola Univer-sitaria de Enfermaría)

Medición antropométrica, cálculo do IMC e medidas de graxa corporal.

Ademáis contaremos con outros stans para mostrar a oferta cultural e deportiva, residencia universitaria, biblioteca e outros servizos de apoio o estudo e o alumnado, cos que conta o Campus de Ourense – Campus da Auga.

13:30 Clausura

Pola tarde pódese complementar esta xornada de portas abertas con:

Visita guíada á zona das Burgas: visita temática, centrada no elemento patrimonial, que inclúe a posibilidade de disfrutar dun baño na piscina das Burgas. Para elo, é preciso facer a reserva contactando coa Concellería de Termalismo ([email protected]). As solicitudes deben enviarse antes do 15 de marzo de 2018.

Visita guíada á Residencia Universitaria As Burgas: Así mesmo a empresa xestora da Residencia Universitaria As Burgas (sita no Campus de Ourense – Campus da Auga), ofrece sesión informativas e visitas guiadas para que os futuros estudantes poidan imaxinar a súa vida en RESA. As solicitudes deben dirixirse por e-mail a [email protected], ou telefónicamente chamando o 988 010 400. https://www.resa.es/es/residencias/ourense/residencia-universitaria-as-burgas/residencia/

Anexo: ficha de solicitude de reserva de visitaDescargar da web da Vicerreitoría do Campus de Ourense: Ficha de solicitude de reservaCubrir a ficha e remitila a:Vicerreitoría do Campus de OurenseCampus Universitario de Ourense – Campus da AugaEdificio Facultades. 32004 Ourense [email protected]

Data límite 15 de marzo de 2018

+ Infovicou.uvigo.es