Edita - Consello Da Cultura Galegaconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2004_Agasallo...das...
Transcript of Edita - Consello Da Cultura Galegaconsellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2004_Agasallo...das...
-
Edita
Consello da Cultura Galega
Dirección e coordinación do proxecto
Soledad Pite Sanjurjo
Maquetación e deseño
ávila & pite
Ilustracións de portada e folla de respecto
Soledad Pite Sanjurjo
Ilustracións de Agasallo de cores para Xaquín Lorenzo
Alumnos/ as de Plástica e Visual de 4º da ESO do IES Rosalía de Castro,
de Santiago de Compostela
Realización
Táktika Comunicación
ISBN
84-95415-85-2
Depósito legal
VG-435-2004
-
4
AGRADECEMENTOS
O noso singular recoñecemento ao Consello da Cultura Galega, que fixo viable este Agasallo de
cores para Xaquín Lorenzo.
A nosa gratitude ao profesor Xosé Manuel González Reboredo, que amablemente puxo á nosa dis-
posición a súa magnífica biblioteca e os seus moitos saberes. Tamén o noso agradecemento á pro-
fesora M.ª do Carme Ríos Panisse, que xentilmente nos cedeu unha primeira edición da Historia de
Galiza de D. Ramón Otero Pedrayo.
Asemade o noso recoñecemento ás profesoras M.ª Consuelo Pacoret, Maka Arca e Gemma Paredes,
todas elas interesadas neste proxecto. Agradecemos tamén a súa sempre amable colaboración a
José Luis, Víctor, Sabela, Pilar e José Antonio.
NOTA
Nos textos a pé de páxina conservamos a grafía empregada na Historia de Galiza. Dirixida por
Ramón Otero Pedrayo. Volume II. Buenos Aires. Editorial Nós. 1962.
Os motivos gráficos empregados nas gardas e nos separadores de fonte corresponden ás figuras nº.
385 e 88 respectivamente.
-
Xaquín Lorenzo sentiríase moi feliz con este “agasallo de cores” saído das aulas do Instituto
Rosalía de Castro, de Santiago de Compostela, e proxectado para conmemorar o Día das Letras
Galegas 2004.
O mestre da Etnografía galega, dono dos segredos do bo debuxante, sabería apreciar o tra-
ballo dos alumnos e a man rectora dos profesores nunha fermosa tradición que xa deu, en anos ante-
riores, excelentes froitos.
Para o Consello da Cultura Galega resulta moi grato colaborar, unha vez máis, co Instituto
Rosalía de Castro nun ano de dobre efeméride: o 65 aniversario da creación do centro e os catro
séculos da fundación do Colexio San Clemente.
Parabéns por todo iso e, naturalmente, para os que nos agasallan deste xeito, subliñando a
dimensión do persoeiro que lle dá nome ao Día das Letras Galegas 2004.
Alfonso Zulueta de Haz
Presidente do Consello da Cultura Galega
5
-
Agasallo de cores para Xaquín Lorenzo é unha dobre homenaxe coa que pretendemos con-
memorar o Día das Letras Galegas 2004 no marco do 400 aniversario da fundación do Colexio San
Clemente e do 65 da creación do Instituto Rosalía de Castro.
Homenaxe a ese mestre da Etnografía galega e excelente debuxante que foi Xaquín Lorenzo,
utilizando unha técnica tradicional, a xilografía, para reler os seus traballos nun exercicio de forma-
ción e de creación dos nosos alumnos á altura dos tempos en que vivimos. O pasado fertilizando o
futuro é algo ao que Xaquín Lorenzo nos diría que nunca debemos renunciar.
Homenaxe a este vello e fermoso pazo de San Clemente, hoxe sede do Instituto Rosalía de
Castro, pero tamén albergue de importantes institucións ao longo da súa historia, entre as que des-
tacan as relacionadas coas Artes Plásticas. Este magnífico traballo xilográfico é unha maneira de
lembrar ese pasado artístico a través dunha actividade escolar dos alumnos de Educación Plástica e
Visual. Velaí a mellor maneira que nos recomendaría Hölderlin para rememorar o pasado: facelo vivo
nun acto creativo.
Agradecementos e felicitacións aos alumnos por esta auténtica obra de arte, aos profesores
Soledad Pite, Pedro Ávila e Juanjo Raíces, que sempre nos sorprenden coa súa imaxinación e sen-
sibilidade, e finalmente ao Consello de Cultura Galega porque, unha vez máis, soubo estar presente
co seu apoio e colaboración nas apostas creativas dun centro de Ensino.
Ubaldo Rueda
Director do Instituto Rosalía de Castro
7
-
AGASALLO DE CORES PARA XAQUÍN LORENZO
Agasallo de cores para Xaquín Lorenzo é un proxecto que xorde ao fío de dedicárselle o Día
das Letras Galegas deste ano 2004 a este insigne etnógrafo ourensán tamén coñecido como Xocas.
Xaquín Lorenzo, vencellado á Xeración Nós dende moi novo, dedicou a súa vida e os seus
saberes á ardua tarefa de recoller, lugar por lugar, aldea por aldea, os usos e os costumes, é dicir, o
xeito de vivir da Galicia rural e mariñeira do seu tempo.
Instruído dende moi neno nas artes do debuxo polo seu pai (gran debuxante, ilustrador do
semanario satírico madrileño Café con gotas, así como de Barcelona cómica ou La República de
Ourense..., entre outros), Xaquín Lorenzo será quen de recoñecer os valores descritivos do debuxo,
para articulalos como linguaxe, e mediante o seu emprego recoller os saberes dun mundo para trans-
mitírnolo a todos nós.
A casa, os oficios, os trebellos e a moblaxe, mesmo os tipos de peiteado das mulleres, serán
obxecto de estudos coidadosamente debuxados por Xaquín Lorenzo. Así, da parroquia de Santa
María de Velle léganos debuxos topográficos, onde mediante sinxelas planimetrías nos amosa o con-
cello, a parroquia e o lugar, mentres que no estudo da casa actual, mediante o emprego das proxec-
cións diédricas e das correspondentes seccións, móstranos as diferentes variedades das vivendas,
xa de montaña, xa de beiramar.
Pola contra, para deixar constancia dos instrumentos de traballo dos labradores, dos mariñei-
ros, dos ferreiros ou dos carpinteiros, Xaquín Lorenzo empregou debuxos a man alzada de liña áxil,
aos que mediante certeiras tramas dota de valor tonal e gran volume, que nos permiten coñecer usos
de tempos xa pasados.
O enxoval doméstico será tamén obxecto de debuxo para Xaquín Lorenzo, así como os pozos,
os cubertos e demais construcións auxiliares.
O carro foi un obxecto de constantes estudos, debuxado ao longo da súa vida con agarimo e
múltiples encadramentos: perspectivas axonométricas para mostrarnos as súas pezas, así como o
seu volume; despezamentos para amosarnos os pormenores parte a parte; visións de fronte ou saxi-
tais... Todo, dende a visión de conxunto, ata a máis pequena peza, foi recollido con agarimo por D.
Xaquín no seu intento de darnos a coñecer aos que viñésemos detrás a nosa herdanza cultural, para
que fósemos capaces de poder valorar e amar as nosas raizames.
-
Xa que logo dende a disciplina da Plástica e Visual, dando cumprimento ao binomio “Saber
Ver, Saber Facer”, non podiamos deixar de valorar e agasallar a quen de xeito tan nobre empregou
o poder fascinador do debuxo para facer visible non só as ideas senón tamén o mundo.
Aplicámonos logo á tarefa de coñecer as súas obras, seleccionar e traspasar, previa inversión,
unha lámina a prancha de madeira (material moi querido por Xaquín Lorenzo, autor tamén de esplén-
didas maquetas feitas coa punta da navalla) para, mediante o emprego das antigas técnicas xilográ-
ficas, reactualizar, miradas por ollos novos, os vellos traballos de campo do grande investigador.
E así, as alumnas e os alumnos de cuarto da ESO que cursan Plástica e Visual, xunto cos seus
profesores, Juanjo Raíces, Pedro Ávila e Soledad Pite, colleron os lapis e as gubias para, con outra
linguaxe gráfica, reinterpretar a obra de D. Xaquín. Ledos e rebulideiros, traballando con entusiasmo,
foi xurdindo día a día este Agasallo de cores para Xaquín Lorenzo nas aulas do compostelán Instituto
Rosalía de Castro, moi preto do vello edificio que abrigou o Seminario de Estudos Galegos “Padre
Sarmiento”, do que el foi insigne director e sempre valorado mestre.
A xilografía ou gravado en madeira é a máis antiga das técnicas de gravado occidentais, e
aínda que en oriente temos constancia do seu pronto emprego, tanto para estampar sedas, como
para imprimir textos, en Europa non se coñecerán as primeiras impresións sobre papel ata a segun-
da metade do século XIV, sendo a xilografía denominada Bois Protat, encontrada en Mâcon e feita
cara ao 1370, a que se ten por primeira prancha da época. Alcanzará amplo desenvolvemento, tanto
no gravado a fibra como a contrafibra, non só para a realización de naipes, senón tamén como medio
de elaborar e reproducir as estampas relixiosas, aínda que tamén se atopan estampas con outros
motivos gráficos. No século XV realizaranse os primeiros libros xilógrafícos, nos que tanto o texto
coma a ilustración estaban tallados en pranchas de madeira, e será a invención dos caracteres inter-
cambiables o que dará lugar á imprenta.
É a partir do 1460, a raíz do descubrimento do ourive florentino Maso Finiguerra, que atopa
novas maneiras de tratar o gravado en metal, ou talla doce, cando a xilografía irá caendo en desuso,
dadas as múltiples posibilidades que ofrecen os diversos ácidos empregados como mordentes para
obter múltiples valores tonais.
No século XX a técnica xilográfica foi posta en valor polos expresionistas alemáns do grupo
Die Brücke. Así, os pintores L. Kirchner, E. Nolde, O. Kokoschka ou a pintora e gravadora Käthe
Kollwitz, e mesmo o escultor Barlach, deixáronnos mediante esta técnica obras de enorme expresi-
vidade e de trazos vigorosos que confiren ás súas estampacións un efecto de gran dramatismo.
-
Entre nós, temos que resaltar as magníficas xilografías de Luís Seoane, que con gran mestría
realza as súas imaxes mediante un sabio emprego da riqueza textural que lle achegan as sinuosas
vetas da propia madeira.
Xaquín Lorenzo foi nomeado no 1983 en Ourense Fillo Predilecto da Provincia. No 1984 a
Xunta de Galicia outorgáralle a Primeira Medalla Castelao e este ano 2004 a Real Academia Galega
dedícalle o Día das Letras Galegas.
Tanto para os alumnos coma para os profesores deste Instituto Rosalía de Castro, que cele-
bra este ano o catrocentos aniversario do edificio que o alberga, o Colexio de San Clemente de
Pasantes (ó tempo que os seus primeiros sesenta e cinco anos de existencia como instituto), é moti-
vo de fonda satisfacción que, entre os moitos actos conmemorativos que se realizarán en honor de
D. Xaquín nesta celebración das Letras Galegas, estea presente este Agasallo de cores para Xaquín
Lorenzo, feito con profundo agarimo, por setenta e sete alumnos e alumnas de cuarto da ESO, coma
el amantes do debuxo, que quixeron mediante o emprego dunha antiga técnica, a xilografía, posta ao
día mediante o aditamento do papier collé, impreso e gofrado ao mesmo tempo, renderlle cumprida
homenaxe e colaborar así no espallamento do seu traballo etnográfico, que non é máis, pero tam-
pouco menos, que difundir o seu fondo amor pola Terra.
O noso profundo agradecemento ao Consello da Cultura Galega pola gran sensibilidade con
que acolleu este proxecto e porque soubo valorar o traballo día a día realizado na aula por estes
novos alumnos e alumnas, que son sementes de futuro; esta sensibilidade fixo posible a exposición
dos seus traballos e o fermoso catálogo que os recolle.
Desexamos que vostedes gocen destes traballos tanto coma nós gozamos levándoos a cabo
e saiban miralos con ollos coma os de Xaquín Lorenzo, bos e xenerosos, porque, non teñan dúbida
ningunha, cada unha destas obras é, ante todo, o resultado dun grande entusiasmo.
Soledad Pite Sanjurjo
Profesora de Debuxo
IES Rosalía de Castro
-
Julia Rey Ramos
Fig. 26. Algúns tipos de portas de casas
-
Estefanía Castro García
Fig. 29. Tipos de barandas de corredor
-
Laura Asorey Souto
Fig. 30. Montantes de portas pra dar paso á luz. Exemprares recollidos en Borneiro (Cruña)
-
Alberto Pose Méndez
Fig. 31. Cubertas de vivendas, a unha, dúas, tres e máis augas
-
Alba Vidal Cacharrón
Fig. 38. Bisagras, pechos, espellos, fiadores, aldabas, trancas, petadores e cataventos
-
Javier Martínez Lorenzo
Fig. 41. Prantas de casas terreas con paredes curvas, que lembran as vivendas dos nosos castros
-
Lucas Mayer Mayer
Fig. 43. Estructura dunha palloza do Cebreiro
-
Minia Astray Barca
Fig. 46A. Seición dunha casa dun andar
-
Magdalena Otero Suárez
Fig. 46B. Seición dunha casa dun andar
-
Alejandro Cancela Rodríguez
Fig. 49A. Casas con sobrado, que na derradeira tén xa desenrolo de primeiro andar
-
María Novo Domínguez
Fig. 49B. Casas con sobrado, que na derradeira tén xa desenrolo de primeiro andar
-
Marta Segura Pensado
Fig. 50. Vivendas dun andar con escaleira exterior e corredor
-
Marta Torres Tarrío
Fig. 55. Casas co patamal desenrolado pra dar orixe ó corredor. Galez (Ourense)
-
Diego Puente Gómez
Fig. 56. Casa con corredor en Lobeira (Ourense)
-
Áurea Otero Rodríguez
Fig. 58. Tipos de canzorros
-
Julia Vilaboa García
Fig. 60. Casa con solaina cuberta totalmente de pedra pra convertila en habitación. Arredores de Lalín (Pontevedra)
-
Lidia Vázquez Insua
Fig. 97. Nomencratura do forno: 1, capoeira. 2, chapilé. 3, boca. 4, capela. 5, burato. 6, lareira. 7, fornalleira
-
Heike María Novo Rivas
Fig. 103. Prantas de fornos comunás
-
María Devesa López
Fig. 109. Puzos con peitoril e distintos artiluxios pra tiral-a i-auga
-
Elena Cancelas Rodríguez
Fig. 110. Puzos protexidos con casetas. Os tres inferiores son correntes no norleste da Galiza
-
Nuria Iglesias Cañedo
Fig. 118. Fontes púbricas. As dúas inferiores da esquerda son chamadas “de cabaliño” por teren os canos de pedra; algunhas teñen bebedeiros pró gado
-
Marcos Ferreiro Senín
Fig. 120. Prantas e alzados de santos ou capelas de tipo popular
-
Dolores Gippini Pose
Fig. 125. A moblaxe da cociña: escano, mesa, tallos, cantareiro, mesas de levante, galleiro, claveiras,canizo, maseira e banco
-
Lucía Becoña Lorenzo
Fig. 127. Trebellos da cociña: trasfugueiro, tanazas, foles, abano, trébedes, potes, cazola, cazola das fillós, espeto e burro cocaldeiro dependurado da gramalleira, que cando é de madeira chámase arnelo
-
Alejandro Márquez Sánchez
Fig. 128. Vasixas da cociña: cazola, pucheiros, cazolas, cazolas de tres pés, chiculateira, barreña, tixola das castañas, vaso, forno da bica, cunca e testo prá bica
-
Antía Goicoechea Villar
Fig. 131. Aparellos prá luz. Algúns son de carburo; outros pra aceite e gas. Candís pra pendurar e pra espetar, e faroles. Abaixo, a alcuza do gas e o funil pra encher os aparellos
-
Adrián Orosa Nogueira
Fig. 134. Portairos e cancelas nas paredes de peche das herdades
-
Ana Otero Rodríguez
Fig. 135. Canzorros, bisagra e pechos de cancelas de herdades
-
Lara Allegue Castelao
Fig. 136. Angazos pra coller olgas e cabón pró escamallo
-
Víctor Manuel Calveiro Tato
Fig. 142. Arado con dúas rabizas, da terra de Lalín (Pontevedra)
Fig. 143. Arado con dous tamóns pra xunguir un só animal
-
Cristina Nogueira Vilas
Fig. 145. Variantes de arados: 1, de rabiza con torno. 2, de rabiza composta. 3, con fouziño pra rompel-o monte. 4, con táboas pra soumar. 5, con pasoeiras pró mesmo
-
Guillermo Varela Iglesias
Fig. 147A. Tipos de grades cos soliños correspondentes
-
Santiago Vieites González
Fig. 147B. Tipos de grades cos soliños correspondentes
-
Antonio Sixto Blanco
Fig. 158A. Bitillos pró gado; os de riba son de vergas e os outros de aramio
-
María Viñal González
Fig. 158B. Bitillos pró gado; os de riba son de vergas e os outros de aramio
-
Lucía Sánchez Díaz
Fig. 159. Espantapaxaros de distintos tipos
-
Pedro Garea López
Fig. 163. O mallo e distintos tipos de artellamentos da mangueira e o pírtigo
-
Pablo Díaz Vidal
Fig. 166A. Angazos de madeira e ferro e rodos pra limpar e xuntar o centeo despóis da malla
-
Fernando Suárez Iglesias
Fig. 166B. Angazos de madeira e ferro e rodos pra limpar e xuntar o centeo despóis da malla
-
Adrián Porto Fernández
Fig. 171. Podón e tixeiras de podar, que son empregadas non somentes prás videiras senón pra todalas prantas
-
Silvia Fernández Pérez
Fig. 181. Lagar do viño e a súa nomencratura: 1, lagar. 2, trabe. 3, virxes. 4, fuso. 5, penso
-
Mª. del Carmen Pazos Lago
Fig. 182A. Pota pra faguel-a estila da augardente
-
Alba Velo García
Fig. 182B. Pota pra faguel-a estila da augardente
-
Ángela Chenlo Fernández
Fig. 185A. Estructura dun muiño de aceite en Freixido (A Rúa, Ourense)
-
Sara Del Valle Quintáns
Fig. 185B. Estructura dun muiño de aceite en Freixido (A Rúa, Ourense)
-
Amara González Noia
Fig. 186. Outro tipo de muiño de aceite no lugar de Larouco (Ourense)
-
Isabel Blanco Díaz-Cardama
Fig. 190. Reconstrucción do lagar da fig. 189. Á ezquerda, a chemineia pra quental-a i-auga que se precisa nesta angueira
-
Teresa María Doce Capeáns
Fig. 191. Lagar de aceite en Larouco (Ourense)
-
Alba Corzón Leises
Fig. 196. Fouciñas de varios tipos
-
Maitane Campelo Izquierdo
Fig. 197A. Gadaña e variantes. Corno da pedra e pedra. Martelo e zafra de crabuñar
-
Cayetano García-Bodaño Mariscal de Gante
Fig. 197B. Gadaña e variantes. Corno da pedra e pedra. Martelo e zafra de crabuñar
-
Diego Llorente Bello
Fig. 198. Gallas e forquitas pra movel-a herba
-
Pablo Caamaño Rama
Fig. 202. Corres, loros, aro e vincallo, feitos con ramas de carballo
-
Lorena Delgado Caeiro
Fig. 216A. Máquina de encher os chourizos. A da direita é un sinxelo funil no que se bota o amoado que logo se calca co dedo
-
Lidia Nieves Nieves
Fig. 216B. Máquina de encher os chourizos. A da direita é un sinxelo funil no que se bota o amoado que logo se calca co dedo
-
Eloy Romarís Reimunde
Fig. 222. Estructura dunha colmea e aparellos pra crastar
Fig. 223. Tipos de colmeas, de cortizo e de madeira
-
Lorena Martínez Leboráns
Fig. 225A. Lancha, embarcación especialmente adicada ó emprego do xeito
-
Cristina Torres Quintáns
Fig. 225B. Lancha, embarcación especialmente adicada ó emprego do xeito
-
Julio Sánchez Crespo
Fig. 264. Varios tipos de palangres. Os dous inferiores, máis pequenos, chámanse palangrillos. Empréganse especialmente pró cóngaro
-
Mariña Álvarez Pino
Fig. 300. 1. gadaño; 2, raños de madeira e ferro; 3, sacho; 4, raqueta; 5, cabador, todos iles prá colleita da ameixa;6, gancho e 7, coitelo pra varias castes de mariscos; 8, rapa ou panferra pra percebes e mexilóns; 9, angazos ostreirose 10, tanga, pra collel-as ostras
-
Prudencio García Doval
Fig. 336. Instrumental dunha fábrica de salazón: 1, tina prá salmoira. 2, cabazo. 3, caño, manga e táboa. 4, portadeira. 5, embudo. 6, cubeta. 7, pá. 8, rodo. 9, truel. 10, banco de envarilladora. 11, varillas de madeira e aramio. 12, envarillador. 13, carrillo. 14, mesa de estivadora
-
Fernando Martínez de la Riva
Fig. 340. Instrumental da salazón: 1, mazo. 2, machado. 3, martelo. 4, mazo grande. 5, seición do casco, véndose o xabre ou encaixe do fondo. 6, fondo cos piques e a sinal pra pór as pezas. 7, plancha de fondar. 8, semento. 9, fiola. 10, tablón. 11, gallada. 12, vigueta. 13, barra. 14, antenola. 15, tirante. 16, cadea. 17, macho. 18, tableiro. 19, espichador cos seus malletes
-
Alejandro Montaña Méndez
Fig. 348. Ferramentas do serranchín: 1, tronzador. 2, serra de aire. 3, serra portuguesa. 4, gallas. 5, machado. 6, compás. 7, machada. 8, gato. 9, corda. 10, burro
-
Xosé Xiao Caamaño Viña
Fig. 351. Ferramentas do cubeiro. 1, furador. 2, 4 e 6, aixós. 3, serra de volta. 5, compás. 7, gargaleira. 8, cepillos de volta. 9. galropa. 10. torniqueta. 11, gancho. 12, marra. 13, sufrideira. 14, sufrideira de furar. 15, punzón. 16, gato
-
Silvia Mañá Varela
Fig. 386. Ferramentas de ferreiro; 1 e 2 zafras. 3 e 4 bancos de barrenar
-
Lorena Paredes Pampín
Páx. 19. Tipos de rodas: 1, Lugo. 2, Ourense. 3, Lugo. 4, Bentraces. 5, Xinzo. 6, Loiro. 7, Vilagarcía. 8, Xinzo. 9, Ourense. 10, Vigo. 11, Lobeira. 12, Xinzo. 13, Porriño. 14, Gustei. 15, Pontevedra. 16, Reinante. 17, Caamouco. 18, Vimanzo. 19, Celanova. 20, Santiago
-
Andrea Martínez Ferreira
Páx. 20. Tipos de rodas: 1, Ourense. 2, Lugo. 3, Foxados. 4, Lonia. 5, Bande. 6, Olelas. 7, Barco de V. 8, Lobeira. 9, Lobeira. 10, Bande. 11, Bande. 12, Lobeira. 13, Ortigueira. 14, Vilaselán. 15, A Graña. 16, Melide. 17, Lugo. 18, Mondariz. 19, Xinzo. 20, Allariz
-
Raquel Márquez Laso
Páx. 21. Tipos de rodas: 1, Lobeira. 2, Laza. 3, Gudiña. 4, Gudiña. 5, Laza. 6, Pontedeume. 7, Mezquita. 8, Ourense.9, Ourense. 10, Lobeira. 11, Ourense. 12, Santiago. 13, Santiago. 14, Santiago. 15, Ourense. 16, Padrón. 17, Cordeiro. 18, Silleda. 19, Vilagarcía. 20, Vilagarcía
-
Patricia González Berdullas
Páx. 22. Tipos de rodas: 1, Foxados. 2, Faramello. 3, Ourense. 4, Allariz. 5, Merca. 6, Barbadás. 7, Barbadás. 8, Vilagarcía. 9, Rivadavia. 10, Barbantiño. 11, Ourense. 12, Ourense. 13, Ourense. 14, Rivadavia. 15, Barco de V. 16, Barbadás. 17, Ourense. 18, Ourense. 19, Cenlle. 20, Vigo
-
Begoña García Melchor
Páx. 23. Tipos de rodas: 1, Lugo (I-5). 2, Ourense (I-2). 3, Lugo (I-3). 4, Bentraces (I-4). 5, Lonia (II-4). 6, Lugo-Ourense (I-1). 7, Lobeira (II-8). 8, A Gudiña (III-3). 9, Id. (III-4). 10, Laza (III-5). 11, Lobeira (III-10). 12, Laza (III-2). 13, Bande (II-10). 14, Allariz (II-20). 15, Mondariz (II-18). 16, Verín (Decor. 12). 17, Vilagarcía (III-20). 18, Ourense (IV-13). 19, Vigo (IV-20)
-
Beatriz Romero Canedo
Páx. 24. Tipos de eixos: 1, Lobeira. 2, Santiago. 3, Santiago. 4, Santiago. 5, Verín. 6, Mondariz. 7, Vigo. 8, Xinzo de Limia. 9, Bande. 10, Laza. 11, Montederramo. 12, Carracedo (Gudiña). 13, Castro Caldelas. 14, Maceda. 15, Ourense. 16, Foxados. 17, Ourense. 18, Vigo. 19, Ourense
-
Nerea Sande Ferreiro
Páx. 25. 1, 2, Arteixo. 3, Cardeixón. 4, Ousende. 5, Sur de Galiza. 6, Sur oeste de Ourense. 7, Carracedo
-
Eduardo Pérez Rodríguez
Páx. 26. Tipos de carro: 1, Ourense. 2, Ourense. 3, Lugo. 4, Ourense
-
Pablo Pedraza de la Cuesta
Páx. 27. Tipos de carro: 1, Vigo. 2, Ourense. 3, Guillarei. 4, Noia
-
Jesús Gayoso Criado
Páx. 30. Tipos de carro: 1, Xinzo. 2, Velle. 3, Lobeira. 4, Calvos
-
Óscar Framil Noenlle
Páx. 31. Tipos de carro: 1, Calvos. 2, Mondariz. 3, Olelas
-
Germán Rodríguez García
Páx. 62. O carro e a súa nomenclatura. 1, estadullos ou fungueiros. 2, cheda. 3, soallo. 4, eixo. 5, chumaceira. 6, apeladoiras. 7, tufo. 8, cadea. 9, pecho. 10, cabezallo. 11, chabella. 12, camba. 13, ollal. 14, rella. 15, mion. 16, ferra
-
FONTE HISTORIA DE GALIZA. PUBRICADA BAIXO A DIRECCIÓN DE RAMÓN OTERO PEDRAYO. BUENOS AIRES. EDITORIAL NÓS. 1962. VOLUME II
ETNOGRAFÍA. CULTURA MATERIALI
Fig. 26 Rey Ramos, Julia 4º AFig. 29 Castro García, Estefanía 4º AFig. 30 Asorey Souto, Laura 4º AFig. 31 Pose Méndez, Alberto 4º BFig. 38 Vidal Cacharrón, Alba 4º AFig. 41 Martínez Lorenzo, Javier 4º BFig. 43 Mayer Mayer, Lucas 4º BFig. 46A Astray Barca, Minia 4º AFig. 46B Otero Suárez, Magdalena 4º DFig. 49A Cancela Rodríguez, Alejandro 4º DFig. 49B Novo Domínguez, María 4º BFig. 50 Segura Pensado, Marta 4º BFig. 55 Torres Tarrío, Marta 4º BFig. 56 Puente Gómez, Diego 4º BFig. 58 Otero Rodríguez, Áurea 4º BFig. 60 Vilaboa García, Julia 4º BFig. 97 Vázquez Insua, Lidia 4º BFig. 103 Novo Rivas, Heike María 4º BFig. 109 Devesa López, María 4º DFig. 110 Cancelas Rodríguez, Elena 4º B
II
Fig. 118 Iglesias Cañedo, Nuria 4º DFig. 120 Ferreiro Senín, Marcos 4º DFig. 125 Gippini Pose, Dolores 4º DFig. 127 Becoña Lorenzo, Lucía 4º DFig. 128 Márquez Sánchez, Alejandro 4º DFig. 131 Goicoechea Villar, Antía 4º BFig. 134 Orosa Nogueira, Adrián 4º DFig. 135 Otero Rodríguez, Ana 4º DFig. 136 Allegue Castelao, Lara 4º DFIg. 142-143 Calveiro Tato, Víctor Manuel 4º AFig. 145 Nogueira Vilas, Cristina 4º BFig. 147A Varela Iglesias, Guillermo 4º AFig. 147B Vieites González, Santiago 4º CFig. 158A Sixto Blanco, Antonio 4º CFig. 158B Viñal González, María 4º AFig. 159 Sánchez Díaz, Lucía 4º CFig. 163 Garea López, Pedro 4º DFig. 166A Díaz Vidal, Pablo 4º AFig. 166B Suárez Iglesias, Fernando 4º CFig. 171 Porto Fernández, Adrián 4º BFig. 181 Fernández Pérez, Silvia 4º AFig. 182A Pazos Lago, M.ª del Carmen 4º C
ÍNDICE DE OBRAS DE XAQUÍN LORENZO, INTERPRETADAS POLOS ALUMNOS/ AS DEPLÁSTICA E VISUAL. A NUMERACIÓN É IDÉNTICA Á EMPREGADA NA FONTE DE REFERENCIA
-
Fig. 182B Velo García, Alba 4º AFig. 185A Chenlo Fernández, Ángela 4º DFig. 185B Del Valle Quintáns, Sara 4º AFig. 186 González Noia, Amara 4º AFig. 190 Blanco Díaz-Cardama, Isabel 4º AFig. 191 Doce Capeáns, Teresa María 4º AFig. 196 Corzón Leises, Alba 4º AFig. 197A Campelo Izquierdo, Maitane 4º AFig. 197B García-Bodaño Mariscal de Gante, Cayetano 4º DFig. 198 Llorente Bello, Diego 4º AFig. 202 Caamaño Rama, Pablo 4º AFig. 216A Delgado Caeiro, Lorena 4º CFig. 216B Nieves Nieves, Lidia 4º AFig. 222-223 Romarís Reimunde, Eloy 4º AFig. 225A Martínez Leboráns, Lorena 4º CFig. 225B Torres Quintáns, Cristina 4º BFig. 264 Sánchez Crespo, Julio 4º CFig. 300 Álvarez Pino, Mariña 4º DFig. 336 García Doval, Prudencio 4º AFig. 340 Martínez de la Riva, Fernando 4º A
III
Fig. 348 Montaña Méndez, Alejandro 4º AFig. 351 Caamaño Viña, Xosé Xiao 4º AFig. 386 Mañá Varela, Silvia 4º A
FONTE REVISTA RAIGAME Nº. 9. REVISTA DE ARTE, CULTURA E TRADICIÓNS POPULARES. ESPECIALXAQUÍN LORENZO. DECEMBRO 1999. DEPUTACIÓN DE OURENSE
Páx. 19 Paredes Pampín, Lorena 4º CPáx. 20 Martínez Ferreira, Andrea 4º C Páx. 21 Márquez Laso, Raquel 4º C Páx. 22 González Berdullas, Patricia 4º CPáx. 23 García Melchor, Begoña 4º CPáx. 24 Romero Canedo, Beatriz 4º D Páx. 25 Sande Ferreiro, Nerea 4º DPáx. 26 Pérez Rodríguez, Eduardo 4º DPáx 27 Pedraza de la Cuesta, Pablo 4º DPáx. 30 Gayoso Criado, Jesús 4º CPáx. 31 Framil Noenlle, Óscar 4º C Páx. 62 Rodríguez García, Germán 4º D
-
SUMARIO
AGRADECEMENTOS PÁX. 4
PRESENTACIÓN DE D. ALFONSO ZULUETA DE HAZ,
PRESIDENTE DO CONSELLO DA CULTURA GALEGA PÁX. 5
PRESENTACIÓN DE D. UBALDO RUEDA,
DIRECTOR DO INSTITUTO ROSALÍA DE CASTRO PÁX. 7
LIMIAR PÁX. 9
ILUSTRACIÓNS QUE TEÑEN COMO FONTE
A HISTORIA DE GALIZA
DIRIXIDA POR RAMÓN OTERO PEDRAYO PÁX. 13
ILUSTRACIÓNS QUE TEÑEN COMO FONTE
A REVISTA RAIGAME PÁX. 79
FOTOGRAFÍAS CURSO CUARTO -A- E CUARTO -B- PÁX. 92
FOTOGRAFÍAS CURSO CUARTO -C- E CUARTO -D- PÁX. 93
ÍNDICE DE OBRAS INTERPRETADAS PÁX. 95
SUMARIO PÁX. 97
COLOFÓN PÁX. 98
-
Julia Rey Ramos
Fig. 24 · Tipos de rodas: 1, Foxados. 1, Foxados. 1, Foxados. 1, Foxados. 1, Foxados. 1, Foxados. 1, Foxados. 1, Foxados. 1, Foxados. 1, Foxados.1, Foxados. 1, Foxados. 1, Foxados. 1, Foxados. 1, Foxados.1, Foxados. 1, Foxados. 1, Foxados. 1, Foxados. 1, Foxados.1, Foxados. 1, Foxados. 1, Foxados.
00