Editada coa colaboración de - Sotavento Galicia...SOTAVENTO GALICIA INSTALACIÓNS PARQUE EÓLICO...

17

Transcript of Editada coa colaboración de - Sotavento Galicia...SOTAVENTO GALICIA INSTALACIÓNS PARQUE EÓLICO...

Page 1: Editada coa colaboración de - Sotavento Galicia...SOTAVENTO GALICIA INSTALACIÓNS PARQUE EÓLICO Momán - Xermade (Lugo) Tlf.: 981 44 10 20 Fax: 981 44 10 28 ENDEREZO SOCIAL SOTAVENTO

SOTAVENTO GALICIA

INSTALACIÓNS PARQUE EÓLICO

Momán - Xermade (Lugo)Tlf.: 981 44 10 20Fax: 981 44 10 28

ENDEREZO SOCIAL

SOTAVENTO GALICIA, S. A.Hórreo, 94 entrechán esq. - apdo. 77

15702 Santiago de CompostelaTlf.: 981 56 37 77Fax: 981 57 26 90

www.sotaventogalicia.com

Idea deseño:EQUIPO DIVULGATIVO SOTAVENTO

Realiza:LÚDICA 7

Edita:SOTAVENTO GALICIA

Editada coa colaboración de

PORTADA SOTAVENTO 30/6/06 09:24 Página 1

Page 2: Editada coa colaboración de - Sotavento Galicia...SOTAVENTO GALICIA INSTALACIÓNS PARQUE EÓLICO Momán - Xermade (Lugo) Tlf.: 981 44 10 20 Fax: 981 44 10 28 ENDEREZO SOCIAL SOTAVENTO

Índice

¿QUE É A ENERXÍA? . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 2

O home e a enerxía . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 3

VOLTA Ó PASADO . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 5

Fontes de enerxía tradicionais . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 5

O Sol . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 5

A Biomasa . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 8

O Vento . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 9

A calor da terra . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 12

O mar . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 13

Os ríos . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 15

CONCLUSIÓNS . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 16

maq ENERXIA 30/6/06 08:52 Página 1

Page 3: Editada coa colaboración de - Sotavento Galicia...SOTAVENTO GALICIA INSTALACIÓNS PARQUE EÓLICO Momán - Xermade (Lugo) Tlf.: 981 44 10 20 Fax: 981 44 10 28 ENDEREZO SOCIAL SOTAVENTO

A enerxía é a capacidade dun corpo ou sistema pararealizar un traballo.

Todos sabemos que a Enerxía é necesaria para ofuncionamento de máquinas e mesmo dos seresvivos.

Tamén é coñecido que a enerxía nin se crea nin sedestrúe, senón que se transforma. Sen embargo,posiblemente sexa difícil atopar persoas queexpliquen claramente algo tan estendido e eterno.

“A enerxía é todo aquelo, material ou non,que produce un cambio sobre o que actúa.”

A Lei da Conservación da Enerxía di que esta nonse pode crear nin destruír, non se perde, e candocremos que desaparece só se converteu noutraforma de enerxía.

PAX.

maq ENERXIA 30/6/06 08:52 Página 2

Page 4: Editada coa colaboración de - Sotavento Galicia...SOTAVENTO GALICIA INSTALACIÓNS PARQUE EÓLICO Momán - Xermade (Lugo) Tlf.: 981 44 10 20 Fax: 981 44 10 28 ENDEREZO SOCIAL SOTAVENTO

� Enerxía humana

O primeiro aproveitamentoenerxético utilizado polohome foi a transformacióndos alimentos que inxeríaen forza muscular. Estaenerxía era utilizadadirectamente ouconcentrada en distintasferramentas e utensilios.

PAX.

� Enerxía animal

Coa evolución da civilizacióncomezámo-la domesticación deanimais que, ademais de alimento,nos proporcionaban axuda paratransportar e empurrar novosutensilios de traballo, aforrándonosenerxía e mellorando notablementea nosa calidade de vida.

maq ENERXIA 30/6/06 08:52 Página 3

Page 5: Editada coa colaboración de - Sotavento Galicia...SOTAVENTO GALICIA INSTALACIÓNS PARQUE EÓLICO Momán - Xermade (Lugo) Tlf.: 981 44 10 20 Fax: 981 44 10 28 ENDEREZO SOCIAL SOTAVENTO

� Enerxías fósiles

O paso do tempo propiciou o coñecemento de novas fontes enerxéticas, a biomasade orixe vexetal foi aproveitada como principal fonte de enerxía para producir luze calor. A madeira como recurso enerxético deixou paso coa Revolución Industrialá utilización masiva de fontes non renovables de orixe fósil.

O uso destas supuxo un enorme avance na civilización, permitiu odesenvolvemento tecnolóxico e unha maior comodidade para o home, pero non seprevían as súas consecuencias a longo prazo.

� Enerxías renovables

Na actualidade as fontes de enerxía fósil estanse a esgotar, polo que se buscanoutras alternativas para substituí-lo gas e o petróleo, entre outros. Así é comorexorde a importancia das enerxías renovables, as cales, lonxe de seren un inventoda nosa era, son máis ben un regreso ás raíces enerxéticas, unha volta ó pasadoco coñecemento do futuro.

PAX.

maq ENERXIA 30/6/06 08:52 Página 4

Page 6: Editada coa colaboración de - Sotavento Galicia...SOTAVENTO GALICIA INSTALACIÓNS PARQUE EÓLICO Momán - Xermade (Lugo) Tlf.: 981 44 10 20 Fax: 981 44 10 28 ENDEREZO SOCIAL SOTAVENTO

� O Sol

A enerxía solar pódese empregar de dúas maneiras diferentes.

Como antano fixeron gregos e romanos e tódolos pobos clásicos que oveneraron, pódese utiliza-la enerxía calorífica que nos proporciona, e a enerxíalumínica a través da enerxía electromagnética que posúe.

Así pois, a enerxía solar que chega á superficie terrestre pode ser directamenteaproveitada de dúas formas: como calor nunha superficie ou fluído, ou enforma de enerxía eléctrica.

Tradicionalmente usouse a enerxía solar térmica de forma pasiva mediante aconstrucción adecuada das casas que adaptaban a súa situación óaproveitamento óptimo da enerxía do sol.

PAX.

maq ENERXIA 30/6/06 08:52 Página 5

Page 7: Editada coa colaboración de - Sotavento Galicia...SOTAVENTO GALICIA INSTALACIÓNS PARQUE EÓLICO Momán - Xermade (Lugo) Tlf.: 981 44 10 20 Fax: 981 44 10 28 ENDEREZO SOCIAL SOTAVENTO

Actualmente, as casas intelixentes teñen amplas ventás orientadas cara ó sur paraquenta-lo interior no inverno e unhas persianas deseñadas para xerar un espaciorefrixerado no interior en verán, todo sen gasto de enerxía eléctrica ou fósil para quentarou arrefriar. É un exemplo da chamada arquitectura bioclimática.

PAX

.

Ventilador, Saída de calor, Bufarda,

Depósitos de auga, Espacio solar, Brisa,

Persianas pechadas, Sol, Respiradoiro

REFRIXERACIÓN SOLAR PASIVA

QUECEMENTO SOLAR PASIVO

Inverno

Verán

Muro de formigón groso, Bufarda,

Illamento, Depósitos de auga para

almacenamento de calor, Espacio

solar, Persianas abertas, Sol

maq ENERXIA 30/6/06 08:52 Página 6

Page 8: Editada coa colaboración de - Sotavento Galicia...SOTAVENTO GALICIA INSTALACIÓNS PARQUE EÓLICO Momán - Xermade (Lugo) Tlf.: 981 44 10 20 Fax: 981 44 10 28 ENDEREZO SOCIAL SOTAVENTO

A enerxía solar térmica baséase na transformación daradiación solar en enerxía térmica cando incide sobreunha superficie absorbente.

A enerxía térmica producida pode ser transferida asuperficies, obxectos ou fluídos como a auga ou o aire através dun captador solar que transforma parte daradiación solar que chega á súa superficie en enerxíaútil. Para que a enerxía captada non se escape,interponse entre o sol e a superficie absorvedora outrasuperficie transparente á radiación solar, vidro porexemplo, pero que non o sexa á radiación infravermellaemitida pola superficie absorbedora creando un efectoinvernadoiro.

A enerxía solar fotovoltaica baséase na conversióndirecta das radiacións electromagnéticas procedentesdo sol en electricidade en corrente continua.

Esta conversión prodúcese gracias ó efecto fotoeléctricoque ten lugar ó incidir esta radiación sobre un materialsemiconductor como pode se-lo silicio.

O elemento principal dun sistema de enerxíafotovoltaica é a célula fotoeléctrica. Dópase conimpurezas como o boro e o fósforo, que introducennunhas zonas un exceso de ocos ou cargas positivas enoutras un exceso de electróns dentro do material,desde a zona con exceso de electróns, o polo negativo,á zona con exceso de ocos, polo positivo, xerandocorrente continua.

PAX.

maq ENERXIA 30/6/06 08:52 Página 7

Page 9: Editada coa colaboración de - Sotavento Galicia...SOTAVENTO GALICIA INSTALACIÓNS PARQUE EÓLICO Momán - Xermade (Lugo) Tlf.: 981 44 10 20 Fax: 981 44 10 28 ENDEREZO SOCIAL SOTAVENTO

� A biomasa

Os nosos antepasadosdescubriron que, usando equeimando madeira, podíanobter calor. O descubrimento dolume supuxo un dos maioresachados da humanidade,poderíase incluso afirmar quefoi o primeiro paso nunha viaxeque levou ó homínido a seconverter en home.

A madeira é considerada como o combustible máis antigo dentro da biomasa. Peroademais de madeira, hai outros combustibles como as follas, tonas e residuos orgánicos,que tamén poden ser utilizados para producir enerxía. Se os queimamos en fornos oucaldeiras pode obterse, ademais de calor, electricidade.

PAX

.

Utilizan a calor como fontede transformación dabiomasa.

Está centrada en biomasaseca, como a palla e amadeira.

A combustión: é aoxidación completa da bio-masa polo osíxeno do aire.

Libera simplemente auga egas carbónico, e pode servirpara a calefaccióndoméstica e para aproducción de calorindustrial.

A pirólise: é a combustiónincompleta da biomasa enausencia de osíxeno.

Utilízase desde hai moitotempo para producir carbónvexetal. Emite un gas dedébil poder calorífico, quepode servir para accionarmotores diesel, ou paraproducir electricidade, eincluso para movervehículos.

MÉTODOS TERMOQUÍMICOS

maq ENERXIA 30/6/06 08:52 Página 8

Page 10: Editada coa colaboración de - Sotavento Galicia...SOTAVENTO GALICIA INSTALACIÓNS PARQUE EÓLICO Momán - Xermade (Lugo) Tlf.: 981 44 10 20 Fax: 981 44 10 28 ENDEREZO SOCIAL SOTAVENTO

� O vento

Os exipcios xa utilizaban o vento para move-los barcoscon velas hai 5000 anos. O vento foi un recurso moiaproveitado, pola enerxía cinética que posúe, endistintas civilizacións. Un dos usos máis estendidosforon os muíños. Os máis antigos servían para moergran, eran de eixe vertical e foron utilizados polospersas no século I a.c.

A enerxía eólica herdou a sabedoría tradicional esoubo adaptala á moderna tecnoloxía actual.

Un aeroxerador consta dun sistema mecánico paratransforma-la enerxía cinética do vento en forzamecánica que á súa vez se converta logo en enerxíaeléctrica mediante un xerador. Este sistema procededos tradicionais muíños fariñeiros.

PAX

.

Reproducción dun barco exípcio (130 a.C.)

Muíño Persa (I a.C.)

maq ENERXIA 30/6/06 08:52 Página 9

Page 11: Editada coa colaboración de - Sotavento Galicia...SOTAVENTO GALICIA INSTALACIÓNS PARQUE EÓLICO Momán - Xermade (Lugo) Tlf.: 981 44 10 20 Fax: 981 44 10 28 ENDEREZO SOCIAL SOTAVENTO

PAX

.

Así mesmo, posúen tamén unsistema de orientación, uncatavento e un anemómetro,para aproveitar de formaóptima o vento.

En tempos pasados facíase manualmente tras observaraqueles instrumentos de medición tan curiosos comoeran os buzios portugueses, unhas vasillas de barro nasque entraba o vento e emitían un asubío que indicaba ósmuiñeiros a velocidade, a dirección e incluso a humidadedo vento.

Muíño de Catoira (Pontevedra):Considerado único da súatipoloxía en Europa. Aproveitabaperfectamente os ventosdominantes galegos (NE y SO).As pas non permitían regulaciónante distintas velocidades dovento (paso fixo).

Muíño tradicional de velade orixe portuguesa depaso variable ubicado enLaxe (A Coruña). Permitíaadapta-lo velamen á forzado vento.

maq ENERXIA 30/6/06 08:52 Página 10

Page 12: Editada coa colaboración de - Sotavento Galicia...SOTAVENTO GALICIA INSTALACIÓNS PARQUE EÓLICO Momán - Xermade (Lugo) Tlf.: 981 44 10 20 Fax: 981 44 10 28 ENDEREZO SOCIAL SOTAVENTO

PAX.

AEROXERADOR DE PASO VARIABLE

Todo se basea na tradición, a enerxía eólica foi recollida nos seus diferentes usos porvelas ou aspas. As pas independentemente do modelo ou tipo de aeroxerador, eixevertical ou eixe horizontal, son o primeiro contacto co vento, as encargadas de recolle-lasúa forza para transformala en enerxía útil. Actualmente temos aeroxeradores de pasofixo, é dicir, as pas son estáticas, e de paso variable, onde as pas poden varia-la súainclinación para aproveitar mellor o vento, como antigamente se facía ó soltar ourecolle-lo velame de muíños e barcos.

“A enerxía eólica en España, e sobretodo en Galicia, viviu un

desenvolvemento tecnolóxico poucohabitual desde os anos 80. Neste

momento, da enerxía xerada en Galiciaun 15% é eólica.”

maq ENERXIA 30/6/06 08:52 Página 11

Page 13: Editada coa colaboración de - Sotavento Galicia...SOTAVENTO GALICIA INSTALACIÓNS PARQUE EÓLICO Momán - Xermade (Lugo) Tlf.: 981 44 10 20 Fax: 981 44 10 28 ENDEREZO SOCIAL SOTAVENTO

PAX.

� A calor da terra

A construcción de edificios termais foi introducida en Italia no S.II a.C, procedente do mundo grego. As Termas eran lugarespúblicos destinados ó baño de tres salas, coas súascorrespondentes piscinas, unha de auga fría, outra temperada eunha de auga quente. O sistema polo que se quentaban os chanschamábase hipocaustum, que consistía nunha cámarasubterránea baixo o chan das estancias que necesitaban calorpolo que circulaba o aire quente que proviña dos fornos.

As perforacións modernas nos sistemas xeotérmicos acadanreservas de auga e de vapor, quentados por magma. O vaporpurifícase na boca do pozo antes de ser transportado en tubosgrandes e illados ata as turbinas. A enerxía xeotérmica podeobterse tamén a partir de geiseres e de fendas.

A explotación desta fonte de enerxía realízase perforando ochan e extraendo a auga quente.

Se a súa temperatura é suficientemente alta, a auga sairá enforma de vapor e poderase aproveitar para accionar unhaturbina.

A auga xeotémica utilizada é posteriormente devolta a inxecciónó pozo cara á reserva para ser requentada, para mante-lapresión e para sustenta-la reserva. A enerxía xeotérmica é unhaalternativa ante o esgotamento dos recursos convencionais eunha achega importante para soluciona-los problemas deenerxía, abrindo unha posibilidade dun futuro mellor para todos.

maq ENERXIA 30/6/06 08:52 Página 12

Page 14: Editada coa colaboración de - Sotavento Galicia...SOTAVENTO GALICIA INSTALACIÓNS PARQUE EÓLICO Momán - Xermade (Lugo) Tlf.: 981 44 10 20 Fax: 981 44 10 28 ENDEREZO SOCIAL SOTAVENTO

� O mar

As correntes mariñas e o fluxo e refluxo do mar foi econtinúa a ser moi importante para a navegación. Nopasado eran estes movementos, xunto co vento osque levaban os barcos ó seu destino. Co paso dotempo, o home comezou a utilización da forza motrizdo mar para move-los chamados muíños de marea.

A data de construcción dos primeiros muíños demarea remóntase ó século XI en Inglaterra, e co pasodo tempo vai estendéndose este tipo de construccióncara ó sur ata chegar a Portugal, onde tamén foronabundantes.

PAX.

Tras enchelo durante a

preamar, en baixamar ábrese

o chorro e o muíño comeza a

funcionar

ESQUEMA DE MUÍÑO MAREAL

maq ENERXIA 30/6/06 08:52 Página 13

Page 15: Editada coa colaboración de - Sotavento Galicia...SOTAVENTO GALICIA INSTALACIÓNS PARQUE EÓLICO Momán - Xermade (Lugo) Tlf.: 981 44 10 20 Fax: 981 44 10 28 ENDEREZO SOCIAL SOTAVENTO

Actualmente a ondada do mar e as mareas, asícomo a diferencia de temperaturas entre ascorrentes mariñas profundas e superficiais, sonnovas alternativas á demanda actual de enerxía.

PAX.

A xeración mediante boias nasudas é undos puntos de investigación da enerxíamariña.

As boias están abertas pola parte inferior,cando as ondas penetran nelas o aire queconteñen é expulsalo e é este o queacciona un pequeno xerador eléctrico.

Sen embargo, é a enerxía mareomotrizpropiamente dita a que saca un maiorrendemento do mar, xa que aproveita omovemento das mareas para mover unhasturbinas, estratexicamente situadas, paraxerar corrente eléctrica.

Esquema de centralmareotérmica

Esquema dunhaboia nasuda

Central mareomotrize esquemas dassúas turbinas

maq ENERXIA 30/6/06 08:52 Página 14

Page 16: Editada coa colaboración de - Sotavento Galicia...SOTAVENTO GALICIA INSTALACIÓNS PARQUE EÓLICO Momán - Xermade (Lugo) Tlf.: 981 44 10 20 Fax: 981 44 10 28 ENDEREZO SOCIAL SOTAVENTO

� Os ríos

Durante moito tempo a economía galega xirouarredor do millo. A maioría dos muíños estánsituados nas ribeiras dos ríos. A enerxía potencialda auga conseguía move-las rodas queaccionaban os mecanismos do muíño.

No plano social, o muíño converteuse en lugar dereunión, sobre todo dos máis novos, que enchíanos tempos de espera con bailes e cantos.

Na actualidade, a enerxía hidroeléctrica é un dos grandes potenciais enerxéticos cos quecontamos, e de onde extraemos gran parte da producción eléctrica que consumimos. Aenerxía hidráulica é o aproveitamento da enerxía cinética e potencial da auga enmovemento para xerar corrente eléctrica.

Sen embargo, regresamos de novo á tradición en canto ás dimensións destas centrais.Téndese a crear centrais máis pequenas, minicentrais, e a situalas aproveitando os saltosnaturais do río para minimiza-lo impacto medioambiental e outros problemas derivadosdas grandes cosntruccións hidráulicas.

A potencia instalada nas minihidráulicas non supera os 10 Mw.

En Galicia existen numerosas instalacións deste tipo aproveitando os numerosos cursosde auga da Comunidade.

PAX.

maq ENERXIA 30/6/06 08:52 Página 15

Page 17: Editada coa colaboración de - Sotavento Galicia...SOTAVENTO GALICIA INSTALACIÓNS PARQUE EÓLICO Momán - Xermade (Lugo) Tlf.: 981 44 10 20 Fax: 981 44 10 28 ENDEREZO SOCIAL SOTAVENTO

A enerxía foi sempre empregada polo home na súa evoluciónata os nosos días.

As fontes enerxéticas variaron segundo as condiciónssocioculturais do momento histórico, foi un progresivodesenvolvemento que facilitou as tarefas ó ser humano na súavida cotiá.

A historia, segundo os seus estudiosos, é cíclica; a enerxía éunha parte moi importante da historia da humanidade e, comose expuxo na comparativa anterior, esta tamén é cíclica. Poristo, podemos dicir que volvemos ás orixes enerxéticas.

As enerxías renovables son a alternativa de futuro ante oesgotamento das reservas fósiles e ante un alarmante aumentode contaminación no planeta.

A pesar disto, non foi a nosa era a inventora destas fontes, omérito dos nosos tempos é o seu desenvolvemento para unaproveitamento óptimo daquelas que sempre acompañaron alonga viaxe do home. Resolvéronse os problemas eperfeccionáronse técnicas e mecanismos tradicionais.

É de sabios mirar ó pasado, aceptar e aprender das súasgrandes descubertas e corrixir e mellora-los seus erros.

PAX.

maq ENERXIA 30/6/06 08:52 Página 16