Editorial Día do Apicultor - apiculturagalega.es · gancho electoral. Mais este non é só ... por...

12
. . Os problemas das abellas son os problemas do Medio Ambiente . Nun medio ambiente enfermo non pode haber abellas sas. . As abellas son sentinelas do medio ambiente… Estas on frases que agora están de moda, e sónchevos ben certas. A varroa, os pesticidas, a Ves- pa velutina ou tártago asiático ou de patas amarelas, o cambio climático, a globalización etc. están estragando o medio e as abellas sufrindo as conse- cuencias. Pasamos dun 10 % de mor- taldade anual antes do ano 1994 a un 40-50 % na actualidade. A situación ben se pode cualificar de dramática para as abellas e outros insectos po- linizadores, e o comportamento hu- mano é o responsable. Arranxar os problemas das abellas implica arranxar os proble- mas do medio pero non vemos a clase política moi concienciada con estes problemas, pois apenas se tra- tan. Se cadra, non deben ter moito gancho electoral. Mais este non é só o problema das abellas, este é o problema tamén dos humanos, da nosa saúde e incluso da nosa propia supervivencia. Hai moito que facer neste campo. Entrementres, desde AGA podemos ir poñendo algúns parches. Neste ano 2017 teremos que loitar duro contra a enorme expansión do tártago asiático (Vespa velutina), teremos que formar os asociados tanto neste campo coma na repro- dución de abellas dada a alta necesi- dade de repoñer as baixas. Agora, máis que nunca, AGA é un instrumento imprescindible para defendermos este sector tan apaixo- nante nun intre tan delicado. As abe- llas, que é o noso, precisan da nosa acción e unión. Bo ano 2017! Día do Apicultor Editorial SÁBADO, 11 DE FEBREIRO DE 2017, EN ARZÚA Como en pasados anos desde AGA organízase o Día do Apicultor en Arzúa, o 11 de febreiro. Este ano, e seguindo a esencia desta celebración, conta- remos con distintas firmas de material apícola que nos presenta- rán as últimas innovacións para o sector. Deste xeito, contamos cunha firma relativa a material apícola, proveniente de Polonia, e tamén coa representación da novidosa colmea «Auto-Frame», da que tivemos coñecemento hai pouco tempo. Por outro lado, contaremos con interesantes char- las sobre cuestións interesantes para o noso sector. Outra novidade é que as charlas terán lugar pola mañá e tamén pola tarde, non se pechará a mediodía para que os interesados e as interesadas teñan tempo de facer as compras que desexen. APIEXPO (TODO O DÍA) Inovacións para o sector apícola: Apitienda, Auto-Frame, Anel... POLA MAÑA: CHARLAS, DEBATE E ASEMBLEA 10.00 H. Manexo de colmeas sen tratamentos Xosé Manuel Durán, técnico da asociación APEGA (produtores ecolóxicos) e socio de AGA 11.00 H. Situación actual da velutina e axudas Laura García Sáez, asesora Xurídica de AGA . Regulación da problemática. Quen ten competencia no tema? . Axudas actuais e futuras 12.00 H. Mesa redonda - Vespa velutina, ou tártago asiático, métodos de protección das colmeas “Experiencias coa harpa eléctrica”. Integrantes: Ramiro Freire, Óscar Abad, Diéter Boisits, e máis José María Bello. 13.00 H. Asemblea xeral de AGA POLA TARDE: CHARLAS 16.00 H. Tratamento de doenzas coa picada da abella José Castro, apiterapeuta 16.30 H. Conclusiones sobre o Programa “STOP VelutinaSandra Rojas Nossa, investigadora 17.00 H. Apuntes para tramitar as axudas do Plan Apícola 2017 Gonzalo Calvo, veterinario de AGA

Transcript of Editorial Día do Apicultor - apiculturagalega.es · gancho electoral. Mais este non é só ... por...

Page 1: Editorial Día do Apicultor - apiculturagalega.es · gancho electoral. Mais este non é só ... por unidade. Por proposta dalgún ... A información proporciónase a través de .

. .

Os problemas das abellas son os problemas do Medio Ambiente. Nun medio ambiente enfermo non pode haber abellas sas. . As abellas son sentinelas do medio ambiente… Estas on frases que agora están de moda, e sónchevos ben certas. A varroa, os pesticidas, a Ves-pa velutina ou tártago asiático ou de patas amarelas, o cambio climático, a globalización etc. están estragando o medio e as abellas sufrindo as conse-cuencias. Pasamos dun 10 % de mor-taldade anual antes do ano 1994 a un 40-50 % na actualidade. A situación ben se pode cualificar de dramática para as abellas e outros insectos po-linizadores, e o comportamento hu-mano é o responsable. Arranxar os problemas das abellas implica arranxar os proble-mas do medio pero non vemos a clase política moi concienciada con estes problemas, pois apenas se tra-tan. Se cadra, non deben ter moito gancho electoral. Mais este non é só o problema das abellas, este é o problema tamén dos humanos, da nosa saúde e incluso da nosa propia supervivencia. Hai moito que facer neste campo. Entrementres, desde AGA podemos ir poñendo algúns parches. Neste ano 2017 teremos que loitar duro contra a enorme expansión do tártago asiático (Vespa velutina), teremos que formar os asociados tanto neste campo coma na repro-dución de abellas dada a alta necesi-dade de repoñer as baixas. Agora, máis que nunca, AGA é un instrumento imprescindible para defendermos este sector tan apaixo-nante nun intre tan delicado. As abe-llas, que é o noso, precisan da nosa acción e unión.

Bo ano 2017!

Día do ApicultorEditorialSÁBADO, 11 DE FEBREIRO DE 2017, EN ARZÚA

Como en pasados anos desde AGA organízase o Día do Apicultor en Arzúa, o 11 de febreiro. Este ano, e seguindo a esencia desta celebración, conta-remos con distintas firmas de material apícola que nos presenta-rán as últimas innovacións para o sector. Deste xeito, contamos cunha firma relativa a material apícola, proveniente de Polonia, e tamén coa representación da novidosa colmea «Auto-Frame», da que tivemos coñecemento hai pouco tempo. Por outro lado, contaremos con interesantes char-las sobre cuestións interesantes para o noso sector. Outra novidade é que as charlas terán lugar pola mañá e tamén pola tarde, non se pechará a mediodía para que os interesados e as interesadas teñan tempo de facer as compras que desexen.

APIEXPO (TODO O DÍA)

Inovacións para o sector apícola: Apitienda, Auto-Frame, Anel...

POLA MAÑA: CHARLAS, DEBATE E ASEMBLEA

10.00 H. Manexo de colmeas sen tratamentosXosé Manuel Durán, técnico da asociación APEGA (produtores ecolóxicos) e socio de AGA11.00 H. Situación actual da velutina e axudasLaura García Sáez, asesora Xurídica de AGA . Regulación da problemática. Quen ten competencia no tema? . Axudas actuais e futuras12.00 H. Mesa redonda- Vespa velutina, ou tártago asiático, métodos de protección das colmeas “Experiencias coa harpa eléctrica”. Integrantes: Ramiro Freire, Óscar Abad, Diéter Boisits, e máis José María Bello.13.00 H. Asemblea xeral de AGA

POLA TARDE: CHARLAS

16.00 H. Tratamento de doenzas coa picada da abellaJosé Castro, apiterapeuta16.30 H. Conclusiones sobre o Programa “STOP Velutina” Sandra Rojas Nossa, investigadora17.00 H. Apuntes para tramitar as axudas do Plan Apícola 2017Gonzalo Calvo, veterinario de AGA

Page 2: Editorial Día do Apicultor - apiculturagalega.es · gancho electoral. Mais este non é só ... por unidade. Por proposta dalgún ... A información proporciónase a través de .

XESTIÓNS QUE SE PODEN REALIZAR O DÍA DO APICULTOR

Orde do día:1. Lectura e aprobación da acta anterior, de proceder2. Relatorio de actividades e contas do ano 20163. Programa e orzamento para o ano 20174. Asuntos por aprobar: póliza de seguros5. Rogos e preguntas

ASEMBLEA XERAL DE AGA 2017

Conforme se establece nos Estatutos de AGA, con-vócase formalmente aos socios e ás socias de AGA á celebración da Asemblea Xeral anual ordinaria, que terá lugar o día 11 de febreiro, ás 13 horas, en Arzúa, no salón de actos da asociación de veciños.

Novidades en materiais na tenda Erica Mel

A nosa tenda de materiais en Arzúa preten-de ofrecer, sobre todo, equipamento novidoso, sen entrar en competencia coas casas comerciais.Para o ano 2017, teremos materiais de Anel coma en anos anteriores, coa novidade de alimentadores transpa-rentes de superficie que evitarán moitas visitas ao interior das colmeas, medias alzas de plástico etc. Tamén temos á venda colmeas despezadas de críptomeria, que é unha madeira moi liviá, co que as colmeas pesan moi pouco, e parece que son moi duradeiras. Tanto o Día do Apicultor coma durante a Mostra teremos firmas invitadas que presenten novidades. No Día do Apicultor teremos Apitienda con materiais da firma Lyson, de Polonia, que ofre-cerá equipos para o procesado do mel adaptados a pequenas e grandes explotacións e a bo prezo. Tamén teremos a colmea Auto-Frame, que non precisa equipo para extraer o mel, para que poidades vela e facer preguntas de funcionamento. E se alguén quere probar tamén a poderá adquirir a baixo prezo.

Venda de cera Coma sempre, podedes traer a vosa cera para intercambiala por láminas ou vendela.

Póliza de seguro O seguro que temos coa compañía Mapfre cobre responsabilidade civil, defensa, roubo, incen-dios, vandalismo. A valoración da colmea é de 72 € por unidade. Por proposta dalgún de vosoutros es-tamos negociando a ampliación desta valoración en-tre 100 e 120 €, o cal tamén suporá unha subida do que haberá que pagar por colmea, que antes era de 1 € por unidade. Levaremos este tema a Asemblea de AGA para tomar unha resolución neste sentido. Esta póliza caduca o día 7 de febreiro e, polo tanto, xa a podedes renovar avisando en AGA do número de colmeas para asegurar que deberá coin-cidir coas que aparecen no Caderno de rexistro apí-cola. O Día do Apicultor poderedes facer este labor.

Pagamentos da cera do Plan Apícola 2016 Xa sabedes que os que mercastes cera polo Plan apícola deste ano, AGA abona 2 € por quilo de láminas. Para a devolución dos cartos adoptouse a fórmula de devolver por ingreso en conta aos que se lles pagou máis de 100 €. Aos que se lles paga menos de 100 € deberán pasar por AGA para co-brar en efectivo, pero isto podédelo facer o Día do Apicultor en Arzúa. Non se fai o ingreso por con-ta porque os gastos bancarios xa levarían unha boa parte do montante.

PROPOSTA DE AGA ANTE A PROBLEMÁTICA DA CERA

A cera que estamos utilizando os abelleiros encareceuse moito nos últimos anos e por encima temos as analíticas dicíndonos que están moi contaminadas. Ante esta situación temos algunhas alternativas:

1ª) Os pequenos abelleiros poden optar por colocar nos cadros unha pequena tira de cera na cima, e logo que as abellas fagan os seus panais; podemos axudalas cun alimento azucrado a base de glicosa. 2ª) Estampar a cera propia. Se temos máis de 200 quilos de cera cocida podemos acudir a un estam-pador para elaborar as propias láminas; de levarmos boa cera cocida de opérculos teremos boas láminas. 3ª) Utilizar panais de plástico, coa prevención de darlles un baño de cera de opérculos. Este sistema xa o están utilizando bastantes abelleiros, con resultados satisfactorios, sobre todo en colmeas potentes. Tamén podemos colaborar para que estiren alimentando con xarope.

AGA informa

Page 3: Editorial Día do Apicultor - apiculturagalega.es · gancho electoral. Mais este non é só ... por unidade. Por proposta dalgún ... A información proporciónase a través de .

.

Programa de AGA 2017

INFORMACIÓN

Diario de 10 a 14 e de 16 a 18 h. A información proporciónase a través de . Circulares apícolas, enviadas vía email e colgadas tamén na páxina web de AGA, onde se pode atopar outra información e a actualidade apícola . Correo Apícola, vía correo postal ordinario. En Facebook de AGA aparecen tamén distintas noticias e novidades apícolas.

FORMACIÓN

Proporciónase a través dos cursos de ini-ciación e monográficos, e a celebración de distintas xornadas. Está previsto impartir : CURSOS - 20 cursos de apicultura gratis para os so-cios de AGA e 50 euros para os non socios. - 4 cursos monográficos sobre reprodución do apiario, para pagar polas persoas asistentes.

Nota: Calquera socia ou socio que queira organizar un curso na súa zona que se poña en con-tacto connosco canto antes e sempre antes do 20 de febreiro. En posteriores comunicacións xa informa-remos do programa de formación, que terá lugar en abril, maio e xuño, para que poidades participar. Tamén vos poderedes informar na nosa web: www.apiculturagalega.es ou no Facebook de AGA.

XORNADAS . Día do Apicultor, en Arzúa, o día 11 de febreiro. . A 32ª Mostra Galega de Apicultura, en Arzúa, o día 4 de xuño.. Día da Abella o día 20 de maio, dedicado ao Pro-grama «Stop Velutina» coas DAGAs.

ASESORAMENTO TÉCNICO

Diario de 10 a 14 e de 16 a 18 h.. Servizos veterinarios: formación e intervención no tratamento subvencionado polo Plan Apícola. Asesoría xurídica en materia apícola (obrigas le-gais e administrativas da apicultura), asesoramento e tramitación de subvencións, contacto e representa-ción dos socios perante as administracións (Conse-llería do Medio Rural, oficinas agrarias, Parlamento...)

SERVIZOS

. Xestión do Plan Apícola 2017. Novidade: inclu-sión de subvención para trampas e atraentes, para alimentar as colmeas e para enxames, do xeito ex-posto na páxina seguinte.. En materia de seguros: unha póliza para as col-meas das socias e socios de AGA. En canto ao se-guro do 112: unha póliza de responsabilidade civil e outra de accidentes. En canto ao seguro da velutina, unha póliza de responsabilidade civil e outra de ac-cidentes.. Viaxe apícola anual. Convenio 112 para a retirada dos enxames igual que o ano 2016. Actividades das DAGAs. Asociacionismo, actividades de AGA dentro de Bee Life (pesticidas neonicotinoides), CODACC (control Vespa velutina), AFCA (organización de congresos), Consello Regulador de Mel de Galicia (eleccións 2017), Plataforma Fumigacións NON (prohibición neonicotinoides, glifosato etc), Asocia-ción Rede de Museos Apícolas.

A DAGA-OURENSE PARTICIPARÁ NO SALÓN XANTAR

Dentro das actividades do salón XANTAR (Salón internacional de Turismo Gastronómico) que terá lugar en Ourense os días 1, 2, 3, 4 e 5 de febreiro do 2017, a DAGA-Ourense contará cun stand informativo e tamén organizará unhas Xorna-das Apícolas que terán lugar os días 4 e 5. O programa completo e a forma de aceder os socios e socias de AGA para participar nas xornadas darémolo a coñecer mediante a nosa web (www.apicultu-ragalega.es), mediante o facebook de AGA e tamén por medio dunha circular que se enviará por e-mail os próximos días .

Page 4: Editorial Día do Apicultor - apiculturagalega.es · gancho electoral. Mais este non é só ... por unidade. Por proposta dalgún ... A información proporciónase a través de .

Plan Apícola 2017

OLLO!!!NOTA INFORMATIVA SOBRE OS CORREOS ELECTRÓNICOS Recentemente soubemos que moitos de vos non estades recibin-do os correos electrónicos que AGA envía cunha periodicidade aproxi-mada de un correo/mes. Por isto, queremos lembrarvos a posibilidade que tedes de con-figurar o voso correo pondo o enderezo de AGA ([email protected] ou ben [email protected], pero sobre todo a primeira) como un dos vosos contactos, para que así os recibades ben e non vaian ás carpetas de spam, correo non desexado... E así a información chegue ao seu destino. Tamén estamos comprobando que algún correo debe estar mal, os que non recibades ningún correo nos próximos 15 días chamade a AGA para ver que pasa. Grazas!

NOVIDADES PLAN APÍCOLA 2017 Parece ser que desenrolar unha liña de axu-das específica para paliar as perdas ocasionadas pola velutina, actualmente, suporía un traballo que as Ad-ministracións tardarían tempo en facer. Xa que a ve-lutina non espera, entre tanto, xurdiu a posibilidade de introducir estas axudas como unha das liñas da subvención do Plan Apícola 2017, que quedaría do seguinte xeito: O financiamento das perdas ocasionadas nas colmeas pola velutina, vaise introducir nunha liña do Plan Apícola chamada “Apoio á repoboación apí-cola” e vai consistir na subvención de enxamios que sustitúan as colmeas perdidas por esta causa. Dahí a importancia de reflexar as baixas no censo apícola que se faga este ano antes do 1 de Marzo. En canto a prioridade que debería ter esta liña de financiamento, e tras o debate mantido na último reunión do Consello Apícola o 17 de decem-bro, chégase a conclusión de que a reposición de enxamios debería ir en cuarto posto, é dicir, despois da liña da cera e do alimento, tan necesario tamén para reforzar as colmenas despois dun ano tan duro como foi o 2016. Deste xeito, as liñas que reivindica AGA para o Plan Apícola de 2017 quedarían así: 1) Tratamento contra a Varroa, e como no-vidade, subvenciónanse tamen trampas e atraíntes para a velutina. 2) A contratación dos técnicos que xestio-nen o Plan, un deles o veterinario. 3) Sobrealimentación e renovación da cera.

4) Apoio á repoboación apícola, é dicir, re-posición de baixas con enxames autóctonos. O resto das liñas quedarían igual en principio, é dicir, en último lugar as liñas sobre a trashumancia.

OLLO!! RENOVACIÓN DO CENSO APÍCOLA Entre o 1 de xaneiro e o 1 de marzo de 2017 hai que facer a renovación do censo de colmeas na correspondente oficina agraria. É moi importante fa-cer constar as baixas pola Vespa Velutina para poder reclamar indemnizacións polas perdas; do contrario, resulta complicado xa que non hai un método mellor para avaliar os danos desta especie invasora.AVISO DA CONVOCATORIA DO PLAN APÍCOLA 2017 AGA enviará unha circular apícola (en pa-pel) aos seus soci@s, para informar da subvención, dos seus requisitos e documentos que teñen que fa-cerse chegar a Asociación, no mesmo momento da sua convocatoria. Parece que a mesma está prevista para finais de febreiro, principios de marzo, tamén nos indican que vai ter bastantes cambios respecto o dos anos anteriores.COMPRAS A TRAVÉS DO PLAN APÍCOLA

Advertimos que todos os productos que se compren e que queiran ser subvencionados polo Plan Apícola (por ex. alimento para as abellas, lá-minas de cera, fondos de rede, ou os núcleos para reposición de enxamios), deben ir acompañados do correspondente albarán. No caso de que finalmente sexan subvencionados, será necesario que dito ven-dedor emita a correspondente factura legal.

Page 5: Editorial Día do Apicultor - apiculturagalega.es · gancho electoral. Mais este non é só ... por unidade. Por proposta dalgún ... A información proporciónase a través de .

Relatorio de actividades de AGA realizadas en 2016

APITURISMO

Fixéronse reunións en Lobios, Maceda, Sece-da (O Courel).

CONVENIOS Co 112 para a recollida de enxames.

VIAXE A Granada. VIII Congreso Nacional. Asem-blea AFCA.

REUNIÓNS MANTIDAS POR AGA

. Reunión cos grupos políticos do parlamento galego Desde AGA mantivemos varias reunións cos representantes dos distintos partidos políticos, para tratar algúns asuntos de interese: . VESPA VELUTINA — En referencia ao tártago asiático (Vespa velutina), AGA formulou unha serie de cuestións para que os grupos políticos as trasladasen á Comi-sión de Agricultura: · Que a competencia para a xestión da loita contra a velutina sexa asumida por un único orga-nismo especializado no tema que arrecade todos os coñecementos e métodos de loita. · Que fixe un orzamento especial onde se establezan unhas primeiras axudas que permitan paliar as perdas económicas dos sectores apícola e agrícola afectados por esta problemática. · Que deseñe un plan de trampeo prima-veral masivo e serio (pois a batalla hai que dala de febreiro a xuño), acordado coas asociacións de api-cultores de Galicia. · Que verifique a utilidade e funcionalidade de Tragsa no combate desta especie invasora. · Poñer en marcha accións de colaboración coas universidades e centros de investigación para impulsar a investigación necesaria coa que atopar medios de control da Vespa velutina. · Desenvolver accións formativas en todos os concellos para preparar os apicultores e as insti-tucións locais, dado que se trata dunha especie coa que haberá que convivir.

Na actualidade somos máis de 1.700 socios.Douscentos cincuenta novos neste último ano.

INFORMACIÓN E ASESORAMENTO

Diario de 10 a 14 e de 16 a 18 h. A información proporciónase a través das circu-lares apícolas, enviadas vía email e colgadas tamén na páxina web de AGA, onde se pode atopar outra información e a actualidade apícola. . Correo Apícola, vía correo postal ordinario.. En Facebook de AGA aparecen tamén distintas noticias e novidades apícolas.

FORMACIÓN

Proporciónase a través dos cursos de inicia-ción e monográficos e a celebración de distintas xor-nadas. Impartíronse quince cursos de iniciación e catro cursos de especialización: dous cría de raíñas e selec-ción con Marcos Varela, un de reprodución con Apila-rouco e un máis coa nosa socia Fina sobre cosmética.

XORNADAS. Día do Apicultor, en Arzúa, o día 20 de febreiro. . A 31ª Mostra Galega de Apicultura, en Arzúa, o día 4 de xuño.. Día da Abella, o día 20 de maio, en Allariz.. Colaboración nas Xornadas Internacionais sobre a Vespa velutina os pasados 1 e 2 de setembro, en Lugo. . Viaxe ao Parlamento Europeo xunto coa CO-DACC (Confederación en Defensa da Abella na Cornixa Cantábrica).. Participación na Feira de Torrelavega (Canta-bria) onde tamén fixemos a Asemblea xeral da CODACC.

SERVIZOS . Xestión do Plan apícola 2016, para máis de 50.000 colmeas dos asociados e das asociadas.. En materia de seguros, unha póliza para as col-meas dos socios e socias de AGA. En canto ao se-guro do 112: unha póliza de responsabilidade civil e outra de accidentes.Para o seguro da velutina, unha póliza de responsa-bilidade civil e outra de accidentes.

ASOCIACIONISMO

Participación en Bee Life (pesticidas), CO-DACC (Vespa velutina). AFCA (congresos), IXP-Mel de Galicia (control de calidade e promoción), Fumiga-cións non (glifosato), Rede de Museos de Apicultura.

Page 6: Editorial Día do Apicultor - apiculturagalega.es · gancho electoral. Mais este non é só ... por unidade. Por proposta dalgún ... A información proporciónase a través de .

Relatorio de actividades de AGA realizadas en 2016 . OUTROS — O glifosato: o grupo do PSOE de com-prometerse a non botalo nas beiras das estradas. Lembramos este compromiso e parece que están dispostos a mantelo. — Co asunto do oso, reclamamos maior ce-leridade no cobramento das axudas. — A xestión dos lumes en Galicia. Ampliar os labores de limpeza de camiños e montes é unha boa medida para reducir os lumes en Galicia e non só limitarse aos meses do verán. Deste xeito, tamén se evita a necesidade de botar glifosato nas beiras das estradas. — Que se facilite o asentamento de apiarios en montes públicos. . LEI APÍCOLA Proxecto de lei apícola para Galicia. A lexisla-ción existente sobre a materia, isto é, o Real Decreto 209/2002, do 22 de febreiro, polo que se establecen normas de ordenación das explotacións apícolas, e mais o Real Decreto 1049/2003, polo que se aproba a norma de calidade relativa ao mel, a nivel estatal, xunto co Decreto 339/2009, do 11 de Xuño, sobre ordenación sanitaria e zootécnica das explotacións apícolas en Galicia, ocúpanse da apicultura profesio-nal, enfocada a citada normativa ás distancias entre os asentamentos, aos requisitos administrativos e ás obrigas legais. É dicir, regulan o aspecto produtivo da apicultura, esquecendo a súa protección como un dos oficios tradicionais de Galicia. Xunto a isto, é certo que a dispersión normativa existente, estatal e mais autonómica, non permite fixar un réxime de protección para a apicultura uniforme e único, que dea seguridade á actividade.

Desde AGA queremos facer saber que des-de o noso sector se percibe a necesidade dun cam-bio normativo, por un lado, que permita fixar una regulación uniforme de todos os aspectos da apicul-tura e, por outro, que recolla tamén a protección da pequena e mediana apicultura, como oficio e tradi-ción do noso país, destacando o seu valor ambiental.

SUBVENCIÓNS DO ANO 2016

AGA informou de distintas subvencións: . LUMES Convocouse unha subvención en setembro de 2016 para financiar as perdas ocasionadas po-los lumes ocurridos no mes de agosto e setembro de 2016. Financiaronse as colmeas perdidas (100 euros/colmea) e a adquisición de alimento para o apoio das colmeas restantes. . PASTORES ELÉCTRICOS Esta subvención financiou a adquisisción de pastores eléctricos para a protección do colmear frente ao oso. Foi convocada tamén en setembro. . DEPUTACIÓN DA CORUÑA Esta subvención serve para financiar as ac-tividades do Día do Apicultor, así como a Mostra Galega de Apicultura, . FINANCIAMENTO DOS GRUPOS OPERATIVOS Dentro do programa stop velutina.

EDICIÓN DO CURSO DE APICULTURA Esta publicación é un manual de formación e información en apicultura.

DAGAs

As DAGAs tamén desenvolveron un inten-so labor apícola nas súas demarcacións.

DENTRO DO PROGRAMA «STOP VESPA VELUTINA» Desenvolvéronse 28 actividades e formou-se tamén un grupo operativo para a innovación na loita contra a velutina. A actividade de AGA neste sentido consis-tiu en: - Compra e distribución de 3.000 trampas véto-pharma, 10.000 atraentes (150 botellas de 1 litro) e kits para investigación. - Unha parte da investigación foi desenvolvi-da pola compañeira Sandra Rojas Nossa, co propó-sito de determinar cales son as mellores trampas e atraentes na loita contra a velutina. A conclusión foi véto-pharma para ambas, e o resultado deste tra-ballo fíxose chegar xa á Consellería do Medio Ru-ral, para que a teña en conta na compra das novas trampas que ten previstas para a primavera de 2017.

Page 7: Editorial Día do Apicultor - apiculturagalega.es · gancho electoral. Mais este non é só ... por unidade. Por proposta dalgún ... A información proporciónase a través de .

Relatorio de actividades de AGA realizadas en 2016

ETIQUETAXE

Tanto a Coordinadora de Organizacións Agrarias e Gandeiras (COAG) coma o Sindicato Labrego Galego (SLG) e a Asociación Galega de Apicultura (AGA) levamos tempo denunciando a falta de transparencia que posibilita a aplicación da Directiva 2001/110/CE do mel en España, e agora modificada pola Directiva 2014/63/UE, xa que per-mite aos operadores, por exemplo, etiquetar meles de fóra da UE como «mestura de meles UE-non UE» (en casos de adición de pequenas cantidades de mel europeo ás mesturas), sen indicar os paí-ses nos que os meles foron recollidos, ou etiquetar como «mestura de meles non UE», sen indicar se o mel comercializado provén de China ou de Ucraína. Isto vai en contra do establecido no Regulamento da UE Nº 1169/2011 do Parlamento Europeo e do Consello, sobre a información alimentaria facilitada ao consumidor, xa que as lendas admitidas pola di-rectiva inducen a confusión aos consumidores, que, aínda que queiran, son incapaces de identificar a ori-xe do mel que adquiren. A situación resulta cada vez máis preocupan-te porque as importacións provenientes de tercei-ros países son crecentes e porque as rutas polas que ingresan no noso país son cada vez máis complexas. Por todo iso, solicitamos que a consellería do Medio Rural inste o Goberno central a que apro-veite a oportunidade que supón a modificación do Real Decreto 1049/2003, do 1 de agosto, polo que se aproba a norma de calidade relativa ao mel, (así como a súa posterior modificación, o RD 473/2015), para introducir un cambio normativo na nosa lexis-lación, similar ao introducido en 2006 na lexislación italiana, que lles permita aos nosos apicultores dife-renciar as súas producións fronte ás doutros países e aos consumidores a orixe dos meles que consomen.

IXP MEL DE GALICIA

En segundo lugar, queremos tamén mencio-nar a problemática existente coa lexislación sobre a IXP Mel de Galicia, que establece no seu Regula-mento a imposibilidade de mencionar a orixe rexio-nal do mel no caso de non estar adheridos a esta indicación xeográfica protexida. Ao noso parecer, consideramos que aínda que a IXP Mel de Galicia supón unha protección da orixe dos nosos meles, iso non pode supoñer unha limitación para o resto da apicultura, que beneficia-ríase de facer indicación ao lugar de produción e recollida do mel, e que non supón ningún prexuízo para a IXP Mel de Galicia. De feito, neste mesmo sentido, a Directiva 2001/110/CE, do 20 de decem-bro de 2001, relativa ao mel, establece a posibilidade de completar a denominación de venda “mel” con indicacións que fagan referencia a: “a) a súa orixe floral ou vexetal, b) á orixe rexional, territorial o to-pográfico...”. Por todo iso, consideramos que debe facer-se un cambio na lexislación do mel neste sentido, que permita a coherencia entre as dúas normas. Debemos sinalar tamén a recente posibilida-de da IXP Mel de Galicia de dar cabida nela produto-res/as primarios de mel, co aboamento de ambas as cotas, correspondentes a produtores e envasadores. Este ano 2017 está previsto realizar eleccións ao Consello Regulador.

Page 8: Editorial Día do Apicultor - apiculturagalega.es · gancho electoral. Mais este non é só ... por unidade. Por proposta dalgún ... A información proporciónase a través de .

VESPA VELUTINA

Como coñecela e controlalaA quen afecta? Afecta os ecosistemas, reduce a biodiversidade, dado que é unha gran devoradora de insectos polinizadores. Causa prexuízos económicos para os sectores apícola e froiteiro, pois cazan moitas abellas para alimen-to das larvas e roen froitas para alimento dos adultos.Problemas para a seguridade cidadá. Moitos dos niños avistados están en casas ou medios urbanos e repre-sentan un problema para toda a cidadanía polo risco de picadas. Os traballadores forestais son potencialmente afectados, xa que ao cortaren unha árbore onde haxa un niño non avistado é un perigo real que xa causou bos sustos. Os cazadores e en xeral distintas persoas usuarias do monte corren o risco de ser picados por estes insectos.

Posibles confusións Pódese confundir co tártago europeo, Vespa crabro, que caza tamén abellas, forman niños e familias moito máis pequenas que as do tártago asiático e é menos perigoso para as colmeas. O asiático incluso é un pouco máis pequeno e ten o tórax negro, e a principal diferenza é que a velutina ten as patas completamente amarelas e o europeo non. Malia pertencer ao xénero Vespa, realmente non é unha avespa, senón un avesporón ou un nesprón. De aí que nunha parte de Galicia se coñeza como tártago.

Ciclo biolóxico No inverno as raíñas hibernan, individualmente ou en grupos pequenos, en cavidades protexidas (codias de árbores, penas, paredes...). Na primavera actívanse co bo tempo (marzo-xuño), fundan niños primarios. Cada raíña funda un niño. No verán, de xuño a outubro, forman niños secundarios. Ata 12-15.000 individuos por colonia. Finalmente no outono, de outubro a decembro, as raíñas abandonan o niño e buscan cavidades protexi-das para hibernar. O niño baléirase e desaparece.

Métodos de control durante o ano . PRIMAVERA: Colocación intensiva de trampas para capturar raíñas fundadoras. Fundadora que capture-mos niño que evitamos. . VERÁN: Destruír os niños avistados, sobre todo aqueles que poden afectar a seguridade cidadá. . OUTONO: Captura de raíñas coa colocación de trampas.

Niños de Vespa velutina Son de celulosa, os favos son horizontais, 8-10, esféricos ou piriformes, de ata case 1 m de diámetro (70 x 90 cm). Xeralmente cunha soa entrada lateral, de 1,5 cm e protexida por celulosa, situada inicialmente na parte de abaixo. Poden estar en árbores, silveiras, lugares cubertos, en paredes, casas…

Dieta do tártago asiático Para alimentar as crías: entre o 40 e o 80 % do seu alimento preferido son abellas. Cólleas, córtalles as ás, as patas, a cabeza e o abdome para levar o tórax ao niño.Tamén poden levar carne e peixe para o niño.Para alimentar os adultos: os adultos só comen produto azucrado (vexetal).

Ataques sobre as abellas Un ataque intensivo debilita as colmeas e pode afectar a entrada de pole, co que causa mortaldade e en-fermidades na cría. Dous tártagos na biqueira perturban a colmea pero a actividade mantense. De tres a cinco hai unha forte perturbación, máis de cinco hai risco de supervivencia para as colmeas.

Que facer ante a presenza da Vespa velutina? Se avistamos un niño, chamar ao 112. Se se con-firma a velutina ou tártago de patas amarelas, chamar ao 012, que son os encargados de eliminalos.

Trampeo de raíñas na primavera Trampear en zonas próximas a apiarios e onde se teña detectado a velutina.. Tipo de trampa: caseiras ou comerciais. . Tipo de atraente: caseiros ou comerciais. Caseiros: viño branco e cervexa ao 50 % con restos de cera vella e algún tártago e algo de zume de arandos. A trampa débese colgar a unha certa altura do chan (1,5 m). Colocala nun sitio soleado e resgardado do vento. Colocar trampas preto dos apiarios na pro-porción de 1 trampa cando hai ata 10 colmeas, 2 ata 25 colmeas, 3 ata 50 colmeas e 4 con máis de 50 colmeas. A cantidade de atraente que se debe empregar será de entre 100-150 ml e será renovado ou recebado cada 7-15 días.

VESPA VELUTINA, TÁRTAGO ASIÁTICO, TÁRTAGO DE PATAS AMARELAS

Page 9: Editorial Día do Apicultor - apiculturagalega.es · gancho electoral. Mais este non é só ... por unidade. Por proposta dalgún ... A información proporciónase a través de .

Costa de San Marcos, 715890 Santiago de CompostelaTel.: 981 508 142E.mail:[email protected]

Nome e apelidos:

Enderezo: C.P.:

Poboación:

Provincia: Tel.:

Nº de colmeas: D.N.I.:

E-mail:

Pagos: xiro postal, talón bancario.Transferencia a AGA: A B A N C A . I B A N : E S 0 2 2 0 8 0 0 3 4 8 3 8 3 0 0 0 0 1 8 2 1 0

ACTIVIDADES Información Correo apícola, páxina web Formación Xornadas, cursos, viaxes Asesoramento Diario na sede de AGA Asesoría xurídica Diario na sede de AGA Comercialización “DAS MIÑAS COLMEAS” Outros servizos Xestión do PLAN APÍCOLA Póliza de seguros colectiva Material e utensilios apícolas

Nome do asociado/a

Banco ou Caixa

Sucursal enderezo da sucursal

Nº de conta (IBAN)*

Titular da conta

Sr./a Director/a do Banco ou Caixa Rógolle que tome nota, ata novo aviso, de cargar na miña conta con esa entidade os recibos que ao meu nome sexan presentados para cobro pola Asociación Galega de Apicultura, AGA SinaturaEnviar á sede de AGA:

Costa de San Marcos, 7. 15890 Santiago de CompostelaTel.: 981 508 142

*O Nº IBAN empeza por ES e vai seguido de 22 díxitos

Page 10: Editorial Día do Apicultor - apiculturagalega.es · gancho electoral. Mais este non é só ... por unidade. Por proposta dalgún ... A información proporciónase a través de .

ERICA MEL SCGFeira Nova. Santa María s/n15819 Arzúa. A CoruñaTels.: 981 508 142 - 630 069 [email protected]

INSCRICIÓN COMO SOCIO/A DE ERICA MEL

ACTIVIDADES

. Comercialización das producións dos socios

. Etiquetado persoalizado coa marca “Das miñas colmeas”. Departamento de I+D: meles enriquecidos. Reciclado de cera de calidade. Aprovisionamento de materiais e utensilios apícolas. Fondos sanitarios. Produtos alternativos contra a varroa

Page 11: Editorial Día do Apicultor - apiculturagalega.es · gancho electoral. Mais este non é só ... por unidade. Por proposta dalgún ... A información proporciónase a través de .
Page 12: Editorial Día do Apicultor - apiculturagalega.es · gancho electoral. Mais este non é só ... por unidade. Por proposta dalgún ... A información proporciónase a través de .

EVOLUCIÓN DO SECTOR APÍCOLA EN GALICIA Neste cadro podedes ver como evolucionou o sector en Galicia, pasando de 88.800 colmeas no ano 2010 a 150.471 a finais do ano 2016, o cal quere decir que unha boa morea de xente nova se incor-porou a apicultura e tamén que moitos abelleiros e abelleiras se están profesionalizando e incrementan-do o número de colmeas, sobre todo na provincia de Ourense. Fora de todos os atrancos que que están a sufrir as nosas abellas, tanto estes datos coma a crecente demanda dos extraordinarios produtos das abellas por parte dos consumidores, permítennos ser optimistas en canto ao futuro do noso sector.

Fonte: Xunta de Galicia, Consellería do Medio Rural

2010 Nº asentamentos Nº colmeas2010 4.952 88.8002011 5.501 88.5942012 5.303 93.0212013 5.638 105.7612014 6.119 116.6532015 6.159 120.0682016 6.827 146.4082016 (setembro) 7.371 150.471