EEI FERNÁNDEZ VARELA - edu.xunta.gal · BENVIDOS Á ESCOLA FERNANDEZ VARELA… Pretendemos que,...

23
EEI FERNÁNDEZ VARELA A POBRA DO CARAMIÑAL RÚA CASTELAO 3 TEL:981 830708 FAX: 981830708 WEB: www.edu.xunta.es/centros/eeifernandezvarela MAIL: [email protected] BLOG BIBLIOTECA: http://bibliofv.blogspot.com https://www.facebook.com/anpa.fernandezvarela

Transcript of EEI FERNÁNDEZ VARELA - edu.xunta.gal · BENVIDOS Á ESCOLA FERNANDEZ VARELA… Pretendemos que,...

Page 1: EEI FERNÁNDEZ VARELA - edu.xunta.gal · BENVIDOS Á ESCOLA FERNANDEZ VARELA… Pretendemos que, esta escola que acabades de elixir para o voso fillo, e na que pasará parte dos seu

EEI FERNÁNDEZ VARELA A POBRA DO CARAMIÑAL

RÚA CASTELAO 3

TEL:981 830708

FAX: 981830708

WEB: www.edu.xunta.es/centros/eeifernandezvarela

MAIL: [email protected]

BLOG BIBLIOTECA: http://bibliofv.blogspot.com

https://www.facebook.com/anpa.fernandezvarela

Page 2: EEI FERNÁNDEZ VARELA - edu.xunta.gal · BENVIDOS Á ESCOLA FERNANDEZ VARELA… Pretendemos que, esta escola que acabades de elixir para o voso fillo, e na que pasará parte dos seu

BENVIDOS Á ESCOLA FERNANDEZ VARELA…

Pretendemos que, esta escola que acabades de elixir para o voso fillo, e na que pasará parte dos seu primeiros e mais importantes anos, sexa un lugar onde se pensa, discute e traballa tratando de reconciliar o que se sabe co que non se sabe, as dificultades, os erros, as expectativas, os éxitos, as dúbidas e os problemas de elección.

Neste caderno tedes algunhas das liñas básicas do funcionamento da escola… pero non esquezades que as portas sempre están abertas ás vosas dúbidas, suxestións e comentarios que contribuían a enriquecer a labor educativa da comunidade…

Saúdos e benvidos de novo!!!!

Page 3: EEI FERNÁNDEZ VARELA - edu.xunta.gal · BENVIDOS Á ESCOLA FERNANDEZ VARELA… Pretendemos que, esta escola que acabades de elixir para o voso fillo, e na que pasará parte dos seu
Page 4: EEI FERNÁNDEZ VARELA - edu.xunta.gal · BENVIDOS Á ESCOLA FERNANDEZ VARELA… Pretendemos que, esta escola que acabades de elixir para o voso fillo, e na que pasará parte dos seu

CARTA DUN NENO A TODOS OS PAIS DO MUNDO

NON me des todo o que che pida. Ás veces sómente che pido para ver canto podo coller.

NON me berres. Respéctote menos cando o fas e ensínasme a berrar a min tamén, e eu non quero facelo.

NON me des sempre ordes. Se en vez de ordes ás veces me pedises as cousas eu faríao máis rápido e máis a gusto.

Cumpre as promesas, boas ou malas. Se me prometes un premio dámo, pero tamén se é un castigo.

NON me compares con ninguén, especialmente co meu irmán ou irmá. Se ti me fas lucir mellor que os demais, alguén vai sufrir, e se me fas lucir peor que os demais, serei eu

quen sufra.

Déixame valerme por min mesmo. Se o fas todo por min, eu nunca poderei aprender.

NON digas mentiras diante de min, nin me pidas que as diga por ti, aínda que sexa para sacarte dun apuro.Fasme sentir mal e perder a fé no que me dis.

Cando estes equivocado en algo, admíteo e medrará a opinión que teño de ti, e ensinarasme a admitir os meus erros tamén.

Trátame coa mesma amabilidade e cordialidade coa que tratas aos teus amigos/as, xa que porque sexamos familia, iso non quere dicir que non poidamos ser amigos tamén.

Intenta ser coherente co que dis e fas. Cando che conte un problema meu NON me digas: “NON teño tempo para bobadas”, ou, “Iso non ten importancia”. Trata de

comprenderme e axudarme.

Quéreme e dimo. A min gústame oírcho dicir, aínda que ti non creas necesario dicirmo.

EN DIFINITIVA, fala comigo, o diálogo entre nós é o máis importante.

Page 5: EEI FERNÁNDEZ VARELA - edu.xunta.gal · BENVIDOS Á ESCOLA FERNANDEZ VARELA… Pretendemos que, esta escola que acabades de elixir para o voso fillo, e na que pasará parte dos seu

A ESCOLA QUE NON QUEREMOS…

Page 6: EEI FERNÁNDEZ VARELA - edu.xunta.gal · BENVIDOS Á ESCOLA FERNANDEZ VARELA… Pretendemos que, esta escola que acabades de elixir para o voso fillo, e na que pasará parte dos seu

AS NOSAS METAS A finalidade educativa do centro é dar resposta as necesidades educativas dos cativos:

aproveitando os recursos a nosa disposición; deseñando e desenvolvendo medidas de atención á diversidade; estimulando a participación do conxunto da comunidade educativa a través do

Consello escolar; perfeccionándonos dia a dia para mellorar a Calidade da Escola.

OBXECTIVOS DO PROCESO DE ENSINANZA

Traballar por unha escola inclusiva que acolla á diversidade coma un factor enriquecedor e un recurso do proceso de ensinanza- aprendizaxe.

Crear un clima de afecto e confianza que favoreza a conquista da autonomía persoal e o goce.

Espertar, afianzar, consolidar nos rapaces o gusto pola escola. Potenciar o desenvolvemento integral dos nenos desde un enfoque humanista,

democrático e baseada na educación emocional e na concepción da persoa como un todo con diferentes capacidades- intelixencias (Gardner) que merecen ser todos potenciados e respectados.

Integrar as novas tecnoloxías no proceso de ensinanza- aprendizaxe. Utilizar o contorno próximo e o día a día dos rapaces como punto de partida e de

encontro. NOS ORGANIZAMOS…

1.-O equipo docente está formado por: 8 Especialistas de Educación Infantil, 1 Especialista en Lingua e 1 Mestra de

Relixión Católica, 1 Especialista de Audición e Linguaxe que ademais de traballar individualmente cos

nenos con algunha dificultade lingüística, imparte sesións de Estimulación da Linguaxe a cada grupo.

1 Especialista de Pedagoxía Terapéutica, compartida coa escolas unitarias da zona, para traballar cos nenos con necesidades específicas e desenvolver no 6ª nivel, O COGEST, programa de estimulación dos procesos cognitivos.

1 Orientadora que apoia e orienta o labor do profesorado e das familias para dar unha resposta axeitada ás necesidades do alumnado.

2.- O espazo. As aulas

Tanto as dependencias como o mobiliario, así como o material en xeral,está adaptado ás necesidades do noso alumnado, garantindo a súa seguridade e benestar.

Distribución do espazo: Dúas aulas por nivel.

Page 7: EEI FERNÁNDEZ VARELA - edu.xunta.gal · BENVIDOS Á ESCOLA FERNANDEZ VARELA… Pretendemos que, esta escola que acabades de elixir para o voso fillo, e na que pasará parte dos seu

“DESENVOLVER AS SÚAS CAPACIDADES…

Page 8: EEI FERNÁNDEZ VARELA - edu.xunta.gal · BENVIDOS Á ESCOLA FERNANDEZ VARELA… Pretendemos que, esta escola que acabades de elixir para o voso fillo, e na que pasará parte dos seu

Aula de psicomotricidade e actividades culturais de todo o alumnado conxuntamente (teatro, proxeccións, representacións, etc).

Biblioteca e aula de novas tecnoloxías. Aula de Informática. Aula de plástica/inglés. Aula de Audición e Linguaxe Aula de Pedagoxía Terapéutica Aula para cursos e xuntanzas de adultos. Patio de recreo aberto con area cuberta e areeiro.

Aseos con sanitarios e piletas e adaptados ás medidas dos cativos.

Sala de mestras e despachos en espazo compartido.

Comedor.

3-Os horarios

A escola ten un horario fixo durante todo o curso (de setembro a xuño) de 9:30h. a

14:30h, cun tempo a media mañá para tomar unha pequena merenda antes do recreo.

Este horario ten que respectarse, tanto á hora da entrada como a da saída por razóns pedagóxicas e de organización.

As portas do centro péchanse 10 minutos despois da entrada. Os nenos que cheguen tarde entrarán pola porta de diante e cubrirán o xustificante que se lle entregará en conserxería.

4.- Servizos

MADRUGADORES: Todos aqueles rapaces que por cuestións familiares necesiten

entrar na escola con anterioridade ao horario escolar, poden facelo nas condicións que no seu

caso se indicarán.

TRANSPORTE: Existe ademais un servizo de transporte gratuíto, establecido pola

Consellería de Educación, que trae e leva aos cativos en horario escolar.

COMEDOR: O comedor, xestionado pola ANPA e servido mediante Catering por

un restaurante de la zona, está aberto a todos os rapaces que o precisen. O horario é de 14:30h.

as 16:30h.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES: Cada ano a ANPA organiza e xestiona unha serie

de actividades para os nenos da escola. O horario é de 16:30h. a 17:30h. no caso de

desenvolverse dentro do recinto escolar; e en diferente horario segundo o organismo co que se

realice o concerto. (piscina, polideportivo, etc.)

Page 9: EEI FERNÁNDEZ VARELA - edu.xunta.gal · BENVIDOS Á ESCOLA FERNANDEZ VARELA… Pretendemos que, esta escola que acabades de elixir para o voso fillo, e na que pasará parte dos seu

TRABALLAMOS POR PROXECTOS…

Page 10: EEI FERNÁNDEZ VARELA - edu.xunta.gal · BENVIDOS Á ESCOLA FERNANDEZ VARELA… Pretendemos que, esta escola que acabades de elixir para o voso fillo, e na que pasará parte dos seu

O MÉTODO DE PROXECTOS:

Na nosa escola o método de traballo que desenvolvemos é por PROXECTOS: investigamos sobre un tema concreto implicando a nenos, familias, mestres e todos os recursos ao noso alcance; levamos á escola situacións da vida real que impliquen a resolución de problemas.

Así, o alumno reestrutura os seus esquemas mentais adaptando o que xa sabe, o que aprende e o que quere saber. Deste xeito propoñeranse tarefas e retos que o inciten a mobilizar os seus coñecementos e habilidades.

O traballo estrutúrase do seguinte xeito: A) Actividades iniciais

o Conversa ou asemblea sobre o tema da unidade a tratar, actividade riquísima para practicar a linguaxe verbal.

o Lectura e interpretación de imaxes: libros, murais, fotografías, debuxos… o Realización de actividades impresas de traballo individual. o Realización de actividades de grupo, de presentación de elementos novos da

unidade ou para adquirir aprendizaxes e pautas do traballo cooperativo. o Realización de notas de aviso ás familias pedindo a súa colaboración.

B) Actividades de desenvolvemento o Asembleas para observar as estratexias que usan para acadar os fins. o Confección e elaboración de material propio como recurso didáctico. o Actividades de investigación por parte dos alumnos, indagando e recadando

información, resaltando a axuda das familias para aportar ao grupo aula. o Realización de exercicios e xogos de vivenciación corporal e interiorización de

conceptos e sensacións a través do corpo. o Actividades de manipulación e experimentación, de adquisición de pautas de

comportamento e conceptos de lóxica- matemática. o Actividades de linguaxe oral e lectoescritura, a través de contos, adiviñas e

poesías, chegando a elaborar as súas propias creacións o Práctica de actividades plásticas mediante emprego de técnicas e útiles propios

desta arte.

C) Actividades finais o Volvemos botar man de asembleas para observar aos nosos alumnos acerca dos

aprendizaxes adquiridos durante a unidade. o Realizan actividades de representación de distintos roles e ocupacións. o Actividade impresas de certa complicación para observar como se desenvolven en

actividades individuais nos aprendizaxes adquiridos durante a unidade. o Elaboración de murais, contos, pequenos poemas… expresión dos coñecementos

adquiridos. o Actividades individuais e grupais para reforzar conceptos..

Page 11: EEI FERNÁNDEZ VARELA - edu.xunta.gal · BENVIDOS Á ESCOLA FERNANDEZ VARELA… Pretendemos que, esta escola que acabades de elixir para o voso fillo, e na que pasará parte dos seu
Page 12: EEI FERNÁNDEZ VARELA - edu.xunta.gal · BENVIDOS Á ESCOLA FERNANDEZ VARELA… Pretendemos que, esta escola que acabades de elixir para o voso fillo, e na que pasará parte dos seu

O ENSINO E APRENDIZAXE DA LECTOESCRITURA DESDE UN ENFOQUE CONSTRUCTIVISTA:

De que partimos? o Cando os cativos chegan á escola, xa veñen de interatuar co significado da lingua

escrita: nos carteis das rúas, nas etiquetas do produtos que consumen, na publicidade, etc. o Os nenos teñen un papel activo porque elaboran hipóteses mentais a cerca da

lectura e a escritura. o Pódense escribir e ler textos antes de dominar o código alfabético. o Comezamos polo proceso da escritura porque ao escribir prodúcese unha

reflexión sobre a lingua escrita. o Usamos textos “reais”: cartas, instrucións de xogo, receitas, noticias… porque

teñen valor funcional, porque o mellor xeito de aprender é lendo e escribindo textos interesantes, de calidade, que teñan sentido para os cativos.

Porque ler non é decodificar. Ler e interatuar cun texto. Porque escribir non é codificar. A escritura dáse cando hai intención comunicativa. Por iso é preciso plantexar na aula situacións de lectura e escritura con funcionalidade,

darlles á lectura e á escritura o seu uso social.

Así, ensinar a ler e escribir consistirá en propiciar que os nenos e as nenas avancen no dominio da linguaxe escrita, que sexan cada vez mellores produtores e intérpretes de textos de diferentes tipos, con distintas funcións e distintas propiedades.

E como o facemos na escola? Aproveitando calquera situación para escribir: unha carta, un aviso aos pais, unha

noticia, o que aprendemos, un cartel… ou mesmo comunicar o que sentimos e pensamos.

Lendo en voz alta… textos literarios… Porque foron escritos para ser lidos, interpretados, comentados, criticados,

sentidos… Cando alguén le en voz alta, os suxeitos que escoitan están lendo a través da

súa voz, mediatizada polo texto. É unha das situacións máis significativas do ensino da lectura.

Usando letras maiúsculas: É mais fácil percibilas por separado e distinguilas unhas de outras. Son mais fáciles de trazar para os nenos de 3 e 4 anos.

LER PARA: MEDRAR, TRANSGREDIR, ESCOITAR, CREAR UN MUNDO INTERIOR, BUSCARSE EN SI MESMOS, CREAR, RELACIONARSE COA ARTE, DESCUBRIR AS CLAVES DA VIDA, POBOAR O IMAXINARIO.

Page 13: EEI FERNÁNDEZ VARELA - edu.xunta.gal · BENVIDOS Á ESCOLA FERNANDEZ VARELA… Pretendemos que, esta escola que acabades de elixir para o voso fillo, e na que pasará parte dos seu

FUNDAMENTAL O DESENVOLVEMENTO DA SÚA AUTONOMIA…

Page 14: EEI FERNÁNDEZ VARELA - edu.xunta.gal · BENVIDOS Á ESCOLA FERNANDEZ VARELA… Pretendemos que, esta escola que acabades de elixir para o voso fillo, e na que pasará parte dos seu

ADAPTACIÓN DO NENO Á ESCOLA

Os primeiros días do neno na escola son importantísimos para a súa posterior

vinculación. Polo tanto debemos coidar ao máximo a súa entrada neste novo

mundo.

Para facilitar este proceso de adaptación…:

A decisión de escolarización debe ser clara, consciente e firme.

A incorporación debe ser gradual, en función do propio ritmo e

resposta do neno.

Acompañádeo con actitude alegre e positiva, sen angustias nin medos.

Mellor collidos da man que no colo.

Non forzar ao neno nin a que xogue nin a que se relacione.

Para que o cativo teña un coñecemento previo da escola, durante o

mes de xuño organizamos unha actividade de primeiro contacto.

Durante o mes de setembro os rapaces de 3 anos terán un horario

especial, adaptado ao seu ritmo e que iremos ampliando paulatinamente.

A Titora terá todo preparado ao comezo de curso para que se sinta

contento na nova situación e en compaña doutros rapaces. Xunto con eles descubrirá

novas experiencias, vivirá novas relacións e xogos e, en definitiva, irá perfilando a súa

personalidade independente, activa, autónoma e segura.

Page 15: EEI FERNÁNDEZ VARELA - edu.xunta.gal · BENVIDOS Á ESCOLA FERNANDEZ VARELA… Pretendemos que, esta escola que acabades de elixir para o voso fillo, e na que pasará parte dos seu

A PARTICIPACIÓN DA FAMILIA NA ESCOLA

1.-Co neno:

A etapa de Educación Infantil é a máis importante de cara á formación da

personalidade dos rapaces , e un dos principais ámbitos onde esta se consolida é na

familia. Como lle podemos axudar?

Unha das dificultades máis grandes cando mamá e papá queren “educar” ao seu

fillo é a de poñer normas, pero á vez é moi importante. Como podemos facelo?

Page 16: EEI FERNÁNDEZ VARELA - edu.xunta.gal · BENVIDOS Á ESCOLA FERNANDEZ VARELA… Pretendemos que, esta escola que acabades de elixir para o voso fillo, e na que pasará parte dos seu

2.-Na aula.

Colaborando no desenvolvemento dos proxectos na medida que se solicite.

Buscando con eles a información que se solicita, AXUNDANDOLLES no

desenvolvemento das tarefas que se lles encomenda.

Falando asiduamente coa titora, coméntalle as túas preocupacións e/ou

dúbidas… os comentarios fora da escola non favorecen a ninguén…

Cando queiras traballar co teu fillo pregunta á titora… ela orientarache…

3.-Na escola.

Participa nas eleccións dos vosos representantes cada dous anos e

animádevos a representar a outros pais.

Participade no Consello Escolar, máximo órgano de goberno que decide a

admisión de alumnos, horarios, Plan Xeral…

Calquera dúbida ou preocupación, non dubidedes en falar coa Dirección do

Centro… os comentarios fora da escola non favorecen a ninguen…

4.-Na ANPA

É a asociación de pais e nais dos cativos da escola.

Organizan as actividades extraescolares, o comedor e o servizo de

madrugadores.

Programan e levan a cabo actividades para as familias durante os fins de

semana.

Canalizan as inquedanzas, solicitudes e suxestións das familias

Page 17: EEI FERNÁNDEZ VARELA - edu.xunta.gal · BENVIDOS Á ESCOLA FERNANDEZ VARELA… Pretendemos que, esta escola que acabades de elixir para o voso fillo, e na que pasará parte dos seu

A EDUCACIÓN DEBE FACERSE EN COLABORACIÓN FAMILIA- ESCOLA…

Page 18: EEI FERNÁNDEZ VARELA - edu.xunta.gal · BENVIDOS Á ESCOLA FERNANDEZ VARELA… Pretendemos que, esta escola que acabades de elixir para o voso fillo, e na que pasará parte dos seu

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

ORIENTADORA

MESTRA DE PEDAGOXÍA TERAPEÚTICA

MESTRA DE AUDICIÓN E LINGUAXE

“Había una vez una señora que quiso comprar una alfombra para la enorme sala de estar de su casa recién estrenada. Cuando le instalaron la alfombra, se la veía contenta y satisfecha, pero…¡oh sorpresa!. La señora miró estupefacta un pequeño bulto en el centro de la alfombra.

Se acercó, puso la mano encima cuidadosamente y el bulto cedió… pero, al cabo de unos segundos se dio cuenta de que reaparecía en otro lugar, no muy lejos…

Repitió la misma operación, pero, nada… el bulto volvía a salir una y otra vez en diversos lugares de la alfombra. El vendedor le prometió que aquella misma tarde pasaría a verla un técnico de mantenimiento de alfombras y haría un diagnóstico del problema. Así fue , el técnico observó los bultos (ya eran tres)… efectuó la misma operación que había realizado la señora y observaba atónito como reaparecían los bultos una y otra vez… Pidió un zapato a la señora y empezó a presionar con energía los bultos… Después de varias tentativas, los bultos desaparecieron quedando sólo un poco elevada la zona central de la alfombra. El técnico dijo a la señora que era cuestión de tiempo (algunas horas) y que la alfombra volvería a quedar del todo lisa.

Por aquella sala de estar desfilaron multitud de técnicos que con diferentes herramientas intentaban corregir los bultos de la sufrida alfombra. Se repetía siempre la misma historia: los bultos desaparecían durante breves segundos para acabar reapareciendo con posterioridad de forma más visible. Un día la señora supo por una amiga que en la ciudad había un técnico que trabajaba de forma muy diferente a todos los que ella había consultado. Asimismo, le dijo que su manera de trabajar era bastante extraña, poco racional y muy ilógica. La señora pensando que no perdería anda, fue a buscar al técnico en cuestión quién se desplazó a su casa. Observó durante unos minutos como se iban produciendo los bultos sin tocar a la alfombra… Después, decidido, se situó en un extremo de la alfombra y lo alzó… la señora le recordaba que pesaba mucho y que todos le habían dicho que no se podía mover… El técnico la escuchaba pero continuaba con la alfombra medio levantada… La señora pensaba que realmente era muy rara aquella manera de actuar y le recordaba que el problema eran los bultos que salían en el centro de la alfombra…

El técnico, amablemente, le explicó que los bultos no eran el problema….y…de repente, la señora dejó escapar un grito al darse cuenta de que debajo de la alfombra, por donde estaba un poco levantada, salía, majestuosa, una serpiente bien ufana pero con algunos cardenales en la espalda…”

Page 19: EEI FERNÁNDEZ VARELA - edu.xunta.gal · BENVIDOS Á ESCOLA FERNANDEZ VARELA… Pretendemos que, esta escola que acabades de elixir para o voso fillo, e na que pasará parte dos seu

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Que é?. É un órgano especializado que apoia a labor do profesorado, das familias e do alumnado para dar resposta axeitada ás necesidades de todos os-as alumnos-as. Trátase dun equipo formado por diferentes profesionais que teñen como obxectivo último dar resposta á DIVERSIDADE.

Cales son as funcións?

Demandar colaboración das familias para a realización das tarefas

promovidas polo D.O

AVALIACIÓN PSICOPEDAGÓXICA

Cooperar na relación familias- titores-as para a solución dos

problemas que afecten aos seus fillos-as.

Intervir cos-as nenos-as para a mellora dos procesos de ensino-

aprendizaxe, facilitanto e asesorando ás familias nas pautas educativas que

se faga preciso ter en conta

CANDO VOSTEDE COMO NAI-PAI PERCIBE ALGÚN DOS “PROBLEMAS” SEGUINTES : atención, conduta, dificultades de aprendizaxe, dificultades na linguaxe oral, problemas de comportamento… situación familiares complexas….etc, pode dirixirse ao departamento de forma personal ou a través da sea titora ou titor.

quen formamos parte del?

ORIENTADORA

MESTRA DE PED.

MESTRA DE

AUDICIÓN E LINGUAXE

COORDINADORA DE CICLO

REUNÍMONOS UNHA VEZ AO MES.

Page 20: EEI FERNÁNDEZ VARELA - edu.xunta.gal · BENVIDOS Á ESCOLA FERNANDEZ VARELA… Pretendemos que, esta escola que acabades de elixir para o voso fillo, e na que pasará parte dos seu

PROGRAMA DE ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE ORAL: Programa desenvolvido pola mestra de Audición e Linguaxe, en todos os cursos dende os tres ate os cinco anos. Trátase dun programa que mediante o xogo coa linguaxe permite aos menos e nenas desenvolver esta, dende todas as súas dimensions: articulación, e expresión, adecuada corrección á hora de construir frases e tamén comprensión de mensaxes orais.

PROGRAMA DE ESTIMULACIÓN cognitiva- cogest: Programa desenvolvido pola mestra de Pedagoxía Terapeútica, cos nenos e nenas de 5 anos, e que ten como obxectivo fundamental que os nenos e nenas coñezan cómo funciona o seu cerebro e aprendan a empregalo tomando como referencia as estratexias que mellor se adecúen ao seu estilo cognitivo. Con este programa axudaselles a estimular os procesos de PLANIFICACIÓN, SIMULTÁNEO, ATENCIÓN E SECUENCIAL, e afondase nas crenzas de identidade co fin de que non sexan nunca limitantes, senón favorecedoras dunha adecuada valoración de si mesmo, clave para unha APRENDIZAXE EFICAZ.

SEMANA DA ORIENTACIÓN:Dado que a Orientación abrangue a todos os ámbitos da comunidade educativa (profesorado, alumnado e familias), as actividades que se deseñan teñen como obxectivo aproximar a toda a comunidade educativa cara a sensibilización e respecto pola diversidade, programando actividades lúdicas para o alumnado, diferentes e onde a vivenciación de experiencias diversas sexa o eixo fundamental. Do mesmo xeito trátase de que para as familias existan actividades de formación , e de ser o caso de colaboración entre os diferentes membros da comunidade

QUE ACTIVIDADES FACEMOS, ADEMAIS DA ATENCIÓN INDIVIDUALIZADA E ESPECIALIZADA AO ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO?

Page 21: EEI FERNÁNDEZ VARELA - edu.xunta.gal · BENVIDOS Á ESCOLA FERNANDEZ VARELA… Pretendemos que, esta escola que acabades de elixir para o voso fillo, e na que pasará parte dos seu

ESCOLA DE FAMILIA

É un espazo no que compartimos familias e Orientación tempos de reflexión, discusión, búsqueda de “variñas máxicas” que son imposib les de atopar… , pero únenos a I LUSIÓN, a RESPONSABILIDADE e os ESFORZOS COMPARTIDOS para facer que as nenas e nenos que temos diante de nós cada día, sexan PERSOAS CON MAIÚSCULAS, PERSOAS FELICES E RESPONSABLES, porque esa é a nosa máxima.

Que facemos durante o curso?? En que traballamos?? Pois facémolo naqueles temas que as familias que forman parte da mesma lles preocupan a principio do curso, e facémolo empregando distintos recursos, como poden ser vídeos, textos diversos extraídos de artigos ou mesmo de diferentes libros… e tamén presentacións power point elaboradas pola Orientadora.

Canto duran as sesións e cando se realizan? . As sesións duran en torno a das horas máis ou menos. Pero se precisas chegar máis tarde ou se precisas marchar antes, podes facelo, isto non é un impedimento para participar. Estas sesións son quincenais, así que realízanse dúas veces ao mes, e os días escollémolos entre todas e todos, dependendo do horario de quen “dirixe” esta Escola de Familia.

Quen pode asistir?- Pode vir calquera membro da familia: pai-nai-avó-avoa-tío-tía-madriña-padriño…. que esté interesado e preocupado pola mellora da educación do seu familiar (neno-a).

Como te podes apuntar?- A principio de curso terás unha circular na que poderás inscribirte. Esta inscrición solamente ten a función de que poida avisarte de cando temos as sesións a través dos teus fillos-as.

A FAMILIA É O PRIMEIRO LUGAR NO QUE UN NENO-A SE EDUCA. POR ISO CONSIDERÁMOLO IMPORTANTE

http://orientamaestuvarela.webnode.es

FACEBOOK: Orientamaestúvarela Infantil e Primaria

Page 22: EEI FERNÁNDEZ VARELA - edu.xunta.gal · BENVIDOS Á ESCOLA FERNANDEZ VARELA… Pretendemos que, esta escola que acabades de elixir para o voso fillo, e na que pasará parte dos seu

“Educar as emocións é una parte importante da PERSONALIDADE HUMANA, aquela que

debía capacitarnos para ser felices” J. Antonio Marina

Page 23: EEI FERNÁNDEZ VARELA - edu.xunta.gal · BENVIDOS Á ESCOLA FERNANDEZ VARELA… Pretendemos que, esta escola que acabades de elixir para o voso fillo, e na que pasará parte dos seu

Quere (á túa maneira) aos rapaces polo que son.

Valóraos polo importantes que son

Failles saber as súas calidades positivas e aquilo que valoras neles.

Pensa que os cativos necesitan de nós para construír o seu amor

propio, o seu sentido e a súa identidade.

Evita ou ten moito coidado coas comparacións.

Ten moi en conta que necesitan buscar e atopar límites, recoñecer

onde empezan eles e onde empezan os demais.

Mantén unha actitude de comprensión máis que de autoridade.

Asume a túa responsabilidade para que eles asuman a súa.

Respecta os seus ritmos.

Transmítelles as normas de forma clara e concisa

Transmítelles que estás con eles.