EMBATE 4

16
EMBATE Voceiro Nacional de ADIANTE (Mocidade Revolucionaria Galega) xullo-agosto-setembro 2006 nUmero 4

description

Voceiro nacional de Adiante

Transcript of EMBATE 4

Page 1: EMBATE 4

EMBATEV o c e i r o N a c i o n a l d e A D I A N T E ( M o c i d a d e R e vo l u c i o n a r i a G a l e g a )

xullo-agosto-setembro 2006 nUmero 4

Page 2: EMBATE 4

EMBATE

número 4 − xullo, agosto, setembro 2006y

Voceiro Nacional deADIANTE (Mocidade Revolucionaria Galega)

y

[email protected]

y

EMBATE non ten por que compartirnecesariamente a totalidade das opinións

aquí expresadasy

Pódense reproducir os artigos citando afontey

Dep. Legal: C-1813-2005

Editorial CONtidos

EMBATE

2

aPor terceiro ano consecutivo, ADIANTE (MocidadeRevolucionaria Galega) sae á rúa nun novo Día daPatria Galega de reivindicación, celebración e loita.Desta vez, logo dun duro ano de mobilizacións ealternativas xuvenís no que, alén de facermos campañasnacionais e comarcais, nos centramos sobre todo naformación política e na expansión organizativa, temosque lembrar unha efeméride que non se nos pode pasarpor alto a ningún/ha militante ou simpatizante doindependentismo galego de clase.ADIANTE (Mocidade Revolucionaria Galega) éaínda unha organización cativa, unha organización enformación, en continua construción. Estamoscargad@s de ilusión e de optimismo revolucionario, esomos conscientes de que debemos fuxir dovoluntarismo kamikaze que queime á nosa militancia e dasfalsas apariencias de forza e de radicalismo que tapen asnosas carencias e enganen á nosa mocidade traballadora.E somos, por suposto, conscientes disto porquesabemos que a loita é dura e longa e que vai precisar demoitas e diversas mans e moitas mentes valiosas eorganizadas coerentemente.Despois dun ano de goberno bipartito “progresista” nasucursal colonial que é a Xunta da CAG, podemos dicirsen lugar a nos trabucar que, desgrazadamente e talcomo vaticinábamos hai xa un ano, non se cumpriron osanceios de cambio do pobo traballador galego. Comodiciamos daquela, o único troco que ía traer o novogoberno PsoE-BnG era o de non ter a un fascista daanterior versión do réxime á fronte do poder“autonómico”. Todo segue igual.No caso da mocidade da clase obreira segue todo igualporque a pior xa non pode ir. Seguimos sen poderdesenvolver alternativas de lecer, estudamos duranteanos para rematar nas piores condicións de precariedadelaboral de toda Europa, seguimos a emigrar comoantano, e agora, todavía sen vivendas, nos queren vendercontentores marítimos para que nos acinemos dentrodeles. Está claro que necesitamos un cambio de verdade,de raíz, a fondo, que nos arrede do desengano, damarxinación e do desacougo. Un cambio revolucionario.Por outra banda, este é xa o cuarto número doEMBATE. No número 1 encetabamos xa as nosasintencións e obxectivos coa edición do EMBATE.Despois dun ano, podemos dicir que non só ascumprimos, senón que as superamos, conseguindo unvoceiro estábel, puntual na súa saída e que, para ben oupara mal, está a crear interese entre o público receptordo mesmo. En próximos meses tentaremos mellorar ovoceiro de ADIANTE (Mocidade RevolucionariaGalega) facendo que chegue a máis lugares e a máisxente.Sen máis, agardamos que desfrutedes da lectura doEMBATE e, como dicía o noso Daniel, “non lle poñadeschatas á obra namentras non se remate, quen pense que vai malque traballe nela, hai sitio para todos”. Nós seguimos taménconvidándovos a construír a liberdade:ORGANÍZATE E LOITA!

[páx. 2] Editorial

[páx. 3] Adiante na defensa da terraAdiante na defensa da lingua

[páx. 4] Ante o XX aniversario do PCLN

[páx.5] A voltas coa historia

[páx. 6-7] Día da Patria ‘ 06: Decidimos aindependencia, escollemos o socialismo

[páx. 8-9] Entrevista a... Breogán Ruibal

[páx. 10-11] Os “límites constitucionais”segundo o discurso españolista

[páx. 12-13] Música escrava

[páx. 15] Música/libros/www

Page 3: EMBATE 4

Nos últimos meses véñense de destapar toda unha serie de escándalos en variosconcellos do país en torno ás concellarías de urbanismo. Parece que finalmente asituación de corrupción e especulación urbanística sobordou os límites dopoliticamente correcto, e dunha vez a sociedade comeza a concienciarse de quetodas as irregularidades e ilegalidades ás que estaba en certa maneira acostumada,e que mesmo transixía, son feitos intolerábeis e totalmente puníbeis.ADIANTE (Mocidade Revolucionaria Galega) non podía ficar calada ante oescándalo urbanístico destapado en Nigrán, e por iso asistimos o 17 de xuñopasado á convocatoria veciñal en contra do Plan Xeral de Ordenación Municipal(PXOM), unha mobilización que supuxo un fito histórico na comarca pola grandeafluencia de veciñ@schegados doutras comarcas,mais sobre todo de

nigranesas e nigraneses que saíron á rúa paraexixiren a retirada do PXOM e a demisióndo Goberno Municipal, encabezado poloalcalde do PP Alfredo Rodríguez e enminoría tras a ruptura cos seus socios degoberno do PINN (Partido dosIndependentes de Nigrán), con Antonio Fernández á cabeza.

Á mobilización tamén asistiron outras organizacións vinculadas á defensa da terra e contra a especulaciónurbanística, como o Foro Social de Cangas, pioneiro na tarefa popular de botar embaixo plans xerais que atentandirectamente contra os intereses do pobo traballador galego.Sabemos que isto acaba de comezar e que serán moitos os concellos nos que o pobo ha pór cabo a prácticas queaté o de agora moita xente tiña por normais e agardábeis dos caciques de turno, e por iso facemos un chamamentoa toda a mocidade galega a participar combativamente nas vindeiras mobilizacións.

ADIANTE (Mocidade Revolucionaria Galega) asistiu o pasado 17 de maio ámanifestación convocada pola MESA na defensa da lingua galega. Un día, o 17,que aínda ten que ser unha data reivindicativa para as galegas e galegos, na defensada plena normalizacióndo noso idioma paraprocurar, a pé de obra,que algún día Galizapoida unirse enteira áfesta do noso idiomano canto de ter quereclamar os dereitosque lle son negados.Desde ADIANTE

quixémonos sumar ao evento canda outras 155asociacións e partidos políticos, malia a que nel se facía do presumíbel “Novo Estatutiño” o motivo central dodiscurso, e séndomos plenamente conscientes de que ningún Estatuto emanado directamente da Constituciónespañola vai poder arranxar de raíz os problemas de Galiza, nin nos vai recoñecer o dereito de decidirmos o nosofuturo libremente.Mais fixémolo igualmente, porque consideramos que no caso da lingua a reforma estatutaria si pode ser de relativaimportancia, asentando definitivamente o feble e ambiguo marco legal do que dispomos na actualidade. É omomento de axuntarmos forzas para que ao galego se lle recoñeza a condición de lingua obrigatoria. Porque o“deber” de coñecer unha lingua vai inevitabelmente parello á oficialidade da mesma.Exiximos, así mesmo, que o actual goberniño da Comunidade Autónoma aproveite as ferramentas das que dispónxa en materia lingüística e pule con firmeza e seriedade na aplicación do actual Plan Xeral de NormalizaciónLingüística, aprobado en 2004 por unanimidade parlamentar e do que un ano despois do “cambio” aínda non seencetaron nin os preliminares, e mantémonos alerta ante as previsíbeis mobilizacións que A MESA poida promoverneste sentido nos vindeiros meses.Máis unha vez coma tantas outras na nosa historia, terá que ser a mobilización popular a que turre pola defensa dosintereses do país. Adiante logo!

EMBATE

3

ADIANTENA

DEFENSADA

TERRA

ADIANTENA

DEFENSADA

lingua

Page 4: EMBATE 4

Ante o XX Aniversario doPCLN

Nun Día da Patria como o deste 2006, hai vinte anos, celebrábase o Congreso Constituínte do Partido Comunistade Liberación Nacional (PCLN), sen lugar a dúbidas, a máis importante organización da esquerda independentistaao longo da nosa historia, tanto pola súa forza política e sectorial, como pola súa influencia social, como pola súaexpansión territorial, como pola importancia cualitatativa e cuantitativa da súa militancia.Un dos motivos desa importancia, alén da súa composición obreira, foi a grande impronta xuvenil daquel partido.De feito nese congreso de hai vinte anos, a organización comunista patriótica analisaba a importancia doartellamento dunha organización xuvenil independentista, revolucionaria e de clase. Necesaria estrutura na que "asmocidades teñen que ser unha organización dos/as rapaces/as obreiros, labregos, mariñeiros e estudantes, quenunca poidan perder o seu espírito de clase, é dicir, proletario, comunista".Unha organización da mocidade "onde as/os militantes vanse formar combativa e ideoloxicamente comocomunistas revolucionarias/os galegas/os" porque "só a loita organizada educa á clase explotada, descóbrelle amagnitude da súa forza e amplía os seus horizontes".E advertía o PCLN que "sen traballo, sen loita, o coñecemento libresco do Comunismo adquirido nos folletos eobras Comunistas, non ten ningún valor, porque non faría máis que continuar o antigo divorcio entre a teoría e apráctica". Ese traballo viría coa creación das células de estudo, traballo e axitación específicas da mocidade; coacoordinación da acción entre as distintas células da mocidade; co estabelecemento da propia alternativa no ensino,

no agro, no asociacionismo, no paro (nunha época de grandeimpacto), na problemática delincuencia-droga (eran os anos

do cabalo), no deporte, na ecoloxía, na frente, na mili (naque se comezaba a loita pola insubmisión), nosindicato e na liberación da muller.

Ofrecendo tamén alternativas ao lecer dirixidodesde o Poder; formando a organización damocidade con xente tanto contactadacomo allea, integrándoa na dinámicaprogresivamente coa relación persoal e adiscusión política, coa invitación áparticipación nos numerosos actospolíticos (foran culturais oureivindicativos)… Porque eses erandaquela, e son tamén agora,potenciadores dunha concienciacióne politización que a bo segurorematará cun compromiso de loita etraballo nunha mocidade condeadaao desarraigo social e ao afastamentoda Terra.Os propios avatares internos e externosda loita fixeron que non puidera callar entoda a súa imensa potencialidade nin oproxecto comunista independentista nin,por extensión, o da organización da

mocidade revolucionaria galega. Os golpes darepresión policial e do aventureirismo

liquidacionista obrigaron durante un tempo aoindependentismo socialista a reaxeitar a estratexia na

resistencia orgánica (a través da frente), sectorial (sindical,cultural, veciñal…) e na reestruturación do movemento.

Tras tres anos de actividade do proxecto ADIANTE, case dous xa formalmente como ADIANTE (MocidadeRevolucionaria Galega), estamos cada vez máis decididas/os a continuar aquel traballo inconcluso daquelas/escamaradas aprendendo dos seus erros e mellorando os seus acertos para remozar a loita de liberación nacionalcontra o imperialismo español.

EMBATE

4

FUCO GONZÁLEZv

Page 5: EMBATE 4

EMBATE

5

A VOLTAS COAHISTORIA

De novo os cans furiososdo capital arremeten eenvisten coma animaisferidos. Esta vez tócalle oturno a Mao Tse-Tung: xaBerlusconi nos tiñaamedrentado na campañaelectoral italiana conhistorias de nenos cocidospara aboar os campos e dasterríbeis consecuencias docomunismo no mundo.Agora tócalle o turno aolibro editado polosf a l s i f i c a d o r e snorteamericanos JonHalliday e a súa muller Jung Chang próximos ásposturas neoconservadoras da ala republicana máisradical, amigos persoais de Bush e aférrimosanticomunistas.Atopámonos ante un pasquín cheo de incoerencias ede parvadas, datos e informacións inventados sobre amarcha que tentan elevar a Mao ás alturas dacriminalidade e da brutalidade absolutas. Os autoresno seu delirio anticomunista chegan afirmar quedurante a revolución na China o propio Mao tiñaprohibido ler: indudabelmente os autores nonprofundizaron moito nas súas afirmacións. Sonindiscutíbeis os pasos dados pola China Popular noeido das ciencias e das artes, abríronse escolas,universidades, bibliotecas, iniciáronse campañasmasivas de alfabetización co obxectivo de desterrarpara sempre a ignorancia e as supersticións feudaisque aínda dominaban amplas rexións da China.Mediante a Revolución Cultural construíron unsistema educativo novo de caracter popular, laico ecientífico do cal temos moito que aprender. Osautores ocultan deliberadamente a realidade, quizaisporque na etapa comunista (non podemos dicir queagora o sexa) perderon algúns privilexios propios dasúa condición de clase dominante: a autora mencionaque a súa propia nai estivo presa nun cine, o que nonmenciona é por que.Mao non foi ningún terríbel criminal como nosqueren facer ver os autores do libro (se éque se lle pode chamar así). Foi un líderrevolucionario querido e respectado poloseu pobo que sacou ao pobo chino damiseria e da ignorancia no que omantiveran sometido durante séculos,soubo conducilos cara os albores do séculoXX , Mao xunto con Marx, con Lenin, con Che

Guevara e con tantosoutros pensadoresaxudou a construir e adesenvolver a ideoloxíaliberadora da claseobreira, fortaleceu,teórica e tacticamente aalternativa político-ideolóxica dosexplotados e das naciónsoprimidas: ocomunismo, ese foi oseu único e grandedelito.Os capitalistas tentan

sempre voltar a historia do revés para encobriren osverdadeiros crimes cometidos contra a humanidade: apobreza, a miseria, a explotación, o anafabetismo, afame (a día de hoxe sigue a haber milleiros de persoasno mundo que morren de fame), as guerras, osxenocidios, o racismo, a discriminación sexual, adestrución da natureza... son só algúns exemplos.Dicía Lenin que a verdade é sempre revolucionaria,por iso por moito que tenten mostrar a historia dorevés a realidade será sempre moi distinta a comonola presentan, por exemplo siguen a existir países nomundo nos que a pertenza a un partido comunistaestá penado co cárcere citemos por exemplo algunsdos novos "socios" da UE: Lituania, Letonia, Polonia,Turquía, Checoslovaquia, países onde os comunistasson perseguidos: ilegalizacion de partidos, peche deperiódicos, detencións, etc. Eles preferirían, porexemplo, falar do "rexime de Fidel Castro" ao cal,por certo, agora teñen a vergoñenta ousadía deadxudicarlle nada máis e nada menos que unhafortuna de 500 millóns de dolares repartidos endiversas contas bancarias no estranxeiro (a onde imosparar).Os auténticos criminais, os verdugos do capital, osque financian estes libros, os que controlan medios decomunicacion de masas, son os mesmos quedefenden ou fan oidos xordos ante as matanzas en

Iraq e en Palestina, os que lexitiman a tortura naloita contra o terrorismo e crean campos dedetención que vulneran as suas propiasleis internacionais, en Guantánamo e alíonde lles pete. Como diría EduardoGaleano este mundo ten a esquerda na dereita

e a cabeza nos pés.

FRAN ANEIROSv

d

Page 6: EMBATE 4

25 de Xullo,

DECIDIMOS A INDEPENDENCIA,

EMBATE

6

bNeste novo Día da Patria Galega, as mozas e mozos de ADIANTE (Mocidade Revolucionaria Galega), comoxovens da esquerda independentista, abordamos unha nova xornada de celebración e orgullo nacional, pero sobretodo unha xornada de reivindicación, loita de clase e denuncia.Que é o que denunciamos? Pois denunciamos a explotación infantil e xuvenil en todas as súas expresións:prostitución, pornografía, sub-emprego e malos tratos. Exiximos que remate dunha vez a impunidade dos clérigos,e do resto de relixiosos, que sistemáticamente abusan de cativ@s e menores.Denunciamos o escravismo empresarial, escravismo que ten nomes e apelidos, que está apoiado por unhalexislación á súa medida, que "trapichea" traballadoras/es xovens coas ETT´s, que produce milleiros de mortes cosaccidentes laborais, e que agora pretende exportar a explotación e a precariedade coa Directiva europea Bolkestein.Denunciamos os milleiros de mortes diarias de moz@s por causa da fame no mundo. Repudiamos aliás o cinismodas ONG´s e organismos semellantes, que trafican con esa "solidariedade" hipócrita que evita os remorsos d@sculpábeis e maquilla o rostro dun imperialismo mal-chamado globalización.Denunciamos a promoción do turismo como reprodutor de precariedade xuvenil e como causante do aumentoacelerado da nosa dependencia colonial. Estamos fart@s de servirlles vermús ás clases acomodadas de occidentementres nos dan unha esmola e nos ameazan por utilizar a nosa lingua. Estamos queimad@s por non ter acceso aunha vivenda mentres proliferan urbanizacións luxosas.Denunciamos as accións militares que deixan sen mocidade aos pobos que queren ser ceibes, e que se nos presentecomo saída laboral "digna", aproveitándose da nosa desesperación, facer parte de institucións ocupantes tandesprezábeis e con traxectorias tan escuras coma o exército español, os corpos policiais (estatais, autonómicos oumunicipais), a seguridade privada ou a garda civil.Denunciamos a cumplicidade consciente dos medios do sistema nos ataques á mocidade proletaria e o conseguintesilenciamento mediático perante as propias iniciativas xuvenís autoxeridas. Os mass-media do réxime pretendenidiotizarnos, españolizarnos, convertirnos en consumidoras/es efermiz@s… De ADIANTE (Mocidade Revolucionaria Galega) denunciamos as mortes por enfermidade entre a mocidade doplaneta provocadas pola interrupción da fabricación de medicamentos non beneficiosos para @s monopolistas. @scomunistas denunciamos ao capitalismo desde hai xa case dous séculos. Antes por ser un sistema inxusto, agoraademáis, por criminal.Denunciamos o consumismo que nos fai participar do sistema que nos oprime, que nos obriga a perder a dignidadeno traballo facendo actos contrarios á nosa vontade, actuando de forma vergoñenta ou vestindo uniformes ridículos.O marketing e a empresa xa están por riba das persoas.Denunciamos o sexismo, a homofobia, o racismo, a violencia contra as mulleres, as mozas, @s desfavorecidos.Denunciamos o drama da emigración e inmigración, o tráfico de drogas, o paro, a corrupción, a exclusión e amarxinación que golpean duramente á mocidade do planeta.Denunciamos a reprodución do auto-odio estrutural que existe na sociedade galega, auto-odio de sermos galegos ede ser filla ou fillo de traballadoras/es. Por moito que se esforcen PRISA, a COPE & Cía. non somos de "la roja",nin nos gustan os "valores" de O.T. e outras movidas, nin a xente trepa que chega á fama e á riqueza dun xeito maisque dubidoso.Denunciamos a invasión selvaxe da lingua española sobre a galega, violando mesmo a ridícula lei actual do galegono ensino. O galego ten o trato de lingua estranxeira e o español de lingua propia. A invasión selvaxe do resto devalores da cultura española sobre a cultura galega ven a través dos temarios impostos polos gobernos colonialista(central) e sucursal (Xunta).De ADIANTE (Mocidade Revolucionaria Galega) denunciamos o ensino elitista, o destinado a criar man de obrapara os empresarios, o fanático-relixioso e o que nos ven da man do Proceso de Boloña. Queremos un esinonacional, científico, popular e democrático. Un ensino público ao servizo da clase traballadora e do pobo galego.

Page 7: EMBATE 4

Denunciamos e estamos dispost@s a loitar. Porque detrás da imaxe de gualtrapas, individualistas e "borreg@s" quese nos quere amosar da mocidade currante, hai unha mocidade que pensa, que reaxe, que se ergue, que está farta deaturar tanta miseria, tanta ostentación do poder.As revoltas xuvenís nos barrios obreiros doEstado francés e as mobilizacións estudantísque removeron á súa dereita, a resistenciaokupa nas vilas e cidades catalás, os combatesda mocidade chilena no 1º de Maiodesenmascarando a falacia dasocialdemocracia, ou o protagonismo d@sxovens galeg@s na folga do metal polas rúasde Vigo, son boa proba de que non nos imosresignar a un mundo de explotación,escravitude e crime. É dicir, capitalista.De ADIANTE (Mocidade RevolucionariaGalega) facemos un chamado a resistir paracontraatacar, a organizarnos para loitar, apropoñer para avanzar. Sabemos que só coaindependencia total dunha Galiza en igualdadede condicións co resto de pobos nun planetacomunista e sen clases poderemos pór freo ádestrución capitalista, ao abuso doimperialismo.Por iso, como entidade xuvenil doindependentismo galego de clase, comorevolucionari@s, dirixímonos á mocidadetraballadora e estudante da clase obreira econvidámosvos a subir ao barco daorganización e a botar man desta ferramentade loita. Porque decidimos a independencia,porque escollemos o socialismo.

Adiante, sen tregua, República Galega!Viva Galiza independente e socialista!

Organízate e loita!

EMBATE

7

Día da Patria

ESCOLLEMOS O SOCIALISMO

CONSTRUÍNDO A NACIÓN DESDE A ESQUERDAPOLO NOSO DEREITO A DECIDIRUn grupo de cidadás e cidadáns convoca Manifestación Nacional oDía da Patria Galega baixo o lema "Construíndo a nación desde a

esquerda. POLO NOSO DEREITO A DECIDIR". A mobilización partirá ás12:30 horas da Alameda de Compostela. ADIANTE (MocidadeRevolucionaria Galega) APOIA activamente a convocatoria e chama ámocidade galega a acudir o 25 de Xullo a Compostela a manifestarsepolos nosos dereitos nacionais, PORQUE DECIDIMOS AINDEPENDENCIA, PORQUE ESCOLLEMOS O SOCIALISMO.http://25xullo06.blog.com

Page 8: EMBATE 4

Ofrecémosvos desta volta unha conversa co compañeiro Breogán Ruibal sobre a recente folga dometal nas comarcas do suroeste galego. Breogán, xoven traballador deste sector, é membro da nova

Executiva Comarcal da Central Unitaria de Traballadores/as (CUT) en Vigo. Este cangués afincado nacidade viguesa, vivíu

activamente e desde dentro amobilización obreira máisnumerosa e tensionada dosúltimos anos. Cóntanos de

primeira man para o EMBATEcomo foi todo do punto de vistado novo sindicalismo nacional

e de clase. Salienta que por culpa dossindicatos maioritarios se

perdeu unha grandeoportunidade de conquerir algoimportante para o proletariado

galego e que tras a brutalcarga policial do terceiro díahoubo mais de 60 persoas

feridas de consideración e non 20, como espallou a prensa do réxime. Indícanos tamén que a CUT saíu moi reforzada grazas aos seus posicionamentos coerentes ecombativos durante a loita, o que permitíu aumentar a afiliación no sector e constutír unha

Coordenadora do metal dentro da Unión Comarcal de Vigo.Boa tarde compañeiro. Para comezar a conversa, cales foron os antecedentes que levaron á folga? E dicir, osprolegómenos.Primeiro, o retraso dos sindicatos maioritarios, CIG, CCOO e UXT, en entrar a negociar, axudando así aos asteleiros, como Vulcano ou Barreras,a entegar os seus pedidos a tempo. Pedidos como botaduras e entregas de parte dos barcos. E así estiraron unha mesa de doce negociacións namesa paritaria. Iso é o que provocou que os traballadores foramos á folga. Con iso quero dicir que os sindicatos tiveron a culpa no principio dasnegociacións por teren axudado á patronal a liberar as súas cargas económicas.Os sindicatos maioritarios son os que se sentan na mesa, e desta volta a UXT fixo unha plataforma distinta para a negociación do convenio,querendo ser así a esquerda do sindicalismo. CCOO e CIG, a CIG coa maioría de representantes, entraron en conflito entre elas e provocaronpouca definición nas negociacións para chegar a un acordo. Pero iso sabendo xa que se ía ir á folga. Todos os traballadores sabiamos que se íair á folga, porque había moito traballador no sector e era o momento clave para conseguir os obxectivos da clase traballadora, para incrementardunha vez por todas o noso salario, tendo en conta o risco que sufrimos a diario no noso posto de traballo, os turnos maratonianos, as horasexcesivas e as demasiadas horas extra. Que xa non tiña que haber horas extra.Como foi o transcurso de cada unha das xornadas de folga?Fixeron unha asemblea xeral para todo o sector, con pouca asistencia, e decidiuse cortar a velada como primeiro paso para ter como medida deforza en seguintes reunións. Pero sabemos que iso non nos libera do esquirolismo e de que a xente teña que pagar o seu ao final do mes. Houbo dúas reunións no Concello de Vigo antes de comezar a folga. Unha para cortar a velada e outra para pedir a convocatoria de folga, queprecisa cinco días de antelación. Así se fixo, pedíuse a convocatoria de folga e o día 3 todos os traballadores asisitiron aos seus postos de traballoe estiveron facendo piquetes e levando a situación, dirixida polos tres sindicatos. Aínda que a CUT, como sindicato todavía pequeno con intenciónde medrar neste sector cun sindicalismo de clase, tamén estivo presente. De feito xa contamos con 65 afiliados do metal en Vigo. A CUT estivoen todo momento colaborando nesta folga como traballadores, aproveitando a multitudinaria convocatoria que se fixo aquí en Vigo.Cada día ás 11:00, despois de facer piquetes polas distintas empresas, e con bastante eficacia como convocatoria xa que a xente cumpriu coa folga,manifestábamonos polas rúas. A folga do metal tiña unha marcha que saía de Barreras e Freire, outra de Vulcano e outra dos polígonos dosarrabaldos, e xuntábamonos todos nunha rotonda. Entón dalí marchábamos até as 11:00 por Vigo adiante. Ás 11:00 había unha asemblea cadadía que durou a folga para dar as explicacións de como se ía levando a folga e facer unha análise breve. Sempre nun senso partidista, posto quese lles miraba o plumeiro. E iso foi así durante todos os días. Adícabase tempo a planificar o día seguinte. Pero nos sindicatos maioritarios só se reunian os delegados sindicais, para levar a cousa como elesquixeran. Por ese lado a CUT fixo dúas reunións aquí no local de información. Se non se fixeron máis foi porque non se nos deu informaciondesde outros sindicatos e entón non se puido convocar para falar de que facer ao día seguinte, porque non se tiña información, e tampouco sepode andar a cegas. Entón duarnte eses días repartimos catro follas voandeiras do sindicato informando da situación e tamén sobre a represiónpolicial. Noutra pedíase un NON á sinatura do convenio.

Entrevista a...

EMBATE

8

Page 9: EMBATE 4

Breogán Ruibal

EMBATE

9

Como foi o comportamento da policía durante eses días?De entrada, o helicóptero da policía estaba por riba nosa todo o día. Despois cando nos espallábamos cara os nosos veículos o helicóptero seguíaá xente e intentaban localizar o que eles chaman os "radicales", que non deixa de ser un obreiro que está a defender o seu pan.Sempre estiveron moi irascíbeis. Os primeiros días, como lles colleu de sorpresa a magnitude da folga, tanto a policía como o Concello miráronseimpotentes para levarnos polo seu rego. Logo, xa se miraba no segundo e no terceiro día que as furgonetas aparcaban ao lado de onde iamospasar, corpo con corpo, cunha actitude provocadora, sempre con casco e coa escopeta de pelotas de goma na man. Cando se sacaron as follas voandeiras sacouse unha, pedindo desde a CUT o NON á sinatura do convenio e a demisión do Subdelegado doGoberno Delfín Fernández.A policía foi violenta, e se pode entender que as folgas son así. Os sindicatos maioritarios dicían que os que montaban o "lío" eran xente alleaao sector, pero todos sabemos que o sector é suficientemente combativo como para estar na rúa reivindicando sen contos. Estamos na rúa paradurar cantos menos días mellor, para que se arranxe a situacíón e se nos dea un incremento salarial e algúns bens sociais.O terceiro día a cousa era xa moi embotelladora. Os sindicatos leváronnos, o día da carga, camiño do Concello, e eles posibelmente saberían xaque ía haber unha carga policial porque a onde nos dirixíamos realmente era cara a RENFE. Era un dos días que máis xente se convocara.Dirixíamonos cara RENFE, algúns compañeiros puxéronse na entrada da RENFE coas mans en alto e os policías estaban xa cunha actitudeprovocadora en todo momento.Según teño entendido por un compañeiro meu que levou un moquetazo nunha cella e agora mesmo ten sete puntos, denunciou a carga policiale mandáronlle unha carta dicindo que efectivamente a carga policial fora inxustificada pero que quedaba arquivada.Eu vivín persoalmente a carga policial e podo dicir que isto parecía o Iraq cos norteamericanos tomando a cidade. Os policías chegaron a facerdano á xente que baixaba dos autobuses, a obreiros da construción que se estaban a mudar nas súas casetas, entraron nos bares…A min e a outro compañeiro colléronnos no bar do Concello cando estabamos intentando reagruparnos para decidir que se ía facer. Chegaronalí a pelotazo limpo contra a cristaleira...Ese mesmo día, se ías pola rúa, abordábanche, abrían a porta lateral e che disparabn a bocaxarro. Non tiraban as pelotas de goma ao aire, senónque disparaban ao corpo. Non xornais e nos sindicatos maioritarios dixeron que foran 26 feridos, pero eu podo asegurar que foron 60 ou mais.Porque eu mirei moitos pelotazos nos brazos e no peito. Gastaron muita metralla cos obreiros das filiais do sector naval. Referente aos detidos, decidíuse ir cara o xulgado para sacalos pero tivemos que estar na porta agardando a que sairan con cargos. Por parte daCUT, estivemos presentes e agardmos até o último momento a que saíra até o último compañeiro detido, aínda que por desgraza foi con cargos,carhos que terán que demostrar. E por suposto, solidarízamosnos coa causa dos compañeiros represaliados.Como valora a CUT o resultado da votación final?Ben, pois a votación foi catastrófica. Mirábase de entrada que ía gañar o NON. De feito, un compañeiro próximo á CUT falou e defendeu unhaboa causa para os 15.000 traballadores que estaban alí, pedíu un NON. Os sindicatos maioritarios pedían un SI, pero se mirou que había unbloque grande de NON. Pero xase sabe que mentras non saian os resultados que queiran os sindicatos maioritarios, séguese a votar, até que acousa quede clara para eles.Fíxose a man alzada e dixeron que os estudantes non votaran, como é lóxico. Foron estudantes a apoiar a causa do metal e xente tamén doutrossectores. Pero os sindicatos maioritarios trouxeron compañeiros e delegados de Santiago ou doutros lugares, e eles sí que votaron para o SI.Do meu punto de vista ese tipo de votacións debense facer dun xeito asembleario. Pero debido á imposibilidade de contabilizar deberíase utilizarunha urna e que cada un vote coa súa nómina: "eu traballo aquí, estou de alta, eu voto". Traballadores ou incluso ex-traballadores, porque eu creoque anque un estea parado ou no desemprego, é do metal igual, sentímonos do metal. O metal é unha boa escola para defender uns valores caraa clase obreira, porque a xente é moi reivindicativa e o vive moito.Cal foi o papel de mocidade do sector?Activa 100% e sempre diante da causa, plantándolle cara á situacuón, boa ou mala. A mocidade traballadora está activa, deixou de ser o que sedí dela, e estamos orgullosos da xuventude e o do resto. Pero a xuventude xogou un papel esencial, anque non se soubo aproveitar.Para ir rematando, que conclusión sacas da loita?Que non se pode estragar algo como isto. E estragouse. Todo por culpa de Citroën, que tiña convocada unha folga para o día que se asinou oconvenio, e se asinou con nocturnidade e alevosía.Estaba Citroën coa auga ao pescozo?Non, coa auga ao pescozo estaban os tres sindicatos maioritarios, porque a situación se lles foi das mans. Eles estaban coa auga ao pescozo,porque de non ser así igual non poderían amosar que eran capaces de mobilizar Citroën, porque sabemos que é moi difícil, sobre todo, polosindicalismo amarillista que teñen insatalado nos seo da fábrica.Moitas grazas compañeiro. Un saúdo do EMBATE e boa sorte coa nova Coordenadora.

Page 10: EMBATE 4

OS "LÍMITES CONSTITUCIONAIS" SEGUNDOO DISCURSO ESPAÑOLISTA

A moitos oradores de casino énchesellessempre a boca ao falaren de dereitoshumanos, de non discriminación, deigualdade e de tantos outros conceptosaos que se adhiren para arrodearse dunhaauréola de progresismo, coma quen sepeitea un chisco antes da foto parasaír máis guapo. Mais cóntanse cosdedos os que realmentecomprenden a importancia eas dimensións que alcanzan ostermos que eles baleiran designificado até tornalosinútiles, desgastados, sencontido.O caso dos dereitos lingüísticos é certamenteparadigmático. Aquí en Galiza, sen ir máis lonxe, haimoitos que afirman sen pudor ningún e coma sefixesen un favor, que están de acordo en que sedefenda e fomente "el gallego", pero que a eles "nitocarlos". Inda non sei se deberiamos darlles asgrazas ou facerlles un monumento ás causas perdidas.Esquecen, malpocados, que para que alguén poidagozar de dereitos lingüísticos é preciso garantir queeses dereitos non sexan nunca vulnerados. Así quetodos os galegos e galegas (isto é, todos os queresiden en Galiza) teñen o deber de garantir esasituación de igualdade real mediante o coñecementodo idioma que nos é, a todas e a todos, propio. E vaisendo moito horas de proclamarmos osgalegofalantes que estamos fartos de pedir que se nosrespecte, e de ter que axuntar un feixe de razóns(cando moitas veces o que se nos esixen son poucomenos que desculpas) e verdades evidentes quemoitos calan, para sermos dunha vez persoasnormais que viven no seu país e falan a súa lingua senlle ter que dar contas a ninguén, nin de dentro nin defóra.Non hai que ser moi agudo para decatarse de que portras de calquera argumento anti-normalización paira asombra dos prexuízos que inda nestas alturas arrastraboa parte da sociedade galega, cando non unsentimento de inferioridade por parte de moitosgalegofalantes que, anestesiados ante o réxime"bilingüístico" surreal que durante vinte anos llesvenderon e inculcaron, aceptan a discriminacióncoma a cousa máis natural do mundo e padecen, indaa estas alturas, un serio síndrome de Estocolmo quasecrónico. Cómpre dicir, xa que sae o tema, que o señor Fragadebeu ficar abraiado despois de ver o rotundo fracasodo seu proxecto bilingüe, non só porque a el se lledebe o récor de perda de falantes para o galego,

XABIER X. XARDÓNv

EMBATE

10

senón que ademais o ideal folclorista dofifty-fyfty non se atopa por ningures noestudo sociolingüístico que tanto teimouen agochar, e que vén de reflectir atendencia crecente nos últimosanos cara ao monolingüísmo engalego e en español. Do que se

deduce que en Galiza ou se está a prol danormalización plena ou da imposiciónprogresiva da lingua foránea e alleante; ou

se é progresista a serio ou se é un falabarato,pero non valen termos medios.Mais volvéndomos ao rego, calquera que non for

coñecedor da lista de prexuízos lingüísticos quecampan polas rúas do país (repito, inda a estasalturas...) non entendería cómo alguén se pode sentirofendido por ter que aprender a lingua do seu poboe do territorio no que vive, e moito menos cando osque se negan a aceptala como deber se criaronfalándoa e escoitándoa ou, nos casos de substituciónlingüística máis precoces, cando é a lingua natural dosseus pais e/ou dos seus avós. De onde había nacer anegativa de aceptar a situación lingüística de Galiza(con case o 100% de competencia e taxas de falantesmonolingües ou maioritariamente en galego por ribado 60% malia os recortes fraguianos) senón dospropios prexuízos que tristemente nos singularizan?Eles son os anormais, por non quereren anormalidade para o que é seu tamén, ancorados nodiscurso máis ou menos maqueado da imposición doespañol como lingua dominante, e sacando a colaciónargumentos coma o de que o español tamén é linguapropia de Galiza, rango que nin sequera oconstitucionalismo español ousou outorgarlle: Certoque o español é a lingua oficial de todo o territorio doestado, pero certo é tamén que no Estatuto actual sóo galego fica contemplado como "propio" de Galiza,alén de "oficial". E isto foi posible porque o carácter oficial do españole o alcance desa oficialidade fica estipulado na propiaconstitución, mentres que o recoñecemento e rangodas demais linguas pasan a ser competencia dosgobernos autónomos e terán de ser fixados nosEstatutos de Autonomía. Así, o artigo 3 daConstitución do 78 foi concibido como o punto departida da regulamentación sobre lingua, delegandonas Comunidades Autónomas a capacidade deregular os estatus das linguas respectivas, así como delexislar en materia lingüística coas miras postas nadefensa e difusión das mesmas. E nada se di, xa quelogo, de prohibición algunha de ofrecerlle ao galego,catalán e euskera o rango de linguas obrigatorias á pardo español. Moi ao contrario, se non se estableceu xadaquela o deber de coñecemento para as demais

Page 11: EMBATE 4

EMBATE

11

linguas do Estado foi por considerar que tiñan queser as comunidades respectivas as que valorasen aviabilidade práctica de obrigar o coñecemento delinguas nas que a maioría dos falantes eran, na altura,analfabetos.O que aconteceu no caso galego foi que se recolleu aigualdade das dúas linguas oficiais, mais coa suficienteambigüidade como para que o TribunalConstitucional recorrese a Lei de Normalización doIdioma Galego de 1983, na cal xa se establecía ocarácter obrigatorio da lingua propia (velaquí oantecedente obrigatorio en materia lingüística para areforma estatutaria que se vén de abrir). O argumentofoi que dito deber era anticonstitucional en canto quenon aparecía recollido no texto estatutario, mais nadase dixo de incompatibilidades co artigo 3 daConstitución, como recordaba o nada sospeitoso denacionalista galego Alfredo Pérez Rubalcaba nunhaentrevista concedida a El País o 5 de febreiro desteano.

Velaquí a oportunidade que se abre coa reforma doEstatuto en materia lingüística, a falta dun marco depleno autogoberno do pobo galego. Só fica por ver sea actual clase política galega estará á altura dun retotan importante e de tal transcendencia para Galiza, ouse ao final se vai impor outra vez a lei da ideoloxíadominante castrapeiro-españolista e nos deixan atodos coa verdade na boca e os dereitos no tinteiro.E é que cousiñas coma esta cómpre aclaralas benantes de enfrontar un debate serio sobre a reforma doEstatuto para que nin boinas, nin birretes, ninpseudoprogres "socialistas" poidan esbardallar ao seuantollo argumentos que caen polo propio peso, encontra da igualdade que o pobo galego ten quereclamar sen reservas para abrir camiño de xeitodecidido á normalización plena da única lingua denoso. E, por que non, por ver se algúns deixan ocinismo de lado e dunha vez se desenmascaranideoloxías, actitudes, vergoñas e prexuízos varios.Porque, á fin e ao resto, ao electorado galego non segaña en español...

12 de agosto de 1975O independentista galego Xosé Ramón Reboiras cae

en combate contra as forzas dapolicía española en Ferrol. Tiña25 anos. Hoxe, 31 anos despois,

a mocidade revolucionariagalega NON ESQUECE.

y

12 de agosto de 2006

A LOITA CONTINUA !

Page 12: EMBATE 4

Quen recibe unha idea de min, recibe instrución sen diminuír a miña; igual quequen acende a súa vela coa miña, recibe luz sen que eu quede a escuras.Thomas JeffersonHoxe en día cando se fala de cultura fálase de creación e de industria, unha cousa sen a outra xa non existe.

Carmen Calvo

"A Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE) é unha entidade españolade xestión colectiva dedicada á defensa dos dereitos de autor dos seussocios/as, entre os que se contan toda clase de artistas e empresarios/as donegocio da cultura. Segundo os seus estatutos, é unha organización "sen ánimo

de lucro" que xestiona o cobro e a distribución dos dereitos de autor dos autores eá vez vela polos intereses dos editores. O actual presidente do seu consello dedirección é Teddy Bautista." .-Definición da SGAE da WIKIPEDIA.

Para a SGAE "todo ten un prezo", "a música é un produto, igual que un refresco ouunha bolsa de flocos", "compartir é malo", "se falas vas a xuízo", "todo ten un dono", "non cantes, nonrespires, non olles, tan só consume".O surrealista mundo da SGAE e similares propón a dexeneración completa da música. Devaluala cara aoconcepto de produto, eliminando as suas connotacións culturais e a súa aura de ben social. Aplicándolle oconcepto do kleenex crea música de usar e tirar, facilmente creable e esquecible, para ter unha novidade perenee perpetua.Segundo un artigo reproducido sen rubor nesa web, "facer unha copia dun CD para darlla a outra persoa (aun amigo) ou mandarlle as cancións por e-mail si é unha práctica penalmente perseguible. [...] Asemade,tampouco está permitido difundir a música sen permiso do autor. Poderia castigarse penalmente, por exemplo,por CD´s grabados nunha festa". Como se pode percebir, non se refire a unha festa que teña necesariamenteun fin lucrativo, se non que a túa festa de aniversario podería servir para asignarte unha cela a pensióncompleta.- (Referindose á web de ACAM - "Cópia este Libro" por David Bravo).Pero son precisamente entes como a S.G.A.E. as que fan posible a súa propia alternativa. De igual forma quegrazas ao mal entendemos o ben, grazas aos que intentan evitalo coñecemos outra forma de facer música.Os inícios da música libre.A música libre non é algo novidoso, a música naceu libre pero foi escravizada, hoxe a idea é volver a liberala.Toda canción, toda melodía ten un autor/a, un creador/a. Pero como concepto, non ten dono, sería comopatentar o aire, inviable, impensable, imposible. Se a música naceu libre, pode volver a selo , e debe volver aselo. Comezou antes das Sociedades de Xestión e continuará moito despois de que estas caian.Actualmente estase a librar unha guerra pola liberdade da música, por romper unhas cadeas de ouro quefavorecen só aos catro que antes tiñan voz. Hoxe Internet deu voz a todo o mundo, todo o mundo pode falare hai quen intentan impedilo.É moi difícil definir a arte; o que me gusta non ten por que lle gustar a outras persoas, as sociedades nosimpoñen uns gustos que non temos por que ter, Operación Triunfo, Alejandro Sanz, etc."A arte xamais debe intentar ser popular. O público é o que debe intentar ser artista."(Oscar Wilde).Como non me gusta ese tipo de música (é máis, na miña definición de música nin sequera entran), buscoalternativas pola rede. Moitos, comparan o meu ánimo de atopar a beleza co saqueo, o roubo. Ignorantes,mentireiros, ladróns.

MÚSICA ESCRAVA

EMBATE

12

Page 13: EMBATE 4

A música está intentando voar. Desde Internet vese de forma tanxíbel a axitación que provoca. Centos deartistas liberan a súa arte; centos de cancións escravas fanse libres polo P2P; os seus secuestradores usan oescudo que deberían protexer aos inocentes, a xustiza, como espada, ameazan cravarlla a todo aquel que seachegue ao seu tesouro, con ollos centelleantes de ira porque resulta que o que crían seu, é de todos.Cada noticia recorre miles de quilómetros a golpe de rato: o furto de mais de 500 euros a uns rapaces quefacían teatro (SEN COBRAR); a violación da intimidade dunha voda para proceder logo a estender unhafermosa factura; o afundimento da carreira dun home tan só por dicir que existía o P2P en voz alta; páxinasde humor pechadas por ironizar por algo que é demasiado serio como para ser pronunciado... Por non falardo cobro dos concertos benéficos de recadación de fondos para axudar na crise do Prestige.A xente golpea as cadeas, os seus donos petan aos libertadores, heroes anónimos do presente que forxan acultura do mañá.As respostas das sociedades de Xestión son varias:- A mentira repetida mil veces para que soe a unha verdade, poñen o berro no ceo cando se interpretan deformas distintas as siglas S.G.A.E. ou cando se lles compara con outro tipo de sociedades organizadas, peroeles aproveitan a menor oportunidade para calificarnos de piratas ("Persoa que, xunto con outras de igualcondición, se dedica a abordaxe de barcos no mar para roubar" ou "Persoa cruel e despiadada").É curioso que unhas persoas que exixiron (segundo eles por erro) a un grupo de rapaces discapacitados, queinterpretaban temas protexidos sen ánimo de lucro, medio millar de euros, se crean co dereito moral de chamara alguen "persoa cruel e despiadada".- O roubo descarado a toda a cidadanía: cando nós mercamos un CD, independentemente do uso, témoslleque pagar unha porcentaxe* (por se acaso o usamos para "piratear") independentemente do uso que vaiamosfacer con eles, é dicir, as nosas fotos, o noso traballo, as nosas copias de seguridade... pagámoslles por todo iso.Eles crean esas leis, xúlgannos e executan a sua propia sentenza, unha sentenza que condena á cultura,garantida por unha Constitución (a española) que eles mesmos prefiren ignorar. Tal sentenza prodúcese senxuízo previo, sen dereito a un avogado e saltándose de paso outro punto da citada Constitución que estabeleceque todo cidadán é inocente até que se demostre o contrario. Como logrou unha organización sen ánimo delucro un poder tal de unir en si mesma os tres poderes e de poder interpretar a constitución de formasurrealista?Como di David Bravo "Os dereitos son como os músculos, se non se exercitan atrofianse"e son precisamente esas reaccións violentas das entidades as que, como punzantesmaniotas, nos confirman que levábamos moito tempo sen defender o quenon é de ninguén, demasiado, e moitas mans abalanzáronse sobre iso para llepór un dono, pero tamén indican que aínda que o proceso será doloroso, ébeneficioso.

*Canon: O canon é unha cantidade económica porcentual que pode superar o 50% do valor do suportemarcado, e dito ingreso realízao a SGAE para o repartir como considere oportuno. Teoricamente repárteo aosautores dos dereitos das obras (pero a un servidor non lle pagaron os seus dereitos polas fotos que fixo enverán e iso que si que lle cobraron dita taxa). O canon non só o pagan os cidadáns, se non tamén institutos,hospitais e calquera persoa física ou xurídica que merque os suportes gravados por el independentemente douso.

EMBATE

13

Page 14: EMBATE 4

EMBATE

14

ESPAD

ELA AR

TESAN

ATO · R

úa do

Vilar, 5

8-BCom

postel

aGR

ÁFICA

S PLAN

ETA · P

edrauc

ha 9 ·

Tameig

a-Mos

LIBRER

IA MEN

DINHO

· Avda

. Cast

elao,

7 · Vi

goCA

SA DA

S CREC

HAS ·

Vía S

acra,

3 ·Com

postel

a

A POL

A NA P

OLA ·

Rúa C

ervant

es, 19

· Vigo

O BAR

DO · C

ervant

es 5,

Baixo

· Vigo

LIBRA

RIA AN

DEL · R

úa Pin

tor Lu

grís, 1

0 · Vi

go

ANIL P

ERRUQ

UEIRO

S· Pra

za de

Feixóo

, nº 3

Compos

tela

P U B L I C I D A D E

[email protected]

O TUT

O DE M

ORA ·

Entre

cercas

, 52 ·

Compos

tela

EMBO

RA · R

úa Tra

s Fiz d

e Solo

vio, 2

·Com

postel

aA V

ACA L

ÁCTEA

· Rúa

Algalia

de Ar

riba,

4·Com

postel

a

A TULL

A · En

trerrú

as, 1·

Comp

ostela

Page 15: EMBATE 4

TRAPALLADA, O peor de cada casaDesde o lexendario barrio que xa vira nacer aos Diplomáticos chéganos agora os

TRAPALLADA cunha perfecta combinación de punk e ska con algún que outro toquexamaicano, letras en galego e compromiso co país.

Preséntannos unha maqueta autoproducida por eles mesmos en formato CD con 7 temasdos que destacariamos Revóltate e Palestina que contan cunha moi interesante sección de

ventos a cargo de xente de Skarnio e dos Tres Trebóns, tamén cómpre destacar o temaOutra vez, que fala dunha das situacións que máis nos afectan como é a precariedade

laboral, ou a canción que dá comezo ao CD Galiza baila ska. A maqueta podedesconseguila polos locais da Coruña e nos seus concertos: se tedes a oportunidade acudide a

velos en directo que de seguro non van defraudarvos. Desde o EMBATE estamosconvencid@s de que sen dúbida atopámonos ante unha das promesas do actual panorama

musical galego. Sorte e adiante, Galiza baila ska !!!Máis información na súa web: www.trapallada.tk

libros

(

wwwwww.venezuelaenvideos.comNesta web poderás ver e descargar grande cantidade de vídeos da Revolución

Bolivariana que está en marcha en Venezuela. Un moi bo xeito de ir rompendo ocerco mediático do Imperio e coñecer de primeira man a realidade dese país

irmán e do seu proceso revolucionario nacional-popular.

MUSICA

A violencia excedenteFrancisco Sampedro, ed. Laiovento, 2006 A paz, o pacifismo, a violencia… son palabras moitas veces escoitadas no tempo no que

vivimos. Por iso é máis que nunca necesario un estudo sobre a significación delas, FranciscoSampedro, cun rigor analítico excelente, aborda o tema da violencia. Pero a violencia non é un

todo igual, e por iso o autor céntrase na agresividade desproporcionada e irracional queexcede. O texto é froito dunha conferencia pronunciada polo autor na Universidade de Boloña

sobre a paz, e contribúe a construír, desde Galiza, perspectivas para a macroanálise darealidade mundial, sempre entrando dentro do que coñecemos como "literatura de combate".Pois A Violencia Excedente, publicado por Laiovento, non é só un libro de filosofía, senón que

a política é tamén o centro.

Contra MaquieiroX. L. Méndez Ferrín, ed. Xerais, 2006Un canto desde a emoción á razón. É ese o sentir que Méndez Ferrín transmite no seu novo

poemario Contra Maquieiro. Publicado neste mesmo ano por Edicións Xerais, Ferrín dá, a travésdos seus poemas, unha volta ao século XX. Os seus simbolismos e a súa capacidade expresiva

lévannos da man a un século marcado por guerras e pola voráxine absoluta do monstro docapital, o maquieiro do noso século. Mediante lembranzas emocionadas, a través do

sentimento que producen os acontecementos, e vivindo cada palabra, o escritor invoca oretorno da razón ao mundo, onde cada vez queda menos. É así como Ferrín se posiciona,unha vez máis, contra o capitalismo, amosando toda a riqueza expresiva que o caracteriza.

EMBATE

15

Page 16: EMBATE 4

lGZ