EMIGRACIÓN/INMIGRACIÓN

7
EU CHEGUEI “Datos Persoais” Nome e Apelidos: Seung-Ha Sin Data de Nacemento: 24-01-1958 Lugar de Nacemento: Corea do Sur (Seúl) Idade coa que emigrou: Emigrou con 27 anos Visado de Traballo: Maestro de TaeKwon-Do Lugar de Residencia Actual: Chantada(Lugo) “Datos Laborais” En que traballaba no seu país de orixe? Traballaba de profesor de educación física, masaxista acupuntor. En que traballa en Galiza?

description

IÑAKI MUÑOZ PAZ.- 2º A E.S.O.-

Transcript of EMIGRACIÓN/INMIGRACIÓN

Page 1: EMIGRACIÓN/INMIGRACIÓN

EU CHEGUEI “Datos Persoais”

Nome e Apelidos: Seung-Ha Sin

Data de Nacemento: 24-01-1958

Lugar de Nacemento: Corea do Sur (Seúl)

Idade coa que emigrou: Emigrou con 27 anos

Visado de Traballo: Maestro de TaeKwon-Do

Lugar de Residencia Actual: Chantada(Lugo)

“Datos Laborais”

En que traballaba no seu país de orixe?

Traballaba de profesor de educación física, masaxista acupuntor.

En que traballa en Galiza?

Traballo de acupuntor.

“Historia da Viaxe”Cando e de onde saíu?

De Seúl o 1 de decembro do 1987.

Algunha anécdota na viaxe?

Sí,viaxei ó lado do actor Sean Connery. Tamén foi anecdótico que no aeroporto de Madrid a primeira impresión que tiven dos españois foi moi rara, parecíanme todos iguais,e falaban berrando como si estivesen pelexando.

Page 2: EMIGRACIÓN/INMIGRACIÓN

Cando e onde chegou antes de ficar aquí?

Cheguei a Aragón (Huesca) o 1 de decembro do 1987. Permanecín un ano.

“Situación Actual e Visión Persoal”

Mellorou ou empeorou a súa situación ? A miña situación en Corea ao principio era mellor que aquí. Hoxe son tan galego como coreano , non cambio a miña vida aquí, estou ledo.

Que destacaría como positivo? Os logros da miña vida, teño unha gran familia,

traballo e encántame Galicia que é moi parecido ao meu país.

Que destacaría como negativo?

Non poder ver moito a miña familia de Corea. Desexaría ter preto a miña nai.

Que demandas faría aos responsábeis de Inmigración/Emigración?

“ Papeles para tod@s”, é terrible a cantidade de trámites difíciles e absurdos que en moitos casos esixen.

Que consellos daría ás persoas que quixeran emprender a mesma viaxe?

Saín do meu país cunha idea de que pouco menos iba ó paraiso , parecíame unha aventura marabillosa, a realidade foi moi distinta , durante os seis primeiros meses foi un xordo e un mudo , non podía falar nen entender nada.É certo que na miña vida sempre atopei xente moi boa que me axudou moitisimo , aínda así estivo moitas veces, os primeiros anos, tentado a voltar ó meu país. Consello? “ Ó principio é moi duro, deixar a terra,a familia,as costumes,a comida…pero ..eu…sen dúbida volvería a facelo! . ¡Hoxe estou felíz,en ningures estaría así! ”

Que opina da Emigración? A emigración paréceme xeralmente triste xa que deixas atrás aos teus seres queridos e aos teus amigos, pero por outro lado é positiva para os xóvenes porque poden ver e aprender culturas doutros países.

Page 3: EMIGRACIÓN/INMIGRACIÓN
Page 4: EMIGRACIÓN/INMIGRACIÓN

EU MARCHEI“Datos Persoais”

Nome e Apelido: Consuelo Pérez Lemos

Data de Nacemento: 13-06-1941

Lugar de Nacemento: San Xurxo de Asma-Chantada (Lugo)

Idade coa que emigrou: 16 anos

Visado de Traballo: No

Lugar de Residencia Actual: Chantada (Lugo)

“Datos Laborais”En que traballaba en Galiza?

No agro

En que traballaba na Emigración?

Traballaba nunha fábrica de agullas de coser.

Page 5: EMIGRACIÓN/INMIGRACIÓN

“Historia da Viaxe”

Cando e de onde saíu?

Saín o un día de Setembro de 1957 de Chantada a Monforte en autobús, despois collín o tren a Irún e alí estaba a miña tía que levoume en coche ata Biarritz (Francia).

Algunha anécdota na viaxe?

Foi una viaxe moi longa, tardei dazanove horas, iba soa e pasei moito medo, era a primeira vez na miña vida que saía de Chantada.

Cando e onde estivo antes de voltar a Galiza?

Estiven vivindo en Biarritz catro anos coa miña tía e despoís nos trasladamos a Mondragón (Guipuscoa) para traballar nunha filial da fábrica de agullas. Aquí fixen o resto da miña vida ata que me xubilei.

“Situación Actual e Visión Persoal”

Mellorou ou empeorou a súa situación?

O principio paseino moi mal, porque era todo novo: o idioma, as costumes, a xente, a comida pero co tempo a miña situación mellorou moito sobre todo económicamente.

Que destacaría como positivo?

Coñecer unha cultura nova, xente distinta, e o choque tan grande de costumes, e sobre todo gañar calidade de vida.

Que destacaría como negativo?

Alonxarme da miña familia, da miña nai. A morriña da miña terra.

Que demandas faría aos responsábeis de Emigración/Inmigración?

Que os trámites burocráticos foran mais sinxelos.

Que consellos daría ás persoas que quixeran emprender a mesma viaxe?

Que o pensen moito,non é doado.

Que opina da Inmigración?

Só está ben cando non se pode vivir con dignidade na terra propia.

Page 6: EMIGRACIÓN/INMIGRACIÓN