Enerxía nuclear

14
Enerxía nuclear

Transcript of Enerxía nuclear

Page 1: Enerxía nuclear

Enerxía nuclear

Page 2: Enerxía nuclear

É a enerxía que liberan os núcleos dos átomos.Pódese aproveitar de forma industrial para producir enerxía eléctrica nas centrais nucleares, ou para impulsar barcos e submariños. Tamén existen proxectos para empregar a enerxía nuclear para lanzar foguetes ao espazo en viaxes de longa duración.En medicina emprégase a radioactividade para facer probas diagnósticas e tratar o cancroNa agricultura emprégase para irradiar plantas e producir mutacións xenéticas controladas e para ampliar os seus períodos de conservación.

Page 3: Enerxía nuclear

ENERXÍANUCLEAR

FUSIÓN FISIÓN

estrelasreactores de fisión

bombas, reactores, centrais nucleares

(submariños, enerxía eléctrica)

Page 4: Enerxía nuclear

FUSIÓN NUCLEARÉ a enerxía liberada na unión de núcleos atómicos para formar outros elementos.Nun reactor de fisión prodúcense microexplosións termonucleares que se orixinan cando a luz de laser ou raios X inciden nunha bola de deuterio e tritio para comprimila e facela chegar a 100 millóns de graos centígrados.A enerxía producida por fusión sería moi útil e limpa. Non tería efectos secundarios porque a xeración de enerxía detense cando baixa a temperatura. Polo de agora non se conseguiu que a produción de enerxía sexa rentable.

Page 5: Enerxía nuclear

reactor de fusión

Page 6: Enerxía nuclear

FISIÓN NUCLEARÁ enerxía libérase ao romper os núcleo dos átomos. Durante a fisión os núcleos liberan neutróns que poden volver producir novos choques dando lugar a reaccións en cadea. Estas reaccións controladas aprovéitanse como fontes de enerxía calorífica nos reactores nucleares. Se non se controlan prodúcese o efecto da bomba atómica.1 gramo de uranio produce unha enerxía equivalente a 1 tonelada de carbón.

Page 7: Enerxía nuclear

Primeiro reactor nuclear de fisión-Fermi. Estados Unidos-1942

A fisión foi descuberta no 1938 polos físicos alemáns Otto Hahn e Friz Strassmann.No 1942 Enrico Fermi puxo en marcha a primeira “pila atómica” e conseguiu a primeira reacción en cadea. No 1945 un equipo dirixido por Oppenheimer construiu a primeira bomba atómica que se probou no deserto de Novo México. Os Estados Unidos utilizaron por primeira vez a bomba atómica en accións de guerra para bombardear as cidades de Hirosima e Nagashaki no Xapón. 80.000 persoas morreron nun instante, 60.000 ao ano seguinte como consecuencia da radiación, e moitas máis en anos posteriores.

Page 8: Enerxía nuclear

CENTRAL NUCLEARInstalación deseñada para producir, nun reactor, unha fisión nuclear controlada e aproveitar a enerxía resultante para quecer un fluído que move xeradores de enerxía eléctrica.

Page 9: Enerxía nuclear
Page 10: Enerxía nuclear

Como combustible emprégase o uranio natural ou enriquecido. A reacción nuclear contrólase introducindo no reactor unhas barras de boro ou de grafito que absorben o exceso de neutróns desprendidos e reducen a súa velocidade. Como refrixerante xeralmente úsase auga lixeira ou pesada.

núcleo dun reactor nuclear

Page 12: Enerxía nuclear

Usos médicos

Page 13: Enerxía nuclear

EFECTOS DA ENERXÍA NUCLEAR-Contaminación térmica: augas e gases quentes-Contaminación química: no aire e na auga-Contaminación radioactiva: as radiacións ionizantes acumúlanse nos seres vivos e actúan a moita distancia do punto de emisión.-Os resíduos permanecen activos durante miles de anos.

Page 14: Enerxía nuclear

MONTAXE: Adela LeiroFOTOS: Internet, Adela Leiro.DEBUXOS: Mon Daporta