Entroido carla

7
O Entroido Carla Pérez Pérez 4ºB Febreiro de 2013

Transcript of Entroido carla

Page 1: Entroido carla

O Entroido

Carla Pérez Pérez 4ºBFebreiro de 2013

Page 2: Entroido carla

PELIQUEIROS DE LAZA

Laza é o lugar de Galicia onde se segue a tradición dos carnavais , e a personaxe central é o Peliqueiro. Tamén existen outras personaxes secundarias coma a morena e o maragato. É o rei e dono da festa. Os seis “chocos” son similares aos cencerros e avisan da súa presencia. Cada un pesa un kilo e medio e son de ferro e bronce. Van suxeitos a un cinturón de pel. O traxe está composto dunha careta, chaqueta, pantalón, a zamarra, adornos e accesorios. A careta é de madeira de abedul e mitra de aluminio e uns pompóns que colgan dos estremos. Os motivos principais son os animais. E na man levan a zamarra e unha especie de fusta. Saen sobre 150 peliqueiros cada domingo do Entroido.

Page 3: Entroido carla

AS PANTALLAS DE LIMA

O traxe típico das pantallas considérase incompleto sen dúas vexigas que son de vaca secadas e infladas, lévanas na man e se repoñen cada vez que se rompen .Visten camisa e calzóns brancos, capa vermella ou negra, pañoleta, polainas e zapatos negros e na cintura leva unha campanilla. O símbolo por antonomasia do entroido de Xinzo é a pantalla. A súa función é a de vixiar que ninguén pase pola rúa sen disfrazarse. Quen sexa pillado sen disfrazarse terá que invitar a un viño. O que se resista será perseguido. Diante das mulleres e forasteiras as “Pantallas emiten un sonido sordo como dun animal metendo medo e saltos.

Page 4: Entroido carla

CIGARRÓNS DE VERÍN

En Verín os carnavais son tamén moi famosos. Son festas de interese turístico nacional. O cigarrón é a personaxe central. O seu traxe pesa sobre 25 kilos. É unha tradición que se trasmite de pais a fillos. Non é doado de levar xa que as chocas pesan moito e a careta é de madeira.Tamén levan faxa e accesorios que dificultan a mobilidade. Se parecen bastante aos peliqueiros de Laza pero son distintas. Algunhas teorías as sitúan no século XVI, cando o Conde de Monterrei exercía o seu poder na comarca, e os sitúan como cobradores.

Page 5: Entroido carla

MERDEIROS

Os Merdeiros prohibíronse a través dun bando municipal na década dos 20 por ser “malsoante”. Esta figura está ligada ao Berbés e plasma a rivalidade entre a xente do mar e as do campo. Os mariñeiros burlábanse dos agricultores que baixaban ao porto a buscar vísceras dos peixes e algas para abonar o campo. Coa chegada do Entroido os mariñeiros ían polas rúas do Casco Vello tirando tripas de peixe estropeado. Esta tradición suprimiuse debido o empuxe de novas celebracións máis vistosas que o Entroido, limpas e menos ofensivas. Tras máis de 80 anos desaparecida a figura do merdeiro, volve para quedarse. A sorpresa causada polo traxe e careta cando saíu por primeira vez no 2006 derivou en aceptación e agarimo.

Page 6: Entroido carla

WEBGRAFÍA

● Www.galeon.com/carnaval_ourense/pro5.htm

● es.wikipedia.org/wiki/merdeiro

● es.wikipedia.org/wiki/cigarron

Page 7: Entroido carla

WEBGRAFÍA

● Www.galeon.com/carnaval_ourense/pro5.htm

● es.wikipedia.org/wiki/merdeiro

● es.wikipedia.org/wiki/cigarron