EpS_aliméntate connosco
-
Upload
tic31bach31 -
Category
Education
-
view
285 -
download
1
Transcript of EpS_aliméntate connosco
EpS
Área de contidos de Educación para a saúde
INTRODUCIÓN
o Definición de EpS
A Educación para a Saúde como un proceso de formación, de responsabilización do individuo a fin de que adquira os coñecementos, as actitudes e os hábitos básicos para a defensa e a promoción da saúdeindividual e colectiva.
É dicir, como un intento de responsabilizar aoalumno e de preparalo para que, pouco a pouco, adopte un estilo de vida o máis san posible e unhas condutaspositivas de saúde.
Coidados persoais
(hixiene xeral e bucodental)
Definición:
Esta área pretende dar información e
concienciar aos nenos e nenas de E.I. sobre a
importancia da hixiene persoal do propio corpo.
Actividade para traballar na aula:
Un exemplo de actividade sería a elaboración
de xabón por parte dos nenos. O obxectivo
principal desta actividade é que os rapaces
adquiran hábitos de hixiene para levar a cabo a
cotío.
Relacións persoais e humanas, incluíndoeducación sexual e aspectos de saúde mental
e emocional Definición:
Comprender e identificar as emocións tanto en si
mesmo coma nos demáis, asumindo que non todos
somos iguais e que debemos respectarnos entre todos.
Actividade para traballar na aula:
Deseñamos unha especie de oca con diferentes
expresións faciais. Xogamos entre todos por
turnos, e a quen lle toque deberá representar a emoción correspondente. O obxectivo é que
aprendan a identificar as emocións e a poñersena situación dos outros.
Alimentación e nutrición Definición:
Esta área tenta fomentar a adquisición de
hábitos alimenticios saudables, previr as
enfermidades cardiovasculares, así coma de
trastornos alimenticios.
Actividade para traballar na aula:
Mediante o recurso «Pizarra dixital» invitamos
aos alumnos a xogar mentres aprenden
aspectos relacionados coa alimentación.
http://www.vedoque.com/juegos/los-alimentos.swf?idioma=es -
Uso e abuso de medicamentos e drogas (legais e ilegais), ludopatías e internet.
Definición:
Esta área pretende concienciar aos máis
pequenos sobre os perigos que se
atopan no seu contorno e a importancia
de dicir non a estas prácticas.
Actividade para traballar na aula:
Realizar dous glogster; un deles ondeaparezan reflexados estilos de vida sans,
sen a presenza do alcol ou drogas, e
outro no que sí aparezan estes malos
hábitos. Falarlles aos nenos do que é bo
e do que é malo, e preguntarlles en qué lugar lles gustaría estar, e por qué.
Medio-ambiente e saúde Definición:
Esta área pretende ensinarlles aos
nenos a importancia do medio no que
viven, que sepan coidar e respectar os
diferentes ecosistemas e evitar a contaminación e todas as súas
variantes.
Actividade para traballar na aula:
Xornada ao aire libre: levaremos aos
nenos ao campo onde realizaremos un
picnic e xogos relacionados con
recursos que nos ofrece o entorno no
que nos atopamos. Aprenderán a
valorar o medio que os rodea.
Seguridadee prevención de accidentes
Definición:
Esta área pretende alonxar aosnenos dos perigos que os rodean e previr futuros problemas que poidan aparecer na súa vida cotiá.
Actividade para traballar na aula:
Reprodución dun vídeo educativo sobre a seguridade e posteriormente relatarán os nenosqué peligros atopan no seucontorno e que deben facer para evitalos.
http://www.youtube.com/watch?v=7Tu1DSSImbo&feature=related
Educación para o consumo Definición:
Esta área traballa aspectos relacionados co consumo que realizan as persoas, tentando evitar un abuso innecesario e conciencialos a consumir o xusto e necesario.
Actividade para traballar na aula:
Realización dunha carta aos Reis Magos solidaria, onde os nenos non poidan pedir cousas materiais. O obxectivo desta actividade é que os nenos comprendan que as cousasmateriais non dan a felicidade e deste xeito inculcar neles bos hábitos de consumo.
Saúde comunitaria e a súautilización
Definición:
Nesta área preténdese que os nenos
aprendan a interiorizar normas tanto
de comportamento como de interación cos demáis.
Actividade para traballar na aula:
Elaboración dunhas normas entre
todos os nenos da aula, aceptadas
por todos e de obrigado
cumprimento, para deste modo
crear un bo clima de convivencia e
respecto no aula.
Vida familiar Definición:
Nesta área trabállase a convivencia
entre os diferentes membros da
familia para unha boa relación entre
eles e un ambiente de benestarcomún.
Actividade para traballar na aula:
Formar un círculo entre todos os
nenos e que cada un conte de cára
aos demáis cómo é a súa familia e
que posteriormente establezan as
semellanzas e diferenzas entre todas
elas.
Prevención e control de enfermidades
Definición:
Nesta etapa trátase de inculcar unhaeducación preventiva fronte ás enfermidadesque se poden producir nestas idades tanto no contorno escolar como familiar.
Actividade para traballar na aula:
Reprodución dun spot publicitario do Ministerio de Sanidade no que se reflicte o mal uso dos medicamentos. Despois de ver o vídeo comentaremos a importancia de empregar de forma responsable os medicamentos.
http://www.youtube.com/watch?v=ctQ7zhgWk0o
Presentación realizada por:
Rebeca Montes Cobián
Alba Prieto Rolán
Soraya Silva Aparicio
Irene Varela Carpintero
Bibiana Varela Tombo