ESPECIAL retribucións e xubilación 2012 - Novas - CIG Ensino · extras nun 30%. Se temos en conta...

8
Marzo 2012 Confederación Intersindical Galega ENSINO iNFORMA www.cig-ensino.com D.L. C-325-85 Edita CIG-Ensino. R. Miguel Ferro Caaveiro, 10, Santiago. 15703. Tiraxe 12.000 ESPECIAL retribucións e xubilación 2012 Os salarios do profesorado depreciáronse en máis do 15% desde o ano 2010 Desde o mes de xuño de 2010 o profe- sorado viu reducido o seu salario men- sual nunha media dun 7% e desde decem- bro do mesmo ano reducíronlle as pagas extras nun 30%. Se temos en conta a redución das retribu- cións, aplicada nos exercicios do ano 2010, 2011 e 2012, así como a suba do IPC deses anos (3,1% no ano 2010, 2,5% no ano 2011 e un 2% previsto para o ano 2012), os no- sos salarios depreciáronse en máis dun 15%. Este brutal recorte supón que, por exemplo, un mestre/a que teña un sexe- nio ve recortadas as súas retribucións en 7.110 euros e con 3 sexenios 8.126 euros; ao Profesorado Técnico de Formación Profesional cun sexenio recortaranlle as súas retribucións en 70381 euros e con 3 sexenios 8.399 euros e ao profesorado de Ensino Secundario cun sexenio dimi- nuíronlle as súas retribucións en 10.003 euros e con tres sexenios 12.128 euros. (Ver cadros na páxina seguinte). Por se isto fora pouco, desde xaneiro des- te ano vemos como o incremento do IRPF mingua de novo as nosas nóminas. A re- tención verase incrementada, degradando as retribucións de cada profesor/a nunha cantidade que pode oscilar entre 20 e 45 euros mensuais. Por outra banda, incre- mentáronse os descontos nun 1% para pasivos e MUFACE, 16,94 euros no caso do grupo A2 (mestres) e en 21,56 euros no grupo A1 (PES). A esta agresión, hai que lle engadir a li- quidación da xubilación LOE, a supresión do Fondo de Acción Social, a supresión da matrícula gratuíta na universidade, o incre- mento do horario lectivo, a posibilidade de reducirlles aos interinos/as a xornada e as retribucións nun terzo, a redución das retri- bucións nos primeiros 21 días de baixa por continxencias comúns a todos aqueles/as que non pertenzan ao réxime de clases pa- sivas ou a MUFACE. Todas estas medidas contra os empregados/as públicos/as, en xeral, e contra o profesorado, en particular, están orientadas a deteriorar, recortar e pri- vatizar os servizos públicos e implica graves recortes nas condicións laborais e salariais de todo o persoal. A Xunta de Galiza pretende, de novo, que sexan as súas traballadoras e traballadores o os servizos públicos os que paguen as con- secuencias desta crise sistémica, debida a un sistema especulativo e voraz, á marxe da economía produtiva, que procura o desman- telamento de todo o público, a precarización das condicións de traballo e o incremento das desigualdades sociais. O PP, en lugar de incentivar medidas contrarias ás que nos levaron a está crise, pretende continuar con políticas ultraliberais que veñen impostas desde instancias económicas e políticas, á marxe de calquera control democrático. Coa desculpa de combater o déficit e a débeda pública, asáñanse co gasto social, cos ser- vizos públicos e coas conquistas laborais, favorecendo descaradamente os intereses do capital financeiro e especulativo.

Transcript of ESPECIAL retribucións e xubilación 2012 - Novas - CIG Ensino · extras nun 30%. Se temos en conta...

Marzo 2012

Confederación Intersindical GalegaENSINO iNFORMA

www.cig-ensino.comD.L. C-325-85 Edita CIG-Ensino. R. Miguel Ferro Caaveiro, 10, Santiago. 15703. Tiraxe 12.000

ESPECIAL retribucións e xubilación 2012

Os salarios do profesorado depreciáronse en máis do 15% desde o ano 2010

Desde o mes de xuño de 2010 o profe-sorado viu reducido o seu salario men-sual nunha media dun 7% e desde decem-bro do mesmo ano reducíronlle as pagas extras nun 30%.

Se temos en conta a redución das retribu-cións, aplicada nos exercicios do ano 2010, 2011 e 2012, así como a suba do IPC deses anos (3,1% no ano 2010, 2,5% no ano 2011 e un 2% previsto para o ano 2012), os no-sos salarios depreciáronse en máis dun 15%.

Este brutal recorte supón que, por exemplo, un mestre/a que teña un sexe-nio ve recortadas as súas retribucións en 7.110 euros e con 3 sexenios 8.126 euros; ao Profesorado Técnico de Formación Profesional cun sexenio recortaranlle as súas retribucións en 70381 euros e con 3 sexenios 8.399 euros e ao profesorado de Ensino Secundario cun sexenio dimi-nuíronlle as súas retribucións en 10.003 euros e con tres sexenios 12.128 euros. (Ver cadros na páxina seguinte).

Por se isto fora pouco, desde xaneiro des-te ano vemos como o incremento do IRPF mingua de novo as nosas nóminas. A re-tención verase incrementada, degradando as retribucións de cada profesor/a nunha cantidade que pode oscilar entre 20 e 45 euros mensuais. Por outra banda, incre-mentáronse os descontos nun 1% para pasivos e MUFACE, 16,94 euros no caso do grupo A2 (mestres) e en 21,56 euros no grupo A1 (PES).

A esta agresión, hai que lle engadir a li-quidación da xubilación LOE, a supresión

do Fondo de Acción Social, a supresión da matrícula gratuíta na universidade, o incre-mento do horario lectivo, a posibilidade de reducirlles aos interinos/as a xornada e as retribucións nun terzo, a redución das retri-bucións nos primeiros 21 días de baixa por continxencias comúns a todos aqueles/as que non pertenzan ao réxime de clases pa-sivas ou a MUFACE. Todas estas medidas contra os empregados/as públicos/as, en xeral, e contra o profesorado, en particular, están orientadas a deteriorar, recortar e pri-vatizar os servizos públicos e implica graves recortes nas condicións laborais e salariais de todo o persoal.

A Xunta de Galiza pretende, de novo, que sexan as súas traballadoras e traballadores

o os servizos públicos os que paguen as con-secuencias desta crise sistémica, debida a un sistema especulativo e voraz, á marxe da economía produtiva, que procura o desman-telamento de todo o público, a precarización das condicións de traballo e o incremento das desigualdades sociais. O PP, en lugar de incentivar medidas contrarias ás que nos levaron a está crise, pretende continuar con políticas ultraliberais que veñen impostas desde instancias económicas e políticas, á marxe de calquera control democrático. Coa desculpa de combater o déficit e a débeda pública, asáñanse co gasto social, cos ser-vizos públicos e coas conquistas laborais, favorecendo descaradamente os intereses do capital financeiro e especulativo.

confederación intersindical galega2

marzo 2012

Exemplos dos recortes salariais ao profesorado desde xuño de 2010

MESTRES/AS Con 1 sexenio Con 3 sexenios 2010 2011 2012 2010 2011 2012

Sen recorte + IPC 31.138,66 € 32.103,96 € 32.906,56 € 35.730,38 € 36.838,02 € 37.758,97 €

Real, con recorte e conxelado 30.120,98 € 29.458,98 € 29.458,98 € 34.564,89 € 33.817,98 € 33.817,98 €

Diferenza anual -1.017,68 € -2.644,98 € -3.447,58 € -1.165,49 € -3.020,04 € -3.940,99 €

Diferenza total -7.110,24 € -8.126,52 €

PTFP Con 1 sexenio Con 3 sexenios 2010 2011 2012 2010 2011 2012

Sen recorte + IPC 32.753,42 € 33.758,78 € 34.602,75 € 37.345,14 € 38.502,84 € 39.465,41 €

Real, con recorte e conxelado

31.747,50 € 30.992,96 € 30.992,96 € 36.209,54 € 35.351,96 € 35.351,96 €

Diferenza anual -1.005,92 € -2.765,82 € -3.609,79 € - 1.135,60 € -3.150,88 € -4.113,45 €

Diferenza total -7.381,54 € -8.399,93 €

PES Con 1 sexenio Con 3 sexenios 2010 2011 2012 2010 2011 2012

Sen recorte + IPC 35.463,12€ 36.562,48 € 37.476,54 € 40.554,36 € 41.811,55€ 42.856,84 €

Real, con recorte e conxelado 33.971,81€ 32.763,38 € 32.763,38 € 38.849,64 € 37.122,38€ 37.122,38 €

Diferenza anual -1.491,31 € -3.799,10 € -4.713,16 € -1.704,72 € -4.689,17 € -5.734,46 €

Diferenza total -10.003,57 € -12.128,35 €

Nota: as cantidades finais son as que serían necesarias para manter o mesmo poder adquisitivo que tiñamos a 30 de maio de 2010.

confederación intersindical galega3

marzo 2012

Retribucións do profesorado 20121. RETRIBUCIÓNS BÁSICAS

Grupo A2 (Antes B) Grupo A1(Antes A)

Concepto Mestres/as* Nivel 21 Técnico/a F.P. Nivel

24 P. Secundaria Nivel

24 Catedrático/a Nivel

26 Paga

ordinariaPaga extra

Pagaordinaria

Paga extra

Pagaordinaria

Paga extra

Pagaordinaria

Paga extra

Salario 958,98 € 699,38 € 958,98 € 699,38 € 1.109,05€ 684,36 € 1.109,05€ 684,36 €Complemento de destino 473,35 € 473,35 € 582,92 € 582,92 € 582,92 € 582,92 € 698,20 € 698,20 €

Complemento específico 539,29 € 539,29 € 539,29 € 539,29 € 539,29 € 539,29 € 589,28 € 589,28 €

Titoría e outras f. docentes 43,62 € 43,62 € 43,62 € 43,62 € 43,62 € 43,62 € 43,62 € 43,62 €

TOTAL 2.015,24

€1.755,64

€2.124,81

€ 1.865,21 € 2.274,88€ 1.850,19 € 2.396,53€ 2.015,46

€Trienios 34,77 € 25,35 € 34,77 € 25,35 € 42,65 € 26,31 € 42,65 € 26,31 € IPC galego Representa o 0,3784%, das retribucións brutas de cada perceptor/a

* Os mestres que imparten docencia no Primeiro Ciclo da ESO deberán ter uns ingresos a maiores de 110,72 € mensuais.

* Os mestres que imparten docencia no Primeiro Ciclo da ESO deberán ter uns ingresos a maiores de 110,72 € mensuais.

Centros de Educación Infantil e Primaria

Cargo Tipo A Tipo B Tipo C Tipo D Dirección 520,32 € 471,00 € 340,87 € 252,03 €

Xefatura de estudos 181,05 € 170,12 € 164,67 € 120,99 € Secretaría 181,05 € 170,12 € 164,67 € 120,99 €

Centros de Educación Secundaria

Dirección 634,90 € 546,86 € 495,04 € 448,15 € Vicedirección 279,30 € 273,88 € 197,43 € 170,12 € Xefatura de estudos 279,30 € 273,88 € 197,43 € 170,12 € Secretaría 279,30 € 273,88 € 197,43 € 170,12 € Xefatura de seminario e departamento: 66,37 € Coordinación de formación en centros de traballo 66,37 € Coordinación ENL 66,37 € Responsable centro menos de 3 unidades EI e EP 66,37 € Xefatura departamento de Orientación 66,37 € Profesor/a EPA 66,37 €

SEXENIOS1º sexenio 2º sexenio 3º sexenio 4º sexenio 5º sexenio

59,21 € 76,13 € 101,53 € 143,81 € 42,29 €

DESCONTOS Concepto Grupo A1 Grupo A2

Pasivos* 107,96 € 84,97 € Funcionariado de carreira MUFACE* 47,27 € 37,20 € Funcionariado de carreira Cota obreira Segundo base de cotización Profesorado interino e substituto Retencións de IRPF Segundo retribucións anuais e situación persoal

confederación intersindical galega4

marzo 2012

Xubilacións 2012Anos de servizo

% Haber regulador

Grupo A1: 39.661,46 € Grupo A2: 31.214,57 € anual 14 mensualidades anual 14 mensualidades

15 26,92% 10.676,87 € 762,63 € 8.402,96 € 600,21 €16 30,57% 12.124,51 € 866,04 € 9.542,29 € 681,59 €17 34,23% 13.576,12 € 969,72 € 10.684,75 € 763,20 €18 37,88% 15.023,76 € 1.073,13 € 11.824,08 € 844,58 €19 41,54% 16.475,37 € 1.176,81 € 12.966,53 € 926,18 €20 45,19% 17.923,01 € 1.280,22 € 14.105,86 € 1.007,56 €21 48,84% 19.370,66 € 1.383,62 € 15.245,20 € 1.088,94 €22 52,52% 20.830,20 € 1.487,87 € 16.393,89 € 1.170,99 €23 56,15% 22.269,91 € 1.590,71 € 17.526,98 € 1.251,93 €24 59,81% 23.721,52 € 1.694,39 € 18.669,43 € 1.333,53 €25 63,46% 25.169,16 € 1.797,80 € 19.808,77 € 1.414,91 €26 67,11% 26.616,81 € 1.901,20 € 20.948,10 € 1.496,29 €27 70,77% 28.068,42 € 2.004,89 € 22.090,55 € 1.577,90 €28 74,42% 29.516,06 € 2.108,29 € 23.229,88 € 1.659,28 €29 78,08% 30.967,67 € 2.211,98 € 24.372,34 € 1.740,88 €30 81,73% 32.415,31 € 2.315,38 € 25.511,67 € 1.822,26 €31 85,38% 33.862,95 € 2.418,78 € 26.651,00 € 1.903,64 €32 89,04% 35.314,56 € 2.522,47 € 27.793,45 € 1.985,25 €33 92,69% 36.762,21 € *2.522,89 € 28.932,78 € 2.066,63 €34 96,35% 38.213,82 € *2.522,89 € 30.075,24 € 2.148,23 €35 100% 39.661,46 € *2.522,89 € 31.214,57 € 2.229,61 €

*Pensión máxima: 2.522,89 €/mes ou 35.320,46 €/ano en 14 pagamentos Se unha persoa percibe unha ou máis pensións públicas, a suma total non pode exceder apensión máxima anual, pero o haber regulador que lle correspondese terase en conta para ocálculo dunha posible pensión de viuvez e/ou orfandade.

Xubilación anticipada réxime das Clases Pasivas para o ano 2012Unha vez rematada a “xubilación LOE”, o profesorado encadrado dentro do réxime de Clases Pasivas, pode solicitar a xubilación anticipada se cumpre as seguintes condicións:- Ter cumpridos os 60 anos de idade, antes do 1 de

xaneiro de 2013.

- Ter un mínimo de 30 anos de servizos, para o cal tamén contan os cotizados á S. Social

- Ter cotizados os últimos cinco no réxime de Clases Pasivas.

- Facer a solicitude cun mínimo de tres meses de an-telación.

Exemplo de pensión neta para un perceptor co máximo tipo de retención do IRPF (non hai outras deducións):

Grupo %IRPF1

Pensión anual

IRPFanual

Pensión mensual

IRPFmensual

Neto mensual

A1 21% 35.320,46 € 7.417,30 € 2.522,89 € 529,43 € 1.993,08 € A2 20% 31.214,57 € 6.242,91 € 2.229,61 € 445,92 € 1.783,69 €

(1) As deducións de IRPF dependen da situación persoal de cada perceptor/a: Situación familiar 3: Solteiros/as sen fi llos, casados/as con cónxuxe con rendas superiores a 1.500 € anuais

O profesorado que segue a cotizar na Mutualidade de Ensino Primario ve incrementada a súa pensión nunha contía que depende do número de trienios cumpridos no ano 1978.

De non acadar a pensión máxima e ter cotizacións ao réxime xeral da Seguridade Social, pódese solicitar que estas se sumen ás de clases pasivas.

confederación intersindical galega5

marzo 2012

Trienios* Inicial 2º ano 3º ano 4º ano 5º ano Final 1 88.12 € 77.84 € 67.55 € 57.27 € 46.99 € 36.70 €2 91.49 € 80.85 € 70.21 € 59.57 € 48.93 € 38.28 €3 94.85 € 83.86 € 72.87 € 61.87 € 50.88 € 39.88 €4 98.22 € 86.87 € 75.52 € 64.17 € 52.82 € 42.46 €5 101.58 € 89.88 € 78.18 € 66.47 € 54.76 € 43.06 €6 104.95 € 92.89 € 80.84 € 68.77 € 56.71 € 44.65 €

* Trienios cumpridos a 31 de decembro de 1978.

Que é o fondo especial de MUFACE e que prestacións segue a manter a mutualidade de ensino primario integrada no mesmo?

O fondo especial de MUFACE creouse pola Lei 29/1975, de Seguridade Social de Funcionarios civís do Estado, con-cretándose, posteriormente, nas leis de orzamentos do Estado de 1981 e 1985.

Neste fondo especial podían inte-grarse as diferentes mutualidades dos diversos departamentos civís. En total, integráronse 29 mutualidades. A "Mutua-lidad Nacional de Enseñanza Primaria" integrouse neste fondo especial con data de 1 de Agosto de 1976.

Esta integración supoñía que as pres-tacións que tiña implantadas a Mutualida-de nas contías vixentes a 31 de decem-bro de 1973 quedaban garantidas polo Estado (xubilación, orfandade, viuvez, etc.). Coa fi nalidade de evitar as discri-minacións que existían entre as distintas mutualidades, debido a que se foron in-tegrando no fondo especial en diferentes datas, resolveuse unifi car o seguinte cri-terio á hora de recoñecer as pensións de xubilación e demais prestacións:

• Recoñecemento da pensión inicial na contía vixente a 31 de decembro de 1978, que se vai reducindo nos cinco exercicios seguintes, a razón dun 20% cada ano, até acadar a contía vixente a 31 de decembro de 1973. Despois mantense inalterá-bel.

Esta prestación faise efectiva cando se produce a xubilación forzosa, voluntaria ou por incapacidade e hai que solicitala nas ofi cinas provinciais de MUFACE.

As contías son as que fi guran nas táboas que van deseguido:

Grupos do persoal funcionario  Grupos de cotización no Réxime Xeral da Seg. Social 

A1  1 A2  2 C1  3,4,5 e 8 C2  7 e 9 E   6,10,11 e 12 

A1  1 A2  2 C1  3,4,5 e 8 C2  7 e 9 E   6,10,11 e 12 

Cómputo dos servizos prestados noutros corpos

Existe unha fórmula que estabelece a equivalencia entre os servizos prestados nos distintos grupos funcionariais.

Só para aquelas persoas que accederon á función pública antes de xaneiro de 1985 e se xubilen forzosamente ou por in-capacidade permanente, ou ben falezan, o cálculo da pensión incluirá 10 anos de cómputo no grupo inferior como se fosen no superior.

Cómputo dos servizos prestados no réxime xeral da seguridade social

O cómputo recíproco é unha equivalencia entre as cotiza-cións a outros réximes públicos de cotización, habitualmente o Réxime Xeral, e os prestados como persoal funcionario, en función dos grupos de cotización.

confederación intersindical galega6

marzo 2012

A incompatibilidade das pensións

Dende o 1 de xaneiro de 2009 as pensións de xu-bilación do Réxime de Clases Pasivas son incompa-tíbeis co exercicio doutras actividades por conta pro-pia ou allea. Con anterioridade só eran incompatíbeis con outros traballos no sector público.

Quedan exceptuadas desta incompatibilidade as xubilacións por incapacidade total (para as funcións do propio corpo no que se traballa), xa que neste caso si se poderán realizar actividades distintas ás que se desempeñaban como persoal funcionario máis cunha redución da pensión durante o tempo no que se desempeñe outra actividade:• Persoal funcionario xubilado con máis de 20 anos de servizo ao Estado: mantén o 75% da pensión.• Persoal funcionario xubilado con menos de 20 anos de servizo ao Estado: mantén o 55% da pensión.

As xubilacións por incapacidade permanente

Nas pensións de xubilación por incapacidade total (para as funcións propias do corpo docente) cóntan-se os anos efectivamente traballados máis os que restan para acceder á idade de xubilación como se realmente se mantivese activa a persoa xubilada por incapacidade.

Dende o 1 de xaneiro de 2009 estabelecéron-se unha porcentaxes de redución da pensión para os casos de xubilación por incapacidade total para aquel persoal funcionario que non teña acreditados no momento da xubilación 20 anos de servizos ao Estado (tanto ao Réxime de Clases Pasivas como ao Réxime Xeral). A porcentaxe de redución faise sobre o Haber Regulador correspondente aos anos de co-tización.

Anos de servizo   Redución da pensión 15 anos ou menos  25% Entre 16 e 17 anos  20% Entre 17 e 18 anos  15% Entre 18 e 19 anos  10% Entre 19 e 20 anos  5% 

confederación intersindical galega7

marzo 2012

Modifi cacións para continuar en activo a partir dos 65 anos

O PP, co único obxectivo de reducir o emprego público, pretende amortizar o maior número de prazas proceden-tes da xubilación. Por iso, procura modifi car a lexislación actual para limitar a posibilidade de continuar en activo a partir dos 65 anos. Non se trata, polo tanto, de que o profesorado se xubile aos 65 anos para que os parados poidan acceder á docencia, senón que o que se pretende

é amortizar prazas procedentes da xubilación, destruíndo emprego e empeorando a calidade do servizo nese em-peño de debilitar os servizos públicos.

Reproducimos a continuación o texto que recolle o proxecto de lei de medidas temporais na Función Pública en determinadas materias do emprego público da comu-nidade autónoma de Galiza:

Artigo 4. Modifi cación do Texto refundido da Lei da función pública de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo.

1. O Texto refundido da Lei da función pública de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2008, queda modifi cado como segue:

Un. - Modifícase o punto 1 do artigo 49 do Texto refundido da Lei da función pública de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, que queda redactado como segue: "A xubilación forzosa do per-soal funcionario declararase de ofi cio ao cumprir a persoa a idade legalmente establecida. Malia o anterior, o persoal funcionario pode solicitar, cunha antelación mínima de tres meses e máxima de catro meses á data na que cumpra a idade de xubilación forzosa, a prolongación da permanencia na situación de servizo activo, ata o cumprimento da idade máxima legalmente establecida, que se concederá, de ser o caso, por períodos dun ano renovables anualmente á solicitude da persoa interesada presentada cun prazo de antelación mínima de tres meses á data de fi nalización da prolongación concedida e, de non presentar solicitude, declarase de ofi cio a xubilación forzosa.

A aceptación ou denegación destas solicitudes resolverase de forma motivada sobre a base dalgúns dos se-guintes criterios:

a) Razóns organizativas derivadas da planifi cación do emprego público.b) Resultados da avaliación do desempeño da persoa solicitante.c) Capacidade psicofísica da persoa solicitante, acreditada mediante resolución, ditame ou informe médico.

Así mesmo, o órgano competente en materia de persoal da consellería, organismo ou entidade en que preste servizos a persoa funcionaria emitirá informe motivado relativo á concesión ou denegación da prolongación da permanencia no servizo activo.

Facúltase á conselleira ou conselleiro competente para ditar, de ser o caso, as normas complementarias de procedemento.

O persoal funcionario docente non universitario pode optar por xubilarse á fi nalización do curso académico no que cumpra a idade legalmente establecida. A mesma regra aplicarase nos supostos de prolongación da perma-nencia na situación de servizo activo.

En todo caso terase en conta o plan de ordenación de recursos humanos respecto a daquel persoal no que a súa normativa específi ca así o estableza.

Da prolongación da permanencia en servizo activo queda exceptuado o persoal funcionario daqueles corpos e escalas que teñan normas específi cas de xubilación de acordo co disposto na normativa básica estatal.

confederación intersindical galega8

Santiago (Local Nacional)

Rua Miguel Ferro Caaveiro nº 10. Santiago de Compostela. cp.15706.Tlf. 981576800 Fax. 981575839 [email protected]

A CoruñaRúa Alfonso Molina s/n Tlf. 981169810 Fax. 98129173515007. A Coruñ[email protected]

Baixo MiñoPraza da Guía 3, baixo36780. A GuardaTlf. 986610465 Fax. [email protected]

MorrazoRúa Atranco 19A, ench. 136947. CangasTlf. 986302987 Fax. [email protected]

FerrolRúa Eduardo Pondal 41-43,15403. FerrolTlf. 981358750 Fax. [email protected]

LugoRda da Muralla 58, bxo.27003. LugoTlf. 982245023 Fax. 982253891e-mail: [email protected]

OurenseP. de San Lázaro 12, 4º32003. OurenseTlf. 988238350 Fax. [email protected]

PontevedraR. Pasanteria 1, 2ºesq.36002. PontevedraTlf. 986861513 Fax. [email protected]

A Mariña27700. Ribadeo Avda de Galicia 20, 1ºTlf. 982129593 Fax. [email protected]

Val de MonterreiR. Pedro González 5, 1º32600. VerínTlf. 988412345 Fax. [email protected]

VigoR. Gregório Espino 47, bxo.36205. VigoTlf. 986827935 Fax. [email protected]

SalnésR. Alexandre Bóveda 2, 2º36600. VilagarciaTlf. 986505323 Fax. [email protected]

Os nosos locais

XORNADAS

Formación do profesoradoX Xornadas da Muller. A igualdade, un traballo en equipo

IES As Fontiñas (Santiago de Compostela) 16 e 17 de marzo de 2012

Xornadas de educación infantil IES As Fontiñas (Santiago de Compostela)

23 e 24 de marzo de 2012