ESPECIES EXîTICAS AMEAZAN A NOSA FAUNA AUTîCTONA...

16
ESPECIES EXÓTICAS AMEAZAN A NOSA FAUNA AUTÓCTONA l

Transcript of ESPECIES EXîTICAS AMEAZAN A NOSA FAUNA AUTîCTONA...

ESPECIES EXÓTICAS AMEAZANA NOSA FAUNA AUTÓCTONA

Craspedacusta sowerbyi

En Galicia tense atopado no distribución actual

Corbicula fluminea Sur e leste de AsiaRíos, desembocaduras

nome científico:orixe:

hábitat:observacións

AMEIXA ASIÁTICA

· Ata 5 cm. Especie moi prolífi-ca, reprodúcese dúas veces ao ano, e un adulto pode li-berar máis de 60.000 larvas cada vez, que se dispersan pola corrente de auga.

· Introducida en moitos paí-ses de forma accidental nas augas de lastre dos barcos, extracción de áridos para creación de praias fluviais noutros ríos, etc., ou de forma intencionada con fins gastronómicos, como cebo para pesca ou alimento en acuariofilia.

· Abundante en moitas bacías da Península.

· En Galicia é abundante no baixo Miño e está presente tamén no Sil e no Mero.

distribución actual

Xenostrobus securis Nova Zelandia e AustraliaDesembocaduras

nome científico:orixe:

hábitat:observacións

MEXILLÓN DE NOVA ZELANDA

· Ata 4 cm. Especie abundan-te na costa preto da desem-bocadura dos ríos, en augas salobres ou mariñas.

· As larvas puideron chegar a Galicia adheridas ás cun-chas doutros bivalvos ou en augas de lastre.

· Destaca o seu potencial in-vasor, podendo competir co mexillón cultivado Mytilus galloprovincialis

· Na actualidade, rexístrase a súa presenza na ría de Vigo, na ría de Pontevedra no río Lérez e na ría de Arousa.

distribución actual

Procambarus clarkiiMéxico e Estados UnidosRíos, charcas, lagoas, desembocaduras

nome científico:orixe:

hábitat:observacións

CARANGUEXO AMERICANO

· 10 – 12 cm. Especie de rápi-da dispersión polos leitos dos ríos, deixando libre os tramos das cabeceiras.

· Introducida con fins comer-ciais no ano 1974, e poste-rior solta nos ríos para o seu comercio, consumo e uso como isco.

· Máis resistente que o ca-ranguexo autóctono (Aus-tropotamobius pallipes) so-portando contaminación e altas temperaturas. Ademais transmítelle a este unha en-fermidade fúnxica letal.

· Presente nos principais ríos de Galicia e tamén nos en-coros e en moitas charcas.

distribución actual

Oncorhynchus mykiss NorteaméricaRíos, charcas, desembocaduras

nome científico:orixe:

hábitat:observacións

TROITA ARCO IRIS

· Ata 50 cm. e 7 kg. Foi intro-ducida para pesca deporti-va, repóboanse moitos cur-sos fluviais con esta especie; alén diso, algúns exemplares escapan das piscifactorías.

· Habita preferentemente en correntes de augas frías e ben osixenadas, aínda que algúns exemplares poden migrar a encoros ou ao mar. Depreda sobre especies de peixes au-tóctonas e compite coa troita común polo alimento, o terri-torio e as zonas de desova.

· Posúe dificultade para repro-ducirse na natureza.

· Pódense atopar, entre ou-tros, nos ríos Eo, Ouro, Lan-dro, Xubia, Anllóns, Deza, Umia e Lor.

distribución actual

Gambusia holbrooki Costa atlántica de NorteaméricaRíos, charcas, lagoas, desembocaduras

nome científico:orixe:

hábitat:observacións

GAMBUSIA

· Especie de pequeno tamaño (5 - 6 cm.), considerada pola IUCN como unha das 100 espe-cies invasoras máis perigosas.

· Introduciuse en España en 1921 para combater o paludismo por alimentarse das larvas de mos-quito. Come insectos de todo tipo e larvas de peixes e anfibios.

· Presente en auga doce, salo-bre ou hipersalina. Gosta de augas lentas de escasa profun-didade e con abundante vexe-tación; é capaz de colonizar ambientes moi dispares, como pozos, foxas, pantanos, etc.

· Presente en numerosos en-coros e augas lentas; entre outros, no río Sil, Limia, Loña, Ulla, encoro de Rosadoiro, en Arteixo, e na lagoa de Do-niños, en Ferrol.

distribución actual

Carassius auratus Asia e Europa centralRíos, charcas, lagoas

nome científico:orixe:

hábitat:observacións

CARPÍN

· Acada ata 30 cm e 2 kg. A coloración do dorso varía desde o pardo oliváceo ao branco, amarelo ou laranxa.

· Ten unha dieta omnívora e bentónica moi variada: plan-tas acuáticas, algas, inverte-brados, larvas de anfibios, crustáceos, etc.

· Gosta de augas pouco pro-fundas en lagoas, estanques e ríos de corrente lenta.

· É unha especie resistente que pode subsistir en augas con-taminadas, con pouco osíxe-no e baixas temperaturas.

· Presenza documentada en Galicia nos ríos Miño, Baixo Mero e Tea, aínda que pare-ce estar máis amplamente distribuída nas nosas augas continentais.

distribución actual

Cyprinus carpio Asia central e leste de EuropaRíos, charcas, lagoas

nome científico:orixe:

hábitat:observacións

CARPA

· Pode chegar ao metro de lonxitude e pesar ata 30 kg. Introducida na Península no século XVII. Algúns exem-plares hibridan co carpín (Carassius auratus).

· Especie omnívora que conso-me preferentemente inver-tebrados bentónicos, pero tamén restos vexetais, plantas acuáticas, crustáceos, insec-tos e alevíns de outros peixes.

· Prefire augas de curso lento ou estancadas, con fondos limo-sos e con temperatura morna. Resistente en augas pouco osixenadas e contaminadas.

· Presente en practicamente todos os encoros de Galicia.

distribución actual

Lepomis gibbosus Noroeste de NorteaméricaRíos, charcas, lagoas

nome científico:orixe:

hábitat:observacións

PERCA SOL

· 25 - 30 cm. Introducida a principios do século XX. Es-pecie moi voraz que provo-ca graves perturbacións nas comunidades de peixes, xa que depreda especies au-tóctonas e endémicas.

· Adaptada a vivir en charcas pouco profundas, resistindo con facilidade as épocas es-tivais.

· Río Támega e charcas no concello de Verín, canles e charcas do río Antela, río Li-mia, entre outros lugares da provincia de Ourense.

distribución actual

Micropterus salmoides NorteaméricaRíos, charcas, lagoas

nome científico:orixe:

hábitat:observacións

PERCA AMERICANA (BLACK-BASS)

· Alcanza entre 20 - 55 cm, de cor verde escura, parda ou cincenta.

· Peixe moi voraz. Cando é xu-venil aliméntase de crustáceos e insectos, pero de adulto in-corpora á súa dieta peixes, an-fibios, serpes ou ratos.

· Especie invasora incluída na lista das 100 máis perigosas do mundo.

· Gosta de hábitats de augas es-tancadas ou de corrente débil, con fondos brandos e abun-dante vexetación subacuática.

· En Galicia está presente en moitos encoros, entre eles o de Santo Estevo, Bao, As Portas, Edrada e Leboreiro, entre outros; nos ríos Táme-ga, Limia e Avia e tamén en lagoas de Porriño.

distribución actual

Estrilda astrild Centro e sur de ÁfricaRíos, charcas, lagoas, desembocaduras

nome científico:orixe:

hábitat:observacións

BICO DELACRE

· Pequena paseriforme de cor castaño-cincento (11 cm.) co bico vermello. Liberada en Portugal nos anos 60 des-de onde se estendeu “su-bindo” pola costa. Móvese en bandos numerosos que se alimentan de pequenas sementes, xeralmente de plantas gramíneas e com-postas, que complementan con insectos. Pódese atopar en canaveiras e campos de cultivo.

· Baixo Miño, Ribeiro e humi-dais litorais ata a costa da Morte, canaval de Dodro (val do río Ulla). Recente-mente, observouse na costa de Lugo e Asturias.

distribución actual

Neovison vison Canadá e Estados UnidosRíos, charcas, lagoas, desembocaduras

nome científico:orixe:

hábitat:observacións

VISÓNAMERICANO

· Carnívoro semiacuático de pequeno tamaño (40-60 cm sen contar a cola). Introdu-cido na natureza por soltas ou fuxidas de granxas pele-teiras desde os anos 50.

· Gran capacidade de adap-tación ao medio. Presente en hábitats de auga doce e salgada.

· Despraza a outras especies como o tourón e armiño, e pode depredar sobre a rata de auga (Arvicola sapidus).

· Amplamente distribuído polo territorio a través dos ríos. Presente en toda Galicia. No Parque Nacional das Illas At-lánticas é unha grave ameaza.

distribución actual

Procyon lotor Desde Canadá ata PanamáRíos, charcas, lagoas, desembocaduras

nome científico:orixe:

hábitat:observacións

MAPACHE

· Mamífero omnívoro de 60-100 cm e de hábitos noctur-nos, moi activo e agresivo. Pode transmitir enfermida-des como a rabia. Despraza a especies autóctonas de mamíferos e depreda sobre algúns, tamén sobre aves e ovos.

· Presente en Galiza desde a primeira década do século XXI, por soltas de mascotas ou fuxidas de zoolóxicos. Adáptase ben en áreas urba-nas, alimentándose de lixo, e en espazos naturais.

· Interior da provincia de Lugo.distribución actual

Craspedacusta sowerbyi Este de AsiaRíos, charcas, lagoas

nome científico:orixe:

hábitat:observacións

MEDUSA DEAUGA DOCE

· Pequena medusa de 20-25 mm. en forma de campá e con ata 400 tentáculos con capacidade urticante.

· Pode ser transportada e in-troducida xunto con plantas acuáticas ornamentais. Pre-sente en augas doces es-tancadas, lagoas, encoros, canles, charcas e ríos lentos.

· Impacto na depredación de zooplancto e na redución da cantidade de osíxeno na auga.

· En Galicia tense atopado no río Sil.

distribución actual