Estanislao, príncipe de Sofrovia - Grupo Anaya...De pequeno, ¿a que xogaba o príncipe cos seus...

8
1 Estanislao, príncipe de Sofrovia XERAIS Título: Estanislao, príncipe de Sofrovia Autor: M. Lourenzo González Ilustrador: Santiago Gutiérrez Gómez Editorial: Xerais Colección: Merlín Nº páxinas: 160 ISBN: 84-8302-895-6 Idade: De 11 anos en diante

Transcript of Estanislao, príncipe de Sofrovia - Grupo Anaya...De pequeno, ¿a que xogaba o príncipe cos seus...

Page 1: Estanislao, príncipe de Sofrovia - Grupo Anaya...De pequeno, ¿a que xogaba o príncipe cos seus amigos? ¿Quen é Bastián? Os compañeiros insultan a Estanislao por un feo costume

1

Estanislao, príncipe de Sofrovia

XERAIS

Título: Estanislao, príncipe de Sofrovia

Autor: M. Lourenzo González

Ilustrador: Santiago Gutiérrez Gómez

Editorial: Xerais

Colección: Merlín

Nº páxinas: 160

ISBN: 84-8302-895-6

Idade: De 11 anos en diante

Page 2: Estanislao, príncipe de Sofrovia - Grupo Anaya...De pequeno, ¿a que xogaba o príncipe cos seus amigos? ¿Quen é Bastián? Os compañeiros insultan a Estanislao por un feo costume

2

o autorManuel Lourenzo González

Manuel Lourenzo González, nado no1955 en Vilaboa.Profesor e escritor tanto de literaturapara adultos como para mozos e pri-meiros lectores.Entre as súas obras para públicoinfantil e xuvenil destacan: Tanis I, oMocos que conta co mesmo protago-nista que nos acompañará nestanovela, No outono das fragas, Animaisde compañía, O patadón e a versión ógalego do clásico A leiteira.

resumo argumentalO día do nacemento do príncipe Estanislao sería lembrado para sempre con letrasdestacadas nos anais do antigo e poderoso reino de Sofrovia debido á potencia dosberros que emitiu en canto viu a primeira luz. Na cerimonia de presentación oficialmexa placidamente e sen recato de ningún tipo sobre a coroa e o manto de armiño.Ó longo da infancia van influíndo nel os libros que le e as películas que ve. Era só oanticipo da xuventude intensa, apaixonada e rebelde do que anos despois acabaríasendo o rei Tanis I, o Mocos.Este Estanislao, longueirón, cabezabolo e narigudo pero cun sorriso que encandea atodo o mundo, será o divertidísimo príncipe punqui, que xa coñeceramos en TanisI, o Mocos.

Page 3: Estanislao, príncipe de Sofrovia - Grupo Anaya...De pequeno, ¿a que xogaba o príncipe cos seus amigos? ¿Quen é Bastián? Os compañeiros insultan a Estanislao por un feo costume

3

ilustraciónSantiago Gutiérrez Gómez, o ilustrador desta historia, é debuxante profesional abar-cando moitas disciplinas como o humorismo gráfico, a caricatura, ilustración enprensa, ilustración de libro de texto e debuxo publicitario.Os debuxos en branco e negro teñen a estética do cómic infantil clásico lembrandoaqueles que aparecían nos tebeos.

Page 4: Estanislao, príncipe de Sofrovia - Grupo Anaya...De pequeno, ¿a que xogaba o príncipe cos seus amigos? ¿Quen é Bastián? Os compañeiros insultan a Estanislao por un feo costume

4

temáticaMonarquías

Neste caso, a historia desenvólvese nun tempo que por un lado é atem-poral (como corresponde a este tipo de relatos), pero por outro pareceactual (viaxe en avión, salas de xogo…); por eso, pode resultar adecuado

o tratamento das familias reais; príncipes, princesas e infantas; árbores xenealóxicas. Xaque estamos coas monarquías podemos ver qué sabemos delas, cáles coñecemos, pormedio de qué as coñecemos… Sistemas de goberno diferentes das monarquías.

Elección de nomes

O nome é algo importante, sobre todo se temos en conta que ata haipouco tempo ninguén podía cambialo; agora poderiamos pórnos outropero pouca xente remata facéndoo. Podemos elixir os nomes, tal como

facían na historia que vimos de ler, pola sonoridade e a nobreza do seu valor, e inclu-so tamén pola xente que antes o levou e tivo unha vida exemplar… A través da ono-mástica ou estudio dos nomes podemos ver que cada un deles ten o seu significado.

A violencia enxendra violencia

Cando se di esto tal vez se estea facendo referencia a cousas tan simplescomo as que pasan entre o príncipe e os seus compañeiros de xogo.Nunha ocasión eles falláronlle e deixárono só apandando cun castigo que

provocaran tamén eles; a continuación Estanislao decide facerlles unha broma pesadapara facerlles pagar esta rabia; non contentos con esto, anos despois eles vingaranse nopríncipe de novo… É coma o conto de nunca acabar: cando lle fas dano a alguén tardeou cedo reverterache, esa dor que el está sentindo acabará caéndoche encima candoteña oportunidade de facerchas pagar.

O valor dos contos

O rapaz medra mentres lle contan historias nas que el quere ser protago-nista, un tras doutro vai pasando polos diferentes xéneros: tradicional,fantástico, aventuras, piratas… O cine terá unhas repercusións parecidas,

de novo son relatos nos que el quere intervir. Os libros daquela vella biblioteca na quese gardan como nun museo os papiros, pergamiños ou táboas de barro facendo un per-corrido pola historia dos libros.

Page 5: Estanislao, príncipe de Sofrovia - Grupo Anaya...De pequeno, ¿a que xogaba o príncipe cos seus amigos? ¿Quen é Bastián? Os compañeiros insultan a Estanislao por un feo costume

5

temáticaAs inxustizas

Cando Estanislao as descobre, non queda impasible, senón que inme-diatamente tenta actuar. Ante a escravitude solidarizase cos negros, dis-frazándose e prometendo declarar a guerra, cando sexa rei, ós países que

practiquen a escravitude. A decisión de loitar contra a escravitude é algo impulsivo ebasicamente encomiable. O que lle pode estar fallando a Estanislao é a maneira defacelo.

Buscando a xustiza

Por desfacer un mal non podemos buscar outro… Debemos pensar bencáles han de ser as actuacións en pro da xustiza, qué pasos dar para noncaer na vinganza nin en comportamentos que poidan ser tamén negati-

vos. Non se trata de quedar quietos, simplemente pensar antes de actuar e facelo refle-xionando en torno a todos os pros e contras.

Pandas

O grupo de amigos é moi importante. Co grupo divertímonos, estable-cemos lazos afectivos… Os membros do grupo son iguais a nós, fronteós adultos que, ás veces cremos que non nos comprenden. Os grupos

axudan, coma é o caso dos xoves músicos cos que se atopa Estanislao e cos que acabatocando en palacio; pero tamén poden resultar negativos como lle sucede cos que máistarde se encontra na sala da xogos e cos que remata máis ben mal parado.

Ecoloxismo

As árbores son necesarias e non só para que o barón Rampante ouEstanislao poidan ir dun lado a outro sen pisar terra. Os bosques son ospulmóns do planeta, os productores de osíxeno… por eso deben ser

coidados, evitar os incendios, facer repoboacións… Ademais, tal e como sucedía coainarunna, cando desaparece unha especie, pode estar desaparecendo a cura dalgunhaenfermidade.

Page 6: Estanislao, príncipe de Sofrovia - Grupo Anaya...De pequeno, ¿a que xogaba o príncipe cos seus amigos? ¿Quen é Bastián? Os compañeiros insultan a Estanislao por un feo costume

6

actividadesDo libro

¿Cal é a capital de Sofrovia?¿Que extravagancias facía Estanislao na infancia?¿Quen lle contaba os contos de pequeno? ¿Que contos lle contaba?¿Que personaxes se cría el daquela?¿Que tesouro agacha Estanislao? ¿Para que?De pequeno, ¿a que xogaba o príncipe cos seus amigos?¿Quen é Bastián?Os compañeiros insultan a Estanislao por un feo costume que el ten. ¿Cando comeza con el?¿Que trasnada fan entre todos? ¿Ata cando dura o castigo que os reis impoñen a Estanislao? ¿Como cas-tiga o príncipe ós compañeiros o día do seu aniversario? ¿Cando e como se vingarán estes? ¿E como vol-verá o príncipe a vingarse dos compañeiros?¿Que libros se gardaban na biblioteca vella de palacio?¿Por qué non lle gusta estudiar a Estanislao?¿Que se lle ocorreu ó príncipe despois de ler Sinbad?¿Quen é Cósimo?¿Que atopa Estanislao nos sotos de palacio?Debido á influencia do cine o príncipe, cando contaba oito anos quixo ser ________, __________,_________, _______ e _________.Unha vez, Estanislao decide ser solidario cos negros. ¿Como o fai?¿Como loitará, cando sexa rei, contra a fame? ¿E contra a pobreza?¿Que pasa o día que Estanislao anda escapando despois de pintar con rotulador os cadros de palacio?Facer un cadro de dobre entrada no que en grupo se coloquen aqueles sucesos a destacar nas diferentesidades de Estanislao:

Pórlle título a cada un dos capítulos.

Do que trata o libro

Cada un ha de buscar o significado do seu nome, orixe… «¿Por qué algunhas persoas teñen moitas propiedades e outras teñen poucas?» pregunta Estanislao ó RealConsello. Contestade vós tentando ser o máis veraces posible.¿Cal é a ilustración que máis che gusta? Explica o porqué.Cóntame ti o conto de tesouros que alguén lle relata ó príncipe.

ANOS SUCESOS0 – 1 Alaridos ó nacer / Mexada sobre a coroa e o manto…1 – 5

Page 7: Estanislao, príncipe de Sofrovia - Grupo Anaya...De pequeno, ¿a que xogaba o príncipe cos seus amigos? ¿Quen é Bastián? Os compañeiros insultan a Estanislao por un feo costume

7

actividadesBusca cáles son as árbores que había no xardín de palacio. Debuxa ben cada unha delas e poderás facerun marcalecturas, móbiles coa súa silueta ou recortes enormes en papel de embalar co que transformarásas paredes da aula nun bosque. Se temos a silueta das diferentes árbores nas paredes, podemos facer a dopríncipe e ir levándoa dunha a outra, tal e como andaba polo xardín mentres durou o falso secuestro.Explicade cál é o argumento de El barón rampante de Italo Calvino.Elixe o anaco que máis che guste do libro, poderás lérllelo ós teus compañeiros e tamén utilizalo pararecomendalo escribíndoo nun taboleiro.Cando Estanislao descobre a escravitude decide que cando reine declararalle a guerra a aqueles paísesque sigan practicándoa. Ante esto, o profesor de Filosofía opina que a mellor maneira de arranxar asinxustizas non é cometer outras inxustizas idénticas. O profesor de Xeografía Política di que hai que res-pectar o dereito de libre autodeterminación que asiste ós estados e que emana da súa soberanía, poloque non poden entremeterse nos asuntos alleos, a menos que lles afecten directamente. Opinade vóstamén acerca desto. Organizade un debate para discutir entre todos a mellor maneira de acabar coaescravitude ou con algunha outra lacra que continúe existindo no planeta.En relación ó punto anterior, podemos facer un remuíño de ideas para descubrir inxustizas coas que nonestamos de acordo. Unha vez recollidas todas as achegas, continuaremos da mesma maneira dando ideasentre todos para buscar maneiras de loitar contra elas. Logo, cada grupo, farase cargo dun problema eas posibles solucións, discutiraas ata chegar a organizar un plan no que se desboten aquelas respostas queocasionen algún tipo de problema. Non fai falla ir buscar as inxustizas lonxe, podemos afrontar aquelasque temos máis próximas.Tal e como lle sucedera coa escravitude, cando Estanislao descobre a deforestación do planeta, decidefacer o posible para remediala. ¿Que tes feito ti ou estás disposto a facer para que volvamos ter árbores?Se sabedes algunha canción pirata pode ser o momento de cantárllela ós compañeiros e compañeiras.Tampouco estaría mal inventar algunha.O príncipe pensa que cando te propós algo con moito empeño… ¡lógralo!, de feito, el consegue queplanten árbores no xardín do palacio que vén sendo o seu planeta. ¿ Décheste de conta algunha vez deque esto é así? Explícao.Ter unha casiña nunha árbore debe ser o soño de calquera neno ou nena sexa ou non príncipe. ¿Tendesfeito algunha? ¿Cómo era? Comentádeo.Di o príncipe que os adultos son contradictorios porque non sempre reaccionan igual ante o que ti fas:algunha vez rinse e incluso te felicitan, outras impóñenche un castigo… e ti non sabes como debesactuar. ¿Eso é así? Buscade casos e analizádeos. ¿De que cres que depende? ¿Cal sería a conclusión?«Se as armas son tan perigosas, ¿por qué se fabrican?» ese comentario de Tanis pode dar pé ás nosas opi-nións.Nun momento determinado o príncipe atopa un grupo de amigos cos que fará música, pasando a con-verterse nun batería. ¿Vós tamén facedes música? ¿Que opinades sobre as letras de Tanis? Animádevos apórlle música e cantalas. Tamén podedes facer outras agora que xa estades en tema. Lembrade que esteautor non só traballa con rock senón que o mestura con folclore e melodías clásicas. O encontro de Estanislao coa rapaza preto da pequena florería parece algo romántico, unha especie deamor platónico, pois é coma se se namorara sen a penas coñecela; esto vese aínda multiplicado polo feitode que desaparece. ¿Pasouche algo parecido? A rapaza chámase Inarunna, o mesmo que a planta; e o que ese nome significa é «a fermosa dormentedo bosque». ¿Podes relacionar este significado con algo que ten lugar na infancia de Estanislao? Se tesdúbidas repasa as páxinas 150 e 151.«O mellor tesouro é a saúde», isto dicíallelo Estanislao ós seus compañeiros de xogos mentres os some-tía á última das vinganzas e tamén o di á raíña cando ve que o seu fillo está curado. Falade en torno e

Page 8: Estanislao, príncipe de Sofrovia - Grupo Anaya...De pequeno, ¿a que xogaba o príncipe cos seus amigos? ¿Quen é Bastián? Os compañeiros insultan a Estanislao por un feo costume

8

actividadesesto e tamén cómo se debe resgardar a saúde previndo as enfermidades cuns hábitos de vida saudable.Facede un listado con estes hábitos para telo presente.Cando os estambres e pistilos da inarunna se funden convértense en pequenas boliñas de cor castaña querecolle o príncipe mentres comenta: «Vaia, talmente coma se fosen mocos». Este príncipe parecía ter unhafixación cos mocos ¿ou non? Logo méteas nun sobre e volve gardalas entre os libros da vella biblioteca paraque no futuro alguén os atope e… ¡Esa é a historia que agora che corresponde escribir a ti!Inventa unha planta, dende o nome á forma, os poderes curativos que posúe…Cos teus amigos e amigas podedes xogar a convertervos en personaxes de conto, cada un elixe o quemáis lle gusta, e a continuación escribiredes unha obriña de teatro na que poidades intervir todos. Logo,pasaredes a representala, tal e como fan moitos grupos de teatro experimental.

Doutros libros

Todos os que vai lendo Estanislao servirán para pór ó alcance do alumnado a modo de exposición doslibros que están dentro do libro.Pódese buscar a «Canción del pirata» de Espronceda para lerlla.Na literatura hai outro principiño que a todos nos ten encantado… un príncipe que é o único habitan-te humano do seu planeta e que fai unha viaxe por outros atopándose cun aviador… ¿De quen estamosa falar? Se alguén aínda non o leu pode ser o mellor momento de facelo.Neste caso, é de obrigada lectura o outro libro do mesmo autor que ten como protagonista tamén aEstanislao. Estamos falando de Tanis I, o Mocos.Faise unha referencia ó mito do labirinto, cando Teseo axudado por Ariadna consegue saír despois dematar ó Minotauro. Buscádeo nun libro de mitoloxía e lédeo.Ó final da novela, dalgunha maneira sucédelles ós pais o mesmo que lle sucedera ó protagonista das his-toria dos soños e tesouros que Estanislao escoitara de pequeno: foron buscar fóra, e pasando mil penu-rias, o que tiñan ó pé da casa, pero de non ter ido nunca se darían de conta do que alí estaba. Esto éunha parábola, parecida ás que aparecen na Biblia, das que podedes ler algunha e tentar explicala.

Pedidos a:

Comercial Grupo AnayaP o l í g o n o d e B e r g o n d o1ª Travesía - Parcela B115.165 Bergondo (A Coruña)Telf.: 981 795 656 / Fax: 981 795 660

EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA

XERAISDoutor Marañón, 12. 36211 VigoApartado Postal 1446. 36200 VigoTeléfonos (986) 21 48 88 - 21 48 80T e l e f a x : ( 9 8 6 ) 2 0 1 3 6 6Correo electrónico: [email protected] t t p : / / w w w . x e r a i s . e s /

© Pilar Sampedro Martínez, 2003© Edicións Xerais de Galicia, S.A., 2003Depósito legal: VG. 88-2003