Evanxeo marcos 4

42
Texto: Antonio Rodríguez Carmona Montaxe: Antonio García Polo EVANXEO DE SAN MARCOS 4. Xesús e o pobo Ciclo Litúrxico /B (3,7-6,6a)

Transcript of Evanxeo marcos 4

Page 1: Evanxeo marcos 4

Texto: Antonio Rodríguez CarmonaMontaxe: Antonio García Polo

EVANXEO DE S AN MARCOS

4. Xesús e o pobo

Ciclo Litúrxico /B

(3,7-6,6a)

Page 2: Evanxeo marcos 4

• Comeza cun sumario que describe a postura relixiosa do pobo e termina coa reacción negativa deste, representada pola postura das xentes de Nazaret.

• O conxunto está composto por dúas series de feitos, no primero Xesús polemiza con familiares e escribas fariseos, e no segundo (“actividade a carón do lago”) Xesús reflexiona sobre a incredulidade e realiza varios signos.

Page 3: Evanxeo marcos 4

A. Sumario xeral (3,7-12)

B. Elección dos Doce (3,13-19)

C. Xesús polemiza con familiares e escribas fariseos (3,20-35)

D. Actividade a carón do lago (4,1-5,43)

1. Parábolas ou reflexión sobre a incredulidade

2. Signos a carón do lago

E. Conclusión: as xentes de Nazaret rexeitan a Xesús (6,1-6ª)

2º SECCIÓN: Xesús e o pobo (3,7-6,6a)

Page 4: Evanxeo marcos 4

Xesús continúa presentándose como o Mesías e anunciando o comezo do Reino de Deus. Están presentes, como antes, discípulos, escribas fariseos e o pobo, pero Marcos presta unha atención especial á postura do pobo.

Page 5: Evanxeo marcos 4

1ª PARTE:QUEN É XESÚS? MESÍAS

CAL É SÚA MENSAXE? REINO DE DEUS

3ª sección: Xesús e discípulos: = SI, MESÍAS

2ª sección: Xesús e pobo: = NON

1ª sección: Xesús e fariseos = NON

Quen?

Page 6: Evanxeo marcos 4

Presenta os trazos típicos da relixiosidade popular:• Milagreira e interesada: ao oír o que facía, acudia a el. • Máxica: botábanse encima para tocalo, • Factor medo: Xesús rexeita o testemuño dos Espíritos impuros.

A. SUMARIO XERAL (3,7-12)

Page 7: Evanxeo marcos 4

• Presentación do pobo (3,7-9): Xesús retirouse cos seus discípulos cara á ribeira do mar, e seguiuno unha gran multitude de Galilea. Tamén de Xudea, de Xerusalén, de Idumea, do outro lado do Xordán, dos arredores de Tiro e Sidón, unha gran multitude, ao oír o que facía, acudia a el. Entón, a causa da multitude, díxolles aos seus discípulos que lle preparasen unha lanchiña, para que a xente non se lle botase enriba. • Que busca o pobo (3,10): Daquela curou a moitos, de sorte que cantos padecían doenzas botábanse enriba para tocalo. • Os espíritos inmundos son clarividentes e recoñecen a natureza de Xesús, pero Xesús rexeita este testemuño, que é o testemuño do medo. Quere unha resposta libre do home(3,11-12): e os espíritos inmundos, ao velo, botábanse aos seus pés e gritaban: «Ti es o Fillo de Deus.» Pero el mandábaos enerxicamente que non o descubrisen.

Page 8: Evanxeo marcos 4

• Neste contexto Xesús manifesta a súa vontade de converter esta masa en “pobo de Deus”, significado na elección especial de Doce.

• O número Doce é o número dos doce patriarcas e das doce tribos de Israel. Simbolicamente significa pobo de Deus

• O grupo dos Doce ten un dobre sentido: significa primeiro todo o pobo de Deus, froito da convocatoria de Xesús e, en segundo lugar, o grupo especial que Xesús enviará máis adiante como apóstolos e fundamento do pobo de Deus.

B. ELECCIÓN DOS DOCE (3,13-19)

Page 9: Evanxeo marcos 4

• O grupo é froito dunha vocación libre de Xesús (3,13): Subiu ao monte e chamou aos que el quixo; e viñeron onda el.

• É unha creación de Xesús á que impón unha dobre finalidade: compartir a súa vida para que, como discípulos, sexan testemuñas calificados e envialos máis adiante, capacitándoos previamente (3,14-15): Instituíu Doce, para que estivesen con el, e para envialos a predicar con poder de expulsar os demos.

* A lista (3,16-19): Instituíu os Doce e puxo a Simón o nome de Pedro (como expresión da tarefa especial que realizará); a Santiago o de Zebedeo e a Xoán, o irmán de Santiago, a quen puxo por nome Boanerxes, é dicir, Fillos do trebón; a Andrés, Filipe, Bartolomeu, Mateu, Tomé, Santiago o de Alfeo, Tadeo, Simón o Cananeo e Xudas Iscariote, o mesmo que o entregou.

Page 10: Evanxeo marcos 4

Consta de catro relatos:• Postura dos familiares (3,20-21)• Postura dos escribas fariseos (3,22)• Xesús responde aos escribas fariseos (3,23-30)• Xesús responde aos seus familiares (3,31-35)

C. XESÚS POLEMIZA CON FAMILIARES E ESCRIBAS FARISEOS (3,20-35)

Page 11: Evanxeo marcos 4

• Postura dos familiares (3,20-21)

Queren levalo á forza a Nazaret porque se volveu tolo.

E foron para a casa. Xuntouse de novo tanta xente que non podían comer. E cando o souberon os seus parentes foron buscalo á forza, pois dicían que perdera o sentido.

• “Pois dicían”: Quen? Os seus parentes ou a xente? O texto non o aclara. Se se une este xuízo co que vén a continuación, podería entenderse da xente, que facendo caso dos escribas, cría que Xesús estaba endemoñado e tolo.

• Os familiares oíron falar disto, séntense responsables e queren obrigalo a volver a Nazaret.

Page 12: Evanxeo marcos 4

2. Postura dos escribas fariseos (3,22) Está endemoñado.

Os escribas que baixaran de Xerusalén dicían: «Ten dentro a Belcebú e «polo príncipe dos demoños expulsa os demoños».

Page 13: Evanxeo marcos 4

3. Xesús responde aos escribas (3,23-29)

Faino en tres pasos:

• Negativamente: isto non ten sentido (3,23-:26): El, chamándoos a carón de si, dicíalles en parábolas: «Como pode Satanás expulsar a Satanás? Se un reino está dividido contra si mesmo, ese reino non pode subsistir… e se Satanás se alzou contra si mesmo e está dividido, non pode subsistir, pois chegou a seu fin.

• Positivamente: Xesús é o máis forte que vence a Satanás e lle quita o dominio do mundo (3,27 ): Pero ninguén pode entrar na casa do forte e saquear o seu enxoval, se non ata primeiro o forte; entón poderá saquear a súa casa.

• Xuízo da postura dos escribas: é pecar contra a verdade e ese pecado non ten perdón pois é pecar contra o Espírito Santo (3,28-30) Eu asegúrovos que se perdoará todo aos fillos dos homes, os pecados e as blasfemias, por moitas que estas sexan. Pero o que blasfeme contra o Espírito Santo, non terá perdón nunca, antes ben, será reo de pecado eterno». É que dicían: « Está posuído por un espírito inmundo».

Page 14: Evanxeo marcos 4

4. Resposta aos familiares (3,40-45)

Preséntase o grupo de familiares que viñan para levalo. Xesús só recoñece como familiares os que fan a vontade de Deus.

Chegan súa nai e seus irmáns e, quedándose fóra, envíanlle un recado. Estaba moita xente sentada ao seu redor. Un díxolle: «Oe!, túa nai e teus irmáns e túas irmás están fóra e búscante». El respondeulle: «Quen é miña nai e meus irmáns?» E mirando en redor aos que estaban sentados en roda, díxolles: «Estes son miña nai e meus irmáns. Quen cumpra a vontade de Deus, ese é meu irmán, miña irmá e miña nai».

Page 15: Evanxeo marcos 4

María tamén cría que Xesús estaba tolo? Marcos non o aclara. Con esta presentación tan chocante quere poñer de relevo que o importante para relacionarse con Xesús non son os lazos biolóxicos senón a vontade de Deus. Outros evanxelistas, como Mateu e Lucas, aclaran que María sobresaíu por facer a vontade de Deus: “Velaquí a escrava do Señor, fágase en min segundo a túa palabra” (Lc 1,38)

Page 16: Evanxeo marcos 4

Os capítulos 4 e 5 de Mc sitúanse na ribeira do lago de Xenesaret. Na marxe occidental Xesús ensina as parábolas e a seguir ten lugar a travesía á outra parte, durante a cal calma a tempestade; unha vez chegados a terra cura un endemoñado; finalmente, de volta a Cafarnaún cura a hemorroísa e resucita a filla de Xairo.

D. ACTIVIDADE NA RIBEIRA DO LAGO (4,1-5,43)

Page 17: Evanxeo marcos 4

Varias veces apareceu o tema da incredulidade por parte de escribas fariseos e familiares. Neste punto Mc ofrece unha reflexión sobre este fenómeno por medio das parábolas para dicirnos:

• O Reino de Deus chegará á súa plenitude porque Deus é o protagonista.

• A incredulidade é un fenómeno que non escapa á man de Deus.

• A resposta depende da libre vontade do home.

• Consecuencia será a imaxe pobre do reino presente, pero nesta pobreza está escondida a riqueza do futuro.

1. PARÁBOLAS ou reflexión sobre a incredulidade

Page 18: Evanxeo marcos 4

Parábola do sementador (4,1-9)

E outra vez púxose a ensinar na reibeira do mar. E xuntouse tanta xente que El tivo que subir a unha lancha e, desde ela, ensináballes moitas cousas por medio de parábolas. Dicíalles:«Unha vez saíu un labrego a sementar. E aconteceu que unha parte da semente caeu ao longo do camiño e viñeron as aves e comérona. Outra parte caeu entre pedras, onde non tiña moita terra, e agromou decontado por non ter fondura de terra, pero non ben saíu o sol queimouna, por non tener raíz e secou. Outra parte caeu entre silvas, pero medraron as silvas e afogárona, e non a deixaron dar froito. Outra parte caeu en terra boa; naceu, creceu e chegou a dar froito: o trinta, o sesenta e aínda o cento por un. «Quen teña oídos para oír, que escoite».

Page 19: Evanxeo marcos 4

• A pesar de todas as vicisitudes que sofre a palabra de Deus na historia, haberá colleita, chegará o Reino de Deus á súa plenitude, porque o protagonista é Deus.

• Parábola é unha comparación global cunha realidade ou ensinanza. Neste caso compara o Reino de Deus a todo o que sucede. A ensinanza neste caso é: igual que un labrego sementa coa seguridade de que haberá colleita, a pesar da distinta sorte da semente esparexida, Deus sementa agora por Xesús sabendo que haberá colleita.

• A parábola invita á esperanza e optimismo realista.

Page 20: Evanxeo marcos 4

Pregunta (4,10-12)

Cando quedou só, os que o seguían xunto cos Doce preguntáronlle polas parábolas. El díxolles: «A vós déusevos o misterio do Reino de Deus, pero aos que están fóra todo se lles presenta en parábolas, para que por moito que miren non vexan, por moito que oian non entendan, non sexa que se convertan e se lles perdoe».

Page 21: Evanxeo marcos 4

• Os discípulos preguntan sobre as parábolas e Xesús responde en dúas veces.

• A primera é enigmática: fala en parábolas para que non entendan.

• Isto extraña, primeiro porque unha comparación se pon para que se comprenda mellor, e segundo porque revela mala vontade por parte de Xesús.

• A resposta quere dicir: vós tedes recibido o don da fe e podedes comprender, pero para “os que están fóra” do círculo de discípulos e non recibiron o don da fe todo isto é un enigma, quedándose na parábola sen comprender o seu sentido.

Page 22: Evanxeo marcos 4

• É que para comprender unha comparación a mente debe dar un salto da comparación ao seu sentido; agora ben, a mente dará o salto ou non se llo permite o corazón. Realmente a mente coñece o que lle autoriza o corazón.

• Para comprender as parábolas hai que ter no corazón os valores do Reino. Para o que non os teña, todo isto é un absurdo sen sentido.

Page 23: Evanxeo marcos 4

Para que por moito que miren non vexan, por moito que oian non entendan, non sexa que se convertan e se lles perdoe.

• Trátase dunha cita de Is 6,9-10, onde Deus envía o profeta para que o pobo se converta, pero formúlao desta maneira para espertar o amor propio do pobo e reaccione positivamente.

• Deus sempre quere a salvación e a vida.

Page 24: Evanxeo marcos 4

• Con esta resposta preséntase fe e incredulidade desde Deus, causa primeira de todo o que sucede. É unha maneira de presentar os temas difíciles, neste caso a incredulidade, recorrendo a Deus, que o dispón todo e controla todo.

• Con todo, é unha resposta difícil, que se aclara coa segunda resposta.

Page 25: Evanxeo marcos 4

Explicación alegorizada da parábola do sementador(4,13-20)

• Ademais de Deus, causa primeira, a incredulidade depende tamén da resposta de cada persoa. Varios casos:

• Semente xunto ao camiño, terreo duro en que nin sequera penetra: mundo de escribas fariseos (4,13-15): e dilles: «Non entendedes esta parábola? Como, entón, comprenderedes todas as parábolas? O labrego sementa a Palabra. Os que están ao longo do camiño onde se sementa a Palabra son aquellos que, en canto a oen, vén Satanás e lévalles a Palabra sementada neles.

• Semilla en terreno pedregoso: relixiosidade popular, sentimental e multitudinaria, que non resiste a proba pola fe; á hora do compromiso, bótase atrás (4,16-17): De igual modo, os sementados en terreo pedregoso son os que, ao oír a Palabra, ao punto recíbena con alegría, pero non tene raíz en si mesmos, senón que son inconstantes; e en canto se presenta unha tribulación ou persecución por causa da Palabra, sucumben en seguida.

Page 26: Evanxeo marcos 4

• Semente entre silvas: os discípulos que queren compaxinar seguimento cos seus egoísmos (4,18-19): e outros son os sementados entre as silvas; son os que oíron a Palabra, pero as preocupacións do mundo, a sedución das riquezas e as demais concupiscencias invádenos e afogan a Palabra, e queda sen froito.

• O discípulo ideal responde ao 100 por 100 de acordo co don recibido (4,20): e os sementados en terra boa son aqueles que oen a Palabra, acóllena e dan froito, uns treinta, outros sesenta, outros cento».

Page 27: Evanxeo marcos 4

A pesar da incredulidade hai que dar testemuño

Un ambiente de incredulidade dificulta o testemuño. Dúas breve parábolas ensinan que hai que superalo:

1) A vontade de Deus é que se dea a coñecer o don recibido (4,21-23):

Dicíalles tamén: «Acaso tráese un candil para poñelo debaixo dun cazolo ou debaixo da cama? Non é para poñelo sobre o candeeiro? Porque se hai algo escuro, é para que se descubra; nin nada se fai en segredo, senón para que veña a ser descuberto. Quen teña oídos para oír, que oia. »

Page 28: Evanxeo marcos 4

Dicíalles tamén: «Atendede ben ao que estades escoitando. Coa medida con que midades, hanvos medir a vós e ben sobrado. Porque ao que ten háselle dar, pero ao que non ten, aínda o que ten se lle quitará».

2) Deus nos mide e dá a súa graza de acordo co noso celo apostólico (4,24-25)

Page 29: Evanxeo marcos 4

Haberá colleita. Deus é protagonista

Non hai que desanimarse coa incredulidade. A semente está esparexida e Deus é o protagonista (4,26-29)

Tamén lles dicía: «O Reino de Deus é como un home que bota o gran na terra; durma ou se erga, de noite ou de día, o gran agroma e medra, sen que el saiba como. A terra dá o froito por si mesma; primeiro herba, logo espiga, despois trigo abundante na espiga. E cando o froito o admite, en seguida se lle mete o fouciño porque chegou a seitura.»

Page 30: Evanxeo marcos 4

Non desanimarse pola pequenez do presente. Haberá colleita (4,30-32)

Para os oíntes de Xesús a semente convértese en arbusto por un milagre de Deus. Igualmente Deus fará que a pobreza presente do Reino se transforme en plenitude. Hai Historia da salvación porque Deus fai cooperar todo para os seus fins e El ten a última palabra

Dicíalles tamén: «Con que compararemos o Reino de Deus ou con que parábola o expoñeremos? É como un gran de mostaza que, cando se sementa na terra, é a máis pequeña das sementes; pero unha vez sementada, medra e faise maior que todas as hortalizas e bota ramas tan grandes que as aves do ceo aniñan á súa sombra».

Page 31: Evanxeo marcos 4

2. SIGNOS NA BEIRA DO LAGO (4,35-5,43)

• La tempestade calmada.

Xesús revélase como señor da natureza; os discípulos, lentos para crer, interróganse sobre a persoa de Xesús (4,35-41)

Este día, á tardiña, díxolles: «Pasemos á outra beira»... Nisto, levantouse unha forte borrasca e as ondas irrompían na barca, de sorte que xa se ía enchendo de auga. El estaba na popa, durmindo sobre un cabezal. Fórono espertar, berrándolle: «Mestre, seica que non che importa que afoguemos?» Entón El, espertando, increpou o vento e díxolle ao mar: «Cala, acouga!» O vento amainou e veu unha gran calma. E díxolles: «Por que tedes tanto medo? Como non tedes fe?»

Eles, cheos dun gran medo, comentaban entre si: «Pois, quen é este que ata o vento e o mar o obedecen?»

Page 32: Evanxeo marcos 4

• Curación dun endemoñado (5,1-20)

O relato narra con linguaxe popular cheo de esaxeracións un exorcismo realizado por Xesús. A finalidade é dicir o que Xesús pode e o que non pode:

• Xesús pode co endemoñado (5,1-14):

- Descríbese o fero que é (5,1-5): e chegaron ao outro lado do mar... Apenas saltou da barca, veu ao seu encontro, de entre os sepulcros, un home con espírito inmundo, que moraba nos sepulcros e a quen ninguén podía xa telo atado nin sequera con cadeas, pois moitas veces tíñano atado con grillóns e cadeas...

- Pero ao ver a Xesús réndese (5,6-8): Ao ver de lonxe a Xesús, correu e prostrouse ante el e gritou con gran voz: «Que teño eu contigo, Xesús, Fillo do Deus Altísimo? Conxúrote por Deus que non me atormentes. »

- Xesús botou fóra o demoño. Este suplícalle que, xa que non lle permite estar nunha persoa, lle permitise polo menos estar nun porco, animal impuro. Xesús permítello, pero os porcos bótanse todos ao mar (5,9-13): Xesús preguntoulle: «Cal é o teu nome?» El contestoulle: «O meu nome é Lexión, porque somos moitos». E suplicáballe con insistencia que non os botase fóra da rexión... «Envíanos aos porcos para que entremos neles». E permitíullelo. Entón... a larada - unos 2.000 chimpáronse pola barranqueira abaixo e foron afogar no mar.

Page 33: Evanxeo marcos 4

• Xesús non puede cos intereses creados dos homes (5,15-20)

Chegaron onda Xesús e viron o endemoñado, ao que tivera a Lexión, sentado, vestido e no seu san xuízo, e enchéronse de temor. Os que o viran contáronlles o ocorrido ao endemoñado e aos porcos. Entón comenzaron a rogarlle que se afastase daquelas terras.

A curación traduciuse en pérdas económicas. Os afectados piden a Xesús que se marche coas súas curacións a outra parte. O Reino de Deus purifica a economía e por isto se lle resiste.

Page 34: Evanxeo marcos 4

• A fil la de Xairo e a hemorroísa (5, 21-43)

Dous relatos íntimamente unidos presentan dous signos da chegada do Reino: non á enfermidade e á morte. Todo virá por Xesús. O que pode curar, tamén pode resucitar.

• Comeza o relato da fi l la de Xairo. Pide unha curación (5,21-24a)

Xesús pasou de novo na barca á outra banda e xuntouse moita xente arredor del, que estaba na beira do mar. Chegou un dos xefes da sinagoga, chamado Xairo, e ao velo, botouse aos seus pés suplicándolle: «A miña filla está a punto de morrer; ven, impón as túas mans sobre ela, para que se salve e viva». E Xesús foi con el.

Page 35: Evanxeo marcos 4

• A hemorroísa (5,24b-34)

Mentres ía de camiña á casa, achegóuselle unha muller que, con unha mentalidade máxica, cría que con só tocar a Xesús se curaría. Tocouno e curó (5,24b-29):

Seguíao un gran xentío que o oprimía. Entón, unha muller que padecía fluxo de sangue desde había doce anos, e que tiña sufrido moito con moitos médicos e gastara todos os seus bens sen proveito ningún, antes ben, a cada paso ía a peor. Como oíra falar do que facía Xesús, achegóuselle por detrás entre a xente e tocoulle o seu manto. Pois dicía: «Se logro tocar aínda que só sexa os seus vestidos, sandarei». Inmediatamente secóuselle fonte de sangue e sintiu no seu corpo que estaba curada do mal.

Page 36: Evanxeo marcos 4

Xesús interrógaa para establecer unha relación persoal con ela, conseguindo así que pasase da fe máxica á fe persoal e cristiá (5,30-34):

Ao instante, Xesús, decatándose da forza que saíra del, volveuse entre a xente e dixo: «Quen me tocou os vestidos?» Os seus discípulos contestáronlle: «Estás vendo que a xente te oprime e preguntas: “Quen me tocou?" Pero el miraba ao seu redor para descubrir quen fora.

Daquela, a muller, vendo o que lle sucedera, acercouse atemorizada e temblorosa, prostrouse ante el e contoulle toda a verdade. El díxolle: «Filla, a túa fe salvoute; vai en paz e queda curada da túa enfermidade. »

Page 37: Evanxeo marcos 4

• De novo Xairo. Cre que é imposible devolver a vida.

- Mentres tanto a nena morreu. Os servos cren que xa non hai solución e así llo comunican a Xairo (5,35): Mentres estaba falando chegaron da casa do xefe da sinagoga uns dicíndolle: «A túa filla morreu; para que molestar xa ao Mestre?» A enfermidade ten solución, a morte non.

- Xesús pide a Xairo que manteña a fe. Hai solución á morte (5,36): Xesús que oíu o que dixeron, díxolle ao xefe da sinagoga: «Non temas; soamente ten fe».

Page 38: Evanxeo marcos 4

Chegados á casa, resucita a nena (5,37-42):

Chegaron á casa do xefe da sinagoga e vendo o barullo e tantos choros, entrou e díxolles: «A que vén tanto balbordo e lamentos? A nena non morreu, está durmida». E burlábanse del. Pero Xesús, despois de botar fóra a todos, tomou consigo aos pais da nena e aos seus, e entrou onde estaba a nena. E, tomándoa pola man, díxolle: «Talitha qumi», que quere dicir: «Rapaza, érguete». A rapaciña erguese de contado e botouse a andar, que xa tiña doce anos. Quedaron fóra de si. El insistiulles en que non llo contase a ninguén; e mandoulles que desen de comer á rapaciña.

Page 39: Evanxeo marcos 4

As xentes de Nazaret rexeitan a Xesús

• Os familiares quixeron impedir o ministerio de Xesús, levándoo á súa vila. Non o conseguiron. Agora Xesús regresa voluntariamente a Nazaret e é rexeitado; é un símbolo do rexeitamento xeral por parte do pobo.

• O sábado foi á sinagoga (6,1-2): Saíu de alí e veu á súa patria, e os seus discípulos seguirono. Cando chegou o sábado púxose a ensinar na sinagoga. A multitude, ao oílo, quedaba marabillada, e dicía: «De onde lle veñen a este todas esas cousas? E que sabedoría é esta que lle ensinaron, e como pode facer tantos milagres pola súa mans?

E. CONCLUSIÓN (6,1-6a)

Page 40: Evanxeo marcos 4

O escándalo de Nazaret

A causa da admiración é su sabedoría e os milagres, que son indiscutibles.

Pero, de onde? Se veñen de Deus, quere dicir que o seu paisano é un enviado de Deus que comparte a súa cidadanía e condición social, pero, é posible que Deus actúe así na pobreza? Hai que recoñecer o concidadán como enviado de Deus? Non terán razón os escribas que din que é un endemoñado? Optan por esta explicación e rexéitano (6,3-6a):

Non é este o carpinteiro, o Fillo de María e irmán de Santiago, Xosé, Xudas e Simón? E non están as súas irmás aquí entre nosoutros?» E escandalizábanse a causa del. Xesús díxolles: «Un profeta só na súa patria, entre os seus parentes e na súa casa carece de prestixio». E non podía facer alí ningún milagre, a excepción duns poucos enfermos a quen curou impoñéndolles as mans. E marabillouse da súa falta de fe.

Page 41: Evanxeo marcos 4

• E dixéronlle os seus irmáns: «Sai de aquí e vaite a Xudea, para que tamén os teus discípulos vexan as obras que fas, pois ninguén actúa en segreto cando quere ser coñecido. Se fas estas cousas, amósate ao mundo». É que nin sequera os seus irmáns crían nel (Xn 7,3-5).

• Moitos dos seus discípulos, ao oílo, dixeron: «É dura esta linguaxe. Quen pode escoitalo? » (Xn 6,60)

Page 42: Evanxeo marcos 4

Volveremos co capítulo 5º

© AGPolo