Excursión fin de_curso_2014

6
EXCURSIÓN FIN DE CURSO 2014 Esta excursión empezou o día 21 as 9:30 cara Asturias.Tardamos unhas 2 horas e media en chegar á primeira parada, Tapia de Casariego. Alí estivemos vendo, entre moitas casas (de ricachóns), o precioso mar Cantábrico. Chegamos a un mirador na costa. O mar estaba algo picado, e, a pesares da estación na que estamos, as praias seguían a ser espectacularmente bonitas. Había illotes pequenos nunha zoa que consistía nunha pequena cala. Ós 20 minutos partimos a cruzar o río Eo cara Asturias. A felicidade de estar máis preto traduciuse nun berro de satisfacción por parte de todos (menos os profes) Unha hora despois, estábamos baixando do autobús en Colunga, dispostos a camiñar (e comer) entre dinosaurios.Tras a comida, entramos no museo MUJA.

Transcript of Excursión fin de_curso_2014

Page 1: Excursión fin de_curso_2014

EXCURSIÓN FIN DE CURSO 2014

Esta excursión empezou o día 21 as 9:30 cara Asturias.Tardamos unhas 2 horas e media en chegar á primeira parada, Tapia de Casariego. Alí estivemos vendo, entre moitas casas (de ricachóns), o precioso mar Cantábrico. Chegamos a un mirador na costa. O mar estaba algo picado, e, a pesares da estación na que estamos, as praias seguían a ser espectacularmente bonitas. Había illotes pequenos nunha zoa que consistía nunha pequena cala. Ós 20 minutos partimos a cruzar o río Eo cara Asturias. A felicidade de estar máis preto traduciuse nun berro de satisfacción por parte de todos (menos os profes)

Unha hora despois, estábamos baixando do autobús en Colunga, dispostos a camiñar (e comer) entre dinosaurios.Tras a comida, entramos no museo MUJA.

Page 2: Excursión fin de_curso_2014

O primeiro que vimos foi unha grande sala cunha representación dun dinosaurio vexetariano de gran tamaño, o Plateosaurus. Non había só iso, na sala encontramos fósiles de Lystrosaurus e Alosaurus. Poño fotos só dos primeiros, dous animais vexetarianos do Triásico superior.

Logo fumos a ver as diferenzas entre crocodrilos e dinosaurios. Pouco despois subíamos cara unha das mellores salas, onde estaba o gran Camarasaurus, e nos explicaron a clasificación e os tipos de dinosaurios (que aburrido!!!…) Xusto detrás, estaban os ovos e pegadas de moitas clases de dinos. O último que vimos foros os T-rex e os xardíns.

Page 3: Excursión fin de_curso_2014

Despois fumos a ver a costa dos dinosaurios, onde había pegadas de máis de un metro de diámetro (de sauropodos) e outras menores (de carnivoros). Paseino xenial,pero na habitación do hotel, caín rendido.

O segundo día foi o meu favorito. Remamos case cinco horas e percorremos oito kilómetros polo curso do río Sella. Puidemos ver patos, aguias, anguías, carpas, cágados, e alevíns. Pero o animal máis simpático, sen dúbida, foi algún que caeu da canoa…estivemos cansados (eu polo menos) ata hoxe, domingo.

Page 4: Excursión fin de_curso_2014

Pola tarde visitamos a cova da fauna glaciar de Avín, da cal non hai moito que dicir, só que foi xenial e estaba moi ben montado. Vimos tigres, mamuts, rinocerontes, cervos e cavernícolas. Volvimos chegar máis cansados e rendidos aínda ca o outro día.

O terceiro e último día fumos ao Santuario de Covadonga e ós Picos de Europa. Vimos paisaxes espectaculares e neve nos altos picos asturiáns.

FOI UNHA EXCURSIÓN XENIAL!!!!!!!!!!!!!!!

Moitas grazas aos nosos profes por levarnos e aturarnos. Non o esquecerei en toda a miña vida.

Iván Orois Longarela 6ºA