Exercicios ar 1º bach demografía

2
1º Bacharelato - HISTORIA DO MUNDO CONTEMPORÁNEO - EXERCICIOS ANTIGO RÉXIME Demografía O réxime demográfico antigo “A viruela foi a praga do século XVIII que xerou grande actividade científica. En 1796 Edward Jenner, un médico inglés advertiu que quenes coidaban a diario do gando non contraían a viruela. Probou a inocular a un mozo as linfas das pústulas infectadas dunha vaca infectada, coa presunción de que a infección benigna resultante inmunizaríao fronte á verdadeira viruela. E acertou. O novo método de vacinación (termo que deriva de vaca ou vacún) pronto foi adoptado tendo unha grande incidencia na diminución da mortalidade.” Pounds:A vida cotiá Durante boa parte do XVIII a hixiene continou sendo escasa: a xente lavábase poco, non quitaba a roupa durante semanas, non se lavaba os dentes e peiteábase poucas veces. Só as clases máis acomodadas tiñan o costume de lavarse o cuerpo enteiro. Pouco a pouco o gusto pola limpeza propagouse desde as clases superiores ás inferiores. Neste proceso xogou un papel importante o descenso no precio do xabón, así como a fabricación de roupa de algodón, cada vez máis barata pola súa produción nas fábricas.” “Ao longo do XVIII as facultades de Mediciña foron tomando en moitos países un carácter máis práctico. O coñecemento médico mellorou co microscopio. Á vez, os monarcas multiplicaron os hospitais e controlaron o exercicio da profesión, antes en mans de curandeiros, barbeiros,...” “A alimentación da maioría da xente era precaria na era preindustrial. O rendemento das terras era baixo, e as veces recollíase apenas un pouco máis dun gran do que se tiña sementado, co que á comunidade quedáballe pouco co que manterse. As malas colleitas non eran raras; ao contrario, adoitaba haber unha desastrosa máis ou menos cada 5 anos. As inclemencias do tempo podíanse manifestar de forma variada, e a pobre colleita resultante provocaba unha elevación dos prezos dos cereais e moitas veces unha grande mortaldade. Os campesinos tiñan que recurrir a castañas, moídas ou cocidas, ou incluso a corteza de árbore oo herbas silvestres.” “(1693)...A última das desgracias, é que a colleita seguinte perdeuse enteira, o cal foi causa de que o gran fora de elevadísimo prezo. E, como o pobre pobo estaba esgotado polas frecuentes demandas da súa Maxestade tanto como por esas contribucións exorbitantes (trátase de contribucións de guerra) chegaron a tal pobreza que pódeselle chamar fame. Felices os que poden ter un harvot (medida) de centeno para mesturar con avena, garbanzos, fabas para facer pan e comer a metade do que quererían(...) Durante estes tempos non se oía falar máis que de ladróns, crímes, de persoas mortas de fame... Eu non sei se honra ao cura de Rumégies reportar aquí unha morte que ocurreu na súa parroquia durante ese tempo: un tal Pierre Gauquier que vivía fronte á imaxe da Virxe, cara a Howardries. O pobre home era viuvo; ninguén o cría tan pobre; tiña a cargo tres fillos. Púxose enfermo, ou máis ben púxose extenuado e feble, sen que, sen embargo, se tivera advertido ao cura, senón que un domingo, coa derradeira campá da misa parroquial, unha das súas irmás viu a dicir ao cura que seu irmao morría de fame, sen dicir a outra cousa. O pastor deu un pan para levarlle rápidamente; pero non se sabe se a irmá o necesitaba ela tamén, como era a apariencia; non llo levou e coa segunda campaña das vésperas, o pobre morreu de fame. E non só éste morreu de fame por falta de pan, senón que moitos outros aquí e noutras aldeas, morreron tamén, porque viuse este ano grande mortaldade. Na nosa parroquia soa, morreron este ano máis persoas que as que morreron en varios anos.” H. Platelle, Journal d’un curé de campagne au XVII siècle “As crises demográficas son o aspecto máis característico da demografía de tipo antigo (producíanse periódicamente; podían sobrevir varias veces durante a vida dun home). Aparecen claramente ao examinarse a curva das defuncións: a cantidade de enterros elévase brusca e excepcionalmente, moi por enriba da cantidade media mensual ou anual dos periodos que preceden e seguen á crise, e isto por varios meses, ou aínda durante un ou dous anos enteiros. É moi frecuente, ademáis, que ao mesmo tempo que aumenta o número de decesos, disminúa o de matrimonios e concepcións(...).

Transcript of Exercicios ar 1º bach demografía

Page 1: Exercicios ar 1º bach demografía

1º Bacharelato - HISTORIA DO MUNDO CONTEMPORÁNEO - EXERCICIOS ANTIGO RÉXIME

Demografía O réxime demográfico antigo

“A viruela foi a praga do século XVIII que xerou grande actividade científica. En 1796 Edward Jenner, un médico inglés advertiu que quenes coidaban a diario do gando non contraían a viruela. Probou a inocular a un mozo as linfas das pústulas infectadas dunha vaca infectada, coa presunción de que a infección benigna resultante inmunizaríao fronte á verdadeira viruela. E acertou. O novo método de vacinación (termo que deriva de vaca ou vacún) pronto foi adoptado tendo unha grande incidencia na diminución da mortalidade.”

Pounds:A vida cotiá

“Durante boa parte do XVIII a hixiene continou sendo escasa: a xente lavábase poco, non quitaba a roupa durante semanas, non se lavaba os dentes e peiteábase poucas veces. Só as clases máis acomodadas tiñan o costume de lavarse o cuerpo enteiro. Pouco a pouco o gusto pola limpeza propagouse desde as clases superiores ás inferiores. Neste proceso xogou un papel importante o descenso no precio do xabón, así como a fabricación de roupa de algodón, cada vez máis barata pola súa produción nas fábricas.”

“Ao longo do XVIII as facultades de Mediciña foron tomando en moitos países un carácter máis práctico. O coñecemento médico mellorou co microscopio. Á vez, os monarcas multiplicaron os hospitais e controlaron o exercicio da profesión, antes en mans de curandeiros, barbeiros,...”

“A alimentación da maioría da xente era precaria na era preindustrial. O rendemento das terras era baixo, e as veces recollíase apenas un pouco máis dun gran do que se tiña sementado, co que á comunidade quedáballe pouco co que manterse. As malas colleitas non eran raras; ao contrario, adoitaba haber unha desastrosa máis ou menos cada 5 anos. As inclemencias do tempo podíanse manifestar de forma variada, e a pobre colleita resultante provocaba unha elevación dos prezos dos cereais e moitas veces unha grande mortaldade. Os campesinos tiñan que recurrir a castañas, moídas ou cocidas, ou incluso a corteza de árbore oo herbas silvestres.”

“(1693)...A última das desgracias, é que a colleita seguinte perdeuse enteira, o cal foi causa de que o gran fora de elevadísimo prezo. E, como o pobre pobo estaba esgotado polas frecuentes demandas da súa Maxestade tanto como por esas contribucións exorbitantes (trátase de contribucións de guerra) chegaron a tal pobreza que pódeselle chamar fame. Felices os que poden ter un harvot (medida) de centeno para mesturar con avena, garbanzos, fabas para facer pan e comer a metade do que quererían(...)

Durante estes tempos non se oía falar máis que de ladróns, crímes, de persoas mortas de fame... Eu non sei se honra ao cura de Rumégies reportar aquí unha morte que ocurreu na súa parroquia durante ese tempo: un tal Pierre Gauquier que vivía fronte á imaxe da Virxe, cara a Howardries. O pobre home era viuvo; ninguén o cría tan pobre; tiña a cargo tres fillos. Púxose enfermo, ou máis ben púxose extenuado e feble, sen que, sen embargo, se tivera advertido ao cura, senón que un domingo, coa derradeira campá da misa parroquial, unha das súas irmás viu a dicir ao cura que seu irmao morría de fame, sen dicir a outra cousa. O pastor deu un pan para levarlle rápidamente; pero non se sabe se a irmá o necesitaba ela tamén, como era a apariencia; non llo levou e coa segunda campaña das vésperas, o pobre morreu de fame. E non só éste morreu de fame por falta de pan, senón que moitos outros aquí e noutras aldeas, morreron tamén, porque viuse este ano grande mortaldade. Na nosa parroquia soa, morreron este ano máis persoas que as que morreron en varios anos.”

H. Platelle, Journal d’un curé de campagne au XVII siècle

“As crises demográficas son o aspecto máis característico da demografía de tipo antigo (producíanse periódicamente; podían sobrevir varias veces durante a vida dun home). Aparecen claramente ao examinarse a curva das defuncións: a cantidade de enterros elévase brusca e excepcionalmente, moi por enriba da cantidade media mensual ou anual dos periodos que preceden e seguen á crise, e isto por varios meses, ou aínda durante un ou dous anos enteiros. É moi frecuente, ademáis, que ao mesmo tempo que aumenta o número de decesos, disminúa o de matrimonios e concepcións(...).

Page 2: Exercicios ar 1º bach demografía

Os dous grandes factores das crisis demográficas eran as epidemias e as fames ligadas ás malas colleitas; as crises máximas ocorrían cando os dous se asociaban, pero se se quere indicar un deles como máis importante trátase entón das epidemias. As guerras non eran directamente un factor esencial, pero sí indirectamente, pois as súas devastacións podían provocar fames, e os cadaleitos, insepultos, epidemias.”

Cardoso y Brignoli, Os métodos da historia

• Tras ver estes documentos ¿poderías sinalar os factores que limitaban o crecemento demográfico e explicalos?

• Trata de definir coas túas palabras: mortalidade catastrófica e crise de subsistencia. ¿Cómo relacionarías estes dous conceptos cos tres últimos textos?

• ¿Cómo, pouco a pouco, estes problemas fóronse superando? ¿Pensas que o deenvolvemento industrial e agrario tiveron algo que ver? Razóao.

• Elabora una redacción na que expliques a situación da poboación na Europa do Antigo Réxime e os cambios que empezan a apuntarse

Datos demográficos de Suecia no Antigo Réxime

POBOACIÓN TOTAL 2.104.000 Taxa de crecemento natural 8,6(por mil)- Menores de 15 anos 31,9% Mortalidade infantil 221,6(por mil)

- De 15 a 64 anos 63,2% Esperanza de vida ao nacer:- De máis de 65 anos 4,9% -Homes 36 añnsTaxa de natalidade 34,5(por mil) -Mulleres 39 anos

Taxa de mortalidade 25,9(por mil)

• ¿Paréceche unha poboación avellentada? ¿Por qué? ¿A qué se pode deber?• ¿Por qué as taxas de natalidade e mortalidade son tan elevadas? ¿Qué taxas existen hoxe en

cualquera país desenvolvido? ¿Qué che parece a taxa de mortalidade infantil?. ¿Por qué era así?

• ¿A esperanza de vida é alta ou baixa?. ¿A qué se podía deber?. ¿En qué niveles andamos hoxe en España?. ¿E nun país subdesenvolvido?