EXPERIMENTOS

21
Biblioteca Avelaiona Luíña Curso 2013/2014

Transcript of EXPERIMENTOS

Biblioteca Avelaiona Luíña Curso 2013/2014

CURSOS: experimento realizado co 3º ciclo de primaria.

MATERIAIS:

-Vaso de precipitados

-Mel

-Aceite

-Moeda de 1 €

-Auga

-Uva

-Cortiza

PROCESO: vertemos con coidado no vaso de precipitados, e por esta orde,

unha capa de mel, outra de aceite e outra de auga. Deixamos repousar ata que

se estabilizan. A continuación deixamos caer unha uva e observamos que

pasa. Despois deixamos caer unha cortiza e voltamos a fixarnos.

SINXELA EXPLICACIÓN: dependendo da densidade das substancias, as

cousas terán diferente comportamento. Así a moeda afundirá de todo, a uva

quedará flotando sobre o mel e a cortiza manterase na superficie da auga.

Proceso realizado polo alumnado de sexto de primaria

Vertemos as 3 capas no

vaso de precipitados.

Tomamos notas agardando a

que repousen as substancias.

Introducimos a moeda, a

uva e a cortiza, pouco a

pouco. Iremos observando

o que acontece, tomando

nota e tirando conclusións.

O alumnado de quinto realiza o mesmo experimento

CURSOS: experimento realizado co 2º ciclo de primaria.

MATERIAIS:

-Probeta

-Culleriña

-Funil

-Vinagre

-Bicarbonato

-Globo

PROCESO: vertemos vinagre nunha probeta. Coa axuda da culleriña e do funil,

vertemos bicarbonato dentro do globo. Colocamos a boca do globo na boca da

probeta e vertemos o bicarbonato do globo dentro da probeta. O globo ínflase.

SINXELA EXPLICACIÓN: o bicarbonato reacciona co vinagre, dando lugar a

auga e unha sal (que queda disolta na auga). Neste proceso despréndese

dióxido de carbono, que é o que infla o globo.

Proceso realizado polo alumnado de terceiro de primaria

Vertemos vinagre na probeta.

Coa axuda do funil botamos

bicarbonato dentro do globo.

Colocamos a boca do globo

rodeando a da probeta e

levantamos o globo, vertendo o

bicarbonato dentro da probeta..

Prodúcese unha reacción

química que desprende dióxido

de carbono, enchendo o globo.

Neste primeiro intento, o globo explotou, provocando as risas do alumnado.

O alumnado de cuarto realiza o mesmo experimento

O alumnado vai tomando nota de todo o proceso nunha ficha.

CURSOS: experimento realizado co 1º ciclo de primaria e infantil.

MATERIAIS:

-Matraz Erlenmeyer

-Funil

-Vaso de precipitados

-Auga temperada

-Colorante alimenticio vermello

-Vinagre -Bicarbonato -Plastilina

PROCESO: construímos un volcán rodeando de plastilina o matraz. Vertemos

diluíndo auga temperada, bicarbonato e colorante alimentario vermello no vaso

de precipitados. Poñemos o funil no “volcán” e vertemos esa disolución. Por

último engadimos o vinagre no volcán, que ao reaccionar desprende burbullas

vermellas, simulando a lava.

SINXELA EXPLICACIÓN: o bicarbonato reacciona co vinagre, dando lugar a

auga e unha sal (que queda disolta na auga). Esta reacción crea burbullas que

saen pola boca do volcán ao exterior.

Construímos o volcán con

plastilina sobre un matraz.

Proceso realizado polo alumnado de primeiro ciclo de primaria

Mesturamos auga

temperada, bicarbonato e

colorante alimentario.

Alumnado de 2º realizando o experimento.

Tras xuntar todo, prodúcese a

“erupción” do noso volcán,

saíndo lava vermella.

Botamos vinagre no matraz.

O alumnado de infantil realiza o mesmo experimento

CURSOS: experimento realizado co 1º ciclo de primaria e infantil.

MATERIAIS:

-2 matraces Erlenmeyer

-Caraveis brancos

-Auga

-Colorante alimenticio amarelo e azul

-Coitelo

PROCESO: mesturamos auga con colorante alimentario azul nun matraz e

auga con colorante alimentario amarelo no outro. Cortamos algo o talo dos

caraveis e poñemos 3 caraveis brancos en cada matraz. Deixamos os caraveis

na auga durante 1 día. Observamos o resultado.

SINXELA EXPLICACIÓN: os caraveis absorben auga con colorante, que

chega ás follas. Estas quedan tinguidas de amarelo-azul (segundo a cor do

colorante).

Prepárase a mestura de auga e

colorante nos matraces.

Proceso realizado polo alumnado de primeiro ciclo de primaria

Cortamos algo o talo dos caraveis e

poñemos 3 en cada matraz.

Tras agardar un día...

Seguiremos realizando

experimentos ao longo

do curso

E da man de Luíña “viviremos a Ciencia”