Expocómic 2010

9
EXPOCÓMIC 2010 PROGRAMA DE ACTIVIDADES

description

 

Transcript of Expocómic 2010

Page 1: Expocómic 2010

EXPOCÓMIC 2010

PROGRAMA DE ACTIVIDADES

Page 2: Expocómic 2010

• LUNS 15 DE NOVEMBRO ás 12.05

ISABEL SOTO E XAVIER SENÍN: Charla para ESO

“Astérix e Obelix en galego: O labor do tradutor”

Page 3: Expocómic 2010

ISABEL SOTO E XAVIER SENÍN

Xavier Senín: (Pontecesures, 1949) é catedrático de Bacharelato de francés e

subdirector Xeral de Promoción Cultural, do Libro e Bibliotecas desde 1987 ata

xullo de 2006.

Foi vicepresidente da Asociación de Tradutores Galegos e Presidente da

Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil (OEPLI). Responsable da

Edición Galega de O Correo da Unesco desde a súa aparición en 1989 ata o último

número en 2001.

Impartiu cursos de lingua galega co Instituto de Ciencias da Educación da

Universidade de Santiago e coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Corrector lingüístico, autor e coordinador de libros de texto, leva traducido para galego ao pé de cen títulos,

fundamentalmente de literatura para a infancia.

Mantén dúas colaboracións semanais en El Correo Gallego baixo o título xenérico de Devagar.

Isabel Soto (Vigo, 1969) é licenciada en Filoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela. De

1994 a 2001 traballou como investigadora no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en

Humanidades en proxectos relacionados coa literatura galega e a teoría e a crítica literaria.

Realizou diferentes traballos relacionados coa Literatura Infantil e Xuvenil: secretaria de GÁLIX

(Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil) ao longo de dez anos, e secretaría de Golfiño en

todas as súas etapas, ata que a publicación desapareceu.

Tamén é unha das coordinadoras, desde a súa creación, dos cursos de formación continua sobre

LIX que organiza a USC destinados a mediadores e estudantes. Participou no programa da TVG,

Libro aberto, ocupándose da crítica da produción infantil e xuvenil e colaborou na organización do

Congreso do IBBY celebrado en Santiago en setembro de 2010.

Na actualidade o seu labor profesional céntrase na divulgación da LIX, a tradución, a crítica

literaria e a edición de textos.

Page 4: Expocómic 2010

• LUNS 22 DE NOVEMBRO ás 10.00.

KIKO DA SILVA: OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN PARA

EDUCACIÓN INFANTIL

Page 5: Expocómic 2010

KIKO DA SILVA:

Unha das figuras principais da edición galega de Banda Deseñada. Contribuiu nas dúas das principais iniciativas de cómic infantil-xuvenil: as revistas "Golfiño" e "Mister K". Colabora na revista "El Jueves" na que ademais de chistes, realiza "La Guinda Final", con parodias de cómics coñecidos. Desenvolve a súa faceta de humorista gráfico na edición pontevedresa de "La Voz de Galicia" e na revista de humor “Retranca”. PREMIOS: Con só dezasete anos recibiu o Premio Ourense ao mellor autor afeccionado 1996, da Casa da Xuventude de Ourense, por "Crestomatía de amor". Gañou en 2002 un accésit no certame do INJUVE, modalidade de ilustración. Segundo premio JB de humor gráfico. Prémio de humor do Muséu da Imprensa do Porto (Portugal). 4º premio no XIV Concurso Galego de BD (1998) coa historia "Café de soidades. PUBLICACIÓNS:

( …)

Page 6: Expocómic 2010

• MÉRCORES 24 DE NOVEMBRO

OSCAR VILLÁN: OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN PARA

EDUCACIÓN PRIMARIA

10.30-11.45: 1º-3º de PRIMARIA

12.15-13.30: 4º-6º DE PRIMARIA

Page 7: Expocómic 2010

OSCAR VILLÁN

Licenciado na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, na especialidade de Pintura. Colaborou co Departamento de Educación do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC).

Gaña en 1999 o PREMIO NACIONAL DE ILUSTRACIÓN co seu álbum “O coelliño branco”, publicado por Kalandraka.

Ten publicados uns vinte libros e participa en varias publicacións.

(…)

Page 8: Expocómic 2010

• XOVES 25 DE NOVEMBRO

DAVID PINTOR: Charla-obradoiro para ESO.

PINTO & CHINTO, HUMOR GRÁFICO EN PRENSA

Page 9: Expocómic 2010

DAVID PINTOR

É ilustrador, humorista gráfico, caricaturista e pintor. En 1993 empeza a traballar co guionista Carlos López baixo o pseudónimo de Pinto & Chinto, converténdose en poucos anos nunha referencia do humor político en prensa a nivel español. Actualmente o seu traballo aparece todos os días nas páxinas de opinión de La Voz de Galicia. No campo da ilustración, colaborou con algunhas das máis importantes editoriais como Everest, SM, Anaya, Kalandraka, Sotelo Blanco, Círculo de Lectores, Biblos, Combel… É creador, xunto a Chinto, da personaxe de cómic Tito Longueirón. Tamén realizou ilustracións para as revistas El Virus Mutante, Golfiño, BD Banda, Tretzevents, ECO, e Sapoconcho. PREMIOS: Premiado pola Society of News Design (SND) polos seus traballos en La Voz de Galicia. Premio especial do xurado no IX certame de pintura "Pintor Argüelles". Seleccionado para a feira de Boloña de 2007. Dende o ano 2004, iniciou a súa carreira como pintor, amosando interese por buscar novos horizontes no campo da plástica e o diseño… As súas obras viaxaron xa a diversas cidades en varias exposicións.