EXPOSICIÓN “Emporium. Mil anos de comercio en Vigo” · que falan da nosa historia. Vista da...

24
Unidade didáctica 1º de bacharelato A expansión romana polo Mundo . . . . . EXPOSICIÓN “Emporium. Mil anos de comercio en Vigo” 29 de xuño de 2016 ao 28 de maio de 2017

Transcript of EXPOSICIÓN “Emporium. Mil anos de comercio en Vigo” · que falan da nosa historia. Vista da...

Page 1: EXPOSICIÓN “Emporium. Mil anos de comercio en Vigo” · que falan da nosa historia. Vista da exposición ©Data Gestión Cultural 3 Contidos xerais A exposición “Emporium.

Unidade didáctica 1º de bacharelatoA expansión romana polo Mundo

. . . . .

EXPOSICIÓN“Emporium. Mil anos de comercio en Vigo”29 de xuño de 2016 ao 28 de maio de 2017

Page 2: EXPOSICIÓN “Emporium. Mil anos de comercio en Vigo” · que falan da nosa historia. Vista da exposición ©Data Gestión Cultural 3 Contidos xerais A exposición “Emporium.

XESTIÓN E CORDINACIÓN

Servizo de Museos Municipais. Concellería de Cultura

ELABORACIÓN

Data Gestión Cultural

Eduardo Mendez-Quintas

Tania Conde González

Andrea Serodio Domínguez

ILUSTRACIÓNS

Jacobo Fernández Serrano

Alicia Colmenero Fernández

Magoga Piñas Azpitarte

FOTOGRAFÍA

Museo Municipal Quiñones de León

Nando Iglesias

Javier Albertos

REVISIÓN LINGÜISTICA

Proofediting asesores lingüisticos

Page 3: EXPOSICIÓN “Emporium. Mil anos de comercio en Vigo” · que falan da nosa historia. Vista da exposición ©Data Gestión Cultural 3 Contidos xerais A exposición “Emporium.

ÍNDICE

OBXECTIVOS ............................................................................................ 1

Obxectivos curriculares .................................................................................... 1

Tratamento das competencias clave .............................................................. 2

Contidos xerais ...................................................................................... 3

Metodoloxía ............................................................................................ 4

Material educativo para profesorado ................................................. 6

A historia política de Roma .............................................................................. 6

A Monarquía ...................................................................................................... 6

A República ........................................................................................................ 7

O Imperio ........................................................................................................... 7

O final do Imperio ............................................................................................. 9

Para saber máis .............................................................................................. 10

Proposta de actividades previas á visita .......................................... 11

Actividade 1 ..................................................................................................... 11

Actividade 2 ..................................................................................................... 12

Metodoloxía das actividades ......................................................................... 13

Proposta de actividades posteriores á visita .................................. 14

Actividade 1 ..................................................................................................... 14

Actividade 2 ..................................................................................................... 14

Metodoloxía das actividades ......................................................................... 16

Glosario para bacharelato .................................................................. 17

Termos técnicos .............................................................................................. 17

Termos históricos ........................................................................................... 17

Termos xeográficos ........................................................................................ 19

Page 4: EXPOSICIÓN “Emporium. Mil anos de comercio en Vigo” · que falan da nosa historia. Vista da exposición ©Data Gestión Cultural 3 Contidos xerais A exposición “Emporium.
Page 5: EXPOSICIÓN “Emporium. Mil anos de comercio en Vigo” · que falan da nosa historia. Vista da exposición ©Data Gestión Cultural 3 Contidos xerais A exposición “Emporium.

1

OBXECTIVOS

Obxectivos curriculares1

• Desenvolver e consolidar hábitos de disciplina, estudo e traballo individual e en equipo, como condición necesaria para unha realización eficaz das tarefas da aprendizaxe e como medio de desenvolvemento persoal.

• Desenvolver destrezas básicas na utilización das fontes de información para, con sentido crítico, adquirir novos coñecementos. Acadar unha preparación básica no campo das tecnoloxías, especialmente as da información e a comunicación.

• Coñecer, valorar e respectar os aspectos básicos da cultura e da historia propias e das outras persoas, así como o patrimonio artístico e cultural.

• Coñecer e valorar os aspectos básicos do patrimonio lingüístico, cultural, histórico e artístico de Galicia, participar na súa conservación e na súa mellora, e respectar a diversidade lingüística e cultural como dereito dos pobos e das persoas, desenvolvendo actitudes de interese e conciencia cara o exercicio deste dereito. Nun sentido máis específico procúrase:

DD Dar a coñecer o papel desenvolvido pola ría de Vigo e a cidade no comercio a curta e longa distancia dende a prehistoria recente ata a chegada dos árabes á península ibérica (s. VII d. C.). 1.000 anos de relacións con outras culturas das que son testemuña os materiais arqueolóxicos que compoñen a mostra.

DD Compartir co visitante en xeral, o coñecemento científico, acadado coa investigación arqueolóxica, dunha parte do noso pasado: o papel de “emporium” desenvolvido a través dos séculos polas comunidades que habitaron o actual municipio de Vigo.

DD Sensibilizar no respecto polos traballos e materiais arqueolóxicos para a construción de coñecemento. A importancia da súa conservación e do seu estudo.

No caso concreto deste unidade didáctica, centrarase no seu primeiro curso e, dependendo da modalidade, as actividades vincularanse as áreas Humanidades-Ciencias Sociais e Artes. Na modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais, as actividades vinculanse ao curriculum da materia troncal de Latín e ás troncais de opción de Grego e Historia do Mundo Contemporáneo. Na modalidade de Arte, ademais da materia de Historia do Mundo Contemporáneo, tamen se relacionan co currículo da materia Fundamentos da Arte I.

1 No decreto decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bachare-lato na Comunidade Autónoma de Galicia a desenvolver neste período escolar.

Page 6: EXPOSICIÓN “Emporium. Mil anos de comercio en Vigo” · que falan da nosa historia. Vista da exposición ©Data Gestión Cultural 3 Contidos xerais A exposición “Emporium.

2

Tratamento das competencias clave

A incorporación das competencias clave ao currículo permite por acento nalgúns aspectos da aprendizaxe básica para a etapa do bacharelato. A continuación mostrarase a contribución que pode facer esta proposta:

• Competencia lingüística. Mediante a elaboración de definicións e conceptos propios dun vocabulario específico; argumentar as opinións persoais e escoitar respectuosamente as opinións dos demais; realización de ensaios ou investigacións sobre a temática da exposición.

• Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía. Introducirse no coñecemento da ciencia da arqueoloxía, falando dos seus métodos de pescuda, datación de pezas ou conservación.

• Competencia dixital. Analizar e interpretar de forma crítica diferentes tipos de fontes; buscar información en puntos interactivos do museo; fomentar a pescuda na web doutros museos arqueolóxicos onde poder contrastar información.

• Aprender a aprender. Comparar fontes de información, sintetizar contidos; argumentar respostas persoais ou consensuadas polo grupo; fomentar á actitude crítica do alumnado a través de debates guiados polo profesorado.

• Competencias sociais e cívicas. Comprender a cultura e a forma de vida das civilizacións do mundo antigo e buscar conexións coa sociedade actual; coñecer as pegadas do espazo físico no que se desenvolveron as civilizacións do mundo antigo.

• Sentido da iniciativa e espírito emprendedor. Mostrar una actitude favorable ao diálogo, respectar e escoitar a opinión dos demais e participar de forma cooperativa.

• Conciencia e expresións culturais. Valorar a importancia do patrimonio artístico arqueolóxico; interpretar as manifestacións artísticas ou vestixios das culturas como obxectos que falan da nosa historia.

Vista da exposición ©Data Gestión Cultural

Page 7: EXPOSICIÓN “Emporium. Mil anos de comercio en Vigo” · que falan da nosa historia. Vista da exposición ©Data Gestión Cultural 3 Contidos xerais A exposición “Emporium.

3

Contidos xerais

A exposición “Emporium. Mil anos de comercio en Vigo” presenta máis de 10 séculos de relacións comerciais de Vigo desde a Prehistoria ata a chegada dos árabes á Península. Mil anos nos que Vigo xoga un papel destacado na comunicación marítima do noroeste peninsular co resto do mundo coñecido, con momentos nos que foi o único enclave comercial en activo.

Este aspecto do noso pasado, ata agora máis intuído que demostrado, ten á luz dos resultados das últimas investigacións arqueolóxicas, unha razón de ser. Emporium artella o seu relato, de xeito sinxelo e didáctico, mediante máis de 300 obxectos arqueolóxicos, restaurados e documentados expresamente para a exposición, moitos dos cales se expoñen por vez primeira ao público.

Dadas as múltiples posibilidades didácticas que ofrece a exposición e tendo en conta as especificidades curriculares, considérase adecuado traballar aspectos específicos. Deste xeito, máis específico coidamos que se fai un mellor aproveitamento da mostra. Concretamente, nesta unidade desenvolveremos aspectos relacionados coa historia e expansión da cultura romana.

Con esta actividade “A expansión romana polo Mundo”, preténdese dar a coñecer como e de que xeito se formou a unidade xeopolítica do Imperio Romano e de que xeito tivo plasmación nos intercambios comerciais con Vigo. Explicarase como unha pequena cidade puido conquistar todo o Mediterráneo e boa parte de Europa. Coñeceremos as diferentes fases da organización política romana, así como as da súa expansión e as principais personaxes históricas.

O exército ademais de ser o executor dos éxitos expansionistas romanos, tamén foi un dos principais axentes na expansión das costumes e da cultura romana. Este proceso, denominado “romanización”, supuxo enormes cambios na vida cotiá e na cultura das novas areas anexionadas. Isto tivo pegadas tan fondas como a da implantación do latín, lingua a partir da cal evolucionarían boas parte das linguas actuais da Europa mediterránea.

Exemplos dos primeiros materiais romanos presentes en Vigo ©Museo Municipal Quiñones de León (Nando Iglesias)

Page 8: EXPOSICIÓN “Emporium. Mil anos de comercio en Vigo” · que falan da nosa historia. Vista da exposición ©Data Gestión Cultural 3 Contidos xerais A exposición “Emporium.

4

Por último, analizarase a variación estética en relación os cambios relixiosos e a súa plasmación nos produtos de comercio existentes no Vigo romano.

Metodoloxía

O desenvolvemento metodolóxico da actividade parte dunha interacción constante entre o alumnado e o/a guía, nunha relación dinámica e en certo xeito lúdica. Para acadar estes obxectivos empregaranse elementos de reforzo, cos cales os visitantes poderán experimentar directamente contidos e sensacións reais. Dadas as condicións deste perfil académico a actividade terá unha duración máxima de 60 min. Como preparación e apoio da mesma o/a alumno/a disporá dunhas serie de recursos didácticos (fontes de información e actividades para a aula) que permitirán o mellor aproveitamento da actividade.

Ao longo da sesión na exposición faranse 5 paradas en puntos específicos. Na parada 1 introduciranse ao alumnos na orixe de Roma e o contexto da Europa da época. A parada 2 centrarase na primeira gran expansión fora da península itálica e o gran conflito pola expansión polo Mediterráneo: as Guerras Púnicas. Ao longo da parada 3 coñeceremos o funcionamento e organización do exercito romano. A parada 4 centrarase nos cambios políticos e sociais do baixo imperio. Por último a parada 5 concretaranse nos grandes cambios nos gustos e costumes dos habitantes da Gallaecia coa expansión do cristianismo.

Percorrido e paradas a desnevolver durante a actividade ©Data Gestión Cultural

Page 9: EXPOSICIÓN “Emporium. Mil anos de comercio en Vigo” · que falan da nosa historia. Vista da exposición ©Data Gestión Cultural 3 Contidos xerais A exposición “Emporium.

5

• A PARADA 1 permitirá ao alumnado situarse no contexto histórico europeo do orixe (real e mitolóxica) de Roma. Estableceranse analoxías co que acontecía naquela época en Galicia, onde estaba en pleno desenvolvemento a cultura castrexa. Destacarase a ausencia de elementos romanos nesta época, xa que o comercio estaba na man de outros pobos, nomeadamente os púnicos.

• Na PARADA 2 analizaranse a expansión romana primeiro pola península itálica e despois polo Mediterráneo occidental, península ibérica incluída. Neste contexto, farase alusión a un dos maiores conflitos bélicos do mundo romano: as Guerras Púnicas. Aquí coñecermos algunhas das personaxes históricas máis importantes (Aníbal, Escipión Emiliano,...). Achegaranse a algúns dos elementos típicos do primeiro comercio romano nesta época documentados en Vigo.

• Dentro da PARADA 3 o alumnado traballara sobre o exército romano: organización, armamento, os campamentos.... Coñeceran de primeira man os elementos principais que conformaban o equipamento dun lexionario romano, mediante o uso de réplicas a tamaño real.

• A PARADA 4 terá como fío condutor os cambios no Imperio romano desenvoltos dende o s. III d. C., entre os que destacan a división do Imperio en dous e a adopción do cristianismo como a relixión oficial. Neste senso avaliaranse os problemas que levaron a desaparición do Imperio romano de Occidente. Observaranse os cambios nas rutas comerciais e nos produtos de intercambio.

• A última PARADA 5 centrarase nos cambios sociais e nos gustos que implicou o desenvolvemento e expansión do cristianismo. O cambio da simboloxía clásica en favor dos novos símbolos relixiosos e a aparición dos primeiros edificios relixiosos.

A zona do Areal de Vigo en época tardoantiga ©Museo Municipal Quiñones de León (Alicia Colmenero/Magoga Piñas)

Page 10: EXPOSICIÓN “Emporium. Mil anos de comercio en Vigo” · que falan da nosa historia. Vista da exposición ©Data Gestión Cultural 3 Contidos xerais A exposición “Emporium.

6

Material educativo para profesorado

A historia política de Roma

A civilización romana foi a gran protagonista do último tramo da Historia Antiga, ademais de ser un dos alicerces da civilización cristián occidental. A Roma debémoslle entre outras achegas o Dereito, a administración pública dun estado supranacional (mediante a consolidación da (Res Publica) e as bases dos actuais idiomas romances ou latinos, entre outras aportacións. Os romanos desenvolveron tres etapas grandes etapas políticas.

A Monarquía

O desenvolvemento institucional de Roma foi o resultado dun complexo conxunto de factores que determinaron unhas veces a súa expansión territorial e outras a súa transformación política para asimilar os cambios. O desenvolvemento deste primeiro período histórico data de o 753 a. C. e o ano 509 a. C. As personaxes históricas reste período son Rómulo, seguido por Numa Pompilio, Tulio Hostilio, Anco Marcia. Logo se atopan os reis de orixe etrusco: Tarquino Prisco, Servio Tulio e o último rei sería Tarquino “O Soberbio”. Dos sete reis romanos, a maioría dos autores coinciden en que se confunde a lenda coa historia, aínda que é un período que dá orixe á grandeza romana. En canto á composición étnica desta primeira etapa de Roma, existen latinos, sabinos e etruscos, dando orixe á Roma histórica: republicana e logo imperial. Non obstante, as orixes de Roma mestúranse coa fantasía. As fontes históricas só son seguras a partir do s. VI a. C. Sobre a súa fundación e primeiros tempos tecéronse mitos e lindas. Na época imperial quíxose prestixiar esa orixe vinculándoa a Grecia (a Eneas, heroe troiano, segundo a Eneida de Virgilio, texto de propaganda política, encargado ao insigne poeta por Octavio Augusto).

Durante este período Roma estableceu o seu poder sobre o resto do Lacio, comezou a urbanización e aparece o Senado (deriva de Senex de ancián ou sabio), institución de gran importancia para Roma. Suponse que a cidade fúndase nos seus sete outeiros, Capitolino, Palatino, Quirinal, Viminal, Esquilino, Celio e Aventino, orixinándose así a “Liga do Septimontium”. Outra teoría fálanos de que Roma seria unha das máis importantes colonias da cidade de Alba Longa é produto da súa propia grandeza (capacidades económica, política e militar) puido independizarse.

O Rapto das sabinas de Jacques-Louis David ©Museu du Louvre

Page 11: EXPOSICIÓN “Emporium. Mil anos de comercio en Vigo” · que falan da nosa historia. Vista da exposición ©Data Gestión Cultural 3 Contidos xerais A exposición “Emporium.

7

A República

A República (Res Publica) situámola temporalmente entre os anos 509 a. C. ata 27 a. C. Esta última data amosa a un Octavio Augusto con case totalidade do poder en Roma, cos títulos de Imperator e Príncipe do Senado. Durante a República logrouse dominar toda a península itálica, cara ao 200 a. C., a consolidación das maxistraturas e dunha administración coherente e eficaz para o seu territorio.

Ao longo da República dáse a loita polos dereitos civís entre Patricios (nobreza) e a Plebe, logrando estes últimos unha serie de dereitos, sendo talvez a máis importante a xeración da institución do Tribuno da Plebe (494 a. C.). Este era un maxistrado que representaba á plebe nos seus intereses como clase. Tamén durante a República desenvólvese a Lex Romana, das cales certos conceptos terán o seu alcance ata os nosos días. Sen dúbida durante a República Roma pasa a ser primeira potencia mundial, produto dos seus triunfos sobre os cartaxineses nas 3 Guerra Púnicas: I: 264 ao 241 a. C. II: 220 ao 202 a. C. e III 148 ao 146 a. C., o que supuxo a destrución total de Cartago.

O Imperio

Cando se fala de Roma pensarse involuntariamente no concepto Imperio. As datas que o delimitan son os fitos temporais 31 a. C, coa entronización de Octavio Augusto, ata a caída mesma do imperio de occidente o ano 476 d. C. Aínda que o certo é que o imperio ten a súa orixe no primeiro triunvirato 59 a. C. entre Craso, Pompeio e Xulio Cesar. Posteriormente Xulio Cesar avanzaría ata Roma, atravesando o río Rubicón, feito que rompía a tradición republicana de que lexións non atravesaría esa leña. Xulio Cesar ao facelo exclama a célebre expresión “Alea Jacta Est” (A sorte esta botada) quedando como un case emperador. Dentro do imperio, sen dúbida a figura do fillo adoptivo de Xulio Cesar, Octavio Augusto (31 a. C. ao 14 d. C.), é o máximo representante do imperio e dun emperador eficaz e eficiente. Á súa eficacia queda reflectida na súa máxima, expresada segundo a tradición popular no seu leito de morte: “Atopei unha cidade de barro, deixo unha de mármore”.

Octavio, despois de perseguir aos asasinos de Xulio Cesar, entrou en fortes disputas con Marco Antonio, o popular xeneral romano, que agora se atopaba aliado con Cleopatra, faraona de Egipto. A causa desea circunstancia Octavio recibe o titulo de Imperator, suprema maxistratura militar, no ano 38 a. C. Logo de vencer a Marco Antonio na batalla de Accio o ano 31 a. C., recibe

O senado romano ©revistadehistoria.es

Page 12: EXPOSICIÓN “Emporium. Mil anos de comercio en Vigo” · que falan da nosa historia. Vista da exposición ©Data Gestión Cultural 3 Contidos xerais A exposición “Emporium.

8

consecutivamente os títulos de Augustus, Princeps senatus e sumo pontífice de Roma. Acumulou unha serie interminable de privilexios e poderes que ían desde a presentación de candidatos para as maxistraturas ata o acuñado de moedas... De todos os xeitos e con obxecto de cubrir as aparencias de legalidade, Octavio facíase reelixir cada cinco anos para todos os seus cargos.

Sen dúbida un feito destacado, que xerou un punto de inflexión na historia, é o nacemento de Xesús o Cristo, en Palestina (Xudea), naquel momento provincia romana. Actualmente dáselle a este feito o símbolo de ano cero, convencionalismo aceptado e en uso na división temporal da historia occidental. Na actualidades pódese asegurar que Xesús debeu nacer uns 5 anos antes, pero sempre dentro do goberno de Augusto.

Estatua de Octavio Augusto ©Museos Vaticanos

Emperador Constantino “O Grande” ©Museo del Prado

Page 13: EXPOSICIÓN “Emporium. Mil anos de comercio en Vigo” · que falan da nosa historia. Vista da exposición ©Data Gestión Cultural 3 Contidos xerais A exposición “Emporium.

9

Logo de Octavio veu unha longa serie de emperadores, a primeira dinastía foi a Xullo Claudia onde destacan máis ben os personaxes excéntricos e pouco aptos para gobernar como Calígula, Nerón, entre outros. Despois deles virán distintas dinastías como as dos Flavios, os Antoninos e os Severos. Entre todos os emperadores destacar algúns cuxo goberno foi fundamental para a marcha do Imperio: Domiciano, Nerva, Trajano (con el, o imperio alcanza a súa máxima extensión territorial, 98 a 117 d. C.) Marco Aurelio, Caracalla (baixo este goberno a cidadanía romana faise extensiva a todos o home libres do imperio), Constantino e Teodosio.

Constantino, chamado “O Grande” gobernou entre os anos 307 e 324 d. C., durante o seu período proclama o edicto de Milán, chamado de Tolerancia, polo cal se permitía o culto cristiano como relixión legal en Roma. Pola súa banda Teodosio, gobernou durante o 379 ao 395 d. C. e baixo o seu goberno o cristianismo converteuse na relixión oficial do imperio no 381 d. C., á vez que dividiu a administración do imperio: imperios de oriente e occidente (395 d. C). Honorio quedaría a cargo de Occidente, con capital en Milán, e Arcadio en Oriente, capital Constantinopla.

O final do Imperio

O fin de Roma seo relacionarse case exclusivamente coas invasións bárbaras, se ben existen outros factores de orixe económica e social que tamén axudaron. As invasións comezan moi cedo, xa a mediados do s. III, o emperador Decio, morre defendendo as fronteiras contra os Godos, no 251, o emperador Valerio é capturado polos Persas, pero non vai ser ata o ano 376-378 cando os Hunos invadan a fronteira Este e os Godos pasen as fronteiras do Imperio. A batalla de Adrianópolis, coa morte do emperador Valente, inaugura as invasións de maneira formal e irreversible.

O emperador Teodosio integrou aos bárbaros en Roma, foi así como un dos seus xefes Estilicón, ocupa o cargo de lugartenente do Emperador, pero á morte de Teodosio, a fins do s. IV, nada impedía aos pobos Godos, neste caso Visigodos, chegar ata as portas mesmas de Roma. No ano 410 d. C. toman e saquean a cidade, acaudillados polo rei visigodo Alarico, Os pobos que entran ao mundo romano, atravesando as súas fronteiras foron os Vándalos, Francos, Suevos, Visigodos e Ostrogodos, Burgundios, Marcomanos, Hunos...

Sen dúbida as invasións son un factor vital e principal na caída de Roma, pero sen dúbida non o máis importante. O certo é que o ano 476 d. C. o xefe dos Hérulos, Odoacro, depón ao novo

Brazo de cruz de ouro procedente da igrexa prerrománica do Areal de Vigo©©Museo Municipal Quiñones de León (Nando Iglesias)

Page 14: EXPOSICIÓN “Emporium. Mil anos de comercio en Vigo” · que falan da nosa historia. Vista da exposición ©Data Gestión Cultural 3 Contidos xerais A exposición “Emporium.

10

(case un neno) emperador Rómulo Augústulo e envía as insignias imperiais ao imperio romano de oriente (Imperio Bizantino). Algúns ven a caída Roma na súa propia descomposición política e militar, o cal é tamén un feito básico neste derrube, así como a dispersión e a perdida do control do poder.

Para saber máis

Arias Vilas, F (1992): A romanización de Galicia. Edicións A Nosa Terra. 194 páx.

Fernández Fernández, A. (2013): O comercio tardoantigo no noroeste peninsular. Editorial Toxosoutos. 297 páx.

Fernández Fernández, A. & Barciela Garrido, P. (ed.) (2016): Emporium, mil anos de comercio en Vigo. Concello de Vigo . 145 páx.

Gonzalez López, E (1985): Las fronteras marítimas de Galicia: de la Prehistoria a la baja Edad Media. Edicións do Castro.

Hidalgo Cuñarro, J. Mª (1984): Vigo, del Paleolítico a la romanización. Museo Municipal Quiñones de León, VII. 73-103 páx.

Hidalgo Cuñarro, J. Mª (1986): Aproximación al Vigo romano. Conímbriga, 25. 75-99 páx.

Naveiro López, J.L. (1991): El Comercio antiguo en el N.W. peninsular: lectura histórica del registro arqueológico. A Coruña. 276 páx.

Pérez Losada, F. (2002): Entre a cidade e a aldea. Estudio arqueohistórico dos aglomerados secundarios romanos en Galicia. Brigantium 13. A Coruña. 380 páx.

Peña Santos, A de la (2003): Galicia: Prehistoria, castrexo e primeira romanización. A Nosa Terra. 186 páx.

Perez Losada, F., Fernández Fernández, A (2013): Resultados preliminares das escavacións arqueolóxicas na “villa” romana de Toralla (Oia,Vigo). Castrelos, 13.12-25 páx.

Romero Masiá, A. Mª e Pose Mesura, X. M. (1987): Galicia nos textos clásicos. Monografías urxentes do Museu da Coruña. 161 páx

Suárez Piñeiro, A. M. (2009): A romanización en Galicia. Toxosoutos. 136 páx.

VV.AA (1991): Prehistoria e Historia Antigua. Hércules Ediciones. 479 páx.

VV.AA (2012): Gallaecia Petrea. Xunta de Galicia. 659 páx.

Page 15: EXPOSICIÓN “Emporium. Mil anos de comercio en Vigo” · que falan da nosa historia. Vista da exposición ©Data Gestión Cultural 3 Contidos xerais A exposición “Emporium.

11

Proposta de actividades previas á visita

Actividade 1

Esta actividade centrarase na lectura do texto “Presencia social de la arqueología y percepción pública del pasado” de Gonzalo Ruiz Zapatero, o cal forma parte da publicación “Construcciones y usos del pasado. Patrimonio Arqueológico Territorio y Museo”. Posteriormente o alumnado profundizará no texto e na visión actual da arqueoloxía a través dunha serie de preguntas e actividades: Dispoñible en:

https://www.academia.edu/1774282/PRESENCIA_SOCIAL_DE_LA_ARQUEOLOG%C3%8DA_Y_PERCEPCI%C3%93N_P%C3%9ABLICA_DEL_PASADO

“En un episodio de 1997 de la famosa serie Los Simpson el director Skinner anuncia por megafonía que todos los buenos estudiantes serán premiados con una visita a una excavación arqueológica. Se oyen voces de entusiasmo. Pero también, continúa la alocución, todos los malos estudiantes serán castigados con una visita a una excavación arqueológica. Se oyen gritos de desaprobación. Si la arqueología ha llegado a Los Simpson es, sin duda, porque se trata de un tema de amplio reconocimiento social. De alguna manera los Simpson hacen existir realmente a la arqueología en el mundo actual. Algo parecido difícilmente hubiera podido suceder en series de dibujos animados de veinte o treinta años atrás. En gran medida, la presencia de la arqueología en los medios de comunicación de masas es lo que otorga relevancia social al estudio material del pasado. El fenómeno Stonehenge en el Reino Unido y el fenómeno Atapuerca en España constituyen dos buenos ejemplos de cómo, en la actualidad, grandes proyectos y equipos están convencidos de que la comunicación efectiva con el público tiene que hacerse a través de una amplia batería de medios (exposiciones, prensa, videos, libros, TV, etc.), argumentando que son esenciales para divulgar los resultados de la arqueología. (...)

Por otra parte, el pasado arqueológico está en la vida cotidiana más presente de lo que habitualmente pensamos y un ciudadano se puede encontrar con el pasado a lo largo de un solo día de múltiples formas: en la arquitectura neoclásica de una entidad bancaria, en una cerveza de marca Celta, en una exposición sobre Tesoros Sumergidos de Egipto, en las revistas del kiosco que dan cuenta del último hallazgo fósil, en el anuncio de un periódico del Museo de la Evolución Humana de Burgos o en el de una entidad bancaria que nos anima a evolucionar con un gráfico tradicional de la evolución humana, en una novela prehistórica como la última de J. Auel, La tierra de las cuevas pintadas (2011), en un videojuego que nos desafía a conquistar tierras para el Imperio Romano, en un documental de arqueología sobre Ötzi, el Hombre del Hielo, en un restaurante que ofrece “cenas medievales” o, en fin, en un anuncio televisivo del Metro de Madrid habitado por “cavernícolas” que buscan la estación Prehistoria (Ruiz Zapatero, 2009a). Son pequeños trozos del pasado, muy anecdóticos ciertamente, pero que conforman el imaginario popular sobre el pasado de una forma importante y potente. Y sin duda con más impacto que la arqueología académica.

Pero el pasado es, ciertamente, un país extraño (Lowenthal, 1999), no visitable e inaprensible. La arqueología como conocimiento real del pasado es imposible. Nada de lo que hemos hecho generaciones de arqueólogos en todo el mundo y lo que hagan las próximas generaciones cambiará este hecho. No podemos viajar al pasado y no podemos creer que vivimos el pasado como lo vivieron las gentes del pasado (Hoffer, 2008: 179).

Page 16: EXPOSICIÓN “Emporium. Mil anos de comercio en Vigo” · que falan da nosa historia. Vista da exposición ©Data Gestión Cultural 3 Contidos xerais A exposición “Emporium.

12

Pero hacer arqueología, estudiar el pasado no es imposible. No podemos reconstruirlo pero sí representarlo. Para ello tenemos que completar el puente desde el presente al pasado.”

Que entendedes por arqueoloxía?

Na actualidade, como credes que inflúen os medios de comunicación de masas no desenvolvemento e comprensión desta ciencia?

Coñecedes o caso de Atapuerca? Afondade na web a través dos seguintes enlaces para ter un pouco mais de información.

http://www.atapuerca.org/

http://www.atapuerca.tv/

Unha vez feito isto xa estades preparados para establecer o debate. Centrarvos no que credes que aporta a Arqueoloxía á Historia e a sociedade actual e, coa axuda do/da docente, descubride algún falso mito que fora desmentido gracias a esta ciencia.

Actividade 2

Nesta actividade o alumnado deberá facer unha lectura pausada dun fragmento da obra “La pavorosa revolución. La decadencia del Imperio Romano de Occidente” de F. B. Walbank para introducirse no coñecemento das Guerras Púnicas. Unha vez feita a lectura, traballarán o tema buscando información e comentándoa co resto de compañeiros a través das seguintes actividades e preguntas:

“En el año 264 a. de J.C., al llegar al extremo sur de la península italiana, los romanos chocaron con una ciudad-estado (de origen fenicio) de África del Norte, Cartago. Esta ya se había establecido en el oeste de Sicilia. En muchos aspectos Cartago era lo contrario de Roma; era una potencia naval y marítima cuya riqueza e influencia se basaban en el comercio; y como nunca estaba segura de la lealtad de los pueblos bajo su dominio, dependía de mercenarios (soldados a sueldo) para que lucharan en sus guerras. Durante la Primera Guerra Púnica (264-241 a.C.) los romanos cruzaron el mar, y con el apoyo del resto de los pueblos itálicos derrotaron a los cartagineses después de una guerra que duró veintitres años. En el año 241 a. de J.C. tenían una nueva provincia, Sicilia, y un poco más tarde ocuparon y se anexionaron Cerdeña. En el año 218 a. de J.C. los cartagineses les desafiaron otra vez dando lugar a la Segunda Guerra Púnica (218-202 a.C.). Partiendo de sus bases en la nueva provincia cartaginesa de España y dirigido por un genio militar, Aníbal, el ejército cartaginés invadió Italia a través de los Alpes occidentales (de la parte oeste). Durante dieciséis años Roma luchó por su supervivencia en tierra italiana. A pesar de esto, el Senado no perdió la cabeza en las sucesivas crisis y desastres y consiguió dar la vuelta a la situación: sus aliados itálicos y griegos permanecieron fieles; una fuerza militar romana desembarcó en España y rompió las comunicaciones del ejército de Anibal con sus bases hispanas; se reclutaron más soldados entre los campesinos de Italia para enfrentar la amenaza cartaginesa. Por fin, bajo el mando de un gran general, Escipión el Africano, los romanos consiguieron invadir África del Norte, forzaron el regreso de Aníbal desde Italia y le infligieron una derrota aplastante (202 a. de J.C.) de la que Cartago nunca se recuperó.”

Page 17: EXPOSICIÓN “Emporium. Mil anos de comercio en Vigo” · que falan da nosa historia. Vista da exposición ©Data Gestión Cultural 3 Contidos xerais A exposición “Emporium.

13

Busca información sobre a cidade de Cartago: ano de fundación, orixe dos fundadores, territorio que ldominou...

Busca información sobre a IIIº Guerra Púnica. Indica a súa duración e como rematou Cartago ao finalizar a mesma.

Para coñecer mais sobre a figura de Aníbal e o devir da historia: https://www.youtube.com/watch?v=qqNhq7S2tnU

A que se debe a eterna enemistade entre Cartago e Roma?

Por que se di no texto que Roma loitou pola súa supervivencia?

Para finalizar, debate co resto de compañeiros/as: Por que se pode afirmar que a sociedade, política e economía actuais teñen como base as civilizacións clásicas?

Metodoloxía das actividades

Na actividade 1 (25 minutos) farase unha lectura do texto en alto dando aos alumnos a oportunidade de preguntar todas as dúbidas léxicas e gramaticais. Unha vez solucionadas, o/a docente invitará aos alumnos a que leven a cabo unha lectura de forma individual e que contesten as tres primeiras preguntas, dándolle o tempo limitado de 15 minutos. Nos últimos 10 minutos da actividade a clase centrarase no debate sobre as aportacións da Arqueoloxía a Historia e a sociedade actual. Esta actividade fomentará así a competencia lingüística, a competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía, a competencia de aprender a aprender, a competencia da conciencia e expresións culturais e a competencia dixital. Desta forma a actividade introducirá aos alumnos na ciencia da arqueoloxía e na súa importancia, hoxe en día, para coñecer o pasado.

A actividade 2 (25 minutos) fomentará o coñecemento do alumnado sobre as Guerras Púnicas, feito histórico fundamental da época romana. Para isto os/as alumnos/as farán unha lectura profunda do texto e desenvolverán, de forma individual ou en grupos (isto queda a elección do/da docente), as preguntas sobre o texto. Finalmente, nos últimos 10 minutos de clase levarase a cabo un debate sobre a influencia das civilizacións clásicas na sociedade, política e economía actuais. Esta actividade axudará aos alumnos a comprender a importancia que debemos darlle a estas culturas e aos seus fitos históricos. Desta forma a actividade fomentará a competencia lingüística, a competencia dixital, as competencias sociais e cívicas e a competencia do sentido da iniciativa e espírito emprendedor.

O/a docente debería levar a cabo estas dúas actividades no tempo máximo dunha clase (50 minutos) da materia troncal de Latín ou na troncal de opción de Historia do Mundo Contemporáneo na modalidade de Bacharelato de Humanidades e Ciencias sociais, mentres que na modalidade de Artes poderán empregarse as materias de Historia do Mundo Contemporáneo ou a materia de Fundamentos da arte I de forma previa a visita guiada, co fin de introducir aos alumnos na temática da exposición.

Page 18: EXPOSICIÓN “Emporium. Mil anos de comercio en Vigo” · que falan da nosa historia. Vista da exposición ©Data Gestión Cultural 3 Contidos xerais A exposición “Emporium.

14

Proposta de actividades posteriores á visita

Actividade 1

Os alumnos centraranse no desenvolvemento dun comentario de texto sobre o comercio mineiro da Península Ibérica en época romana, tras a lectura dun fragmento do “LIBRO III. De la Geografía” de Estrabón.

“Turdetania abunda en todos los bienes, alguno observará y se maravillará, no de paso, sino con razón, quan fértil es en metales: porque aunque toda Hispania está llena de ellos, no todas las regiones son fructíferas y felices, y mucho ménos las que los crían. Raro es á la verdad tener á un mismo tiempo abundancia de metales y de frutos: raro es también tener en una region pequeñas riquezas de todo género de metales. Pero Turdetania y su region continua abundan tanto en ambas cosas, que no puede imaginarse alabanza bastante digna á su excelencia; porque hasta ahora en ninguna parte de la tierra se ha hallado tanto oro, plata, cobre o hierro, ni tan bueno como en ella.”

Actividade 2

Dividirase a clase en tres grupos que deberán analizar unha serie de mapas chegando a unhas conclusións que, finalmente, exporán ao resto de compañeiros:

GRUPO 1: Analizade xeograficamente a caída do Imperio Romano e a creación do reino visigodo na península ibérica.

GRUPO 2: Analizade xeograficamente a Idade Media e os comezos da Idade Moderna na península ibérica.

GRUPO 3: Analizade xeograficamente o final da Idade Moderna e a conformación do mapa contemporáneo.

Hispania romana e xermánica ©www.geografiainfinita.com

Page 19: EXPOSICIÓN “Emporium. Mil anos de comercio en Vigo” · que falan da nosa historia. Vista da exposición ©Data Gestión Cultural 3 Contidos xerais A exposición “Emporium.

15

A penísula ibérica durante a Idade Media e Moderna ©www.geografiainfinita.com

A penísula ibérica dende o s. XVIII a actualidade ©www.geografiainfinita.com

Page 20: EXPOSICIÓN “Emporium. Mil anos de comercio en Vigo” · que falan da nosa historia. Vista da exposición ©Data Gestión Cultural 3 Contidos xerais A exposición “Emporium.

16

Metodoloxía das actividades

A actividade 1 proporase as docentes que lle permitan ao alumnado meditar de forma individual o texto, fomentando a súa capacidade lectora e crítica, polo que desenvolverían dita actividade nas súas casas e, posteriormente, o/a docente podería corrixir os resultados e comentar co alumno os acertos ou erros cometidos na súa creación. Ademais, o texto fará que os/as alumnos/as pescuden información sobre a península ibérica na época romana, conseguindo coñecementos sobre a súa contorna e a formación desta dende épocas pasadas. Os comentarios de textos históricos son habituais no 1º e 2º curso de Bacharelato polo que pode ser unha actividade moi produtiva para os alumnos, fomentando con ela a competencia lingüística, as competencias sociais e cívicas e a competencia de aprender a aprender.

Por último, na actividade 2 (50 minutos) o/a docente dedicaralle unha clase á comprensión e análise xeográfico e histórico da península ibérica dende época romana ata o s. XX. Para isto dividirá a clase en tres grupos e asignaralle a cada un deles unha serie de mapas (os cales xa veñen na propia actividade) para que os analicen xeograficamente. Para esta análise daralle aos alumnos 30 minutos, mentres que nos últimos 20 minutos de clase deberán expor ao resto de compañeiros/as o seu análise xeográfico; que co conseguirán ter unha visión global da conformación histórica da península dende a época romana ata a actualidade. Polo tanto fomentaranse a competencia lingüística, a competencia dixital, as competencias sociais e cívicas e a competencia do sentido da iniciativa e espírito emprendedor.

Estas dúas actividades deberán levarse a cabo polo docente no tempo máximo dunha clase (50 minutos) da materia troncal de Latín ou na troncal de opción de Historia do Mundo contemporáneo na modalidade de bacharelato de humanidades e ciencias sociais, mentres que na modalidade de artes utilizaranse as materia de Historia do mundo contemporáneo ou a materia de Fundamentos da Arte I. Esta nova aprendizaxe pode ser de gran utilidade para o 2º curso de Bacharelato, nas materia de Historia de España ou de Xeografía.

Page 21: EXPOSICIÓN “Emporium. Mil anos de comercio en Vigo” · que falan da nosa historia. Vista da exposición ©Data Gestión Cultural 3 Contidos xerais A exposición “Emporium.

17

Glosario para bacharelato

Termos técnicos

ARQUEOLOXÍA: ciencia que estuda, describe e interpreta as civilizacións antigas a través dos monumentos, as obras de arte, os utensilios e os documentos que delas se conservaron ata a actualidade. Considerada inicialmente como unha das ciencias auxiliares da Historia, na actualidade é unha ciencia histórica autónoma.

BELARMINO: Roberto Belarmino (1542-1621) foi un importante arcebispo e inquisidor da Compañía de Xesús, durante a da Reforma Protestante. Entre as súas accións máis coñecidas destacou o proceso da Inquisición contra Giordano Bruno e, posteriormente, contra Galileo Galilei.

CAETRA: escudo circular característico da Idade do Ferro da península ibérica. Xunto cos escudos de coiro existían outros de madeira, decorados no exterior con grandes machóns de bronce. A superficie era normalmente plana e cuberta de coiro ou feltro ao exterior para protexer a madeira dos golpes que, noutro caso, a lascarían rapidamente.

CASTRO: asentamento propio da Idade do Ferro (s. IX-I a.C.). Caracterizanse por atoparse en posición defensiva rodeado de muralla, foxos e demais estruturas similares. A arquitectura das súas estruturas amosa un continuado uso da pedra e as construcións de planta curva. Son propios do noroeste peninsular, se ben existen noutros puntos da península ibérica.

CECA: lugar onde se fabrica ou emite moeda.

CONVENTUS: o termo “conventus” fai referencia a unha unidade de organización administrativa de tipo territorial da Roma imperial. A súa implantación desenvólvese dende a época de Augusto.

CRISMÓN: símbolo relixioso cristián que contén dúas letras gregas Χ e Ρ, que fan referencia as dúas primeiras do nome de Cristo en grego. Habitualmente aparece acompañado doutros elementos, como as letras α (alfa) e ω (omega), a primeira e a última do alfabeto grego, que representan a Cristo como principio e fin de todas as cousas.

NECRÓPOLE: lugar onde se atopan enterrados deliberadamente restos humanos. Etimoloxicamente significa “cidade dos mortos”, pois provén do grego: “necro”, morto ou cadáver, e “polis”, cidade.

PECIO: resto dun navío que naufragapor causa accidental ou deliberada.

SALAZÓNS: método destinado a preservar os alimentos, de forma que se atopen dispoñibles para o consumo durante un maior tempo. O efecto da salga é a deshidratación parcial dos alimentos e a inhibición dalgunhas bacterias. Existe a posibilidade de salgar froitas e vexetais, ainda que o frecuente é aplicar o método en alimentos tales coma carnes ou peixes.

Termos históricos

GALLAECIA: foi o nome co que os romanos identificaron ao territorio situado no extremo noroccidental da península ibérica habitado polos galaicos (castrexos), ao oeste, e astures ao este. Anos despois da culminación da conquista romana, coa nova división administrativa de

Page 22: EXPOSICIÓN “Emporium. Mil anos de comercio en Vigo” · que falan da nosa historia. Vista da exposición ©Data Gestión Cultural 3 Contidos xerais A exposición “Emporium.

18

Diocleciano, estivo formada polos conventos Lucensis, Bracarensis e Asturicensis. Co tempo, no s. IV d. C., a Gallaecia chegou a incluír o antigo Conventus Cluniacenesis, abarcando así todo o norte de Hispania.

IMPERIO BIZANTINO: o Imperio bizantino, tamén chamado Imperio romano de Oriente, orixinouse no ano 395 d. C. cando o emperador Teodosio dividiu o Imperio Romano en dous: Oriente e Occidente. A diferencia do Imperio Romano de Occidente, destruído polos xermanos no ano 476 d. C., o Imperio bizantino logrou sobrevivir e perdurou por case dez séculos, ata o ano 1453 no que os Turcos otománs ocuparon a súa capital, Constantinopla. Os bizantinos lograron fusionar a cultura dos gregos e romanos, os elementos relixiosos de cristiáns e pagáns e as costumes occidentais e orientais. Desta maneira conservaron os aportes culturais da antigüidade e os reelaboraron baixo novas formas. Aínda que falaban grego, os bizantinos chamábanse así mesmos romanos, pois considerábanse herdeiros deste antigo Imperio. Por iso a Constantinopla coñecíaselle tamén como a nova Roma.

MPERIO ROMANO: o Imperio romano é a denominación que fai referencia a terceira fase política do mundo romano clásico, posterior á República romana e caracterizado por unha forma de goberno autoritaria. Os dominios do Imperio romano chegaron a abarcar dende o océano Atlántico ao oeste, ate as beiras do mar Caspio, o mar Vermello e o golfo Pérsico ao este, e dende o deserto do Sáhara ao sur ata a beira dos ríos Rin e Danubio e a fronteira con Caledonia ao norte. No 476 o “bárbaro” da tribo hérula Odoacro depuxo ao último emperador de Occidente, Rómulo Augústulo. O Imperio oriental (bizantino) proseguiría case un milenio en pé, ata que en 1453 Constantinopla caeu baixo o poder otomano. Co colapso do Imperio romano de Occidente finaliza oficialmente a Idade Antiga dando inicio a Idade Media.

PÚNICOS: foron unha civilización da Antigüidade clásica que englobaba a cidade de Cartago e os seus territorios dependentes. O seu idioma (púnico), cultura e relixión proveñen dos fenicios. A cidade de Cartago, inicialmente unha colonia fenicia, tras a decadencia da súa metrópole (Tiro), desenvolveu unha alianza ou liga con outras cidades púnicas do Mediterráneo occidental baseada na hexemonía de Cartago. A finais do s. III a. C. entrou en contacto coa outra gran república do seu tempo, Roma, a cal estaba inmersa nun gran proxecto de crecemento territorial. As aspiracións opostas de ambas repúblicas provocaron unha gran rivalidade entre ambos pobos, materializado nas tres guerras púnicas. Cartago sempre resultou derrotada e os enfrontamentos non cesaron ata o desmantelamento da República de Cartago e a destrución da súa capital no 146 a. C.

REPÚBLICA ROMANA: denomínase así ao segundo período da historia romana, o cal se inicia desde a expulsión de Tarquino “O Soberbio”, do 509 a. C. ata o ano 29 a. C. no que Octavio se fixo emperador, co nome de Augusto. Nesta etapa Roma convértese na primeira potencia do Mundo Antigo, con numerosas colonias en Europa, Asia e África, gracias a súa política expansionista e ao feito de contar cun poderoso exército, disciplinado e moi ben organizado. Tamén corresponde a este período o fortalecemento das súas institucións políticas e a difusión da cultura Helénica. Ao carón destes logros positivos, xurdiron problemas sociais profundos, coma a loita entre ricos e pobres (patricios e plebe).

VICUS: na Antiga Roma, un vicus (plural vici) era un barrio ou pequena aglomeración urbana. Estas divisións administrativas constatáronse aínda en vigor ao menos ata mediados do s. IV. A palabra latina vicus tamén se aplicábaá unidade administrativa mais pequena dunha cidade provincial no Imperio romano, que xorde preto a un lugar romano oficial, como podía ser unha guarnición militar ou unha zona mineira en operación.

Page 23: EXPOSICIÓN “Emporium. Mil anos de comercio en Vigo” · que falan da nosa historia. Vista da exposición ©Data Gestión Cultural 3 Contidos xerais A exposición “Emporium.

19

Termos xeográficos

ANTIOQUÍA: situada na marxe oriental do río Orontes, fundouse a finais do s. IV a. C. por Seleuco I Nicátor como capital do seu imperio en Siria.

AQUITANIA: rexión suroccidental de Francia formada polos departamentos de Dordoña, Gironda, Landas, Lot e Garona e Pirineos Atlánticos. A súa capital era Burdeos e desapareceu como unidade administrativa en 2015.

CILICIA: nome antigo da entidade política romana que se lle daba á zona costeira meridional da península de Anatolia, que agora se coñece como Çukurova. A súa extensión comprendía arredor dun terzo da superficie actual de Anatolia.

FOCEA: cidade grega da actual Turquía, onde hoxe atópase a cidade de Foça ou Eskifoça no golfo de Esmirna. Fundada no s. VIII a. C., foi un importante porto comercial e mantivo tratos con todo o Mediterráneo occidental.

GAZA: é a principal cidade da Franxa de Gaza, dentro do estado Palestino e desgaxada militarmente dos territorios de Cisxordania polo estado de Israel. Historicamente foi unha zona de fondas disputas territoriais, especialmente agravadas tras a creación do estrado de Israel ao fin da II Guerra Mundial.

LIMYRA: pequena cidade en Licia, na costa sur de Asia Menor, preto do río Limyrus. Converteuse nun dos mellores establecementos comerciais en Grecia. A cidade quedou baixo o control do Imperio persa despois de que fora conquistada por Ciro “O Grande”. Permanecería baixo control persa ata o final dos seus días, cando foi conquistada por Alexandro Magno no s. IV a. C.

Page 24: EXPOSICIÓN “Emporium. Mil anos de comercio en Vigo” · que falan da nosa historia. Vista da exposición ©Data Gestión Cultural 3 Contidos xerais A exposición “Emporium.