Exposición oral

19
CONSELLOS PARA REALIZAR UNHA EXPOSICIÓN ORAL 2012-2013

Transcript of Exposición oral

Page 1: Exposición oral

CONSELLOS PARA REALIZAR UNHA EXPOSICIÓN ORAL

2012-2013

Page 2: Exposición oral

QUE É UN TEXTO EXPOSITIVO?

Un tipo de texto explicativo que aporta información de forma rigorosa e obxectiva sobre un tema coa finalidade de aumentar os coñecementos que sobre este ten o receptor.

Page 3: Exposición oral

QUE DEBEDES FACER?

Escoller un tema, preparar un texto expositivo que dure de 3 a

5 minutos, ensaialo previamente e explicalo diante da clase.

Page 4: Exposición oral

PASOS A SEGUIR:

ELECCIÓN DO TEMA PLANIFICACIÓN DO TRABALLO PROCURA DE INFORMACIÓN PREPARACIÓN E ORGANIZACIÓN ENSAIO PRESENTACIÓN ANTE O PÚBLICO

Page 5: Exposición oral

1. PLANIFICACIÓN

Debes ter en conta:– Onde vas falar?– Para quen vas falar?– Con que motivo?– Que tema vas tratar?

Page 6: Exposición oral

Elección e preparación do tema.

Escolle un tema que che interese e que lles interese ás persoas que te van oír.

Decide que aspectos vas tratar. Mellor poucas ideas e claras que moitas e confusas.

Prepara o tema e a exposición

Page 7: Exposición oral

Preparación da exposición

Busca información veraz. Utiliza diferentes fontes e fai referencia a elas.Elabora o texto que vas desenvolver.Se queres, utiliza recursos dixitais ou escritos

de apoio visual: fichas, carteis, presentacións, carteis, imaxes…

O máis importante é o que dis e como o dis, non o número de imaxes que amosas.

Page 8: Exposición oral

Cada recurso de apoio debe ser relevante e explicado.

Fai un guión cos datos básicos para axudarte del.

Controla o tempo de exposición.É recomendable ensaiar a exposición

previamente.

Page 9: Exposición oral

A EXPOSICIÓN1. Condución do tema

Intenta captar a atención do público. Indica clara e brevemente o tema.

Page 10: Exposición oral

Explica a túa escolla. Expón as ideas

principais e secundarias e relaciónaas entre si.

Pecha a intervención axeitadamente.

O ESQUÍ

MODALIDADES HISTORIA REGRAS COMPETICIÓNS

Page 11: Exposición oral

2. Produción do texto

Fala con corrección e fluidez. Coida os aspectos non verbais (xestos, ton

de voz, miradas…)

Page 12: Exposición oral

Evita as repeticións e as palabras imprecisas (cousa, facer, tema…)

Non te limites a ler en voz alta, explica os datos.

Page 13: Exposición oral

QUE DEBES FACER?

Interactuar co público Coidar a entoación

Mirar o auditorio

Ser agradable

Page 14: Exposición oral

QUE DEBES FACER?

Xesticular comedidamente

Manter unhapostura correcta

Falar nun tonadecuado

Ser natural

Page 15: Exposición oral

QUE NON DEBES FACER?

LER E NONEXPLICAR

MIRAR AO CHAN OUAO INFINITO

USAR UN TON MONÓTONOE ABURRIDO

METER AS MANSNOS PETOS, RIR,

MOVERTE NERVIOSAMENTE,

SENTAR NA MESA…

USAR PALABRAS COMODÍN

Page 16: Exposición oral

A ACTITUDE DO PÚBLICO

As persoas que hoxe escoitan, mañá terán que falar. Polo tanto a actitude ten que ser sumamente respectuosa.

Deben manter a compostura: non interromper, non falar nin molestar, agardar ao turno de preguntas, etc.

Page 17: Exposición oral

Se é necesario podemos tomar anotacións, pero non apuntamentos.

Ao dirixirse á persoa que expón, debemos ser correctos e respectuosos

Page 18: Exposición oral

As preguntas que fagamos non poden ser inadecuadas ao contexto.

Debemos valorar de forma obxectiva e imparcial o traballo dos demais.

Ao atendermos aos demais aprendemos estratexias para expoñer nós.

 

Page 19: Exposición oral

QUE SE VAI VALORAR?

CONTIDO

Estrutura e orde

Datos

Claridade

Argumentación

EXPRESIÓN

Linguaxe

Fluidez

Ton de voz

Elementos non verbais

Tranquilidade

OUTROS ELEMENTOS

Duración

Orixinalidade

Recursos empregados