Facemos unha nota para os nosos papás

12
FACEMOS UNHA NOTA PARA OS NOSOS PAPÁS Lectoescritura construtivista Ed. Infantil 3 anos

Transcript of Facemos unha nota para os nosos papás

FACEMOS UNHA NOTA

PARA OS NOSOS PAPÁS

Lectoescritura construtivista

Ed. Infantil 3 anos

O primeiro que fixemos foi pórnos de acordo no que

queríamos escribir na nosa nota e a profe foi tomando

apuntes.Non puidemos incluír todo o que dixemos porque sería

moi longo, así que seleccionamos.

Logo por grupos fomos escribindo cada unha das

palabras con moito coidado

Despois fixemos uns debuxos para a nota (pero

non os puidemos poñer na nota, porque as notas

“formais” non levan debuxos. Que mágoa…

Despois a profe xuntounos todos e escaneunos para ir

montando palabra por palabra, xa que nós

escribimos moi grande e non hai tanto texto.

O resultado foi este…

E logo pasámoslle a nota ao Equipo de

Dinamización da Lingua Galega para que o fixesen

oficial e incluísen aquilo que a nós nos faltara.

Custounos moito traballo facer a autorización, pero

aprendemos moito e traballamos moitísmo.

E un pouquiño cada un fomos acadando un resultado do que nos sentimos moi, moi satisfeitos.