Falamos

42

description

Revista escolar do colexio público Otero Pedrayo de Vigo

Transcript of Falamos

Page 1: Falamos
Page 2: Falamos

Coma os gromiños da cerdeira que xermolan e florecen

no silencio, así chega ano tras ano a nosa revista escolar

“Falamos ” cando a primavera está a verdecer e o cuco de

maio a cantar. A nosa revista é coma se tivera voz de lenzo

na que contén todas as cores que foron pintando ao longo do

curso todos os nenos e nenas do noso colexio. Porque xa o

apuntaba o noso lema : “ Tod@s diferentes, tod@s necesa-

rios”.

Disfrutade pois deste caleidoscopio visual e deixade

voar a vosa imaxinación par ver como un raio cose nubes na-

caradas ou como os lectores máis sixilosos cazaban en

alfabetos durmidos nas ás de bolboretas de escuma. E lem-

brade que a lectura require silencio e por suposto un lápis.

Saudiños para todos e todas e que cante o merlo.

Matamá, maio de 2010

Page 3: Falamos

Uxio Novoneyra Este ano, quixemos participar no Concurso-Exposición das Letras Galegas

2010, dedicadas ao poeta do Caurel, Uxío Novoneyra. Así fixemos os

seguintes carteis ilustrando a súa vida e obra.

Page 4: Falamos
Page 5: Falamos
Page 6: Falamos

“DÍA DAS LETRAS GALEGAS”. UXÍO NOVONEYRA. (6ºB)

BIOGRAFÍA

Uxío Novoneyra nace o 19 de Xaneiro de 1930, na aldea de Parada de Moreda,

en plena Serra do Courel, dentro dunha familia labrega acomodada. O futuro escritor

pasa a nenez e mocidade neste marco xeográfico courelán da Galicia que segue

conservando nese momento os seus tradicionais modos de vida e que conformará as

experiencias básicas da futura creación poética do autor.

En 1945 trasládase, durante o período escolar, a Lugo para estudar o

bacharelato, que remata en 1948. Neste último ano coñece nesta cidade ao seu

compañeiro de xeración , o escritor da Terra Cha Manuel María.

Con anterioridade, en 1947, xa fora vivir a Parada a autora noiesa María Mariño

Carou, con quen o noso autor iniciará unha profunda relación parsoal que durará ata a

morte da poeta en 1967 e que deixará a súa forte pegada na obra de ambos.

De 1949 a 1951 está en Madrid e alí , matricúlase na carreira de Filosofia e

Letras. Esta xeira madrileña é unha etapa de formación cultural, en gran parte

autodidacta, na que empezará a escribir en castelán.

En 1952 Novoneyra volve a Galicia para facer o servizo militar, con estancias

en Santiago de Compostela, A Coruña e Lugo, coincidindo outra vez con Manuel

María. As experiencias composteláns son fundamentais pois espertan no escritor unha

nova conciencia galega que se vai forxando en contacto con figuras como o pintor

Carlos Maside, o ensaísta e ideólogo Ramón Piñeiro e a figura Ramón Otero Pedraio.

E precisamente este contacto co galeguismo, xunto coa volta ao Courel durante unhas

vacacións no ano 1952 o que motiva o autor para escribir en galego.

A continuación , de 1953 a 1962, permanece no seu lugarde nacemento para gardar

repouso a causa dunha enfermidade.

No período que vai de 1962 a 1966 o escritor vive en Madrid. Nesa capital

traballa na radio e na televisión, sempre relacionados coa poesía galega, española e

universal.

En 1966 retorna de novo ao Courel debido a enfermidade dos seus proxenitores,

e xa dende este momento quedará a vivir en Galicia.

En 1973 se casou con Alba Rey, coa que tivo tres fillos que residían en O Courel

e Lugo, para instalarse definitivamente en Santiago en 1983.

O poeta foi elexdido presidente da Aociación de Escritores en Lingua Galega,

cargo que ocupou ata súa morte, en 1999 (Santiago de Compostela).

CONTEXTO HISTÓRICO

Enmarcamos este contexto dentro dunha serie de feitos históricos de carácter social e

cultural que poideron influir na carrreira, estilo e obra do poeta:

Page 7: Falamos

- En 1920 comeza a publicación da revista Nós, que da nome a unha xeración cultural

da que forman parte Castelao, Coevillas, Risco e Otero Pedraio.

- En 1931, créase o Partido Galeguista que consigue a aprobación do Estatuto de

Autonomía de Galicia, no que a lengua galega adquire por primeira vez o

recoñecemento “idioma oficial de Galicia”.

- Nestes anos tamén prodúxose a emigración dos galegos a América e a Europa.

- A Guerra Civil española que comezou no ano 1936 e rematou no ano 1939. Durante a

guerra non só se perdeu a oportunidade da posta en prática do Estatuto senón que tamén

quedou truncado o renacente esplendor cultural da lingua galega. O franquismo, tras o

final da Guerra Civil, provocou a desaparición da lingua galega.

- Da mesma maneira,o ambiente histórico represivo da convulsa situación da década dos

trinta e comenzos dos corenta,que coincide cos anos de nenez e mocidade,deixarase

ver máis tarde na súa poesía cívica.

- Despois da guerra, o espírito galeguista tímidamente, comeza a manifestarse no ámbito

cultural. As primeiras publicacións literarias en galego na postguerra déronse no exilio.

- Pouco despois, no ano 1950 iniciouse o percorrido da Editorial Galaxia, fundada co

ánimo de animar á recuperación cultural de Galicia.

- Nos anos 60, madurece a primeira xeración de xentes galegas que non

viron directamente a Guerra Civil.

- Arredor dos anos 70 que comeza por dentro da universiade galega a preocupación

polo estudo de Galicia. A creación da cátedra de galego e o labor realizado dentro do

departamento de Filoxía Románica e do Instituto da Lingua Galega son de grande

importancia para a investigación lingüística.

ESTILO LITERARIO E OBRA

A súa obra limítase a media ducia de títulos e en todos os poemas que escribiu

deixou sensacións da súa infancia.

Os seus poemas están entretexidos de floresta e ceo frío, de ternos labregos, de

toponimias esquecidas, de silencios recollidos na umbría e de follas verdinegras.

Novoneira, na súa poesía, rexeita toda agresión a campos e montes, á agreste natureza

que conduce a súa pluma intentando quedar reflectida en cada verso.

O poeta rendeulle o maior tributo que puido a súa lingua materna. Rebuscou nas

linguaxes aprendidas na súa infancia e mocidade e aplicou os seus achados á

arquitectura poética. Tanto en “Os Eidos” como nas outras obras, Novoneyra é capaz de evocar

sensacións visuales, táctiles, auditivas ou anímicas mediante a combinación e repetición

de fonemas.

En “Muller pra lonxe”, reune poemas de amor xa publicados e outros inéditos.

Ademais da súa incursión na narrativa para nenos, destaca a oralidade da súa

poesía, que adquire matices especiais cando o mesmo poeta recitaba os propios versos,

proba máis do seu enraizamento co pobo e a poesía popular.

Novoneyra foi un dos poetas máis relevantes en lingua galega de todos os tempos. A

obra do poeta esté enraizada na tradición e no popular:

Os eidos (1955).

Os eidos 2. Letanía de Galicia e outros poemas.

Poemas caligráficos (1979).

Page 8: Falamos

Os Eidos. Libro do Courel (1981).

Muller pra lonxe (1987).

Do Courel a Compostela 1956-1986 (1988).

O cubil de Xabarín (1990).

Tempo de elexía (1991) Oleiros.

Gorgorín e Cabezón (1992).

Poemas de doada certeza i este brillo premido entre as pálpebras (1994).

Betanzos: Poema dos Caneiros e Estampas (1998).

Dos soños teimosos Noitarenga (1998).

Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín (1998).

Arrodeos e desvíos do Camiño de Santiago e outras rotas (1999)

SERRA ABERTA (Os eidos 2) Terras outas e soias!

Serras longas mouras!

Eu son esta coor de soedá

Ancares soñados co lonxe!

Penas de Marco Meio Mundo en ringuileira do

Candeado ás Moás!

Alto da Lucenza Formigueiros Montouto Pía-Páxaro

Tesos cumes do Courel! Pobos probes

Ardidos de tristura mouros de queimados!

Lor ruxindo polo val pecho!

Ucedo e ucedo!

Fontiñas outas

penedos

carrozos escuros

fragas agros soutos e devesas! Labregos e pastoras

que soio vistes

istes tesos e máis estes vales!

Aturula a curuxa e canta o cuco

Medindo o tempo quedo que es para na cor e tornándose

Contra un ven cravarse no sitio onde máis se sinte!

Alumnos/as 6ºB, 3º ciclo de EP

“CEIP OTERO PEDRAIO” Vigo

Page 9: Falamos

Do 8 ao 12 de marzo celebramos a

SEMANA DA PRENSA

e @s Piruletas fixemos traballos

con ela. Aquí vos mostramos o que máis nos divertiu!

Page 10: Falamos
Page 11: Falamos
Page 12: Falamos
Page 13: Falamos
Page 14: Falamos
Page 15: Falamos

Meteoroloxía

GRAN DESTROZO NOS COLEXIOS DE TOMIÑO ♦DIEGO DA COSTA A pasada semana o forte vento levantou as tellas dun instituto de Tomiño que quedou inundado. Non se puido asistir ás clases o xoves e o venres houbo que cambiar todas as tellas. Isto tamén pasou na guardería que estaban a construir, o teito inundouse e derrumbouse, e tiveron que achicar toda a auga que había dentro, e houbo que tirar os lapis, bolígrafos, libros, sillas, mesas... Os ríos chegaron a alcanzar moito caudal e as casas cercanas se inundaron, subiu tanto o caudal que non se podía ir polos camiños cercanos ós ríos e as hortas enchéronse de lama. Caeu un raio na casa duns veciños e lles matou unha vaca, un porco e tres galiñas. Ó final non houbo ningun ferido nos colexios�

O MAL TEMPORAL ♦RAQUEL DOS SANTOS O pasado sábado 27 de febreiro, en Valadares, cairon dúas árbores na estrada. Levantouse unha racha de vento, e un foi cair ó lado da casa de Raquel dos Santos, e o outro xunto ó bar AS BRASILEIRAS. Raquel dos Santos e a súa familia estaban xa avisados das rachas de vento, pero os donos do bar víronse sorprendidos e tiveron que pechar. O pai de Raquel preguntoulle ao dono da árbore se podía quedar con el para facer leña, e como o dono o permitiu, fixo unha boa reserva de leña�

OUTRA ÁRBORE DERRIBADA

♦GABRIEL GIL O luns 1 de Marzo de 2010, debido ó fuerte temporal do sábado, unha árbore foi derribada por unha ráfaga de vento moi forte. A árbore caeu enriba de dous coches e un muro, dentro do territorio duns apartamentos alugados. Despois do incidente todo quedou destrozado (os coches e gran parte do muro). Nestes días se estará arranxando a zona e cortando a árbore duns 20 metros de alto para quitalo do medio e levalo a unha fábrica de papel. Este suceso tivo lugar no Camiño Real Nº 13�

SUCESOS ¡PERIGO NA RÚA!

♦NOÉ DÍAZ O pasado dìa 14 de xaneiro, nun baixo dunha comunidade de veciños (Eugenio Arbones, baixo), pelexaron dous cans, un dos cales era un palleiro (Cobi) que estaba no interior do baixo, e o outro era un dogo arxentino (Juancho), que paseaba por alí. O dogo, por causas descoñecidas rompeu o cristal da porta do baixo, e o palleiro rematou co cristal arrincando os trozos que quedaban. Os donos, asustados, separaron os cans, que estaban a piques de enredarse nunha pelexa, aínda que o dogo tiña bozal. O palleiro sangraba moito, pero como a cor da súa pel era marrón, non se lle notaba moito, pero o dogo era branco e tiña tinguido o pelo da cor da sangue. Suponse que todo esto ocurriu debido a que o dogo era agresivo, xa que era temido polos veciños, cans e xente dos arredores�

SUCESOS ♦CARLA LEIRÓS Un día no Otero Pedraio,estaban unhas nenas xogando ao fútbol, e unha nena chamada Carla, foi xunto dun neno que se chamaba Javier e que ía na súa clase. Ela ía dicirlle unhas cousas, pero Javi non lle facía caso. Entonces ela agarrouno e sen querer tirouno ao chan e el dixo: ¡Voute zuscar! Pero non lle fixo nada, porque el non se enfadara. Logo, despois de que tocara o timbre para subir á clase, estaban na porta da aula, e ela ía dicirlle as cousas que lle ía dicir antes, entonces agarrouno pola capucha, e a empezou a tirar del para atrás e el caeu, e ó final díxolle o que lle tiña que dicir, e non pasou nada, solo que a Javier logo lle doían o pescozo e as pernas�

DEPORTES GOLEADA DE 6ºA a 6ºB

♦ANDRÉS GRAÑA O equipo de fútbol de 6ºA goleou por un 9-0 máis que merecido ao curso de 6ºB. O partido comezou as 11:45, o primeiro gol foi de Andrés, tras o rechazo a disparo de Pablo F., o segundo chegou pouco despois, Andrés foise pola banda, centrou e un remate de cabeza de Pablo F. fixo o segundo. Despois de 2 ocasións de 6ºB moi claras, Andrés aproveitou un rebote e, de volea, fixo o 3-0; segundos máis tarde Andrés anotou 2 goles seguidos, un con cada perna, de rebote coa esquerda e de xogada coa dereita. Pablo F. fixo o 7-0 nunha fácil ocasión, e a continuación, de novo Andrés meteu gol. No último suspiro, Pedro cerrou a goleada cun gol desde fora da área�

Do 8 ó 12 de marzo celebramos a Semana da Prensa. As rapazas e rapaces de 6ºA fixemos noticias

periodísticas. Aquí vos amosamos algunhas.

Page 16: Falamos

O luns 19 de outubro os alumnos do 1º ciclo tivemos a sorte de dar un paseo en barco pola Ría de Vigo.

E non foi nun barco calquera, foi no HIDRIA II!, o único barco de vapor que queda en España.

Foi incrible! Para moitos de nós foi a noso bautizo no mar.

Page 17: Falamos

o Hidria Ir quere zarpar I axúdalle a chegar ao mar.

Conseguiches zarpar e acadaches o diploma

o bautismo de mar)

Page 18: Falamos

LE E COMPLETA:

l. Parte dianteira dun arco ~

2. Parte traseira dun barco ~

3. Lado esquerdo dun barco (mirando de popa a proa) ~ _

4. Lado dereito dun barco (mirando de proa a popa) ~

5. Anchura dun barco ~

6. Lonxitude dun barco ~

7. Altura total dun barco ~

8. Lado do barco ~

9. Dono do barco ~

10. Lugar onde se constrúen os barcos ~ _

] l. Cordas empregadas nos barcos ~ _

BUSCA NESTA SOPA DE LETRAS 10 PALABRAS RELACIONADAS COS BARCOS E

ESCRÍBEAS AO LADO (algunhas son as mesmas cas da sopa de letras).

L M P R O A N D T P N S E A M 1 L T R O P U S R S N E S L O R A S N U M A G O B U F P O R T O A e A H O L B U E T A 1 D S A e T L O 1 N G L 1 O U M 1 B e u T R O P Z R S L B A B O R O T O V B L P O 1 G T M N O P A D D A S T E L E 1 R O S E 1\'1 1 B T O P E R S P S O E S T R 1 B O R L A P T

1

2 "l .J

4

5

6

7

8

9

10 .~.-

Foches quen de facelo todo ben? Noraboa! Estás preparado para navegar!

Page 19: Falamos

OS NENOS E NENAS DE 3 ANOS QUEREMOS DEIXAR A NOSA PEQUENA

PEGADA NA REVISTA

Page 20: Falamos
Page 21: Falamos
Page 22: Falamos
Page 23: Falamos

/

/t ~

~Dn,M ·C3~)

~OO

O ~J ek~.

;

,,,,/10rV-~)

-----~\~

Page 24: Falamos
Page 25: Falamos
Page 26: Falamos
Page 27: Falamos
Page 28: Falamos
Page 29: Falamos

TOS?o DE MERCAMOS OS ALIM

o primeiro trimestre os nenos e nenas de 10 visitamos un gran hipermercado e puidemos descubrir onde se mercan os diferentes alimentos. E ti saberías relacionar os seguintes alimentos co se lugar de venta?

... -----­III I

I I

II II

I I II

II I

I I II

I Costeleta I I

II~I I TomateI- - - ...

Xamón

Plátano

Peixe

I

Page 30: Falamos
Page 31: Falamos
Page 32: Falamos
Page 33: Falamos

Os nenos de 5 anos debuxamos as festas que máis nos gustaron.

O día da paz cantamos e bailamos cos nosos compañei-ros.

Page 34: Falamos
Page 35: Falamos
Page 36: Falamos

En 6ºA estudiamos este ano a poesía lírica. Aquí vos quedan algunhas composicións que fixemos.

Cando comprei mel

Collin un cascabel

Comprei caramelos

Que estaban bos

Fun a Madrid

con unha perdiz

fun a Barcelona

con unha pelota

Israel

Ía un neno por Navarra, Vendendo chatarra. Ía un neno por León, Cun trozo de lacón. Ía un neno por Vigo, Comendo un Figo. Ía un neno por Sevilla, Sentado nunha silla. Ía un neno por Barcelona, Agochado nunha lona. Ía un neno por Huelva, Perdido nunha selva. Ía un neno por Valladolid, Comendo unha perdiz. Ía un neno por Indonesia, Acompañado por outro de Suecia.

Andrés Graña

OS PAXAROS OS PAXAROS OS PAXAROS OS PAXAROS Os paxaros voabanOs paxaros voabanOs paxaros voabanOs paxaros voaban No ceNo ceNo ceNo ceo despexadoo despexadoo despexadoo despexado Os paxaros cantabanOs paxaros cantabanOs paxaros cantabanOs paxaros cantaban Ó sol afastado.Ó sol afastado.Ó sol afastado.Ó sol afastado. As nubes corrían As nubes corrían As nubes corrían As nubes corrían Grazas o ventoGrazas o ventoGrazas o ventoGrazas o vento As choivas aparecíanAs choivas aparecíanAs choivas aparecíanAs choivas aparecían ¡Menudo tormento!¡Menudo tormento!¡Menudo tormento!¡Menudo tormento! Os nenos se Os nenos se Os nenos se Os nenos se mollabanmollabanmollabanmollaban Mentres xogabanMentres xogabanMentres xogabanMentres xogaban As nais gritabanAs nais gritabanAs nais gritabanAs nais gritaban E todo deixaban.E todo deixaban.E todo deixaban.E todo deixaban.

Laura ComesañaLaura ComesañaLaura ComesañaLaura Comesaña

Para Andrés

Un gato con tres pes.

Para Rebeca

Una bonita boneca.

Para Israel

Un barco de papel.

Para Raquel

Un tarro cheo de mel.

Para David

Un pouco de maíz.

Para Pablo Gil

Un bo barril.

Para Pedro

Un gran cedro.

Para Javier

Un casco para non caer.

Para Carla

Un bozal para a súa cadela

Clara.

Para Laura

Unha amiga que se chame

Sara.

Para Diego

Un amigo grego.

Para Pablo Febreiro

Un xoguete de carpinteiro.

Para Gabriel

Un anel do Courel .

Para Noé

Unha lata de paté.

Javier Besada

Para que haxa paz No Mundo non pode Haber guerras nin Violencia. Para que non haxa Guerras nin violencia Temos que axudarmos Todos. David Álvarez

O ferreiro e o gaiteiro En xaneiro ven o gaiteiro En febreiro ven o ferreiro En marzo comen todos nun pazo En abril veñen os dous a mil E en maio todos quitan o saio

Pablo Gil

“A rosa” Ía pola rúa e unha rosa encontreime, a pobre rosiña esmagullada leveina para a miña casa, e púxena nun xarrón e na súa auga quedou a vivir.

Noé Díaz

Page 37: Falamos

A guitarra louca Toca, toca, toca sen parar, a guitarra louca do meu lar. Toca, toca, toca como ningunha, é a envexa de todos os instrumentos musicais. Toca, toca, toca nas festas e verbenas sen parar.

Pablo Gil

A VIDA NUN PAÍS A vida nun pais pode ser moi bonita, As flores, árbores E moitas cousas mais…. Mirando hacia o mar Nun pais lonxano Nunha illa, Cun volcán En erupción coa sú a lava quente Lume ardente.

Pablo Febreiro

“O ourizo” Ía cara a escola, E un ourizo encontreime, o ourizo, temblando estaba, o pobriño ourizo perdeu as súas pugas, e espiñas de rosales lle peguei, no seu lombo temblante, e alegre se foi

Noé Díaz.

ESPERTEI Eres fermosa Como unha rosa Eres tan bonita Que por ti daría a miña vida. Al verte me desmallei. Me deches un bico e espertéi.

Rebeca Arranz

O fosco fume brila no roxo lume O lápiz roxo escondido no matoxo. A pousada pescada Baila na auga. Co compás Das un paso atrás. Co ceo negro Sempre o caldeiro cheo.

Pedro Hernández QUÉROTE

Por un bico da túa boca Dúas caricias te daría Que tres veces che demostran Catro veces a miña alegría E na quinta sinfonía Do meu sexto pensamento Sete veces te diría Oito detrás dun te quero Porque nove veces por ti vivo E dez veces por ti morro.

Carla Leirós

Page 38: Falamos

A NOSA BIBLIOTECA COB A VI DA Este ano, no noso marabilloso e estupendo colexio, 0 CEIP Otero

Pedrayo, aconteceu algo moi importante relacionado coa biblioteca.

Pasou algo que e preciso que todos lembremos.

A biblioteca, que estci na planta baixa (podes observar 0 mapa para

situarte) e pequena e ten un menton de libros antigos e desordenados

por riba das mesas. Os nenos do 1° cicio sempre pensamos que e 0

sitio perfecto para unha gran familia de ratos pero .. . que trabucados

estcibamos!

Un die, mentras os nenos de 6° comentaban a "superxogada" dun dos

seus compcfieiros. Ivan escoitou un marmurio que vific da bibliot eca,

intrigado empurrou a porta e preguntou quen estaba air. E unha voz

pausada e grave contestoulle: "son Sapoconcho".

Ivan, sen dubidalo un intre,entrou e acendeu a luz. Pero non VIU

ninguen. Rapidamente correu a dicirllelo aos seus amigos, e cxifio 0

segredo se difundiu a voces por todo 0 cole. Na nosa biblioteca vivic

alguen moi timido e reservado que dida chamarse "Sapoconcho".

Page 39: Falamos

Todos querfan ver como era Sapoconcho, perc as primeiras

afortunadas foron Faina e Ana Rodrfguez, de 2°. A sua mestra

pediulles que foran xunto ao sr Ricardo para facer unhas fotocopias.

Cando estaban a piques de baixar as escaleiras oiron un tremendo

barullo que sclc da bilioteca. Faina agarrou a Ana pola man e botou a

correr para ver que pasaba. Ana acendeu a luz e as dues viron,

abraiadas, unha gran tartaruga de terra que timidamente se agochou

na sua ccpcrczcn.

Durante varios dlcs Faina e Ana baixaron abiblioteca coa esperanza

de poder falar con Sapoconcho, pois del se trataba. Finalmente os

seus esforzos tiveron recompensa: Sapoconcho fixose seu amigo e

contoulles que naceu fai 157 anos nunha praia das Illas Cfes e que no

ana 1995 chegou ao noso cole, onde vive agochado entre os libros,

pois e un gran apaixonado da lectura. Dende enton pro f es e alumnos

traballamos xuntos para que a biblioteca sexa un ver dadeir o fogar

para Don Sapoconcho. Un fogar ao que todos estamos convidados a

acudir para vivir historias incribles a troves das pdxincs de moreas

de libros que 0 noso amigo custodia.

Page 40: Falamos

ANPA COLEXIO OTERO PEDRAIO

COMEZOU O CURSO 2009/2010

E NOS XA EMPEZAMOS A ROMPERNOS A CABEZA PARA ORGANIZAR AS ACTIVIDADES: PINTURA , PATINAXE, TAEKWONDO, BAILE, FUTBOL, PISCINA ,COMEDOR ETC…

ENSEGUIDA CHEGOU O MAGOSTO COA VISITA DUNHA CASTAÑEIRA MOI AMABLE PERO UN POUCO CALADA . TAMEN FIXEMOS UNHA EXQUISITA DEGUSTACIÓN DE PRODUCTOS DE OUTONO PARA TODOS OS NENOS, COA COLABORACIÓN DOS PAIS.

POLO NADAL OS NENOS ADORNARON UNHA ARBORE MOI ESPECIAL, CON NOCES, CASTAÑAS ETC…….

PAPA NOEL , COMO SABIA QUE TIÑAMOS UNHA MASCOTA DA BIBLIOTECA MOI CHULA QUIXONOS FACER UN REGALIÑO.

TAMEN FIXEMOS FOTOS DE TODOS OS CURSOS CON PAPA NOEL.

Page 41: Falamos

UNS DIAS ANTES DO ENTROIDO FIXEMOS NO RECREO, PARA TODOS OS NENOS, UN RIQUÍSIMO CHOCOLATE, QUENTIÑO, PARA ESPABILAR O FRIO, “OS PROFESORES E NOS TAMEN PROBAMOS UN POUQUIÑO” . O DIA DO FESTIVAL OS PAIS PARTICIPARON NUN CONCURSO DE ORELLAS , QUE DESPOIS DEGUSTAMOS TODOS. POUCO A POUCO VAISE ACABANDO O CURSO PERO AIINDA NOS ESPERA O FESTIVAL , COA EXHIBICIÓN DAS ACTIVIDADES ,E SEGURO QUE HABERA ALGUNHA QUE OUTRA SORPRESA.

QUEDADES TODOS CONVIDADOS. TAMEN ORGANIZAMOS UNHA EXCURSIÓN PARA OS NENOS DE 6º AS CARBALLEIRAS DO RIO VERDUXO “XESTEIRA”, QUE PENA QUE SE VAN O REMATAR O CURSO E XA NON OS VAMOS A VER PARA QUE NOS CONTEN QUE TAL O PASARON, PARA O CURSO QUE VEN A VER SE NOS VAM OS TODOS.

Page 42: Falamos

Cada día temos máis presenza na rede. Ademais da páxina oficial, podedes entrar nos nosos blogues. Ao blogue do Departamento de Orientación, uníronse este curso o da Biblioteca, o das aulas de

Infantil, o de 5º de Primaria e do o Segundo Ciclo.

VISITÁDENOS!

www.olapiruletas.blogspot.com

http://segundociclooteropedrayo.blogspot.com

http://oteropedrayo.blogspot.com

http://donsapoconcho.blogspot.com/

http://centros.edu.xunta.es/ceippedraiovigo/

http://quintomakemake.blogspot.com/

SUBVENCIONA: CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA Secretaría Xeral de Política Lingüística