FERROL VELLO TEMOS UN PLAN

24
ferrol vello: temos un plan

Transcript of FERROL VELLO TEMOS UN PLAN

Page 1: FERROL VELLO    TEMOS UN PLAN

ferrol vello: temos un plan

Page 2: FERROL VELLO    TEMOS UN PLAN
Page 3: FERROL VELLO    TEMOS UN PLAN

EVOLUCIÓN DOS CENTROS HISTÓRICOS NOS ÚLTIMOS 30 ANOS

1ª fase: Abandono das administracións e empeoramento das condicións de vida (falta de servizos, falta de equipamentos, abandono do espazo público e da limpeza, falta de protección patrimonial…)

2ª fase: Expulsión directa ou indirecta dos veciños / envellecemento

3ª fase: Compra das propiedades a baixo prezo.

4ª fase: Espera especulativa e abandono da edificación durante anos.

5ª fase: Realización de grandes beneficios inmobiliarios.

Page 4: FERROL VELLO    TEMOS UN PLAN

O ABANDONO DA ADMINISTRACIÓN:OS ÚLTIMOS ANOS

A) DENDE O URBANISMO- O conxunto do barrio non ten unha protección patrimonial axeitada. Non está declarado Conxunto histórico e non hai Plan Especial de Protección. O Plan Xeral permite importantes incrementos de volume.

B) DENDE AS OBRAS PÚBLICAS- Non se realizou ningunha obra de reurbanización en 4 anos. Non hai gas nin R en ningunha das rúas interiores, tan só se executa para dotar ás novas promocións.

C) DENDE A DISCIPLINA- A esixencia do deber de conservación por parte do Concello aos propietarios non se produce e, cando se produce (2 casos nos últimos anos) xa é demasiado tarde. As ruíoas, patios e hortas convértense nun estercoleiro. - A ordenanza de solares, que obrigaría aos propietarios a rehabilitar e manter os seus inmobles, segue sen aprobarse. - Requírense intervencións en edificacións en mal estado con criterios de protección patrimonial e tamén con criterios de seguridade.

D) DENDE FACENDA E PATRIMONIO - Algúns particulares ocupan durante anos espazos de propiedade municipal e/ou uso público.- O patrimonio municipal está tamén abandoado ou sen uso (parcelas destinadas a dotacións que non se constrúen) pese a necesidade de servizos.- O patrimonio en uso (local veciñal) acusa falta de mantemento.

Page 5: FERROL VELLO    TEMOS UN PLAN

ALGUNHAS CONSECUENCIAS

A) A RUÍNA XERA RUÍNA E IMPIDE REHABILITAR. - As patoloxías dun inmoble afectan aos colindantes. Esto desanima a moitos propietarios a rehabilitar.

B) A REHABILITACIÓN NON PODE COMPETIR COA NOVA EDIFICACIÓN.- As marxes de beneficio da promoción de novas edificacións no barrio son enormes (solo barato + aumento de volume). Só rehabilitan particulares e case sempre xa viven na vivenda.

C) MONOCULTIVO DE VIVENDA.- As novas promocións inmobiliarias centránse exclusivamente en producir vivendas e aparcadoiros privados ás veces en parcelas de gran capacidade (Fundación Amboaxe, Fábrica de Lápices…). Cada vez hai menos servizos para máis vivendas.- Desaprovéitanse as oportunidades que ofrecen as maiores parcelas do barrio (Fábrica de Lápices e Fundación Amboage) para introducir usos singulares (comerciais, dotacionais privados e públicos…)

D) A INTERVENCIÓN DE DISCIPLINA DESFIGURA O ESPAZO URBANO. - Tápianse ocos de fachada e desmóntanse galerías, alterando substancialmente a imaxe do barrio. A clausura das ruínas debe ser algo temporal.

Page 6: FERROL VELLO    TEMOS UN PLAN

ANÁLISE DA EVOLUCIÓN MÁIS RECENTE DO PATRIMONIO CONSTRUÍDO DO BARRIO

Ano 2001. Estudio do Estado da Edificación e do Patrimonio Construído de Ferrol Vello: Entre 200 edificios detéctanse 16 ruínas (8%)

2001-2006. Abandono, incendios: 14 ruínas (15%)

2001-2006. Edificios destruídos por promocións inmobiliarias: 16 (23%)

2003-2006. Obras de Rehabilitación: recuperación de 8 edificios, só un deles era unha ruína. As ruínas están fóra do proceso de rehabilitación neste momento (só se recupera 1 de cada 30)

Page 7: FERROL VELLO    TEMOS UN PLAN
Page 8: FERROL VELLO    TEMOS UN PLAN

CONCLUSIÓN

Como conclusión xeral, o futuro de Ferrol Vello como barrio histórico que é non pasa polo fomento dunha política de rehabilitación máis ampla, senón, e en primerio lugar, por unha decidida iniciativa pública que reoriente a actividade inmobiliria e realice fortes inversións:

- 1º aplicando unha ordenanza de solares moi estricta e controlando a nova construción.

- 2º invertindo en materia de vivenda pública, reurbanización e novos servizos á poboación, e buscando a colaboración doutras administracións.

- 3º redactando e desenvolvendo un Plan Especial que protexa o seu valor histórico e arquitectónico, entre outros obxectivos. As propostas presentados ao concurso ECOBARRIOS

son solucións a incorporar ao Plan Especial.

Page 9: FERROL VELLO    TEMOS UN PLAN

Falta de protección e ruína

Febreiro 2005

Abril 2007

Page 10: FERROL VELLO    TEMOS UN PLAN

Incendios

Page 11: FERROL VELLO    TEMOS UN PLAN

Lixo nas ruínas

Veciños limpando

Problemas de limpeza

Page 12: FERROL VELLO    TEMOS UN PLAN

Abandono e especulación

Page 13: FERROL VELLO    TEMOS UN PLAN

Promocions inmobiliarias que destrúen o patrimonio

Page 14: FERROL VELLO    TEMOS UN PLAN

Ecobarrios, catro estratexias

1. Redotación do barrio, utilizando principalmente os edificios públicos hoxe en desuso.

Responder ás necesidades principais: terceira idade, guardería, centro de saúde.

2. Intervención nas ruínas, habilitando novos espazos de uso público.

3. Rescate de espazos públicos hoxe ocupados por privados.

Ampliar, mellorar e dar continuidade ao espazo público.

4. Usos singulares nos edificios singulares, evitando o monocultivo de vivendas.

Ampliar os grandes equipamentos (polideportivo do IES), introducir usos atractivos para toda a cidade (fundacións culturais, universidade).

Page 15: FERROL VELLO    TEMOS UN PLAN
Page 16: FERROL VELLO    TEMOS UN PLAN

1. Redotación do barrio, utilizando os edificios públicos hoxe en desuso.

2. Tratamento das ruínas como zonas verdes.3. Rescate de espazos públicos hoxe ocupados por privados

4. Usos singulares nos edificios singulares

Page 17: FERROL VELLO    TEMOS UN PLAN
Page 18: FERROL VELLO    TEMOS UN PLAN
Page 19: FERROL VELLO    TEMOS UN PLAN

1. Redotación do barrio

- Equipamento de proximidade en Aduanas (local da Terceira Idade, Centro de Saúde, oficinas municipais)

- Escola de música e locais de ensaio no Recheo da Costa de Mella.

- Centro cultural na casa natal de Carvalho Calero.

- Outros servizos nos edificios municipais de Argüelles e San Francisco, así como na zona do Campiño de San Antonio (guardería)

Page 20: FERROL VELLO    TEMOS UN PLAN

2. Intervención nas ruínas.Traballo veciñal.

- Intervir provisionalmente nos solares e ruínas para cambiar a súa imaxe e darlles un uso temporal.

- Seleccionar as intervencións:

ampliar espazos públicos existentes (sobre todo esquinas) e facer novos accesos e puntos de cruce nas rúas.

- Axuda municipal para retirar entullos, lixo e disinfeción.

- Limpeza e selección de materiais, labor dos veciños. Reciclaxe.

- Realización das obras e plantacións, labor dos veciños. Obras reversibles.

Page 21: FERROL VELLO    TEMOS UN PLAN

3. Rescate de espazos públicos

Page 22: FERROL VELLO    TEMOS UN PLAN

4. Usos singulares para edificios singulares

- Fundación cultural na Fábrica de Lápis.

- Sede do COAG nas cocheras e almacén da Rúa Merced.

- Aulario da Universidade de Vrao no taller de Maquinaria de Espartero.

- Oficina de Rehabilitación en Carmen Curuxeiras.

- Ximnasio do IES (Polideportivo) na Fábrica de Xabón.

Page 23: FERROL VELLO    TEMOS UN PLAN

Polideportivo e ximnasio do IES Ferrol Vello

Page 24: FERROL VELLO    TEMOS UN PLAN