Filosofar a martelazos

4
FILOSOFAR A MARTELAZOS Breve reflexión sobre a filosofía educativa do século XXI

Transcript of Filosofar a martelazos

Page 1: Filosofar a martelazos

FILOSOFAR A MARTELAZOS

Breve reflexión sobre a

filosofía educativa do século XXI

Page 2: Filosofar a martelazos

Está claro que cando se fala de usar un martelo ou ben é para poñerse a traballar (cousa difícil ultimamente) ou ben porque queremos usalo como metáfora dunha devastación buscada e querida.

Hoxe en día os que utilizan o martelo son outros e o martelo volveuse contra os filósofos como se contra o propio Thor se volvera o seu preciado símbolo. Ademais, no caso da filosofía, temos moitas máis cousas en contra, a saber, somos profesores e profesoras de filosofía.

Page 3: Filosofar a martelazos

Agora ben, o engadido de ofertar as ensinanzas da filosofía a un colectivo de adultos que, por diversos motivos, volven con interés ás aulas xa pasa por ser unha afrenta para os benpensantes do país. Xa comezaran a reconvertir os centros de ensino de adultos de presenciais a semipresenciais e a un paso xa da educación a distancia…. A fin de contas non estamos na era da comunicación? Do internet para todos/as? Pois cun profesor/a, un ordenador e dous mil alumnos/as cubrimos perfectamente as necesidades educativas da poboación de varios estados…

Page 4: Filosofar a martelazos

O MARTELAZO DEFINITIVO VIRÁ DADO POR UNHA REVOLTA BRUTAL DOS

TEMPOS E UN GRITO AFOGADO DE TODOS AQUELES QUE NON ESTEAN BAIXO O AMPARO DO ESTADO DO

BENESTAR!