FINANCIAMENTO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA.

20

Transcript of FINANCIAMENTO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA.

Page 1: FINANCIAMENTO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA.
Page 2: FINANCIAMENTO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA.

2PRINCIPAIS CARACTERÍSTICAS DEMOGRÁFICAS CON FORTE IMPACTO NA ORDENACIÓN SANITARIA E

FINANCIAMENTO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA.

Título:

Principais características demográficas con forte impacto naordenación sanitaria e financiamento da ComunidadeAutónoma de Galicia.

Edita:

Fundación Escola Galega de Administración Sanitaria(FEGAS)

Deseño e realización: Krissola Diseño, S.L.

Depósito legal:

I.S.S.N.:

DocTrabajo_gal-150709.qxp:Maquetación 1 23/7/09 15:11 Página 2

Page 3: FINANCIAMENTO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA.

Principais características demográficas conforte impacto na ordenación sanitaria efinanciamento da Comunidade Autónomade Galicia.Raquel Vázquez Mourelle

Farmacéutica (sudirección xeral de Planificación Sanitaria e Aseguramento)

Consellería de Sanidade.Edificio Administrativo San Lázaro, s/n. Planta 3ª

[email protected]

Mª Luz Varela Román

Médico (subdirección xeral de Planificación Sanitaria e Aseguramento)

Consellería de Sanidade. Edificio Administrativo San Lázaro, s/n. Planta 3ª

[email protected]

DocTrabajo_gal-150709.qxp:Maquetación 1 23/7/09 15:11 Página 3

Page 4: FINANCIAMENTO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA.

DocTrabajo_gal-150709.qxp:Maquetación 1 23/7/09 15:11 Página 4

Page 5: FINANCIAMENTO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA.

Resumo

A asignación orzamentaria ás comunidades autónomas para o desenvolvemento da

prestación da asistencia sanitaria á súa cidadanía tivo un forte compoñente

incrementalista que levou a fortes desigualdades dentro do Estado; se queremos

garantir a igualdade no acceso a uns servizos sanitarios que se teñen que desenvolver

en contextos diferentes, terían que considerarse varios factores, non só o compoñente

capitativo, aos que se debe poñer igual atención co obxecto de contribuír a minimizar

estas inequidades entre comunidades autónomas. Un dos máis relevantes á hora de

condicionar o acceso aos servizos sanitarios é o modelo de asentamento

poboacional, inherente a cada comunidade, que vén determinado polo maior ou

menor grao de dispersión da poboación e que ten o seu maior reflexo no grao de

diseminación desta. O medio rural galego é bo exemplo de hábitat altamente disperso,

que vén agravarse cun elevado índice de envellecemento poboacional. Este estudo

pretende poñer de manifesto a importancia do efecto dos devanditos factores, non

sempre tidos en conta, á hora da planificación, a ordenación e a asignación de

financiamento da atención sanitaria, co obxecto de non comprometer a igualdade

efectiva na accesibilidade ao Sistema Nacional de Saúde.

Palabras clave: Ordenación sanitaria, diseminación, dispersión, envellecemento,

gasto sanitario per cápita en atención primaria, financiamento sanitario.

5PRINCIPAIS CARACTERÍSTICAS DEMOGRÁFICAS CON FORTE IMPACTO NA ORDENACIÓN SANITARIA EFINANCIAMENTO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA.

DocTrabajo_gal-150709.qxp:Maquetación 1 23/7/09 15:11 Página 5

Page 6: FINANCIAMENTO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA.

DocTrabajo_gal-150709.qxp:Maquetación 1 23/7/09 15:11 Página 6

Page 7: FINANCIAMENTO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA.

Introdución

No ámbito da xestión e a administración sanitaria e concretamente para os efectos da

ordenación sanitaria, é fundamental a análise dos recursos dispoñibles en función do

número e características da poboación que temos que atender, tal como se vén

facendo tradicionalmente; non obstante, é de igual importancia relacionala con outros

parámetros, como son as características de asentamento da poboación, que podería

levarnos a conclusións diferentes.

Dado que o obxectivo principal do primeiro nivel asistencial (ATENCIÓN PRIMARIA) é

achegar os servizos básicos de atención da saúde ao paciente, familia e comunidade,

decidimos facer xirar a nosa análise arredor deste.

Consideramos que os criterios de accesibilidade son de especial interese en tanto que

son definitivos para o desenvolvemento de actuacións por parte das autoridades

sanitarias e partimos da base de que se intentará garantir a maior igualdade efectiva

posible no acceso ao sistema sanitario, non só entre toda a cidadanía galega, senón

tamén entre esta e o resto da poboación española. De aí que sexa esta última a que

se tome como referencia para observar a actual situación da Comunidade Autónoma

de Galicia en relación ao resto do Estado, dende un ámbito que non atende

exclusivamente a datos per cápita, tal como se viña facendo tradicionalmente, co

último fin de reflexionar sobre se o modelo de financiamento actual podería estar a

comprometer a equidade no acceso ao sistema sanitario.

Análise do envellecemento

A poboación galega caracterízase por ser unha poboación moi envellecida. O 21,57%

da poboación ten máis de 64 anos, fronte ao 16,66% nacional, do que resulta que

Galicia está 4,91 puntos por enriba da media española.1,2

Os índices de envellecemento (poboación maior 64 anos / poboación menor 20 anos )

* 100) comparados entre Galicia e España reflíctense na táboa 1.

Táboa 1Índice envellecemento 2007

7PRINCIPAIS CARACTERÍSTICAS DEMOGRÁFICAS CON FORTE IMPACTO NA ORDENACIÓN SANITARIA EFINANCIAMENTO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA.

2007

Índice de envellecemento

A Coruña 130,00

Lugo 204,30

Ourense 207,31

Pontevedra 101,37

GALICIA 135,24

ESPAÑA 85,48

Fonte de datos: elaboración a partir de datos da páxina web do INE.

DocTrabajo_gal-150709.qxp:Maquetación 1 23/7/09 15:11 Página 7

Page 8: FINANCIAMENTO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA.

Os datos recollidos na táboa 1 indícannos o seguinte: en Galicia por cada 20 mozos

menores de 20 anos hai 27 anciáns maiores de 64 anos, fronte ao índice de España

que indica que por cada 20 mozos menores de 20 anos temos 17 maiores de 64

anos. Especialmente afectadas están as provincias de Ourense e Lugo, xa que por

cada 20 persoas novas se encontran máis de 40 maiores de 64 anos.

Ademais, este índice, xunto coa crecente tendencia ao envellecemento, provocará

maiores niveis de sobreenvellecemento no futuro.

Para o caso da dependencia senil (poboación >64 anos / poboación 20-64 anos ) *

100) os datos obtidos reflíctense na táboa 2.

Táboa 2Índice dependencia senil 2007

8PRINCIPAIS CARACTERÍSTICAS DEMOGRÁFICAS CON FORTE IMPACTO NA ORDENACIÓN SANITARIA E

FINANCIAMENTO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA.

2007

Indice de dependencia senil

A Coruña 32,24

Lugo 47,47

Ourense 48,97

Pontevedra 28,21

GALICIA 34,55

ESPAÑA 26,10

Fonte de datos: elaboración a partir de datos da páxina web do INE.

Os datos da táboa 2 indican que, para o caso do índice de dependencia senil, as

provincias de Lugo e Ourense superan o 45%, fronte ao índice estatal, que supera

lixeiramente o 26%. Estes feitos son interpretados da forma seguinte: nas provincias

de Ourense e Lugo, por cada dous habitantes de idades comprendidos entre 20 e 64

anos hai un de máis de 64, fronte á ratio estatal, onde por cada catro habitantes de

idades comprendidas entre 20 e 64 anos hai un de máis de 64 anos.

A este índice é importante engadirlle o factor custo-oportunidade do acompañante

debido aos tempos de desprazamento e espera deste.

Proxeccións poboacionais 2007-2017. Comparativa Galicia - España

As variables de base poboacional son dinámicas, e por iso entendemos que deben

ser analizadas de forma continua e a longo prazo para poder planificar de forma

correcta tanto a ordenación dos recursos destinados á prestación sanitaria asistencial

coma a dotación orzamentaria precisa para materializar as actuacións necesarias.

Encontrarémonos para o ano 2017 coa seguinte situación:

1. Porcentaxes de poboación: en Galicia a porcentaxe de poboación de máis de 64

anos alcanzará no ano 2017 o 23,9%, é dicir, subirá en 2,33 puntos. Para o caso da

media nacional este incremento será de 1,84 puntos. Similar situación dáse para o

DocTrabajo_gal-150709.qxp:Maquetación 1 23/7/09 15:11 Página 8

Page 9: FINANCIAMENTO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA.

grupo de idade de máis de 85 anos: Galicia subirá en 1,71 puntos fronte ao 1,19

estatal (gráfico 1 e 2).

Gráfico 1Estimación da poboación % poboación igual ou maior 64 anos

Comparativa Galicia-España (2007-2017)

9PRINCIPAIS CARACTERÍSTICAS DEMOGRÁFICAS CON FORTE IMPACTO NA ORDENACIÓN SANITARIA EFINANCIAMENTO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA.

Fonte de datos: elaboración a partir de datos da páxina web do INE.

Gráfico 2Estimación da poboación % poboación igual ou maior 85 anos

Comparativa Galicia-España (2007-2017)

Fonte de datos: elaboración a partir de datos da páxina web do INE.

DocTrabajo_gal-150709.qxp:Maquetación 1 23/7/09 15:11 Página 9

Page 10: FINANCIAMENTO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA.

Nas representacións gráficas anteriores obsérvanse claramente as marcadas

diferenzas na evolución e estado das ratios comparadas, que se irán agravando en

boa medida durante o período de 10 anos estudado. Estas proxeccións indican que

no futuro a poboación seguirá envellecendo e a un ritmo superior á media estatal.

2. Índices de envellecemento e dependencia senil

a) Índice de envellecemento

Temos unha situación similar á anterior. Como cuestión previa, dentro da Comunidade

Autónoma de Galicia obsérvanse diferenzas importantes nas proxeccións realizadas

que parece interesante atender. A provincia de Pontevedra será a que maior

incremento sufrirá no índice de envellecemento, debido principalmente a que na

actualidade é a que ten a poboación máis nova. O resto de provincias verá

incrementado o seu índice de envellecemento arredor dun 9-15% no período 2007-

2017, coa excepción da provincia de Lugo, cuxo índice de envellecemento

permanecerá estable (gráfico 3).

Gráfico 3 Proxeccións do incremento no índice de envellecemento por provincias

Galicia (2007-2017)

10PRINCIPAIS CARACTERÍSTICAS DEMOGRÁFICAS CON FORTE IMPACTO NA ORDENACIÓN SANITARIA E

FINANCIAMENTO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA.

Fonte de datos: elaboración a partir de datos da páxina web do INE.

Se comparamos os datos entre a Comunidade Autónoma de Galicia e o Estado,

obsérvase, igual que se observou nos casos anteriormente expostos, que a

comunidade galega sufrirá, de novo, un ritmo de crecemento moi superior á media

estatal (táboa 3, gráfico 4).

DocTrabajo_gal-150709.qxp:Maquetación 1 23/7/09 15:11 Página 10

Page 11: FINANCIAMENTO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA.

Táboa 3Índices dependencia senil 2017Comparativa Galicia - España

11PRINCIPAIS CARACTERÍSTICAS DEMOGRÁFICAS CON FORTE IMPACTO NA ORDENACIÓN SANITARIA EFINANCIAMENTO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA.

PROXECCIÓN 2017

Indice de envellecemento Indice de dependencia senil

A Coruña 151,3 38,8

Lugo 221,3 49,2

Ourense 236,7 53,4

Pontevedra 119,2 34,1

GALICIA 153,6 39,9

ESPAÑA 92,2 30,2

Fonte de datos: elaboración a partir de datos da páxina web do INE.

Gráfico 4 Proxeccións do índice de envellecemento (2007-2017)

Comparativa Galicia-España

Fonte de datos: elaboración a partir de datos da páxina web do INE.

Os datos anteriores demostran que, mentres que en Galicia o índice de

envellecemento subirá en 18,33 puntos, no Estado o ascenso será de 6,74, o que

indica que crece case tres veces máis que no Estado (táboa 4).

DocTrabajo_gal-150709.qxp:Maquetación 1 23/7/09 15:11 Página 11

Page 12: FINANCIAMENTO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA.

Táboa 4Índices de envellecemento 200-20017

Comparativa Galicia - España

12PRINCIPAIS CARACTERÍSTICAS DEMOGRÁFICAS CON FORTE IMPACTO NA ORDENACIÓN SANITARIA E

FINANCIAMENTO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA.

I. ENVELLECEMENTO

Anos 2007 2017 ∆

GALICIA 135,24 153,57 18,33

ESPAÑA 85,48 92,22 6,74

Fonte de datos: elaboración a partir de datos da páxina web do INE

Táboa 5Índices de dependencia senil 2007-20017Comparativa Galicia-España (2007-2017)

I. DEPENDENCIA SENIL

Anos 2007 2017 ∆

GALICIA 34,55 39,91 5,37

ESPAÑA 26,10 30,21 4,11

Fonte de datos: elaboración a partir de datos da páxina web do INE

b) Índice de dependencia senil:

De novo nos atopamos co mesmo panorama. As proxeccións mostran que as

diferenzas entre Galicia e España se agravarán na forma e grao seguinte (gráfico 5,

táboa 5):

Gráfico 5 Estimación do índice de dependencia senil

Comparativa Galicia-España (2007-2017)

Os índices anteriores reflicten a baixa remuda poboacional e a clara dependencia

social que ocasiona o ancián sobre a poboación activa menor de 20 anos.

DocTrabajo_gal-150709.qxp:Maquetación 1 23/7/09 15:11 Página 12

Page 13: FINANCIAMENTO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA.

Análise territorial e do asentamento da poboación

Parello ao estudo do envellecemento ou dependencia senil, parámetros sanitarios

básicos que nos ofrecen a principal referencia sobre a necesidade de recursos

sanitarios para un grupo de poboación diana da área sanitaria, está o estudo territorial

e o de asentamento poboacional, e sobre todo este último, xa que nos proporciona

os alicerces para poder establecer con rigor as prioridades de ordenación de acordo

coas necesidades da comunidade coherente coas súas necesidades reais, co fin de

conseguir, como se reiterou anteriormente, a máxima igualdade posible no acceso.4

Galicia, cunha superficie de 29.575 km2 e unha poboación de 2.735.078 habitantes,

é a sétima comunidade autónoma en tamaño territorial (5,80% do territorio nacional)

e a quinta atendendo ao volume de poboación, xa que representa o 6,03% de toda a

poboación española (só Andalucía, Cataluña, Madrid e a Comunidade Valenciana

teñen unha poboación superior), o que dá unha densidade global do territorio de

93,70 habitantes/km2, similar á de Asturias ou Cantabria. 4

É fundamental comezar esta segunda parte do estudo coa definición dunha serie de

conceptos básicos (páxina web do INE, ), que son os seguintes:

¬ 1 ¬ Entidade singular de poboación: “Calquera área habitable dun termo

municipal, habitada, ou excepcionalmente habitada, claramente diferenciada

dentro deste e que é coñecida por unha denominación específica que a iden-

tifica sen posibilidade de confusión” (definición segundo o Instituto Nacional

de Estatística).

Estas entidades singulares poden estar constituídas por varios núcleos de

poboación, un ou mesmo ningún, e/ou diseminado.

¬ 2 ¬ Entidade colectiva de poboación: en Galicia correspóndese coa parroquia.

¬ 3 ¬ Núcleo de poboación: “É o conxunto de polo menos 10 edificacións que

están formadas por rúas, prazas e outras vías urbanas. Por excepción, o

número de edificacións poderá ser inferior a 10, sempre que a poboación

supere os 50 habitantes. Inclúense no núcleo aquelas edificacións que,

estando illadas, distan menos de 200 metros dos límites exteriores do men-

cionado conxunto”. (definición segundo o Instituto Nacional de Estatística).

¬ 4 ¬ Diseminado: “Engloba as edificacións ou vivendas que non poden incluírse

no concepto de núcleo, é dicir aquelas que non chegan a formar dez edifica-

cións formadas por rúas, prazas e outras vías urbanas, ou cando a poboa-

ción non supere os 50 habitantes. “ (definición segundo o Instituto Nacional

de Estatística). No caso de que unha entidade singular non dispoña de nin-

gún núcleo considérase que toda ela está en diseminado.

Na análise que nos ocupa, a diseminación vai ser a principal variable que mide o grao

de dispersión poboacional. Xunto ao tamaño e número das entidades singulares de

poboación, sobre as que se basean os estudos tradicionais, vainos permitir alcanzar

13PRINCIPAIS CARACTERÍSTICAS DEMOGRÁFICAS CON FORTE IMPACTO NA ORDENACIÓN SANITARIA EFINANCIAMENTO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA.

DocTrabajo_gal-150709.qxp:Maquetación 1 23/7/09 15:11 Página 13

Page 14: FINANCIAMENTO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA.

unha perspectiva global das dificultades que encontra a ordenación sanitaria en relación

aos modelos de asentamentos propios de cada comunidade autónoma, dado que a

ordenación dos servizos de atención primaria é substancialmente diferente cando a

poboación se concentra en cidades ou poboacións de certa entidade que cando aquela

se agrupa en pequenos núcleos que non alcanzan, cando menos, os cen habitantes.

A característica principal, e coñecida, do modelo de asentamento galego é a forte

dispersión xeográfica. Esta fragmentación dos asentamentos ascende a 29.179

entidades singulares de poboación, fronte ás 63.613 do total do Estado, o que

significa que o 50% das entidades singulares de España se concentran en Galicia.

Non obstante, esta representa o 6,03% da poboación, e o 5,8% do territorio estatal5.

Do anterior resultan os seguintes indicadores comparados (táboa 6).

Táboa 6Comparativa indicadores de dispersión Galicia - España

14PRINCIPAIS CARACTERÍSTICAS DEMOGRÁFICAS CON FORTE IMPACTO NA ORDENACIÓN SANITARIA E

FINANCIAMENTO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA.

Superficie Entidades Habitantes/entidade Entidade/Km2

GALICIA 29.575 Km2 29.179 93 1 entidade /Km2

ESPAÑA 505.988 Km2 63.613 699 0,13 entidade/Km2

(1entidade/7,7 Km2)

Ademais, as entidades singulares de Galicia presentan outras características

poboacionais propias e diferenciadas do resto do Estado.

Táboa 7 Entidades singulares de Galicia.5

Fonte de datos: Augas de Galicia.

Fonte de datos: elaboración propia a partir de datos da páxina web do INE

ENTIDADES SINGULARES de Galicia

CLASIFICACIÓN por nº de habitantes Número

Entidades singulares de más de 15.000 habitantes 10

Entidades singulares entre 2.000 e 15.000 habitantes 85

Entidades singulares de menos de 2.000 habitantes 29.084

As 29.084 entidades singulares de menos de 2.000 habitantes sinaladas representan

ao redor de 800.000 habitantes, e destas, sobre 25.000 posúen unha poboación

inferior a 100 habitantes. Estes datos reflicten que máis do 85% destas entidades son

agrupacións poboacionais de menos de 100 habitantes, feito que supón un

incremento do gasto per cápita, como xa apuntaba o “Informe do grupo de traballo

de análise de gasto sanitario do Ministerio de Sanidade e Consumo, ano 2005” ao

indicar que “existe certa relación do gasto por persoa en atención primaria para

aquelas agrupacións poboacionais que habitan en entidades de menos de 20.000

habitantes6”. Esta dependencia vaise facendo máis forte se o tamaño destes núcleos

diminúe, como é o caso xeneralizado en Galicia.

DocTrabajo_gal-150709.qxp:Maquetación 1 23/7/09 15:11 Página 14

Page 15: FINANCIAMENTO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA.

O anterior inflúe de forma moi significativa no custo do sistema sanitario público xa que

reduce, en boa medida, a nosa capacidade para xerar certos niveis de centralidade e

concentración de servizos sanitarios.

Paralelo a esta análise, é necesario atender de forma especial a aquelas zonas ás que

o censo denomina “diseminado” (o conxunto non chega a conformar, polo menos, dez

edificacións ou 50 habitantes). A porcentaxe de galegos que vive nestas zonas ascende

ao 16,5%, mentres para o conxunto do Estado resulta do 4%, o que indica que a

poboación en asentamento diseminado en Galicia cuadriplica a media española7. Isto

leva a que en Galicia teñamos 451.287 habitantes en diseminado, en lugar de 109.403

habitantes, que lle corresponderían de aplicar a ratio da media española ao total da

poboación galega. Este tipo de comparativa reflíctese na táboa 8.

Táboa 8Hipótese comparativa ratios diseminado

15PRINCIPAIS CARACTERÍSTICAS DEMOGRÁFICAS CON FORTE IMPACTO NA ORDENACIÓN SANITARIA EFINANCIAMENTO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA.

% diseminado Habitantes Población en diseminado

GALICIA

16,50% 2.735.078 451.289 habitantes

GALICIA caso 1

(ratio media España) 4,00% 2.735.078 109.403 habitantes

ESPAÑA

4,00% 45.283.259 1.811.330 habitantes

ESPAÑA caso 2

(ratio media Galicia) 16,50% 45.283.259 7.471.737 habitantes

Fonte de datos: elaboración propia a partir de datos da páxina web do INE

Esta forma de asentamento tan fragmentada súmase á anterior fragmentación de

entidades singulares de poboación, e a outros indicadores asociados de grande

alcance en Galicia como son os índices de envellecemento e dependencia senil,

comprometendo de novo o gasto sanitario per cápita na Comunidade Autónoma

galega; a elevada porcentaxe de diseminado é característica do medio rural galego,

chegando a ratios que superan o 50%, onde, ademais, se acumula o coñecido efecto

do elevado envellecemento; por todo iso, parece de xustiza social prestar especial

atención a esta capa poboacional, xa que foi a activa hai uns 20 anos e que, polo

tanto, contribuíu economicamente ao patrimonio común para poder chegar á actual

situación de benestar que temos e debemos manter.

Conclusión directa do anterior é que a dispersión poboacional non debe reflectir

exclusivamente o factor poboacional de asentamentos en entidades singulares, senón

tamén o importante factor de asentamentos en forma de diseminado, xa que afecta

en maior medida á accesibilidade e planificación dos servizos sanitarios, igual que

podería afectar á planificación de centros de educación e servizos sociais.

DocTrabajo_gal-150709.qxp:Maquetación 1 23/7/09 15:11 Página 15

Page 16: FINANCIAMENTO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA.

Ordenación Sanitaria

Extrapolando todo o anterior á ordenación sanitaria, encontrámonos co seguinte

exame comparativo entre a comunidade autónoma de Galicia, o Estado no seu

conxunto, é dicir, incluída a Comunidade Autónoma Galega, e o resto do Estado, é

dicir, excluída a devandita Comunidade. Os datos reflíctense na táboa 9.

Táboa 9 Comparativa ratios Galicia, España e resto de España

16PRINCIPAIS CARACTERÍSTICAS DEMOGRÁFICAS CON FORTE IMPACTO NA ORDENACIÓN SANITARIA E

FINANCIAMENTO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA.

Habitantes Centros Entidades Nº Nº Nº

de Saúde Singulares entidades/CS habitantes/entidad habitantes/CS

GALICIA 2.735.078 389 29.170 75 94 7.050

RESTO 42.283.181 2.490 34.434 14 1.228 17.192ESPAÑA

Fonte de datos: elaboración propia a partir de datos das páxinas web do INE e do Ministerio de Sanidade e Consumo

A análise dos datos recollidos na táboa 9 lévanos ao seguinte: en Galicia o

investimento orzamentario de creación dun centro de saúde é para dar o servizo

sanitario a 75 entidades singulares de poboación, é dicir, 7.050 habitantes; para o

resto de España (excluída Galicia), a construción deste mesmo centro resulta para dar

cobertura a 14 entidades singulares, é dicir, 17.192 habitantes.

O anterior indica que, centrando a análise arredor do asentamento poboacional e

entidades singulares existentes, como é o caso, obsérvase que este gasto sanitario

per cápita é case o 60% máis en Galicia que para o resto de España.

Coa información reflectida na mesma táboa poderiamos chegar mesmo a concluír

que, para que Galicia chegase a contar, igual que o resto do Estado, cun centro de

saúde para cada 14 entidades singulares, tería que chegar a dispoñer dun total de

2.083 centros, en lugar dos 389 actuais, dato que chama realmente a atención.

Seleccionamos un municipio rural (A Fonsagrada) para centrar nun caso concreto o

traballo desenvolvido; a información de partida deste municipio é a seguinte:

¬ 1 ¬ Superficie: 438, 45 km2

¬ 2 ¬ Parroquias: 29.

¬ 3 ¬ Entidades de poboación: 281.

¬ 4 ¬ Núcleos: 32, dos cales só 5 superan os 50 habitantes.

¬ 5 ¬ Poboación: 4.748 habitantes. Centros de saúde: 1 situado na cabeceira de

municipio.

¬ 6 ¬ Índice de envellecemento: 663 (fronte á media española: 92,22).

¬ 7 ¬ Índice de dependencia senil: 73,4 (fronte á media española de: 30,21).

DocTrabajo_gal-150709.qxp:Maquetación 1 23/7/09 15:11 Página 16

Page 17: FINANCIAMENTO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA.

¬ 8 ¬ % poboación asentada en núcleo: 49% (2.303 habitantes.)

¬ 9 ¬ % poboación en diseminado: 51%. Recordemos a ratio estatal do 4%: se a

comunidade galega seguise este patrón, este municipio debería contar só

con 190 habitantes en asentamento diseminado e non cos 2.445 habitantes.

Táboa 10Porcentaxe de poboación en diseminado e en núcleo A Fonsagrada.

17PRINCIPAIS CARACTERÍSTICAS DEMOGRÁFICAS CON FORTE IMPACTO NA ORDENACIÓN SANITARIA EFINANCIAMENTO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA.

Municipio estudado POBOACIÓN Porcentaxe

Poboación en diseminado 2.445 51%

Poboación en núcleo 2.303 49%

Total poboación 4.778

Fonte: Páxina web do INE (padrón oficial ano 2007).

Nun principio resulta que a poboación media por núcleo para este caso é de 178

habitantes; non obstante, se atendemos á elevada porcentaxe de asentamento en

diseminado, que debe excluírse do cómputo, resulta, en realidade, unha media de 72

habitantes/núcleo, polo que é importante atender a este parámetro.

O modelo de asentamento do municipio escollido lévanos aos resultados de

accesibilidade ao sistema sanitario do primeiro nivel seguintes:

¬ 1 ¬ Un 27% dos habitantes do municipio da Fonsagrada forma parte da cabecei-

ra do municipio.

¬ 2 ¬ O 73% restante ten unha distancia ao centro de saúde entre 4 e 25 km, o que

indica que teñen que desprazarse entre 8 e 50 km.

¬ 3 ¬ O tempo medio de desprazamento para ir ao centro de saúde (para ese 73%)

é superior a 25 minutos.

¬ 4 ¬ A través do sistema de información do Servizo Galego de Saúde, existe unha

frecuentación de 10 consultas/habitante/ano para o 2007 para os veciños

deste municipio, polo que resulta que a media de distancia percorrida para

acudir ao seu centro de saúde foi de 314 km por veciño/ano 2007.

¬ 5 ¬ Non contan con transporte público colectivo (autobuses, tren) que una os

distintos núcleos coa cabeceira do concello, dado que estamos ante 282

entidades difíciles de coordinar con calquera tipo de horario, polo que esta

poboación encontra no transporte un problema para acudir coa regularidade

requirida aos servizos sanitarios que outorga o centro de saúde.

¬ 6 ¬ Ao anterior hai que sumar a dependencia social que xera os altos índices de

envellecemento e dependencia senil e o custo de oportunidade que supón o

acompañamento do paciente ancián á consulta médica de atención prima-

ria.supone el acompañamiento del paciente anciano a la consulta médica de

atención primaria.

DocTrabajo_gal-150709.qxp:Maquetación 1 23/7/09 15:11 Página 17

Page 18: FINANCIAMENTO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA.

Conclusión

Este estudo pretende aclarar que Galicia presenta unhas especiais características

demográficas e de asentamento específicas en relación á poboación diseminada que

teñen un forte impacto na ordenación, planificación de recursos e sobre todo no gasto

orzamentario sanitario, que non se albisca cos criterios do actual modelo de

financiamento, e que, non obstante, debería equiparase aos conceptos de “insularidade”

ou “dispersión de núcleos de poboación” que si se ten en conta na actualidade.

Polo tanto, o factor central estudado (asentamento de poboación en forma diseminada)

debería ser considerado nos modelos de financiamento tendo en conta a súa propulsión

sobre o incremento de gasto, exóxeno ás autoridades sanitarias xestoras locais.

Ademais, existe abundante videncia científica8 que mostra que entre o provedor de

servizos e a súa poboación de referencia se produce un sistema gravitacional onde a

frecuentación, atendendo á súa utilización, non á necesidade, decae coa distancia,

motivado pola propia barreira de acceso inherente a este tipo de asentamento, a

diferenza doutros núcleos máis densamente asentados.

Consecuencia final de todo o anterior, o factor en estudo non só parece impulsar un

maior gasto sanitario, senón un forte desequilibrio de igualdade entre os veciños das

diferentes comunidades.

18PRINCIPAIS CARACTERÍSTICAS DEMOGRÁFICAS CON FORTE IMPACTO NA ORDENACIÓN SANITARIA E

FINANCIAMENTO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA.

DocTrabajo_gal-150709.qxp:Maquetación 1 23/7/09 15:11 Página 18

Page 19: FINANCIAMENTO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA.

Bibliografía

Plan de Saúde 2006/2010, da Consellería de Sanidade de Galicia, 2005.

A Nosa Saúde en Cifras, edición da Consellería de Sanidade de Galicia, 2005.

Páxina web oficial do INE: .

Directrices de Ordenación do Territorio de Galicia, Xunta de Galicia, 2008.

Plan de saneamento de Galicia 2000-2015 da Dirección Xeral de Augas da Xunta de Galicia, ano 2000.

Informe do Grupo de Traballo do Ministerio de Sanidade e Consumo sobre a análise de gasto sanitario,xullo 2005.

Artigo de investigación de Albino Prada Blanco sobre análise demográfica e do territorio, pendente depublicación.

model of trade.

19PRINCIPAIS CARACTERÍSTICAS DEMOGRÁFICAS CON FORTE IMPACTO NA ORDENACIÓN SANITARIA EFINANCIAMENTO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA.

DocTrabajo_gal-150709.qxp:Maquetación 1 23/7/09 15:11 Página 19

Page 20: FINANCIAMENTO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA.