Folga en Puerta del Camino (24-25 Xullo 2013)

1
24 e 25 de xullo, coas compañeiras do Hotel Puerta del Camino Durante as xornadas deste 24 e 25 de xullo, as traballadoras e traballadores do Hotel Puerta del Camino están a desenvolver unha folga coa esixencia do cobro regular dos seus salarios e a demanda de retirada do ERE suspensivo e de redución de xornada que a empresa está a tentar impoñer. A aplicación deste ERE, en plena temporada alta de verán, contrasta co reiterado abuso das horas extraordinarias e coas novas contratacións que se veñen producindo nos últimos meses. O seguimento da folga está a ser elevado (arredor do 70%) en tanto a empresa hoteleira tenta salvar a mobilización recorrendo ás habituais manobras á marxe da legalidade. A CUT está a participar desta xornada de loita e agarda que o seu éxito free as prácticas manifestamente abusivas que Puerta del Camino está a introducir nas súas relacións laborais.

description

Comunicado da Central Unitaria de Traballadoras/es perante as xornadas de folga convocadas o 24 e 25 de Xullo no Hotel Puerta del Camino.

Transcript of Folga en Puerta del Camino (24-25 Xullo 2013)

Page 1: Folga en Puerta del Camino (24-25 Xullo 2013)

24 e 25 de xullo, coas compañeiras do Hotel Puerta del Camino

Durante as xornadas deste 24 e 25 de xullo, as traballadoras e traballadores do

Hotel Puerta del Camino están a desenvolver unha folga coa esixencia do cobro

regular dos seus salarios e a demanda de retirada do ERE suspensivo e de redución

de xornada que a empresa está a tentar impoñer.

A aplicación deste ERE, en plena temporada alta de verán, contrasta co reiterado

abuso das horas extraordinarias e coas novas contratacións que se veñen producindo

nos últimos meses.

O seguimento da folga está a ser elevado (arredor do 70%) en tanto a empresa

hoteleira tenta salvar a mobilización recorrendo ás habituais manobras á marxe da

legalidade. A CUT está a participar desta xornada de loita e agarda que o seu

éxito free as prácticas manifestamente abusivas que Puerta del Camino está a

introducir nas súas relacións laborais.