Folleto pautas lenguaje 2010 2011(1)

4
ORIENTACIÓNS PARA A ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE CEIP OTERO PEDRAYO Matamá (Vigo)

description

Orientaciónes para estimular el lenguaje. Elaborados por el CEIP OTERO PEDRAYO (Vigo)

Transcript of Folleto pautas lenguaje 2010 2011(1)

Page 1: Folleto pautas lenguaje 2010 2011(1)

ORIENTACIÓNS PARA A ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE

CEIP OTERO PEDRAYOMatamá (Vigo)

Page 2: Folleto pautas lenguaje 2010 2011(1)

A linguaxe vai ser a base de moitas das aprendizaxes futuras; por iso unha estimulación e un desenvolvemento axeitado da mesma é fundamental. O medio familiar constitue un contexto idóneo para estimular e reforzar o desenvolvemento lingüístico do seu fillo.

Propoñémoslles, polo tanto, unha serie de orientacións xerais e uns exemplos de xogos e actividades que poden ser de utilidade:

ORIENTACIONS PARA ESTIMULAR A LINGUAXE

Levar unha alimentación normalizada, evitando a comida triturada, xa que debe mastigar para adquirir unha boa mobilidade bucofacial.

Evitar o uso do chupete e do biberón, xa que o seu uso prolongado pode influir na deformación da cavidade oral e da posición dentaria e repercutir en problemas da fala.

Falarlle moito e correctamente, non imitando a súa forma de falar nin as palabras que pronuncia mal.

Se di mal unha palabra ou frase repetirlla correctamente para que teña o modelo correcto.

Non responder por el, deixar que se exprese libremente. Escoitalo atentamente, darlle tempo para que responda ás

preguntas e responder sempre ás súas preguntas. Intentar eliminar os hábitos vogais incorrectos (por ex. articular

con preguiza) Utilizar preguntas abertas (Ex. Que fixeches hoxe no cole?) ou

preguntas de elección (Queres unha mazá ou unha laranxa?) "Dar a volta" ás súas preguntas animándoo a pensar e manifestar

as súas opinións (Ex. Por que...? Que che parece...? Comportarse de forma novata con el; pedirlle que che explique as

cousas que está a ver, o xogo que está a xogar,... compartindo cousas con el.

Comentar con el o que aconteceu despois de facer unha actividade interesante ou novidosa para o neno (excursión, viaxe, festa, aniversario, ...)

Page 3: Folleto pautas lenguaje 2010 2011(1)

XOGOS E ACTIVIDADES PARA ESTIMULAR A LINGUAXE

l

Xogos de soplo: hinchar globos, velas,

pitos, matasogras, facer burbullas de

xabón…

Xogar a facer movementos cos

beizos: facer morritos, dar

biquiños, facer pedorretas,

sorrir coa boca pechada, porse

triste, anoxado…

Imitar sóns cotidiáns (ex.

Campá, reloxo, moto…) e de

animais.

Facer movementos coa

lingua: lamber os beizos, sacar a

lingua fóra, morder a punta da lingua, subila

ata o nariz.

Ensinarlle versos, cancións e rimas.

Aproveitar calquera ocasión (observación das prendas de vestir

do armario, os mobles da habitación,

as partes do corpo mentres se visten, as

cores,...) para nomealos.

Darlle un conto e que nolo conte por

medio dos debuxos

(podemos guialo por medio de

preguntas)

Xugar ao vexo-vexo: esconder cousas e darlle pistas para que

diga o seu nome cando as atope ou a primeira sílaba.

Xogar a adiviñar obxectos

nomeando solo algunhas

caracteristicas (Ex. Como é, para que

serve...)

Utilizar libros de imaxes (animais, obxectos cotiáns), folletos de

publicidade (supermercado) para ampliar o seu vocabulario: nomear

os debuxos ou imaxes ou dar pistas para que o atope (pódense

intercambiar os papeis)

"Da habana veu un barco cargado de..." cousas (animais, froitas, cousas que hai no baño...) ou dicindo a primeira sílaba

Page 4: Folleto pautas lenguaje 2010 2011(1)

Lembren que a adquisición da linguaxe é un proceso evolutivo aínda que segue un ritmo diferente en cada neno, que hai que respectar. Nas nosas mans está estimulalo para que sega un desenvolvemento adecuado, para o que esperamos que as propostas ofrecidas lles sexan de utilidade.

Ante calquera dúbida ou consulta que queiran facer non dubidedes en porvos en contacto coa titora ou solicitar unha

cita para unha entrevista persoal.

Miriam GarcíaEspecialista en Audición e Linguaxe

Facer descricións de debuxos guiándoo na súa observación mediante preguntas (Ex. Que hai enrriba? Que está facendo a

nena? Como e a casa?...) repasando os conceptos básicos: arriba-abaixo, dentro-

fóra, grande-pequeno, cores…

Xogos simulados, ir de

compras, ao zoo, de

profesións...

Xogar coas palabras: palabras

encadeadas, curtas, longas, que

teñen o mesmo son ...

Facer xogos determinar frases: “O coche vai...”

ou de analoxías : “Polo día sae o

sol e pola noite ...”

Xogar aos absurdos, para que encontre

incorreccions: Ex. Os paxaros

nadan..?