Folleto11 gal - AECID · son tamén a concreción dunhas ideas, dun pensamento sobre o futuro, á...

12
A G E N C I A E S P A Ñ O L A D E C O O P E R A C I Ó N IN T E R N A C I O N A L D I R E C C I Ó N X E R A L D E R E L A C I Ó N S E X T E R I O R E S E C O A U N I Ó N E U R O P E A P A R A E L D E S A R R O L L O 2 0 1 1

Transcript of Folleto11 gal - AECID · son tamén a concreción dunhas ideas, dun pensamento sobre o futuro, á...

Page 1: Folleto11 gal - AECID · son tamén a concreción dunhas ideas, dun pensamento sobre o futuro, á vez expresión e consecuencia dun proceso de creatividade, imaxinación, ... fomentar

AGEN

CIA ES

PAÑOLA DE COOPERACIÓN INTERNACIONALDIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNS EX

TERIOR

ESE COA UNIÓN EUROPEA

PARA

EL

DESARROLLO

2011

2011

2011

Page 2: Folleto11 gal - AECID · son tamén a concreción dunhas ideas, dun pensamento sobre o futuro, á vez expresión e consecuencia dun proceso de creatividade, imaxinación, ... fomentar

CONSORCIO DA CIDADE DE SANTIAGODE COMPOSTELA

CONSELLO DE ADMINISTRACIÓN

Presidente- D. Xosé Antonio Sánchez Bugallo

Alcalde de Santiago de Compostela (Galicia - España)Vicepresidentes- Dna. Juana María Lázaro Ruíz

Subsecretaria do Ministerio de Economía e Facenda de España- D. Roberto Varela Fariña

Conselleiro de Cultura e Turismo da Xunta de GaliciaVocais- D. Alfonso Rueda Valenzuela

Conselleiro da Presidencia, Administracions Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia- Dna. Marta Fernández Currás

Conselleira de Facenda da Xunta de Galicia- D. Jesús S. Miranda Hita

Subsecretario do Ministerio de Fomento de España - Dna. Mercedes Elvira del Palacio Tascón

Subsecretaria do Ministerio de Cultura de España- Dna. Socorro García Conde

Concelleira do Concello de Santiago de Compostela - Galicia- Dna Rosa Fernández Somoza

Concelleira do Concello de Santiago de Compostela - Galicia- D. Francisco Javier Castiñeira Izquierdo

Secretario do Concello de Santiago de Compostela e Secretario do Consorcio de Santiago de Compostela - Galicia

- D. Xosé Manuel Villanueva PrietoXerente do Consorcio de Santiago de Compostela - Galicia

- D. Emilio Vázquez SalgadoDelegado Territorial de Facenda na Coruña e Interventor do Consorcio de Santiago de Compostela - Galicia

EQUIPO DIRECTIVO

- D. Xosé Manuel Villanueva PrietoXerente

- D. Xosé Denis HombreDirector de Programas

- D. Angel Panero PardoDirector da Oficina Técnica

Page 3: Folleto11 gal - AECID · son tamén a concreción dunhas ideas, dun pensamento sobre o futuro, á vez expresión e consecuencia dun proceso de creatividade, imaxinación, ... fomentar

INSTITUCIÓNS CONVOCANTES

Consorcio da Cidade de Santiago de CompostelaPresidente: D. Xosé Antonio Sánchez Bugallo

Agencia Española de Cooperación Internacional para el DesarrolloMinisterio de Asuntos Exteriores de EspañaPresidenta: Dna. Soraya Rodríguez Ramos

Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea. Xunta de GaliciaDirector: D. Jesús Gamallo Aller

Page 4: Folleto11 gal - AECID · son tamén a concreción dunhas ideas, dun pensamento sobre o futuro, á vez expresión e consecuencia dun proceso de creatividade, imaxinación, ... fomentar

4

PREMIO SANTIAGO DE COMPOSTELADE COOPERACIÓN URBANA

A cidade é o expoñente máximo da cultura humana e, polo tanto, da relación do xénero humano co medio. En tanto que produto cultural, e aínda que materializadas nunha realidade física e inmobiliaria, as cidades son tamén a concreción dunhas ideas, dun pensamento sobre o futuro, á vez expresión e consecuencia dun proceso de creatividade, imaxinación, liberdade e cooperación entre os individuos. Por iso, o debate sobre as cidades é, nunha medida moi relevante, o auténtico debate sobre a situa-ción e perspectivas das civilizacións e os valores humanos.

Ante as dificultades para cualificar os novos ámbitos urbanos en expan-sión ou ante o empobrecemento ou enrarecemento da fisionomía urba-na dos ámbitos consolidados que azoutan, de xeito especial, a países de América Latina, reivindicar a recuperación da calidade do espazo urbano das súas cidades históricas amósasenos como unha forma idónea de pro-mover proxectos públicos que se orienten a reinventar e fortalecer o papel estrutural que este espazo debe ter nas cidades.

Por iso, o Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela, a Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo e a Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea convocan a edición 2011 do Premio Santiago de Compostela de Cooperación Urbana, certa-me anual que, co obxectivo de subliñar a importancia cualitativa do es-pazo urbano como catalizador da vida nas cidades, pretende recoñecer e fomentar a actuación das administracións públicas na súa creación, reha-bilitación, restauración e mellora, entendendo o seu estado de conserva-ción como un claro indicador de saúde cívica e colectiva dos conxuntos urbanos de América Latina.

CONVOCATORIA

O Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela, a Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo e a Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea convocan a edición 2011 do Premio Santiago de Compostela de Cooperación Urbana, destinado a recoñecer e fomentar iniciativas públicas de creación e recuperación de

PREMIO SANTIAGO DE COMPOSTELA

Page 5: Folleto11 gal - AECID · son tamén a concreción dunhas ideas, dun pensamento sobre o futuro, á vez expresión e consecuencia dun proceso de creatividade, imaxinación, ... fomentar

5

ámbitos de cohesión nos conxuntos urbanos de América Latina a través da transformación e a mellora do espazo urbano.

CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN

Poderán optar ao Premio Santiago de Compostela de Cooperación Ur-bana proxectos urbanos, de promoción pública, aínda non executados, tanto de nova construcción como de remodelación, rehabilitación ou restauración, a desenvolver en conxuntos urbanos de países latinoame-ricanos.

Deberán contemplar a visión interdisciplinar da formulación do proxec-to, así como os seus obxectivos (socioloxía, demografía, historia, arqui-tectura, economía, enxeñería, paisaxismo, antropoloxía, cultura, etc.)

Que a contribución da concesión do Premio sexa relevante para a reali-zación final do proxecto presentado.

As propostas deberán contemplar a relación porcentual entre o importe do Premio e o orzamento xeral do proxecto presentado.

Posto que algunhas intervencións a escala urbana teñen prazos de exe-cución moi longos, só poderán optar ao Premio propostas que conten coas fases de execución planificadas a curto, medio e longo prazo, e ben especificadas, de forma que se poida avaliar a repercusión de toda a actuación.

Só serán admitidos ao Premio os proxectos presentados polas entidades públicas que os promoven.

Para participar no Premio é necesario entregar a documentación requi-rida nas bases dentro do prazo establecido e que aparece redactado en páxinas posteriores.

DE COOPERACIÓN URBANA

Page 6: Folleto11 gal - AECID · son tamén a concreción dunhas ideas, dun pensamento sobre o futuro, á vez expresión e consecuencia dun proceso de creatividade, imaxinación, ... fomentar

6

CRITERIOS DE SELECCIÓN

Os criterios que se terán en conta á hora de seleccionar os proxectos pre-sentados ao Premio non estarán exclusivamente relacionados coa calida-de do traballo desde o punto de vista estritamente arquitectónico ou ur-banístico. O xurado tamén tomará en consideración outros aspectos que permitan avaliar a incidencia do proxecto no seu contexto concreto: • Adecuación das intervencións ás funcións esixidas no espazo urbano

obxecto do proxecto.

• Favorecer a diminución de fracturas sociais presentes no tecido urbano e a mellora da calidade de vida das persoas.

• Achega das realizacións no campo das melloras ambientais: transpor-te público, innovación das instalacións comúns, recursos enerxéticos, sustentabilidade, medioambiente urbano e relación coa contorna ou paisaxe.

• Asegurar o equilibrio entre tradición e innovación urbanística e a ade-cuación das solucións adoptadas ás características dos espazos conso-lidados.

• Participación e complicidade cidadán na concepción, realización e posterior mantemento, así como o grao de aceptación do proxecto por parte dos usuarios.

• Ponderación da calidade integral do proxecto urbanístico.

COMPOSICIÓN DO XURADO

O xurado do premio está formado por un presidente, con experiencia e recoñecido prestixio internacional nos temas relacionados coa natureza do premio e seis vocais de distintos ámbitos profesionais, todos eles de-signados por acordo das tres institucións convocantes. O xurado tomará en consideración só aqueles proxectos que cumpran as condicións de participación e poderá declarar deserto o certame. As funcións de secre-tariado e xestión serán asumidas pola Dirección de Programas do Con-sorcio da Cidade de Santiago de Compostela, que designará, ademais,

PREMIO SANTIAGO DE COMPOSTELA

Page 7: Folleto11 gal - AECID · son tamén a concreción dunhas ideas, dun pensamento sobre o futuro, á vez expresión e consecuencia dun proceso de creatividade, imaxinación, ... fomentar

7

á persoa que asistirá ao xurado e levantará a acta das sesións durante o proceso de selección dos proxectos.

As sesións de traballo e deliberación do xurado do Premio Santiago de Compostela de Cooperación Urbana 2011 terán lugar en Santiago de Compostela o día 7 de Novembro de 2011.

CONTÍA DO PREMIO

O Premio Santiago de Compostela de Cooperación Urbana 2011 está dotado con 150.000,00 €, importe previsto polo Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela. Outórgase á institución promotora do proxec-to, que recibirá tamén unha placa conmemorativa para ser instalada no espazo urbano obxecto do proxecto premiado. Asímesmo, o autor ou autores do proxecto recibirán, no seu caso, un diploma acreditativo.

A Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo prestará ao Consorcio de Santiago de Compostela o apoio necesario, tan-to técnico como administrativo, para o efectivo seguimento da execución dos proxectos premiados.

A concesión do premio leva unhas normas de xestión e seguimento do proxecto, e as obrigacións recíprocas do beneficiario e do concedente, incluídas as condicións de execución do gasto do importe do Premio, que desenvolverán os criterios fixados aos que se refire o Apartado “Documen-tación necesaria” descrito máis abaixo. Esas normas deberán ser acepta-das de forma expresa polo beneficiario antes da entrega do premio.

As propostas gañadoras, as finalistas e unha selección de proxectos que opten ao premio, conformarán o Arquivo Compostelán de Cooperación Urbana, recompilación elaborada para ampliar a repercusión que as boas prácticas urbanísticas representan para o contexto urbano no que se inscriben a través da súa divulgación. O devandito arquivo estará a disposición pública no Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela, podendo ser utilizado polos participantes de cada convocatoria e as en-tidades públicas que poidan participar no futuro.

A decisión do xurado do premio farase pública e comunicarase á institu-ción gañadora despois do fallo do xurado en Novembro de 2011. O acto

DE COOPERACIÓN URBANA

Page 8: Folleto11 gal - AECID · son tamén a concreción dunhas ideas, dun pensamento sobre o futuro, á vez expresión e consecuencia dun proceso de creatividade, imaxinación, ... fomentar

8

oficial de entrega do premio terá lugar en Decembro de 2011 en Santiago de Compostela.

DOCUMENTACIÓN NECESARIA

Para participar no Premio Santiago de Compostela de Cooperación Urba-na 2011 é necesario encher o formulario de inscrición adxunto ao final deste folleto e dispoñible na web www.consorcio-santiago.org e enviar esta inscrición ao e-mail seguinte: [email protected]

Asímesmo, este formulario de inscrición deberá achegarse a toda a docu-mentación que posteriormente se enviará, dentro dos prazos sinalados, ao Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela para poder participar no Premio Santiago de Compostela de Cooperación Urbana.A documentación que se deberá enviar será a seguinte:

• Formulario de inscrición (o mesmo que se enviou con anterioridade por e-mail).

• Tres paneis ríxidos formato A3 con toda aquela información que os par-ticipantes consideren que explica o proxecto. Os paneis (tipo cartón-pluma ou similar) deberán incluír:- Planos de situación e emprazamento da obra que a sitúen no seu

contexto.- Plantas e seccións xerais do proxecto.- Imaxes do espazo urbano obxecto de intervención (se é posible, fo-

tografías).- 6 imaxes virtuais, desde distintas perspectivas, que avancen ou simu-

len a obra rematada.

• Memoria: Deberá constar dunha breve descrición do estado actual do espazo urbano a intervir, dos obxectivos buscados e das características da obra terminada. Terá unha extensión máxima de dúas follas A4 a unha cara, con tipo 12 ptos. e interlineado sinxelo, e deberá entregarse en español. O feito de incluír o texto na montaxe dalgún dos paneis non exclúe a necesidade de presentar a memoria impresa en papel.

• Orzamento detallado da intervención e as condicións da execución do gasto.

PREMIO SANTIAGO DE COMPOSTELA

Page 9: Folleto11 gal - AECID · son tamén a concreción dunhas ideas, dun pensamento sobre o futuro, á vez expresión e consecuencia dun proceso de creatividade, imaxinación, ... fomentar

9

•Plan de Actuación: Explicará a planificación das fases de execución previstas e os medios financeiros e institucionais autóctonos que garan-tan a súa execución, incluída a posible dotación do Premio Santiago de Compostela de Cooperación Urbana.

Toda a documentación anterior en soporte dixital. CD cos textos en ar-quivos PDF e imaxes en arquivos jpg cunha resolución mínima de 1.024 x 768 (canta máis resolución, mellor).

A documentación presentada ao premio non será devolta. Os participan-tes non percibirán ningún importe en concepto de dereitos de comuni-cación pública ou de explotación do material seleccionado e asumirán o custo de calquera reclamación ou gasto en concepto de dereitos de propiedade intelectual, que eventualmente se puidesen derivar da repro-dución e explotación, por parte dos organizadores, dos traballos presen-tados.

A participación no premio supón a aceptación de todas as condicións especificadas nestas bases.

PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN

A documentación mencionada deberá facerse chegar ao rexistro xeral do Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela (España) de luns a venres, en horario de 9:00 h. a 14:00 h., desde o día 31 de maio ao 23 de setembro de 2011.

A documentación deberá presentarse debidamente protexida dentro dun paquete onde se indique de forma visible o nome do proxecto que se fixo constar no formulario de participación e nos paneis do proxecto, así como a cidade onde se atope.

A documentación deberá enviarse por servizo de mensaxeiros dentro do prazo de admisión de proxectos, motivo polo cal deberá xustificarse a data de imposición do envío na empresa de mensaxería e comunicar o envío ao e-mail: [email protected]

DE COOPERACIÓN URBANA

Page 10: Folleto11 gal - AECID · son tamén a concreción dunhas ideas, dun pensamento sobre o futuro, á vez expresión e consecuencia dun proceso de creatividade, imaxinación, ... fomentar

10

CALENDARIO

31 de maio de 2011Inicio do período de presentación de proxectos.23 de setembro de 2011Final do período de presentación de proxectos.7 de novembro de 2011Reunión do xurado do premio. Decisión e comunicación pública do proxecto gañador.Decembro de 2011Entrega do Premio Santiago de Compostela de Cooperación Urbana en Santiago de Compostela.

INFORMACIÓN

Información, contacto e recepción da documentación

Consorcio de Santiago de Compostela Dirección de Programas Rúa do Vilar, 59 15705 Santiago de Compostela - España

Tel. (+34) 981 57 47 00 Fax (+34) 981 57 47 50 [email protected] bases estarán dispoñibles en: www.consorcio-santiago.org

O Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela resérvase os dereitos de publicación ou difusión nos medios que se considere oportunos da documentación remitida para o concurso.

Unha vez fallado o Premio Santiago de Compostela de Cooperación Ur-bana, o Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela comunicarallo á institución gañadora, así como as normas de xestión do importe do mesmo e as datas do acto oficial de entrega do Premio a celebrar en San-tiago de Compostela (Galicia - España).

PREMIO SANTIAGO DE COMPOSTELA

Page 11: Folleto11 gal - AECID · son tamén a concreción dunhas ideas, dun pensamento sobre o futuro, á vez expresión e consecuencia dun proceso de creatividade, imaxinación, ... fomentar

11

XURADO DO PREMIO

Presidente

D. Xerardo Estévez FernándezSantiago de Compostela - Galicia (España)ArquitectoColaborador literario do diario “El Pais” de España

Vocais

Dna. Nuria Sanz GallegoFuncionario UNESCO - Naciones UnidasEspecialista de Programa da Unidade de América Latina e Caribe no Centro de Patrimonio Mundial da UNESCO

Dna. María Luisa Cerrillos MoralesCiudad Real (España)Arquitecta - UrbanistaEx Directora do Programa de Patrimonio da AECI

D. Manuel Herce VallejoBarcelona - Cataluña (España)Enxeñeiro de Camiños, Canles e PortosDirector do Proxecto Xestión da cidade na Universitat Oberta de Catalunya

D. Javier Ramos GuallartLeón (España)Arquitecto

D. Francisco López MoralesMéxicoArquitectoInstituto Nacional de Antropoloxía e Historia de México

D. Juan Luis Isaza LondoñoMedellín, ColombiaArquitectoDirector de Patrimonio del Ministerio de Cultura de la República de Colombia. Actuará como Secretaria do Xurado, Dna. Esther Calvo Vázquez.

DE COOPERACIÓN URBANA

Page 12: Folleto11 gal - AECID · son tamén a concreción dunhas ideas, dun pensamento sobre o futuro, á vez expresión e consecuencia dun proceso de creatividade, imaxinación, ... fomentar

2011

AGEN

CIA ES

PAÑOLA DE COOPERACIÓN INTERNACIONALDIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNS EX

TERIOR

ES

E COA UNIÓN EUROPEA

PARA

EL

DESARROLLO

2011