Formación Abalar Antonio Palacios

12
PFAC: “FORMACIÓN ABALAR ANTONIO PALACIOS”

description

Proyecto Abalar

Transcript of Formación Abalar Antonio Palacios

Page 1: Formación Abalar Antonio Palacios

PFAC: “FORMACIÓN ABALAR ANTONIO PALACIOS”

Coordinador do PFAC: Roberto Costoya Rendo

Asesor do CFR de Vigo: Ana Mariño Álvarez

Curso: 2012/2013

Page 2: Formación Abalar Antonio Palacios

1) XUSTIFICACIÓN DA ACTIVIDADE

Punto de partida

Dende fai anos as novas tecnoloxías adquiriron unha importancia fundamental na nosa sociedade e en todolos sectores convertindoo nun dos fenómenos máis extraordinarios deste siglo. Ao igual que é fundamental saber ler e escribir, hoxe en día faise indispensable a utilización e coñecemento das novas tecnoloxías como medio de aprendizaxe.

Dende fai tempo incorporamos as novas tecnoloxías as distintas facetas da vida académica do noso centro: docencia diaria (tanto por parte dos mestres especialistas como os titores/as), na xestión administrativa do centro, na correspondencia entre os profesores/as,...

O noso centro conta cunha aula de informática, que da servizo conforme a un horario establecido a todolos grupos tanto de primaria como de infantil. Ademáis contamos con pizarra dixital e canón en case todalas aulas e mantemos actualizada a nosa páxina web como vía de comunicación dos nosos proxectos.

Todo esto é posible porque contamos cun profesorado que ten moito interés en todo o relacionado coa utilización das novas tecnoloxías e para elo en cursos anteriores téñense realizado no centro distintas actividades de formación en aspectos relacionados coa implantación das novas tecnoloxías e as posibilidades didácticas que nos ofrecen.

Importancia pedagóxica

O profesorado que formamos parte do proxecto Abalar no noso centro, sabemos que este proxecto supón cambios novos, tanto dende o punto de vista metodolóxico como organizativo xa que pensamos que os novos medios van a mellorar o aprendizaxe do noso alumnado e que partindo da motivación que para eles supón as novas tecnoloxías, vamos a ir preparandoos para a vida persoal e profesional.

Con este grupo de traballo pretendemos, entre outras cousas, elaborar estratexias que nos permitan adaptar a nosa metodoloxía a un modelo máis participativo e interactivo, de forma que se poda integrar na aula, coma unha ferramenta máis, o portátil que van a utilizar os alumno/as. Por outro lado pretendemos dar un cambio na maneira de recoller e recopilar os materiais dos que dispón o profesorado e utilizar o servidor como un lugar de intercambio de recursos para poder dispor deles dunha maneira inmediata e utilizalos ben sexa nos portátiles dos rapaces ou ben na pizarra dixital.

CEIP PLURILINGÜE ANTONIO PALACIOS – O PORRIÑO

Page 3: Formación Abalar Antonio Palacios

2) OBXECTIVOS

Elaborar e poñer en práctica un proxecto para traballar e integrar de forma efectiva os recursos dentro das aulas Abalar.

Coordinar a labor do profesorado para unha correcta utilización dos distintos elementos que integran este novo proxecto.

Habituarse a utilizar distintos programas coñecidos para deseñar actividades didácticas.

Elaborar proxectos de aula que integren contidos en relación a un tema utilizando, como recurso de traballo, as novas tecnoloxías.

Elaborar protocolos de actuación que establezcan a base de organización nas aulas Abalar.

3) CONTIDOS

Unha vez reunido o profesorado que formará parte deste grupo de traballo, tratamos de facer unha avaliación inicial acerca de cales son as nosas competencias no emprego das novas tecnoloxías, así como das necesidades que cada un de nos considera prioritarias. A grandes rasgos podemos concluir que o nivel de competencia dixital a nivel usuario do profesorado é medio-alto, co cal centraremos os contidos naquelas facetas que menos dominan e que consideramos de maior utilidade para sacar o máximo partido ao proceso de ensino-aprendizaxe. Os contidos que trataremos de desenrolar da forma o máis ampla posible son os seguintes:

1. Protocolos de actuación nas aulas Abalar2. Funcionamentos dos distintos elementos que integran as nosas

aulas: pizarra dixital, canón, neetbook, armario,..3. O servidor. Funcionamento, subir e buscar recursos.4. Sistema operativo Debian: Normas básicas sobre o seu

funcionamento.5. Encerado dixital interactivo. Barra de ferramentas, uso didáctico,

clasificación de recursos, manexo das principais aplicacións.6. Moodle. Aula virtual. Edición, subida e organización de recursos.

Principais usos.7. Espazo Abalar. Utilización a nivel centro, profesorado e familias.

CEIP PLURILINGÜE ANTONIO PALACIOS – O PORRIÑO

Page 4: Formación Abalar Antonio Palacios

4) METODOLOXÍA

Este proxecto levarase a cabo a través de tres tipos de sesións: sesións de docencia, sesións de traballo en grupo e sesións individuais. Para as sesións de docencia, dende o grupo de profesores suxerimos como ponente a Benito Gil, mestre do centro que formará parte do PFAC, xa que ten dous anos de experiencia como coordinador Abalar noutro centro e tamén ten impartido relatorios sobre o plan Abalar con anterioridade.

A nosa proposta é concentrar as sesións de docencia neste comezo de curso, o obxectivo é obter a formación necesaria que nos permita arrancar o máis pronto posible a integración do plan Abalar no noso centro. Como xa dixemos o profesorado ten un nivel de competencia bastante bo, por iso unha vez que obteñan os coñecementos novidosos para eles, non terán dificultade en desenrolar sesións de traballo en grupo ou individuais de maneira máis autónoma. Organizáronse 20 sesións de 2 horas e media cada unha que se celebrarán os luns e xoves durante o primeiro trimestre, e os martes o resto do curso.

As sesións de traballo en grupo irán dirixidas a desenrolar os aspectos vistos na parte teórica, sempre enfocando o traballo á realidade docente e tratando de xerar ferramentas e recursos útiles e axeitados para empregar no proceso diario de ensino. As sesións de traballo individual suporán un último nivel de aproximación práctica no que cada mestre adapte os recursos xerados para o seu traballo cun grupo concreto de alumnos.

5) ORGANIZACIÓN DE RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS

Neste curso de formación participan un total de 13 profesores/as (incluído o coordinador), empregando para elo a aula de informática e unha das aulas que xa conta con portátil, canón i encerado dixital Abalar. Supoñemos que para o inicio do mesmo xa contaremos cos netbooks, o carro de carga e o servidor instalado no centro.

6) TEMPORALIZACIÓN

O obradoiro de formación que levamos a cabo ten unha duración de 50 horas para desenrolar dende Novembro de 2012 ata Abril 2013, con sesións a celebrar os luns e xoves durante o primeiro trimestre e os martes no seguundo. A duración das sesións será de 2,5 horas. A continuación presentamos a distribución do calendario previsto:

CEIP PLURILINGÜE ANTONIO PALACIOS – O PORRIÑO

Page 5: Formación Abalar Antonio Palacios

Sesión Data Contidos Modalidade Persoa relatora Horario/Tempo

1 Martes 6 de Novembro Reunión inicial. Desenrolo da planificación Traballo en grupo 18 a 20:30 (2´5 horas)

2 Xoves8 de Novembro

Coñecemento e funcionamento dos elementos da Aula Abalar (carro de carga, portátiles alumnos e mestre, canón…). Protocolo a seguir ante incidencias.

Docencia Benito Gil 15:30 a 18 (2´5 horas)

3 Luns12 de Novembro Sistema operativo Debian. Programa Sigala. Docencia Benito Gil 15:30 a 18 (2´5 horas)

4 Xoves15 de Novembro

Organización aula Abalar. Normas e procedementos (horarios de uso, especialistas...) Docencia Benito Gil 15:30 a 18 (2´5 horas)

5 Luns19 de Novembro

Encerado dixital interactivo. Barra de ferramentas, uso didáctico, clasificación de recursos, manexo das principais aplicacións.

Docencia Benito Gil 15:30 a 18 (2´5 horas)

6 Xoves22 de Novembro

Encerado dixital interactivo. Barra de ferramentas, uso didáctico, clasificación de recursos, manexo das principais aplicacións. (II)

Docencia Benito Gil 15:30 a 18 (2´5 horas)

7 Luns26 de Novembro

Moodle. Aula virtual. Edición, subida e organización de recursos. Principais usos (cuestionarios, cursos, foros…)

Docencia Benito Gil 15:30 a 18 (2´5 horas)

8 Xoves29 de Novembro

Servidor de centro. Manexo, subida de arquivos, contidos educativos do servidor. Docencia Benito Gil 15:30 a 18 (2´5 horas)

9 Luns3 de Decembro

Espazo Abalar. Utilización a nivel centro, profesorado e familias. Docencia Benito Gil 15:30 a 18 (2´5 horas)

10 Luns10 de Decembro

Netbook. Sistema operativo. Tratamento de arquivos, funcionalidade do sistema, instalación e uso do programa Sigala.

Traballo individual (2´5 horas)

11 Martes8 de Xaneiro

Netbook. Sistema operativo. Traballo en grupo seguindo guión de tarefas proposto. Traballo en grupo (2´5 horas)

12 Martes 15 de Xaneiro

Organización aula Abalar. Elaboración de normas e procedementos de uso, así como do protocolo a

Traballo en grupo (2´5 horas)

CEIP PLURILINGÜE ANTONIO PALACIOS – O PORRIÑO

Page 6: Formación Abalar Antonio Palacios

seguir ante incidencias.

13 Martes 22 de Xaneiro

Encerado dixital interactivo. Exploración da barra de ferramentas e manexo das principais aplicacións.

Traballo individual (2´5 horas)

14 Martes 29 de Xaneiro

Encerado dixital interactivo. Posta en común das principais utilidades da barra de ferramentas, uso didáctico das mesmas, manexo das principais aplicacións con exemplos prácticos ou tarefas elaboradas.

Traballo en grupo (2´5 horas)

15 Martes 5 de Febreiro

Elaboración e catalogación de actividades nas que se empregue como medio a barra de ferramentas ou aplicacións do encerado dixital.

Traballo individual (2´5 horas)

16 Martes 19 de Febreiro

Moodle. Organización da aula virtual do centro, subida de materiais e recursos, creación de foros, etc. Elaboración dun curso.

Traballo en grupo (2´5 horas)

17 Martes 26 de Febreiro

Búsqueda, clasificación e subida de recursos á aula virtual do centro. Traballo individual (2´5 horas)

18 Martes 5 de Marzo

Servidor de centro. Exploración, selección e clasificación de recursos.Espazo Abalar. Exploración das posibilidades do espazo.

Traballo en grupo (2´5 horas)

19 Martes 2 de Abril

Emprego do espazo Abalar de cada mestre como medio de comunicación coas familias dos alumnos. Elaboración da memoria (I)

Traballo individual (2´5 horas)

20 Martes 9 de Abril

Feedback. Autoavaliación (ferramentas). Elaboración da memoria (II). Traballo en grupo (2´5 horas)

CEIP PLURILINGÜE ANTONIO PALACIOS – O PORRIÑO

Page 7: Formación Abalar Antonio Palacios

7) PROCESOS E CRITERIOS PARA A AVALIACIÓN

Para facer unha avaliación deste proxecto debemos ter en conta cal era o noso punto de partida e ver ata onde chegamos e cal é o uso que lle damos a estas novas ferramentas na nosa actividade diaria. Podémolo concretar nos seguintes aspectos:

1. Utilización dos novos elementos por parte do profesorado.2. Deseño de actividades e programas de apoio para os

alumnos/as.3. Valorar en que medida esta nova forma de ensinanza

contribuíu a mellorar a súa actividade docente, o intercambio de información,..

4. Manexo das barras de ferramentas e dos programas do encerado dixital.

5. Emprego da aula virtual como elemento de comunicación cos alumnos, así como de recursos educativos.

6. Emprego do servidor de recursos coma un medio de almacenamento e intercambio de materiais.

7. Uso do espazo Abalar como un elemento de comunicación entre o profesorado e as familias.

Para avaliar este proceso levaremos a cabo os seguintes procedementos:

Observar os resultados que implican a utilización diaria das novas tecnoloxías por parte do profesorado na súa actividade docente.

Valorar o efecto que tivo no proceso de ensinanza-aprendizaxe do alumno o uso deste novo método.

Utilización de cuestionario a alumnos/as profesores/as que recollan o grado de interacción coas novas tecnoloxías.

Recoller de maneira sistemática información, opinións e propostas dos membros deste obradoiro sobre cuestións relacionadas co uso das TIC.

8) NECESIDADES ORZAMENTARIAS

Dispoñemos de todo o material necesario para o desenrolo do curso, e polo tanto adícase todo o diñeiro asignado a este proxecto de formación á docencia.

CEIP PLURILINGÜE ANTONIO PALACIOS – O PORRIÑO

Page 8: Formación Abalar Antonio Palacios

9) OUTRAS ACHEGAS ECONÓMICAS

Os compoñentes deste proxecto fan constar que non se ten recibido, nin solicitado, ningunha outra achega económica para a realización do mesmo.

O Porriño 11 de Outubro de 2012

O coordinador:

Roberto Costoya Rendo

CEIP PLURILINGÜE ANTONIO PALACIOS – O PORRIÑO