Formación e evolución xeomorfolóxica da … guiado dun fragmento de mapa topográfico:...

23
Formación e evolución xeomorfolóxica da Península Ibérica e das Illas Canarias e Baleares. Tipos de unidades morfoestruturais. - Formación e evolución xeomorfolóxica da Península Ibérica e das Illas (da Era Arcaica ao glaciarismo cuaternario). - Tipos de unidades: zócolo, macizos antigos, cordilleiras de pregamento, cuncas sedimentarias.

Transcript of Formación e evolución xeomorfolóxica da … guiado dun fragmento de mapa topográfico:...

►Formación e evolución xeomorfolóxica da Península Ibérica e das Illas Canarias e Baleares. Tipos de unidades morfoestruturais.

- Formación e evolución xeomorfolóxica da Península Ibérica e das Illas (da Era Arcaica ao glaciarismo cuaternario).

- Tipos de unidades: zócolo, macizos antigos, cordilleiras de pregamento, cuncas sedimentarias.

● Comentario guiado dun fragmento de mapa topográfico: identificación das coordenadas xeográficas, máximas e mínimas altitudes, zonas de maiores e menores pendentes, principais cursos fluviais e orientación dos mesmos.

● Comentario de perfís topográficos: N-S, E-O, Pireneos-Val do Ebro.

● Mapa litolóxico de España.

● Debuxos e gráficos con tipos de modelado: granítico, cárstico, glaciar ou volcánico.

● Imaxes identificativas: pedras cabaleiras, badlands, páramos, canóns.

● Esquemas do relevo costeiro: costa mediterránea.

● Comentario dun perfil topográfico O-E - Galicia

● Comentario de paisaxes naturais de Galicia (serras orientais, cuncas interiores e tipoloxía das rías).

Litosfera (páx 22) (27)

Tectónica de placas (páx 22) (27)

Meseta (páx. 33) (38)

Aluvión (páx 27) (31)

Foz (páx 29) (33)

Penechaira (páx 34) (38)

Somontano ou somonte (páx 37) (42)

Ría (páx 40) (44) - Galicia

Esteiro (páx 90) (44) - Galicia

Tómbolo (páx 40) (44) - Galicia

Litosfera

É a capa superficial sólida do planeta, caracterizada pola súa rixidez. Está formada pola codia terrestre e pola parte superficial do Manto, o denominado manto residual.

Segundo o tipo de corteza que contén se distinguen dous tipos de litosferas:

• Litosfera oceánica: É a que está formada pola corteza oceánica e o manto residual. Constitúe o fondo dos océanos e ten un espesor medio de 65 km.

• Litosfera continental: É a que está formada pola corteza continental e o manto residual. Constitúe os continentes. Ten un espesor medio duns 120 km.A litosfera está fragmentada nunha serie de placas tectónicas ou litosféricas, que se desprazan lentamente sobre a Astenosfera, unha capa «branda» que forma parte do manto superior.

Tectónica de placas

É a teoría máis aceptada para explicar a orixe do relevo terrestre. Establece que a litosfera está fragmentada nunha serie de placas que se desprazan sobre a astenosfera, capa «branda» que forma parte do manto superior. Os movementos destas placas provocan que unhas se separen progresivamente e outras choquen entre si. Estes movementos explican, en gran parte, os procesos oroxénicos ou de formación de montañas e a existencia de zonas volcánicas e sísmicas.

Meseta

Superficie plana ou levemente ondulada que se atopa elevada sobre o nivel do mar, xeralmente a máis de 400 m. de altitude.

Na Península Ibérica destaca a presenza da Meseta central, unha chaira elevada situada a uns 600-800 m. de altitude. Trátase dun antigo macizo xurdido na oroxénese herciniana da Era Primaria, arrasado pola erosión e deformado pola oroxénese alpina da Era Terciaria, que fixo xurdir as cordilleiras interiores (S.Central, M. de Toledo), as concas sedimentarias interiores (Submeseta Norte e Sur) e os rebordos montañosos (Macizo Galaico-Leonés, C.Cantábrica, S.Ibérico e S.Morena)

Aluvións

Son restos miúdos de rochas (areas, grava, arxila ou lodo) arrastrados e depositados transitoria ou permanentemente por unha corrente de auga cando non ten forza suficiente para transportalos. Acumúlanse nas canles das correntes ou nas súas chairas de inundación e nos deltas.

Foz Val estreito e profundo, limitado por paredes abruptas case verticais. Estas formacións son provocadas pola erosión fluvial sobre terreos calizos. Xeralmente denomínanse gargantas ou canóns, cando describen un arco coñéncese co nome de foz. En España destacan, entre outras, as foces do río Duratón en Segovia e a garganta do río Cares na Cordilleira Cantábrica.

Canón dos Arcos, Calomarde, Teruel

Penechaira

É unha superficie de erosión ou aplanamento moi suavemente ondulada, resultado do arrasamento de relevos da Era Primaria, polo que está formada por materiais silíceos paleozoicos. En España atopamos estas formas de relevo no oeste peninsular, en zonas onde a erosión eliminou os materiais terciarios que recubrían o zócalo, o que permitiu aflorar o vello zócalo primario. A penechaira zamorano-salmantina é máis chá que a penechaira extremaña, onde é máis común atopar montes-illa ou relevos residuais constituídos sobre rochas máis resistentes. Nas zonas de contacto entre a penechaira e as concas sedimentarias da Meseta os ríos crearon profundas gargantas ao encaixarse sobre os materiais máis duros das penechairas, un exemplo deses encaixamentos son os denominados Arribes do Douro.

Penechaira estremaña Arribes do Douro

Nesas superficies, sobre todo no somontano pirenaico, a erosión deu lugar a mallos e foxas. - Os mallos son torreóns rochosos formados a partir de diaclasas ou fracturas verticais e perpendiculares sobre unha superficie chá, como os mallos de Riglos.- As foxas son depresións que a erosión traballou sobre os materiais máis brandos.

Somontano

Son terras chás, levemente inclinadas, que parten das serras exteriores pirenaicas e dos relevos ibéricos cara ao centro da Depresión do Ebro. Están constituídos por conglomerados, materiais grosos e duros transportados polos ríos desde os relevos montañosos.

Formación dos mallos

Os Mallos de Riglos, Huesca

Ría

Brazo alongado de mar que penetra no continente e que está sometido á acción das mareas. Trátase da parte final dun val fluvial (desembocadura) que foi inundada polo mar. Ese asolagamento pode estar relacionado cunha elevación do nivel do mar ou cun afundimento da costa.

As rías son un accidente xeográfico típico do litoral galego, onde dan lugar a unha costa profundamente recortada. A súa existencia pódese relacionar coa estrutura do Macizo Galaico, fracturado por numerosas fallas ocupadas pola rede fluvial, que foron invadidas polo mar, dando lugar a rías que chegan a penetrar ata 35 km no interior, como as de Arousa ou Pontevedra.

Ría de Cedeira, A Coruña

Vista da Ría de Ferrol desde o Monte de Ancos

Esteiro

Desembocadura dun río en forma de embude na que as interaccións entre a auga doce e a do mar son notables. É a parte máis ancha e profunda do tramo final dos ríos que desembocan no mar aberto, xeralmente en zonas onde as mareas teñen unha grande amplitude. Está formada por un só brazo fluvial ancho e profundo que foi elixido en moitas ocasións como emprazamento portuario.

Orixínanse porque a entrada das augas mariñas durante a preamar, retén as augas do río, mentres que durante a baixamar, todas as augas comezan a entrar a gran velocidade no mar ou océano, o que contribúe a limpar e profundizar o seu cauce, deixando a miúdo, grandes zonas de marismas, nas que medran especies vexetais que soportan as augas salgadas e onde hai ademais unha rica fauna. Exemplos de importantes esteiros en Galicia son os dos ríos Miño, Eo, Anllóns...

Desembocadura do río Eume

Vista da entrada ao Esteiro do río Miño

Esteiro do río Miño

Tómbolo

Barra de area, cantos e gravas que une a costa cunha illa ou illote próximo, convertíndoa nunha pequena península. Pode ser dobre cando son dúas as barras areentas, quedando un lago entre as dúas.En España son importantes exemplos o Tómbolo de Peñíscola, en Castellón, ou o Peñón de Ifach de Calpe, en Alicante. En Galicia podería citarse o formado pola praia de A Lanzada, que une a península de O Grove ao resto da costa.

Peñón de Ifach de Calpe, Alicante