Galicia España Europa Internacional · 2008-06-19 · Na actualidade participan 5.550 alumnos nas...

8
32 Eduga53 maio-agosto 08 Galicia España Europa Internacional Presentado en Santiago o II Plan galego de formación profesional O II Plan galego de formación profesional, presentado en Santiago de Compostela polo presidente da Xunta de Galicia, constitúe un marco cuxa finalidade é situar os centros formativos e as empresas galegas no cume da excelencia europea. Para conseguilo, centra as súas accións en dous ámbitos fundamentais: a cualificación e formación dos profesionais, e o fomento do emprego. Trátase dun proxecto elaborado dende o consenso, que aglutina os intereses de todos os axentes sociais e dos departamentos autonómicos implicados. Con este plan dáselles resposta aos obxectivos da Estratexia de Lisboa, sobre a aprendizaxe permanente, e ao Proceso de Copenhague, orientado a colocar a formación profesional europea nun plano común de profesionalidade, empregabilidade, competitividade e excelencia. Entre as prioridades do plan galego figuran a formación permanente dos nosos traballadores e traballadoras, a adopción dun sistema de cualificacións plenamente integrado en Europa, e a mellora do vínculo entre os sectores formativo e produtivo. Un dos puntos esenciais será o recoñecemento profesional dos traballadores, de xeito que poidan obter a acreditación oficial da súa competencia, baseada nos anos de experiencia e dedicación; unha medida que xa está en funcionamento e que lles abre as portas dos mercados galego, español e internacional aos traballadores. Tamén se inclúen no plan a adecuación da oferta formativa ás necesidades e demandas reais das distintas áreas de produción das comarcas galegas, para o que se pon en marcha un novo mapa de áreas produtivas funcionais que presta atención ás necesidades, ás demandas e ao desenvolvemento económico de cada zona. No que atinxe aos centros, as prioridades están na oferta dunha formación integrada no tecido produtivo galego, coa plena implantación da innovación e as novas tecnoloxías; así como a formación do profesorado nos máis altos niveis tecnolóxicos en empresas que van á cabeza, para trasladar logo este coñecemento á docencia e ao mercado laboral real.

Transcript of Galicia España Europa Internacional · 2008-06-19 · Na actualidade participan 5.550 alumnos nas...

Page 1: Galicia España Europa Internacional · 2008-06-19 · Na actualidade participan 5.550 alumnos nas sesións didácticas, máis de 7.000 na proxección de longametraxes galegas e máis

32

Eduga53 � maio-agosto 08

Galicia

España

Europa

Internacional

Presentado en Santiago o II

Plan galego de formación

profesional

O II Plan galego de formación profesional,presentado en Santiago de Compostelapolo presidente da Xunta de Galicia,constitúe un marco cuxa finalidade é situaros centros formativos e as empresasgalegas no cume da excelencia europea.Para conseguilo, centra as súas accións endous ámbitos fundamentais: a cualificación

e formación dos profesionais, e o fomentodo emprego. Trátase dun proxectoelaborado dende o consenso, que aglutinaos intereses de todos os axentes sociais edos departamentos autonómicosimplicados. Con este plan dásellesresposta aos obxectivos da Estratexia deLisboa, sobre a aprendizaxe permanente, eao Proceso de Copenhague, orientado acolocar a formación profesional europeanun plano común de profesionalidade,empregabilidade, competitividade eexcelencia. Entre as prioridades do plangalego figuran a formación permanentedos nosos traballadores e traballadoras, aadopción dun sistema de cualificaciónsplenamente integrado en Europa, e amellora do vínculo entre os sectoresformativo e produtivo.

Un dos puntos esenciais será orecoñecemento profesional dostraballadores, de xeito que poidan obter aacreditación oficial da súa competencia,baseada nos anos de experiencia e

dedicación; unha medida que xa está enfuncionamento e que lles abre as portasdos mercados galego, español einternacional aos traballadores.

Tamén se inclúen no plan aadecuación da oferta formativa ásnecesidades e demandas reais dasdistintas áreas de produción das comarcasgalegas, para o que se pon en marcha unnovo mapa de áreas produtivas funcionaisque presta atención ás necesidades, ásdemandas e ao desenvolvementoeconómico de cada zona.

No que atinxe aos centros, asprioridades están na oferta dunhaformación integrada no tecido produtivogalego, coa plena implantación dainnovación e as novas tecnoloxías; asícomo a formación do profesorado nos máisaltos niveis tecnolóxicos en empresas quevan á cabeza, para trasladar logo estecoñecemento á docencia e ao mercadolaboral real.

Page 2: Galicia España Europa Internacional · 2008-06-19 · Na actualidade participan 5.550 alumnos nas sesións didácticas, máis de 7.000 na proxección de longametraxes galegas e máis

33

Eduga53 � maio-agosto 08

Actualidade

“A plena implicación do sectorempresarial na formación profesional é undos puntos fortes deste proxecto”, salientana súa presentación o xefe do gobernogalego, lembrando que Galicia xa tenexperiencias “de éxito” neste eido.

Con todo este esforzo en innovación,en investigación e en capital humano, oexecutivo galego está convencido de que aformación profesional será, máis quenunca, unha opción atractiva, renovada een sintonía coas novas tendencias defuturo dos mercados laborais. Pérez

Touriño avanzou que, co novo plan, seespera que o 50 por cento do alumnadocurse estes estudos.

Nas intencións da Administracióneducativa, en colaboración coa Conselleríade Traballo, está fomentar o autoempregoentre o alumnado. Unha iniciativa que seleva a cabo a través de empresassimuladas e de técnicas tecnolóxicasintegradas nos centros.

Por último, Galicia proxecta un Centrode Innovación para a FormaciónProfesional, que se constituirá en núcleode referencia para a investigación, ainnovación e a creación de tecnoloxía. AXunta agarda implantar a cultura dainvestigación e a innovación nos centrosdocentes co obxectivo de lograr, nunperíodo de tres anos, que o 70 por centodos centros de formación profesionalparticipen ou desenvolvan proxectos deI+D+I. Unha aspiración que pasa porreforzar a formación dos traballadores edos propios docentes.

O proxecto Audiovisual nasAulas 2008

O proxecto, elaborado conxuntamentepola Consellería de Educación, aSecretaría Xeral de Comunicación e oConsorcio Audiovisual de Galicia, tencomo finalidade a promoción dopensamento crítico entre os escolaresgalegos, mediante a alfabetizaciónaudiovisual e multimedia.

O programa Audiovisual nas aulas éunha experiencia pioneira no Estadoespañol, que se anticipou incluso ánormativa recollida recentemente na Leido cine aprobada polo Parlamento deEspaña. Nel participan 30 centros deensino, que este ano traballarán en catrofases: iniciación ás novas tecnoloxías, atelevisión, a animación e audiovisual; todocentrado en conseguir que o alumnadodispoña das ferramentas necesarias para

Page 3: Galicia España Europa Internacional · 2008-06-19 · Na actualidade participan 5.550 alumnos nas sesións didácticas, máis de 7.000 na proxección de longametraxes galegas e máis

34

Eduga53 � maio-agosto 08

dominar a linguaxe audiovisual.

Na actualidade participan 5.550alumnos nas sesións didácticas, máis de7.000 na proxección de longametraxesgalegas e máis de 4.000 nos diferentestalleres de animación, televisión e novastecnoloxías.

O proxecto Audiovisual nas aulascomezou a súa traxectoria no cursoacadémico 2003/04. Dende aquelaparticiparon un total de 111 centros deensino público de infantil, primaria esecundaria.

Nesta nova edición, os centros que xainterviron en convocatorias anteriores,realizarán obradoiros específicos; mentresque os que non o fixeron, deberáncompletar o proxecto asumindo as fases doprograma que aínda non desenvolveron.

A iniciación ás novas tecnoloxíasconsistirá na realización dun obradoiro decurtas co móbil, denominado Mobilízatenas Aulas. Os alumnos dos centrosparticipantes realizarán películas de curtaduración con móbiles de última xeración, eterán a oportunidade de aplicar oscoñecementos adquiridos nas ediciónsanteriores. Os traballos colgaranse nunhapáxina web, creada especificamente para oprograma.

Na fase de iniciación á televisión osalumnos executarán un obradoiro detelevisión, no que realizarán a gravacióndunha grella onde haberá varios xénerostelevisivos. Por outra parte, cada colexiodedicarase á gravación dun tipo deprograma para conseguir unhaprogramación variada.

Na sección de iniciación á animaciónos alumnos utilizarán a técnica stop-motionpara gravar unha curta.

Forum Orienta, un punto de

encontro coa formación

profesional e a universidade

Un ano máis a Administración

educativa, coa colaboración de

Caixanova e a participación das tres

universidades galegas, da Comisión

Interuniversitaria de Galicia (CIUG) e da

Consellería de Medio Ambiente e

Desenvolvemento Sostible, organizou o

Forum Orienta. Desenvolveuse do 8 ao

13 de abril e ofreceu un total de 233

actividades que tiñan como principais

destinatarios o alumnado, o profesorado,

os orientadores e as familias. O Forum

está a constituír un lugar idóneo para

dar a coñecer as ensinanzas

universitarias e de formación

profesional. Serve tamén como

plataforma de información sobre bolsas,

axudas, premios, residencias para o

alumnado, posibilidades de estadías

formativas no estranxeiro, probas de

acceso á universidade, etc. Nesta

edición completouse o panel de contidos

cun avance das novidades dos próximos

títulos de grao e de formación

profesional, así como das oportunidades

dos titulados superiores no mundo

laboral.

Novos títulos de posgrao

adaptados a Europa

O vindeiro curso as universidadesgalegas ofertarán un total de 142 títulosde posgrao adaptados a Europa (97títulos de máster e 45 programas dedoutoramento) recoñecibles en todo oterritorio da Unión Europea. O pasadomes de novembro, o Consello Galego deUniversidades aprobou 34 novos títulos(28 másters e 6 doutoramentos) que seunirán aos que xa se están a impartireste curso.

A oferta distribúese de xeitoequilibrado entre as tres universidades:33 ofértaos a Universidade da Coruña,32 a Universidade de Santiago deCompostela e 32 a Universidade de Vigo.Dos 45 programas de doutoramento, 17corresponden á Universidade deSantiago, 16 á da Coruña e 12 á de Vigo.Con estas novas titulacións Galicia dá unpaso máis que reforza a posición dassúas universidades na adaptación aoEspazo Europeo de Educación Superior.O calendario de implantación dos novostítulos de grao recóllese no documentoLiñas xerais para a implantación dos

estudos de grao e posgrao, aprobadopolo Consello Galego de Universidades opasado mes de novembro. Neste sentidoestablece que nos cursos 2008/09 e2009/10 se lles dará prioridade aodeseño e aprobación dastransformacións dos títulos actuais, dexeito que en outubro de 2010 estea feitaa totalidade das adaptacións. Odocumento constitúe, ademais, unhafolla de ruta consensuada que fixaobxectivos para favorecer unha melloradaptabilidade a unha realidade laboral

Page 4: Galicia España Europa Internacional · 2008-06-19 · Na actualidade participan 5.550 alumnos nas sesións didácticas, máis de 7.000 na proxección de longametraxes galegas e máis

35

Eduga53 � maio-agosto 08

cambiante, e trata de promover aformación ao longo da vida.

Por outra banda, o pasado mes defebreiro, as universidades galegaspresentaron á Axencia Nacional deAvaliación da Calidade e Acreditación(ANECA) un total de 5 propostas detítulos de grao que substituirán, no casode superar todos os trámites, 5 títulosactuais (1 diplomatura e 4 licenciaturas).

Os novos títulos de grao serían, polaUniversidade da Coruña: grao enSocioloxía e grao en TerapiaOcupacional; pola Universidade deSantiago de Compostela: grao en CienciaPolítica e da Administración e grao enMatemáticas; e pola Universidade deVigo: grao en Belas Artes.

A Universidade de Vigo pon

en marcha unha campaña

informativa para explicar as

vantaxes do plurilingüismo

na educación

Co lema “Europa é plurilingüe, quensabe galego sabe máis”, o Observatoriode Sociolingüística da Universidade deVigo pon en funcionamento unhacampaña a prol da aprendizaxe deidiomas. A devandita campaña foipresentada no Campus Universitario deVigo e está promovida pola área deNormalización Lingüística doVicerreitorado de RelaciónsInstitucionais. Á iniciativa préstanlle oseu apoio os concellos de Pontevedra,Ourense e Vigo, e as outrasuniversidades galegas. A través decharlas divulgativas, que se celebraránen centros de ensino primario e

secundario, e que irán dirixidas adocentes, asociacións de pais e nais, e aestudantes, explicaranlle á comunidadeeducativa a aplicación do decreto degaleguización do ensino e a importanciade que os estudantes sexan competentesen varias linguas; un modelo que,segundo os impulsores desta campaña,xa está andando en numerosos países deEuropa.

Na súa presentación aos medios, ovicerreitor, Iván Area, manifestou que aUniversidade de Vigo fixo unha “apostadecidida polo pluriligüismo” e que seimplantou un sistema de incentivos parapromover a docencia, principalmente engalego, inglés, francés e alemán.Precisou, así mesmo, que se están aestudar novas accións para favorecereste modelo educativo.

Máis información:

http://webs.uvigo.es/plurilinguismo

Medalla de Ouro do world

media festival de Hamburgo

para a serie documental

galega LINATAKALAM

Linatakalam (Falemos en árabe) constade seis capítulos para televisión, quetratan temas, como os dereitos dasmulleres, a inmigración, os conflitosentre confesións relixiosas, a sequía ou aeducación. A serie está dirixida porValentín Carrera, producida por IBISA TVe patrocinada pola Alianza deCivilizacións e a Fundación Cultura dePaz que dirixe Federico Mayor Zaragoza.

Linatakalam estreouse o pasado anoen Localia Galicia, e está emitíndoa por

SNRT, a Televisión Pública de Marrocos.Televisión Española e Televisión deGalicia teñen prevista a súa emisión paraeste ano 2008, e o departamento devendas de Filmax ultima a versióninglesa pola que amosan interesediferentes televisións.

O Seminario Galego de Educaciónpara a Paz participou na elaboración daferramenta didáctica que acompaña aserie, e que está dirixida ao profesoradoe ao alumnado de ESO.

Educadores pola Paz cumpre

25 anos

O grupo Educadores pola Paz, de NovaEscola Galega, cumpre 25 anos. Omovemento naceu en Vigo e nesa mesmacidade reuníronse para festexar erecordalo. Fixeron que cadrase acelebración co XXII Encontro Galego-Portugués de Educadores pola Paz,celebrado entre o 18 e o 20 de abril. Estavez non houbo obradoiros, como decostume, aínda que si moito espazo para amemoria e a emoción. Un cuarto de séculodá para moito, para compartir inquedanzas,superar dificultades e gozar das relaciónshumanas, unidos sempre por ideais tannobres coma os Dereitos Humanos. A tardedo 18 foi especial. No Teatro Caixa Novareuníronse músicos, poetas e ensaístaspara compartir e, sobre todo, para

Actualidade

Page 5: Galicia España Europa Internacional · 2008-06-19 · Na actualidade participan 5.550 alumnos nas sesións didácticas, máis de 7.000 na proxección de longametraxes galegas e máis

36

Eduga53 � maio-agosto 08

recoñecer o labor de Xesús R. Jares e deManuel Bragado, fundadores e impulsoresdo movemento. O ambiente vivido nesaprimeira etapa do encontro acabou porenchoupar cada momento dos dous díasrestantes. O sábado estaba dedicado áreflexión e ao debate sobre temasrelacionados coa paz. A xornada acolleu apersonalidades da altura de Juan JoséTamayo, teólogo, e director da Cátedra deTeoloxía da Universidade Carlos III deMadrid, Victoria Camps, catedrática deÉtica da Universidade Autónoma deBarcelona e Gregorio Peces Barba,catedrático de Filosofía do Dereito daUniversidade Carlos III de Madrid. Os trespresentaron temas de grandeenvergadura, e coa mestría que oscaracteriza, conseguiron converter amagnitude dos seus discursos no mellordos agasallos. José Vidal-Beneyto era oencargado de inaugurar a rolda derelatorios do día, pero un problema desaúde impediulle viaxar ata Vigo. JuanJosé Tamayo disertou sobre a construcióndun estado laico a través de catrotransicións: a política, a autonómica, acultural e a relixiosa. Considera que astransicións política, autonómica e culturalse produciron con normalidade, pero creque a relixiosa pasa por momentos deestancamento e, mesmo, de retroceso.Avogou por unha educación cívicabaseada nunha escola laica, e cre que énecesario elaborar unha lei de liberdaderelixiosa que respecte outras relixiónsdiferentes á dominante e o dereito a crerou non crer. Defende, así mesmo, arevisión dos acordos coa Santa Sede ecoas relixións de notorio arraigamento, aeliminación da educación confesional daensinanza, sobre todo da escola pública, ea elaboración dun estatuto da laicidade.

Victoria Camps discursou arredor dese a educación debe ter un compoñente

moral e ético, se podemos falar dunmínimo común ético e, de ser así, comopodemos ensinalo. As respostas nonpoden ser máis nidias: os valores son ocompromiso ético da educación; nesecompromiso ético hai uns mínimos que sedeben ensinar a todos a través datransversalidade e dun corpo decoñecementos, o que debería implicarunha inmersión cívica.

Pechou o ciclo de conferenciasGregorio Peces-Barba co relatorioEducación para a cidadanía, no que fixo,dende a perspectiva do dereito, unpercorrido pola historia máis recente donoso país e achegou as razóns quexustifican os contidos da materiaEducación para a Cidadanía e os DereitosHumanos.

O domingo pola mañá os asistentescompartiron actividades de lecer eprocederon ao emotivo e simbólico acto dasolta da pomba da paz.

Celebráronse en Ourense as IX

Xornadas de Comunicación

entre a Universidade de Vigo e

os centros de ensino non

universitarios de Galicia

Por noveno ano consecutivo tivo lugar esteencontro entre a Universidade de Vigo e osinstitutos das catro provincias galegas,representados por persoal orientador,profesorado de FOL e persoal directivo. Enorixe esta actividade naceu coa idea demostrarlles aos estudantes a oferta educativada Universidade, a través dos orientadores edas orientadoras dos centros. Non obstante,o pasado ano xa se abría con éxito a oferta aoutros profesionais implicados en tarefasorientadoras.

Nesta edición estivo moi presente oEspazo Europeo de Educación Superior, conampla información sobre a transformacióndos títulos. Neste marco, Isabel DiéguezCastrillón, presidenta da CIUG (ComisiónInteruniversitaria de Galicia) desenvolveu unrelatorio sobre a situación actual, no tocanteao acceso ás titulacións da Universidade deVigo, tanto para o alumnado galego, comopara o chegado doutros puntos do Estado e,mesmo, para estudantes comunitarios eextracomunitarios.

Jaume Carbonell, director de Cuadernosde Pedagogía presentou, con soporteaudiovisual, unha interesante comunicaciónsobre a representación do profesorado nocinema.

Tanto Cuadernos de Pedagogía, como

Page 6: Galicia España Europa Internacional · 2008-06-19 · Na actualidade participan 5.550 alumnos nas sesións didácticas, máis de 7.000 na proxección de longametraxes galegas e máis

37

Eduga. Revista Galega do Ensino colaborancoa Universidade de Vigo na realizacióndestas xornadas. Eduga, pola súa parte,convidou a todos os asistentes a difundirnesta publicación da Consellería o seu saber,as súas opinións e as súas experiencias.

O Consello Escolar de Galicia e

as asociacións de directores

colaborarán na difusión de boas

prácticas para incrementar a

participación da comunidade

educativa

O Consello Escolar de Galicia chega a unacordo coas distintas asociacións dedirectores de centros de ensino nonuniversitario e con representantes dostitulares de centros privados, que sentará asbases de colaboración de cara á mellora daparticipación da comunidade educativa.

A xuntanza ten como finalidade darllesun impulso aos consellos escolaresmunicipais e á participación do alumnado edas familias na educación, mediante adifusión de boas prácticas nofuncionamento democrático dos centroseducativos.

En principio teñen por diante un traballoarduo, encamiñado a analizar e coñecer asboas prácticas que se están a desenvolverna Comunidade galega, tanto norelacionado co funcionamento dos centros,como dos propios consellos escolares.

Tamén se enfrontan á busca de canles decomunicación entre todos os sectoresrepresentados nestes órganos departicipación, co obxectivo de darllesdifusión a esas prácticas.

O encontro no que se chegou a esteacordo, é o último dos previstos dentro dasegunda fase do proxecto, A participaciónda comunidade educativa na mellora dacalidade do ensino, iniciado no 2007. Esteten como obxectivo dinamizar aparticipación e a colaboración de todos oscompoñentes da comunidade educativana consecución de maiores cotas de éxitoescolar. Así, dende decembro, osmembros do Consello Escolar de Galiciareuníronse co presidente da FederaciónGalega de Municipios e Provincias(FEGAMP) e coa presidenta do Conselloda Xuventude de Galicia, así como coasfederacións de asociacións de nais e paisde alumnos, e cos representantes dossindicatos do ensino e dos movementosde renovación pedagóxica.

Actualidade

Exposicións

Mestras: unha biografía repleta

de soles

Este é o título da exposición que estaráaberta ao público no Museo Pedagóxicode Galicia ata novembro do 2008. Amostra xira arredor de catro realidadesda Comunidade galega, todasrepresentativas da experiencia educativafeminina do século XX. Intégrana asmestras Ángela Ruiz Robles, ClementinaVillar Martínez, única testemuña viva, eTeresa Roqueta Dalmau, así coma ocolexio Compañía de María de Lugo.

Premios e concursos

Unha alumna galega foi premiada

polo seu traballo sobre a violencia

de xénero

Marta Blanco Fernández, alumna de 16anos, do Instituto Carlos Casares de Vianado Bolo, foi galardoada nun concurso

nacional de curtametraxes no queparticiparon 15.000 escolares.

Da organización do certame, “Cine para serla voz de quienes callan. Menos es Más”,facíanse cargo os ministerios de Educacióne Ciencia e Traballo e Asuntos Sociais. Nelpremiábanse os cinco mellores traballossobre a violencia de xénero.

O pasado mes de marzo, a xefa daUnidade de Violencia de Xénero,pertencente á Subdelegación do Gobernoen Ourense, entregoulle á alumna aclaqueta que distingue o seu guión. Aíndaasí, o maior agasallo para ela será ver nocinema a historia que escribiu e quecomezará a rodarse o próximo verán enMadrid.

Page 7: Galicia España Europa Internacional · 2008-06-19 · Na actualidade participan 5.550 alumnos nas sesións didácticas, máis de 7.000 na proxección de longametraxes galegas e máis

38

Eduga53 � maio-agosto 08

Aumenta o uso do galego

entre os mozos

O último informe do Seminario deSociolingüística da Real Academia Galegaindica que idioma galego experimentou unaumento no seu uso como lingua inicial,entre a poboación máis nova. Isto é o quese extrae do segundo estudo levado a cabopolo Seminario de Sociolingüística da RealAcademia Galega, que se publicou opasado mes de novembro co título MapaSociolingüístico de Galicia 2004 (MSG-04).O primeiro estudo data de 1992 e,segundo se explica nesta segundapublicación, cumpría revisar a situacióndas linguas “para coñecer a tendencia doscambios e intervir neles”. A pretensión doseminario foi, pois, facer unha análise dasituación sociolingüística de Galicia,contrastala coa de 1992, e sentar as basespara futuras accións de cara ánormalización do galego.

Os datos sacados de 9.714 enquisaspoñen de manifesto que nos doce anosque separan un estudo do outro, acapacidade de ler en galego pasou do 45,9ao 82,1 %, e a de escribir subiu do 27,1ao 74,4%. Por primeira vez en toda ahistoria, invértese unha tendencia marcadapola perda de falantes. Esta evoluciónpositiva rexistrouse en persoas que no ano

2004 tiñan entre 16 e 24 anos. É dicir,refírese a unha poboación que,teoricamente, non recibiu unha formacióntan intensa como a que se imparteactualmente nos centros educativos.

Xa a Enquisa de Condicións de Vidadas Familias Galegas (ECVFG) elaboradapolo Instituto Galego de Estatística no 2003,

apuntara datos positivos en relación coa doMSG-92. Realizado cunha mostra de pretode 20.000 persoas, o traballo do InstitutoGalego de Estatística constataba un escasoaumento na capacidade de entender oidioma galego, que pasou, nese período do97,1 ao 97,3%, pero con variacións moipositivas nas outras destrezas: falar pasaba

Galiciaen cifras

Táboa 1. Datos comparativos entre o estudo de 1992 e o de 2004. Fonte: MSG-04

Táboa 2. Datos comparativos entre o Mapa Sociolingüístico de Galicia do 1992 e a Enquisa de Condi-

cións de Vida das Familias Galegas. Esta última, elaborada polo Instituto Galego de Estatística no ano

2003. Fonte: MSG-04

Competencias MSG-92 MSG-04

Len en galego (%) 45,9 82,1

Escriben en galego (%) 27,1 74,4

Competencias MSG-92 ECVFG-03

Entenden 97,1 97,3

Falan 86,4 90,1

Len 45,9 85,3

Escriben 27,1 49,8

Page 8: Galicia España Europa Internacional · 2008-06-19 · Na actualidade participan 5.550 alumnos nas sesións didácticas, máis de 7.000 na proxección de longametraxes galegas e máis

39

Eduga53 � maio-agosto 08

do 86,4 ao 90,1, ler do 45,9 ao 85,3, eescribir do 27,1 ao 49,8%.

Hai que ter en conta que a revisión doMapa Sociolingüístico de Galicia do 2004non inclúe na consulta a poboación maiorde 55 anos, a máis asentada no empregodo galego, que si estaba presente na do1992. Por outra banda, nas enquisas do2004 primouse o número de entrevistadosurbanos fronte aos do rural. Isto explicaríaque os resultados desta última sondaxepromovida pola Real Academia, baixasenalgo en relación aos datos achegados poloInstituto Galego de Estatística. Deste xeito,os que entenden o galego pasan do 97,3ao 93,0%, os que o falan do 90,1 ao82,5%, e os que o len do 85,3 ao 82,1%.Pola contra, a mesma exclusión dosmaiores de 55 anos explica, en parte, oaumento da capacidade de escribir quepasa do 49,8 ao 74,4%. Non hai queesquecer que a escritura está moito máisligada á poboación máis nova e que sonestes os que están escolarizados na nosalingua.

Os efectos da introdución do

galego no ensino

O mesmo estudo estima que nosresultados se percibe o efecto producidopola introdución do galego no ensino, o

que se traduce en maiores competenciasdos enquisados na lingua galega, de modoespecial nas relacionadas coas lecto-escritoras.

Por outra banda, a poboación máisnova vai avanzando cara a unha maiorformación, non só na nosa lingua, senónno dominio dos dous idiomas oficiais, ogalego e o castelán, ata o punto de semanifestar bilingües arredor do 45% dosmenores de 34 anos.

Aínda así, hai que sinalar que oscambios metodolóxicos introducidos nestasegunda investigación poden desvirtuar ascomparacións. Á pregunta “en que idiomaaprendeu a falar?”, no 92 as posiblesrespostas eran: galego, castelán, as dúas e

outras. Nesta ocasión pasouse a: só engalego, máis galego, máis castelán, sócastelán, outras, e NS/NC.

A partir de agora haberá que estaratentos ás mudanzas que se produzan copaso do tempo, sobre todo, áscomparativas entre a poboación de 25 a34 anos e de 15 a 24, posto que o estudoapunta que o número de monolingües engalego pasou do 13,9 ao 16,6, mentresque os que teñen como lingua inicialmonolingüe o castelán descenderon do38,2 ao 37,2. Os resultados parecenresponder a un maior coñecemento dosdous idiomas por parte dos galegos que sevan incorporando á paternidade.

Actualidade

Taboa 3. Datos comparativos entre a ECVFG elaborada polo Instituto Galego de Estatística no ano 2003,

e o MSG do 2004. Fonte: MSG-04

Competencias ECVFG-03 MSG-04

Entenden 97,3 93,0

Falan 90,1 82,5

Len 85,3 82,1

Escriben 49,8 74,4