Galicia no 2010 coas eleccións de 2009 ao fondo e as de ... · (%) A estrutura social comparada de...

21
1 Este traballo 1 que teñen diante é caracteristicamente sociolóxico: pouca literatura e moitas táboas e gráficas. Non o fago por mal ou sadismo ou por non ter lectores na franxa normal de lectores: o fago porque é preciso que sexa así para entender un pouco, con datos na man, o que pasou nas eleccións de 2009, pois encol delas medrou, aí si, toda unha literatura de terror, mesmo gore, na que se debuxaba un goberno bipartito que viña de perder polo seu amor ao luxo e aos coches caros, aos iates e, como non, ás linguas impostas a sangue aos pobres nenos que tiñan outra lingua para falar, que esa si que era súa. Tanto cinismo conmoveume fon- damente e logo de saír de Galicia no ano 1969 volvín a ela no 2009, 30 anos despois. Volvín, digo, co espírito disposto a non deixar pasar tanta miseria política e moral, tanto lixo do mesmo espírito. Volver xa tiña volto milleiros de veces, pero nunca como agora sentín esa necesidade de falar e achegar algo, a necesidade de escribir e berrar, de dicir e non calar. E así o fixen. Sabía, sempre o souben, dos problemas de Galicia, mesmo graves problemas, pero nunca sentín con Fraga o que agora sinto con Feijóo. E coma se de súpeto unha nova xeración de xente decidida a acabar coa Galicia nacional que a Constitución e o Estatuto recoñecen tomara o poder para pór en pé eses propósitos. Creo que isto é en boa parte así, e que se fracasamos nesta batalla democrática polo noso idioma e pola nosa Terra algo definitivo porá fin aos nosos soños de rexeneración e pulo democrático por unha Galicia outra. No tempo que vai dende a fin deste informe á súa entrega definitiva, algunhas cousas cambiaron: as caixas puxeron proa á fusión e o goberno Feijóo publicou no DOG o decreto sobre a lingua tras dun ano cheo de manifestacións contra o que ía saíndo (predecreto/s) das intencións do executivo galego, ao que un im- portante número de xente ía ollar como inimigo, ou cando menos adversario, do mesmo idioma nacional e propio de Galicia. O decreto final non defraudou aos que fomos facendo o camiño do aviso e advertencia: no meu caso, o decreto foi peor do que me imaxinara e contrastou negativamente tódolos meus medos a esa Galicia que puxa por deixar de selo, e que pode conseguilo a pouco que lle deixemos. Esa Galicia ten nomes, brazos e pernas, non sei se cabeza, ou cando menos a cabeza que eu creo que tería que ter para se engadir á defensa do idioma da terra, aínda ben irredenta dos mínimos precisos para sermos nós. E foron, xa que logo, tempos de debate cidadán. Amais diso, as medidas de axuste do goberno de Zapatero moveron o voto, todo o voto de tódolos par- tidos, de xeito aínda non avaliábel de todo, aínda agardando os que a isto nos dedicamos a que asente a tendencia, sexa a que sexa. Estamos, pois, entrando no tempo pre-municipal con grandes movementos de terra, demoscópicos, socioeconómicos, e, xa que logo, unha parte das consideracións feitas neste traballo hai que lelas dende estes cambios posteriores. *** 1 ] Agás que se diga outra cousa ou que se deduza do contexto, as cifras usadas son porcentaxes que van sen o seu signo para simplificar a lectura. Cando os temas van en cursiva e maiúscula (Paro, poño por caso) significa que van tratados como temas de Axenda, como se vai ver, e cando van en minúscula (paro) non teñen referencia teórica, é un uso normal. Política Galicia no 2010 coas eleccións de 2009 ao fondo e as de 2011 no horizonte Fermín Bouza

Transcript of Galicia no 2010 coas eleccións de 2009 ao fondo e as de ... · (%) A estrutura social comparada de...

Page 1: Galicia no 2010 coas eleccións de 2009 ao fondo e as de ... · (%) A estrutura social comparada de Galicia e do Reino de España segundo a variábel status socioeconómico2 Clase

1

Este traballo1 que teñen diante é caracteristicamente sociolóxico: pouca literatura e moitas táboas e gráficas. Non o fago por mal ou sadismo ou por non ter lectores na franxa normal de lectores: o fago porque é preciso que sexa así para entender un pouco, con datos na man, o que pasou nas eleccións de 2009, pois encol delas medrou, aí si, toda unha literatura de terror, mesmo gore, na que se debuxaba un goberno bipartito que viña de perder polo seu amor ao luxo e aos coches caros, aos iates e, como non, ás linguas impostas a sangue aos pobres nenos que tiñan outra lingua para falar, que esa si que era súa. Tanto cinismo conmoveume fon-damente e logo de saír de Galicia no ano 1969 volvín a ela no 2009, 30 anos despois. Volvín, digo, co espírito disposto a non deixar pasar tanta miseria política e moral, tanto lixo do mesmo espírito. Volver xa tiña volto milleiros de veces, pero nunca como agora sentín esa necesidade de falar e achegar algo, a necesidade de escribir e berrar, de dicir e non calar. E así o fixen. Sabía, sempre o souben, dos problemas de Galicia, mesmo graves problemas, pero nunca sentín con Fraga o que agora sinto con Feijóo. E coma se de súpeto unha nova xeración de xente decidida a acabar coa Galicia nacional que a Constitución e o Estatuto recoñecen tomara o poder para pór en pé eses propósitos. Creo que isto é en boa parte así, e que se fracasamos nesta batalla democrática polo noso idioma e pola nosa Terra algo definitivo porá fin aos nosos soños de rexeneración e pulo democrático por unha Galicia outra.

No tempo que vai dende a fin deste informe á súa entrega definitiva, algunhas cousas cambiaron: as caixas puxeron proa á fusión e o goberno Feijóo publicou no DOG o decreto sobre a lingua tras dun ano cheo de manifestacións contra o que ía saíndo (predecreto/s) das intencións do executivo galego, ao que un im-portante número de xente ía ollar como inimigo, ou cando menos adversario, do mesmo idioma nacional e propio de Galicia. O decreto final non defraudou aos que fomos facendo o camiño do aviso e advertencia: no meu caso, o decreto foi peor do que me imaxinara e contrastou negativamente tódolos meus medos a esa Galicia que puxa por deixar de selo, e que pode conseguilo a pouco que lle deixemos. Esa Galicia ten nomes, brazos e pernas, non sei se cabeza, ou cando menos a cabeza que eu creo que tería que ter para se engadir á defensa do idioma da terra, aínda ben irredenta dos mínimos precisos para sermos nós. E foron, xa que logo, tempos de debate cidadán.

Amais diso, as medidas de axuste do goberno de Zapatero moveron o voto, todo o voto de tódolos par-tidos, de xeito aínda non avaliábel de todo, aínda agardando os que a isto nos dedicamos a que asente a tendencia, sexa a que sexa. Estamos, pois, entrando no tempo pre-municipal con grandes movementos de terra, demoscópicos, socioeconómicos, e, xa que logo, unha parte das consideracións feitas neste traballo hai que lelas dende estes cambios posteriores.

***

1 ] Agás que se diga outra cousa ou que se deduza do contexto, as cifras usadas son porcentaxes que van sen o seu signo para simplificar a lectura. Cando os temas van en cursiva e maiúscula (Paro, poño por caso) significa que van tratados como temas de Axenda, como se vai ver, e cando van en minúscula (paro) non teñen referencia teórica, é un uso normal.

Política

Galicia no 2010 coas eleccións de 2009 ao fondo e as de 2011 no horizonte

Fermín Bouza

Page 2: Galicia no 2010 coas eleccións de 2009 ao fondo e as de ... · (%) A estrutura social comparada de Galicia e do Reino de España segundo a variábel status socioeconómico2 Clase

2

A estrutura socio-electoral galega

Se comparamos os datos do 2009 obtidos cos arquivos estatísticos dos once barómetros anuais do CIS (men-tres non conste outra cousa os datos aquí manexados proceden desas fontes con elaboración propia) entre o Reino de España e Galicia, na variábel Status socioeconómico, este é o resultado na táboa 1:

Táboa 1(%) A estrutura social comparada de Galicia e do Reino de España

segundo a variábel status socioeconómico2

Clase alta /media-alta

Novas clases medias

Vellas clases medias

Obreiros cualificados

Obreiros non cualificados

Galicia 14,4 20,3 21,7 33,6 10

Reino de España 17,4 20,8 16,6 32,2 13,1

Fonte: Datos CIS. Elababoración propia. Mostra anual 2009: 26.662 suxeitos. E se cruzamos esta variábel co voto emitido, e o facemos no estudo poselectoral do CIS (estudo 2796),

aproveitando unha maior proximidade ás eleccións e aos resultados reais, este é o resultado para Galicia, en porcentaxes sobre o total de voto en cada clase social así usada (en azul a superioridade de voto para cada caso entre o Bipartito e o PP, en gris unhas porcentaxes similares):

Táboa 2(%) Status socioeconómico e voto emitido segundo o Poselectoral do CIS-2009

Status/Voto emitido PP PSdeG BNG UPyD Terra

Galega EU/IU Outros partidos

En branco

Non votou N.C.

Clase alta / media-alta 26,3 24,9 14,9 2,4 0,7 1,5 1 3,9 13,7 10,7

Novas clases medias 29,8 22,4 11,5 1,3 0,2 1,5 1,3 4,5 14,4 13,3

Vellas clases medias 38,8 17 6,3 0,6 0,5 0,6 1,1 2,4 15,6 17,1

Obreiros cualificados 31,3 20,9 10,8 1,0 0,5 0,6 0,9 2,2 16,2 15,5

Obreiros non cualificados 30,4 24,6 10 0 1 0,3 1 1,6 15,9 15,2

Total(voto na enquisa) 31,9 21,3 10,4 1,1 0,5 0,9 1 2,9 15,3 14,7

A primeira táboa amósanos as semellanzas entre Galicia e o conxunto do Estado, se acaso cun pequeno déficit en Galicia de clases altas/medias altas e un pequeno superávit de vellas clases medias. Se non se tratara dun problema da mostra, que pode querer dicir iso? Quizais nos estea a falar do incompleto dun pro-ceso de modernización que limitou o acceso das vellas clases medias a posicións altas de dominio, cunha mobilidade social máis reducida cá da media do Estado.

Estamos, en calquera dos casos citados, diante dunha estrutura social (tomando como referencia a variábel status socioeconómico) similar e homologábel á do conxunto do reino. Isto é moi relevante para facer unha

2 ] É complexo pero é preciso dar algunhas explicacións para quen guste destas cousas: na construción da variábel Status Socioeconómico (que é bastante intuitiva, pese á súa complexidade de construción), o CIS, a partir da variábel “ocupación” (do propio CIS a partir tamén de CNO-94 do INE e da CNAE-93 e da variábel “condición socioeconómica do INE (+inactivos)”, o empresariado de diversa magnitude, sobre todo o pequeno empresariado, tanto urbano coma rural e os directores de empresa e administracións públicas, son considerados, maioritariamente, como “vellas clases medias”, o mesmo que boa parte de directores e profesionais. Grandes empresarios, traballadores, técnicos ou xestores de alto nivel e cualificación, son clases altas e medias altas e os traballadores convencionais cualificados ou sen cualificar son “obreiros cualificados” e “obreiros non cualificados”. A variábel construída polo CIS chámase Status Socioeconómico.

Page 3: Galicia no 2010 coas eleccións de 2009 ao fondo e as de ... · (%) A estrutura social comparada de Galicia e do Reino de España segundo a variábel status socioeconómico2 Clase

3

análise comparada. Cos datos cos que se xoga pódese mesmo sospeitar que é posíbel que, se incrementa-mos a base da mostra, esa estrutura sexa aínda máis coincidente do que xa é. Deixémolo, pois, coma unha cuestión aberta.

A segunda táboa mostra a presenza de cada opción por nivel de status. O Bipartito aparece cun déficit de voto nas vellas clases medias, o factor central do voto do PP. Os populares contan cun voto moi equilibrado no conxunto, pero moito máis baixo do agardado nas clases altas e as clases medias-altas, que miran para o Bipartito coma unha opción de futuro, o que ten un grande interese político. As ancoraxes ou fixacións electorais semellan estar aínda por se definir dun xeito máis estábel. Tal como están, o PP aparece coma un partido algo escorado cara a sectores moi clásicos de vellas clases medias, con importante presenza na clase obreira máis cualificada.

Coas eleccións ao fondo do escenario: datos que falan de seu

A finais de xaneiro do 2009, e tras coñecerse os datos estatísticos do PIB, xa nas vésperas das eleccións auto-nómicas galegas e vascas, a economía española entra oficialmente en recesión tras dous trimestres de caída do Produto Interior Bruto.

En Galicia espállase o rumor de que Touriño non seguiu os consellos de Madrid para adiantar as eleccións e agora atópase diante dun proceso electoral cruzado por unha forte crise económica, o que o pon diante dun problema engadido á dificultade propia dunhas eleccións que, en todo caso, van ser moi incertas. Pero aínda é máis certo que en Galicia a crise vai devagarciño á altura do 1 de marzo e é moi dubidoso que entrara na vida dos electores de xeito determinante para esa data: o paro é máis baixo ca na media do Estado e non hai síntomas significantes de grandes estragos. Mais hai un factor de homologación ou uniformización: os medios de comunicación de masas, que non distinguen acá de acolá. Pese a esas diferenzas, a percepción da crise é xemelga á do conxunto do Reino de España, como pode verse na figura 1.

No Nadal de 2008, véspera das eleccións, a porcentaxe de xente que ve o Paro (o tema principal da Axenda Pública na crise) como problema é en Galicia (último trimestre do 2008) do 62,7, e no conxunto do Estado do 69,5. Hai medo, pero aínda non hai un incremento tan rápido do paro por estes eidos, e esa diferenza de case sete puntos de porcentaxe, que semella pequena, é relativamente ampla aínda. No mesmo mes de marzal de 2009, días despois das eleccións (trátase de medias trimestrais, neste caso é a do primeiro trimestre do 2009), o Paro como problema é en Galicia do 73 e no Estado do 75,7. A distancia redúcese e a percepción do paro, en Galicia, segue a ir por diante do mesmo paro como problema obxectivo.

Os chamados Problemas de índole económica ou Problemas económicos na codificación do CIS (textual do CIS: carestía da vida, prezos, queixas xerais de como está a situación económica) están así no primeiro trimestre de 2009 por baixo do Estado: Galicia, 51; Reino de España: 52,8.

No ano anterior ás eleccións, no 2008, a taxa de paro foi en Galicia do 8,7 e no conxunto do Estado de 11,3. No primeiro trimestre (EPA) do 2009 estas cifras son de 12,2 en Galicia e 17,4 no Estado (na figura 2 vese a evolución do paro en Galicia e a liña das eleccións de 2009).

Sobe o paro, pero menos que no Estado, aínda que a percepción deste problema na Axenda Pública é igual ou máis alta en Galicia segundo os meses: os medios unifican a versión de conxunto, e en Galicia pode interesarlles a algúns que as cifras do Estado teñan circulación coma se fosen propias. A correlación (Pearson) é moi alta entre a serie do Paro na Axenda Pública de Galicia (marzo 2008-Nadal 2009) e a serie da Axenda Publica do Reino de España: 0,959**. É dicir: sendo o paro menor e medrando menos en Galicia, a percepción é semellante ou máis alta a partir do terceiro trimestre de 2009, pouco despois das eleccións autonómicas, o que fala dunha certa prioridade da mensaxe que vén do centro do Estado e dos seus medios de comunica-ción sobre a vertixe do paro no conxunto do reino, ao tempo que é testemuña dun medo crecente entre os enquisados. No mes de marzo de 2009 a percepción anda máis baixa que no Estado, como xa dixemos, pero non moito, sobre todo se se computa en trimestres, cousa que hai que facer dada a baixa mostra galega na serie anual do CIS.

Page 4: Galicia no 2010 coas eleccións de 2009 ao fondo e as de ... · (%) A estrutura social comparada de Galicia e do Reino de España segundo a variábel status socioeconómico2 Clase

4

Figura 1Evolución da percepción do paro como problema na Axenda Pública3

de Galicia e do conxunto do Estado entre marzo do 2008 e Nadal do 2009, por trimestres

Figura 2Evolución do paro (Galicia) na EPA, incluíndo o trimestre das eleccións autonómicas de 2009

Fonte: INE.

3 ] Axenda Pública é o resultado da pregunta (así a formula o CIS): ¿Cuál es, a su juicio, el principal problema que existe actualmente en España? ¿Y el segundo? ¿Y el tercero? (Resposta espontánea) (Multirresposta: máximo tres respostas)

Page 5: Galicia no 2010 coas eleccións de 2009 ao fondo e as de ... · (%) A estrutura social comparada de Galicia e do Reino de España segundo a variábel status socioeconómico2 Clase

5

Estes que seguen eran os números da percepción (no barómetro do CIS do mes de xaneiro do 2009 para os datos do Estado, e do Preelectoral do CIS do mesmo mes para os datos galegos) da presunta maldade da situación económica (variábel clásica nos barómetros do CIS) como mala e moi mala: 47,6 en Galicia sobre a situación económica galega e 67,7 no conxunto do Estado sobre o conxunto da súa situación económica. É unha diferenza considerábel e fala dunha crise aínda non percibida de cheo como tal en Galicia, pero xa ameazante.

Primeira conclusión desta exposición: Dende estes datos podemos dicir que as eleccións autonómicas de Galicia fixéronse nun escenario xa crítico, pero non tanto como comezaba a selo o escenario do Estado no seu conxunto.

Con todo, é posíbel que a crise, mesmo nese nivel aínda de comezo, xa lle fixera mirar para outro lado electoral a algúns votantes do Bipartito no 2005 nunha medida que os resultados mostrarán como menor, e que se xuntará a outras causas para determinar unha pequena pero suficiente perda de voto dos partidos que gobernaban. A táboa 3 de transferencias declaradas (recordo de voto 2005/voto emitido 2009) ten interese, aínda contando con que haberá algunhas pequenas ou non tan pequenas desviacións da realidade tratándose dun poselectoral, co fume xa da vitoria afectando aos enquisados. Eu prefíroo así, pois é o peor escenario demoscópico posíbel para o Bipartito o que nos vai axudar a ver as cousas mellor, por razóns obvias. En gris claro, fluxos positivos para o PP, en gris escuro fluxos positivos para o Bipartito. A desafección ao Bipartito no modo de abstención e voto en branco (columnas en verde) é decisiva para a derrota. Verémolo tamén noutras táboas:

Táboa 3Recordo de voto 2005 / Voto declarado 2009 (sobre censo).

(Nas celdas gris claro: fluxos positivos para o PP, nas azuis: fluxos positivos para o Bipartito)

PP PSdeG BNG UPyDTerra

GalegaEU/IU

Outros partidos

En branco

Non votou

N.C.

PP 88,8 1,4 0,5 0,7 0,5 0 0 0,5 5,2 2,3

PSdeG 10,3 65,3 5,9 1,5 0,8 0,8 0,4 1,4 9,9 3,6

BNG 5,7 12,0 64,2 0,6 0,9 1,8 1,2 2,4 8,7 2,4

EU/IU 0 27,8 5,6 0 0 44,4 0 5,6 16,7 0

Outro partido 0 6,7 0 0 6,7 0 53,3 0 33,3 0

Non tiña idade para votar

19,8 17,3 23,5 0 0 3,7 1,2 3,7 21,0 9,9

En branco 16,1 4,8 0 6,5 1,6 0 1,6 43,5 25,8 0

Non votou 21,7 4,7 2,0 2,0 0 0,3 1,0 4,3 59,7 4,3

Non lembra 24,3 11,5 6,3 0,7 0,3 0 1,7 5,2 18,4 31,6

N.C. 3,6 1,7 0,6 0 0 0,8 1,4 1,4 10,1 80,4

Total 31,8 21,2 10,3 1,0 0,5 0,9 1 2,9 15,2 15,1

Fonte: Poselectoral CIS 2009

E se tomamos o Preelectoral como referencia (é importante facelo), as cousas son semellantes:

Page 6: Galicia no 2010 coas eleccións de 2009 ao fondo e as de ... · (%) A estrutura social comparada de Galicia e do Reino de España segundo a variábel status socioeconómico2 Clase

6

Táboa 4Transferencias declaradas en voto sobre censo 2005/2009

(Nas celdas gris claro: fluxos positivos para o PP, nas azuis: fluxos positivos para o Bipartito)

PP PSdeG BNG EU/IU UPyD Outros partidos

En branco

Non votaría

Non sabe aínda

N.C.

PP 72,6 3,1 1,4 0 1,4 0,8 0,6 14,9 1,1 4,1

PSdeG 4,0 67,0 6,8 0,4 1,2 0,4 1,5 14,3 1,8 2,7

BNG 4,6 5,1 66,5 1,6 0,3 2,2 2,4 12,2 1,6 3,5

EU/IU 0 0 10 60 0 0 0 20 10 0

Outros partidos 0 0 0 6,7 13,3 26,7 6,7 26,7 20 0Sen idade para

votar 19,8 17,3 23,5 3,7 0 1,2 3,7 21 – 9,9

En branco 10,9 4,7 1,6 1,6 4,7 1,6 39,1 23,4 4,7 7,8

Non votou 17,3 17,5 8,2 0,4 1 1,4 2,7 21,9 22,3 7,4

Non lembra 13,8 14,3 3,7 1,6 0 1,6 5,8 44,4 2,1 12,7

N.C. 3,1 2,7 0,3 0,3 0 1,4 1,7 35,9 1,4 53,2

Fonte: Preelectoral CIS 2009

Seguindo co agrupamento por trimestres, agora só no 2009, para ver mellor os números e os trazos, po-demos observar como o Paro ten un intre de separación entre Galicia e o Reino de España (figura 3), xusto no trimestre xullo/setembro, e dende entón medra máis ca o Paro visto dende o Estado. Isto está a falar dun problema crecente non coñecido nos últimos anos. Pero a isto xa se terá que enfrontar o novo goberno galego, que ten no medrar do Paro un dos seus problemas principais, xunto coa lingua, as costas e as caixas.

Figura 3Evolución da percepción do paro como problema na Axenda Pública de Galicia

e do conxunto do Estado (Xaneiro-Decembro 2009, por trimestres)

Page 7: Galicia no 2010 coas eleccións de 2009 ao fondo e as de ... · (%) A estrutura social comparada de Galicia e do Reino de España segundo a variábel status socioeconómico2 Clase

7

O crecemento obxectivo do paro e a percepción excesiva dese medre en Galicia é a paisaxe de fondo do novo goberno do PP, que atopa crecentes dificultades para dar unha imaxe de gobernanza estábel e satisfac-toria nos principais temas do país.

Os resultados electorais: non hai doces derrotas

O resultado electoral (ver táboas 5 e 6) chegou a sorprender a case todo o mundo, mesmo ao partido ga-ñador. As enquisas describían unha situación complexa coa tendencia á vitoria do Bipartito, mais se revisamos as respostas a algunhas preguntas do preelectoral do CIS había serias posibilidades dunha estreita vitoria do PP. E gañou, aínda obtendo unha menor porcentaxe de voto popular. Veremos as causas principais.

Táboa 54

Votos válidos das candidaturas 2005 e 2009

Votos2005

Votos2009

Escanos 2005

Diferenza votos 2009-2005

Diferenza % voto 2009-2005

Escanos 2009

PP756.562 45,81%

789.427 47,47 %

37 +32.865 +1,6638 +1

PSdeG555.603 33,64%

524.488 31,54

25 -31.115 -2,10 25

BNG311.954 18,89%

270.712 16,28%

13 -41.242 -2,6112 -1

UPyD23.796 1,43%

– +23.706 +1,43 –

TEGA –18.726 1,13%

– +18.726 +1,13% –

EU-IU12.419 0,75%

16.441 0,99%

– +4.022 +0,27 –

OV-GV –5.911 0,36%

– +5.911 +0,36 –

PUM+J –3.507 0,21%

– +3.507 +0,21 –

FPG2.9820,18%

2.903 0,17

– -79 -0,01 –

NÓS-UP1.7490,11%

1.510 0,09

– -239 -0,02 –

PH1.4290,09%

1.227 0,07

– -182 -0,02 –

D.O.623

0,04%1.066 0,06

– +443 +0,02 –

Ano 2005 Censo: 2.616.811; participación: 64,21%; votantes: 1.680.202. 2009 Censo: 2.648.276 (+31,465%); participación:

64,42%; votantes: 1.706.198.

4 ] Resultados oficiais das candidaturas que obtiveron algún escano nas eleccións autonómicas do 2009 e doutras con máis de 1000 votos. Hai fontes oficiais erradas: a Xunta mantén na páxina web resultados incertos a causa dunha resta que semella equivocada e que condiciona as porcentaxes, por iso tomo, e reproduzo abaixo, os datos básicos do Congreso dos Deputados do Reino de España e os datos do portal Argos, da Generalitat Valenciana, contrastados cos datos da Xunta de Galicia–DOG. Ver: http://narros.congreso.es/constitucion/elecciones/autonomicas/aut73_20090301.xls

Page 8: Galicia no 2010 coas eleccións de 2009 ao fondo e as de ... · (%) A estrutura social comparada de Galicia e do Reino de España segundo a variábel status socioeconómico2 Clase

8

Táboa 6Eleccións ao Parlamento de Galicia celebradas o 1 de marzo de 2009

Circunscricións Electores Votantes Votos Brancos Válidos Nulos

A Coruña 1.071.898 675.255 656.751 12.997 669.748 5.507

Lugo 346.193 231.678 225.366 3.831 229.197 2.481

Ourense 355.666 228.079 223.946 2.429 226.375 1.704

Pontevedra 874.519 571.186 556.841 8.814 565.655 5.531

Total 2.648.276 1.706.198 1.662.904 28.071 1.690.975 15.223

Fonte: Resultados segundo a páxina web do Congreso

Relación de votos das candidatura que obtiveron escanos

CircunscriciónsPartido Popular Bloque Nacionalista Galego PSdeG-PSOE

Escanos Votos Escanos Votos Escanos Votos

A Coruña 12 304.779 4 105.344 8 204.779

Lugo 8 109.574 2 33.415 5 74.949

Ourense 7 109.852 2 36.126 5 72.144

Pontevedra 11 265.222 4 95.827 7 172.616

Total 38 789.427 12 270.712 25 524.488

Fonte: Acordos de 17 de marzo de 2009 (DOG núm. 55, de 20 de marzo de 2009) e de 25 de marzo de 2009 da Xunta Electoral de Galicia (DOG, núm. 60, de 27 de marzo de 2009) e elaboración propia.

Para os efectos prácticos é a perda dun deputado polo BNG-Bipartito o que define o resultado electoral. Ese escano pérdeo o Bloque na provincia da Coruña, onde os dous partidos da coalición de goberno sofren un descenso de 48.009 votos, dous terzos do observado en toda Galicia (-72.357 votos). A idea de que esa perda podería ter que ver coa importante implantación do diario coruñés La Voz de Galicia en toda a provincia (con Santiago e Ferrol) vén recollida neste gráfico do blog Calidonia (http://calidonia.blogaliza.org/):

Figura 4Relación entre a audiencia de La Voz de Galicia e a variación do voto do BNG (2005-2009)

Page 9: Galicia no 2010 coas eleccións de 2009 ao fondo e as de ... · (%) A estrutura social comparada de Galicia e do Reino de España segundo a variábel status socioeconómico2 Clase

9

A imaxe ten interese e coincide coa militancia directa dese periódico contra o Bipartito, cousa que, de xeito tan claro, quizais nunca fixera, pois historicamente tratou de manter certo equilibrio entre as opcións.

Na seguinte táboa (Poselectoral 2009) amósase o cruzamento entre voto emitido e lectura de prensa para os que se serviron dela para a información electoral:

Táboa 7 Prensa e voto: Que xornal prefire vostede para informarse (só so que os usaron).

El Pais La Voz de Galicia

El Correo Gallego

Faro de Vigo El Progreso La Región Total*

PP 11,8 31,2 40,3 30,3 47,1 44 32,4

PSdeG 43,8 24,2 12,9 18,5 23,5 25,3 23,3

BNG 23,5 10,5 12,9 15,5 9,4 8,8 12,7

UPyD 0 1,4 0 0,3 2,4 0 1

Terra galega 0 0,9 1,6 0 0 0 0,7

EU/IU 2,6 1,2 0 1,3 0 0 1,1

Outros 0,7 0,6 0 1,3 1,2 1,1 0,8

En branco 3,9 3,2 1,6 3,4 3,5 1,1 3,3

NC 7,2 13,3 14,5 18,9 4,7 9,9 13,4

Non votou 6,5 13,5 16,1 10,4 8,2 9,9 5,1

Porcentaxe lectura** 8,6 45,6 3,2 16,8 4,8 5,1 Ate 100

*Voto sobre o censo da enquisa. ** Prensa por riba do 3Fonte: CIS. Poselectoral 2009.

La Voz de Galicia é o periódico de referencia informativa para máis do 45% das persoas enquisadas, e é lido por xente mixta, de varias opcións. Cabe pensar que marcou a axenda mediática en Galicia, sen dúbida. Hai datos xerais diso que forman parte das investigacións do grupo Agenda y Voto (Madrid), e que algún día serán publicados no marco dunha investigación máis ampla. Cando fale da campaña sairá de novo esta cuestión con outros datos.

Page 10: Galicia no 2010 coas eleccións de 2009 ao fondo e as de ... · (%) A estrutura social comparada de Galicia e do Reino de España segundo a variábel status socioeconómico2 Clase

10

En todo caso os resultados supoñen un retroceso para o Bipartito que é moi claro na táboa 8. o Bipartito perde algún voto nos tramos medios de tamaño de hábitat, nos que progresa o PP:

Táboa 8(%) Espallamento do voto segundo o tamaño do hábitat nas eleccións autonómicas de 2005 e 2009

(En negro os tramos en que gañou o PP ou o Bipartito no 2005; en gris claro onde medraron os votos en 2009 –é zona PP–; en escuro onde baixaron de xeito significativo no 2009 –é zona do Bipartito–)

PP PSdeG BNG

Tamaño de hábitat/ Voto declarado

Distribución interior do voto

PP Voto final sobre censo

Distribución interior voto

Voto final sobre censo

Distribución interior voto

Voto final sobre censo

menos de 2.000 hab. 5,8 1,6 4,1 1 3,9 0,6

2.001 - 10.000 hab. 42,4 11,4 23,3 5,5 22,3 3,5

10.001 a 50.000 hab. 28,4 7,7 33,7 7,9 35,2 5,5

50.001 a 100.000 hab. 8,9 2,4 16 3,8 13,5 2,1

100.001 a 400.000 hab. 14,5 3,9 22,9 5,4 25,2 4,0

Total (voto en enquisa tras do cruzamento) Ata 100 27 Ata 100 23,5 Ata 100 15,7

PP PSdeG BNG

Tamaño de hábitat/ Voto declarado

Distribución interior do voto

PP Voto final sobre censo

Distribución interior voto

Voto final sobre censo

Distribución interior voto

Voto final sobre censo

menos de 2.000 hab. 6,0 1,9 5,8 1,2 5,8 0,6

2.001 a 10.000 hab. 31,7 10,1 26,2 5,5 25,8 2,7

10.001 a 50.000 hab. 31,9 10,1 27,8 5,9 29,7 3,1

50.001 a 100.000 hab. 12,1 3,8 13,6 2,9 10,0 1

100.001 a 400.000 hab. 18,4 5,9 26,7 5,6 28,7 3Total (voto en enquisa tras do cruzamento)

Ata 100 31,8 Ata 100 21,2 Ata 100 10,3

¿Que voto perde o Bipartito? Nas táboas 3 e 4 vese como unha parte do voto de 2005 dos dous partidos conformantes da coalición de goberno vaise á abstención ou ao voto en branco, que son viaxes demoscópi-cas que se poden evitar mellor ca outras. Estas non son, en principio, tan ideolóxicas nin fondas coma as de cambio de partido dunha ribeira ideolóxica para outra, que neste caso danse nas dúas direccións e teñen que ver, probabelmente, co desaxuste producido pola presenza de Fraga en 2005. A abstención (á que habería que engadir o voto en branco, que non figura na táboa) procede destes hábitats:

Táboa 9Distribución da abstención por tamaño de hábitats

En gris as principais perdas (%) con relación ao recordo de voto 2005-postelectoral*

Hábitat PP Perdas % PSdeG Perdas % BNG Perdas %

Menos de 2.000 hab. -0,7 -3,4 -16,7

2.001 a 10.000 hab. -4,9 -10,2 -12

10.001 a 50.000 hab. -3,6 -13,5 -7,7

50.001 a 100.000 hab. -7,4 -5,1 -5,4

100.001 a 400.000 hab. -8,2 -8,5 -7

TOTAIS -5,3 -9,9 -9

* Nos cruzamentos as porcentaxes varían décimas dunha táboa a outra.Fonte: CIS: Postelectoral Galicia 2005-2009

Page 11: Galicia no 2010 coas eleccións de 2009 ao fondo e as de ... · (%) A estrutura social comparada de Galicia e do Reino de España segundo a variábel status socioeconómico2 Clase

11

Nos hábitats medios (2.000 a 50.000) o Bipartito perde unha porcentaxe relativamente alta de voto cara á abstención, mais tamén nas cidades grandes. Estamos falando do destino do voto 2005. Esta abstención explica por si mesma a derrota do Bipartito, que xera tamén voto en branco e cede algún a outros partidos, todo nunhas porcentaxes menores pero suficientes para perder o goberno de Galicia. Tamén o PP perde voto respecto a 2005 nas cidades.

Se agora tomamos o Poselectoral do CIS e buscamos o cruzamento entre abstención e voto en branco coa Autolocalización Ideolóxica (1-10, de Ex.Esquerda a Ex.Dereita), e usamos as cores como negro para a zona PP, gris escuro para a zona Bipartito, e gris claro para a zona mixta (aquelas columnas onde hai unha cantidade repartida de xeito máis ou menos igual entre ambos os grupos), o resultado completa o anterior no sentido ideolóxico: a abstención e o voto en branco son, sobre todo, de esquerda, visto agora dende o Poselectoral ou voto novo 2009. Vexamos a táboa 10:

Táboa 10Abstención e voto en branco declarados nas autonómicas 2009 segundo a autolocalización ideolóxica (%)

(Negro para a zona PP, gris escuro para zona Bipartito, e gris claro para a zona mixta: aquelas columnas onde hai unha cantidade repartida de xeito máis ou menos igual entre ambos os grupos)

Esquerda 2 3 4 5 6 7 8 9 Dereita NS NC

Abstencionistas* 2,4 3,1 7,1 10,6 31,9 7,3 4,2 2,2 0,4 0,2 16 14,4

En branco** 3,4 4,5 7,9 16,9 32,6 4,5 2,2 0 0 1,1 6,7 20,2

* De voto por caixa dos abstencionistas (15,1% do total). **De voto por caixa dos votos en branco (3% do total).Fonte: CIS: Postelectoral Galicia 2009.

Segunda conclusión desta exposición: a derrota mínima do Bipartito veu, sobre todo, pola abstención (e voto en branco) de xente de autolocalización de esquerda en tódolos tamaños de hábitat.

Na táboa 11 pode verse aínda máis claro isto último:

Táboa 11Voto declarado e autolocalización ideolóxica (%) *

(Nas celdas azuis a extensión significativa do alcance do voto das tres candidaturas con escano)

Esquerda 2 3 4 5 6 7 8 9 Dereita N.S. N.C.

PP 0,1 0,3 1,8 1,2 20,8 18,8 17,9 15,1 3,7 3,8 10,4 6,3

PSdeG 7,2 7,9 21,1 25,7 26,5 1,1 0,8 0,3 0,2 0,0 4,9 4,4

BNG 8,1 16,2 40,5 16,5 11,0 1,3 0,3 0,0 0,0 0,3 2,9 2,9

UPyD 0 0 3,1 12,5 53,1 15,6 3,1 3,1 0 0 0 9,4

Terra Galega 6,3 0 12,5 18,8 37,5 18,8 0 0 0 0 6,3 0

EU/IU 15,4 3,8 42,3 23,1 3,8 0 0 0 0 0 0 11,5

Outros 0 6,9 13,8 20,7 24,1 6,9 0 0 0 0 24,1 3,4

En branco 3,4 4,5 7,9 16,9 32,6 4,5 2,2 0 0 1,1 6,7 20,2

Non votou 2,4 3,1 7,1 10,6 31,9 7,3 4,2 2,2 0,4 0,2 16,0 14,4

N.C. 1,3 0,9 5,3 6,6 33,4 10,4 5,3 3,1 0,4 1,3 12,2 19,7

TOTAL 3,2 4,3 11,9 11,3 25,2 9,5 7,4 5,7 1,3 1,5 9,3 9,2

* Desvío t.: 1,916. Media: 4,92Fonte: CIS: Postelectoral Galicia 2009.

Page 12: Galicia no 2010 coas eleccións de 2009 ao fondo e as de ... · (%) A estrutura social comparada de Galicia e do Reino de España segundo a variábel status socioeconómico2 Clase

12

Os primeiros movementos de Feijóo: a lingua e as grandes manifestacións en defensa do galego

Nada como a lingua xerou de momento tal mobilización social, dende a creación de novas plataformas como Prolingua ou O Galego, Patrimonio da Humanidade, até a reorganización eficiente da Mesa pola Normalización Lingüística como Queremos galego, plataforma moi ampla que vai levar o peso das accións de rúa. Diversas e moi masivas manifestacións (unha delas enche a Praza do Obradoiro, e as outras son tamén tanto ou máis numerosas) dan visibilidade a un malestar que chega até o mesmo PP, e algúns do seus persoeiros, en diversos enunciados máis ou menos incómodos para a dirección, amosan o seu descontento cos primeiros cambios administrativos (caída de certos controis directos do galego en oposicións) e o anuncio do uso da vontade dos pais, tamén en contextos urbanos fortemente desgaleguizados, o que levará a unha desgalegui-zación aínda maior. O consenso lingüístico fica esnaquizado e a Lei de Normalización Lingüística pode darse por morta. Os compromisos de Feijóo con grupos que poden ser definidos, en moitos casos, como de extrema dereita, lévao á asunción de políticas que non concordan nin coa Carta Europea das linguas rexionais e mi-noritarias nin coa Constitución nin co Estatuto que fai do galego a lingua propia de Galicia. Pero o galego non era ningún problema no mal sentido da palabra, como mostra esta táboa 12, onde se ve ben cal é o tema mellor valorado do Bipartito. Cómpre destacar ese 28,3 de votantes do PP (100 do seu voto) que consideran boa ou moi boa a política lingüística (táboa 13).

Táboa 12Cualificación do labor da Xunta por temáticas

Moi boa Boa Regular Mala Moi mala N.S. N.C.

Paro 0.1 13.6 34.4 36.3 7.2 7.7 0.6

Agricultura e gandeiría 0.5 21.6 31.8 24.0 4.5 17.1 0.5

Vivenda 0.4 18.5 33.6 32.5 5.8 8.5 0.6

Autogoberno 0.4 24.4 33.6 22.9 3.6 13.9 1.2

Economía 0.0 13.1 33.6 37.8 8.1 6.8 0.5

Educación 0.5 28.1 34.2 22.6 5.0 9.1 0.6

Sanidade 0.8 26.2 36.7 25.1 4.6 6.0 0.5

Lingua galega 0.8 34.6 31.0 17.4 4.1 10.9 1.0

Inseguridade cidadá 0.3 27.5 36.1 23.5 3.7 8.2 0.7

Pesca 0.2 20.8 32.1 20.4 3.6 22.1 0.8

Medio ambiente 0.4 31.4 36.0 18.4 2.8 10.4 0.7

Infraestruturas (estradas, ferrocarris) 0.9 32.1 35.4 19.9 3.2 7.8 0.7

Fonte: Marxinais do estudo preelectoral do CIS, núm. 2783, p.7.

Táboa 13Cualificación do labor da Xunta respecto da lingua galega cruzada coa intención de voto

PP PSdeG BNG IU-EU UPyD Outro Branco Non votaría Non sabe aínda N.C. Total

Moi boa 0,3 1,4 1,9 3,3 0 0 1,2 0,6 0 1 0,8

Boa 28,0 49,8 42,5 50,0 23,3 22,2 33,3 20,6 26,4 29,7 34,7

Regular 25,7 32,7 38,6 26,7 20 36,1 27,2 24,4 33,4 30,8 31

Mala 26,3 6,9 11,8 13,3 23,3 36,1 21 21,9 18,2 21,7 17,4

Moi mala 8,6 0,8 1,6 3,3 20 2,8 6,2 8,8 3 2,4 4,1

N.S 9,9 7,6 3,3 3,3 10 2,8 9,9 23,8 17,9 11,5 10,9

N.C. 1,3 0,7 0,3 0 3,3 0 1,2 0 1 2,8 1

Fonte: Elaboración propia. CIS: Estudo 2783, preelectoral.

Page 13: Galicia no 2010 coas eleccións de 2009 ao fondo e as de ... · (%) A estrutura social comparada de Galicia e do Reino de España segundo a variábel status socioeconómico2 Clase

13

As táboas son directas e claras, e chega con ollalas para entender, pero quizais sexa bo engadir algúns datos máis, agora do Poselectoral e cruzando por status socioeconómico:

Táboa 14No tema da lingua galega cre voste que se

na anterior lexislatura gobernase o PP en el gobierno o tería feito... (%),

Status /Xuízo retrospectivo Mellor Igual Peor N.S. N.C. % de presenza

da clase/status

Clase alta/ media-alta 20,5 29,8 36,2 12,7 0,7 14,1

Novas clases medias 21,4 34,8 29,9 13,9 0 19

Vellas clases medias 25,4 30,1 16,5 27,6 0,3 21,9

Obreiros cualificados 22,4 32,9 22,2 21,8 0,8 34,3

Obreiros non cualificados 22 32,4 24,6 20,1 1 10,6

Totais 22,6 32,2 24,6 20,1 0,6 Até 100

Fonte: CIS, Poselectoral 2009 Galicia.

Destaca a inexistencia do menor atranco para facer políticas de recuperación do galego que, como pode verse na táboa 14 e nas outras, conta co apoio dunha ampla maioría. Na táboa 14 é relevante que as clases altas consideren que o Bipartito non sería superado polo PP, e cunhas cifras moi altas. Isto creba a crenza na oposición sistemática das clases altas ao galego. Outras cousas deben pasar, alén dun desprezo que nese sector non se ve maioritario. Alguén está a nos enganar.

Tomando como referencia o Preelectoral, aínda sen resultados electorais que nesguen moito as opcións, a situación da lingua vista dende a variábel “lingua inicial” sería esta da figura 5, na que vemos unha certa suba do galego como lingua inicial, se ben a mostra non permite máxima fiabilidade. Estes resultados (tendo en conta que son do galego coma lingua inicial) concordan en parte coas investigacións do sociolingüista Mauro Rodríguez, que mantén a hipótese do estancamento na caída do uso do galego5 (eu teño en conta para a comparación hipóteses intermedias que conectan lingua inicial e lingua de uso). Esta é a gráfica:

Figura 5Lingua aprendida na casa

5 ] Mauro Fernández: Diagnose: evolución da situación sociolingüística en Galicia nos últimos anos. Intervención no Consello da Cultura Galega o 1-12-2009. Ver: http://www.ucm.es/info/socvi/BOUZA/NUEVA1/socioling.html.

Page 14: Galicia no 2010 coas eleccións de 2009 ao fondo e as de ... · (%) A estrutura social comparada de Galicia e do Reino de España segundo a variábel status socioeconómico2 Clase

14

As porcentaxes de lingua inicial por voto no Pre e o Poselectoral do CIS vense nas táboas 15 e 16, onde constatamos que o PP é o partido de maior peso por porcentaxe de lingua inicial, o que quere dicir que é o partido máis ruralizado, con máis presenza galego-inicial e posiblemente galegofalante. Esta é a causa máis probábel do consenso lingüístico nas épocas nas que mandaba Fraga de preto ou de lonxe.

Táboas 15 e 16Porcentaxes de lingua inicial por intención de voto/voto declarado nos Pre-Pos electorais do CIS-2009*

Preelectoral CIS 2783

Lingua inicial PP PSdeG BNG IU-EU UPyD Outro Branco Non votaría

Non sabe aínda N.C. Total

Galego 62,3 53 59 40 33,3 33,3 45,7 50,9 55,3 53,8 55,6

Castelán 28,2 33,2 26 33,3 53,3 38,9 35,8 30,4 28,8 28,1 30

As dúas 9,2 11,8 13,1 26,7 10 22 18,5 16,8 14,7 17 13,1

Outras 0,1 1,9 1,6 0 3,3 2,8 0 1,9 1 1 1,2

Voto de cruzamento 23,3 24 12,2 1 1 1,2 2,7 5,4 19,8 9,6 100

Poselectoral CIS-2796

Lingua inicial PP PSdeG BNG UPyD Terra Galega EU/IU Outros

partidos Branco N.C. Total

Galego 53 46,1 50,3 30,3 60 15,4 40 40,9 57,1 50,5

Castelán 22,6 28,7 24,2 45,5 6,7 30,8 36,7 30,7 20,6 24,7

As dúas 23,7 24,9 25,5 24,2 33,3 50 23,3 28,4 22,1 24,4

Outras 0,6 0,3 0% 0 0 3,8 0 0 0,2 0,4

Voto de cruzamento 37,5 25 12,2 1,3 0,6 1 1,2 3,5 17,8 100

* É probábel un cambio metodolóxico na pregunta entre o Pre e o Pos, pois parece que no Pos dáse explicitamente a opción de dúas linguas e isto explicaría a diferenza.

Terceira conclusión desta exposición: A polémica da lingua non tivo nada relevante que ver cos resultados electorais.

A día de hoxe, a idea que se pode deducir dos datos existentes6 é que o galego se atopa nun certo estado estacionario, e que podería pensarse nunha certa revitalización dende políticas recuperacionistas que pulen da fala no ensino, na administración e na vida cotián. No meu criterio, os actuais predecretos e, xa en parti-cular, o máis recente da Xunta de Feijóo (decreto xa efectivo, quizais, cando isto se publique) non son unha solución eficiente: deixan sen regular equilibradamente a preescolar cunha marxe necesaria de flexibilidade, e centran a área tecno-matemática no castelán. Ao darlles iniciativa aos pais nas areas urbanas deixan o galego á sorte desa vontade, contra as normas estatutario/constitucionais e internacionais, segundo fallo do Tribunal Supremo. O galego urbano seguirá a caer, se é que pode caer máis.

Eu son partidario de esquecer todo isto e pórmonos a traballar nunha nova lexislación de base científica que revise certas carencias da LNL e que busque o apoio dunha importante maioría social. As enquisas, como se ve, fálannos de que iso é posíbel e de que non hai unha oposición relevante ao galego. O problema é outro. Habería que citar tamén os estudos e posicións das minorías chamadas reintegracionistas, que pulan por unha fusión co portugués, agora e xa. Isto último, sen deixar de ser digno de ser escoitado, tamén é moi incerto ou discutíbel academicamente e visualiza unha desunión que non favorece a causa do galego. Pero

6 ] Mapa sociolingüístico da RAG (1992), estudos do IGE coa Enquisa de Condicións de Vida e Familia, datos reinterpretados do Mapa sociolingüístico da RAG(2004), datos do Preelectoral galego-2009 do CIS e tamén do Poselectoral, tal como aquí vou amosando, que podemos ver nas diversas publicacións de Mauro Fernández, H. Monteagudo, A. Lorenzo, e outras achegas diversas. No apartado de Sociolingüística do Consello de Cultura Galega (http://www.consellodacultura.org/arquivos/cdsg/) pódense atopar importantes publicacións e referencias directas e indirectas a outras publicacións, o que fai del unha auténtica e importante base de datos para a xente interesada.

Page 15: Galicia no 2010 coas eleccións de 2009 ao fondo e as de ... · (%) A estrutura social comparada de Galicia e do Reino de España segundo a variábel status socioeconómico2 Clase

15

así son as cousas nun país, o noso, tan complexo e, ás veces, pouco amigo de si mesmo, con certa dose de derrotismo adquirido nunha historia verdadeiramente terríbel, abraiante. Estamos saíndo con fe e forza.

A campaña electoral

Sen entrar máis que nas cuestións que semellan ser decisivas, e tendo en conta os datos das enquisas, so-bre todo o Poselectoral do CIS-Galicia 2009, poderemos dicir que o tema do famoso ”Audi de Touriño”, unha montaxe do ABC/La Voz de Galicia, tivo certa relevancia electoral. Non temos datos do “iate de Quintana” (en realidade, o empresario de Quintana) para poder conectalos co voto porque esta cuestión non aparece nos temas do CIS da táboa 17 (Axenda Pública de Campaña). Nestes datos, os temas económicos (Paro, Problemas de índole económica) van diante do Audi de Touriño, o terceiro en rango, unha boa praza para ter influencia nos resultados, como así foi. Na táboa 18, o PSdeG perde un 38,6 por cento do seu voto bruto 2005 entre os que consideran que o tema do Audi de Touriño foi un tema importante de campaña (máis debatido: 4,1 por cento dos temas). Esa caída de voto é 3,9 puntos superior ao descenso medio do voto bruto 2005 do PSdeG (34,7 por cento). É probábel que teimar nese tema por La Voz de Galicia e o ABC, que fan un auténtico bucle informativo eses días, custaralle voto ao PSdeG. Como estamos xogando con datos dunha derrota pírrica, non é doado darlles consistencia estatística a estas microvariacións, que no caso PSdeG/Audi poden ser duns 0,6 puntos de porcentaxe en voto sobre censo, un 0,9 por cento de voto válido aproximadamente.

Táboa 17Cal cre vostede que foi o tema máis debatido na campaña electoral?

Temas % Rango (sólo temas concretos)

O paro 8,0 2

As drogas 0

Inseguridade cidadá 0,1

Terrorismo, ETA 0,1

Infraestruturas 0,5

Sanidade 0,3

Vivenda 0,3

Problemas económicos 29,2 1

Problemas da agricultura, gandería e pesca 0,1

Corrupción e fráude 2,2

As pensións 0,1

A clase política, os partidos políticos 0,5

Problemas sociais 0,1

Inmigración 0,1

Violencia contra a muller 0,2

Educación 0,2

Problemas ambientais 0

O Gobierno, os políticos e os partidos 0,2

Os nacionalismos 0

Preocupaciones e situaciónes personais 0,5

O malgasto de recursos 1,7

O Audi de Touriño 4,1 3

Os insultos, as descualificacións 3,1

Page 16: Galicia no 2010 coas eleccións de 2009 ao fondo e as de ... · (%) A estrutura social comparada de Galicia e do Reino de España segundo a variábel status socioeconómico2 Clase

16

Cal cre vostede que foi o tema máis debatido na campaña electoral? (Continuación)

Temas % Rango (sólo temas concretos)

A política lingüística 1,8 5

O cambio de goberno 0,2

O autogobierno 0

Os pactos postelectorais 0

O independentismo, a autodeterminación 0,1

Outros 0,9

Todos os temas 8

Ningún tema 7,1

N.S. 27,7

N.C. 2,7

Táboa 18O “Audi de Touriño” (La Voz de Galicia/ABC)

como tema de campaña e probábel influencia no voto válido final (%)(Só electores afectados polo tema)

Fluxo de voto 2005/09

PP PSdeG BNGTerra

GalegaOutros

partidosEn

brancoNon

votouN.C. Total

% Voto válido afectado

PP 96 4,0 100

PSdeG 6,8 61,4 13,6 13,6 4,5 100 Aprox.: 0,9

BNG 22,6 58,1 3,2 3,2 6,5 6,5 100

Táboa 19A “Política lingüística” (La Voz de Galicia/ABC) como tema de campaña

e probábel influencia no voto válido final (%)(só electores afectados polo tema)

Fluxo de voto 05-09

PP PSdeG BNG UPyD EU/IU En branco

N.C. Non votou

Total % Voto válido afectado

PP 88,9 0 11,1 0 0 0 0 0 100

PSdeG 6,3 62,5 18,8 0 0 0 0 12,5 100 Aprox.:0,3

BNG 0 7,1 71,4 7,1 7,1 7,1 0 0 100

Cuarta conclusión desta exposición: A campaña do “Audi de Touriño” (ABC/La Voz de Galicia) contra o PS-deG tivo algunha influencia (entre 0,5 e 1 punto de porcentaxe de voto válido, segundo se compute ou non o voto ao BNG en vez de ao Bipartito). Non é posíbel avaliar a influencia da campaña do “iate con empresario” contra o BNG/Quintana. É probábel que nunha hipótese de suma cero (o que gaña un pérdeo outro dos dous bloques), estes movementos de voto fosen suficientes para a vitoria do PP. En todo caso foi un uso impropio, calumnioso e antidemocrático de ambos os temas, aínda sendo moi eficaz. No caso do PSdeG, a “Política lingüística” puido custarlle arredor duns 0,3 puntos de porcentaxe de voto válido.

Na táboa 7 viamos a lectura de prensa por voto emitido, e agora imos ver o mesmo coas radios e as te-levisións nas táboas que seguen:

Page 17: Galicia no 2010 coas eleccións de 2009 ao fondo e as de ... · (%) A estrutura social comparada de Galicia e do Reino de España segundo a variábel status socioeconómico2 Clase

17

Táboa 20Persoas informadas pola radio na campaña do 2009 e voto declarado

PP PSdeG BNG UPyD Terra Galega EU/IU Outros

partidosEn

branco N.C. Non votou

TOTAL (oíntes)

Cadena Ser 14,9 42 20,2 0,3 0 0,8 0,8 3,7 9,6 7,7 35

RNE 30,1 31,9 8 2,7 0,9 2,7 0,9 2,7 11,5 8,8 10,5

Cadena Cope 64,4 7,6 3 0,8 0 0 0,8 0,8 18,2 4,5 12,3

Onda Cero 52,3 13,6 6,1 0,8 0,8 0 0 3 12,1 11,4 12,3

Punto Radio 57,1 0 0 14,3 0 0 0 0 14,3 14,3 0,7

Radio España 75 25 0 0 0 0 0 0 0 0 0,4

Radio Galega 34,5 21,4 18,6 2,1 0 0 0,7 1,4 10,3 11 13,5

Radio Voz 36,4 13,6 9,1 4,5 0 0 0 4,5 13,6 18,2 2

Outras radiosgalegas

35,7 0 35,7 0 0 0 0 0 28,6 0 1,3

Todas 35,3 17,6 5,9 17,6 0 0 0 0 23,5 0 1,6

Total (voto enquisa) 32,8 26,3 13,7 1,4 0,3 0,8 0,7 2,5 12,5 8,9 100

Fonte: CIS, Poselectoral Galicia 2009.

Táboa 21Persoas que seguiron a campaña por Televisión. Canle/voto declarado (%)

PP PSdeG BNG UPyD Terra Galega EU/IU Outros En

branco N.C. Non votou TOTAL

TVE 1 32,1 27,2 9,9 2,1 0,1 0,8 1 1,6 15,8 9,3 31,7

TVE 2 28,1 18,8 12,5 0 0 0 0 6,3 21,9 12,5 1,4

Antena 3 46,3 16,5 7,4 0 1,3 1 0,6 2,6 12,6 11,7 13,5

Cuatro 10,7 35 25,2 0 0 1 1 4,9 5,8 16,5 4,5

Tele 5 30,0 27,8 10,5 0,7 1,4 1,4 0,7 2,5 11,6 13,4 12,1

La Sexta 10,0 17,5 30 2,5 2,5 0 2,5 10 2,5 22,5 1,7

TVE (sen especificar)

24 24 12 0 4 0 0 4 16 16 1,1

TVG 37,7 22,2 12,6 0,6 0,6 0,4 0 2,1 16,1 7,7 21

RTVGA (sen especificar) 43 15,1 11,6 0 0,6 0,6 0 1,2 14,5 13,4 7,5

Canles TDT 45,5 36,4 0 0 0 0 0 0 0 18,2 0,5

Canal Plus, CNN 12,5 12,5 0 0 0 0 12,5 0 12,5 50 0,3

Intereconomía 71,4 0 0 14,3 0 14,3 0 0 0 0 0,3

Todas 28,1 12,5 6,3 0 0 0 0 3,1 25 25 1,4

TOTAL 34,2 23,5 11,3 1 0,7 0,8 0,7 2,4 14,3 11,2 100

Fonte: CIS, Poselectoral Galicia 2009.

A lectura de diarios, as escoitas de radios e as visualizacións televisivas póñennos diante da axenda me-diática máis próxima a cada opción, podendo xa facerse o perfil para cada grupo de votantes. Se La Voz de Galicia dominaba na prensa escrita, a cadea SER, co 35 por cento da audiencia electoral é a primeira entre

Page 18: Galicia no 2010 coas eleccións de 2009 ao fondo e as de ... · (%) A estrutura social comparada de Galicia e do Reino de España segundo a variábel status socioeconómico2 Clase

18

as radios. A primeira cadea de RTVE (31,7 por cento) e a TVG (21 por cento) mandan na axenda televisiva. As audiencias PP/Bipartito van ser moi similares, agás o caso da cadea SER, cunha audiencia pequena do PP, que se concentra na COPE (o 64% dos seus electores). As radios aparecen así como as máis polarizadas, e as televisións como as máis abertas. O dominio de La Voz de Galicia na prensa escrita fala dunha auténtica concentración, o que é índice da relevancia dese medio entre as elites galegas (a prensa escrita é, sobre todo, un medio de elites). Tamén explica isto a posibilidade fundada de que o uso impropio dos temas Audi/iate por ese medio tivera relevancia electoral, como se pode ver no caso do PSdeG, e é factíbel no caso do BNG.

Comparando enquisas electorais: unha táboa-síntese

Poño aquí unha pequena táboa que procede do meu blog El voto con botas (http://votoconbotas.trincheradi-gital.com/), publicado no diario Público e en La Trinchera Digital (http://trincheradigital.com/) de Manuel Rico, xunto con Antón Baamonde e o seu Café na trincheira (http://cafenatrincheira.trincheradigital.com/). Nesta táboa 22 podemos comparar unha serie de variábeis que nos din algunhas cousas importantes da evolución das eleccións de 2005 ás de 2009.

Táboa 22Porcentaxe de resposta a preguntas comparadas dos pre/poselectorais do CIS 2005/2009

(Celda azul: máximo; celda gris: mínimo)

Enquisa/Variábel

2005-2009

Autolocalización Ideolóxica media

(1-10)

Nacionalista galego SI

Nacionalista galego NON

Media (1-10) de

nacionalismo

Máis galego ca español

ou só galego

Desexo de cambio de goberno

Preelectoral 2005 5,22 5,19 27,3 61,9

Poselectoral 2005 4,95 26,3 66,1 4,45 24,9

Preelectoral 2009 4,79 28,2 67,2 4,59 24,8 50,1

Poselectoral 2009 4,92 23,8 69,5 4,46 22,5

A táboa amosa como en liñas xerais a autolocalización ideolóxica xirou á esquerda e como, así mesmo, baixou o sentimento nacionalista e tamén os desexos de cambio, aínda grandes e que agora favoreceron o PP.

Axendas e temas en Galicia: mirando ao 2010/2011

A proximidade da Axenda Pública galega á do conxunto do Reino de España7 é moi grande. Así é en todas as partes do Estado esa é a lóxica dun espazo socioeconómico común e da presión mediática para crear a Axenda Pública (lembremos a cuestión da percepción do Paro, que viamos ao inicio deste traballo). Na táboa 23 podemos ver a correlación absoluta en rangos dos tres primeiros temas e a altísima correlación de rangos nos dezaseis primeiros temas.

7 ] Sobre o voto no Reino de España e sobre as Axendas pódese ler o noso traballo: Juan Jesús González y Fermín Bouza: Las razones del voto en la España democrática (1977-2008), Los libros de la catarata, Madrid, 2009 (ver Anexo do libro).

Page 19: Galicia no 2010 coas eleccións de 2009 ao fondo e as de ... · (%) A estrutura social comparada de Galicia e do Reino de España segundo a variábel status socioeconómico2 Clase

19

Táboa 23Axenda Pública en Galicia e no conxunto do Reino de España (incluíndo Galicia no cómputo).

Xaneiro-Decembro 2009. Porcentaxes, rangos e correlación entre as Axendas Públicas

Galicia % dos que inclúen o tema como

“problema de España”**

Rango e correlación

España % dos que inclúen o tema como

problema “de España”**Rango

O paro 76,4 1 75,8 1

Problemas económicos 49,9 2 49,6 2

O terrorismo, ETA 14,2 3 16,7 3

Correlación* entre os 3 primeiros temas das dúas Axendas

1 /1

A inseguridade cidadán 13,5 4 11,6 5

A clase política, os partidos 8,6 5 11,5 6

A vivenda 7,9 6 11,0 7

A inmigración 6,0 7 15,7 4

A sanidade 5,8 8 4,7 9

A educación 4,7 9 5,5 8

Problemas de calidade do emprego 4,1 10 3,2 12

O Goberno, os políticos e os partidos 3,5 11 4 10

As pensións 3,5 12 2,2 15

A violencia contra a muller 3,3 13 1,9 16

Os problemas de índole social 3,0 14 3,4 11

A corrupción e a fraude 1,8 15 2,9 13

A Administración de Xustiza 1,7 16 2,4 14

Correlación* entre os 16 primeiros temas de cada Axenda

0,921 / 0,800

* (Rho de Sp/Tau_b de K.

** Sen NS, NC e respostas menores.

As axendas fálannos dos temas que son centrais na comunicación política: as caixas, poño por caso, é un tema económico e central mentres que o tema da lingua é un tema cultural e pode estar máis desprazado na axenda galega do día a día, polo que, entre outras cousas, non tivo relevancia electoral. A xente parece aparcar estas cousas para outros eidos mentais, pero de súpeto medran de rango nas axendas e sorprén-dennos electoralmente: foi o caso da guerra de Iraq/bombas terroristas de Atocha. A guerra de Iraq xa estaba aparentemente amortizada, pero entrou nas eleccións do Estado en 2004 do xeito que coñecemos.

Na figura 6 poden verse os principais temas da Axenda Pública galega no ano 2009, similares á axenda do conxunto do Reino de España. Non hai, pois sorpresas, aínda que, eventualmente, poida haber matices.

Page 20: Galicia no 2010 coas eleccións de 2009 ao fondo e as de ... · (%) A estrutura social comparada de Galicia e do Reino de España segundo a variábel status socioeconómico2 Clase

20

Figura 6Temas principais na Axenda Pública galega (2009)

Conclusións

Sabemos que a lingua non tivo nada relevante que ver coas eleccións, sabemos que o voto máis á esquerda lle creou problemas ao Bipartito, sabemos que a campaña do famoso Audi, unha das maiores infamias da democracia, lle fixo dano ao PSdeG, sabemos que as vellas clases medias (ver perfil técnico a pé de páxina ao principio deste traballo) son o principal apoio do PP, sabemos que o Bipartito repartía os seus apoios de xeito moi equilibrado, cunha necesaria presenza interclasista, sabemos que mesmo nas clases altas a hostili-dade ás políticas lingüísticas foi irrelevante, sabemos, daquela, que alguén nos quixo contar algunhas trolas e algúns créronas, sabemos que neste tempo a crise está a pór a súa peor cara, sabemos que corren tempos duros, pero nós tamén somos así, como pedras (pulidas) do mesmo río Miño, o río que nos leva. E aí nos vemos, na vitoria. Sempre.

Page 21: Galicia no 2010 coas eleccións de 2009 ao fondo e as de ... · (%) A estrutura social comparada de Galicia e do Reino de España segundo a variábel status socioeconómico2 Clase

21