Grazas

2
GRAZAS SAN JOSÉ. Esta historia empeza en setembro do ano 2000, cando un grupo de nenos empezaron a ir ao colexio San José da Guía. A nosa primeira profesora chamábase Mónica, e, aínda que pasou moito tempo, acordámonos da súa alegría, as súas ganas de ensinarnos, a súa ilusión e, sobre todo, os debuxos tan bonitos que facía para decorar o noso colexio. Logo dos tres felices anos en Infantil, empezamos Primaria, unha etapa que durou 6 anos na cal algúns compañeiros quedaron polo camino, pero tamén se uniron a nós outros novos. Durante esta longa etapa tivemos como titoras a Charo, a Patri e a Ángela. Todas elas déronnos o mellor de si, pero a que máis recordamos polo trato que tiñamos con ela é Patri. Ademais das nosas titoras había profesoras como Loli, Lola, Geles, María José, Palmira e logo uniuse Patri Arenaz. Cando Primaria acabou, todos estabamos moi nerviosos de empezar a ESO, xa que é cando máis se cambia, tanto no educativo como loxicamente no persoal e pasamos os 4 anos que seguramente todos recordaremos con máis agarimo, aínda que saibamos que nos custou moito adaptarnos ao cambio. Todos dicían que eramos un curso moi guerrilleiro, que non calan nunca, que connosco era imposible todo… aínda que sempre co noso característico xeito de querer sempre participar e dar o mellor de nós, a pesar de que sempre nos custase bastante. Sabemos que somos un curso bastante irregular e con algúns problemas entre nós pero malia todo os profesores sempre intentaron unirnos. As nosas titoras durante estes cursos tan difíciles foron: Anuncia, Ana María e Pili, e os nosos profesores: Silvia, Dosi, Lola, Ara, Félix, Sara, Celina, Juan. De todos eles levámonos o mellor e só podemos dicir grazas , xa que todo o que sabemos, eles nolo ensinaron. E tamén dar grazas a Jorge, a Elvira e a todas as secretarias, xa que si necesitamos fotocopias, sobres ou calquera cousa sempre estaban eles para solucionalo, ata cando nos poñiamos doentes nos daban manzanillas ou cando nos faciamos dano, facíannos a cura. Tamén mencionar ás dúas directoras que tivemos por este paso no colexio: Antonia María e María Teresa.

Transcript of Grazas

Page 1: Grazas

GRAZAS SAN JOSÉ.

Esta historia empeza en setembro do ano 2000, cando un grupo de

nenos empezaron a ir ao colexio San José da Guía. A nosa primeira profesora

chamábase Mónica, e, aínda que pasou moito tempo, acordámonos da súa

alegría, as súas ganas de ensinarnos, a súa ilusión e, sobre todo, os debuxos

tan bonitos que facía para decorar o noso colexio. Logo dos tres felices anos

en Infantil, empezamos Primaria, unha etapa que durou 6 anos na cal algúns

compañeiros quedaron polo camino, pero tamén se uniron a nós outros novos.

Durante esta longa etapa tivemos como titoras a Charo, a Patri e a Ángela.

Todas elas déronnos o mellor de si, pero a que máis recordamos polo trato que

tiñamos con ela é Patri. Ademais das nosas titoras había profesoras como Loli,

Lola, Geles, María José, Palmira e logo uniuse Patri Arenaz.

Cando Primaria acabou, todos estabamos moi nerviosos de empezar a

ESO, xa que é cando máis se cambia, tanto no educativo como loxicamente no

persoal e pasamos os 4 anos que seguramente todos recordaremos con máis

agarimo, aínda que saibamos que nos custou moito adaptarnos ao cambio.

Todos dicían que eramos un curso moi guerrilleiro, que non calan nunca, que

connosco era imposible todo… aínda que sempre co noso característico xeito

de querer sempre participar e dar o mellor de nós, a pesar de que sempre nos

custase bastante. Sabemos que somos un curso bastante irregular e con

algúns problemas entre nós pero malia todo os profesores sempre intentaron

unirnos. As nosas titoras durante estes cursos tan difíciles foron: Anuncia, Ana

María e Pili, e os nosos profesores: Silvia, Dosi, Lola, Ara, Félix, Sara, Celina,

Juan. De todos eles levámonos o mellor e só podemos dicir grazas, xa que

todo o que sabemos, eles nolo ensinaron. E tamén dar grazas a Jorge, a Elvira

e a todas as secretarias, xa que si necesitamos fotocopias, sobres ou calquera

cousa sempre estaban eles para solucionalo, ata cando nos poñiamos doentes

nos daban manzanillas ou cando nos faciamos dano, facíannos a cura.

Tamén mencionar ás dúas directoras que tivemos por este paso no

colexio: Antonia María e María Teresa.

Page 2: Grazas

O último agradecimiento dedicámosllo a Pili e a Dosi en especial: Grazas

a elas moitos alumnos non quedaron polo camiño; grazas polo esforzo en

intentar sacarnos adiante aínda que ás veces nós non respondésemos.

Pero todo isto acábase neste ano 2013, e ímonos cunha mestura de

ledicia e tristura; sempre nos acordaremos de todos os recordos e de todos os

momentos que vivimos neste centro.

San José da Guía, deixáchesnos pegada.

Grazas.

(Alba e Yaiza. 4º ESO. Curso 2012-13)