Grecia

18
http://forumgigurrorum.blogspot.com/ IES Cosme López Rodríguez. A Rúa (Ourense) HISTORIA: IDADE ANTIGA O2 A civilización grega

description

 

Transcript of Grecia

http://forumgigurrorum.blogspot.com/

IES Cosme López Rodríguez. A Rúa (Ourense)

HISTORIA: IDADE ANTIGAO2 A civilización grega

HISTORIA: IDADE ANTIGAO2 A civilización grega

• Preocupación polo ser humano

http://forumgigurrorum.blogspot.com/

Grecia antiga

O MUNDO GREGO (I)

O2 A civilización gregaHISTORIA: IDADE ANTIGA

A civilización grega xurdiu no extremo oriental do mar Mediterráneo.

A antiga Grecia estendíase por:

• Sur da península dos Balcáns.

• Illas dos mares Exeo e Xónico.

• Costas de Asía Menor (actual Turquía)

• Mediterráneo Occidental.

Os gregos chamábanlle a este espazo Hélade, que significa “o territorio dos gregos”

• Preocupación polo ser humano

http://forumgigurrorum.blogspot.com/

Grecia : relevo

O MUNDO GREGO (II)

O2 A civilización gregaHISTORIA: IDADE ANTIGA

A historia de Grecia estivo influída polo seu medio físico.

O territorio da península Balcánica estaba dividido en pequenos vales illados entre si por montañas. Por iso, a antiga Grecia nunca constituíu un Estado unificado, senón que cada val e cada illa formaban un Estado independente.

As terras gregas eran pouco produtivas, e a agricultura e a gandaría estaban pouco desenvolvidas. Por iso, os gregos buscaron no mar Mediterráneo a súa principal fonte de subsistencia.

http://forumgigurrorum.blogspot.com/ Grecia antiga

ÉPOCA ARCAICA (I)

O2 A civilización gregaHISTORIA: IDADE ANTIGA

A historia da antiga Grecia divídese en tres grandes períodos: época arcaica, clásica e helenística

Durante a época arcaica os gregos fóronse agrupando en polis.

As polis eran ciudades que tiñan un goberno, unha forma de vida, unhas leis e un exército propios. Por iso se di que as polis eran ciudades-Estado.

Algunhas polis foron Atenas, Esparta, Corinto e Tebas.

• Preocupación polo ser humano

http://forumgigurrorum.blogspot.com/ Grecia antiga

ÉPOCA ARCAICA (II)

O2 A civilización gregaHISTORIA: IDADE ANTIGA

Dúas formas de goberno das polis:

• Aristocracia. Un grupo de privilexiados exercía o poder, a cidade de Esparta foi o mellor exemplo.

• Democracia. Nas polis democráticas os cidadáns reuníase periodicamente en asembleas para tomar as decisións e elexir os cargos públicos. Atenas constitúe o mellor exemplo de polis con goberno democrático.

• Preocupación polo ser humano

http://forumgigurrorum.blogspot.com/ Grecia: colonias

ÉPOCA ARCAICA (III)

O2 A civilización gregaHISTORIA: IDADE ANTIGA

A expansión grega

Entre os séculos VII e VI a. C. produciuse en Grecia una época de crise.

Moitos gregos abandonaron o seu país a terras estranxeiras para buscar o seu sustento. Os emigrantes fundaron numerosas colonias por todo o Mediterráneo.

As colonias creábanse en lugares próximos á costa para facilitar o transporte e o comercio. Tamén buscaban zonas cun outeiro desde o que defender a cidade, auga e terreos fértiles.

Os gregos fundaron colonias na costa mediterránea da península Ibérica, por exemplo Emporion (Ampurias)

• Preocupación polo ser humano

http://forumgigurrorum.blogspot.com/

Grecia. soldado

ÉPOCA CLÁSICA (I)

O2 A civilización gregaHISTORIA: IDADE ANTIGA

Durante o século V a. C. e a primeira metade do século IV a. C. desenvolveuse a etapa da Grecia clásica.

Este período caracterizouse polo dominio das polis de Atenas e Esparta e polas continuas guerras.

As Guerras Médicas que enfrontou as polis gregas contra os persas. Concluíron coa vitoria grega.

• Preocupación polo ser humano

http://forumgigurrorum.blogspot.com/ Grecia : Pericles

ÉPOCA CLÁSICA (II)

O2 A civilización gregaHISTORIA: IDADE ANTIGA

O esplendor de Atenas. Durante o século V a.C. Atenas viviu o período máis brillante da súa historia, especialmente na etapa na que gobernou Pericles.

Este gobernante desenvolveu a democracia e favoreceu a economía e a cultura.

A Guerra do Peloponeso. As polis acabaron por dividirse en dous bandos: os partidarios de Atenas e os partidarios de Esparta.

A tensión da situación provocou a Guerra do Peloponeso, que terminou coa vitoria de Esparta.

• Preocupación polo ser humano

http://forumgigurrorum.blogspot.com/ Grecia : Alexandre Magno

ÉPOCA HELENÍSTICA

O2 A civilización gregaHISTORIA: IDADE ANTIGA

Macedonia era un reino moi extenso situado ao norte de Grecia.

Debido as guerra entre as polis, o mundo grego sufriu un debilitamento que foi aproveitado polos reis de Macedonia. Filipo II de Macedonia someteu a case todas as polis.

O seu fillo, Alexandre Magno, continuou as conquistas e conquistou o imperio persa e chegou ata o río Indo (India).Desta forma a cultura grega estendeuse tamén por Oriente.

Esta expansión cultural grega e a súa fusión coa oriental coñécese co nome de helenismo

• Preocupación polo ser humano

http://forumgigurrorum.blogspot.com/

Grecia: sociedade

SOCIEDADE (I)

O2 A civilización gregaHISTORIA: IDADE ANTIGA

A sociedade grega estaba dividida en dous grupos

• Os cidadáns:• Eran unha minoría. • Participaban na vida política, gozaban de todos os dereitos e tamén tiñan a obriga de pagar impostos. • Eran os homes nacidos na polis.

• Os non cidadáns. • Eran as persoas que non podían participar na política• Eran os estranxeiros, as mulleres e os escravos

http://forumgigurrorum.blogspot.com/ Grecia: muller

SOCIEDADE (II)

O2 A civilización gregaHISTORIA: IDADE ANTIGA

• Estranxeiros. Eran persoas libres. Pagaban impostos e formaban parte do exército, aínda que non podían posuír terras nin casas. Dedicábanse ao comercio e a artesanía.

• Escravos. Non eran persoas libres. Eran prisioneiros de guerra ou fillos de escravos. Traballaban na agricultura e no servizo doméstico.

• Mulleres. Podían ser libres ou escravas, pero en calquera caso carecían de todos os dereitos. Non podían participar na política, nin votar, nin asistir a espectáculos públicos.

• Preocupación polo ser humano

http://forumgigurrorum.blogspot.com/ Dracma

ACTIVIDADES ECONÓMICAS

O2 A civilización gregaHISTORIA: IDADE ANTIGA

Os habitantes das ciudades gregas vivían fundamentalmente da artesanía e do comercio.

Artesanía. Os gregos elaboraban cerámicas e tecidos.

Comercio. Nos intercambios comerciais os gregos utilizaban moedas de prata chamadas dracmas.

Os habitantes do campo dedicábanse á agricultura e vivían de maneira moi pobre. Cultivaban principalmente a vide, o trigo e a oliveira.

• Preocupación polo ser humano

http://forumgigurrorum.blogspot.com/

Atenas: ágora

AS CIDADES (I)

O2 A civilización gregaHISTORIA: IDADE ANTIGA

Polo xeral situábanse cerca do mar e tiñan as rúas estreitas, retortas e escuras.

A vida organizábase principalmente arredor de dous centros: a ágora e a acrópole.

A ágora era unha praza pública onde se celebraba o mercado e onde se reunían os cidadáns para pasear ou para falar.

• Preocupación polo ser humano

http://forumgigurrorum.blogspot.com/

Atenas: acrópole

AS CIDADES (II)

O2 A civilización gregaHISTORIA: IDADE ANTIGA

A acrópole era un recinto amurallado situado no lugar máis elevado da cidade, unha zona fácil de defender en cado de guerra.

Na acrópole atopábanse os templos e algúns dos edificios máis importantes, e alí refuxíabase a poboación durante os combates.

• Preocupación polo ser humano

http://forumgigurrorum.blogspot.com/ Zeus

RELIXIÓN

O2 A civilización gregaHISTORIA: IDADE ANTIGA

Os gregos eran politeístas, é dicir, crían na existencia de numerosos deuses.

Os deuses tiñan aspecto humano e, aínda que eran inmortais, comían, amaban e loitaban entre eles coma os humanos.

Os deuses e as deusas gregas máis importantes residían no monte Olimpo. Zeus era o deus principal.

Os gregos crían tamén nos heroes, que eran fillos de deuses e de humanos. Heroes como Aquiles, Ulises ou Heracles.

Tamén crían na existencia de criaturas fantásticas como os cíclopes e os centauros.

• Preocupación polo ser humano

http://forumgigurrorum.blogspot.com/

Partenón (Atenas)

A ARTE (I)

O2 A civilización gregaHISTORIA: IDADE ANTIGA

Os templosOs gregos levantaron edificios moi variados, pero os máis importantes eran os templos, onde residían as divinidades.

Os templos tiñan as seguintes características:• Construíanse principalmente en mármore branco e pintábanse de cores.• Tiñan forma rectangular.• Eran máis pequenos ca os templos exipcios.• Teitos alintelados, é dicir, planos.• Tellados a dúas augas.

Templo: Partenón, acrópole de Atenas.

• Preocupación polo ser humano

http://forumgigurrorum.blogspot.com/

Columnas gregas

A ARTE (II)

O2 A civilización gregaHISTORIA: IDADE ANTIGA

As ordesA preocupación dos gregos pola harmonía, a beleza e as correctas proporcións levou aos arquitectos a construír segundo unhas estritas regras.

A estas regras chamábanse ordes.

Había tres ordes: • Dórica • Xónica • Corintia.

• Preocupación polo ser humano

http://forumgigurrorum.blogspot.com/ Discóbolo de Mirón

A ARTE (III)

O2 A civilización gregaHISTORIA: IDADE ANTIGA

A escultura

Os escultores gregos sentiron moito interese por representar a beleza ideal do corpo humano espido. Esta beleza baseábase nas proporcións harmoniosas.

Os materiais máis utilizados eran o bronce e o mármore.

A maioría das esculturas perdéronse, pero podemos saber como eran grazas ás copias que fixeron os romanos.

Escultura: Discóbolo de Mirón.