Guía de derechos de las mujeres inmigrantes Guía básica ... · dade de diñeiro para afrontarmos...

28
Guía básica para xestionar as nosas finanzas Dirixida aos traballadores e traballadoras inmigrantes

Transcript of Guía de derechos de las mujeres inmigrantes Guía básica ... · dade de diñeiro para afrontarmos...

Page 1: Guía de derechos de las mujeres inmigrantes Guía básica ... · dade de diñeiro para afrontarmos unha situación determinada: temos que pedir un crédito. Para conseguir os cartos

Guía de derechos de las mujeres inmigrantes que sufren violencia de géneroGuía básica para xestionar as nosas finanzas

Dirixida aos traballadores e traballadoras inmigrantes

Page 2: Guía de derechos de las mujeres inmigrantes Guía básica ... · dade de diñeiro para afrontarmos unha situación determinada: temos que pedir un crédito. Para conseguir os cartos
Page 3: Guía de derechos de las mujeres inmigrantes Guía básica ... · dade de diñeiro para afrontarmos unha situación determinada: temos que pedir un crédito. Para conseguir os cartos
Page 4: Guía de derechos de las mujeres inmigrantes Guía básica ... · dade de diñeiro para afrontarmos unha situación determinada: temos que pedir un crédito. Para conseguir os cartos

comisións obreiras

20102013

MINISTERIODE EMPLEOY SEGURIDAD SOCIAL

SECRETARÍA GENERALDE INMIGRACIÓNY EMIGRACIÓN

DIRECCIÓN GENERALDE MIGRACIONES

Page 5: Guía de derechos de las mujeres inmigrantes Guía básica ... · dade de diñeiro para afrontarmos unha situación determinada: temos que pedir un crédito. Para conseguir os cartos

Guía de derechos de las mujeres inmigrantes que sufren violencia de géneroGuía básica para xestionar as nosas finanzas

Dirixida aos traballadores e traballadoras inmigrantes

Page 6: Guía de derechos de las mujeres inmigrantes Guía básica ... · dade de diñeiro para afrontarmos unha situación determinada: temos que pedir un crédito. Para conseguir os cartos
Page 7: Guía de derechos de las mujeres inmigrantes Guía básica ... · dade de diñeiro para afrontarmos unha situación determinada: temos que pedir un crédito. Para conseguir os cartos

3Guía básica para xestionar as nosas finanzas

Índice

1. O aforro ................................................................................ 5

2. O crédito .............................................................................. 72.1. Como solicitar un crédito? ....................................... 8

3. Os medios de pagamento ................................................. 113.1. O pagamento en efectivo ...................................... 113.2. O pagamento con cheque ...................................... 113.3. Os xiros ou transferencias automáticas ................. 113.4. Pagamentos por internet ou teléfono móbil ........ 123.5. Pagamentos con tarxetas bancarias ...................... 12

4. O envío de remesas ........................................................... 154.1. Como fago un envío de remesa a través dun operador formal? .................................................... 15

5. As entidades financeiras ................................................... 175.1. Onde podo depositar os meus aforros ou solicitar

un crédito? ............................................................... 175.2. Que debo ter en conta á hora de elixir unha

entidade? ................................................................. 175.3. Que documentación teño que achegar? ............... 185.4. Cales son os meus dereitos como cliente? ............. 195.5. Que produtos de aforro podo atopar? ................. 20

6. Para maior información .................................................... 21

Page 8: Guía de derechos de las mujeres inmigrantes Guía básica ... · dade de diñeiro para afrontarmos unha situación determinada: temos que pedir un crédito. Para conseguir os cartos
Page 9: Guía de derechos de las mujeres inmigrantes Guía básica ... · dade de diñeiro para afrontarmos unha situación determinada: temos que pedir un crédito. Para conseguir os cartos

5Guía básica para xestionar as nosas finanzas

1. O aforroOs traballadores e traballadoras intentamos gardar diñeiro

como unha previsión para necesidades futuras, é dicir, intenta-mos aforrar.

Podemos xestionar nós mesmos eses aforros na casa e tamén utilizar outro tipo de sistemas informais, como poden ser as aso-ciacións de aforro e crédito rotativo (coñecidas polas súas siglas en inglés como rosca, Rotating Savings and Credit Associations), que non están regulamentados nin protexidos por ningún organismo público; e tamén podemos acudir aos bancos, caixas de aforro, mutuas de aforro ou Correos, que son institucións supervisadas polo Estado.

Estas institucións son as máis seguras; adoitan pagar un xuro sobre o aforro e tamén cobran comisións.

Page 10: Guía de derechos de las mujeres inmigrantes Guía básica ... · dade de diñeiro para afrontarmos unha situación determinada: temos que pedir un crédito. Para conseguir os cartos
Page 11: Guía de derechos de las mujeres inmigrantes Guía básica ... · dade de diñeiro para afrontarmos unha situación determinada: temos que pedir un crédito. Para conseguir os cartos

7Guía básica para xestionar as nosas finanzas

2. O créditoAlgunhas veces precisamos que alguén nos preste unha canti-

dade de diñeiro para afrontarmos unha situación determinada: temos que pedir un crédito.

Para conseguir os cartos podemos pedirlles un préstamo aos familiares, amigos, prestamistas ou solicitalo nunha entidade fi-nanceira como pode ser un banco ou caixa de aforros.

Existen varias fontes de crédito diferentes, e todas teñen van-taxes e inconvenientes, polo que debemos avaliar a fondo que queremos financiar e o xeito máis conveniente de facelo, e solici-talo só en caso de necesidade.

No momento de solicitarmos un crédito debemos preguntar-nos o seguinte:

• Preciso os cartos agora ou podo esperar e conseguilo pouco a pouco mediante o aforro?

• Canto vou pagar en cada cota, sumándolle os xuros e as comisións?

Daquela, é conveniente:

• Pedir só a cantidade que necesitemos e que poidamos devolver.

• Nunca debemos pedir un crédito para pagar a débeda doutro crédito.

• Se non podemos afrontar o pagamento dunha mensua-lidade, o mellor é comunicalo decontado e buscar vías de solución, sen esperar a que sexa demasiado tarde.

Page 12: Guía de derechos de las mujeres inmigrantes Guía básica ... · dade de diñeiro para afrontarmos unha situación determinada: temos que pedir un crédito. Para conseguir os cartos

8 Guía básica para xestionar as nosas finanzas

2.1. Como solicitar un crédito?

Cada produto de crédito presenta unhas características dife-rentes e temos que elixir o que máis nos conveña (para consumo, crédito inmobiliario, para crear unha empresa ).

Cando decidimos formalizalo cunha entidade financeira, hai algunhas preguntas básicas que temos que formularlle en rela-ción cos seus produtos:

• Cal é o tipo de xuro?

• Cal é a taxa anual equivalente (tae)?

• Que documentos temos que presentar obrigatoria-mente para obtermos o crédito?

• Temos que achegar garantías?

• Temos que achegar algunha cantidade de diñeiro per-soal? É dicir, finánciannos o 100 % do que precisamos?

• Cal é a frecuencia de pagamento das cotas?

• Que penalizacións deberiamos afrontar se pagamos con atraso unha cota?

• Cales son as comisións que pagaremos en total?

• Canto tempo se require para obter o crédito e dispoñer dos cartos?

Dámosche agora algunhas definicións útiles:

Tipo de xuro: É o prezo que se paga por conseguir diñeiro du-rante un certo período. É o custo do diñeiro, e permítenos cal-cular canto pagaremos a maiores da cantidade solicitada polos cartos que nos prestan. O tipo de xuro, normalmente, é anual e

Page 13: Guía de derechos de las mujeres inmigrantes Guía básica ... · dade de diñeiro para afrontarmos unha situación determinada: temos que pedir un crédito. Para conseguir os cartos

9Guía básica para xestionar as nosas finanzas

pode ser fixo (págase a mesma cantidade de cada vez) ou variable (a cantidade que se paga pode subir ou baixar).

Comisións bancarias: Son as cantidades que as entidades fi-nanceiras cobran en compensación polos seus servizos (por exem-plo, enviar unha transferencia, administrar unha conta, estudar un préstamo, dar unha tarxeta de crédito, etc.) ou, no caso de non cumprirmos con algunha obriga (como un atraso no pagamento dunha cota, ou se gastamos máis cartos dos que temos na conta de aforro).

Taxa anual equivalente (tae): Indícanos o custo do crédito, in-cluíndo o tipo de xuro, as comisións e o prazo. Esta taxa é a que nos permitirá realmente comparar as diferentes ofertas para eli-xirmos a máis barata.

Cotas: É a cantidade que a persoa que recibiu o crédito debe aboarlle á entidade que llo concedeu cada certo tempo (por exemplo, cada mes). A cota está previamente acordada no con-trato do préstamo.

Garantías/avais: É a maneira de asegurar o cumprimento do contrato de crédito. Se a persoa que recibiu o crédito non o pui-dese pagar, a entidade financeira pode quedar coa garantía.

Page 14: Guía de derechos de las mujeres inmigrantes Guía básica ... · dade de diñeiro para afrontarmos unha situación determinada: temos que pedir un crédito. Para conseguir os cartos
Page 15: Guía de derechos de las mujeres inmigrantes Guía básica ... · dade de diñeiro para afrontarmos unha situación determinada: temos que pedir un crédito. Para conseguir os cartos

11Guía básica para xestionar as nosas finanzas

3. Os medios de pagamentoExisten moitos medios de pagamento e cada un deles ten as

súas propias regras de funcionamento e as súas vantaxes e incon-venientes.

3.1. O pagamento en efectivo

Pagar en efectivo é o método máis sinxelo para facer as com-pras habituais, con cartos, con bens ou mediante o troco. Utili-zamos estes sistemas cando as cantidades non son moi elevadas.

3.2. O pagamento con cheque

Podemos pagar con cheque as compras en que gastamos can-tidades máis elevadas: o titular dunha conta bancaria dálle a orde á súa entidade de que lle pague ao vendedor do ben ou servizo. Este sistema evita o risco de circular con diñeiro en efectivo, pero existen dificultades para que sexa aceptado no estranxeiro.

3.3. Os xiros ou transferencias automáticas

Os xiros ou transferencias automáticas son pagamentos efec-tuados a través da nosa conta bancaria: o banco envía os cartos directamente á conta de quen debe recibilos. Adoita utilizarse para aboar os nosos gastos fixos como o alugueiro, as facturas de teléfono, luz, auga ou a cota dun crédito.

Este sistema evita atrasos ou esquecementos no pagamento dos gastos fixos, non adoita ter un custo adicional e é doado de facer mediante unha orde.

Page 16: Guía de derechos de las mujeres inmigrantes Guía básica ... · dade de diñeiro para afrontarmos unha situación determinada: temos que pedir un crédito. Para conseguir os cartos

12 Guía básica para xestionar as nosas finanzas

3.4. Pagamentos por internet ou teléfono móbil

Pódense facer pagamentos por internet ou por teléfono mó-bil para compras puntuais ou de bens e servizos que só se poden adquirir pola rede, e tamén facer o pagamento de impostos ou facturas que acepten o dispositivo móbil.

Debemos ter en conta que, se houber problemas, non hai un interlocutor directo; ademais, cómpre controlar o uso de páxinas non seguras.

3.5. Pagamentos con tarxetas bancarias

Podemos utilizar tamén as tarxetas bancarias para pagar as compras. Hainas de dous tipos:

• Tarxetas de débito, que nos permiten aboar as compras que fagamos na maioría das tendas e tamén retirar diñeiro da nosa conta nos caixeiros (cada entidade ten a súa propia rede de caixeiros, pero tamén podemos sacar cartos en caixeiros doutras entidades, pagando unha comisión). Para utilizalas temos que ter cartos na nosa conta, e a cantidade retirada restarase dela ao momento.

• Tarxetas de crédito: con elas pódense facer as mesmas operacións ca coas tarxetas de débito pero, ademais, permítennos un acceso instantáneo a un crédito no caso de non dispoñermos de diñeiro abondo na nosa conta para aboar a compra (hai que ter en conta o xuro que teremos que pagar se utilizamos o crédito, que sempre é máis elevado ca o dun crédito normal).

Page 17: Guía de derechos de las mujeres inmigrantes Guía básica ... · dade de diñeiro para afrontarmos unha situación determinada: temos que pedir un crédito. Para conseguir os cartos

13Guía básica para xestionar as nosas finanzas

Pagar as nosas compras con tarxetas de crédito ou débito ten vantaxes e inconvenientes:

Vantaxes:

• Pódese retirar o diñeiro en calquera momento, de día ou de noite.

• A través do caixeiro coñecemos o saldo que temos na nosa conta.

• É un sistema rápido, non hai que facer cola nas oficinas.

• Pódense facer traspasos de diñeiro entre contas, pagar facturas, recargar o teléfono móbil.

• A tarxeta está protexida cun código persoal chamado pin que só coñece a persoa titular da tarxeta.

• Se é unha tarxeta de crédito, podémola utilizar sen ter o diñeiro dispoñible na conta e, en caso de urxencia, dispoñer de crédito sen demora.

Inconvenientes:

• Pagamos comisións por utilizala en caixeiros automáti-cos doutras entidades.

• Podemos esquecer o código pin.

• Risco de roubo ao saír do caixeiro.

• Risco de endebedamento se é unha tarxeta de crédito, ademais de que o tipo de xuro destas é máis elevado ca o dun crédito normal.

Polo tanto, debemos usar con seguridade as tarxetas banca-rias e:

Page 18: Guía de derechos de las mujeres inmigrantes Guía básica ... · dade de diñeiro para afrontarmos unha situación determinada: temos que pedir un crédito. Para conseguir os cartos

14 Guía básica para xestionar as nosas finanzas

• Gardar ben o número secreto do pin e non levalo xunta a tarxeta.

• Non debemos utilizar números secretos fáciles de adiviñar, como a data do noso nacemento.

• Debemos ter sempre á man o teléfono da nosa entidade financeira por se tivésemos que anular a tarxeta en caso de perda ou roubo.

• Gardar os recibos das operacións e, de nos chegar algún recibo que non recoñecemos, chamar ao banco para informarnos.

Page 19: Guía de derechos de las mujeres inmigrantes Guía básica ... · dade de diñeiro para afrontarmos unha situación determinada: temos que pedir un crédito. Para conseguir os cartos

15Guía básica para xestionar as nosas finanzas

4. O envío de remesasO envío de diñeiro aos nosos países de orixe podémolo facer

de varias formas:

• A través das persoas coñecidas ou amigas que viaxan ao noso país ou de comerciantes; evidentemente, non están regulamentados nin supervisados polo Estado e son os chamados «operadores informais».

• A través dos bancos, caixas de aforro, Correos, servizos de remesa por teléfono móbil ou oficinas de cambio, que son institucións supervisadas polo Estado e que chamamos «operadores formais».

4.1. Como fago un envío de remesa a través dun operador formal?

Primeiro debemos solicitar toda a información precisa para eli-xirmos a mellor modalidade; por exemplo, debemos preguntar:

• Canto tarda en chegar?

• Que formularios teño que cubrir para enviar a remesa?

• Que documento de identidade teño que presentar?

• É necesario ter unha conta no banco ou caixa onde queremos que nos envíen a remesa?

• Canto custa o envío?

• A persoa que recibe a remesa ten que pagar comisións adicionais para coller os cartos que eu lle envío?

• Como podo saber se a remesa foi recibida?

Page 20: Guía de derechos de las mujeres inmigrantes Guía básica ... · dade de diñeiro para afrontarmos unha situación determinada: temos que pedir un crédito. Para conseguir os cartos

16 Guía básica para xestionar as nosas finanzas

• Podo anular ou modificar a remesa unha vez enviada?

• Se envío euros, en que moeda recibirán a remesa no meu país?

• Que tipo de cambio se aplica para converter os euros que enviei?

• Hai sucursais ou axencias para retirar a remesa preto do lugar onde vive a persoa a quen lla envío?

• Que horarios de apertura teñen?

• Que servizos complementarios ofrecen e cal é o seu custo?

Despois de comparar as vantaxes e inconvenientes dos servizos de cada operador, dirixímonos ao que máis nos conveña. Temos que ter en conta que nos poden pedir a seguinte información:

• O noso documento de identidade, pasaporte ou nie.

• O nome, número de identidade, teléfono e enderezo da persoa destinataria da remesa; o nome da entidade financeira e número de conta, e o código swift ou código bic, qué é un código internacional de identificación que teñen os bancos para facilitar o tratamento automático de pagamentos e cobramentos transfronteirizos.

• Pode suceder que a persoa destinataria non teña documento de identidade; aínda así, algúns operadores permiten facer o envío da remesa utilizando un test de pregunta-resposta (a persoa destinataria deberá responder correctamente unha pregunta proposta por quen envía a remesa).

Page 21: Guía de derechos de las mujeres inmigrantes Guía básica ... · dade de diñeiro para afrontarmos unha situación determinada: temos que pedir un crédito. Para conseguir os cartos

17Guía básica para xestionar as nosas finanzas

5. As entidades financeiras5.1. Onde podo depositar os meus aforros ou solicitar un

crédito?

Ademais das opcións máis coñecidas, como aforrar na casa ou pedir prestado a algún familiar, imos coñecer outra opción: as en-tidades financeiras e os seus servizos.

As entidades financeiras ofrécennos unha serie de produtos de aforro e crédito. Debemos informarnos sobre as características de cada produto, pois cada entidade ofrece condicións diferentes.

5.2. Que debo ter en conta á hora de elixir unha entidade?

Para nos decidirmos por unha ou outra entidade, debemos analizar e ter en conta, como mínimo, o seguinte:

• As condicións necesarias para abrir unha conta de aforro ou pedir un crédito: que cantidade mínima hai que ingresar?, que documentos hai que achegar?

• O tipo de xuro: saber canto nos renderán os nosos aforros, ou que esforzo económico nos suporá a devolución dun crédito. É importante comparar os tipos de xuro de varias entidades.

• Os custos do produto: que comisións de xestión e de mantemento da conta temos que pagar?, que penalizacións teremos de se producir algún atraso nunha cota do crédito?, que custos temos se retiramos o aforrado antes do prazo previsto?

Page 22: Guía de derechos de las mujeres inmigrantes Guía básica ... · dade de diñeiro para afrontarmos unha situación determinada: temos que pedir un crédito. Para conseguir os cartos

18 Guía básica para xestionar as nosas finanzas

• A liquidez: é fácil retirar o diñeiro da conta?, hai que pagar comisións se retiramos os cartos antes do previsto?

• O acceso a outros produtos e servizos financeiros da entidade: se temos un produto contratado, é máis doado contratar outro con condicións preferentes?

Non debemos deixar de informarnos de todo isto antes de for-malizar un contrato cunha entidade determinada.

Ademais, tamén podemos informarnos sobre:

• A proximidade xeográfica: hai unha sucursal preto da miña casa?, e preto da casa da familia no estranxeiro?

• A comodidade e facilidade de uso: que horarios de apertura teñen?; teño que agardar moito para que me atendan?; teñen unha rede de caixeiros automáticos?

• A calidade do servizo e do persoal: tempos de espera, respecto, idiomas que falan…

• A reputación: tivo algún problema esta entidade polo que saíra nos medios de comunicación?

• As condicións de adhesión: hai condicións especiais para ser membro?

• A existencia de servizos a distancia: ofrecen a posibilidade de operar por internet ou por teléfono móbil?

5.3. Que documentación teño que achegar?

As entidades financeiras solicitarannos unha serie de docu-mentos persoais se queremos contratar algún dos seus produtos

Page 23: Guía de derechos de las mujeres inmigrantes Guía básica ... · dade de diñeiro para afrontarmos unha situación determinada: temos que pedir un crédito. Para conseguir os cartos

19Guía básica para xestionar as nosas finanzas

ou servizos. Aínda que cada entidade ten formularios e requisitos de seu, os documentos mínimos que nos pedirán son:

• Un documento de identidade (pasaporte, nie ou libro de familia)

• Un documento que acredite o noso enderezo, como algunha factura ou contrato de alugueiro

• Un contrato de traballo e as últimas nóminas, en especial para contratar unha tarxeta de crédito ou calquera tipo de financiamento

5.4. Cales son os meus dereitos como cliente?

Os clientes dun banco ou caixa de aforros temos unha serie de dereitos como consumidores. Ademais de poder cambiar de entidade financeira se non estamos satisfeitos co servizo ou por outros motivos, temos estoutros dereitos básicos:

• As condicións de cada produto financeiro deben estar claramente explicadas e nunha linguaxe comprensible. Se hai algunha palabra que non entendemos, temos dereito a que nola expliquen.

• Os nosos datos son confidenciais. As entidades precisan a nosa autorización para utilizar os nosos datos persoais.

• Temos dereito a poñer reclamacións de carácter interno e externo se a entidade non cumpre as condicións fixadas e a obter unha resposta rápida e eficaz á nosa reclamación.

Page 24: Guía de derechos de las mujeres inmigrantes Guía básica ... · dade de diñeiro para afrontarmos unha situación determinada: temos que pedir un crédito. Para conseguir os cartos

20 Guía básica para xestionar as nosas finanzas

• A entidade debe utilizar métodos de cobramento axeitados, é dicir, non pode usar a coacción, a chantaxe ou a humillación para reclamarnos o pagamento dunha cota.

5.5. Que produtos de aforro podo atopar?

Nas institucións financeiras formais podemos atopar, principal-mente, tres produtos de aforro:

1. A conta ou cartilla de aforro, que nos permite dispoñer dos nosos cartos en todo momento.

2. O aforro programado, no que, por contrato, deberemos aforrar unha cantidade fixa cada mes.

3. Os depósitos a prazo, cos que nos comprometemos a realizar un depósito inicial que quedará na entidade un período determinado (por exemplo, un ano). Darannos un xuro máis elevado, pero non poderemos dispoñer destes cartos durante o tempo acordado (case sempre é posible retirar os cartos, pero perdendo gran parte dos xuros que gañariamos).

Page 25: Guía de derechos de las mujeres inmigrantes Guía básica ... · dade de diñeiro para afrontarmos unha situación determinada: temos que pedir un crédito. Para conseguir os cartos

21Guía básica para xestionar as nosas finanzas

6. Para maior información

Diríxete ás unións comarcais do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia:

U. C. de CCOO da Coruña. Avda. Alfonso Molina, km 2. A Co-ruñaTel. 981 145 197. [email protected]

U. I. de CCOO de Santiago-Barbanza. Vía Edison, 1. C. Polígono do Tambre. SantiagoTel. 981 958 200. [email protected]

U. C. de CCOO de Ferrol. r/ María 42-44. FerrolTel. 981 369 300. [email protected]

U. C. de CCOO de Lugo. Rolda da Muralla, 58. LugoTel. 982 231 975. [email protected]

U. C. de CCOO da Mariña. r/ García Doriga, s/n ViveiroTel. 982 561 001. [email protected]

U. I. de CCOO de Ourense, Parque S. Lázaro, 12-3.º OurenseTel. 988 391 727. [email protected]

U. C. de CCOO de Pontevedra, r/ Pasantería, 1-2.ª PontevedraTel. 986 866 276. [email protected]

U. C. de CCOO de Vigo, r/ As Teixugueiras, 11 VigoTel. 986 246 800. [email protected]

Page 26: Guía de derechos de las mujeres inmigrantes Guía básica ... · dade de diñeiro para afrontarmos unha situación determinada: temos que pedir un crédito. Para conseguir os cartos

22 Guía básica para xestionar as nosas finanzas

U. C. de CCOO de Arousa, r/ Alexandre Bóveda, 2-2.º andar. VilagarcíaTel. 986 502 000 [email protected]

E ás súas federacións:

Fed. de Servizos Privados, Avda. Alfonso Molina, km 2, Edificio de Sindicatos. A CoruñaTel. 981 145 892. [email protected]

Fed. Agroalimentaria, Avda. Alfonso Molina, km 2, Edificio de Sindicatos. A CoruñaTel. 981 145 887. [email protected]

Fed. Servizos Financeiros e Administrativos (COMFÍA), Avda. Al-fonso Molina, km 2, Edificio de Sindicatos. A CoruñaTel. 981 145 885. [email protected]

Fed. Comercio, Hostalería e Turismo (FECOHT), Vía Edison, 1. C, Polígono do Tambre. SantiagoTel. 981 958 320. [email protected]

Fed. Construción e Madeira (FECOMA), Rolda da Muralla, 58. LugoTel. 982 250 567. [email protected]

Fed. Ensino, r/ Miguel Ferro Caaveiro, 8. SantiagoTel. 981 551 820. [email protected]

Fed. Industria, r/ María, 42-44. FerrolTel. 981 369 323. [email protected]

Page 27: Guía de derechos de las mujeres inmigrantes Guía básica ... · dade de diñeiro para afrontarmos unha situación determinada: temos que pedir un crédito. Para conseguir os cartos

23Guía básica para xestionar as nosas finanzas

Fed. Pensionistas e Xubilados, r/ María, 42-44. FerrolTelf. 981 369 308. [email protected]

Fed. Sanidade e Servizos Sociosanitarios, r/ Miguel Ferro Caa-veiro, 8. SantiagoTel. 981 551 830. [email protected]

Fed. Servizos á Cidadanía (FSC), Avda. Alfonso Molina, km 2, Edificio de Sindicatos. A CoruñaTel. 981 145 894. [email protected]

Page 28: Guía de derechos de las mujeres inmigrantes Guía básica ... · dade de diñeiro para afrontarmos unha situación determinada: temos que pedir un crédito. Para conseguir os cartos