GUÍA DE PRESTACIÓNS POR DESEMPREGO...— O retorno desde o estranxeiro dunha traballadora ou...

42
GUÍA DE PRESTACIÓNS POR DESEMPREGO (Incorpóranse as MEDIDAS EXCEPCIONAIS APROBADAS A CAUSA DO COVID 19)

Transcript of GUÍA DE PRESTACIÓNS POR DESEMPREGO...— O retorno desde o estranxeiro dunha traballadora ou...

Page 1: GUÍA DE PRESTACIÓNS POR DESEMPREGO...— O retorno desde o estranxeiro dunha traballadora ou traballador español emigrante — A liberación dun centro penal ou de internamento

GUÍA DE PRESTACIÓNS

POR DESEMPREGO

(Incorpóranse as MEDIDAS EXCEPCIONAIS APROBADAS A CAUSA DO COVID 19)

Page 2: GUÍA DE PRESTACIÓNS POR DESEMPREGO...— O retorno desde o estranxeiro dunha traballadora ou traballador español emigrante — A liberación dun centro penal ou de internamento

2

Page 3: GUÍA DE PRESTACIÓNS POR DESEMPREGO...— O retorno desde o estranxeiro dunha traballadora ou traballador español emigrante — A liberación dun centro penal ou de internamento

3

Elaborado pola Secretaría de Emprego e Previsión Social

Maio de 2020

Page 4: GUÍA DE PRESTACIÓNS POR DESEMPREGO...— O retorno desde o estranxeiro dunha traballadora ou traballador español emigrante — A liberación dun centro penal ou de internamento

4

ÍNDICE

Requisitos xerais para acceder á protección por desemprego ........................................................ 7

Prestación contributiva ........................................................................................................... 7 Subsidio por desemprego ....................................................................................................... 7 Situacións asimiladas á alta .................................................................................................... 8 Situación legal de desemprego ............................................................................................... 8 Compromiso de actividade ..................................................................................................... 9 Responsabilidades familiares .................................................................................................. 9 Rendas ..................................................................................................................................... 9

Documentación de carácter xeral...................................................................................................10

Situacións especiais ........................................................................................................................10

Desemprego parcial ..............................................................................................................10 Traballadoras/es fixos-descontinuos ....................................................................................11 Dereito de opción .................................................................................................................11 EREou ERTE .............................................................................................................................11 Maternidade/paternidade ....................................................................................................11 Baixa por incapacidade temporal .........................................................................................12 Vítimas de violencia de xénero ou doméstica ......................................................................12 Compatibilidade da prestación cun traballo .........................................................................13 Se cumpre a idade de xubilación mentres está cobrando a prestación contributiva ..........13 ou o subsidio por desemprego .............................................................................................13 Se lle conceden unha bolsa, debe ter en conta… ................................................................13 Se saio a un país estranxeiro mentres percibo unha prestación por desemprego ..............14

Prestacións contributivas ...............................................................................................................14

Prestación contributiva .........................................................................................................15 Capitalización ou pagamento único da prestación contributiva para autoemprego ...........17 Pagamento único da prestación contributiva para persoas inmigrantes que retornan ao seu país de orixe ..............................................................................................................18

Subsidio por desemprego ...............................................................................................................18

Para persoas traballadoras que esgotaron a prestación contributiva e teñen responsabilidades familiares ................................................................................................18 Para persoas traballadoras maiores de 45 anos que esgotaron a prestación contributiva e non teñen responsabilidades familiares ...............................................................................20 Para persoas traballadoras emigrantes retornadas .............................................................20 Para persoas traballadoras que, ao se producir a situación legal de desemprego, non cubrirono período mínimo de cotización para acceder a unha prestación contributiva . 21 Para persoas liberadas de prisión .........................................................................................22 Para persoas traballadoras ás que lles sexa revisada unha invalidez ...................................23 Para persoas maiores de 52 anos .........................................................................................24

Anexo I: Outras prestacións para persoas en situación de desemprego .......................................27

Programa de renda activa de inserción (RAI) ........................................................................28 Subsidio extraordinario por desemprego (SED).....................................................................30 Prestación por cesamento de actividade ..............................................................................32

Page 5: GUÍA DE PRESTACIÓNS POR DESEMPREGO...— O retorno desde o estranxeiro dunha traballadora ou traballador español emigrante — A liberación dun centro penal ou de internamento

5

Anexo II: Medidas excepcionais aprobadas a causa do COVID-19 .................................................35

Ampliación das situacións legais de desemprego ................................................................36 Protección por desemprego das persoas traballadoras fixas descontinuas.........................36 Subsidio excepcional por fin contrato temporal ..................................................................37 Subsidio extraordinario para persoas empregadas de fogar ................................................38 Protección por desemprego aos traballadores e traballadoras afectados por ERTE .............40 Acceso extraordinario á prestación por desemprego dos artistas non afectados por ERTE. 41

Page 6: GUÍA DE PRESTACIÓNS POR DESEMPREGO...— O retorno desde o estranxeiro dunha traballadora ou traballador español emigrante — A liberación dun centro penal ou de internamento

6

Page 7: GUÍA DE PRESTACIÓNS POR DESEMPREGO...— O retorno desde o estranxeiro dunha traballadora ou traballador español emigrante — A liberación dun centro penal ou de internamento

7

REQUISITOS XERAIS PARA ACCEDER Á PROTECCIÓN POR DESEMPREGO

Prestación contributiva

— Estar afiliado/a e en situación de alta ou asimilada á alta na seguridade social, nun réxime que inclúa a continxencia por desemprego.

— Atoparse en situación legal de desemprego.

— Estar inscrito/a e manter a inscrición como demandante de emprego durante todo o período de percepción.

— Acreditar dispoñibilidade para buscar activamente emprego e para aceptar unha co-locación adecuada e subscribir un compromiso de actividade.

— Ter cotizado por desemprego un período mínimo de 360 días dentro do seis anos anteriores á situación legal de desemprego.

— Non cumprir a idade ordinaria que se esixe para a pensión de xubilación, salvo que non se tivese dereito a ela por falta de cotización ou se trate de situacións de suspensión da relación laboral ou de redución de xornada autorizadas por expediente de regulación de emprego.

— Non realizar unha actividade por conta propia ou traballo por conta allea a tempo completo, salvo compatibilidade establecida por un programa de fomento de emprego.

— Non cobrar unha pensión da seguridade social incompatible co traballo.

Subsidio por desemprego

— Estar desempregado ou desempregada e en situación legal de desemprego.

— Non ter dereito á prestación contributiva por desemprego.

— Estar inscrito e manter a inscrición como demandante de emprego durante todo o período de percepción e subscribir o compromiso de actividade.

— Ter cotizados, nun réxime da seguridade social que recolla a continxencia de desemprego, polo menos tres meses se ten responsabilidades familiares, ou seis meses se non as ten, e non ter cuberto o período mínimo de cotización de 360 días para ter dereito a unha prestación contributiva.

— Carecer de rendas de calquera natureza que en cómputo mensual sexan superiores ao 75 % do SMI, excluídas as pagas extraordinarias.

— Durante toda a percepción do subsidio deben manterse todos os requisitos.

Se a persoa traballadora tiver dereito ao subsidio por desemprego para traballadores/as maiores de 52 anos, percibiría este.

No caso de que a persoa traballadora realizase traballos a tempo parcial, deberá achegar os contratos en que se reflicta o número de días de traballo á semana.

Page 8: GUÍA DE PRESTACIÓNS POR DESEMPREGO...— O retorno desde o estranxeiro dunha traballadora ou traballador español emigrante — A liberación dun centro penal ou de internamento

8

Situacións asimiladas á alta

Para os efectos do dereito á prestación por desemprego, considéranse as seguintes situacións:

— A excedencia forzosa por cargo público ou sindical.

— A liberación de prisión por cumprimento de condena ou liberdade condicional.

— O retorno das persoas traballadoras emigrantes.

— As traballadoras e traballadores fixos descontinuos que non sexan chamados ao rei-niciarse a actividade correspondente.

— A finalizaciónda relación laboral estando trasladados ou desprazados temporalmente pola empresa fóra do territorio nacional.

— A finalizaciónda relación laboral nun período de folga e/ou peche patronal legais.

— A situación de incapacidade temporal, sen obriga de cotizar, así como a de invalidez provisional.

— A situación de excedencia por período non superior a tres anos por atender ao coi-dado de cada fillo ou filla.

— A situación de excedencia para o coidado dun familiar.

— A situación da persoa traballadora durante o período correspondente a vacacións anuais retribuídas que non se gozasenantes da finalización do contrato.

Situación legal de desemprego

Son as causas de extinción ou suspensión da relación laboral que, polo seu carácter in-voluntario, a lei cualifica como tales, o que significa que o motivo da perda do traballo sexa unha causa allea á vontade do traballador ou traballadora.

— Despedimento por causas obxectivas

— Finalización da relación de traballo por falecemento, xubilación ou incapacidade do/da empresario/a

— Finalización do contrato temporal por expiración do tempo convido ou realización da obra ou servizo obxecto do contrato

— Cesamento por non superar o período de proba

— Finalización da relación administrativa temporal de funcionarios/as de emprego e contratados administrativos

— Cesamento como socia ou socio traballador dunha cooperativa en período de proba, expulsión improcedente ou cesamento temporal ou definitivo na actividade da coo-perativa por causas económicas, tecnolóxicas, organizativas, de produción ou por forza maior, finalización do vínculo societario de duración determinada

— Finalización ou suspensión da relación de traballo por ser vítima de violencia de xénero

— Decisión da persoa traballadora de finalizar a relación laboral por algunha das causas seguintes: modificación das condicións de traballo (horario, xornada...), falta de

Page 9: GUÍA DE PRESTACIÓNS POR DESEMPREGO...— O retorno desde o estranxeiro dunha traballadora ou traballador español emigrante — A liberación dun centro penal ou de internamento

9

pagamento ou atraso continuado do aboamento do salario ou traslado do centro de traballo.

Existen outras circunstancias cualificadas como situacións legais de desemprego que non derivan da finalización ou suspensión dun contrato de traballo; son as seguintes:

— O retorno desde o estranxeiro dunha traballadora ou traballador español emigrante

— A liberación dun centro penal ou de internamento

— A declaración de plenamente capaz ou incapacitado no grao de incapacidade perma-nente parcial, como consecuencia dun expediente de revisión por melloría dunha si-tuación de incapacidade nos graos de total, absoluta ou grande invalidez.

Compromiso de actividade

A persoa solicitante ou beneficiaria das prestacións adquire o compromiso de buscar activamente emprego, aceptar unha colocación adecuada e participar en accións específicas de motivación, información, orientación, formación, reconversión ou inserción profesional para incrementar a súa ocupabilidade, así como de cumprir as restantes obrigas previstas na normativa que regula as prestacións por desemprego.

O seu incumprimento produce efectos sancionadores como infracción leve. A participa-ción en accións de mellora da ocupabilidade será voluntaria para as persoas beneficiarias de prestacións contributivas durante os 30 primeiros días de percepción, e a non participación non terá efectos sancionadores.

Responsabilidades familiares

Significa ter ao seu cargo o/a cónxuxe ou algún fillo ou filla por natureza ou adopción menor de 26 anos ou maior discapacitado ou menor acollido, que non teña ingresos mensuais superiores ao 75 % do SMI, excluída a parte proporcional de dúas pagas extra-ordinarias, e que a suma de todos os ingresos, dividida entre o número de membros que compoñen a unidade familiar, non supere a dita cantidade.

Rendas

Considéranse rendas ou ingresos computables os bens, dereitos ou rendementos de que dispoña ou poida dispor o/a desempregado/a e os membros da súa unidade familiar, derivados do traballo, do capital mobiliario ou inmobiliario, das actividades económicas e os de natureza prestacional, salvo as asignacións da seguridade social por fillos/as a cargo e o importe das cotas destinadas ao financiamento do convenio especial coa administración da Seguridade Social.

Compútase a cantidade bruta obtida como salario pola realización dun traballo por conta allea e ratéase o importe das pagas extraordinarias. O mesmo criterio é aplicable a pensións, plusvalías, alugamento dun inmoble, rendemento de accións ou outros bens mobles, etc.

Tamén se considerarán rendas os rendementos que poidan deducirse do montante económico do patrimonio, aplicando ao seu valor o xuro legal do diñeiro vixente, coa excepción da vivenda habitualmente ocupada polo traballador ou traballadora e os bens cuxas rendas fosen computadas.

Page 10: GUÍA DE PRESTACIÓNS POR DESEMPREGO...— O retorno desde o estranxeiro dunha traballadora ou traballador español emigrante — A liberación dun centro penal ou de internamento

10

O importe correspondente á indemnización legal que en cada caso proceda pola extin-ción do contrato de traballo non terá a consideración de renda, iso con independencia de que o seu pagamento se efectúe dunha soa vez ou de forma periódica.

No caso de matrimonios, a contía obtida como renda impútase ao cónxuxe titular dela, con independencia de que o réxime económico do matrimonio sexa de gananciais ou separación de bens; agás a renda que provén da explotación dun ben de propiedade exclusiva dun dos cónxuxes cando o réxime económico matrimonial é de gananciais, nese caso imputarase a metade a cada cónxuxe.

DOCUMENTACIÓN DE CARÁCTER XERAL

— Modelo oficial de solicitude.

— Identificación do/a solicitante e dos fillos ou fillas que conviven ou están ao seu cargo e que figuren na solicitude (bastará coa exhibición dos documentos):

documento nacional de identidade (DNI)/pasaporte/tarxeta de identidade de es-tranxeiro (TIE)/documento que conteña o número de identidade de estranxeiro (NIE).

— Calquera documento bancario en que figure o número de conta da que sexa titular, e onde desexe percibir a prestación.

— Libro de familia ou documento equivalente no caso de estranxeiros/as.

— Certificado ou certificados das empresasen que traballase nos últimos seis meses. Só naquelas situacións en que non for suficiente para acreditar a situación legal de de-semprego é necesario achegar o documento acreditativo que corresponda.

A solicitude poderaa presentar, ben na súa oficina de emprego, a través da páxina web do SEPEou nunha oficina de correos, nos quince días hábiles seguintes ao último día traballado, ao retorno do estranxeiro ou a excarceración. No caso de que a empresa lle aboase vacacións por non as gozarantes do cesamento, debe presentala nos quince días hábiles seguintes á finalización do período equivalente ás vacacións.

SITUACIÓNS ESPECIAIS

Desemprego parcial

A prestación por desemprego parcial determinarase en proporción á redución da xor-nada de traballo.

(As únicas excepcións en que non se aplica a parcialidade son o subsidio para persoas maiores de 52 anos, o subsidio para emigrantes retornadas, o de liberadas de prisión e os casos de revisión de incapacidade, nos que, por seren moi específicos, non se ten en conta a existencia dun contrato previo a tempo parcial).

Page 11: GUÍA DE PRESTACIÓNS POR DESEMPREGO...— O retorno desde o estranxeiro dunha traballadora ou traballador español emigrante — A liberación dun centro penal ou de internamento

11

Traballadoras/es fixos-descontinuos

— Poderán cobrar prestacións cando finalice a relación laboral por causa involuntaria ou se suspenda o reduza a xornada por un expediente de regulación de emprego.

— Tamén poderán acceder nos períodos de inactividade produtiva entre campañas, e causarán baixa na prestación cando reinicien a actividade.

Dereito de opción

— Cando o dereito á prestación se extinga por realizar un traballo por conta allea de, polo menos, 360 días e se aprobe unha nova prestación por desemprego sen esgotar a prestación anterior, a persoa traballadora poderá optar, por escrito e no prazo de dez días desde o recoñecemento, entre reabrir o dereito inicial polo período que lle restaba e as bases, porcentaxes e topes que lle correspondían, ou percibir a presta-ción xerada polas novas cotizacións efectuadas.

— Se a prestación por desemprego se extinguiu pola realización dun traballo por conta propia, e logo do cesamento neste tiver dereito á protección por cesamento de acti-vidade, poderase optar entre percibir ou reabrir o dereito á prestación por desemprego.

— Se se opta pola prestación anterior, as cotizacións que xerou a nova prestación pola que non optou non poderán terse en conta para aprobar un dereito posterior.

ERE ou ERTE

A prestación por desemprego percíbese tras a perda involuntaria, definitiva ou temporal, dun emprego ou tras a redución da xornada diaria de traballo, acordadas no correspondente procedemento.

Inclúe a cotización á seguridade social, que nos supostos de despedimento colectivo se fará por xubilación, incapacidade temporal, incapacidade permanente, morte e supervi-vencia, asistencia sanitaria, maternidade, paternidade e coidado de menores afectados por cancro ou outra enfermidade grave, e nos casos de suspensión ou redución de xor-nada será por todas as continxencias.

En caso de suspensión do contrato, esta debe estar acordada no correspondente proce-demento, ser temporal e estar motivada por causas económicas, técnicas, organizativas, de produción ou de forza maior.

En caso de redución de xornada de traballo, esta debe supor a diminución temporal de entre un dez e un setenta por cento da xornada de traballo, con análoga redución do salario, ser acordada no correspondente procedemento e estar motivada por causas económicas, técnicas, organizativas ou de produción.

Maternidade / paternidade

Se mentres está en maternidade ou paternidade finaliza o seu contrato, continuará percibindo a súa prestación económica de maternidade de dezaseis semanas, o de doce semanas en caso de paternidade, ata a alta médica ou fin desa situación,

Page 12: GUÍA DE PRESTACIÓNS POR DESEMPREGO...— O retorno desde o estranxeiro dunha traballadora ou traballador español emigrante — A liberación dun centro penal ou de internamento

12

momento en que pode solicitar a prestación ou subsidio por desemprego nos quince días hábiles seguintes.

O período de baixa por maternidade ou paternidade é computable para cumprir o requisito de período de ocupación cotizada para acceder ás prestacións por desemprego, mentres permanecese de alta na empresa, xa que a obriga de cotizar continúa durante os períodos de descanso maternal ou paternal mentres o contrato estea vixente.

A prestación por maternidade ou paternidade abóaa o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS).

Baixa por incapacidade temporal

Se finaliza o contrato, segue percibíndose a prestación económica de incapacidade temporal ata a data da alta médica, pero cambia a súa contía, que pasa a ser a correspondente a unha prestación por desemprego.

Desde que se recibe a alta, hai un prazo de quince días hábiles para solicitar a prestación.

O período de baixa por incapacidade temporal compútase como período de ocupación cotizado para acceder ás prestacións por desemprego mentres o contrato estivese en vigor.

— Se corresponde unha prestación de nivel contributivo e a incapacidade for por con-tinxencias comúns, descontarase da duración do dereito o tempo transcorrido desde a fin da relación laboral ata a alta médica. O Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE en diante) cotizará tamén ese período por continxencias comúns, incluída xubilación, ata o final da prestación por desemprego.

— Se corresponde unha prestación de nivel contributivo e a incapacidade for por con-tinxencias profesionais ou se lle corresponde unha prestación de nivel asistencial ou subsidio, non hai desconto do período percibido entre a fin do contrato e a alta mé-dica, e tampouco o SEPE cotiza polo devandito período.

Vítimas de violencia de xénero ou doméstica

Considérase vítima de violencia de xénero, a muller que é ou foi obxecto de actos de violencia física ou psicolóxica, agresións á liberdade sexual, ameazas, coacción ou priva-ción de liberdade exercida polo seu cónxuxe, excónxuxe, parella de feito ou exparella, aínda que non convivisen. É vítima de violencia doméstica o home que sufra violencia exercida polo seu cónxuxe, excónxuxe, parella ou exparella, pais ou fillos e a muller que sufra violencia exercida polos seus pais ou fillos.

Se estátraballando e sofre violencia de xénero, pode solicitar a suspensión temporal da súa relación laboral con reserva do posto de traballo ou a súa extinción definitiva pre-sentando na súa empresa unha orde de protección xudicial ou informe do ministerio fiscal que indique a existencia de indicios de que está a ser obxecto de violencia de xénero.

Tanto a suspensión como a extinción consideraranse situación de desemprego involun-tario, o que lle permite solicitar e cobrar a prestación contributiva ou subsidio por insu-

Page 13: GUÍA DE PRESTACIÓNS POR DESEMPREGO...— O retorno desde o estranxeiro dunha traballadora ou traballador español emigrante — A liberación dun centro penal ou de internamento

13

ficiencia de cotización, sempre que reúna o resto de requisitos esixidos con carácter xeral.

Se tras recibir a prestación por desemprego solicita a extinción definitiva da súa relación laboral polo mesmo motivo ou por finalizar a súa relación de traballo por calquera outra causa allea á súa vontade, este período de suspensión considerarase de ocupación cotizada para o recoñecemento dun novo dereito no que non se terá en conta o percibido na prestación anterior.

O período polo que pode solicitar a suspensión temporal da súa relación laboral con re-serva do posto de traballo é de seis meses, que se pode prorrogar por períodos de tres meses ata alcanzar os dezaoito, sempre que a autoridade xudicial acredite a necesidade de manter a suspensión para garantir a súa protección e seguridade.

É un período de cotización efectiva para as prestacións de xubilación, incapacidade per-manente, morte ou supervivencia, maternidade e desemprego.

Compatibilidade da prestación cun traballo

— Cando se está a percibir unha prestación por desemprego e se inicia unha actividade por conta propia de duración inferior a 60 meses, suspéndese a prestación e, se se excede o devandito período, extínguese.

— Poderán compatibilizar, en xeral, os subsidios por desemprego co traballo por conta allea as persoas traballadoras desempregadas maiores de 52 anos, inscritas nas ofi-cinas de emprego, beneficiarias de calquera subsidio, sempre que sexan contratadas a tempo completo, de forma indefinida ou temporal e que a duración do contrato sexa superior a tres meses.

— As persoas traballadores desempregadas contratadas con base no programa de substitución de traballadores e traballadoras en formación por beneficiarias de prestacións; neste caso percibirán a prestación contributiva ou o subsidio por desemprego a que teñan dereito polo 50 % da contía durante a vixencia do contrato, co límite máximo do dobre do período pendente de percibir da prestación ou do subsidio.

— No caso dun traballo por conta allea a tempo parcial, pódese optar por suspender a prestación ou por compatibilizala.

Se cumpre a idade de xubilación mentres está cobrando a prestación contributiva ou o subsidio por desemprego

— Se reúne os requisitos para cobrar unha pensión contributiva de xubilación, nese caso extínguese a protección por desemprego.

— Se non ten dereito a cobrar unha pensión contributiva de xubilación, segue perci-bindo a prestación durante todo o período concedido.

Se lle conceden unha bolsa, debe ter en conta que:

A prestación por desemprego e o subsidio por desemprego son incompatibles con:

Page 14: GUÍA DE PRESTACIÓNS POR DESEMPREGO...— O retorno desde o estranxeiro dunha traballadora ou traballador español emigrante — A liberación dun centro penal ou de internamento

14

— A realización en empresas de prácticas non laborais, non ligadas a un plan de estudos, que supoñan estar dentro do réxime xeral da seguridade social como asimilado ou asimilada a persoa traballadora por conta allea.

— Con carácter xeral, coa participación en programas de formación vinculados a estudos universitarios ou de formación profesional nos que se realicen prácticas formativas curriculares ou non curriculares, que non dean lugar a unha relación laboral, pero si supoñan o cobramento polas persoas participantes dunha cantidade económica e a súa introdución no réxime xeral da seguridade social como asimilado ou asimilada a persoa traballadora por conta allea.

Non obstante o anterior, si é posible compatibilizar as prácticas formativas coas presta-cións cando se dean as seguintes circunstancias:

— Que as prácticas en entidades públicas ou privadas estean incluídas no plan de estu-dos correspondente e que se realicen no marco de colaboración entre aquelas enti-dades e o centro docente de que se trate.

— Que a realización das prácticas non requira dedicación exclusiva por parte das persoas participantes, xa que estas han continuar acreditando que están dispoñibles para buscar activamente emprego, así como para aceptar unha colocación adecuada.

— Que a contraprestación económica que perciban as persoas participantes se limite a compensalas polos gastos derivados da participación nas ditas prácticas: material de traballo, locomoción, aloxamento ou manutención.

Naqueles casos en que as prácticas formativas non leven contraprestación económica ningunha, a percepción das prestacións e subsidios por desemprego pode compatibili-zarse sempre que continúen cumprindo todos os requisitos esixidos para iso.

Se as prácticas formativas son compatibles coa prestación ou o subsidio por desemprego, o alumno ou a alumna continuará percibindo esa prestación ou subsidio integramente, sen que se reste nada polas horas realizadas de prácticas. Se, pola contra, as prácticas formativas son incompatibles coa prestación ou subsidio, estes suspéndense na data de inicio da bolsa.

Aínda sendo compatibles as ditas prácticas, a persoa interesada tamén pode, se o de-sexa, suspender a prestación ou subsidio por desemprego. Neste caso, poderá solicitar a súa continuación no prazo de quince días hábiles a partir do día en que finalicen as prácticas.

Se saio a un país estranxeiro mentres percibo unha prestación por desemprego

— Se a saída é ocasional, por un tempo máximo acumulado de quince días naturais dentro de cada ano natural, a prestación mantense. É conveniente que se comunique ao Servizo Público de Emprego Estatal.

— Se se trata dunha estadía no estranxeiro por un período continuado ou non superior a quince días e de atanoventadías naturais, como máximo, dentro de cada ano natu-ral, a prestación suspéndese, sempre que se comunicase previamente ao Servizo Pú-blico de Emprego Estatal e fose autorizada por este.

Page 15: GUÍA DE PRESTACIÓNS POR DESEMPREGO...— O retorno desde o estranxeiro dunha traballadora ou traballador español emigrante — A liberación dun centro penal ou de internamento

15

Se é por tempo superior a 90 días e non é para traballar, buscar traballo, realizar es-tudos que melloren a súa preparación profesional, ou por accións de cooperación in-ternacional, a prestación ou subsidio extínguense.

— No suposto de traslado de residencia ao estranxeiro para a procura ou realización dun traballo, cooperación internacional ou perfeccionamento profesional, por un período continuado inferior a doce meses, a prestación suspéndese, sempre que fose comunicado previamente ao Servizo Público de Emprego Estatal e fose autorizado por este. Se o período é superior, a prestación extínguese.

PRESTACIÓNS CONTRIBUTIVAS

Prestación contributiva

Período mínimo de cotización

Ter traballados e cotizadospara o desemprego, polo menos, 360 días durante os seis anos anteriores á situación legal de desemprego.

Duración da prestación

A duración calcúlase en función das cotizacións dos últimos seis anos, sempre que non se tivesen en conta para unha prestación anterior. Para o cálculo do período de ocupa-ción cotizado, teranse en conta os períodos de vacacións anuais retribuídos e non goza-dos antes da extinción da relación laboral, así como os correspondentes aos salarios de tramitación.

No caso de que se traballase a tempo parcial, cada día traballado considérase un día cotizado, con independencia da xornada.

Para determinar a duración da prestación aplicarase a seguinte escala, que ten un mí-nimo de 120 días e un máximo de 720.

Días cotizados Días prestación

360-359 120

540-719 180

720-899 240

900-1079 300

1080-1259 360

1260-1439 420

1440-1619 480

1620-1799 540

1800-1979 600

1980-2159 660

Desde 2160 720

Page 16: GUÍA DE PRESTACIÓNS POR DESEMPREGO...— O retorno desde o estranxeiro dunha traballadora ou traballador español emigrante — A liberación dun centro penal ou de internamento

16

Importe da prestación

Depende das bases de cotización á Seguridade Social por continxencias profesionais du-rante os 180 últimos días cotizados, excluídas as horas extraordinarias.

A base reguladora da prestación é a media da base de cotización dese período. O importe é do 70 % da base reguladora durante os primeiros 180 días de prestación e do 50 % a partir do 181.

Durante a percepción da prestación, o traballador ou traballadora permanecerá en alta na Seguridade Social e efectuarase a cotización por continxencias comúns. Cotizará polo 100 % do importe da cota que lle corresponda, que se lle descontará da prestación.

Contía mínima da prestación

En ningún caso a contía mensual da prestación poderá ser inferior a:

— Para traballadores/as sen fillos/as ao cargo: 80 % do indicador público de rendas múltiples (IPREM) incrementado en 1/6 (parte proporcional de pagas extraordinarias).

— Para traballadores/as con,polo menos, un fillo/a ao cargo: 107 % doIPREMmensual in-crementado en 1/6 (parte proporcional de pagas extraordinarias).

Situación Contía 2020

Sen fillos/as 501,98 €

Un fillo/a ao cargo 671,40 €

Contía máxima da prestación

O importe máximo da prestación por desemprego en ningún caso poderá ser superior a:

— Para traballadores/as sen fillos/as ao cargo: 175 % doIPREM

— Para traballadores/as cun fillo/a ao cargo: 200 % doIPREM

— Para traballadores/as con dous ou máis fillos/as ao cargo: 225 % doIPREM

Situación Contía 2020

Sen fillos/as 1.098,09 €

Un fillo/a ao cargo 1.254,96 €

Dous ou máis fillos/as ao cargo 1.411,83 €

Retencións que efectúa o Servizo Público de Emprego Estatal

Á contía da prestación indicada, o SEPE practicaralle as seguintes retencións:

— O importe da cotización á Seguridade Social que ha efectuar o traballador/a: resultado de aplicar o 4,7 % á súa base de cotización por continxencias comúns.

Page 17: GUÍA DE PRESTACIÓNS POR DESEMPREGO...— O retorno desde o estranxeiro dunha traballadora ou traballador español emigrante — A liberación dun centro penal ou de internamento

17

— A retención a conta do imposto sobre a renda das persoas físicas, se for o caso.

Prazo de solicitude

Deberá presentarse nos quince días hábiles seguintes ao último día traballado, ao re-torno do estranxeiro ou á excarceración. No caso de que a empresa aboase as vacacións porque non se gozasen antes do cesamento, debe presentar a solicitude no prazo de quince días hábiles seguintes á finalización deste período equivalente ás vacacións.

Capitalización ou pagamento único da prestación contributiva para autoemprego

É a posibilidade de percibiren o importe total ou parcial da prestación contributiva,aqueles traballadores ou traballadoras que pretendan incorporarse como socios/as traballadores/as ou de traballo en cooperativas ou sociedades laborais, ou cando pretendan iniciar unha actividade como traballadores/as autónomos/asou destinar o importe a realizar unha achega ao capital social dunha entidade mercantil de nova creación ou creada nun prazo máximo de 12 meses anteriores á achega, a condición de que se vaia posuír o control efectivo da sociedade, se vaia exercer nela unha actividade profesional e se produza unha alta na Seguridade Social no réxime especial de traballadores por conta propia ou no réxime especial de traballadores do mar.

Requisitos

— Ser persoa beneficiaria dunha prestación contributiva por desemprego por cesa-mento total e definitivo dunha relación laboral, pendente de recibir,na data de solicitude do pagamento único, polo menos tres mensualidades. As persoas beneficiarias da prestación por cesamento de actividade é necesario que teñan pendente de percibir como mínimo seis meses.

— Que non se cobrase o pagamento único, en calquera das súas modalidades, nos catro anos inmediatamente anteriores.

— Iniciar a actividade no prazo máximo dun mes desde a resolución que conceda o pa-gamento único, e sempre en data posterior á solicitude. No entanto, unha vez reali-zada a solicitude, pódese iniciar a actividade e darse de alta na Seguridade Social antes da resolución do pagamento.

— Se se impugnou ante a xurisdición social o cesamento da relación laboral que deu lugar á prestación por desemprego, cuxa capitalización se pretende, a solicitude do pagamento único debe ser posterior á resolución do procedemento.

— Quen, nos 24 meses anteriores á solicitude do pagamento único, compatibilizase o traballo por conta propia coa prestación por desemprego de nivel contributivo non terá dereito a obter o pagamento único para constituírse como traballador ou traba-lladora por conta propia ou como persoa traballadora autónoma social dunha socie-dade mercantil.

— Se a cooperativa prevé nos seus estatutos a posibilidade de que os socios ou socias teñan que superar un período de proba, superar ese período. Aínda que o dereito ao pagamento único da prestación poderase aprobar, a persoa solicitante unicamente

Page 18: GUÍA DE PRESTACIÓNS POR DESEMPREGO...— O retorno desde o estranxeiro dunha traballadora ou traballador español emigrante — A liberación dun centro penal ou de internamento

18

o percibirá cando presente ante o Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) o acordo do consello reitor de superar o devandito período de proba.

Pagamento único da prestación contributiva para persoas inmigrantes que retornan ao seu país de orixe

Requisitos

— Ser nacional dun país que teña convenio bilateral con España en materia de seguri-dade social (Andorra, Arxentina, Australia, Bolivia, Brasil, Canadá, Chile, Colombia, Ecuador, Estados Unidos, Federación Rusa, Filipinas, Xapón, Marrocos, México, Para-guai, Perú, República Dominicana, Tunisia, Ucraína, Uruguai, Venezuela, O Salvador, República de Corea e República de Cabo Verde e República Popular China) e ter resi-dencia legal en España.

— Estar en desemprego ou inscrita como demandante de emprego.

— Ter recoñecido o dereito á prestación por desemprego de nivel contributivo, sen compatibilizalo cun traballo a tempo parcial.

— Asumir o compromiso de retornar ao país de orixe, se for o caso, en compañía dos familiares reagrupados sen unha autorización de residencia independente, no prazo máximo de trinta días naturais contando a partir da data do primeiro pagamento en España e o de non retornar a España no prazo de tres anos.

— Non estar afectado ou afectada por algún dos supostos de prohibición de saída do territorio nacional previstos na lexislación de estranxeiría.

Contía

— O importe anticipado e acumulado correspondente aos días de dereito da prestación por desemprego de nivel contributivo que correspondan ou que resten por percibir.

— O pagamento efectuarase en dous prazos: o 40 % do importe en España, unha vez recoñecido o dereito, e o 60 % restante no país de orixe, transcorrido o prazo de trinta días naturais desde a data do primeiro pagamento aboado en España e no prazo máximo de noventa días desde aquel.

SUBSIDIO POR DESEMPREGO

Para persoas traballadoras que esgotaron a prestación contributiva e teñen responsabilidades familiares

Requisitos específicos

— Esgotar a prestación por desemprego.

— Figurar inscrita como demandante de emprego durante o prazo dun mes desde o es-gotamento daprestación contributiva e manter a inscrición durante todo o período

Page 19: GUÍA DE PRESTACIÓNS POR DESEMPREGO...— O retorno desde o estranxeiro dunha traballadora ou traballador español emigrante — A liberación dun centro penal ou de internamento

19

de percepción do subsidio,sen rexeitar oferta de emprego adecuada nin negarse a participar, salvo causa xustificada,en accións de promoción, formación ou reconver-sión profesionais.

— Ter responsabilidades familiares.

Documentación específica

— Libro de familia ou documento equivalente en caso de persoas estranxeiras, legali-zado e traducido.

— No caso de fillos ou fillas discapacitadas maiores de 26 anos, certificado do grao de discapacidade expedido poloIMSERSO ou o órgano da comunidade autónoma correspondente, ou resolución do INSS, do Ministerio de Facenda ou de Defensa que recoñeza a condición de pensionista por incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez, ou de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.

— Resolución xudicial ou escrito de formalización do acollemento no que conste o con-sentimento da entidade pública que en cada territorio teña encomendada a protec-ción de menores e a data de efectos do acollemento.

— Sentenza e/ou convenio regulador, en caso de separación ou divorcio.

Duración

A duración será de seis meses prorrogables por períodos semestrais, en función da du-ración da prestación por desemprego que esgotase e da súa idade, sempre que o solicite en prazo e manteña os requisitos, de acordo ao seguinte:

— Se é menor de 45 anos e esgotou unha prestación contributiva de, polo menos, 4 meses, terá dereito a totalizar 18 meses.

— Se é menor de 45 anos e esgotou unha prestación contributiva de, polo menos, 6 meses, terá dereito a totalizar 24 meses.

— Se é maior de 45 anos e esgotou unha prestación contributiva de 4 meses, terá dereito a totalizar 24 meses.

— Se é maior de 45 anos e esgotou unha prestación contributiva de, polo menos, 6 me-ses, terá dereito a totalizar 30 meses.

A idade debe tela na data de esgotamento da prestación contributiva por desemprego. No caso de persoas traballadoras fixas descontinuas, a duración será equivalente ao número de meses cotizados no ano anterior á solicitude.

Contía

O 80 % do IPREM.

Page 20: GUÍA DE PRESTACIÓNS POR DESEMPREGO...— O retorno desde o estranxeiro dunha traballadora ou traballador español emigrante — A liberación dun centro penal ou de internamento

20

Tramitación

A solicitude ha formalizala a persoa solicitante no prazo dosquince días hábiles seguintes ao cumprimento do mes de espera, tras o esgotamento da prestación contributiva.

Para persoas traballadoras maiores de 45 anos que esgotaron a prestación contributiva e non teñen responsabilidades familiares

Requisitos específicos

— Esgotar a prestación por desemprego.

— Figurar inscrita como demandante de emprego durante o prazo dun mes desde o es-gotamento da prestación contributiva e manter esa inscrición durante todo o período de percepción do subsidio, sen rexeitar oferta de emprego adecuada nin negarse a participar, salvo causa xustificada, en accións de promoción, formación ou reconversión profesionais.

— Ter cumpridos 45 anos na data de esgotamento da prestación contributiva.

Duración

Seis meses improrrogables.

No suposto de traballadoras/es fixos descontinuos, a duración será equivalente ao nú-mero de meses cotizados por desemprego no ano anterior á solicitude.

Contía

O 80 % do IPREM.

Tramitación

A solicitude formalízaaa persoa solicitante no prazo dosquince días hábiles seguintes ao cumprimento do mes de espera, tras o esgotamento da prestación contributiva.

Para persoas traballadoras emigrantes retornadas

Requisitos específicos

— Ser español/a.

— Figurar inscrita como demandante de emprego durante o prazo dun mes desde o es-gotamento da prestación contributiva e manter a inscrición durante todo o período de percepción do subsidio, sen rexeitar oferta de emprego adecuada nin negarse a participar, salvo causa xustificada, en accións de promoción, formación ou reconver-sión profesionais.

— Ter traballados no estranxeiro, en países que non sexan do Espazo Económico Euro-peo ou cos que non exista convenio sobre protección por desemprego, un mínimo de doce meses nos últimos seis anos desde a última saída de España. Actualmente,

Page 21: GUÍA DE PRESTACIÓNS POR DESEMPREGO...— O retorno desde o estranxeiro dunha traballadora ou traballador español emigrante — A liberación dun centro penal ou de internamento

21

os países cos que existe convenio sobre protección por desemprego son Suíza e Australia.

— Non ter dereito á prestación contributiva por desemprego por cotizacións que tivese acumuladas nosseis anos anteriores á súa saída de España.

Documentación específica

— Certificación emitida polas delegacións ousubdelegaciónsde Goberno, na que conste a data do retorno e o tempo traballado no país de emigración.

Duración

Seis meses, prorrogables logo da solicitude dapersoa interesada por outros dous perío-dos de igual duración, ata un máximo de 18 meses, se se manteñen os requisitos.

Contía

O 80 % do IPREM.

Tramitación

O traballador ou traballadora dispón de 30 días, desde o retorno, para inscribirse como demandante de emprego. Debe permanecer inscrito un mes e formalizar a solicitude nos quince días hábiles a partir do día seguinte ao cumprimento do mes de espera.

Para persoas traballadoras que, ao se producir a situación legal de desemprego, non cubriron o período mínimo de cotización para acceder a unha prestación contributiva

Requisitos específicos

— Estar en situación legal de desemprego.

— Inscribirse como demandante de emprego no prazo dosquince días hábiles seguintes desde a situación legal de desemprego e manter esa inscrición durante todo o período de percepción do subsidio.

— Ter cotizados nun réxime da seguridade social que inclúa a continxencia de desem-prego, polo menos, tres meses se se teñen responsabilidades familiares, ou seis meses se non se teñen, e non cubrir o período mínimo de cotización para ter dereito a prestación contributiva (360 días).

Documentación específica

— Certificado de empresa da última empresa en que traballou, se esta non o remitiu ao Servizo Público de Emprego Estatal a través do sistema Certific@2.

No caso de ter cargas familiares, ademais:

— Libro de familia ou documento equivalente no caso de persoas estranxeiras, legalizado e traducido.

— No caso de fillos ou fillas discapacitadas maiores de 26 anos, certificado do grao de discapacidade expedido polo IMSERSO ou o órgano da comunidade autónoma correspondente, ou resolución do INSS, do Ministerio de Facenda ou de Defensa que

Page 22: GUÍA DE PRESTACIÓNS POR DESEMPREGO...— O retorno desde o estranxeiro dunha traballadora ou traballador español emigrante — A liberación dun centro penal ou de internamento

22

recoñeza a condición de pensionista por incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez, ou de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.

— Resolución xudicial ou escrito de formalización do acollemento no que conste o con-sentimento da entidade pública que teña encomendada a protección de menores e a data de efectos do acollemento.

— Sentenza e/ou convenio regulador, no caso de separación ou divorcio.

Duración

Será en función do número de meses cotizados e de que se teñan ou non responsabilida-des familiares.

— No caso de que se teñan responsabilidades familiares: tres meses se cotizou tres meses;catro meses se cotizou catro meses;cinco meses se cotizou cinco meses, e 21 meses se cotizou seis ou máis meses.

— No caso de que nonse teñan responsabilidades familiares: seis meses se cotizou seis ou máis meses.

A duración do subsidio no suposto de persoas traballadoras fixas descontinuas será equivalente ao número de meses cotizados no ano anterior á solicitude.

Cando se recoñeza o dereito nestes supostos, as cotizacións que sirvan para o nacemento do subsidio non se poderán ter en conta para o recoñecemento dun novo dereito a prestacións de nivel contributivo ou asistencial.

Contía

O 80 % do IPREM.

Tramitación

A solicitude formalizarase no prazo dos quince días hábiles seguintes á situación legal de desemprego.

Para persoas liberadas de prisión

Requisitos específicos

— Ser liberada de prisión e non ter dereito á prestación contributiva por desemprego.

— Que a privación de liberdade durase máis de seis meses.

— Poden ser tamén beneficiarios ou beneficiarias deste subsidio as persoas menores privadas de liberdade por máis de seis meses nun centro de internamento como consecuencia dun delito que no momento da súa liberación sexan maiores de 16 anos e as que finalizaron a súa privación de liberdade tras un tratamento de deshabituación da súa drogodependencia por un período superior a seis meses.

— Se a condena é por delitos de abusos e agresións sexuais a menores de 16 anos ou delitos relativos á prostitución e corrupción de menores, cando a vítima sexa menor de 13 anos, a Administración penal deberá acreditar que se satisfixo a responsabili-

Page 23: GUÍA DE PRESTACIÓNS POR DESEMPREGO...— O retorno desde o estranxeiro dunha traballadora ou traballador español emigrante — A liberación dun centro penal ou de internamento

23

dade civil derivada do delito, e que se formulou unha petición expresa de perdón á vítima ou vítimas do delito.

— Figurar inscrito como demandante de emprego durante o prazo dun mes e manter a inscrición durante todo o período de percepción do subsidio, sen rexeitar oferta de emprego adecuada nin negarse a participar, salvo causa xustificada, en accións de promoción, formación ou reconversión profesionais.

Documentación específica

— Certificación do director do centro penal, na que conste a excarceración tras prisión preventiva, cumprimento de condena ou liberdade condicional, así como a data de ingreso en prisión e de excarceración.

Duración

Seis meses prorrogables, logo da solicitude dapersoa interesada, por outros dous perío-dos de igual duración, ata un máximo de 18 meses.

Contía

O 80 % do IPREM.

Tramitación

A persoa traballadora dispón de trinta días, desde a excarceración, para se inscribir como demandante de emprego. Debe permanecer inscrita un mes e formalizar a solicitude nos quince días hábiles a partir do día seguinte ao cumprimento do mes de espera.

Para persoas traballadoras ás que lles sexa revisada unha invalidez

Este subsidio poderano percibir as persoas traballadoras que sexan declaradas plena-mente capaces ou incapacitadas no grao de incapacidade permanente parcial como consecuencia dun expediente de revisión por melloría dunha situación de grande invalidez, invalidez permanente absoluta ou total para a profesión habitual.

Requisitos específicos

— Figurar inscrita como demandante de emprego durante o prazo dun mes e manter esa inscrición durante todo o período de percepción do subsidio, sen rexeitar oferta de emprego adecuada nin negarse a participar, salvo causa xustificada, en accións de promoción, formación ou reconversión profesionais.

— Ser declarada capaz para o traballo ou en situación de incapacidade parcial para a profesión habitual, como consecuencia dun expediente de revisión por melloría du-nha situación de invalidez nos graos de incapacidade permanente total para a profe-sión habitual, incapacidade permanente absoluta para todo traballo ou grande invalidez.

Documentación específica

— Fotocopia da resolución do expediente de revisión por melloría.

Page 24: GUÍA DE PRESTACIÓNS POR DESEMPREGO...— O retorno desde o estranxeiro dunha traballadora ou traballador español emigrante — A liberación dun centro penal ou de internamento

24

Duración

Seis meses prorrogables, logo da solicitude da persoa interesada, por outros dous períodos de igual duración, ata un máximo de 18 meses.

Contía

O 80 % do IPREM.

Tramitación

Debe solicitar a prestación nos 15 días hábiles seguintes á finalización do mes de inscri-ción como demandante de emprego. Dispón de 30 días desde a data da declaración de capacidade ou incapacidade permanente parcial para inscribirse.

Para persoas maiores de 52 anos

Requisitos específicos

— Ter cumpridos 52 anos na data do esgotamento da prestación por desemprego ou do subsidio por desemprego, ou ter cumprida esa idade no momento de reunir os requisitos para acceder aos supostos do subsidio que se detallan a continuación, ou cumprilos durante a súa percepción:

o Esgotar unha prestación contributiva por desemprego.

o Ser traballadora ou traballador español emigrante retornado de países non pertencentes á Unión Europea, Espazo Económico Europeo, nin Australia ou Suíza; non ter dereito á prestación contributiva por desemprego por cotiza-cións que tivese acumuladas nos seis anos anteriores á súa saída de España e traballar como mínimo doce meses nos últimos seis anos anteriores á súa saída de España, en países non pertencentes ao Espazo Económico Europeo, Australia ou Suíza.

o Ser liberada de prisión sen dereito a prestación contributiva por desemprego e estar en privación de liberdade máis de seis meses.

o Revisión de invalidez.

o Estar en situación legal de desemprego, non ter dereito a prestación contri-butiva por desemprego por non cubrir o período mínimo de cotización (doce meses), sempre que cotizase, polo menos, tres meses.

— Estar incluída nalgún dos supostos anteriores.

— Figurar inscrita como demandante de emprego durante o prazo dun mes (data en que finaliza a prestación concedida, que sempre será anterior á data do último cobramento da prestación) e manter a inscrición durante todo o período de percepción do subsidio, sen rexeitar oferta de emprego adecuada nin negarse a participar, salvo causa xustificada, en accións de promoción, formación ou reconversión profesionais.

— Cotizar por desemprego un mínimo de seis anos ao longo da súa vida laboral.

Page 25: GUÍA DE PRESTACIÓNS POR DESEMPREGO...— O retorno desde o estranxeiro dunha traballadora ou traballador español emigrante — A liberación dun centro penal ou de internamento

25

— Cumprir todos os requisitos, salvo a idade, para acceder á pensión contributiva de xubilación no sistema español de seguridade social.

— Se no momento do feito causante ten unha idade inferior a 52 anos, permaneceu inscrita ininterrompidamente como demandante de emprego e reúne o resto de requisitos, poderá solicitar o subsidio de maior de 52 anos cando cumpra esa idade. Entenderase cumprido o requisito de inscrición ininterrompida cando cada unha das posibles interrupcións tivese unha duración inferior a tres meses, non computándose os períodos que correspondan á realización de actividade por conta propia ou allea. Neste último caso, a persoa traballadora non poderá acceder ao subsidio cando o cesamento no último traballo fose voluntario.

— O traballador ou traballadora que reúna os requisitos anteriores poderá obter este subsidio cando:

o estivese percibindo ou tivese dereito a percibir un subsidio;

o esgotase un subsidio;

o esgotase unha prestación por desemprego e non percibise o subsidio correspondente ou o extinguise, por carecer, inicialmente ou con carácter sobrevido, do requisito de rendas.

Este subsidio non será de aplicación ás traballadoras e traballadores fixos descontinuos mentres manteñan esa situación.

Documentación específica

Sentenza e/ou convenio regulador, en caso de separación ou divorcio.

Duración

O subsidio estenderase como máximo ata que a persoa traballadora acade a idade ordi-naria que se exixa en cada caso para ter dereito á pensión contributiva de xubilación.

Contía

O 80 % do IPREM.

Tramitación

A solicitude formalizaraaa persoa solicitante no prazo dequince días hábiles seguintes ao cumprimento do mes de espera no caso de esgotamento de prestación contributiva, tendo cumpridos os 52 anos nese momento.

No prazo de 15 días hábiles seguintes ao último día traballado. No caso de que a empresa lle aboase vacacións por non as gozar con anterioridade ao cesamento, o prazo de quince días conta a partir da finalización do período de vacacións retribuídas e non gozadas.

Cando estea a percibir un subsidio, se cumpre a idade de 52 anos durante a súa percep-ción, pode solicitar o subsidio de maiores de 52 anos a partir de cumprir esa idade.

Se cando esgote a prestación contributiva ou o subsidio, se é o caso, non cumprise a idade de 52 anos, pero reúne todos os requisitos para acceder a calquera tipo de pensión contributiva de xubilación no sistema deseguridade social, e permaneceu

Page 26: GUÍA DE PRESTACIÓNS POR DESEMPREGO...— O retorno desde o estranxeiro dunha traballadora ou traballador español emigrante — A liberación dun centro penal ou de internamento

26

inscrito ininterrompidamente como demandante de emprego, poderá solicitar o subsidio cando cumpra a dita idade.

A documentación que se deberá achegar estará en función da situación de acceso a este subsidio.

O SEPE requirirá ao INSS un certificado que acredite que a persoa interesada reúne o período de carencia suficiente para acceder a unha pensión contributiva de xubilación. Para acreditar o devandito período de carencia, teranse en conta, ademais das cotiza-cións efectuadas en España, as realizadas noutros países da UE/EEE ou Suíza.

Mentres se estea percibindo este subsidio, cada vez que transcorra un ano desde a data do nacemento do dereito ou da súa última continuación, deberá presentar ante o Servizo Público de Emprego Estatal, no prazo de quince días hábiles, unha declaración das rendas percibidas durante o devandito período, acompañada da documentación acreditativa que corresponda.

Se no momento de esgotar a prestación contributiva ou da situación legal de desem-prego non pode obter o subsidio por non cumprir o requisito de carencia de rendas propias, poderá acceder ao subsidio de maiores de 52 anos se antes de que transcorra un ano desde a data do feito causante reúne este requisito e ten cumpridos os 52 anos nese momento.

Os traballadores e traballadoras perceptores do subsidio para maiores de 52 anos poderán subscribir un convenio especial a través da Seguridade Social para complementar a cotización por xubilación que efectúa o Servizo Público de Emprego Estatal.

O subsidio por desemprego para persoas traballadoras maiores de 52 anos será prefe-rente ao recoñecemento de calquera outro subsidio.

Page 27: GUÍA DE PRESTACIÓNS POR DESEMPREGO...— O retorno desde o estranxeiro dunha traballadora ou traballador español emigrante — A liberación dun centro penal ou de internamento

27

ANEXO I: OUTRAS PRESTACIÓNS PARA

PERSOAS EN SITUACIÓN DESEMPREGO

Page 28: GUÍA DE PRESTACIÓNS POR DESEMPREGO...— O retorno desde o estranxeiro dunha traballadora ou traballador español emigrante — A liberación dun centro penal ou de internamento

28

PROGRAMA DE RENDA ACTIVA DE INSERCIÓN (RAI)

Persoas beneficiarias

Persoas que non teñen dereito á prestación contributiva nin ao subsidio por desemprego.

Requisitos

— Estar desempregada e inscrita como demandante de emprego, manter esa inscrición durante todo o período de percepción da prestación e subscribir o compromiso de actividade.

— Ser menor de 65 anos.

— Non ter ingresos mensuais propios superiores ao 75 % do salario mínimo interprofe-sional (SMI), excluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias. As rendas computaranse polo seu rendemento íntegro ou bruto. O rendemento que proceda de actividades empresariais, profesionais, agrícolas, gandeiras ou artísticas, computarase pola diferenza entre os ingresos e gastos necesarios para a súa obtención. As ganancias patrimoniais computaranse pola diferenza entre as ganancias e as perdas patrimoniais.

— Se ten cónxuxe e/ou fillos/as menores de 26 anos ou maiores discapacitados, ou me-nores acollidos, unicamente se entenderá cumprido o requisito de carencia de rendas cando a suma das rendas de todos os integrantes da súa unidade familiar así constituída, incluíndo a persoa solicitante, dividida polo número de membros que a compoñen, non supere o 75 % do SMI, excluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias.

— Non ser beneficiario da RAI nos 365 días naturais anteriores á data de solicitude de admisión ao programa, salvo no caso de vítimas de violencia de xénero ou vítimas de violencia doméstica e persoas con discapacidade.

— Non ser beneficiaria de tres dereitos ao programa de renda activa de inserción anteriores.

Ademais:

— Se é desempregada de longa duración, debe ter 45 ou máis anos e estar inscrita ininterrompidamente na oficina de emprego como demandante de emprego durante doce ou máis meses, non ter dereito a outra protección por desemprego. Considérase interrompida a demanda cando se traballaran 90 ou máis días no ano anterior á data de solicitude ou se saíse ao estranxeiro.

— Se é persoa con discapacidade, debe ter recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % ou ser pensionista por incapacidade.

Común para os dous colectivos anteriores:

— Non ter dereito á prestación contributiva ninao subsidio por desemprego.

— Ter extinguida unha prestación contributiva ou subsidio por desemprego.

Page 29: GUÍA DE PRESTACIÓNS POR DESEMPREGO...— O retorno desde o estranxeiro dunha traballadora ou traballador español emigrante — A liberación dun centro penal ou de internamento

29

— Estar inscritaininterrompidamente na oficina de emprego como demandante de em-prego durante doce o máismeses.

— Buscar activamente emprego, sen rexeitar oferta de emprego adecuada nin negarse a participar, salvo causa xustificada, en accións de promoción, formación ou recon-versión profesionais ou outras para incrementar a ocupabilidade.

— Acreditar ante o SEPEque durante o período de inscrición se realizaron, polo menos, tres accións de busca activa de emprego (BAE). A acreditación efectuarase no mo-mento da solicitude.

Se a persoa é emigrante retornada, debe cumprir, ademais dos requisitos xerais, os seguintes:

— Ter 45 ou máis anos de idade e ser menor de 65 anos.

— Ter traballado polo menos seis meses no estranxeiro desde a última saída de España e estar retornado nos doce meses anteriores á solicitude.

Se a persoa é vítima de violencia de xénero ou de violencia doméstica,debe ter acredi-tada pola Administración competente a condición de vítima de violencia de xénero ou doméstica, salvo cando conviva co agresor, e estar inscrita como demandante de em-prego, sempre que reúna os requisitos esixidos, agás o de ser maior de 45 anos e ser demandante de emprego inscrita ininterrompidamente como desempregada doce ou máis meses.

Duración

A renda percibirase por un máximo de once meses. As vítimas de violencia de xénero ou vítimas de violencia doméstica obrigadas a cambiar a súa residencia nos doce meses anteriores á solicitude de admisión ao Programa ou durante a súa permanencia nel percibirán nun só pagamento unha axuda suplementaria de tres meses de renda.

Contía

O 80 % do IPREM.

Tramitación

Para incorporarse ao programa, deberán atoparse en desemprego total, demandando emprego,solicitara incorporación por procedementos electrónicos a través da páxina https://sede.sepe.gob.es, na oficina de prestaciónsque lles corresponda, nos rexistros do Servizo Público de Emprego ou doutras Administracións,incluídas as locais coas que exista convenio, en calquera oficina de rexistro público ou dirixíndose por correoadministrativo.

Deberán reunir e acreditar os requisitos esixidos no momento da solicitude e subscribir, nesa mesma data, o compromiso de actividade.

Page 30: GUÍA DE PRESTACIÓNS POR DESEMPREGO...— O retorno desde o estranxeiro dunha traballadora ou traballador español emigrante — A liberación dun centro penal ou de internamento

30

SUBSIDIO EXTRAORDINARIO POR DESEMPREGO (SED)

Persoas beneficiarias

Persoas en desemprego total que se atopen nalgunha das seguintes situacións:

— Que extinguisen en último lugar por esgotamento calquera dos subsidios por desem-prego previstos no artigo 274 de TRLXSS a partir do 05/07/2018 e as que o esgotaron entre o 01/03/2018 e o 04/07/2018.

— Que sexan persoas paradas de longa duración que esgotasen prestacións por desemprego, PREPARA ou RAI, e estivesen inscritas como demandantes de emprego o 01/05/2018. (Considérase persoa parada de longa duración a que permanece inscrita como demandante de emprego durante, polo menos, 360 días nos dezaoito meses inmediatamente anterioresá data da solicitude do subsidio extraordinario).

Requisitos

Poderán ser beneficiarias as persoas indicadas anteriormente, que presenten a solicitude de alta inicial a partir do día 05/07/2018 e dentro do seu período de vixencia, inscritas como demandantes de emprego nos Servizos Públicos de Emprego que, na data de solicitude, acrediten o cumprimento dos seguintes requisitos:

— Carecer do dereito á protección por desemprego de nivel contributivo ou asistencial.

— Non ter cumprida a idade que lle permite acceder á pensión de xubilación, nas súas modalidades contributiva ou non contributiva.

— Carecer de rendas, de calquera natureza, superiores en cómputo mensual ao 75 % do salario mínimo interprofesional (SMI), excluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias e acreditar responsabilidades familiares.

— Cesar de forma involuntaria no último traballo realizado, en caso de traballar tras o esgotamento do último dereito.

— Non percibir previamente a axuda económica de acompañamento establecida no Programa de Activación para o Emprego (PAE).

— Na data da súa solicitude, non estar traballando por conta allea a tempo parcial ou non ter suspendido o seu contrato de traballo.

— Non ser beneficiaria con anterioridade do subsidio extraordinario por desemprego.

Requisitos específicos do colectivo que esgotou o subsidio por desemprego a partir do 01/03/2018

Permanecer inscrito ou inscrita como demandante de emprego durante o prazo de es-pera dun mes desde o esgotamento do subsidio anterior, sen rexeitar oferta de emprego adecuada nin negarse a participar, salvo causa xustificada, en accións de promoción, formación ou reconversión profesionais, e acreditar que durante ese prazo se realizaron accións de procura activa de emprego.

Non se atopan incluídas neste colectivo as persoas que extinguisen por esgotamento as prestacións seguintes:

Page 31: GUÍA DE PRESTACIÓNS POR DESEMPREGO...— O retorno desde o estranxeiro dunha traballadora ou traballador español emigrante — A liberación dun centro penal ou de internamento

31

— O subsidio para persoas traballadoras maiores de 52 anos, por alcanzar a idade que lles permita acceder á pensión contributiva de xubilación.

— O subsidio por desemprego ou a renda agraria, en favor das persoas traballadoras eventuais incluídas no sistema especial agrario da Seguridade Social.

— Os programas de renda activa de inserción (RAI) ou os programas de inserción PRODIou PREPARA.

Requisitos específicos do colectivo de persoas paradas de longa duración

— Extinguir por esgotamento algunha das seguintes prestacións:

o a prestación por desemprego ou o subsidio por desemprego

o as axudas económicas vinculadas

– ao programa de renda activa de inserción (RAI),

– ao programa temporal de protección por desemprego e inserción (PRODI),

– ao programa de recualificación profesional das persoas que esgoten a súa protección por desemprego (PREPARA).

— Permanecer inscrito ou inscrita como demandante de emprego durante, polo menos, 360 días nos 18 meses anteriores á data da solicitude do subsidio extraordinario.

— Estar inscrito ou inscrita como demandante de emprego no 1 de maio de 2018. Este requisito entenderase cumprido nos supostos en que a persoa traballadora, aínda non estando inscrita como demandante de emprego na devandita data, teña interrompida a inscrición debido á realización dun traballo por conta allea, sempre que a duración do contrato fose por tempo inferior a 90 días.

— Acreditar que durante o mes anterior á data da solicitude realizou accións de procura activa de emprego.

— Cesar de forma involuntaria nun traballo por conta allea previamente ao esgotamento do último dereito recoñecido.

Duración e contía

A duración máxima do subsidio será de 180 días e non poderá percibirse en máis dunha ocasión.

A contía do subsidio será igual ao 80 % do indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) vixente en cada momento.

O pagamento periódico da axuda económica realizarao o Servizo Público de Emprego Estatal dentro do mes seguinte ao que corresponda a devindicación, por mensualidades de trinta días, entre os días 10 e 15 do mes inmediato seguinte ao que corresponda a devindicación. Efectuarase, salvo excepcións, mediante o aboamento na conta da entidade financeira que indique, sempre que sexa o/a titular dela.

A persoa traballadora poderá compatibilizar a percepción do subsidio extraordinario co traballo por conta allea a tempo parcial, sempre que continúe cumprindo os requisitos

Page 32: GUÍA DE PRESTACIÓNS POR DESEMPREGO...— O retorno desde o estranxeiro dunha traballadora ou traballador español emigrante — A liberación dun centro penal ou de internamento

32

de carencia de rendas e de responsabilidades familiares, nese caso deducirase do im-porte do subsidio a parte proporcional ao tempo traballado.

Solicitude e prazo

— No suposto do colectivo que esgotou o subsidio por desemprego a partir do 05/07/2018, o prazo será de quince días a partir de que se cumpra un mes de espera desde o esgotamento do subsidio anterior. O dereito ao subsidio extraordinario nace a partir do día seguinte a aquel en que se cumpra o devandito prazo de espera. Se se presenta a solicitude transcorrido o prazo citado, o dereito nacerá a partir do día seguinte ao da solicitude, reducíndose a súa duración en tantos días como medien entre a data en que tivese lugar o nacemento do dereito, de solicitarse no tempo e a forma que corresponda, e aquela en que efectivamente se formulou a solicitude.

Excepcionalmente, se o subsidio se esgotou entre o 01/03/2018 e o 04/07/2018, a solicitude deberá presentarse entre o 05/07/2018 e o 04/09/2018, tras permanecer inscrito ou inscrita ininterrompidamente como demandante de emprego durante o prazo de espera dun mes entre a data do esgotamento do subsidio anterior e a da solicitude do subsidio extraordinario. O dereito ao subsidio extraordinario nacerá o día seguinte ao da solicitude. Se se presenta a solicitude fóra deste prazo, reducirase a duración do dereito en tantos días como medien entre a finalización do devandito prazo e a data en que efectivamente se formulou a solicitude.

Se na data de solicitude non queda acreditada ante os servizos públicos de emprego a procura activa de emprego, denegarase a solicitude, sen prexuízo do dereito a for-mular unha nova. Neste caso, o dereito nacerá ao día seguinte da nova solicitude, sen que a duración do dereito se vexa reducida polo prazo que medie entre unha e outra solicitude.

— No suposto do colectivo de parados/as de longa duración inscrito o 1 de maio de 2018, non hai prazo. A solicitude poderase presentar a partir de acreditar que no mes anterior á solicitude se realizaron accións de procura activa de emprego. O dereito ao subsidio nacerá o día seguinte ao da solicitude.

A procura activa de emprego acreditaraa a persoa solicitante do subsidio extraordi-nario ante o servizo público de emprego autonómico da oficina en que se atope ins-crita como demandante de emprego.

PRESTACIÓN POR CESAMENTO DE ACTIVIDADE

A finalidade da prestación por cesamento de actividade é cubrir as situacións de finalización da actividade das persoas traballadoras autónomas provocadas por unha situación en todo caso involuntaria e que debe ser debidamente xustificada para acceder á correspondente prestación económica.

Esta prestación será xestionada polas mutuas colaboradoras coa Seguridade Social e o Instituto Social da Mariña, coa colaboración dos servizos públicos de emprego das comunidades autónomas.

Page 33: GUÍA DE PRESTACIÓNS POR DESEMPREGO...— O retorno desde o estranxeiro dunha traballadora ou traballador español emigrante — A liberación dun centro penal ou de internamento

33

Persoas beneficiarias

Persoas traballadoras autónomas comprendidas no réxime especial dos traballadores por conta, ou ben ser persoa traballadora por conta propia incluída no réxime especial dos traballadores do mar ou no Sistema Especial de Traballadores por Conta Propia Agrarios.

Requisitos

— Estar afiliado/a e en situación de alta e ter cuberta a continxencia de cesamento de actividade no RETA, ou no Réxime especial dos traballadores do mar.

— Solicitar a baixa no réxime especial correspondente a causa do cesamento de actividade.

— Ter cuberto o período mínimo de cotización por cesamento de actividade de 12 meses continuados e inmediatamente anteriores á situación legal de cesamento de actividade.

— Atoparse en situación legal de cesamento de actividade.

— Subscribir o compromiso de actividade, que suporá acreditar activa dispoñibilidade para a reincorporación ao mercado de traballo a través da realización de actividades formativas de orientación profesional e de promoción da actividade emprendedora, así como das accións específicas ás que sexa convocado/a.

— Non cumprir a idade ordinaria que se esixa en cada caso para causar dereito á pensión de xubilación, salvo que a persoa traballadora non tivese acreditado o período de cotización requirido para iso.

— Acharse ao corrente no pagamento das cotas ao correspondente réxime especial da Seguridade Social na data do cesamento de actividade.

Duración

Con carácter xeral, o período de gozo da prestación calcularase en función dos períodos cotizados polo traballador ou traballadora dentro dos 48 meses anteriores á situación legal de cesamento de actividade, tal e como se mostra na seguinte táboa:

Meses cotizados Duración prestación

De 12 a 17 meses 4 meses

De 18 a 23 meses 6 meses

De 24 a 29 meses 8 meses

De 30 a 35 meses 10 meses

De 36 a 42 meses 12 meses

De 43 a 47 meses 16 meses

Con 48 meses 24 meses

Page 34: GUÍA DE PRESTACIÓNS POR DESEMPREGO...— O retorno desde o estranxeiro dunha traballadora ou traballador español emigrante — A liberación dun centro penal ou de internamento

34

Contía

A contía da prestación será do 70 % da base reguladora, calculada segundo a media das bases polas que o traballador ou traballadora cotizase durante os doce meses anteriores á situación legal de cesamento de actividade.

A contía máxima será o 175 % do indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM), salvo cando o/a traballador/a teña un ou máis fillos/as ao seu cargo; neste caso, a contía será, respectivamente, do 200 % ou do 225 % do devandito indicador.

A contía mínima variará entre o 107 % e o 80 %, dependendo de se a persoa traballadora autónoma ten fillos ao seu cargo, ou non.

Non lles será de aplicación a contía mínima aos autónomos ou autónomas se cotizan por unha base inferior á mínima.

Pagamento da prestación

A prestación será aboada pola mutua coa que o traballador ou traballadora teña cuberta a continxencia por cesamento de actividade, ou polo Servizo Público de Emprego Estatal se está cuberta polo INSS, ou polo Instituto Social da Mariña se é a entidade que cobre a dita continxencia.

Comezará a gozar da prestación a partir do primeiro día do mes seguinte ao que se pro-duciu o cesamento de actividade, se presenta a solicitude en prazo.

Solicitude e prazo

Presentarase ante a mutua coa que se teñan cubertas as continxencias profesionais, ou ante o SEPEse están cubertas polo INSS, ou ante o Instituto Social da Mariña se é a enti-dade que cobre esas continxencias.

Capitalización ou pagamento único

O pagamento único é unha medida de fomento de emprego que pretende facilitar a posta en marcha de iniciativas de autoemprego que consistan en iniciar unha actividade laboral como traballador/a por conta propia ou en incorporarse como persoa socia traballadora ou de traballo en cooperativas ou sociedades laborais ou mercantís en funcionamento ou de nova creación.

Débense cumprir os seguintes requisitos:

— Ser perceptora dunha prestación económica por cesamento de actividade.

— Ter, polo menos, seis meses de prestación pendentes de percibir.

— Xustificar a realización dunha actividade como persoa traballadora autónoma ou a incorporación como socio traballador ou socia traballadora a unha cooperativa de traballo asociado ou sociedade laboral ou mercantil, de nova creación ou en funcionamento, aínda que mantivese unha relación de contrato previa con ela, independentemente da súa duración.

Page 35: GUÍA DE PRESTACIÓNS POR DESEMPREGO...— O retorno desde o estranxeiro dunha traballadora ou traballador español emigrante — A liberación dun centro penal ou de internamento

35

ANEXO II: MEDIDAS EXCEPCIONAIS

APROBADAS A CAUSA DO COVID-19

Page 36: GUÍA DE PRESTACIÓNS POR DESEMPREGO...— O retorno desde o estranxeiro dunha traballadora ou traballador español emigrante — A liberación dun centro penal ou de internamento

36

AMPLIACIÓN DAS SITUACIÓNS LEGAIS DE DESEMPREGO

Considéranse dúas situacións legais de desemprego derivadas da situación creada polo COVID-19 e, polo tanto, poden solicitar prestación, se cumpren os requisitos,

— as persoas traballadoras cuxos contratos fosen extinguidos durante o período de proba dun novo traballo desde o 9 de marzo, con independencia da causa pola que se extinguiu a relación laboral anterior;

— as persoas traballadorasque extinguiron voluntariamente o seu contrato desde o 1 de marzo por ter unha oferta laboral en firme e a empresa desistiude concertar ese contrato por causa do COVID-19.

PROTECCIÓN POR DESEMPREGO DAS PERSOAS TRABALLADORAS FIXAS DESCONTINUAS

Aplicable ás persoas traballadoras fixas descontinuas e ás que realizan traballos fixos e temporais que se repitan en datas certas, que se atopen en período de inactividade produtivae, por iso, á espera da chegada da data en que procedería o seu chamamento e reincorporación efectiva de non mediar a crise do COVID-19.

As persoas traballadoras que non pertencen ao grupo anterior e que vexan interrompida a súa prestación de servizos como consecuencia do impacto do COVID-19 durante períodos que, en caso de non concorrer a dita circunstancia extraordinaria, fosen de actividade, e como consecuencia diso pasen a ser beneficiarias da prestación por desemprego, poderán volver percibila, cun límite máximo de 90 días, cando volvan atoparse en situación legal de desemprego.

Para determinar o período que, de non concorrer esta circunstancia, sería de actividade laboral, estarase ao efectivamente traballado pola persoa traballadora durante o ano natural anterior tomando como base o mesmo contrato de traballo. En caso de ser o primeiro ano, estarase aos períodos de actividade doutras persoas traballadoras comparables na empresa. Esta medida aplicarase ao mesmo dereito consumido, e recoñecerase de oficio pola entidade xestora cando o interesado ou interesada solicite a súa continuación.

As persoas traballadoras que acrediten que, como consecuencia do impacto do COVID-19, non puideron reincorporarse á súa actividade na data que estaba prevista e fosen beneficiarias de prestacións naquel momento, non verán suspendido o dereito á prestación ou ao subsidio que viñesen percibindo.

Se na data en que deberan reincorporarse á actividade non estivesen percibindo prestacións por desemprego por esgotalas, pero acreditasen o período cotizado necesario para obter unha nova prestación contributiva, a certificación empresarial da imposibilidade de reincorporación constituirá situación legal de desemprego para o recoñecemento do dereito á devandita prestación.

Page 37: GUÍA DE PRESTACIÓNS POR DESEMPREGO...— O retorno desde o estranxeiro dunha traballadora ou traballador español emigrante — A liberación dun centro penal ou de internamento

37

SUBSIDIO EXCEPCIONAL POR FIN CONTRATO TEMPORAL

Persoas beneficiarias

Poderanse beneficiar deste subsidio as persoas traballadoras ás que se lles extinguiu un contrato de duración determinada de, polo menos, dous meses de duración, aínda cando a extinción do contrato tivese lugar con anterioridade ao 02/04/2020, data de entrada en vigor do Real decretolei 11/2020, sempre que se producise con posterioridade ao 14/03/2020, data de entrada en vigor do Real decreto 463/2020, de 14 de marzo.

Requisitos

— Atoparse inscrita como demandante de emprego nos servizos públicos de emprego e subscribir o compromiso de actividade. Durante a vixencia do estado de alarma, a inscrición como demandante de emprego realizaraa de oficio o servizo público de emprego competente, a instancia do SEPE.

— Non contar coa cotización necesaria para acceder a outra prestación ou subsidio por desemprego.

— Cesar de forma involuntaria, a partir do 15 de marzo de 2020, nun contrato por conta allea de duración determinada durante o cal existise a obriga de cotizar por desemprego e cuxa vixencia fose igual ou superior a dous meses.

— Carecer de rendas, de calquera natureza, superiores ao 75 % do salario mínimo interprofesional, excluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias.

— Non ser perceptora de ningunha renda mínima, renda de inclusión, salario social ou axudas análogas concedidas por calquera Administración pública.

— Non estar a traballar por conta propia ou allea a xornada completa na data da extin-ción do contrato nin na data do nacemento do subsidioexcepcional.

Duración e contía

O dereito ao subsidio excepcional nacerá a partir do día seguinte a aquel en que se ex-tinguiu o contrato de traballo de duración determinada. No caso de que o período que corresponde ás vacacións anuais retribuídas non fose gozado con anterioridade á finali-zación da relación laboral, o nacemento do dereito producirase unha vez transcorrido o devandito período.

A duración será dun mes, ampliable se así se determina por real decretolei, e non poderá percibirse en máis dunha ocasión.

O subsidio excepcional consistirá nunha axuda mensual do 80 % do indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM)vixente, e o seu pagamento realizarao o Servizo Público de Emprego Estatal a partir do mes seguinte ao da solicitude.

As cotizacións acreditadas pola persoa traballadora correspondentes ao traballo de du-ración determinada extinguido e as anteriores, se as houber, consideraranse utilizadas para o recoñecemento do subsidio excepcional e, por tanto, non poderán terse en conta, de ser o caso, para o recoñecemento dunha futura prestación.

Page 38: GUÍA DE PRESTACIÓNS POR DESEMPREGO...— O retorno desde o estranxeiro dunha traballadora ou traballador español emigrante — A liberación dun centro penal ou de internamento

38

Solicitude

A persoa traballadora cubrirá o formulario de presolicitudede prestación individual dis-poñible na sede electrónica do SEPE, que terá efectos de solicitude provisional, e envia-rao á entidade xestora a través da mesma sede.

Así mesmo, poderase presentar o formulario a través dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Admi-nistracións públicas.

O prazo de presentación empezará a partir do día 5 de maio e terminará o día en que se cumpra un mes desde a data en que finalice a vixencia da declaración de estado de alarma, ambos inclusive. Se se presenta fóra do prazo indicado, terase por non presentado.

SUBSIDIO EXTRAORDINARIO PARA PERSOAS EMPREGADAS DE FOGAR

É un subsidio extraordinario de carácter temporal, destinado ao colectivo das empregadas de fogar, do que se poderán beneficiar ante a falta de actividade, a redución das horas traballadas ou a extinción do contrato como consecuencia da crise sanitaria do COVID-19.

Persoas beneficiarias

Poderanse beneficiar deste subsidio extraordinario as persoas integradas no Sistema Especial de Empregados de Fogar do réxime xeral da Seguridade Social que, estando en situación de alta antes da entrada en vigor do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, se atopasen nalgunha das seguintes situacións:

a) Deixasen de prestar servizos, total ou parcialmente, con carácter temporal, co fin de reducir o risco de contaxio, por causas alleas á súa vontade, nun ou varios domicilios con motivo da crise sanitaria do COVID-19.

b) Extinguiuse o contrato de traballo por causas alleas á vontade da persoa traballadora e esta extinción débese á crise sanitaria do COVID-19.

Os feitos causantes deberán producirse con posterioridade ao día 14 de marzo, data de entrada en vigor do Real decreto 463/2020, de 14 de marzo.

A solicitude realízaa a persoa empregada de fogar e acompáñaa da declaración respon-sable do seu empregador/a ou empregadores/as (en caso de redución total ou parcial da xornada laboral), da fotocopia do seu documento de identidade e do documento de identidade do seu empregador/a ou empregadores/as e da documentación acreditativa da baixa na Seguridade Social ou a carta de despedimento (en caso de extinción do contrato).

Requisitos

— A persoa empregada de fogar deberá estar ou estar de alta no Sistema Especial para Empregados de Fogar do réxime xeral da Seguridade Social antes do 14 de marzo e, ademais, encontrarse nunha das seguintes situacións:

Page 39: GUÍA DE PRESTACIÓNS POR DESEMPREGO...— O retorno desde o estranxeiro dunha traballadora ou traballador español emigrante — A liberación dun centro penal ou de internamento

39

— Ter unha redución total ou parcial na súa xornada laboral nun ou en varios domicilios, por causas alleas á súa vontade, con motivo da crise sanitaria do COVID-19.

— Ver extinguido o seu contrato de traballo por despedimento ou por desistencia do empregador ou empregadora, morte ou calquera outra causa de forza maior imputable a quen a emprega, sempre que as causas que determinen a extinción do contrato sexan alleas á vontade da persoa traballadora e se deban á crise sanitaria do COVID-19.

Prazo de solicitude

A solicitude do subsidio extraordinario pódese presentar en calquera momento e ata un mes despois de que finalice o estado de alarma decretado polo Goberno.

Contía

A contía do subsidio determinarase segundo o establecido nos artigos 31 e 32 do Real decretolei 11/2020, de 31 de marzo, de acordo coas seguintes regras:

a) A contía do subsidio extraordinario por falta de actividade será o resultado de aplicar á base reguladora correspondente á actividade que se deixou de desempeñar a porcen-taxe do 70 %.

b) Cando fosen varios os traballos desempeñados, a contía total do subsidio será a suma das cantidades obtidas aplicando ás distintas bases reguladoras correspondentes a cada un dos distintos traballos a porcentaxe do 70 %.

c) No caso de perda parcial da actividade, en todos ou algún dos traballos desempeñados, aplicarase a cada unha das cantidades obtidas a porcentaxe de redución de xornada que experimentase a persoa traballadora na actividade correspondente.

Se a contía total do subsidio, antes da aplicación das devanditos porcentaxes, alcanzase o importe do salario mínimo interprofesional, excluída a parte proporcional das pagas extraordinarias, ratearaseo devandito importe entre todos os traballos desempeñados atendendo á contía das bases de cotización durante o mes anterior ao feito causante de cada un deles.

Ás cantidades así obtidas seralles aplicable a porcentaxe de redución de xornada que experimentase a persoa traballadora na actividade correspondente. Seguidamente, realizarase o sumatorio das ditas contías.

d) A contía do subsidio non poderá ser superior ao salario mínimo interprofesional, ex-cluída a parte proporcional das pagas extraordinarias (950 euros).

Duración

Desde a data en que, debido á crise do coronavirus, o seu empregador ou empregadora de fogar a dese de baixa na Seguridade Social ou lle reducise a xornada, segundo conste na declaración responsable, ata un mes despois do fin da vixencia do estado de alarma.

Page 40: GUÍA DE PRESTACIÓNS POR DESEMPREGO...— O retorno desde o estranxeiro dunha traballadora ou traballador español emigrante — A liberación dun centro penal ou de internamento

40

É dicir, que se lle reduciron a xornada o 15 de marzo, vostede terá dereito a cobrar por este subsidio o número de días comprendido entre o 15 de marzo e a fin da vixencia do estado de alarma.

E se vostede se reincorporou á súa xornada habitual de traballo antes da fin do estado de alarma, a data do fin do subsidio será a do día anterior á súa reincorporación.

Compatibilidades e incompatibilidades

— Poderá cobrar o subsidio se ten outros empregos, coa única limitación de que a suma dos ingresos dos empregos que conserva sumados á contía do subsidio sexa inferior a 950 euros (salario mínimo interprofesional). Para iso, comprobaranse todos os ingresos que se perciben tanto doutros traballos en fogares como de traballos por conta allea ou propia para determinar se ten dereito a este subsidio.

— As causas de incompatibilidade con este subsidio son:

a) Ser beneficiario/a do subsidio por incapacidade temporal. b) O permiso retribuído recuperable regulado no Real decretolei 10/2020, do 29

de marzo. c) A realización de actividades por conta propia ou por conta allea iniciadas con

posterioridade á solicitude deste subsidio, cando a suma dos ingresos derivados do subsidio e desas actividades supere o salario mínimo interprofesional (950 euros).

Para comprobar a compatibilidade do subsidio, deberá comunicarse ao SEPE calquera variación que se produza nos traballos (baixas, modificacións da súa xornada laboral, reincorporacións) ou nas súas retribucións, así como a obtención de prestacións de ca-rácter económico da Seguridade Social.

PROTECCIÓN POR DESEMPREGO AOS TRABALLADORES E TRABALLADORAS AFECTADOS POR ERTE

Establécese a protección do conxunto dos traballadores e traballadoras que se vexan afectados por un ERTE, incluíndo aqueles que non reúnen os requisitos ordinarios de ac-ceso á prestación.

O acceso á prestación por desemprego nestas circunstancias non consome posibles prestacións futuras.

Page 41: GUÍA DE PRESTACIÓNS POR DESEMPREGO...— O retorno desde o estranxeiro dunha traballadora ou traballador español emigrante — A liberación dun centro penal ou de internamento

41

ACCESO EXTRAORDINARIO Á PRESTACIÓN POR DESEMPREGO DE ARTISTAS NON AFECTADOS POR ERTE

Establecese o acceso extraordinario á prestación por desemprego para ocolectivo de

artistas en espectáculos públicos encadrados noréxime xeral da Seguridade Social.

Situacións protexidas

— Artistas en espectáculos públicos durante os períodos de inactividade (art. 249 ter LXSS); inclúense as prestacións por desemprego dentro a súa acción protectora en 2020 de maneira excepcional e transitoria.

Para acceder a esta prestación, os/as artistas que permanecen incluídos no réxime xeral durante os seus períodos de inactividade de forma voluntaria, cando se acredi-ten polo menos 20 días en alta con prestación real de servizos nos 12 meses naturais anteriores e as retribucións percibidas por eses días superasen a contía de dúas veces o SMIen cómputo mensual, deberán cumprir o resto de requisitos establecidos no artigo 266 da LXSS.

— Artistas que, como consecuencia da crise do COVID-19, non poidan continuar reali-zando a actividade laboral que deu lugar á súa inclusión no réxime xeral como artistas en espectáculos públicos, recoñeceráselles, durante os períodos en que concorran estas circunstancias durante 2020 e con vistas ao cumprimento dos requisitos para acceder á prestación contributiva por desemprego (art. 266LXSS), que:

a) estean en situación legal de desemprego;

b) teñan cuberto o período mínimo de cotización acreditando estar en alta na Seguridade Social con prestación real de servizos nesta actividade por un tempo mínimo de 20 días no ano anterior á situación legal de desemprego;

c) non estean a percibir ou optasen pola prestación contributiva por desemprego.

O dereito á prestación nacerá a partir do día seguinte a aquel en que se presente a

solicitude.

Incompatibilidades

A prestación será incompatible con calquera percepción derivada de actividades por

conta propia ou por conta allea, ou con calquera outra prestación, renda mínima, renda

de inclusión, salario social ou axudas análogas concedidas por calquera Administración

pública.

Duración

A duración da prestación por desemprego prevista nesta disposición será en función

dos días de alta en seguridade social con prestación real de servizos na devandita

actividade no ano anterior á situación legal de desemprego, segundo a seguinte escala:

Page 42: GUÍA DE PRESTACIÓNS POR DESEMPREGO...— O retorno desde o estranxeiro dunha traballadora ou traballador español emigrante — A liberación dun centro penal ou de internamento

42

Días de actividade Período de prestación (en

días)

Desde 20 ata 54 120

Desde 55 en diante 180

Contía

A contía será de 775,83 euros/mes (70 % da base mínima correspondente ao grupo 7,

1050 euros/mes en 2020).